Meta tags:
description= das letras que aran a terra;
Headings (most frequently used words):
que, navegación, de, artigos, ou, acheite, memorias, da, neve, 1987, yo, fui, más, rojo, tu, outras, herbas, democráticas, chaqueta, vaqueira, mariña, en, loita, aínda, era, eu, estudante, sobre, violencia, entroido, lle, pidamos, hoxe, canto, aos, anos, bravos, historias, do, lume, ata, sempre, pau, donés, as, cousas, bonitas, anotacións, etiquetas, chiando, das, letras, aran, terra,
Text of the page (most frequently used words):
que (522), non (106), para (106), unha (92), por (81), máis (76), nos (65), das (64), como (64), con (60), coa (48), dos (47), sen (43), todo (38), anos (32), porque (31), entre (30), así (29), pero (28), memoria (27), aínda (27), cando (27), onde (27), tempo (27), hoxe (27), día (25), era (24), pola (24), nin (24), nun (24), noite (24), nas (23), mesmo (22), tan (22), dunha (21), mentres (21), coma (21), sobre (20), nós (20), vez (20), medio (19), hai (19), quen (19), casa (19), entón (19), tamén (18), tal (18), #violencia (17), súa (17), moi (17), sempre (17), seu (16), algo (16), foi (16), acheite (15), días (15), porén (15), dun (15), neve (14), cousas (14), todas (14), pouco (14), cada (14), polo (14), ben (14), daquela (14), amizade (13), este (13), aos (13), moito (13), case (13), agora (12), política (12), historias (12), logo (12), antes (12), campus (12), universidade (12), moitas (11), ter (11), mundo (11), desde (11), esa (11), sexa (11), tantas (11), menos (11), aquela (11), nosa (11), algunha (11), esta (10), outras (10), etiquetado (10), publicado (10), isto (10), nosas (10), nada (10), claro (10), lugar (10), terra (10), calquera (10), contra (10), veces (10), persoas (10), posted (10), miña (10), momento (10), algúns (10), carro (10), despois (10), eran (10), ver (9), vello (9), nunca (9), entroido (9), lle (9), mocidade (9), teño (9), ten (9), ser (9), lume (9), xente (9), aquel (9), tiñan (9), casas (9), outra (9), parte (9), rural (8), novo (8), debate (8), cos (8), nunha (8), son (8), palabras (8), facer (8), historia (8), ata (8), até (8), alí (8), polas (8), dentro (8), algunhas (8), realidade (8), servizos (8), empresa (8), pensamento (7), mondoñedo (7), lugo (7), lembranza (7), festa (7), mariña (7), bonitas (7), meu (7), diante (7), fóra (7), coas (7), mal (7), maioría (7), relato (7), canto (7), min (7), lembrar (7), aldeas (7), rapazada (7), tiña (7), riba (7), naquel (7), tipo (7), mesmos (7), aquí (7), seus (7), alguén (7), prácticas (7), público (7), lugares (7), conta (6), música (6), educación (6), perto (6), tempos (6), voces (6), vida (6), nalgún (6), donés (6), caso (6), cunha (6), lembro (6), primeiro (6), dous (6), ese (6), uns (6), van (6), media (6), propio (6), modo (6), particular (6), poder (6), xeito (6), tanto (6), persoa (6), sigue (6), propia (6), servizo (6), pese (6), vagoada (6), agrario (6), alumnado (6), investigación (6), cazadora (6), durante (6), meus (5), razón (5), prensa (5), galiza (5), ciencia (5), vaqueira (5), memorias (5), iso (5), lembranzas (5), momentos (5), gusto (5), comunidade (5), teñen (5), necesidade (5), banda (5), temos (5), está (5), fin (5), alén (5), diario (5), simplemente (5), mar (5), beira (5), sabe (5), luz (5), pode (5), forma (5), noites (5), pau (5), resultado (5), fai (5), foz (5), pasado (5), cara (5), velaí (5), ven (5), pois (5), cambio (5), estas (5), mans (5), ducia (5), estaba (5), forza (5), veciño (5), capacidade (5), futuro (5), podía (5), décadas (5), riso (5), baixo (5), intre (5), alunado (5), escuros (5), estado (5), desfile (5), algún (5), mañá (5), naquela (5), aqueles (5), galego (5), comigo (5), maiores (5), cousa (5), empresas (5), estes (5), podían (5), había (5), atención (5), procura (5), profesor (5), nevarada (5), wordpress (4), com (4), sitio (4), opinión (4), cultura (4), aldea (4), 2021 (4), fui (4), rojo (4), artigos (4), anteriores (4), celebrar (4), grande (4), axuda (4), aquilo (4), horas (4), estar (4), deixar (4), dicir (4), inevitable (4), grupos (4), noventa (4), zona (4), dela (4), fose (4), ambiente (4), aló (4), desta (4), connosco (4), seguro (4), silencio (4), atrás (4), aire (4), veciñanza (4), cun (4), chisme (4), seguinte (4), xeración (4), medo (4), sendo (4), nenas (4), metros (4), agrarias (4), colectivo (4), mesas (4), están (4), ademais (4), nova (4), súas (4), somos (4), ollada (4), vai (4), viaxe (4), sei (4), seat (4), ano (4), paso (4), roupa (4), rúa (4), seguridade (4), martes (4), lourenzá (4), tampouco (4), conto (4), unhas (4), neste (4), pensar (4), traballo (4), nivel (4), dotación (4), diversos (4), disto (4), seguen (4), outro (4), recursos (4), públicos (4), mellora (4), supón (4), fixo (4), usc (4), centro (4), universitaria (4), toda (4), aulas (4), públicas (4), mesma (4), friaxe (4), varios (4), moitos (4), eles (4), proxectos (4), teléfono (4), parroquia (4), estrada (4), temporal (4), aviso (4), dar (4), colexio (4), contido (3), sesión (3), 2026 (3), televisión (3), manuel (3), estética (3), amariña (3), estudante (3), loita (3), más (3), herbas (3), 1987 (3), viños (3), feito (3), vidas (3), desas (3), destes (3), senón (3), pasa (3), vivimos (3), saúde (3), cuberto (3), fiestra (3), musical (3), coche (3), leiras (3), conversa (3), nestes (3), praia (3), tiñamos (3), cabeza (3), saír (3), ollos (3), deixou (3), leve (3), grazas (3), bocadiño (3), flaca (3), sir (3), vilha (3), deses (3), malamente (3), idade (3), naqueles (3), século (3), vella (3), amigo (3), fío (3), contado (3), solsticio (3), sabemos (3), veñen (3), carros (3), boa (3), for (3), cabana (3), tivese (3), evitar (3), entrada (3), sombras (3), todos (3), cambiar (3), previos (3), necesaria (3), impulso (3), anterior (3), vítimas (3), meses (3), cor (3), papel (3), partes (3), termos (3), ameaza (3), primeira (3), servir (3), dabondo (3), ollo (3), punto (3), presenza (3), del (3), acordo (3), tres (3), ían (3), valor (3), maneira (3), hora (3), dúas (3), estou (3), perda (3), foron (3), cadra (3), aconteceu (3), década (3), sido (3), poucos (3), tentando (3), eramos (3), deles (3), rosalía (3), sentados (3), vasos (3), afán (3), edificio (3), importante (3), múltiples (3), podemos (3), tarde (3), ideas (3), comparsas (3), recreo (3), conexión (3), economía (3), últimos (3), daqueles (3), curso (3), graos (3), entrar (3), dificultaban (3), circunstancia (3), xeral (3), comarca (3), fora (3), contacto (3), chegados (3), caer (3), supoñer (3), concellos (3), maior (3), arredor (3), vós (3), comunicacións (3), entretemento (3), fronte (3), petos (3), casos (3), estamos (3), cidadán (3), negocio (3), pandemia (3), cliente (3), cabo (3), levo (3), administración (3), destas (3), oferta (3), podería (3), leva (3), par (3), diversas (3), presente (3), lugués (3), ensino (3), probablemente (3), estudantes (3), veterinaria (3), chegou (3), proxecto (3), escola (3), caf (3), cacharro (3), deputación (3), contrario (3), dalgún (3), posible (3), conxunto (3), información (3), miramentos (3), institucións (3), amariñaenloita (3), gris (3), sería (3), fillos (3), prenda (3), único (3), ameazas (3), pai (3), nela (3), branco (3), persoeiros (3), 1990 (3), formas (3), mediante (3), privadas (3), persoal (3), profesorado (3), aproveitaban (3), frase (3), investigacións (3), diñeiro (3), haber (3), solidariedade (3), nenos (3), poden (3), tanta (3), móbil (3), deficiente (3), condutor (3), bus (3), escolares (3), campá (3), emoción (3), choiva (3), free (2), create (2), your (2), own (2), website (2), web (2), nome (2), obrigatorio (2), escribe (2), barra (2), privacidade (2), tes (2), crea (2), blogue (2), xan (2), outubro (2), xornalismo (2), territorio (2), teatro (2), tabaco (2), san (2), recortes (2), oiran (2), maría (2), ideoloxía (2), desastre (2), contos (2), cine (2), cervexa (2), agro (2), chaqueta (2), democráticas (2), navegación (2), escribín (2), sexan (2), brindar (2), tomar (2), amigos (2), festas (2), social (2), alento (2), construción (2), estreita (2), mesmas (2), elas (2), pensamentos (2), intencións (2), necesario (2), enriba (2), aquelas (2), evidente (2), durmir (2), necesidades (2), gallo (2), exemplo (2), facendo (2), implícita (2), fondo (2), venres (2), cea (2), toma (2), furia (2), tristura (2), instante (2), area (2), nubeiros (2), sombra (2), falan (2), pasou (2), lonxe (2), tería (2), cabe (2), balcón (2), redes (2), sociais (2), fotos (2), vellas (2), matar (2), xuñ (2), tennos (2), cantar (2), xustiza (2), costa (2), podo (2), sotaque (2), blues (2), ondas (2), efectivamente (2), letra (2), guitarra (2), eléctrica (2), tema (2), imposible (2), cadeas (2), semana (2), voz (2), peculiar (2), acento (2), tirando (2), muller (2), fame (2), doutra (2), queira (2), levaba (2), constitúe (2), tantos (2), adolescente (2), sin (2), categoría (2), dean (2), acontecidas (2), alcance (2), contar (2), desapareceu (2), erguer (2), parece (2), mozas (2), mozos (2), toca (2), novas (2), trasnadas (2), moita (2), intención (2), sirvan (2), risos (2), ninguén (2), vinganza (2), procuralo (2), porta (2), desafío (2), camiñando (2), houbese (2), herba (2), ruxido (2), camiños (2), comprobamos (2), moverse (2), adrenalina (2), camiño (2), decidiu (2), fomos (2), viño (2), experiencia (2), fracaso (2), veigas (2), recoñecemento (2), previamente (2), incluídas (2), interior (2), incluídos (2), teriamos (2), multitude (2), grupo (2), evento (2), habituais (2), simple (2), iguais (2), polos (2), peor (2), noso (2), pronto (2), tensión (2), grito (2), veciñas (2), escoitado (2), chegando (2), escuridade (2), honra (2), familia (2), escoitou (2), veciños (2), sacar (2), pacto (2), nesta (2), alterar (2), orde (2), cotío (2), díxome (2), veciña (2), doutro (2), raiola (2), última (2), desenvolver (2), negociar (2), resultaba (2), normal (2), vencelladas (2), encetar (2), leña (2), común (2), certa (2), pequeno (2), sardiña (2), viña (2), adiante (2), xusta (2), fume (2), cheiro (2), imos (2), idades (2), dialéctica (2), malo (2), suficiente (2), serve (2), ilustrar (2), outorga (2), mocidades (2), acabar (2), xunto (2), distancia (2), doado (2), mesmísimo (2), directamente (2), audacia (2), delas (2), perspectiva (2), alto (2), vidro (2), xabi (2), marze (2), ceo (2), sorriso (2), mínimo (2), falta (2), plástico (2), obras (2), gardo (2), poucas (2), imaxes (2), poñerse (2), recoñecer (2), cómpre (2), rescatar (2), darlle (2), impón (2), posibilidade (2), convértese (2), feb (2), onte (2), contalo (2), xunguen (2), boas (2), formando (2), habemos (2), haberá (2), instituto (2), clase (2), levar (2), cal (2), proceso (2), quedando (2), baleirado (2), mariñá (2), quero (2), nostalxia (2), seguir (2), procesión (2), sábado (2), escasos (2), procurando (2), intimidade (2), exterior (2), candeas (2), boneca (2), santa (2), desfiles (2), concursos (2), recente (2), celebración (2), consistía (2), apropiarse (2), facía (2), rematar (2), acontecer (2), orellas (2), roscas (2), obxectivo (2), doutras (2), zonas (2), pouca (2), saía (2), homenaxe (2), viveiro (2), valadouro (2), discoteca (2), comezaba (2), naquelas (2), liberdade (2), expresión (2), fixeron (2), clases (2), haxa (2), ámbito (2), práctica (2), corresponden (2), teña (2), comunicación (2), vender (2), detentadores (2), infecta (2), privada (2), teletraballo (2), sirva (2), finalmente (2), pague (2), saia (2), claramente (2), comercial (2), aumento (2), gasto (2), forte (2), superioridade (2), feble (2), abuso (2), ofertas (2), xurídica (2), compromiso (2), ningunha (2), sistematicamente (2), facelo (2), pública (2), debera (2), deixando (2), tono (2), trata (2), loxicamente (2), botamos (2), nomes (2), chamada (2), datos (2), tentar (2), xaora (2), castelán (2), vou (2), vista (2), reflexionar (2), bastante (2), debates (2), neles (2), teremos (2), tenda (2), nalgunha (2), partícipes (2), vehemencia (2), pico (2), familias (2), caterva (2), catedráticos (2), espazos (2), finca (2), responsables (2), procedente (2), progreso (2), rochódromo (2), esparexemento (2), lagoa (2), caras (2), estanque (2), augas (2), suxas (2), deficientes (2), central (2), faculdade (2), chegaron (2), habitar (2), estilo (2), construtoras (2), espazo (2), coido (2), escena (2), ningún (2), politécnica (2), pardo (2), villanueva (2), convertela (2), comenencias (2), concello (2), iniciativa (2), aquiescencia (2), lles (2), claustro (2), dirección (2), dispuña (2), etc (2), coñecemento (2), páxinas (2), medios (2), árbores (2), sol (2), estabamos (2), abertos (2), los (2), monte (2), forro (2), acceso (2), resto (2), xestión (2), planificación (2), terreo (2), forestal (2), edificios (2), chovía (2), frío (2), mínima (2), foran (2), provincial (2), capital (2), darío (2), indefinidamente (2), urbanismo (2), personaxes (2), procedentes (2), orixes (2), universidades (2), quería (2), veño (2), coñecer (2), patria (2), esluído (2), corenta (2), pesos (2), brazos (2), contas (2), laia (2), mestre (2), folga (2), inverno (2), continuo (2), ampliaban (2), tivo (2), foto (2), súpeto (2), fíxose (2), talla (2), cobertor (2), pingas (2), daba (2), impuña (2), catro (2), sospeita (2), docencia (2), será (2), fiestras (2), aceptamos (2), sistema (2), asistimos (2), absolutamente (2), reunión (2), condicións (2), admitiron (2), procesos (2), cargo (2), destino (2), compañeiro (2), rematamos (2), continuación (2), etapa (2), continuar (2), nota (2), innovación (2), viñan (2), instalacións (2), desviar (2), sociedade (2), empresariais (2), aprendera (2), andar (2), baleiro (2), brais (2), lorenzo (2), merecen (2), faise (2), volta (2), aparellos (2), posúen (2), oirán (2), preguntámonos (2), infraestruturas (2), cobertura (2), mestra (2), fina (2), soa (2), 2024 (2), mirase (2), contemplación (2), silandeiro (2), pediu (2), autobús (2), supoño (2), vía (2), rodas (2), asfalto (2), autocar (2), coubeira (2), autobuses (2), intento (2), esperanza (2), grosas (2), minutos (2), pór (2), distribución (2), percorrido (2), estradas (2), letras (2), aran (2), start, correo, comentario, cargando, comentarios, contraer, informar, deste, iniciar, rexistro, administrar, subscricións, reader, inicia, rexístrame, subscrito, subscrición, balde, blog, tuits, chiando, vacinas, tratorada, topografía, suspensos, lucas, perlitas, outeiro, rei, medicina, alternativa, marea, negra, iglesias, turnes, literatura, leite, lareira, independentismo, ganderia, gandeiros, galileo, galeguismo, fontán, feira, esquerda, enxeñaría, agraria, eleicións, ecoloxía, danza, crítica, catalunya, cabalos, bóveda, asunta, asociacion, cultural, amarelismo, alternativo, altermundo, agronomía, etiquetas, febreiro, xuño, novembro, 2025, xaneiro, anotacións, abr, comecei, pretensión, homenaxear, reencontros, dixitais, agardo, analóxicos, pase, compartida, ledos, conclúo, falándovos, gustaría, acontecese, cinema, seráns, concertos, compartido, debemos, cancelala, vermú, charanga, ruada, improvisada, taberna, compadre, constitúen, vital, lazos, mediación, sentímonos, pretendía, enxalzar, remato, pedíndovos, construamos, pechadura, abra, queimando, desconfianzas, negros, convén, ceder, discursos, escuras, pretenden, anular, arrepiante, escoller, nubeiro, pórlle, parecen, escangallarse, prioridades, fundamentais, alimentación, suposto, han, faltar, cingan, estritamente, supervivencia, cubrir, básicas, crise, pretendan, apagar, considera, innecesario, superfluo, brillan, treboada, azouta, olladas, acompáñame, radio, equipo, choio, percorrendo, números, compañeira, amizades, indispensable, baile, contida, saen, canle, control, confinados, trouxéronnos, pés, parecía, rolar, lento, podías, repousar, zoando, llas, covas, altar, apresuraban, formar, leito, sorrisos, xuventude, estarricárense, horizonte, prometido, felicidade, pousan, definen, primavera, conceden, volver, aproveitar, achegármonos, gardadas, recunchiño, conscientemente, gustado, almacenar, desfrutar, tranquilidade, sentado, conversas, les, consultas, estomballarse, sofá, vendo, pegándolle, mandos, videoconsola, rindo, cachón, serie, dicías, tiñas, repasar, ordenar, che, regue, abril, conceder, nesa, paudonés, laflaca, enganchado, infinitas, sucederon, quizais, vivo, recoñecerllo, tópico, atesouramos, feliz, eternamente, recoñecela, sonora, trabucarme, verso, inventar, rimas, imposibles, intentado, arremendar, arrastre, catalaniza, adozado, morno, mol, soñado, caribe, embaza, innecesaria, carga, azucre, sentimental, subxectivo, dou, lembrado, exactamente, camarada, empedernido, afeizoado, doors, alternativos, submundo, rock, punk, admiración, supuxo, veu, distinta, arrastra, sentimentalismo, simplón, baladas, afasta, evocación, doada, masticada, corda, efectista, desapercebido, marca, anuncio, converteron, himnos, etiquetan, musicais, sobrepasabamos, luminaria, festiva, diluía, resaca, diversidade, acentos, meseta, mediados, colonizaban, eclipse, arrimados, mamá, figueira, bar, marcou, tendencia, turística, despuntabamos, escaravellaba, disimulado, catalán, convencional, cubana, quilos, salsa, soles, shin, palabrash, hablannn, pel, escura, bailando, durme, engana, bebe, tras, engorda, bico, cantante, daría, imaxinación, debullar, homenaxes, lalo, rodríguez, devórame, otra, húmido, caloroso, habana, rasgueo, cubano, cheira, new, orleans, desesperado, destrúe, robert, johnson, puidera, maldicir, canción, lembreime, posta, enésima, exercicios, xul, lumenovo, inédito, peitos, 1996, vintecinco, protagonistas, camiñarán, vagalume, cigarro, serlles, pare, quedaban, dera, tento, imparable, muda, operada, último, conseguiu, fechar, portas, abandonar, airas, quedamos, sexamos, escribir, perdoa, rachar, pactos, risco, contaxiar, xeracións, rueiros, remolque, tractor, tarefa, realizable, benquerida, intelixencia, deseñe, malicia, botar, fagan, alcumado, espiña, demasiado, fonda, orgullo, afrenta, sacarse, arrincar, dia, xunguir, vacas, calzado, protexémonos, alpendre, escondedelas, movemento, sete, oito, démoslle, guindón, resultou, freado, desbloqueamos, carraca, saíse, empurrón, inicial, seguía, milagres, insospeitados, colaborativa, erguemos, sacámolo, repousaba, posto, corremos, aira, ficou, noitiña, conque, sardiñas, chourizos, serviran, outorgarlle, alcume, irrupción, frustrara, brincadeira, infantil, determinaba, grupal, participación, engolemia, provoca, proibido, conducíanos, adormecidas, chaquetas, xerseis, subidos, imperativo, shhhhhhh, campaba, plano, ataque, deseñado, continxencias, decidira, cadaquén, culpabilidade, disimular, situación, indesexable, ocultarse, eficacia, velocidade, escapar, euforia, emparentadas, condicionantes, serviu, intuírmos, próximo, gloria, silandeira, imediato, tales, vitorias, nolas, contaron, parecían, relatando, actuacións, anécdotas, escollidas, troula, partícipe, construía, amecidos, dan, segredo, transmisión, comunitaria, convencía, reservado, cemento, manter, vencello, forxado, proximidade, consegue, recuperar, unidade, xuntas, retomamos, encirrados, empurrados, quixeramos, probar, frustrado, escollido, precisamente, levaban, brincadeiras, inexperiencia, revelou, paradoiro, cheos, real, axiña, vimos, varias, ducias, cumpría, vixía, tatexo, esqueceu, incapaz, pronuncialo, botando, man, palabra, identificar, gorxa, afogado, escapou, suficientes, infundir, temor, fuxirmos, asustados, hortas, rabiño, viamos, criamos, erguía, mango, galleta, gargalladas, sufrira, ataques, fortuna, incomodado, perderen, ameazar, bater, descoidado, acometera, falcatruada, decatarse, propietario, deitado, agochado, protexido, vixiante, coidaba, ofensa, téñenme, antergo, tolerante, xoldras, quixeran, cabanote, prevenido, arma, fogo, arremeteu, causantes, producir, afortunadamente, ferida, abrigada, precedente, ela, previo, saían, silandeiros, esluíanse, dedicábanse, basicamente, ferramentas, contorna, seren, vitoria, habilidade, esas, fendas, veciñais, soterradas, fornecían, frecuente, atopar, horta, curral, catalo, consecuente, incomodidade, ambas, furtivo, tunantes, previas, trocaran, anoitecía, adoita, suspendida, crepúsculo, grolo, bocado, maliciabamos, naturalidade, baixa, enfado, preparaban, lóxica, inmediato, visto, poderiamos, escolliamos, xuntabamos, cacharela, verdadeiro, miolo, naquilo, resulta, extraordinario, situarse, impacto, gravou, arremete, intensidade, decidido, carrexada, dispostas, bebidas, xuntarse, cuestión, prender, lumiño, estender, brasa, colocar, grella, chourizo, costela, porco, convencendo, arrecendos, airexa, morna, afalando, nordés, mesturan, experiencias, concretar, creo, dea, resumido, texto, propóñome, xuntar, retallos, fiar, tardiñas, rúas, vilas, enchendo, saltan, arelamos, saltar, lamentaba, apesarado, aventuras, noutro, laiábase, descoñecese, noutrora, outros, fixera, felices, inseridos, eterno, conflito, empatizamos, queixas, sentindo, achegan, ficando, conscientes, desa, queren, instalarse, sosteño, pouso, gozado, daquilo, gardar, gratísima, mesa, adornamos, grilandas, vagar, xuntármonos, distantes, mediada, viu, xuntándose, serodia, rebuldeira, cadraba, próximas, fuxir, controladora, determinou, decidísemos, festexalo, comida, bebida, avoas, chamábanlle, foleón, desfrutaban, descubrir, fascinación, desata, humanidade, resultar, mesturarse, rito, catártico, asociado, lapas, caen, barreiras, anómalas, circunstancias, desenvolvemos, obrigan, desenvolvernos, ago, ulises, perdido, hespérides, derrota, tripulación, fermosa, lindos, querer, atoparnos, nesas, cobizosas, relatos, teriades, preguntarlle, retrato, achegádevos, escoitade, atentamente, keating, recomendaba, descubriredes, soñamos, pide, conservo, sintoniza, perfección, entrelaza, cuanticamente, capó, detense, atino, fun, pulsou, disparador, xusto, fría, húmida, despega, nave, espacial, postadolescentes, raibosamente, vizosos, asaltan, estrelas, solares, leven, cristalino, dirixindo, nao, senlleira, atisbo, dúbida, confiada, coñece, final, caste, timidez, innata, dozura, insinuación, navegante, cartógrafo, intérprete, rotas, asoman, tenrura, temoneiro, maquinista, confianza, repousando, guían, navío, prestándoa, áxil, acadar, cotos, elevados, esquivar, aerólitos, teimen, desvialos, singradura, chámanlle, botellón, botellas, ron, traseira, refresco, cola, americanas, sofisticación, abrigo, chuvieira, tremenda, saboreando, diluírse, semellantes, encetaba, remataba, soportal, testemuñan, kodak, analóxica, focal, fixa, físicas, colleita, poñamos, burela, estreaba, cedo, reivindicabamos, inconsciencia, xuvenil, aspiraba, vale, asentando, recoñecerse, rostros, decurso, forman, elo, aparece, mostrando, lazo, invisible, xungue, chamar, profundidades, ocasións, completamente, honestos, quedar, excesivamente, ruín, tender, adozalo, tinguíndoo, marabilloso, manteño, cordura, tende, parecernos, revivilo, absurdo, bravos, celebracion, carnaval, antroido, post, scriptum, rubén, conversei, lembramos, pasada, sanitario, mellore, xuntarémonos, pandemias, aparte, resistente, nexo, inesquecible
Text of the page (random words):
tarios privatizan a educación e abandonan as persoas maiores as mesmas que desde a nada máis insignificante mantiveron e manteñen o que somos como pobo e que merecen a honra a homenaxe e unha vellez digna agora cómpre a deferencia de retornarlles cando menos o valor do compromiso que mostraron cando todo se revirou claro que non se trata de poñer altares nin adoracións místicas que hai quen as procura xaora igualmente baleiras de contido non trátase de ocuparse deles de tratalos e concederlles os servizos que por todo o que teñen dado merecen evoluír progresar é tomar conta do que foi do que aconteceu e tentar melloralo no presente non ter a sensación de que se non é a neve será outra cousa pero que sigue a haber unha parte do país galego