Meta tags:
description= das letras que aran a terra;
Headings (most frequently used words):
que, navegación, de, artigos, ou, acheite, memorias, da, neve, 1987, yo, fui, más, rojo, tu, outras, herbas, democráticas, chaqueta, vaqueira, mariña, en, loita, aínda, era, eu, estudante, sobre, violencia, entroido, lle, pidamos, hoxe, canto, aos, anos, bravos, historias, do, lume, ata, sempre, pau, donés, as, cousas, bonitas, anotacións, etiquetas, chiando, das, letras, aran, terra,
Text of the page (most frequently used words):
que (522), non (106), para (106), unha (92), por (81), máis (76), nos (65), das (64), como (64), con (60), coa (48), dos (47), sen (43), todo (38), anos (32), porque (31), entre (30), así (29), pero (28), #memoria (27), aínda (27), cando (27), onde (27), tempo (27), hoxe (27), día (25), era (24), pola (24), nin (24), nun (24), noite (24), nas (23), mesmo (22), tan (22), dunha (21), mentres (21), coma (21), sobre (20), nós (20), vez (20), medio (19), hai (19), quen (19), casa (19), entón (19), tamén (18), tal (18), violencia (17), súa (17), moi (17), sempre (17), seu (16), algo (16), foi (16), acheite (15), días (15), porén (15), dun (15), neve (14), cousas (14), todas (14), pouco (14), cada (14), polo (14), ben (14), daquela (14), amizade (13), este (13), aos (13), moito (13), case (13), agora (12), política (12), historias (12), logo (12), antes (12), campus (12), universidade (12), moitas (11), ter (11), mundo (11), desde (11), esa (11), sexa (11), tantas (11), menos (11), aquela (11), nosa (11), algunha (11), esta (10), outras (10), etiquetado (10), publicado (10), isto (10), nosas (10), nada (10), claro (10), lugar (10), terra (10), calquera (10), contra (10), veces (10), persoas (10), posted (10), miña (10), momento (10), algúns (10), carro (10), despois (10), eran (10), ver (9), vello (9), nunca (9), entroido (9), lle (9), mocidade (9), teño (9), ten (9), ser (9), lume (9), xente (9), aquel (9), tiñan (9), casas (9), outra (9), parte (9), rural (8), novo (8), debate (8), cos (8), nunha (8), son (8), palabras (8), facer (8), historia (8), ata (8), até (8), alí (8), polas (8), dentro (8), algunhas (8), realidade (8), servizos (8), empresa (8), pensamento (7), mondoñedo (7), lugo (7), lembranza (7), festa (7), mariña (7), bonitas (7), meu (7), diante (7), fóra (7), coas (7), mal (7), maioría (7), relato (7), canto (7), min (7), lembrar (7), aldeas (7), rapazada (7), tiña (7), riba (7), naquel (7), tipo (7), mesmos (7), aquí (7), seus (7), alguén (7), prácticas (7), público (7), lugares (7), conta (6), música (6), educación (6), perto (6), tempos (6), voces (6), vida (6), nalgún (6), donés (6), caso (6), cunha (6), lembro (6), primeiro (6), dous (6), ese (6), uns (6), van (6), media (6), propio (6), modo (6), particular (6), poder (6), xeito (6), tanto (6), persoa (6), sigue (6), propia (6), servizo (6), pese (6), vagoada (6), agrario (6), alumnado (6), investigación (6), cazadora (6), durante (6), meus (5), razón (5), prensa (5), galiza (5), ciencia (5), vaqueira (5), memorias (5), iso (5), lembranzas (5), momentos (5), gusto (5), comunidade (5), teñen (5), necesidade (5), banda (5), temos (5), está (5), fin (5), alén (5), diario (5), simplemente (5), mar (5), beira (5), sabe (5), luz (5), pode (5), forma (5), noites (5), pau (5), resultado (5), fai (5), foz (5), pasado (5), cara (5), velaí (5), ven (5), pois (5), cambio (5), estas (5), mans (5), ducia (5), estaba (5), forza (5), veciño (5), capacidade (5), futuro (5), podía (5), décadas (5), riso (5), baixo (5), intre (5), alunado (5), escuros (5), estado (5), desfile (5), algún (5), mañá (5), naquela (5), aqueles (5), galego (5), comigo (5), maiores (5), cousa (5), empresas (5), estes (5), podían (5), había (5), atención (5), procura (5), profesor (5), nevarada (5), wordpress (4), com (4), sitio (4), opinión (4), cultura (4), aldea (4), 2021 (4), fui (4), rojo (4), artigos (4), anteriores (4), celebrar (4), grande (4), axuda (4), aquilo (4), horas (4), estar (4), deixar (4), dicir (4), inevitable (4), grupos (4), noventa (4), zona (4), dela (4), fose (4), ambiente (4), aló (4), desta (4), connosco (4), seguro (4), silencio (4), atrás (4), aire (4), veciñanza (4), cun (4), chisme (4), seguinte (4), xeración (4), medo (4), sendo (4), nenas (4), metros (4), agrarias (4), colectivo (4), mesas (4), están (4), ademais (4), nova (4), súas (4), somos (4), ollada (4), vai (4), viaxe (4), sei (4), seat (4), ano (4), paso (4), roupa (4), rúa (4), seguridade (4), martes (4), lourenzá (4), tampouco (4), conto (4), unhas (4), neste (4), pensar (4), traballo (4), nivel (4), dotación (4), diversos (4), disto (4), seguen (4), outro (4), recursos (4), públicos (4), mellora (4), supón (4), fixo (4), usc (4), centro (4), universitaria (4), toda (4), aulas (4), públicas (4), mesma (4), friaxe (4), varios (4), moitos (4), eles (4), proxectos (4), teléfono (4), parroquia (4), estrada (4), temporal (4), aviso (4), dar (4), colexio (4), contido (3), sesión (3), 2026 (3), televisión (3), manuel (3), estética (3), amariña (3), estudante (3), loita (3), más (3), herbas (3), 1987 (3), viños (3), feito (3), vidas (3), desas (3), destes (3), senón (3), pasa (3), vivimos (3), saúde (3), cuberto (3), fiestra (3), musical (3), coche (3), leiras (3), conversa (3), nestes (3), praia (3), tiñamos (3), cabeza (3), saír (3), ollos (3), deixou (3), leve (3), grazas (3), bocadiño (3), flaca (3), sir (3), vilha (3), deses (3), malamente (3), idade (3), naqueles (3), século (3), vella (3), amigo (3), fío (3), contado (3), solsticio (3), sabemos (3), veñen (3), carros (3), boa (3), for (3), cabana (3), tivese (3), evitar (3), entrada (3), sombras (3), todos (3), cambiar (3), previos (3), necesaria (3), impulso (3), anterior (3), vítimas (3), meses (3), cor (3), papel (3), partes (3), termos (3), ameaza (3), primeira (3), servir (3), dabondo (3), ollo (3), punto (3), presenza (3), del (3), acordo (3), tres (3), ían (3), valor (3), maneira (3), hora (3), dúas (3), estou (3), perda (3), foron (3), cadra (3), aconteceu (3), década (3), sido (3), poucos (3), tentando (3), eramos (3), deles (3), rosalía (3), sentados (3), vasos (3), afán (3), edificio (3), importante (3), múltiples (3), podemos (3), tarde (3), ideas (3), comparsas (3), recreo (3), conexión (3), economía (3), últimos (3), daqueles (3), curso (3), graos (3), entrar (3), dificultaban (3), circunstancia (3), xeral (3), comarca (3), fora (3), contacto (3), chegados (3), caer (3), supoñer (3), concellos (3), maior (3), arredor (3), vós (3), comunicacións (3), entretemento (3), fronte (3), petos (3), casos (3), estamos (3), cidadán (3), negocio (3), pandemia (3), cliente (3), cabo (3), levo (3), administración (3), destas (3), oferta (3), podería (3), leva (3), par (3), diversas (3), presente (3), lugués (3), ensino (3), probablemente (3), estudantes (3), veterinaria (3), chegou (3), proxecto (3), escola (3), caf (3), cacharro (3), deputación (3), contrario (3), dalgún (3), posible (3), conxunto (3), información (3), miramentos (3), institucións (3), amariñaenloita (3), gris (3), sería (3), fillos (3), prenda (3), único (3), ameazas (3), pai (3), nela (3), branco (3), persoeiros (3), 1990 (3), formas (3), mediante (3), privadas (3), persoal (3), profesorado (3), aproveitaban (3), frase (3), investigacións (3), diñeiro (3), haber (3), solidariedade (3), nenos (3), poden (3), tanta (3), móbil (3), deficiente (3), condutor (3), bus (3), escolares (3), campá (3), emoción (3), choiva (3), free (2), create (2), your (2), own (2), website (2), web (2), nome (2), obrigatorio (2), escribe (2), barra (2), privacidade (2), tes (2), crea (2), blogue (2), xan (2), outubro (2), xornalismo (2), territorio (2), teatro (2), tabaco (2), san (2), recortes (2), oiran (2), maría (2), ideoloxía (2), desastre (2), contos (2), cine (2), cervexa (2), agro (2), chaqueta (2), democráticas (2), navegación (2), escribín (2), sexan (2), brindar (2), tomar (2), amigos (2), festas (2), social (2), alento (2), construción (2), estreita (2), mesmas (2), elas (2), pensamentos (2), intencións (2), necesario (2), enriba (2), aquelas (2), evidente (2), durmir (2), necesidades (2), gallo (2), exemplo (2), facendo (2), implícita (2), fondo (2), venres (2), cea (2), toma (2), furia (2), tristura (2), instante (2), area (2), nubeiros (2), sombra (2), falan (2), pasou (2), lonxe (2), tería (2), cabe (2), balcón (2), redes (2), sociais (2), fotos (2), vellas (2), matar (2), xuñ (2), tennos (2), cantar (2), xustiza (2), costa (2), podo (2), sotaque (2), blues (2), ondas (2), efectivamente (2), letra (2), guitarra (2), eléctrica (2), tema (2), imposible (2), cadeas (2), semana (2), voz (2), peculiar (2), acento (2), tirando (2), muller (2), fame (2), doutra (2), queira (2), levaba (2), constitúe (2), tantos (2), adolescente (2), sin (2), categoría (2), dean (2), acontecidas (2), alcance (2), contar (2), desapareceu (2), erguer (2), parece (2), mozas (2), mozos (2), toca (2), novas (2), trasnadas (2), moita (2), intención (2), sirvan (2), risos (2), ninguén (2), vinganza (2), procuralo (2), porta (2), desafío (2), camiñando (2), houbese (2), herba (2), ruxido (2), camiños (2), comprobamos (2), moverse (2), adrenalina (2), camiño (2), decidiu (2), fomos (2), viño (2), experiencia (2), fracaso (2), veigas (2), recoñecemento (2), previamente (2), incluídas (2), interior (2), incluídos (2), teriamos (2), multitude (2), grupo (2), evento (2), habituais (2), simple (2), iguais (2), polos (2), peor (2), noso (2), pronto (2), tensión (2), grito (2), veciñas (2), escoitado (2), chegando (2), escuridade (2), honra (2), familia (2), escoitou (2), veciños (2), sacar (2), pacto (2), nesta (2), alterar (2), orde (2), cotío (2), díxome (2), veciña (2), doutro (2), raiola (2), última (2), desenvolver (2), negociar (2), resultaba (2), normal (2), vencelladas (2), encetar (2), leña (2), común (2), certa (2), pequeno (2), sardiña (2), viña (2), adiante (2), xusta (2), fume (2), cheiro (2), imos (2), idades (2), dialéctica (2), malo (2), suficiente (2), serve (2), ilustrar (2), outorga (2), mocidades (2), acabar (2), xunto (2), distancia (2), doado (2), mesmísimo (2), directamente (2), audacia (2), delas (2), perspectiva (2), alto (2), vidro (2), xabi (2), marze (2), ceo (2), sorriso (2), mínimo (2), falta (2), plástico (2), obras (2), gardo (2), poucas (2), imaxes (2), poñerse (2), recoñecer (2), cómpre (2), rescatar (2), darlle (2), impón (2), posibilidade (2), convértese (2), feb (2), onte (2), contalo (2), xunguen (2), boas (2), formando (2), habemos (2), haberá (2), instituto (2), clase (2), levar (2), cal (2), proceso (2), quedando (2), baleirado (2), mariñá (2), quero (2), nostalxia (2), seguir (2), procesión (2), sábado (2), escasos (2), procurando (2), intimidade (2), exterior (2), candeas (2), boneca (2), santa (2), desfiles (2), concursos (2), recente (2), celebración (2), consistía (2), apropiarse (2), facía (2), rematar (2), acontecer (2), orellas (2), roscas (2), obxectivo (2), doutras (2), zonas (2), pouca (2), saía (2), homenaxe (2), viveiro (2), valadouro (2), discoteca (2), comezaba (2), naquelas (2), liberdade (2), expresión (2), fixeron (2), clases (2), haxa (2), ámbito (2), práctica (2), corresponden (2), teña (2), comunicación (2), vender (2), detentadores (2), infecta (2), privada (2), teletraballo (2), sirva (2), finalmente (2), pague (2), saia (2), claramente (2), comercial (2), aumento (2), gasto (2), forte (2), superioridade (2), feble (2), abuso (2), ofertas (2), xurídica (2), compromiso (2), ningunha (2), sistematicamente (2), facelo (2), pública (2), debera (2), deixando (2), tono (2), trata (2), loxicamente (2), botamos (2), nomes (2), chamada (2), datos (2), tentar (2), xaora (2), castelán (2), vou (2), vista (2), reflexionar (2), bastante (2), debates (2), neles (2), teremos (2), tenda (2), nalgunha (2), partícipes (2), vehemencia (2), pico (2), familias (2), caterva (2), catedráticos (2), espazos (2), finca (2), responsables (2), procedente (2), progreso (2), rochódromo (2), esparexemento (2), lagoa (2), caras (2), estanque (2), augas (2), suxas (2), deficientes (2), central (2), faculdade (2), chegaron (2), habitar (2), estilo (2), construtoras (2), espazo (2), coido (2), escena (2), ningún (2), politécnica (2), pardo (2), villanueva (2), convertela (2), comenencias (2), concello (2), iniciativa (2), aquiescencia (2), lles (2), claustro (2), dirección (2), dispuña (2), etc (2), coñecemento (2), páxinas (2), medios (2), árbores (2), sol (2), estabamos (2), abertos (2), los (2), monte (2), forro (2), acceso (2), resto (2), xestión (2), planificación (2), terreo (2), forestal (2), edificios (2), chovía (2), frío (2), mínima (2), foran (2), provincial (2), capital (2), darío (2), indefinidamente (2), urbanismo (2), personaxes (2), procedentes (2), orixes (2), universidades (2), quería (2), veño (2), coñecer (2), patria (2), esluído (2), corenta (2), pesos (2), brazos (2), contas (2), laia (2), mestre (2), folga (2), inverno (2), continuo (2), ampliaban (2), tivo (2), foto (2), súpeto (2), fíxose (2), talla (2), cobertor (2), pingas (2), daba (2), impuña (2), catro (2), sospeita (2), docencia (2), será (2), fiestras (2), aceptamos (2), sistema (2), asistimos (2), absolutamente (2), reunión (2), condicións (2), admitiron (2), procesos (2), cargo (2), destino (2), compañeiro (2), rematamos (2), continuación (2), etapa (2), continuar (2), nota (2), innovación (2), viñan (2), instalacións (2), desviar (2), sociedade (2), empresariais (2), aprendera (2), andar (2), baleiro (2), brais (2), lorenzo (2), merecen (2), faise (2), volta (2), aparellos (2), posúen (2), oirán (2), preguntámonos (2), infraestruturas (2), cobertura (2), mestra (2), fina (2), soa (2), 2024 (2), mirase (2), contemplación (2), silandeiro (2), pediu (2), autobús (2), supoño (2), vía (2), rodas (2), asfalto (2), autocar (2), coubeira (2), autobuses (2), intento (2), esperanza (2), grosas (2), minutos (2), pór (2), distribución (2), percorrido (2), estradas (2), letras (2), aran (2), start, correo, comentario, cargando, comentarios, contraer, informar, deste, iniciar, rexistro, administrar, subscricións, reader, inicia, rexístrame, subscrito, subscrición, balde, blog, tuits, chiando, vacinas, tratorada, topografía, suspensos, lucas, perlitas, outeiro, rei, medicina, alternativa, marea, negra, iglesias, turnes, literatura, leite, lareira, independentismo, ganderia, gandeiros, galileo, galeguismo, fontán, feira, esquerda, enxeñaría, agraria, eleicións, ecoloxía, danza, crítica, catalunya, cabalos, bóveda, asunta, asociacion, cultural, amarelismo, alternativo, altermundo, agronomía, etiquetas, febreiro, xuño, novembro, 2025, xaneiro, anotacións, abr, comecei, pretensión, homenaxear, reencontros, dixitais, agardo, analóxicos, pase, compartida, ledos, conclúo, falándovos, gustaría, acontecese, cinema, seráns, concertos, compartido, debemos, cancelala, vermú, charanga, ruada, improvisada, taberna, compadre, constitúen, vital, lazos, mediación, sentímonos, pretendía, enxalzar, remato, pedíndovos, construamos, pechadura, abra, queimando, desconfianzas, negros, convén, ceder, discursos, escuras, pretenden, anular, arrepiante, escoller, nubeiro, pórlle, parecen, escangallarse, prioridades, fundamentais, alimentación, suposto, han, faltar, cingan, estritamente, supervivencia, cubrir, básicas, crise, pretendan, apagar, considera, innecesario, superfluo, brillan, treboada, azouta, olladas, acompáñame, radio, equipo, choio, percorrendo, números, compañeira, amizades, indispensable, baile, contida, saen, canle, control, confinados, trouxéronnos, pés, parecía, rolar, lento, podías, repousar, zoando, llas, covas, altar, apresuraban, formar, leito, sorrisos, xuventude, estarricárense, horizonte, prometido, felicidade, pousan, definen, primavera, conceden, volver, aproveitar, achegármonos, gardadas, recunchiño, conscientemente, gustado, almacenar, desfrutar, tranquilidade, sentado, conversas, les, consultas, estomballarse, sofá, vendo, pegándolle, mandos, videoconsola, rindo, cachón, serie, dicías, tiñas, repasar, ordenar, che, regue, abril, conceder, nesa, paudonés, laflaca, enganchado, infinitas, sucederon, quizais, vivo, recoñecerllo, tópico, atesouramos, feliz, eternamente, recoñecela, sonora, trabucarme, verso, inventar, rimas, imposibles, intentado, arremendar, arrastre, catalaniza, adozado, morno, mol, soñado, caribe, embaza, innecesaria, carga, azucre, sentimental, subxectivo, dou, lembrado, exactamente, camarada, empedernido, afeizoado, doors, alternativos, submundo, rock, punk, admiración, supuxo, veu, distinta, arrastra, sentimentalismo, simplón, baladas, afasta, evocación, doada, masticada, corda, efectista, desapercebido, marca, anuncio, converteron, himnos, etiquetan, musicais, sobrepasabamos, luminaria, festiva, diluía, resaca, diversidade, acentos, meseta, mediados, colonizaban, eclipse, arrimados, mamá, figueira, bar, marcou, tendencia, turística, despuntabamos, escaravellaba, disimulado, catalán, convencional, cubana, quilos, salsa, soles, shin, palabrash, hablannn, pel, escura, bailando, durme, engana, bebe, tras, engorda, bico, cantante, daría, imaxinación, debullar, homenaxes, lalo, rodríguez, devórame, otra, húmido, caloroso, habana, rasgueo, cubano, cheira, new, orleans, desesperado, destrúe, robert, johnson, puidera, maldicir, canción, lembreime, posta, enésima, exercicios, xul, lumenovo, inédito, peitos, 1996, vintecinco, protagonistas, camiñarán, vagalume, cigarro, serlles, pare, quedaban, dera, tento, imparable, muda, operada, último, conseguiu, fechar, portas, abandonar, airas, quedamos, sexamos, escribir, perdoa, rachar, pactos, risco, contaxiar, xeracións, rueiros, remolque, tractor, tarefa, realizable, benquerida, intelixencia, deseñe, malicia, botar, fagan, alcumado, espiña, demasiado, fonda, orgullo, afrenta, sacarse, arrincar, dia, xunguir, vacas, calzado, protexémonos, alpendre, escondedelas, movemento, sete, oito, démoslle, guindón, resultou, freado, desbloqueamos, carraca, saíse, empurrón, inicial, seguía, milagres, insospeitados, colaborativa, erguemos, sacámolo, repousaba, posto, corremos, aira, ficou, noitiña, conque, sardiñas, chourizos, serviran, outorgarlle, alcume, irrupción, frustrara, brincadeira, infantil, determinaba, grupal, participación, engolemia, provoca, proibido, conducíanos, adormecidas, chaquetas, xerseis, subidos, imperativo, shhhhhhh, campaba, plano, ataque, deseñado, continxencias, decidira, cadaquén, culpabilidade, disimular, situación, indesexable, ocultarse, eficacia, velocidade, escapar, euforia, emparentadas, condicionantes, serviu, intuírmos, próximo, gloria, silandeira, imediato, tales, vitorias, nolas, contaron, parecían, relatando, actuacións, anécdotas, escollidas, troula, partícipe, construía, amecidos, dan, segredo, transmisión, comunitaria, convencía, reservado, cemento, manter, vencello, forxado, proximidade, consegue, recuperar, unidade, xuntas, retomamos, encirrados, empurrados, quixeramos, probar, frustrado, escollido, precisamente, levaban, brincadeiras, inexperiencia, revelou, paradoiro, cheos, real, axiña, vimos, varias, ducias, cumpría, vixía, tatexo, esqueceu, incapaz, pronuncialo, botando, man, palabra, identificar, gorxa, afogado, escapou, suficientes, infundir, temor, fuxirmos, asustados, hortas, rabiño, viamos, criamos, erguía, mango, galleta, gargalladas, sufrira, ataques, fortuna, incomodado, perderen, ameazar, bater, descoidado, acometera, falcatruada, decatarse, propietario, deitado, agochado, protexido, vixiante, coidaba, ofensa, téñenme, antergo, tolerante, xoldras, quixeran, cabanote, prevenido, arma, fogo, arremeteu, causantes, producir, afortunadamente, ferida, abrigada, precedente, ela, previo, saían, silandeiros, esluíanse, dedicábanse, basicamente, ferramentas, contorna, seren, vitoria, habilidade, esas, fendas, veciñais, soterradas, fornecían, frecuente, atopar, horta, curral, catalo, consecuente, incomodidade, ambas, furtivo, tunantes, previas, trocaran, anoitecía, adoita, suspendida, crepúsculo, grolo, bocado, maliciabamos, naturalidade, baixa, enfado, preparaban, lóxica, inmediato, visto, poderiamos, escolliamos, xuntabamos, cacharela, verdadeiro, miolo, naquilo, resulta, extraordinario, situarse, impacto, gravou, arremete, intensidade, decidido, carrexada, dispostas, bebidas, xuntarse, cuestión, prender, lumiño, estender, brasa, colocar, grella, chourizo, costela, porco, convencendo, arrecendos, airexa, morna, afalando, nordés, mesturan, experiencias, concretar, creo, dea, resumido, texto, propóñome, xuntar, retallos, fiar, tardiñas, rúas, vilas, enchendo, saltan, arelamos, saltar, lamentaba, apesarado, aventuras, noutro, laiábase, descoñecese, noutrora, outros, fixera, felices, inseridos, eterno, conflito, empatizamos, queixas, sentindo, achegan, ficando, conscientes, desa, queren, instalarse, sosteño, pouso, gozado, daquilo, gardar, gratísima, mesa, adornamos, grilandas, vagar, xuntármonos, distantes, mediada, viu, xuntándose, serodia, rebuldeira, cadraba, próximas, fuxir, controladora, determinou, decidísemos, festexalo, comida, bebida, avoas, chamábanlle, foleón, desfrutaban, descubrir, fascinación, desata, humanidade, resultar, mesturarse, rito, catártico, asociado, lapas, caen, barreiras, anómalas, circunstancias, desenvolvemos, obrigan, desenvolvernos, ago, ulises, perdido, hespérides, derrota, tripulación, fermosa, lindos, querer, atoparnos, nesas, cobizosas, relatos, teriades, preguntarlle, retrato, achegádevos, escoitade, atentamente, keating, recomendaba, descubriredes, soñamos, pide, conservo, sintoniza, perfección, entrelaza, cuanticamente, capó, detense, atino, fun, pulsou, disparador, xusto, fría, húmida, despega, nave, espacial, postadolescentes, raibosamente, vizosos, asaltan, estrelas, solares, leven, cristalino, dirixindo, nao, senlleira, atisbo, dúbida, confiada, coñece, final, caste, timidez, innata, dozura, insinuación, navegante, cartógrafo, intérprete, rotas, asoman, tenrura, temoneiro, maquinista, confianza, repousando, guían, navío, prestándoa, áxil, acadar, cotos, elevados, esquivar, aerólitos, teimen, desvialos, singradura, chámanlle, botellón, botellas, ron, traseira, refresco, cola, americanas, sofisticación, abrigo, chuvieira, tremenda, saboreando, diluírse, semellantes, encetaba, remataba, soportal, testemuñan, kodak, analóxica, focal, fixa, físicas, colleita, poñamos, burela, estreaba, cedo, reivindicabamos, inconsciencia, xuvenil, aspiraba, vale, asentando, recoñecerse, rostros, decurso, forman, elo, aparece, mostrando, lazo, invisible, xungue, chamar, profundidades, ocasións, completamente, honestos, quedar, excesivamente, ruín, tender, adozalo, tinguíndoo, marabilloso, manteño, cordura, tende, parecernos, revivilo, absurdo, bravos, celebracion, carnaval, antroido, post, scriptum, rubén, conversei, lembramos, pasada, sanitario, mellore, xuntarémonos, pandemias, aparte, resistente, nexo, inesquecible
Text of the page (random words):
añaba adoptando un talante claramente máis diplomático pensou que podería mercarnos por catro pesos e mesmo nos ofrecía posibilidades de entrada nos seus diversos chiringos a dignidade exércese de moitas formas ningunha das presentes aquel día aceptamos as ofertas como tampouco pregamos ás ameazas proferidas por iso podemos contalo hoxe lendo a nova da apropiación indebida dun profesor do campus de lugo da usc decatámonos de que 25 anos despois os fillos políticos desta caterva de persoeiros que modelaron a universidade e a investigación dos 1990 e 2000 seguen a estela dos de entón a diferenza é que dúas décadas e pico máis adiante por fin alguén foi capaz de levar ao xulgado algo que daquela era plato diario as contradicións que a nova me