Meta tags:
Headings (most frequently used words):
08, vai, 15, 10, 28, 20, 24, 18, 25, últimas, entradas, da, pirámide, semente, axenda, arquivo, blogaliza, blogalego, chuza, atención, ao, público, creative, commons, tempada, outono, inverno, falemos, do, bipartito, pero, que, fai, un, funcionario, en, agosto, ultracapricho, nom, tés, cargo, xunta, querer, ubuntu, nós, si, enjut, mojamut, bryan, ferry, onde, dandismo,
Text of the page (most frequently used words):
que (126), non (46), para (32), máis (27), pero (23), por (20), #pirámide (13), unha (12), lle (12), este (11), como (11), ben (11), hai (10), dos (10), aínda (10), nós (10), porque (10), algo (10), moi (10), iso (9), ten (9), blog (8), instancias (8), escribiu (8), estamos (8), tempo (8), despois (8), nos (8), aquí (7), cando (7), cousa (7), mesmo (7), pouco (7), ser (7), temos (7), enjut (7), xunta (7), alguén (6), entre (6), vai (6), calquera (6), voz (6), off (6), administración (6), novo (6), tan (6), son (6), todo (6), está (5), días (5), con (5), súa (5), sen (5), funcionario (5), aos (5), pola (5), tanto (5), onde (5), quen (5), facer (5), hora (5), ven (5), nada (5), ter (5), sería (5), flickr (4), seu (4), casa (4), vida (4), das (4), feito (4), polos (4), persoal (4), cantas (4), teño (4), coa (4), min (4), así (4), nas (4), número (4), bastante (4), cargo (4), moito (4), lles (4), dicir (4), agosto (4), bote (4), esta (3), fotos (3), projecto (3), mourente (3), galego (3), catro (3), caixa (3), dun (3), seus (3), houbo (3), pode (3), anos (3), tampouco (3), coma (3), canto (3), internet (3), fan (3), sempre (3), bla (3), vez (3), cada (3), media (3), sabemos (3), estaba (3), teñen (3), moitos (3), pois (3), galega (3), ubuntu (3), outro (3), ver (3), polo (3), última (3), peza (3), fai (3), algúns (3), dous (3), nestes (3), baleiro (3), estes (3), están (3), vale (3), nom (3), tés (3), ollos (3), menos (3), vacacións (3), agardar (3), tranquilidade (3), horario (3), baixo (2), licenza (2), commons (2), creative (2), módulo (2), toc (2), home (2), selva (2), esmelle (2), elianinha (2), can (2), túas (2), pitiño (2), entradas (2), mensagens (2), nosas (2), tirado (2), rúa (2), tiña (2), chulito (2), musical (2), oitenta (2), traxe (2), negro (2), vixente (2), despachos (2), cremos (2), flequillo (2), administrados (2), ignorantes (2), vídeo (2), madriña (2), poñemos (2), del (2), neste (2), ano (2), vedes (2), cantos (2), varios (2), meme (2), pretende (2), feminino (2), masculino (2), convite (2), tivese (2), poñer (2), café (2), horas (2), dúo (2), trío (2), tes (2), choio (2), algunha (2), tería (2), sociais (2), gusta (2), lado (2), algún (2), blogueir (2), persoalmente (2), fose (2), algunhas (2), les (2), habitualmente (2), estas (2), besbellinha (2), conselleiro (2), presidencia (2), dar (2), sacar (2), varias (2), aplicacións (2), mágoa (2), oficial (2), país (2), nome (2), poidan (2), concurso (2), traballo (2), momento (2), cedo (2), administrativos (2), alto (2), coche (2), lugar (2), seguir (2), estar (2), casos (2), mais (2), súas (2), sentimento (2), alá (2), vexo (2), podo (2), bipartito (2), tempada (2), exercicio (2), poder (2), mal (2), diso (2), trebello (2), miñas (2), quería (2), probar (2), uns (2), meu (2), fixeron (2), zoom (2), vaia (2), administrativo (2), wifi (2), office (2), pantalla (2), outono (2), ese (2), todos (2), comentarios (2), escribir (2), todas (2), darnos (2), acto (2), practica (2), lendo (2), marca (2), último (2), ken (2), follet (2), funcionarios (2), funcionarias (2), quedan (2), razóns (2), mala (2), teña (2), normativa (2), noso (2), ociosidade (2), laboral (2), durante (2), caso (2), preocupados (2), queda (2), opción (2), cualificado (2), skip (2), obra, recoñecemento, comercial, compartir, mesma, atención, público, chuza, blogaliza, blogalego, arquivo, mostra, públicas, faça, próprio, aqui, querubini, www, com, flick, zimmer103, zero, vacas, buena, pés, espidos, opaco, niño, moucho, diario, carmela, demo, leve, pelachos, noite, subsahariana, nemeth, modesto, web, martinho, mariquiña, marcus, haicu, gradicela, galpón, breogán, galegolandia, xamais, terei, ensino, engalego, dúbidas, estranhos, dorvisou, desorde, desenho, depósito, crónicas, cranios, privilexiados, chirimbowling, micas, atlántica, capítulo, palheiro, calidonia, caixón, xastra, mendinho, brétemas, bitácora, paleón, beliscos, pequenos, balas, arale, norimaki, apocalipse, porco, aduaneiros, inocente, randeeira, cara, allegue, outra, axenda, sementa, semente, carregar, últimas, subscrever, atom, página, inicial, antigas, acordoulle, parou, ata, demos, cos, grandes, éxitos, encontramos, paraba, canturuxar, falabas, ela, teléfono, encontrar, negar, estilo, propio, mistura, sobrado, dandi, fóra, sitio, negamos, considerar, tío, elegante, redondel, necesitaba, gran, pasaba, camisa, branca, daba, toque, funcionarial, desgrazadamente, xunteiros, presunta, elegancia, orixe, pasaría, vella, garda, pegado, portelo, mirando, pobres, culpables, dalgo, recoñécese, perfectamente, década, estética, pon, comezo, neón, sei, quedamos, cegos, coloriño, fluorescente, había, saturadirmos, artista, directo, leva, saber, trienios, avalón, avalon, tipo, bryan, ferry, dandismo, atopamos, blogs, coñecer, uso, universo, cadra, interese, vari, valemos, abríu, parte, piramidal, feminina, ímonos, atrever, agora, teriamos, facemos, normalmente, colectiblog, difícil, poñerse, acordo, tabaco, gracias, desta, ímolo, repartido, contesta, cadre, sóbranos, imos, xogar, chinos, día, pasas, conectad, acabo, antes, contas, correo, gogle, mesenller, iajú, conexión, rexistros, mirar, libreta, redes, saiba, ultimamente, ando, darlle, voltas, lastfm, medo, che, expresar, wiki, twiter, gardar, velas, comentario, recibido, mandado, pouca, coñeces, téñoas, aburridas, botábaas, identificadas, facémonos, suecas, cant, vinte, trinta, subindo, ler, demais, aberto, tododios, somos, ninguén, limitalo, interesadas, respostas, tevabuena, mojamut, contentos, seguro, perdeu, episodio, onte, liado, poñémosllo, tantos, outros, estragos, certeza, supostamente, instrucións, oportunas, adopte, sistema, ordenadores, duro, microchof, vaille, moquetes, política, lingüística, chorar, venia, tradución, matón, informático, denominación, collido, malo, será, buscar, referimos, precisamente, ironía, presionando, xubuntu, love, you, enjuto, mojamuto, querer, grazas, nosa, administrada, favorita, enterámonos, kara, vense, chamando, toda, invitación, baile, complexos, podedes, escoitar, avance, reproducións, pezas, avanzadas, parece, camiño, exitazo, deste, disco, inesperada, polas, expectativas, creadas, gherrear, acepción, discrepar, gratuitamente, vemos, gustaría, gustamos, lista, retrato, fundado, tarde, futuro, cargos, primeira, estrofa, cheo, liña, flotación, privilexios, alta, gama, agardando, enganchar, raio, tal, dependencia, queren, condutores, quendas, ritmo, cese, dálles, baixón, espectacular, salario, tén, plus, amañado, chófer, metadona, suavice, historia, mudou, carruaxe, corte, chamádelle, gabinete, foi, sinal, privilexiada, sentido, vidas, fase, post, afecta, humillación, vergoña, parecido, barça, acaba, preocupando, estás, cesado, vales, incapaz, inepto, ineptas, accións, van, túa, carta, presentación, vaias, pensalo, zaplana, millóns, cobre, venderme, entrar, porta, pequeno, sorriso, cabrón, evitar, decatarase, dicirme, chegada, lóxica, pico, sumamente, enganchados, quérenlle, condutor, nai, vélos, pasar, dache, gañas, dicirlles, anuncio, gadis, inútil, adictos, enfermos, chute, hoxe, colocón, clase, business, iberia, mañá, retrata, asunto, seremos, desexe, oficialmente, cobro, vas, caer, chuliboy, myspace, contaba, tolo, pirdido, trebelliño, facía, chusco, isto, bloguear, repente, carteliño, levar, ombreiro, partido, maletín, portátil, chámase, vou, loar, virtudes, senon, contar, experiencias, ultraportátil, coñecidos, aparatos, sóame, súperheroe, manga, chegou, mans, peguei, chimpo, dixeron, revelar, estando, servizo, meus, óptico, raiando, dixital, frase, saiu, cheguei, saqueino, mochila, saca, pequena, dvd, robusto, lixeiro, asesorarme, sindicalmente, lei, procedemento, pesada, atractiva, ondevaiparar, digamos, edición, comentada, asesoría, xurídica, gustábame, branco, windows, linux, cacharriño, precisa, teclado, diminuto, preze, dedo, fino, afíxenme, tamaño, cable, perfecta, puiden, tiraba, dignamente, 2003, pesar, cuestión, multimedia, pelis, música, queixa, pense, editar, crear, imaxes, vectoriais, esquecendo, límite, único, detalle, cativa, significa, rede, noutras, usar, barra, lateral, par, pulgadas, grande, resolución, maior, pensar, mercar, debemos, xente, matinando, poderemos, custa, tendes, silenzos, portarvos, pensando, reis, cacharriños, destes, ides, escoller, vídeoconsola, negra, dell, msi, acer, geek, frikismo, asus, eee, ultracapricho, boas, sorprenderá, cónstanos, feitos, respecto, descoidado, sufrido, moitas, nin, enterarán, deixaron, pasarse, ante, descarada, imperdoable, inactividade, previo, aviso, culpamos, abrisen, expediente, gordos, merecemos, santo, morro, poñernos, comprenderemos, resignados, recibir, malleiras, virtuais, esteades, dispostos, dispostas, través, vosos, vos, pedimos, teñades, cabeza, administrando, merecido, inexcusable, sumisión, presente, esixe, probemos, semelle, interesante, elaboración, asídua, oficios, convenios, notas, interiores, informes, expedientes, pago, mermen, perigosamente, esa, cualidade, vaga, percepción, proba, fehaciente, administrado, xeral, particular, pecha, cadeira, pvc, chantada, praia, lonxe, realidade, certo, importante, forte, grupo, numeroso, traballadores, traballadoras, cadeiras, oficina, poderiamos, escribilas, fama, andar, explicando, fundamentos, picaresca, administrativa, podemos, veñen, miran, traballaron, compasivos, inocentes, sucedeu, ausencia, dende, logo, minte, verdade, expresión, axeitada, palabras, tiven, soa, acumulado, xullo, óense, recuncho, retorcidamente, matinar, bacanais, secretas, baleiros, cafés, extremadamente, quentes, tomalos, formateade, acontece, salvo, excepcións, reprobamos, enerxicamente, contrario, recollemento, mosteiro, oseira, botellón, comparado, ambiente, respira, san, caetano, importe, erguerse, interior, gloria, bendita, funcións, mencionar, arquivos, niquelados, mesas, atísbase, semellante, formica, lea, papeis, carpetas, amontonan, nelas, incumprindo, estrepitosamente, seguridade, hixiene, convivencias, relacións, compañeiros, compañeiras, dentro, límites, decoro, decencia, exquisita, preciso, saír, tomar, falar, sano, baixar, volume, conversa, discreción, silenzo, dominante, podería, provocar, escoitas, inconvenientes, inesperadas, marmurios, reforzan, monacal, consideramos, afecte, directamente, sexa, obrigada, publicación, dog, froito, hostia, frustración, dalgún, foderon, aumenta, lamentablemente, minguado, orde, debe, desprezar, aportación, significativo, incremento, lectores, lectoras, mes, datos, setembro, deixan, simples, especulacións, ningún, recesión, desaceleramento, suficiente, lectura, custaría, manter, cifras, diga, traballar, sacrificado, from, vimeo, runawaybox, the, great, war, falemos, anda, gastar, facturas, andan, rebulindo, servizos, xestión, económica, pelexando, últimos, euros, vagan, aburridos, fondo, quede, haberá, veces, aparecen, gastos, inesperados, inevitables, acudir, proveedor, cabeceira, santa, paciencia, meses, cobrar, maioritaria, gala, enxeño, escaso, contornos, obvias, arranxarse, gustaríanos, mostrar, exemplo, discrección, impiden, facelo, primeiro, segundo, ousamos, publicar, inequívoco, mantemento, equipos, informáticos, tamboril, máquina, funciona, arranxo, caseiro, realizado, supervisado, sinte, intrigado, sospeita, quedou, medio, alicates, posición, espazo, fundamentais, funcione, actualización, invento, era, atascase, papel, ocorreu, poucas, inverno, sidebar, main,
