Meta tags:
Headings (most frequently used words):
de, outra, banda, sábado, 13, agosto, 2022, chámome, ramón, arquivo, do, blog, etiquetas, xente, da, casa, pesar, dos, tempos, que, corren,
Text of the page (most frequently used words):
que (37), por (10), #agosto (9), non (9), con (8), tamén (7), cando (7), rushdie (6), como (6), banda (6), quen (6), mais (6), máis (6), para (5), xullo (5), dos (5), meu (5), letras (5), hoxe (5), unha (5), ser (5), río (4), novembro (4), decembro (4), este (4), outra (4), son (4), anos (4), vacacións (4), mesmo (4), entrevista (4), maior (4), emily (3), the (3), road (3), manolo (3), verán (3), outes (3), libros (3), aniversario (3), amor (3), marzo (3), abril (3), xaneiro (3), 2012 (3), tempos (3), 2022 (3), agora (3), vez (3), abc (3), artes (3), compartir (3), tempo (3), escribir (3), hai (3), isto (3), nos (3), sen (3), salman (3), coma (3), teclado (3), máquina (3), ter (3), acha (2), escrava (2), terra (2), sacou (2), poesía (2), paz (2), once (2), murakami (2), papel (2), ensino (2), cunqueiro (2), añón (2), etiquetas (2), maio (2), pesar (2), corren (2), blogue (2), literario (2), aquí (2), claus (2), patera (2), algo (2), expresión (2), marxe (2), dun (2), relación (2), coruña (2), toxosoutos (2), cultural (2), teño (2), escrito (2), francisco (2), suplemento (2), moi (2), textos (2), desde (2), galicia (2), ramón (2), publicacións (2), todo (2), entrada (2), volver (2), esa (2), folio (2), imaxinade (2), oito (2), temos (2), sigo (2), canle (2), castro (2), cara (2), cal (2), polo (2), lle (2), nin (2), umbral (2), era (2), tanto (2), xuntando (2), veces (2), ante (2), mentres (2), nun (2), pracer (2), música (2), escribe (2), cunha (2), tiña (2), axuda (2), onde (2), parte (2), portátil (2), quien (2), página (2), blanco (2), tema, marca, auga, tecnoloxía, blogger, imaxe, reino, cuberta, raquel, rodríguez, parada, manuel, rodrigues, luzifera, laura, ramos, xente, casa, zweig, zapatos, xornalismo, xapón, xantares, whitney, houston, vilar, ponte, vidal, bolaño, viaxes, vampiros, trens, tranströmer, toxos, teatro, tambre, taberna, szymborska, slam, sevilla, santa, lucía, risco, reloxio, recital, piero, manzoni, pereiro, andrade, paseatas, outono, ouro, neve, negreira, néboa, monte, pindo, mar, listaxes, lessing, joyce, irmandades, insomnio, hotel, hemingway, haikus, flores, fitzgerald, filoloxía, fernández, esoterismo, ditadura, das, cousas, desculpas, dante, contaminatio, compostela, cinema, casares, cans, gatos, böll, barcos, balea, avilés, asturies, crónicas, naifa, amizade, 2011, xuño, febreiro, 2013, 2014, 2015, 2016, 2019, arquivo, blog, asino, personaxe, novela, alfred, kubin, tradución, forzada, deste, título, dálle, nome, coa, denominamos, oposta, espazo, ocupamos, somos, dunha, doutra, segundo, perspectiva, enuncie, outro, lado, die, andere, seite, nacín, 1979, crieime, traballei, editorial, dedícome, secundario, imparto, lingua, galega, literatura, ghalisia, profunda, membro, asociación, cívico, publiquei, tres, 2005, chan, pólvora, 2017, sobre, vida, obra, irmáns, nicolasa, colaborei, diario, envío, axencia, efe, emprego, tarxeta, crédito, traballo, importante, banco, pedra, brétema, orfeu, soños, colectivo, chámome, andiphoto, subscribirse, atom, inicio, antigas, pinterest, facebook, blogthis, enviar, correo, electrónico, ningún, comentario, publicado, abonda, volvo, instalarme, silencio, descontinuo, espero, sexa, noutro, tan, duradeiro, fixen, preguntaredes, contaréivolo, mellor, nunha, vindeira, quería, mor, sabedes, dado, numeroloxía, efemérides, xusto, dez, comecei, eva, vedes, vou, enredando, noutros, temas, escoitades, campaíña, chegamos, dereita, podemos, arrincar, carta, levou, escribila, dous, meses, vinte, noites, pseudoepistolar, derivou, inclúe, conversa, encantador, mumbai, portada, outubro, 