Meta tags:
description= canouras, ribadeo, poubanas, mantidas, carolinas, palmatorias, carolas, carrachentas, canónigas, montañesas, baños de ola, baños de setembro,;
Headings (most frequently used words):
24, de, 12, memoria, 23, da, do, as, canouras, 10, blog, insua, máis, boas, festas, ribadeo, baños, viva, 20, 18, 11, 28, 21, 14, 13, noso, correo, sitios, interese, pedras, procura, neste, raquel, queizás, gabinete, foz, mogor, rías, baixas, crónicas, arteixo, noia, limpa, chocolateira, margot, sponer, colaboradores, etiquetas, arquivo, contadora, entradas, vellas, licenza, creative, commons, nota, estanque, praia, san, miguel, órrea, porcillán, segue, recuperar, tradición, dos, setembro, mar, ii, edición, carrachentas, bíteres, rafael, quintía, mariña, inmaterial, outro, desastre, medioambiental, os, pellets, plástico, das, dunha, canoura, pol, casas, baño, picadillo, dun, poubano, fala, manuel, boullosa,
Text of the page (most frequently used words):
que (252), para (73), baños (54), por (53), compartir (42), como (40), das (40), dos (38), #ribadeo (37), non (34), con (33), #canouras (33), tamén (30), unha (28), casa (27), nos (27), máis (24), mar (23), baño (21), era (21), memoria (19), comentario (19), facebook (19), polo (19), sobre (19), praia (18), 2024 (16), marín (16), correo (16), todo (16), ben (16), súa (16), aos (15), pinterest (14), blogthis (14), enviar (14), electrónico (14), pola (14), ata (14), anos (14), setembro (13), etiquetas (13), ningún (13), esta (13), días (13), estes (13), desde (13), díaz (12), miña (12), seu (12), onde (12), pero (12), este (12), del (12), son (11), cando (11), sempre (11), cunha (11), galicia (11), estas (11), mesmo (11), cargadoiro (11), algunha (10), bañistas (10), casas (10), carrachentas (10), entrada (10), tomar (10), nove (10), una (10), san (10), ribadense (10), hoxe (9), moi (9), coa (9), súas (9), augas (9), algún (9), porque (9), despois (9), balneario (9), lugar (9), xaneiro (8), blog (8), bíteres (8), páxina (8), ligazón (8), tiña (8), manuel (8), día (8), dun (8), vez (8), ser (8), vila (8), deste (8), piquín (7), pol (7), ano (7), ver (7), aquí (7), notas (7), lado (7), auga (7), parte (7), nós (7), nas (7), parroquia (7), las (7), los (7), lugares (7), nun (7), traballo (7), facer (7), nai (7), tempo (7), viñan (7), costa (7), lle (7), miguel (7), parladoiro (7), estanque (7), propia (6), 2023 (6), decembro (6), viveiro (6), ribeira (6), poubanas (6), medio (6), mogor (6), anterior (6), noso (6), boullosa (6), tan (6), eses (6), pois (6), estaba (6), mesma (6), nosas (6), concello (6), facían (6), interior (6), viva (6), información (6), diferentes (6), xente (6), maría (6), uso (6), moitos (6), mulleres (6), feito (6), destas (6), está (6), libro (6), sara (6), van (5), pastoriza (5), chocolateira (5), barreiros (5), balnearios (5), lama (5), orol (5), neste (5), viaxe (5), cine (5), quiroga (5), primeira (5), nunha (5), don (5), relato (5), aínda (5), ter (5), primeiros (5), houbo (5), mal (5), todos (5), rapaces (5), seus (5), aldea (5), outra (5), forma (5), nalgunha (5), home (5), cesta (5), coche (5), pasar (5), moito (5), temos (5), demos (5), fotografía (5), covadas (5), media (5), caso (5), así (5), tres (5), entre (5), citado (5), quentes (5), había (5), alí (5), marina (5), canoura (5), actividades (5), outro (5), presenza (5), segundo (5), xornadas (5), fernández (5), cantábrica (5), entradas (4), tren (4), foz (4), carolas (4), arteixo (4), visita (4), programa (4), sacada (4), pequena (4), constancia (4), pontevedra (4), empresa (4), doutor (4), tanto (4), fun (4), recordo (4), cos (4), agua (4), festas (4), ocasión (4), coñecidos (4), foi (4), mentres (4), polos (4), pequeno (4), liña (4), coas (4), cincuenta (4), autor (4), picadillo (4), pazo (4), reales (4), bañista (4), comida (4), sabemos (4), falamos (4), veces (4), polas (4), area (4), nada (4), levaban (4), informante (4), estabamos (4), susana (4), eran (4), canda (4), dunha (4), queda (4), citada (4), pellets (4), deixamos (4), costas (4), recollida (4), recolle (4), puntos (4), están (4), areais (4), fonte (4), cova (4), mariña (4), covas (4), quintía (4), opérculos (4), cabeza (4), propiedades (4), ollos (4), santa (4), bolma (4), rugosa (4), momento (4), punta (4), autora (4), posteriormente (4), xeito (4), familia (4), milagros (4), miradoiro (4), porcillán (4), viña (4), órrea (4), publicacións (3), fotografías (3), orixe (3), saber (3), outubro (3), novembro (3), vigo (3), riotorto (3), mantidas (3), insua (3), cervo (3), catalinas (3), canónigas (3), bóveda (3), ola (3), noemi (3), ana (3), pedras (3), 1965 (3), feira (3), ciencia (3), galega (3), real (3), chegou (3), coma (3), interese (3), antigas (3), colección (3), marin (3), alameda (3), hai (3), aquilino (3), natural (3), aparte (3), paga (3), completar (3), grazas (3), pouco (3), sen (3), tempos (3), pasamos (3), achega (3), man (3), dez (3), iso (3), todas (3), poucos (3), sete (3), lonxe (3), alá (3), señora (3), nunca (3), médico (3), uns (3), dicía (3), case (3), praias (3), turismo (3), podemos (3), sesenta (3), cremos (3), fala (3), portada (3), salgar (3), artigo (3), temporada (3), cuesta (3), parece (3), carne (3), historia (3), seguramente (3), aproximadamente (3), xullo (3), cousas (3), seguro (3), lugo (3), trapero (3), pena (3), xeral (3), pra (3), balde (3), pala (3), falar (3), vilega (3), ían (3), santalla (3), tarde (3), dicían (3), tiñan (3), menos (3), dous (3), volver (3), iamos (3), sitio (3), meu (3), pai (3), cabalo (3), lúa (3), irimia (3), nesta (3), principios (3), traían (3), álvarez (3), combinación (3), ría (3), indica (3), nome (3), ribadenses (3), galego (3), xunta (3), antiga (3), sendo (3), plásticos (3), somos (3), destes (3), foron (3), paso (3), espazo (3), trasnos (3), popular (3), inmaterial (3), pasando (3), rafael (3), fixo (3), rematar (3), opérculo (3), sorte (3), ulls (3), antigo (3), páx (3), bañábanse (3), dende (3), roca (3), pasado (3), domingo (3), guiada (3), tradición (3), gurugú (3), dar (3), facendo (3), lles (3), raúl (3), provincia (3), toda (3), caseta (3), cárcere (3), noite (3), tema (2), contidos (2), textos (2), outras (2), correspondente (2), cousa (2), procedencia (2), nota (2), licenza (2), vellas (2), xove (2), vilaodriz (2), montes (2), porto (2), palmeira (2), ambiente (2), libros (2), inicio (2), noia (2), limpa (2), crónicas (2), rías (2), baixas (2), raquel (2), queizás (2), procura (2), monumento (2), gaiteiro (2), arredor (2), xxx (2), ribadeando (2), alonso (2), montero (2), escritor (2), academia (2), friol (2), algo (2), taboexa (2), fachada (2), 1917 (2), número (2), achegarse (2), gonzález (2), consulta (2), ponte (2), caldelas (2), indicar (2), xesta (2), agradecer (2), autorización (2), regresei (2), avoa (2), facía (2), lorenzo (2), tía (2), paz (2), infancia (2), meter (2), ida (2), elvira (2), traxe (2), carballiño (2), post (2), comentarios (2), marcha (2), última (2), importante (2), seguidos (2), quedar (2), podía (2), adoitabamos (2), maiores (2), poñerse (2), último (2), chisme (2), coñecido (2), xogando (2), romanos (2), algunhas (2), aldeás (2), brancas (2), sol (2), cubrían (2), cada (2), gran (2), incluso (2), sexa (2), pobo (2), máxica (2), adoitaban (2), particular (2), dereito (2), cociña (2), durante (2), aquilo (2), diormío (2), isto (2), dalgunha (2), tras (2), domicilio (2), poñían (2), facultativa (2), deixaban (2), chourizos (2), recollendo (2), tomaban (2), contestaba (2), mediados (2), algúns (2), exemplo (2), outros (2), antes (2), españa (2), década (2), transcribir (2), previa (2), posteriores (2), completa (2), poubano (2), terras (2), orzán (2), famoso (2), gentes (2), veintiún (2), uno (2), darse (2), llega (2), habitación (2), establecimiento (2), condimentar (2), vuelve (2), andar (2), pues (2), habas (2), mes (2), hórreo (2), unas (2), pedro (2), lemos (2), 1918 (2), título (2), veraneo (2), agora (2), publicación (2), permite (2), tirar (2), salar (2), estamos (2), falando (2), algas (2), escribía (2), fomos (2), 1966 (2), pardo (2), boas (2), recoller (2), efectivamente (2), dicir (2), che (2), alguén (2), dicíame (2), mai (2), mandábame (2), entonces (2), gallego (2), apañar (2), diso (2), catro (2), fai (2), engade (2), sociolóxico (2), relacionado (2), nosa (2), pertence (2), coñecida (2), estar (2), problemas (2), pel (2), mellor (2), concretamente (2), ribeiras (2), nena (2), idade (2), semana (2), partir (2), bañarse (2), naquel (2), buscar (2), dia (2), levabamos (2), primeiro (2), bañar (2), meira (2), ela (2), corenta (2), achegamos (2), transcrición (2), realizar (2), martín (2), metíanse (2), ese (2), marco (2), álvare (2), ondas (2), baixaban (2), pescozo (2), gómez (2), cun (2), chamaban (2), fariña (2), moita (2), resto (2), dela (2), familias (2), dalgún (2), canourias (2), nenos (2), zona (2), patrimonio (2), cultural (2), igrexa (2), barres (2), castropol (2), recollido (2), muro (2), feita (2), astur (2), destacar (2), novo (2), falaba (2), setembrinas (2), debemos (2), próximas (2), poder (2), recollidas (2), persoas (2), falta (2), intervención (2), nivel (2), emerxencia (2), diante (2), sociedade (2), civil (2), obriga (2), plástico (2), incidencia (2), pública (2), desastre (2), medioambiental (2), eles (2), novas (2), mariñá (2), litoral (2), lectura (2), segue (2), mítica (2), adiante (2), pendentes (2), fontes (2), míticas (2), guía (2), recollen (2), reinante (2), xeografía (2), estabañón (2), trasno (2), trabada (2), presentes (2), tantas (2), lembramos (2), medo (2), manual (2), valadouro (2), historias (2), engadir (2), cantábrico (2), atopan (2), coñecemento (2), areal (2), benquerencia (2), adoitan (2), dores (2), amuleto (2), fóra (2), bítere (2), vidal (2), referencia (2), nomes (2), ollomaos (2), mediterráneo (2), público (2), daquela (2), puntual (2), atalaia (2), deles (2), vello (2), protectoras (2), facemos (2), elementos (2), extenso (2), logo (2), semellaba (2), salto (2), xogos (2), fillas (2), chegadas (2), rituais (2), fina (2), vivencias (2), fin (2), noe (2), sábado (2), familiar (2), edición (2), recuperación (2), actividade (2), fanfarria (2), taquikardia (2), lembranzas (2), evitar (2), economía (2), chamar (2), pasaban (2), paseos (2), fixemos (2), dando (2), dixemos (2), acollían (2), prescrición (2), federico (2), situado (2), restaurante (2), paseo (2), propio (2), tempada (2), derradeiros (2), transporte (2), puidemos (2), fillo (2), filla (2), propietarios (2), puelles (2), carmucha (2), pichón (2), previamente (2), moderadora (2), mañá (2), século (2), achegábanse (2), meniños (2), fixeron (2), fillos (2), muller (2), labores (2), campo (2), oito (2), pilar (2), levaba (2), esa (2), moitas (2), seis (2), rebordela (2), avó (2), texto (2), máxico (2), luísa (2), simple, tecnoloxía, blogger, produción, inclúen, referenciados, levan, vedes, respecte, autoría, facédeo, eliminamos, inmediatamente, creative, commons, contadora, arquivo, xocas, vilagarcía, suárbol, soutelo, pobra, caramiñal, piornedo, palmatorias, orixes, ordenanzas, noriega, mondoñedo, guias, cerdedo, carpazonas, candelarias, cabanela, bienvenidas, bastiagueiro, baiona, veiga, petapeta, carricoba, canouro, colaboradores, margot, sponer, gabinete, inundou, edificio, ies, dionisio, gamall, deixounos, xesús, ensaísta, filólogo, membro, consello, cultura, presidiu, perío, memoriam, pan, queixo, outono, raposa, comezou, especial, escola, merendar, cativada, mestra, karina, puid, raposadas, sitios, ascanouras, gmail, com, subscribirse, atom, película, fotos, carriola, fundouse, pechou, definitivamente, portas, 1988, entrevista, tataraneta, propietaria, dona, amalia, revista, andaina, falaremos, posterior, transportes, empregaban, deixar, transformación, tranvía, troles, produciuse, 1942, trátase, 1920, 1994, verducido, debeu, nacer, pigarzos, continuación, apena, ler, publicar, feliz, casada, acordaba, hospedábamos, encontreina, amada, maria, posible, momentos, benny, poucas, visitas, amparo, antón, barreiro, lidia, apetito, comía, mari, alvariño, cousiño, recordáchesme, tamen, odisea, poderme, fría, carallo, cortizo, tato, comenta, sra, hermelinda, confeccionado, contados, fallar, épocas, tampoco, esquezo, nelly, 2014, xerou, resistimos, reproducilos, fermoso, debo, confesar, nesa, disposto, mediodía, escapulinme, aproveitar, máximo, oportunidade, tiven, reprimenda, bañárame, abortar, undécimo, facerme, intentando, nosos, rudimentos, ligoteo, tardes, xuntarnos, invariablemente, desgraza, comendo, xeados, vendo, peli, vaqueiros, verdade, espectáculo, matronas, remisas, embutirse, dentro, parecerlles, indecente, moral, expoñer, rubicundas, carnes, envolvíanse, pudorosamente, nuns, amplos, camisóns, largos, completo, roupas, talares, contacto, pegábanse, corpos, resaltando, concavidades, inducíndonos, pecados, pensamento, palabra, obra, levaron, acudimos, tropel, metade, tomada, cantidade, dominada, miraban, despectiva, haber, invadido, territorio, xentes, secaño, tivemos, altercado, chamaron, chamámolos, pasou, peixeiros, poubanos, ignoro, porqué, impares, tal, teña, conexión, olas, lanzada, aloxarse, pensión, económica, gozar, relaxantes, rosa, illa, ons, cuba, cóntase, anécdota, saíra, viu, exclamou, varias, horas, vómito, matutino, causa, mareo, regresar, antecedentes, posto, orde, cargo, faenas, aprovisionábanse, bastantes, ovos, transbordo, trole, será, santo, ademais, psicólogo, viranme, laboriosas, tórrido, verán, colleitas, millo, patacas, herba, inverno, recado, palleiras, marchaban, cabeceira, contarlle, achaques, trastornos, físicos, revisalas, receitarlles, reconstituínte, preguntábanlle, optaban, termalismo, popularmente, decantábanse, portocelo, chegase, invento