Text of the page (random words):
pos informáticos xa vale para tamboril a cousa é que a máquina funciona de momento e que o arranxo caseiro está realizado e supervisado por persoal cualificado persoal da casa pero cualificado por si alguén se sinte intrigado ou sospeita que o choio quedou a medio facer dicir que os alicates e a súa posición no espazo son fundamentais para que o trebello funcione actualización o invento era bo si non se atascase o papel de novo cousa que ocorreu poucas horas despois escribiu a pirámide 7 instancias ás 16 29 28 8 08 falemos do bipartito the great office war from runawaybox on vimeo escribiu a pirámide 2 instancias ás 19 12 20 8 08 pero que fai un funcionario en agosto moi boas alguén se sorprenderá cónstanos polos comentarios feitos ao respecto de escribir de novo neste descoidado e sufrido blog moitos e moitas nin se enterarán de que estamos por aquí de novo porque deixaron de pasarse pola pirámide ante a tan descarada e imperdoable inactividade sen previo aviso non os culpamos por iso que nos abrisen un expediente dos gordos merecemos aínda así temos o santo morro de poñernos a escribir de novo comprenderemos e estamos resignados a recibir todas cantas malleiras virtuais esteades dispostos e dispostas a darnos a través dos vosos comentarios só vos pedimos que teñades a ben non darnos na cabeza que estamos administrando e despois de tan merecido e inexcusable acto de sumisión algo moi presente na administración tanto para quen o practica como para quen o esixe probemos a poñer aquí algo que semelle interesante aínda que a elaboración asídua de oficios convenios notas interiores informes e expedientes de pago mermen perigosamente esa cualidade en nós temos a vaga percepción e mesmo algunha proba fehaciente de que o administrado da por feito que a administración en xeral e a galega en particular pecha en agosto e estamos todos e todas coa cadeira de pvc chantada na praia lendo o marca ou o último de ken follet nada máis lonxe da realidade certo é que un número importante de funcionarios e funcionarias están de vacacións mais quedan no forte un grupo cada vez máis numeroso de traballadores e traballadoras que fan o mesmo pero nas cadeiras de oficina razóns varias poderiamos escribilas aquí pero xa bastante mala fama temos como para andar explicando os fundamentos da picaresca administrativa o que si podemos dicir é que os que veñen das vacacións de agosto miran aos que traballaron con ollos compasivos ignorantes e inocentes de todo cando sucedeu na súa ausencia dende logo é un dos días onde máis se minte onde menos se di a verdade sería a expresión máis axeitada na administración e as palabras non tiven tempo como estaba eu só ou soa e tiña todo acumulado de xullo óense en calquera recuncho retorcidamente alguén pode matinar en bacanais secretas nos despachos baleiros e cafés tan extremadamente quentes que hai que agardar media hora ou hora e media para poder tomalos formateade nada diso acontece salvo excepcións que reprobamos enerxicamente máis ben todo o contrario a xunta é todo un lugar de tranquilidade e recollemento o mosteiro de oseira é un botellón comparado co ambiente que se respira en san caetano ao que non lle importe erguerse cedo e teña un pouco de vida interior estes días son gloria bendita no exercicio das nosas funcións mencionar que habitualmente os arquivos quedan niquelados e nas mesas atísbase algo semellante a formica de entre a lea de papeis e carpetas que se amontonan nelas incumprindo