2009, época, creativa, dedicamos, actividades, académicas, degoro, seu, pai, fernando, levaba, lido, tantos, pórlle, dalgún, xeito, aproxima, precisamente, matinaba, publicamos, estaba, desprender, labores, coordinación, entrevistase, veu, inaugurar, congreso, mundial, semiótica, preferín, encargarllo, compadre, pésimo, nivel, inglés, senón, porque, entendín, faría, ilusión, evidentemente, foi, gran, oxalá, siga, dar, moitas, así, perdoan, resistencia, risa, lembro, advertía, intimidade, prodigaba, intencionadamente, aceptado, mala, gana, podía, molestar, iso, lectores, lerán, blogues, aínda, viñesen, bater, casual, estas, confesións, públicas, nosos, seguiremos, preguiza, mediante, teima, xunta, cadáveres, exquisitos, expresado, outras, deixa, lugar, común, comentouno, acerto, ernesto, xove, filósofo, cuxa, youtube, moita, frecuencia, puro, padecemento, tantas, irritación, erro, precisaba, riscado, emendado, líquido, corrector, inevitable, rachar, comezar, sísifo, mecanógrafo, redacto, esta, mol, posibilidades, múltiples, doada, rectificación, podo, conceder, haxa, nesta, discreta, cyborg, piano, lonxe, quedan, aqueles, ilusamente, cría, nunca, computadora, empregaba, pasar, limpo, lembrei, tacto, daquel, duro, tecla, defectuosa, toda, vía, antiga, televisiva, dicía, sentir, verdadeiro, teclear, maxín, poño, menos, sensación, debín, experimentar, nalgún, momento, irrompe, deseguido, lembranza, joão, tordo, similar, haruki, malo, empezar, tecleo, despois, cruzamos, pandemia, déixome, levar, pola, intre, calma, ten, libre, cuarto, propio, escribo, vello, cocho, dixen, escribín, levo, feito, destas, entradas, cada, independizadas, daquela, desta, miña, caverna, platónica, elixo, deliberadamente, dura, silenciosa, sorte, superstición, modelo, admirado, sergio, del, molino, columna, dedica, acoitelamento, perdonan, debería, recortar, cita, pegala, escritorio, tela, fronte, espello, mirarse, palabras, parezan, querer, convocadas, invocadas, país, hay, cree, más, difícil, oficio, vencer, cuando, aterrador, defender, escrita, quiere, borrarla, sábado, álvaro, mudos, agardando, saber, vellas, follas, sol, vellos, vanse, convertendo, arbres, dixéronme, días, idos,
Text of the page (random words):
a outra banda a outra banda os días idos de ramón blanco na outra banda dixéronme os vellos vanse convertendo en arbres vellas tamén sen follas na cara do sol agardando sen saber o que mudos álvaro cunqueiro sábado 13 de agosto de 2022 a pesar dos tempos que corren hay quien cree que lo más difícil de este oficio es vencer a la página en blanco cuando lo aterrador es defender la página escrita ante quien quiere borrarla escribe o meu admirado sergio del molino na columna que hoxe dedica ao acoitelamento de salman rushdie lo que no perdonan a salman el país 13 08 2022 debería recortar a cita e pegala no escritorio tela en fronte coma un espello onde mirarse cando as palabras parezan non querer ser convocadas invocadas todo o malo é empezar agora tecleo tanto tempo despois que mesmo nos cruzamos cunha pandemia e déixome levar pola música do teclado tamén axuda ter un intre de calma non por ser verán agosto e en vacacións ten por que ter un máis tempo libre tamén axuda ter un cuarto propio escribo isto no meu vello cocho de cando onde como xa dixen unha vez escribín a maior parte do que levo feito mesmo a maior parte destas entradas cada vez máis independizadas daquela desta miña caverna platónica elixo deliberadamente o portátil que me dura desde hai xa once anos é unha silenciosa sorte de superstición é o mesmo modelo de portátil que tiña joão tordo e similar a un que tiña haruki murakami que lonxe quedan xa aqueles anos nos que ilusamente cría que nunca ía escribir a computadora e a máquina só a empregaba para pasar a limpo lembrei o tacto daquel duro teclado cunha tecla defectuosa como toda máquina de escribir mentres vía unha antiga entrevista televisiva a francisco umbral dicía el sentir verdadeiro pracer ao teclear na máquina no maxín poño de menos esa sensación que tamén debín experimentar nalgún momento mais irrompe deseguido a lembranza do puro padecemento e tantas veces irritación ante o erro que precisaba ser riscado emendado con líquido corrector cando non era inevitable rachar o folio e volver comezar cal sísifo mecanógrafo só agora mentres redacto esta entrada nun teclado mol e con posibilidades múltiples de doada rectificación do escrito podo conceder que haxa pracer nesta música discreta de ir xuntando letras nun cyborg piano que escribe así como a rushdie non lle perdoan nin a resistencia nin a risa lembro que na entrevista umbral advertía que a expresión da intimidade na que el se prodigaba intencionadamente era algo aceptado de mala gana e polo tanto podía molestar por iso hai lectores que non lerán blogues coma este aínda que viñesen bater por un casual con estas confesións públicas dos nosos tempos mais por aquí seguiremos preguiza mediante que as vacacións son as non vacacións de quen temos a teima de ir xuntando letras coma quen xunta cadáveres