, masas, veraneantes, roupaxes, multicolor, dispostos, vermellos, gambas, galegos, gozaban, semellante, testemuño, seguridade, intuímos, situalo, fins, probablemente, engadimos, orixinou, marabilloso, persoa, wikipedia, lavoz, galiciana, goza, fama, juzgar, concurren, debe, mejores, clase, sea, quiera, hoy, bañan, les, gana, medianamente, repleta, puede, postín, veraniega, toma, más, propietario, caliente, aquellos, ataúdes, allí, sumerge, hasta, bien, seco, vestido, requiere, necesario, siete, justos, acaba, friega, olla, debida, vituallas, sobrantes, abonados, gasto, consigna, salir, sin, paraguas, relente, podría, cortarse, dieta, excusado, decir, mientras, enfría, sirviendo, clientes, aunque, hay, abundante, trabajo, acarrearla, bocoy, dinero, calentarla, precios, tiene, leña, viene, manciñeiro, receta, cristiano, cristiana, calientes, sale, armado, cual, patatas, alguna, cerdo, unto, huevos, pota, tartera, esto, donde, habita, labranza, transforma, encanto, cuanto, julio, carpintero, país, hecho, pino, docena, cajones, semejantes, mitad, caja, muerto, llegado, han, distribuido, sobrado, cuadra, bodega, cuarto, alpendre, llama, sienta, sus, docenas, metros, playa, lleva, nombre, dueño, labrador, vecino, referida, sorrizo, conocéis, otros, aldeanos, tienen, regla, general, asiento, próximos, playas, legua, distancia, existen, cuatro, instalaciones, habré, describiros, demás, anzobre, cocina, práctica, humor, característico, actualidade, xornal, coruñés, gastrónomo, xornalista, político, escribe, baixo, sic, iremos, publicando, desta, sombra, servizo, humilde, pode, hospedarse, labregos, pintoresco, cobadas, puga, damos, luz, alternativos, custaba, crer, certo, liamos, cronista, matanza, porcos, dependendo, maseiro, maseira, gardar, cocho, esos, coruña, autorizadas, otras, paramos, parágrafo, xornalístico, chamou, atención, tirando, entender, refería, diario, amplo, nel, debulla, alternativas, optar, antigamente, época, estival, noutra, faremos, recensión, nuestros, abuelos, progreso, vista, paleta, sabíao, acto, seguido, pregunta, tes, cubo, recoger, arena, claro, daquelas, bonito, visto, falara, castellano, angazo, conchas, xogar, castelos, deses, nenez, significativa, trazo, diglósico, lingua, vale, comunicar, serve, relacionarnos, poboación, nativa, señores, nosoutros, señor, empezara, puñera, unhos, seivane, bueno, cercano, chama, pueblín, entroido, 1967, marchabamos, asi, comiamos, descansabamos, volviamos, ainda, bañásenos, favorable, evitaba, males, salú, bañábaa, comigo, normalmente, agosto, collendo, deixabamos, nabos, botados, viñamos, malla, adoitaba, edá, habia, tampouco, sei, ianos, aquel, comer, algun, fonda, quedábase, volvia, tarefas, tomabamos, chegar, fixera, efecto, volvíamonos, volvía, saír, alquilada, mariñeiro, dedicábase, acompañábame, nin, tiñamos, coller, levábanos, andando, podiamos, levar, necesarias, vivir, carretera, exactamente, nacín, vinte, febreiro, mil, novecento, chamado, martin, puebliño, audios, poden, escoitarse, narrado, canouriña, pertinentes, veciña, camisa, branca, lembro, touciño, facíalles, dáme, risa, veciñas, viñeron, madrileñas, pouso, retranqueiro, rexistrado, elva, rido, cativos, velas, deitaban, beira, agarradas, pequenas, subían, ondiñas, subía, chegáballes, asiduas, dan, comente, josefina, pérez, apostila, bretoña, susa, alvita, ramos, levábase, panadería, gayol, sona, cambiábase, quilo, cambio, coceran, bolos, estancia, dias, partes, curarse, chamáballes, tomalos, ian, enfermos, piquin, recollemos, rede, social, grupo, vaca, flaca, veya, candorca, respecto, despectivo, aplicado, dícese, marisefa, lópez, arias, permanece, xunto, variante, apelativo, coincidido, veciñanza, aqui, via, lembra, pronunciouse, termo, correcto, referirnos, microplásticos, chamamos, granulados, apuntar, voluntarios, limpeza, informa, formación, persoal, voluntario, boliñas, organizar, apunten, teñen, activada, denuncia, reunións, ministerio, solicitan, transparencia, administracións, precisa, buques, barreiras, anti, contaminación, conter, extensión, vertedura, chegue, eliminación, resultar, difícil, comunicado, emitido, luns, reclama, elevación, situación, camgal, medios, marítimos, estado, adega, colectivo, perfil, twitter, listado, aberto, novos, contaminados, inacción, descarta, elevar, organizándose, usuarias, informar, accións, levando, cabo, fronte, desfeita, ambiental, desleixo, novamente, organizarse, invasores, coñecemos, poidan, mariño, costeiro, futuro, próximo, deixamento, trata, quitar, ferro, liquidalo, televisión, cuns, planos, curtos, sospeitosos, informantes, directos, contan, traballadores, puntuais, seren, recollidos, cámaras, marchar, semella, preocupar, autoridades, agás, manido, entendedes, competentes, principio, dalgúns, occidental, bólas, plásticas, cubrindo, grande, ampliando, asturiano, coñecendo, noticias, cargueiro, bandeira, conveniencia, corredor, fisterrá, portuguesas, perdeu, contedor, cheo, bolsas, avanzan, achegándose, galegas, escopeta, lefaucheux, lafuxé, animar, felicitar, antropólogo, enchendo, notamos, terá, igual, doutros, concellos, mariñáns, 