estrepitosamente a normativa de seguridade e hixiene no traballo pero o que máis se practica son as convivencias e as relacións sociais entre compañeiros e compañeiras sempre dentro dos límites do decoro e a decencia máis exquisita non é preciso saír a tomar un café para falar con tranquilidade máis tranquilidade que na xunta non sería sano iso si hai que baixar un pouco o volume da conversa si se pretende discreción porque o silenzo dominante podería provocar escoitas inconvenientes e inesperadas polo que os marmurios reforzan o sentimento de vida monacal nós consideramos que calquera outro acto administrativo que afecte directamente aos administrados e que sexa de obrigada publicación no dog en agosto é froito da mala hostia e da frustración dalgún alto funcionario porque lle foderon as vacacións ben sabemos que iso aumenta lamentablemente o noso tempo de ociosidade en horario laboral xa de por si minguado por orde do conselleiro de presidencia o horario non a ociosidade pero tampouco se debe desprezar a aportación que fai o persoal da administración ao significativo incremento do número de lectores e lectoras no noso país durante este mes os datos de setembro non deixan de ser simples especulacións e en ningún caso sería unha recesión si non un desaceleramento tampouco sería para estar preocupados a xunta ten un número suficiente de funcionarios e funcionarias tan preocupados pola lectura que non lles custaría nada seguir lendo o marca ou o último de ken follet para manter as cifras mesmo durante o seu horario laboral para que despois se diga que traballar na administración non é sacrificado escribiu a pirámide 0 instancias ás 12 24 7 6 08 ultracapricho hai algunhas entradas contaba que estaba tolo pirdido por un trebelliño que se me facía moi chusco para isto de bloguear de repente cando les o carteliño de temos wifi sen ter que levar o ombreiro partido co maletín do portátil dun lado para outro o trebello chámase asus eee pc pero non vou loar de novo as súas virtudes senon contar as miñas experiencias este é o ultraportátil nome polo que son coñecidos estes aparatos aínda que a min sóame a súperheroe de manga que chegou ás miñas mans non peguei un chimpo cando me dixeron si o quería probar uns días por non revelar o meu frikismo estando de servizo pero os meus ollos fixeron un zoom óptico raiando no dixital vaia frase máis geek me saiu cheguei á casa e saqueino da mochila coma quen saca un pitiño da caixa como vedes a alguén máis lle fixeron un zoom os ollos cousa pequena mi madriña pouco máis é que unha caixa dun dvd pero bastante robusto e moi lixeiro despois de asesorarme sindicalmente podo dicir que a lei de procedemento administrativo é máis pesada e bastante menos atractiva ondevaiparar e non digamos esta edición comentada pola asesoría xurídica da xunta mágoa que fose negro a min gustábame branco e que tivese windows xp eu quería linux e aínda así o cacharriño ben vale para o que se precisa del o teclado é diminuto pero como calquera bo funcionario que se preze son de dedo fino e afíxenme ao tamaño en pouco tempo a internet por cable perfecta con wifi non puiden probar tiraba dignamente do office 2003 moi ao meu pesar e da cuestión multimedia pelis e música non houbo queixa iso si o que pense editar vídeo ou crear imaxes vectoriais que se vaia esquecendo porque todo ten un límite o único mal detalle que lle vexo é a pantalla é cativa de máis e iso significa que na rede e noutras aplicacións tes que usar todo o tempo a barra lateral unha pantalla un par de pulgadas máis grande e unha resolución maior e non tería que pensar moito para mercar un e debemos de ser ben de xente matinando no mesmo porque para o outono xa poderemos ver algo así por aquí ese e algúns máis coma ese hp acer msi dell e todos por menos do que custa a vídeoconsola negra tendes de tempo dous