exquisitos xa teño expresado isto outras veces e non deixa de ser un lugar común mais comentouno con maior acerto ernesto castro xove filósofo cuxa canle de youtube sigo con moita frecuencia as vacacións son a época máis creativa para quen nos dedicamos ás actividades académicas sigo tamén co mesmo degoro a canle de seu pai fernando castro de quen xa levaba lido tantos textos sen pórlle cara no cultural do abc o cal dalgún xeito me aproxima máis a el precisamente matinaba hoxe na entrevista a salman rushdie que publicamos no artes letras cando xa eu me estaba a desprender dos labores de coordinación ía ser eu quen o entrevistase cando veu á coruña inaugurar o x congreso mundial de semiótica mais preferín encargarllo ao meu compadre manolo do río non só polo meu pésimo nivel de inglés senón porque entendín que a el lle faría maior ilusión evidentemente foi unha gran entrevista oxalá rushdie siga a dar moitas máis portada de artes letras galicia suplemento do abc nº 10 outubro de 2009 inclúe a conversa co encantador de mumbai por manolo do río pp 2 3 e por hoxe abonda volvo instalarme no silencio descontinuo espero que sexa noutro non tan duradeiro que fixen en todo este tempo preguntaredes contaréivolo mellor nunha entrada vindeira hoxe só quería volver escribir por mor dun aniversario como sabedes son moi dado á numeroloxía e ás efemérides hai xusto dez anos que comecei con eva a relación pseudoepistolar que derivou no que hoxe temos mais xa vedes como me vou enredando noutros temas escoitades esa campaíña chegamos á marxe dereita do papel e xa podemos arrincar o folio imaxinade que isto é unha carta de amor imaxinade que levou escribila dous anos oito meses e vinte e oito noites publicado por claus patera ás 20 18 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas amor aniversario libros rushdie verán publicacións máis antigas inicio subscribirse a publicacións atom 2012 andiphoto es chámome ramón nacín en 1979 e crieime en cando outes a coruña traballei na editorial toxosoutos mais agora dedícome ao ensino secundario imparto lingua galega e literatura na ghalisia profunda son membro do colectivo literario sacou e da asociación cívico cultural terra de outes publiquei tres libros de poesía orfeu en soños toxosoutos 2005 emily on the road acha escrava 2012 e se pedra na brétema chan da pólvora 2017 tamén teño escrito sobre a vida e a obra dos irmáns añón francisco e nicolasa colaborei no suplemento artes letras galicia do diario abc e moi de vez en cando envío textos para a axencia efe desde que emprego tarxeta de crédito traballo para un importante banco este é o meu blogue literario aquí asino como claus patera personaxe da novela die andere seite o outro lado de alfred kubin a tradución algo forzada deste título dálle nome ao blogue a outra banda é tamén a expresión coa que denominamos a marxe oposta dun río con relación ao espazo a banda que ocupamos somos dunha banda ou doutra segundo a perspectiva de quen enuncie arquivo do blog 2022 1 agosto 1 a pesar dos tempos que corren 2019 3 novembro 1 agosto 1 xullo 1 2016 9 decembro 1 agosto 2 xullo 6 2015 3 agosto 1 xullo 2 2014 5 agosto 1 marzo 1 xaneiro 3 2013 8 decembro 2 xullo 2 abril 2 febreiro 1 xaneiro 1 2012 16 decembro 4 novembro 1 agosto 1 xullo 1 xuño 1 maio 2 abril 4 marzo 1 xaneiro 1 2011 15 decembro 1 novembro 2 agosto 4 maio 2 abril 1 marzo 5 etiquetas amizade 9 amor 3 aniversario 9 añón 4 as crónicas de naifa 2 asturies 1 avilés 2 balea 1 barcos 2 böll 1 cans e gatos 3 casares 1 cinema 1 compostela 1 contaminatio 1 cunqueiro 4 dante 1 desculpas 3 ditadura das cousas 3 emily on the road 2 ensino 7 esoterismo 1 fernández paz 3 filoloxía 1 fitzgerald 2 flores de papel 30 haikus 2 hemingway 1 hotel 1 insomnio 4 irmandades 1 joyce 1 lessing 1 libros 15 listaxes 1 mar 1 monte pindo 1 murakami 2 néboa 1 negreira 1 neve 1 once de novembro 1 ouro 3 outono 1 paseatas 4 paz andrade 1 pereiro 1 piero manzoni 1 poesía 8 recital 2 reloxio 1 risco 1 rushdie 1 sacou 2 santa lucía 1 sevilla 1 slam 1 szymborska 1 taberna 5 tambre 1 teatro 1 terra de outes 4 toxos 1 tranströmer 1 trens 3 vampiros 1 verán 2 viaxes 1 vidal bolaño 1 vilar ponte 1 whitney houston 1 xantares 1 xapón 1 xornalismo 3 zapatos 2 zweig 1 xente da casa acha escrava laura ramos luzifera manolo do río manuel l rodrigues raquel rodríguez parada imaxe de m m reino para a cuberta de emily on the road tema marca de auga con tecnoloxía de blogger
|