abandonada e que non merece unha nevarada sen teléfono verse rodeados polo lume forestal ou que alguén se perda no monte porque carece de dispositivos xeolocalizadores que dispensen a atención oportuna e necesaria a comparación neste caso non é odiosa faise imprescindible 1 habitar o baleiro https habitarobaleiro gal proxecto e exposición itinerante sobre o estado do rural galego a cargo do fotógrafo brais lorenzo publicado en amariñaenloita amizade ciencia e pensamento debate política etiquetado ciencia debate educación galiza memoria opinión política xan 26 yo fui más rojo que tu e outras herbas democráticas posted by acheite 0 veño de coñecer a sentenza que condena a un profesor da usc por apropiarse de diñeiro procedente da investigación para o seu lucro privado a cousa é como segue o profesor crea unha empresa fantasma da que é administrador único a empresa realiza facturas á universidade por servizos que non presta a consecuencia disto o profesor ingresa na súa conta privada cartos públicos que non lle corresponden procedentes dos seus proxectos de investigación como todo o mundo sabe o diñeiro co que se financian as investigacións e as universidades públicas non pode andar por aí a dispór de todo o mundo a sociedade precisa de esforzados funcionarios que termen deles resultado desvíano ás súas contas privadas pero só para protexelos e que non se perdan non me é allea a polémica disto hai moitos anos na miña etapa universitaria nos caf atreverámonos a redactar unha nota de prensa queixándonos da privatización encuberta da universidade explicabamos nela que a proliferación de proxectos de investigación pagados por empresas privadas que se aproveitaban das instalacións públicas podían limitar ou desviar investigacións que beneficiasen ao conxunto da sociedade sinalabamos que desta maneira algunhas empresas lucrábanse coa mellora dos seus procesos produtivos a costa de utilizar instalacións que pagamos todas non eran non as pequenas empresas agrícolas ou téxtiles un supoñer quen se beneficiaba daquela innovación nuns casos os conglomerados empresariais que se aproveitaban da universidade pública tiñan cifras de negocio que soterrarían o conxunto das explotacións agrarias galegas noutros casos tratábase de símiles empresariais creados adhoc dentro da universidade que non soportarían unha mínima auditoría de ter alguén a intención de facela desviando cantidades de diñeiro público a quen sabe que ignotos destinos a nosa sospeita por entón era que algunhas persoas á fronte destas investigacións profesorado aprendera moi ben a teoría dos vasos comunicantes no tocante ás formas de desviar o carto público mentres o persoal alumnado en prácticas era vilmente explotado o resultado daquela nota de prensa por algún fado do destino publicada integramente como columna situou ao colectivo no que eu militaba no obxectivo de quen por entón impartía algo máis que docencia na universidade incomodados e encabuxados a partes iguais os responsables dalgún destes millonarios proxectos de innovación carro descapotable e rolex no pulso mediante pediron unha xuntanza connosco para tratar o asunto aceptamos a reunión porque moi ao contrario do que eles mesmos nos apuñan queriamos escoitar o que nos viñan dicir no día acordado sentados en tallos formando un círculo asistimos atónitos e tamén un pouco abafados ás ameazas que un dos convocantes proferiu contra nós mentres o outro permanecía calado con ese aire de superioridade que dá saberse o único pistoleiro no medio do saloon coñecendo o animal intuiamos que o tono non ía ser de aloumiño nada máis comezar e a modo de presentación dirixíndose a min e visiblemente alterado ceivoume a frase que da título a este apuntamento mira yo fui más rojo que tú para continuar cunha salva de bravuconadas ás que xa por entón nos tiña acostumados a resposta pola nosa parte podería ter sido variada pero o que realmente descolocou a tan magno persoeiro foi unha risada absolutamente incontrolable dun compañeiro que espurrando e cos ollos pechos contiña a gargallada que se esforzaba por saír coma dunha presa rebentada a frase de inicio foi tan mal tirada pola parte acusadora como contraefectista se o que procuraba era meter medo coa hilaridade do noso compañeiro rematamos por convertela en anecdotario e frase comodín para os numerosos días de xoldra que viñeron a continuación non é posible lembrar a nosa etapa universitaria sen que nalgún intre saia a manida yo fui mas rojo que tú por entón non había teléfonos intelixentes e tampouco daba o pensamento para ter rexistrado mediante calquer sistema de gravación todo aquilo porque despois das bravatas iniciais asistimos a un inventario ben provisto de aseveracións que deixaban entrever un clasismo e un afán de