xera son abondosas síntome levemente aliviado de que finalmente haxa algunha xustiza en todo isto e alguén pague o pouco que sexa por algo que permitídeme a sospeita se viña facendo de xeito máis ou menos normal por outra coido que malo dabondo é ter tardado tanto sobre todo porque moitas destas eran realidades que podían observarse a simple vista e segredos a voces que moito temos denunciado pero claro vivïamos nun momento no que quen mandaba os designios das magnas institucións de docencia e investigación eran escuros persoeiros moitos bogando aínda hoxe no prestixio e aos que poucos lles tusen non será tempo de abrir as fiestras erguer as alfombras e ventilar algo os armarios publicado en amizade debate política etiquetado amizade debate educación memoria opinión política out 13 a chaqueta vaqueira ou a mariña en loita posted by acheite 0 vaqueira que algúns dicían texana ou tejana nun pretendido acento castelán aínda que o prolongado a da sílaba grave daba boa conta das orixes era unha cazadora gris de talla media non a quixera curta porque anos antes tivera unha tipo aviador e quedara até as orellas de que me descamisase e me acoitelasen as dedas da friaxe nos costados a moda impuña naquel lustro a cor esluída a raxos forro branco e seis petos dous por dentro e catro por fóra as solapas nos laterais nunca ben pechadas completaban unha prenda con botóns metálicos que co tempo foran perdendo tonalidade até asomar a súa cor interior moito máis clara pasou moito tempo comigo porque ademais de gustarme un mundo merqueina para as medras era grande demais cando me empeñei nela nunha tenda que aínda resiste en vilanova de lourenzá e cadrou que o tempo se me parou na talla de entón sobre todo ao alto aínda que o cabelo non opinase o mesmo así que a miña cazadora vaqueira de gris esluído acompañoume durante un par de anos de instituto e algúns máis pola avenida de madrid camiñando cara o campus lugués cobertor para xuramentos de amizade eterna de mocidades vividas na praia ou mantel oportuno para non derramar as delicadas pingas dalgún día de festa gastaba case tantos quilómetros coma o seat da casa varios anos despois durante un momento deses que sen cámara dixital parecerían non ter existido a amiga laia mestre pediume que se algún día decidía desfacerme dela avisase antes porque a quería para si aínda que coma tantas promesas xuvenís nunca máis nos acordamos do tema a prenda seguiu comigo algún tempo testemuña entre outras da creación dun mito como foi a estrea de teknotrafikante dos papaqueixos ou a primeira vez que no campus lugués se escoitou lamatumbá pouco a pouco outras pezas de roupa foron relegándoa ao fondal do armario primeiro nas constantes mudanzas nos tempos de estudante logo na casa dos meus pais foi quedando atrás ata que de súpeto desapareceu da miña memoria como xa escribín ao enceto da pandemia o tempo do confinamento tivo o demo no corpo e unhas veces xogaba á contra e noutras tennos outorgado a capacidade de reflexionar e tamén de aloumiñar algunha que outra memoria difusa hai uns días unha veciña da mariña colgou nas redes sociais unha foto na que a súa filla adolescente vestía a mesma cazadora vaqueira coa que o pai máis ou menos da miña idade gastara a súa mocidade e velaí que de súpeto a luz da memoria fíxose para min e encetei este relato agora pregúntome que sería dela non teño fillos que con fachenda ou imposición estética poidan lucila nin laia mestre insistiu dabondo na oferta como para darlle unha vida máis porén entre as moitas lembranzas que podo coleccionar xa nas que a cazadora agora mesmo convértese no artefacto veume á cabeza unha folga de estudantes na que a prenda era o único remanso fronte á friaxe dunha mañá de inverno foz estaba despexado e o veo da xeada depositárase na intimidade das herbas os pes o riso o zunido continuo das voces e a ocasional consigna sacaban unha moitedume de bachareles das aulas na procura da batalla dialéctica o motivo probablemente sería a escaseza de medios sic no ensino público o que hoxe son recortes naquel intre chamábase falta de finanzamento fomos á folga na que para algunhas de nós sería a primeira de moitas e a rúa álvaro cunqueiro aquel día encheuse cun ronsel de cazadoras vaqueiras de abrigos de plumas de risos que ampliaban a rúa nun arco da vella infinito que sobrevoaba por riba do medo por riba das ameazas dos homes tristes a miña cazadora de gris esluído cos seus múltiples petos nos que tintinaban os escasos corenta pesos cos que tiña que sobrevivir a diario amparábame da friaxe do aire pero ao tempo diluíame na maré de resistentes que cos seus brazos a través das teas quecían os meus e quero pensar que aqueles brazos son os mesmos que se xunguen agora na mariña procurando un futuro mellor