1854, ermo, restos, ermida, datos, calidade, salutífera, xix, expansión, costume, xoán, agrado, referencias, cidades, asolagadas, xvii, abondan, tipo, sucedidos, vilachá, corrían, contos, inventou, pólvora, acabouse, trasgo, tiros, asustáronnos, andan, camiños, encantáronnos, alusións, trasgos, imaxinario, andanzas, aventuras, deron, cariño, falcatrueiro, personaxe, reverencial, apareceron, lafuxés, lobo, contadas, donís, camiño, escoura, magnífico, vídeos, investigacións, previas, alfoz, percorrendo, penedos, pazos, capelas, cruces, esquecer, mouras, encantos, chupasangues, marqués, sargadelos, mans, recoñecido, investigador, aparecen, lendarias, asociadas, reafirman, riqueza, explican, espazos, fixan, fragmentos, identifican, conforman, lector, lectora, coñece, agradeceríamos, nolo, fixese, mediante, usando, emilio, piñeiroa, coordina, reigosa, encantada, isidro, ligazóns, temática, dúas, vídeo, vemos, caracola, ferrolá, frecuentes, ponzos, pódense, abondosa, barreirense, maior, remior, balea, lóngara, salsa, falan, remedio, eficaz, contra, orizós, tirizós, ollo, protector, portador, ollomao, vital, vida, cónstanos, focega, inequívoca, magos, cilla, boimar, boi, ampla, nomenclatura, deixa, forte, arraigo, pedra, acaban, engarzados, sortellas, aneis, alt, empordà, coñécense, menorca, dénia, orejitas, pedretes, cap, bruixa, pedres, virtud, sirena, llúcia, recibe, andaluza, curiosidade, comercializada, mercado, gaditano, consumo, vive, xeran, devoción, recibindo, curiosos, almería, bos, estendido, lucía, jaquequeras, web, http, www, ictioterm, dese, lendo, atopabamos, redor, gasterópodo, abondoso, atlántico, europeo, chegando, illas, canarias, 1983, exercendo, mestre, primeirizo, colexio, organizadas, centro, horario, escolar, leváronnos, chamabamos, complexo, correndo, devandito, atopamos, alumna, acompañaba, cursando, exb, púxolles, informounos, indicando, significaba, atopalos, xeraba, telos, preto, nereida, rocha, leitón, concheiros, cibrao, reflicte, bejega, yacimiento, noroeste, ibérico, explotación, romana, achado, ánforas, cheas, escavacións, arqueolóxicas, curiosamente, plano, branco, apréciase, símbolo, aparece, nalgúns, petróglifos, exterior, rugosidade, vislumbrar, din, imaxe, virxe, espiral, elemento, natureza, atribúen, curativas, astraea, estivesen, labor, máxicos, probable, coñecedoras, terra, adentro, xaquín, recóllense, chamalos, barreirenses, apotropaicos, segunda, panorámica, fotógrafo, pertencente, galería, biblioteca, facultade, xestión, universidade, zaragoza, juan, josé, vivancos, ilustración, preciso, convidamos, fenómeno, ámbitos, posibles, disposición, bibliotecas, santiago, suposto, venda, librerías, facíano, saba, vella, funda, xergón, valera, xeralmente, longas, enaguas, voo, saían, roupa, pegábaselles, corpo, mergullaban, subíalles, fosen, globos, deixándolles, aire, graza, rapazas, espiabámolas, penas, acercabamos, elas, tiraran, zorregasen, especie, túnica, saco, abrían, buratos, brazos, meirande, espíanse, furada, pombas, xuntaren, realizaban, participaban, avoas
Text of the page (random words):
al feita incluso veya tamén se lle di candorca recollido do muro de facebook igrexa de barres castropol pois ben na mesma rede social e na páxina do grupo patrimonio cultural da ribeira de piquín recollemos a información que pasamos a transcribir moita xente de ribeiras de piquin ia a ribadeo a tomar os baños para ben ser había que ir tomalos nove días seguidos ian sobre todo as mulleres os nenos e os enfermos unha zona á que se ía era a praia do cargadoiro as mulleres que viñan das partes do interior para tomar os baños e curarse dalgún mal a xente da costa chamáballes canourias ou canouras as familias levaban comida para pasar alí eses dias a fariña levábase a algunha panadería como a gayol que tiña moita sona e cambiábase algún quilo de fariña a cambio de que co resto dela che coceran os bolos para os días da estancia susa alvita ramos apostila cun seu comentario que tamén nos chamaban carolas polo menos en foz esta informante é de bretoña a pastoriza estas