explotación que raiaban no escravismo absolutamente atroces porque si este tipo de persoeiros mantiñan unha prolífica actividade sobre o papel papando un elevado montante de axudas públicas e privadas que logo distribuían ao seu gusto e tamén para o seu disfrute persoal naquela reunión pese a que fora convocada para todo o contrario os personaxes alí reunidos lembremos profesorado pagado por todos presumiron de forma bastante locuaz de que tiñan alumnado traballando para eles en condicións lamentables de forma velada ou non tanto admitiron que pescaban a los listos para estes proxectos sen procesos públicos de selección de forma opaca aproveitándose da ignorancia do propio alumnado e coa aquiescencia da universidade admitiron que unha minoría do persoal ao seu cargo percibía unhas bolsas ridículas mentres se aproveitaban sen vergonza dunha maioría que traballaba sen cobrar un chavo a todas prometíanlles futuros investigadores e docentes cando sabían que pouco máis do 10 acadarían tal destino despois de anos e anos de miseria e precariedade resumiuno moi ben outro profesor de entón a universidade é un estado feudal aquela tarde o que fora máis roxo ca min corroborouno de diversas formas a persoa que o acompañaba adoptando un talante claramente máis diplomático pensou que podería mercarnos por catro pesos e mesmo nos ofrecía posibilidades de entrada nos seus diversos chiringos a dignidade exércese de moitas formas ningunha das presentes aquel día aceptamos as ofertas como tampouco pregamos ás ameazas proferidas por iso podemos contalo hoxe lendo a nova da apropiación indebida dun profesor do campus de lugo da usc decatámonos de que 25 anos despois os fillos políticos desta caterva de persoeiros que modelaron a universidade e a investigación dos 1990 e 2000 seguen a estela dos de entón a diferenza é que dúas décadas e pico máis adiante por fin alguén foi capaz de levar ao xulgado algo que daquela era plato diario as contradicións que a nova me xera son abondosas síntome levemente aliviado de que finalmente haxa algunha xustiza en todo isto e alguén pague o pouco que sexa por algo que permitídeme a sospeita se viña facendo de xeito máis ou menos normal por outra coido que malo dabondo é ter tardado tanto sobre todo porque moitas destas eran realidades que podían observarse a simple vista e segredos a voces que moito temos denunciado pero claro vivïamos nun momento no que quen mandaba os designios das magnas institucións de docencia e investigación eran escuros persoeiros moitos bogando aínda hoxe no prestixio e aos que poucos lles tusen non será tempo de abrir as fiestras erguer as alfombras e ventilar algo os armarios publicado en amizade debate política etiquetado amizade debate educación memoria opinión política out 13 a chaqueta vaqueira ou a mariña en loita posted by acheite 0 vaqueira que algúns dicían texana ou tejana nun pretendido acento castelán aínda que o prolongado a da sílaba grave daba boa conta das orixes era unha cazadora gris de talla media non a quixera curta porque anos antes tivera unha tipo aviador e quedara até as orellas de que me descamisase e me acoitelasen as dedas da friaxe nos costados a moda impuña naquel lustro a cor esluída a raxos forro branco e seis petos dous por dentro e catro por fóra as solapas nos laterais nunca ben pechadas completaban unha prenda con botóns metálicos que co tempo foran perdendo tonalidade até asomar a súa cor interior moito máis clara pasou moito tempo comigo porque ademais de gustarme un mundo merqueina para as medras era grande demais cando me empeñei nela nunha tenda que aínda resiste en vilanova de lourenzá e cadrou que o tempo se me parou na talla de entón sobre todo ao alto aínda que o cabelo non opinase o mesmo así que a miña cazadora vaqueira de gris esluído acompañoume durante un par de anos de instituto e algúns máis pola avenida de madrid camiñando cara o campus lugués cobertor para xuramentos de amizade eterna de mocidades vividas na praia ou mantel oportuno para non derramar as delicadas pingas dalgún día de festa gastaba case tantos quilómetros coma o seat da casa varios anos despois durante un momento deses que sen cámara dixital parecerían non ter existido a amiga laia mestre pediume que se algún día decidía desfacerme dela avisase antes porque a quería para si aínda que coma tantas promesas xuvenís nunca máis nos acordamos do tema a prenda seguiu comigo algún tempo testemuña entre outras da creación dun mito como foi a estrea de teknotrafikante dos papaqueixos ou a primeira vez que no campus lugués se escoitou lamatumbá pouco a pouco outras pezas de roupa foron relegándoa ao fondal do armario primeiro nas constantes mudanzas nos tempos de estudante logo na casa dos meus pais foi quedando atrás