para a comarca que co grito das voces todas demandan traballo e pan para unha terra a nosa castigada polas decisións dos que non pensan en vidas senón en contas bancarias así que aínda sen a cazadora aquela estou con vós porque se vós parades a casa desaparece contade xa que logo comigo nesta rúa e naquelas que queirades ocupar p s e veño de coñecer o pasamento de darío xohan cabana un deses grandes nomes que sobrancean por riba da patria de nós e que non dubidaría en estar a carón da xente da mariña neses intres que a terra lle sexa leve e vexamos entón a patria socialista florida de rosas vermellas publicado en amariñaenloita debate política etiquetado amariña amariñaenloita galiza nonnosparan política nov 17 aínda era eu estudante posted by acheite 0 así comezaba o conto peito de lobo de castelao un conto que quería a un tempo reivindicar a forza e ledicia da mocidade e advertirnos da inevitable congostra que nos leva á decrepitude sirva hoxe porén para traer decrepitudes do pasado que semellan propagarse indefinidamente cara o presente sen visos de solución eramos xa que logo aínda estudantes naquel lugo de finais dos noventa de impoñentes oportunidades de negocio vencelladas ao urbanismo propagado sen máis miramentos que os reparos dos de sempre eses que como todo o mundo sabe só están estamos para estorbar un urbanismo que dispuña da súa cota de oportunidade nas institucións públicas colonizadas por escuros personaxes chegados aos gabinetes procedentes de avesías orixes e cuxos tentáculos permitían a xente con contactos pairar sen miramentos sobre institucións tan esgrevias coma universidades ou centros de investigación a cultura do pelotazo que tantas páxinas de xornalismo ten esborranchado e que no futuro chamará a atención pola benevolencia social coa que foi tratada a mesma que fai pensar que a día de hoxe non ensinou nada como alumnado dun campus agrario de fins do milenio onde dos perto de 9000 matriculados máis do 70 pertencía ás familias de agricultura forestal e veterinaria recibiamos aulas en edificios de recente construción 1992 94 que eran dito sen miramentos un desastre arquitectónico espazos mal dimensionados incomprensiblemente incómodos que se asolagaban cando chovía nos que o frío ou o excesivo calor dificultaban a estancia sen dotación suficiente e sen a mínima vocación do servizo para o que foran concibidos deseñados tarde mal moi mal e arrastro e co alento de cacharro pardo ameazando a caluga dos rumorosos deputación provincial e universidade confluían neles nunha treboenta relación de augas suxas e campañas publicitarias cociñadas tamén con empresariado afín a todas as comenencias naquel pote ao lume entraban por unha banda un cacharro pletórico con maiorías absolutas na deputación na capital e nos concellos da provincia que concibía o campus como feudo particular logro xa de paso onde talmente cánido cunha mexada sinalarlle ben os marcos da súa facenda ao mesmísimo manuel fraga por outra un darío villanueva ousado fachendoso de ser el quen devolvera a paz nun claustro universitario dividido entre os propios tan só 4 anos antes e que lugo lle resultaba unha baga medradora e xenerosa confiado en saber apacentar os rabaños e rematando a encaldada algunhas construtoras refregando as mans pola máis que posible urbanización daqueles pasteiros e carballeiras inservibles perto do miño lugares abocados a medrar indefinidamente coa promoción urbanística do campus moito hai por sachar nos arquivos das administracións así como na hemeroteca da prensa de entón para comprender un mínimo do que as partícipes nestas memorias temos vivido e o que ficará soterrado en caixóns ben máis escuros aqueles onde se escribe e se garda a verdadeira historia algo que sobarda o propósito do que aquí pretendo deixar por escrito pero que nos ten traído moitas veces esta pregunta para que as aulas de xestión de economía ou de planificación se o terreo sobre o que se movía o poder carecía de xestión manexaba economía propia a conta do de todas e deixaba a planificación coma un xogo de dubidosos gustos estéticos e pareceres enfrontados no medio de toda esta lameira estabamos nós o estudantado agrupado nun sindicato estudantil que repousa con todas as luces e as sombras na encrucillada que a historia queira reservarnos os comités abertos de escola e faculdade eramos como nos tiñan nomeado tantas veces los del caf as do non as das botas de monte e o forro polar que nos metiamos en política porque os paga la carrera el bloque no porén dispuñamos de acceso a recursos de información tan limitados coma calquera tomabamos os viños e as tapas nos mesmos sitios có resto examinabámonos coma o resto compartiamos piso e fondo para comer etc pero si algo había que nos diferenciaba