silenzos administrativos para portarvos ben e ir pensando nos reis que por cacharriños destes ides ter ben onde escoller escribiu a pirámide 7 instancias ás 22 13 8 5 08 nom tés cargo grazas a besbellinha a nosa administrada favorita enterámonos de que projecto mourente ten novo traballo musical kara o ke vense chamando toda unha invitación ao baile sen complexos de momento podedes escoitar un avance no seu myspace polo número de reproducións das pezas avanzadas parece que o chuliboy vai camiño de ser o exitazo deste disco cousa nada inesperada polas expectativas creadas hai algún tempo por gherrear na súa acepción de discrepar gratuitamente e porque o vemos de cando en vez aínda que non máis do que nos gustaría gustamos do nom tés cargo última peza da lista que fai un retrato bastante fundado do que tarde ou cedo é o futuro dos cargos administrativos na primeira estrofa xa dá de cheo na liña de flotación dos privilexios do alto cargo iso de ter un coche de alta gama agardando por ti a calquera hora e en calquera lugar ten que enganchar de moito raio mesmo algúns teñen tal dependencia que queren ter dous condutores por quendas para que lle poidan seguir o ritmo despois ven o cese e dálles un baixón espectacular o do salario xa tanto lles tén co do plus xa o teñen amañado pero o de estar sen chófer non hai metadona que o suavice nestes casos a historia non mudou moito o de ter carruaxe e corte chamádelle gabinete sempre foi sinal de vida privilexiada mais cremos que o do baleiro sentido nas súas vidas na fase post non é o que máis lles afecta é o sentimento entre humillación e vergoña algo parecido ao do barça estes días o que máis lles acaba preocupando estás cesado non vales es un incapaz un inepto e as túas ineptas accións van ser a túa carta de presentación alá onde vaias como para pensalo non a min si me ven zaplana por moitos millóns que cobre a venderme algo en canto o vexo entrar pola porta un pequeno sorriso cabrón non o podo evitar e el decatarase pero a ver si é tan chulito de dicirme algo coa chegada do bipartito houbo unha lóxica tempada de nom tés cargo despois de dous anos e pico de exercicio de poder algúns están tan sumamente enganchados a el que quérenlle máis ao seu condutor que á súa nai vélos pasar e dache gañas de dicirlles o do anuncio do gadis vas caer pero sería inútil son adictos e están enfermos non ven moito máis alá do chute de coche oficial de hoxe ou do colocón en clase business en iberia de mañá pois iso que a peza esta de projecto mourente retrata moi ben o asunto este ben vale para funcionario aínda que non seremos nós quen lle desexe este mal unha última cousa a nós a peza que máis nos gusta é cobro em b pero diso oficialmente temos que dicir que non sabemos nada escribiu a pirámide 2 instancias ás 15 51 24 4 08 a xunta vai querer ubuntu nós si estamos moi contentos porque o conselleiro de presidencia é moi fan de enjuto mojamuto e seguro que non se perdeu o episodio de onte si estaba liado poñémosllo nós aquí e como na xunta o do i love you e tantos outros teñen feito moitos estragos pois temos a certeza que supostamente vai dar as instrucións oportunas para que a administración galega adopte o sistema ubuntu nos seus ordenadores vai ser moi duro porque microchof vaille dar ben de moquetes e política lingüística vai chorar despois de sacar coa venia a tradución ao galego de varias aplicacións do matón informático mágoa que para a denominación oficial do ubuntu do país o nome de xubuntu xa está collido pero malo será que non poidan sacar un concurso para buscar outro e non nos referimos a este concurso precisamente a ver si con ironía galega e presionando un pouco escribiu a pirámide 2 instancias ás 08 01 18 4 08 enjut mojamut atopamos en varios blogs este meme que pretende coñecer un pouco máis do uso da internet no universo feminino e ou