ata que de súpeto desapareceu da miña memoria como xa escribín ao enceto da pandemia o tempo do confinamento tivo o demo no corpo e unhas veces xogaba á contra e noutras tennos outorgado a capacidade de reflexionar e tamén de aloumiñar algunha que outra memoria difusa hai uns días unha veciña da mariña colgou nas redes sociais unha foto na que a súa filla adolescente vestía a mesma cazadora vaqueira coa que o pai máis ou menos da miña idade gastara a súa mocidade e velaí que de súpeto a luz da memoria fíxose para min e encetei este relato agora pregúntome que sería dela non teño fillos que con fachenda ou imposición estética poidan lucila nin laia mestre insistiu dabondo na oferta como para darlle unha vida máis porén entre as moitas lembranzas que podo coleccionar xa nas que a cazadora agora mesmo convértese no artefacto veume á cabeza unha folga de estudantes na que a prenda era o único remanso fronte á friaxe dunha mañá de inverno foz estaba despexado e o veo da xeada depositárase na intimidade das herbas os pes o riso o zunido continuo das voces e a ocasional consigna sacaban unha moitedume de bachareles das aulas na procura da batalla dialéctica o motivo probablemente sería a escaseza de medios sic no ensino público o que hoxe son recortes naquel intre chamábase falta de finanzamento fomos á folga na que para algunhas de nós sería a primeira de moitas e a rúa álvaro cunqueiro aquel día encheuse cun ronsel de cazadoras vaqueiras de abrigos de plumas de risos que ampliaban a rúa nun arco da vella infinito que sobrevoaba por riba do medo por riba das ameazas dos homes tristes a miña cazadora de gris esluído cos seus múltiples petos nos que tintinaban os escasos corenta pesos cos que tiña que sobrevivir a diario amparábame da friaxe do aire pero ao tempo diluíame na maré de resistentes que cos seus brazos a través das teas quecían os meus e quero pensar que aqueles brazos son os mesmos que se xunguen agora na mariña procurando un futuro mellor para a comarca que co grito das voces todas demandan traballo e pan para unha terra a nosa castigada polas decisións dos que non pensan en vidas senón en contas bancarias así que aínda sen a cazadora aquela estou con vós porque se vós parades a casa desaparece contade xa que logo comigo nesta rúa e naquelas que queirades ocupar p s e veño de coñecer o pasamento de darío xohan cabana un deses grandes nomes que sobrancean por riba da patria de nós e que non dubidaría en estar a carón da xente da mariña neses intres que a terra lle sexa leve e vexamos entón a patria socialista florida de rosas vermellas publicado en amariñaenloita debate política etiquetado amariña amariñaenloita galiza nonnosparan política nov 17 aínda era eu estudante posted by acheite 0 así comezaba o conto peito de lobo de castelao un conto que quería a un tempo reivindicar a forza e ledicia da mocidade e advertirnos da inevitable congostra que nos leva á decrepitude sirva hoxe porén para traer decrepitudes do pasado que semellan propagarse indefinidamente cara o presente sen visos de solución eramos xa que logo aínda estudantes naquel lugo de finais dos noventa de impoñentes oportunidades de negocio vencelladas ao urbanismo propagado sen máis miramentos que os reparos dos de sempre eses que como todo o mundo sabe só están estamos para estorbar un urbanismo que dispuña da súa cota de oportunidade nas institucións públicas colonizadas por escuros personaxes chegados aos gabinetes procedentes de avesías orixes e cuxos tentáculos permitían a xente con contactos pairar sen miramentos sobre institucións tan esgrevias coma universidades ou centros de investigación a cultura do pelotazo que tantas páxinas de xornalismo ten esborranchado e que no futuro chamará a atención pola benevolencia social coa que foi tratada a mesma que fai pensar que a día de hoxe non ensinou nada como alumnado dun campus agrario de fins do milenio onde dos perto de 9000 matriculados máis do 70 pertencía ás familias de agricultura forestal e veterinaria recibiamos aulas en edificios de recente construción 1992 94 que eran dito sen miramentos un desastre arquitectónico espazos mal dimensionados incomprensiblemente incómodos que se asolagaban cando chovía nos que o frío ou o excesivo calor dificultaban a estancia sen dotación suficiente e sen a mínima vocación do servizo para o que foran concibidos deseñados tarde mal moi mal e arrastro e co alento de cacharro pardo ameazando a caluga dos rumorosos deputación provincial e universidade confluían neles nunha treboenta relación de augas suxas e campañas publicitarias cociñadas tamén con empresariado afín a todas as comenencias naquel pote ao lume entraban por unha banda un cacharro pletórico con maiorías absolutas na deputación na capital...
|