a ideoloxía esa que aínda hoxe nos coloca no lugar correcto da historia da beira das que non comen todas as roscas pero tamén o colectivo algo que malia todo permite colaborar compartir e debater as ideas a organización o coñecemento das necesidades que sendo de cada unha de nós fanse globais por aquilo de que xeralmente aseméllanse ás de todas xa sabemos se por xunto valemos pouco por separado nada alén do lema que nos definía por un ensino galego público e de calidade unha das loitas que máis nos tiñan significado naquel intre eran as prácticas figurando dentro dun programa docente con arredor do 50 das horas polas que se pagaban elevadísimas taxas na realidade os contidos prácticos constituían unha pátina coa que encher multitude de páxinas nas guías universitarias o día a día demostraba a súa ausencia tanto en medios humanos coma en materiais sobre todo entre estes últimos nun campus agrario o máis importante non podía ser outro que a terra o lugar onde pacen os animais e medran as árbores onde se aduba onde chove e da o sol onde se sementa e se sega no propio campus existía xa unha posible candidata situada no mesmo centro do campus no oco entre veterinaria administración e dirección de empresas a escola politécnica e a biblioteca intercentros a vagoada era un conxunto de fincas sen uso que dispuña o lugar ideal para as tan cacarexadas e nunca ben cumpridas prácticas do alunado en medidas agrarias 4 hectáreas e 30 áreas unha superficie de terra baleira que posuía a maiores unha pequena carballeira sumada ao anterior posibilitaba o lugar óptimo para ensaios con especies probas de pastoreo estudos de regas etc alí as sinerxias coas que nos comían a orella día si e día tamén nas aulas teóricas si que podían favorecer o coñecemento do medio mesmo facilitar a labor daquela futura titulada que nun hipotético invernadoiro soubese distinguir un supoñer entre patoloxía e alelopatía desde o emprazamento definitivo da escola politécnica en 1994 naquela zona os caf pediran sistematicamente a dotación da vagoada como centro de prácticas porén baixo os auspicios de cacharro pardo e o reitor villanueva nunca se deu permiso oficialmente para convertela en tal cousa as comenencias entre universidade concello de lugo xunta e deputación non só bloqueaban calquera iniciativa neste sentido algunhas ben dignas e apoiadas por toda a comunidade educativa senón que ademais insistían no contrario unha negativa que mesmo era celebrada coa aquiescencia dunha maioría de catedráticos composteláns aos que lugo e o agrario lles cheiraba a lonxanía e atraso alí onde a espita da merda que diría o amigo cholas non chapuzaba tan lonxe como para arruinarlles a gravata de seda aínda lembro as risadas dalgún destes académicos no claustro da usc cando unha e outra vez chegabamos as de lugo coa proposta de empregar a vagoada e dotala como finca para prácticas agrarias e tamén como cinicamente nos facían referencias á futilidade das nosas peticións porque claro como todo o mundo sabe o agrario nin está nin se lle agarda xa postos lembro daqueles lonxanos anos noventa o plan estratéxico da universidade de santiago incluíndo entre as obras para a vagoada a dotación dun rochódromo para esparexemento da comunidade universitaria ou unha lagoa para o esparexemento de parrulos as ocorrencias naqueles documentos eran diversas pero sobre todo caras moi caras a lagoa rematou nun fochanco a modo de estanque onde se filtraban as augas suxas de fingoi derramadas uns metros máis arriba nas deficientes e vergoñentas canalizacións por baixo do edificio central da faculdade de veterinaria no lamacento estanque mesmo chegaron a habitar algúns peixiños de simpáticas actas bautismais todas encetadas pola letra w o que duraban pois naquela poza infecta as súas vidas eran loxicamente curtas o rochódromo non chegou a executarse pero a magna obra que ía situar a centralidade do proxecto cacharrista villanuevista si chegou a ver a luz un anfiteatro do estilo feísta máis puramente identificado coas glorias das construtoras alzadas ao olimpo liberal pola burbulla inmobiliaria situouse na parte central da vagoada ocupando un espazo de case media hectárea con gradas ao descuberto e sobre o que coido lembrar nunca saiu a escena ningún espectáculo musical ou de calquera estilo se descontamos tal vez a representación teatralizada que o alunado contra a lou en 2001 levou a cabo ridiculizando o articulado da tan contestada lei de ordenación universitaria pois velaquí que vinte e pico anos despois chegamos ao presente e comprobamos pola prensa e a páxina da propia usc que a día de hoxe o vicerreitorado do campus lugués pretende formalizar un concurso de ideas para ver o que facer coa vagoada hoxe si hoxe 2021 cun alunado en mí...
|