canouras asiduas á citada praia do cargadoiro dan pé para que a ribadense josefina gómez pérez comente iamos velas porque se deitaban na beira agarradas ás pedras e metíanse na auga con combinación cando as pequenas ondas baixaban todo ía ben pero cando subían as ondiñas a combinación tamén se subía e chegáballes ata o pescozo moito nos temos rido cousas de cativos o pouso retranqueiro queda rexistrado neste comentario que fai a tamén vilega elva díaz álvarez dáme a risa de cando me dicían as veciñas xa viñeron as canouras e eu contestaba diso nada son madrileñas do marco de álvare esta veciña tamén engade que na miña casa viñan aos baños en setembro e metíanse na auga cunha camisa branca ese é o recordo que lembro traían chourizos e touciño e miña nai facíalles a comida ás xaneiro 04 2024 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas canouras pastoriza ribadeo ribeira de piquín 3 1 24 memoria dunha canoura de pol hórreo en san martín de lúa pol como memoria viva de canouras que ían a ribadeo tomar as augas achegamos unha transcrición do narrado por maría marina díaz irimia que a principios dos cincuenta como canouriña ía canda a súa nai ata a vila ribadense para realizar os pertinentes baños de setembro os audios poden escoitarse nesta ligazón eu son maría marina díaz irimia nacín o vinte de febreiro de mil novecento corenta e sete nun puebliño de interior de galicia chamado san martin de lúa pertence ao concello de pol desde moi pequena exactamente desde os dous anos fun aos baños a ribadeo ata a idade de nove anos acompañábame ía sempre coa miña nai como aquí non había coche de liña nin carretera tiñamos que ir a meira a coller o coche de liña levábanos meu pai e iamos da cabalo uns da cabalo e outros andando porque todos non podiamos ir a cabalo para levar as cousas necesarias para vivir alí en ribadeo estabamos cunha señora que tiña un home que era mariñeiro ía ao mar e ela dedicábase a ter xente na súa casa nós levabamos unha habitación alquilada con dereito a cociña tomabamos o primeiro baño o dia de chegar porque eran nove os que dicían que había que tomar para que fixera efecto e volvíamonos a bañar tamén o día de volver aínda que xa ás tres e media volvía saír o coche outra vez para meira o día de ir meu pai quedábase e volvia para casa para facer as tarefas da casa o día de volver ianos buscar a ribadeo e aquel dia pois iamos comer coa señora e co home a algun sitio a algunha fonda habia xente que en vez de ir ao mar a bañarse ía ás augas quentes que eu tampouco sei onde eran naquel tempo e se por exemplo tiñan unha nena que era da miña edá miña nai bañábaa comigo no mar se era máis ou menos da miña idade adoitabamos ir normalmente a última semana de agosto collendo un día ou dous de setembro porque deixabamos os nabos botados e viñamos a tempo de facer a malla que adoitaba ser a partir do dez de setembro isto dicían que era moi favorable pra a salú que evitaba moitos males sobre todo da pel estabamos aproximadamente marchabamos ás dez para a praia estabamos ata unha ou unha e media despois pola tarde asi que comiamos descansabamos un pouco e despois volviamos outra vez a andar pola area ainda que non nos bañásenos entroido en santalla ribeiras de piquín 1967 e bueno sempre había xente coñecida concretamente dun pueblín cercano ao noso que se chama santalla pertence a ribeira de piquín de onde é nativa a susana seivane tan coñecida hoxe tamén ían sempre unhos señores que tamén adoitaban estar onde estabamos nosoutros era un señor que tiña moitos problemas de pel e dicía que desde que empezara a ir aos baños se puñera moito mellor achega significativa que fai a informante á que engade un trazo sociolóxico relacionado co uso diglósico da nosa lingua o que vale para nos comunicar entre nós non serve para relacionarnos coa poboación vilega nun deses anos da miña nenez con catro anos aproximadamente eu sempre me levaban un balde e unha pala e un angazo para apañar conchas e xogar na area facer castelos e diso e entonces claro daquelas non era nada bonito falar o gallego e miña mai mandábame non estaba ben visto que se falara o gallego e entonces miña mai mandábame falar o castellano e dicíame se che pregunta alguén que tes aí cando estaba xogando dicíame un cubo y una pala para recoger arena efectivamente eu sabíao dicir moi ben pero acto seguido dicía un balde y una pala una paleta pra recoller area ás xaneiro 03 2024 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas canouras pol ribeira de piquín 21 12 23 boas festas ás decembro 21 2023 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest 14 12 23 casas de baño picadillo vista xeral de ribadeo 1966 trapero pardo no diario el progreso de 12 de xullo de 1966 escribía un amplo artigo sobre el veraneo de nuestros abuelos este era o título e nel debulla todas as alternativas polas que se podía optar antigamente na época estival noutra entrada faremos unha recensión do mesmo paga a pena hoxe paramos nun parágrafo do citado traballo xornalístico que nos chamou a atención e sobre que fomos tirando información para entender ao que se refería o bo de trapero falando dos baños quentes escribía esos se tomaban en a coruña en ribadeo y en foz agua de mar con algas y todo unas veces en casas de baño autorizadas otras en las casa en los baños de salar baño para salgar e gardar a carne de cocho baños de salar estamos falando dos baños de salgar a carne da matanza dos porcos dependendo dos lugares do maseiro ou mesmo da maseira custaba crer o que de certo liamos pero seguro que o cronista de lugo tiña información de primeira man agora damos grazas ao blog crónicas de arteixo cunha publicación que permite tirar luz sobre estes baños quentes alternativos aos balnearios ou casas de baño con licenza portada de 12 de xullo de 1918 no xornal coruñés el orzán de 12 de xullo de 1918 o famoso picadillo manuel maría puga gastrónomo escritor xornalista político escribe un artigo que baixo o título veraneo pintoresco el balneario de las cobadas sic no que entre outras cousas que iremos publicando en posteriores entradas fala desta casa de baños das covadas que á sombra do balneario de arteixo dá servizo a xente humilde de aldea que non pode hospedarse no citado balneario non sabemos se catalinas pero si bañistas labregos dos que falamos neste blog pazo das covadas na actualidade lemos co humor característico do autor de la cocina práctica lo que no conocéis seguramente son otros balnearios aldeanos que tienen por regla general su asiento en los lugares próximos a las playas aquí a media legua de distancia aproximadamente del pazo de anzobre existen tres o cuatro de estas instalaciones habré de describiros una y como esta son todas las demás as covadas que así se llama el balneario de mi historia sienta sus reales en la parroquia de san pedro de sorrizo a unas docenas de metros de la playa que lleva su nombre el dueño del establecimiento balneario es un labrador y vecino de la referida parroquia la casa donde habita que es una casa de labranza se transforma como por encanto en cuanto llega el mes de julio un carpintero del país ha hecho de pino media docena de cajones semejantes a la mitad de una caja de muerto que llegado el caso se han distribuido en el sobrado en la cuadra en la bodega del hórreo y en el cuarto del alpendre viene el manciñeiro y le receta a un cristiano o cristiana baños calientes sale el bañista de su casa armado de cesta en la cual van patatas habas alguna carne de cerdo unto y huevos y un chisme pota o tartera para condimentar todo esto llega al balneario toma su habitación que le cuesta un real por dos reales más el propietario del establecimiento le media de agua del mar caliente uno de aquellos ataúdes allí se sumerge el bañista hasta que le parece bien y una vez seco y vestido requiere de la cesta lo necesario para condimentar su comida a los siete baños justos se acaba la temporada se friega la olla en debida forma vuelve a la cesta con las vituallas sobrantes y abonados los veintiún reales de gasto vuelve el bañista para su casa con la consigna de no salir al sol sin paraguas ni andar al relente pues podría cortarse la dieta excusado es decir que el agua mientras no se enfría va sirviendo para los diferentes clientes del balneario pues aunque en el mar la hay abundante cuesta trabajo acarrearla en el bocoy y cuesta dinero el calentarla por los precios que tiene la leña el balneario de as covadas goza de una gran fama y a juzgar por las gentes que a él concurren debe ser de los mejores de su clase pero sea como quiera las gentes hoy no se bañan porque no les da la gana porque con veintiún reales y una cesta medianamente repleta puede uno darse el postín de pasar en un balneario parte de la temporada veraniega o autor do artigo o famoso picadillo as fotografías ribadeo colección particular baño para salgar todo colección portada el orzán galiciana pazo das covadas lavoz de galicia picadillo wikipedia ás decembro 14 2023 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas balnearios casas de baño catalinas 13 12 23 memoria viva dun poubano fala manuel boullosa praia de mogor fotografía anterior a 1965 na procura de