masculino se cadra e ten interese é o bo que ten ser vari s os que fan este blog que tanto valemos para un feminino que para un masculino selva de esmelle abríu o convite para quen tivese a ben e nós a parte piramidal feminina ímonos atrever agora teriamos que poñer o que poñemos sempre que facemos un meme que normalmente é algo persoal que ao ser un colectiblog é moi difícil poñerse de acordo bla bla bla su tabaco gracias desta vez ímolo facer repartido e cada unha contesta a que lle cadre e sóbranos unha que imos xogar aos chinos na hora do café voz en off cantas horas ao día de media pasas conectad a internet enjut entre un dúo e un trío cando acabo co dúo e teño algo de tempo antes do trío voz en off cantas contas de correo tes enjut a do choio a do gogle a do mesenller a do iajú a que ven coa conexión a dos rexistros varios e algunha máis pero xa tería que mirar na libreta voz en off de cantas redes sociais es enjut que saiba do flickr ultimamente ando a darlle voltas ao lastfm pero teño medo voz en off que che gusta máis para te expresar o blog o wiki flickr ou twiter enjut blog blog o do flickr só para gardar as fotos e velas en calquera lado algún comentario teño recibido ou teño mandado pero pouca cousa voz en off cantos blogueir s coñeces persoalmente enjut eu persoalmente catro téñoas máis aburridas si por min fose botábaas do blog despois identificadas algunhas máis pero facémonos as suecas voz en off cant s blogueir s les habitualmente enjut entre vinte ou trinta e subindo así estamos que de tanto ler aos demais non temos tempo para facer nós como o convite xa está aberto a tododios non somos nós ninguén para limitalo pero estamos interesadas nas respostas de besbellinha elianinha e o tevabuena aínda que non sabemos si estas escribiu a pirámide 1 instancias ás 09 39 25 3 08 bryan ferry onde vai o dandismo aquí a unha pirámide das nosas acordoulle este tipo e non parou ata que lle demos un cd cos seus grandes éxitos que encontramos tirado na rúa é que non paraba de canturuxar o avalon cando falabas con ela por teléfono e houbo que encontrar un tirado na rúa non se lle pode negar que tiña estilo propio unha mistura entre chulito sobrado e dandi fóra de sitio non negamos que alguén o pode considerar como o tío máis elegante do redondel musical dos anos oitenta aínda que para iso tampouco se necesitaba gran cousa de feito el non pasaba do traxe negro e camisa branca o que lle daba un toque funcionarial que desgrazadamente aínda está vixente polos despachos xunteiros nós cremos que a presunta elegancia ten a súa orixe no flequillo sen flequillo o home este non pasaría de funcionario de vella garda pegado a un portelo mirando aos administrados coma pobres ignorantes culpables dalgo este vídeo xa ten os seus anos pero recoñécese perfectamente a década dos oitenta pola estética e porque o pon ao comezo canto neón mi madriña non sei como non quedamos cegos de tanto coloriño fluorescente que había o de avalón non o poñemos porque estamos saturadirmos del neste o artista en directo hai un ano como vedes leva o mesmo traxe a saber cantos trienios ten xa escribiu a pirámide 1 instancias ás 17 46 mensagens antigas página inicial subscrever mensagens atom últimas entradas da pirámide a carregar semente sementa aquí axenda a outra pirámide a pí cara de allegue a randeeira a vida dun inocente pitiño aduaneiros ak 77 apocalipse do porco arale norimaki as túas balas beliscos pequenos bitácora de paleón brétemas caixa do mendinho caixón de xastra calidonia can de palheiro capítulo 0 casa atlántica casa da micas chirimbowling cranios privilexiados crónicas de oz de catro a catro depósito desenho galego desorde dorvisou días estranhos dúbidas elianinha engalego 3 0 ensino en galego eu xamais terei un blog galegolandia galpón de breogán gradicela haicu marcus mariquiña martinho mode...
|