información sobre marín e as poubanas demos no facebook con un marabilloso relato en primeira persoa dun poubano manuel boullosa 1 das terras do concello da lama pontevedra cremos da parroquia da xesta memoria viva que pasamos a transcribir previa autorización do autor e ao que engadimos algunhas notas e comentarios posteriores que o post no facebook orixinou e cremos completa esta entrada non temos seguridade pero intuímos que o relato podemos situalo a fins dos anos cincuenta ou máis probablemente na década dos sesenta este é o testemuño moito antes de que chegase a españa o invento do turismo de masas en forma de veraneantes coas roupaxes multicolor dispostos a poñerse vermellos coma gambas nas nosas praias os galegos de aldea xa gozaban de algo semellante algúns optaban polo termalismo ou como se dicía popularmente ir ás augas a carballiño por exemplo mentres que outros decantábanse por ir tomar os baños case sempre ás praias de mogor ou portocelo en marín a mediados de setembro as nosas laboriosas aldeás do interior despois de pasar un tórrido verán recollendo as colleitas de millo e patacas e coa herba para o inverno a bo recado nas palleiras marchaban á consulta do médico de cabeceira a contarlle os seus achaques e trastornos físicos tras revisalas o doutor e receitarlles algún reconstituínte preguntábanlle don aquilino 2 e viranme ben uns baños no mar ao que o doutor que ademais de médico era psicólogo contestaba iso será man de santo ao regresar ao domicilio poñían en antecedentes ao home e posto que era por orde facultativa deixaban a este a cargo das faenas na aldea aprovisionábanse de bastantes ovos e chourizos nunha cesta e recollendo os rapaces tomaban o coche de liña a pontevedra onde facían transbordo no trole 3 ata marín tras de varias horas de viaxe e de algún vómito matutino a causa do mareo cóntase a anécdota dalgunha señora que nunca saíra da súa aldea máis alá de ponte caldelas e cando chegou a marín e viu o mar exclamou diormío diormío que lonxe é isto aquilo que se ve alá lonxe no mar ha de ser cuba non tía rosa aquilo é a illa de ons en marín adoitaban aloxarse nalgunha pensión económica ou nalgunha casa particular con dereito a cociña e a gozar durante sete ou nove días dos relaxantes baños de mar aínda hoxe ignoro o porqué dos días impares tal vez teña conexión máxica co baño das nove olas d a lanzada a primeira vez que me levaron a marín recordo que acudimos medio concello en tropel metade da praia de mogor foi tomada pola gran cantidade de rapaces de aldea mentres que a outra parte era dominada polos rapaces de marín que nos miraban de forma despectiva por haber invadido o seu territorio xentes de secaño e incluso tivemos algún pequeno altercado todo porque nos chamaron poubanos ou sexa de pobo mentres que nós chamámolos peixeiros pero non pasou a maiores a verdade é que era todo un espectáculo ver tomar os baños a algunhas das nosas matronas aldeás remisas a embutirse dentro dun traxe de baño por parecerlles indecente para a moral iso de expoñer as súas brancas e rubicundas carnes ao sol envolvíanse pudorosamente nuns amplos camisóns largos que as cubrían por completo as roupas talares ao contacto coa auga pegábanse aos seus corpos resaltando todas e cada unha das súas concavidades inducíndonos a non poucos pecados de pensamento palabra e obra alameda de marín ás tardes adoitabamos xuntarnos todos os coñecidos invariablemente na alameda os maiores por un lado para poñerse ao día no último chisme ou desgraza de algún coñecido e os rapaces polo noso xogando comendo xeados vendo unha peli de vaqueiros ou romanos no cine quiroga 4 ou intentando os nosos primeiros rudimentos de ligoteo fachada do cine quiroga debo confesar que nesa ocasión con todo disposto para a marcha a mediodía escapulinme á praia para aproveitar ao máximo a última oportunidade cando regresei tiven unha reprimenda importante pois bañárame dez días seguidos polo que houbo que abortar a viaxe e quedar un día máis para tomar o undécimo baño que se non podía facerme mal programa de man cine quiroga o post de manuel boullosa 12 de xaneiro de 2014 xerou algunha achega nos comentarios que non nos resistimos a reproducilos por completar tan fermoso relato nelly boullosa comenta como recordo a ida a marín coa sra elvira e hermelinda o traxe de baño confeccionado pola mesma elvira e os baños contados sen fallar un que tempos e a ida ás augas ao carballiño en épocas das súas festas tampoco non as esquezo manuel que ben o pasamos manuel cortizo tato recordáchesme a miña infancia eu tamen ía a marín e os primeiros dí...
|