Meta tags:
description= Blog de música das Bibliotecas Municipais da Coruña;
Headings (most frequently used words):
de, que, lista, reprodución, música, en, fórum, do, da, como, un, polo, agorasón, para, os, vos, bibliotecas, con, tema, hai, algún, pola, das, artigos, falamos, 2026, ao, son, verán, primavera, cultural, máis, lamatumbá, outono, gustaría, no, estaredes, vosa, social, ou, aínda, non, pregunta, despois, volver, anos, músicos, se, nun, tantos, novo, por, lle, 17, outubro, as, navegación, recentes, nosos, blogues, outros, blogs, bibliosons, lectura, icía, varela, haruna, chatani, outuno, banda, sonora, volta, solsticio, entrevista, ás, ialma, diversidade, inverno, remata, chega, prestados, 2025, algo, moi, característico, vós, mestura, estilos, influencias, escolledes, ritmos, mesturades, cada, estilo, explorar, futuro, imaxino, acordo, destaca, tanto, celebración, tradición, galega, crítica, letras, resulte, especialmente, importante, tratar, tabú, abordastes, pero, relación, coa, anterior, pódese, dicir, pensades, entón, pode, ser, unha, ferramenta, transformación, vivides, desde, escenario, anunciou, até, logo, comezos, 2012, dunha, década, actividade, intensa, 12, silencio, aos, escenarios, 2023, cunha, premisa, clara, regresar, cos, mesmos, pararon, 2011, mantén, enerxía, cohesión, grupo, traxectoria, xuntarvos, estar, activo, soño, cumprido, cal, queda, facer, realidade, este, sacastes, dá, título, xira, botando, leña, mensaxe, encerra, vindeiro, organizado, servizo, normalización, lingüística, co, gallo, día, biblioteca, así, seguinte, vai, nesa, liña, tempo, marcado, dixitalización, acceso, inmediato, información, papel, credes, seguen, xogando, na, sociedade, actual, espazos, encontro, aprendizaxe, resistencia, sodes, fostes, usuarios, públicas, alguén, está, pensar, diriades, perda, cita, próximo, xa, pechar, recomendádesnos, libro, disco, literatura, blog, municipais, coruña, menú, principal, seguir, blogue, vía, correo, electrónico, radio, comentarios, arquivo, etiquetas, categorías, imaxes, noso, facebook, próximas, actividades, meta,
Text of the page (most frequently used words):
que (338), unha (92), para (88), con (84), #música (80), como (71), máis (69), por (64), lista (45), the (41), das (40), tamén (37), non (36), moi (36), nosa (35), súa (33), foi (30), nos (29), outubro (27), polo (27), #galega (26), este (25), pola (25), hai (25), coa (24), nas (24), son (23), bibliotecas (22), reprodución (22), dos (22), disco (22), entre (21), resposta (21), pero (21), 2026 (20), algo (20), rock (19), seu (19), biblioteca (18), haruna (18), sen (17), pop (17), febreiro (17), cancións (17), desde (17), esa (17), galicia (16), musical (16), fórum (16), maio (16), agorasón (16), discos (16), anos (16), todo (16), mundo (16), ese (16), artistas (15), verán (15), tradicional (15), decembro (15), xuño (15), 2025 (15), icía (15), onde (15), súas (15), ten (15), está (15), cada (15), dende (15), porque (15), maneira (15), noso (14), sempre (14), día (14), vos (14), quen (14), moito (14), galego (13), literatura (13), publicado (13), préstamo (13), lingua (13), tempo (13), iso (13), cultura (13), radio (12), setembro (12), 2014 (12), abril (12), 2015 (12), 2016 (12), 2017 (12), banda (12), nun (12), outra (12), tanto (12), nós (12), aínda (12), cando (12), descubrir (12), lectura (11), libros (11), del (11), xaneiro (11), marzo (11), 2019 (11), 2020 (11), canción (11), vida (11), moitos (11), lugar (11), despois (11), pode (11), nunca (11), días (11), pandeireta (11), xente (10), letras (10), coruña (10), agosto (10), novembro (10), 2018 (10), ialma (10), deixar (10), etiquetado (10), escoita (10), mesmo (10), relación (10), vanesarios (10), poblicado (10), dúas (10), ser (10), encontro (10), momento (10), coas (10), tradición (10), compartir (10), esta (9), nosas (9), reproducción (9), playlist (9), spotify (9), concertos (9), 2022 (9), 2023 (9), concerto (9), selección (9), poesía (9), libro (9), temos (9), facer (9), ben (9), estamos (9), propio (9), xeito (9), público (9), dunha (9), escenario (9), voces (9), escoitar (9), pouco (9), cantar (9), miña (9), ver (8), blog (8), reproducion (8), bforum (8), xullo (8), seguir (8), canto (8), coma (8), algún (8), traballo (8), grupo (8), nunha (8), estes (8), los (8), historia (8), cultural (8), todos (8), cunha (8), estilo (8), levar (8), completa (8), viaxe (8), moitas (8), nesta (8), parte (8), aprender (8), creo (8), xapón (8), bibliosons (7), ágora (7), nosos (7), xeral (7), grupos (7), xabier (7), díaz (7), sonora (7), 2021 (7), 2024 (7), primavera (7), especialmente (7), exemplo (7), están (7), nova (7), lamatumbá (7), ata (7), municipais (7), centro (7), proxecto (7), enerxía (7), propia (7), sobre (7), espazo (7), segue (7), persoas (7), cara (7), novas (7), terra (7), mellor (7), diálogo (7), coñecer (7), persoa (7), outros (6), cambio (6), ritmo (6), mulleres (6), galegas (6), 2013 (6), falamos (6), solsticio (6), artigos (6), sting (6), aquí (6), podes (6), hombre (6), influencias (6), álbum (6), novo (6), forma (6), dous (6), consulta (6), horario (6), invitacións (6), pensar (6), vosa (6), ano (6), aos (6), músicos (6), traxectoria (6), camiño (6), seguimos (6), mestura (6), dun (6), forza (6), especial (6), ambas (6), artista (6), hoxe (6), curiosidade (6), esencia (6), ganas (6), koto (6), agora (5), and (5), vivo (5), coldplay (5), novos (5), material (5), iron (5), maiden (5), caso (5), obra (5), novela (5), fonte (5), amor (5), través (5), desta (5), así (5), queda (5), directo (5), alguén (5), lle (5), feito (5), aprendizaxe (5), vai (5), espazos (5), antes (5), cos (5), ritmos (5), prestados (5), pequeno (5), adianto (5), materiais (5), catálogo (5), clásicos (5), grandes (5), voz (5), cousas (5), rosalía (5), christina (5), algunha (5), viva (5), comezamos (5), calquera (5), instrumentos (5), seus (5), aire (5), todas (5), ponte (5), bruxelas (5), bélxica (5), nena (5), teñen (5), precisamente (5), perder (5), baile (5), tan (5), meu (5), idea (5), xuntas (5), min (5), túa (5), entender (5), correo (4), deste (4), tes (4), wordpress (4), club (4), entrevistas (4), ambiente (4), cidade (4), galegos (4), actualidade (4), novidades (4), ciclo (4), teu (4), best (4), bruce (4), springsteen (4), gonzález (4), muse (4), exemplos (4), pequena (4), dispoñibles (4), inspirada (4), raíces (4), quizais (4), gran (4), polos (4), longo (4), normalización (4), lingüística (4), punto (4), partir (4), repartiranse (4), etc (4), venres (4), desfrutar (4), públicas (4), papel (4), outono (4), pregunta (4), seguen (4), xira (4), volver (4), único (4), mesma (4), tantos (4), buscar (4), luz (4), importante (4), gustaría (4), palabras (4), motivo (4), explorar (4), castro (4), rodrigo (4), mergullarte (4), seguros (4), mestra (4), acompañar (4), transición (4), van (4), chega (4), elas (4), sentir (4), rubio (4), rosenvinge (4), sensación (4), inverno (4), esas (4), parece (4), calma (4), perspectiva (4), paso (4), diversidade (4), manter (4), era (4), culturas (4), apertura (4), ela (4), vén (4), poñer (4), veces (4), emigración (4), atopar (4), natural (4), bonito (4), fóra (4), voso (4), sería (4), harry (4), noites (4), calor (4), vivir (4), man (4), trae (4), achega (4), achegarse (4), detrás (4), transmisión (4), mens (4), atención (4), che (4), sitio (3), nome (3), comentarios (3), contido (3), sesión (3), conta (3), com (3), play (3), crear (3), clave (3), xoel (3), soul (3), punk (3), musica (3), forum (3), folk (3), festas (3), temático (3), representa (3), entrevista (3), volta (3), varela (3), chatani (3), electrónico (3), rio (3), greatest (3), hits (3), bunbury (3), quique (3), pink (3), poderiamos (3), suposto (3), clara (3), miúdo (3), temas (3), garcía (3), baseada (3), comparte (3), outras (3), constante (3), clásico (3), foron (3), inspiración (3), claro (3), referencias (3), álbums (3), homenaxe (3), mentres (3), repartimento (3), esgotárense (3), películas (3), auditorio (3), sociocultural (3), pois (3), bibliosóns (3), usuarios (3), resistencia (3), servizo (3), gallo (3), actual (3), lume (3), tema (3), título (3), estar (3), xuntos (3), facendo (3), fose (3), cal (3), primeiro (3), actividade (3), escenarios (3), mantén (3), dicir (3), social (3), celebrar (3), crítica (3), dentro (3), persoais (3), vós (3), estilos (3), concreto (3), colaboración (3), menos (3), sensaciones (3), valeria (3), amaia (3), guitarricadelafuente (3), nacha (3), love (3), lesbian (3), maría (3), senra (3), pasa (3), moda (3), sendo (3), funciona (3), íntimo (3), enérxico (3), fixeron (3), sabe (3), tardes (3), meses (3), xeracións (3), cds (3), vivencias (3), live (3), contra (3), vampire (3), weekend (3), taylor (3), swift (3), national (3), amy (3), animámoste (3), atoparás (3), sorpresa (3), agradable (3), lembra (3), continúa (3), cheo (3), movemento (3), adiante (3), estación (3), mes (3), pulso (3), forman (3), século (3), enorme (3), xeración (3), encaixa (3), mirar (3), deixarse (3), acompañan (3), senón (3), identidade (3), rutina (3), preparamos (3), introspectivo (3), diferente (3), nina (3), simone (3), alma (3), corazón (3), baaba (3), maal (3), piazzolla (3), país (3), carta (3), perfecto (3), tradicionais (3), experimentar (3), mesturar (3), tango (3), quería (3), grazas (3), demostrando (3), fronteiras (3), respecto (3), recoñecer (3), pensamos (3), común (3), familia (3), proceso (3), mirada (3), durante (3), isto (3), casa (3), participar (3), valor (3), mondra (3), elixir (3), encontros (3), pandeiretas (3), músicas (3), demostrar (3), fillas (3), donna (3), summer (3), saltar (3), feitas (3), entrega (3), raíz (3), probar (3), poden (3), cantamos (3), tocar (3), podo (3), historias (3), contribuír (3), patrimonio (3), sentido (3), ensinar (3), canta (3), sinto (3), transmitir (3), querer (3), poemas (3), místicos (3), románticos (3), versos (3), obrigatorio (2), escribe (2), iniciar (2), rexistro (2), úneche (2), 280 (2), subscritores (2), tuner (2), brest (2), sonabe (2), discordancias (2), cinemusica (2), ampli (2), associació (2), musictecaris (2), blogs (2), suma (2), móvese (2), fancomic (2), corto (2), queeruña (2), ciencia (2), investigación (2), ciberclub (2), clubes (2), presenciais (2), bebeteca (2), blogues (2), feed (2), actividades (2), facebook (2), bandas (2), recomendacións (2), local (2), coruñeses (2), crónicas (2), xoves (2), sagrada (2), tanxugueiras (2), sés (2), noroeste (2), jazz (2), indie (2), hop (2), maria (2), pita (2), festival (2), internacional (2), bowie (2), coro (2), municipal (2), metropolitano (2), león (2), benavente (2), etiquetas (2), conversa (2), grande (2), amore (2), loba (2), recentes (2), outuno (2), blogue (2), procura (2), anteriores (2), navegación (2), carmen (2), gaite (2), grrr (2), 2nd (2), law (2), matas (2), necesitas (2), blue (2), hellville (2), luxe (2), led (2), zeppelin (2), loco (2), ramones (2), floyd (2), futura (2), rolling (2), stones (2), até (2), compositor (2), luis (2), montero (2), poema (2), lobo (2), parís (2), outro (2), inspiradas (2), james (2), creativo (2), jagger (2), poeta (2), composicións (2), influencia (2), lugares (2), escrita (2), primeira (2), existen (2), recopilación (2), ligada (2), española (2), contemporánea (2), entrelazan (2), mesoiro (2), horarios (2), tarde (2), mañá (2), faranse (2), quendas (2), carné (2), numerar (2), lembrade (2), será (2), balde (2), mais (2), invitación (2), impacto (2), navicularia (2), berrogüetto (2), pechar (2), última (2), perda (2), cita (2), próximo (2), sodes (2), vindeiro (2), estaredes (2), organizado (2), seguinte (2), liña (2), botando (2), leña (2), sol (2), palco (2), soño (2), realidade (2), nacen (2), logo (2), ensaio (2), aquilo (2), silencio (2), mesmos (2), poder (2), colectivo (2), fronte (2), pensades (2), empezar (2), rematar (2), tabú (2), celebración (2), ningún (2), pendente (2), arranxos (2), bailables (2), reggae (2), case (2), anaco (2), rumours (2), frío (2), cualquiera (2), roxette (2), spanish (2), leather (2), from (2), cariño (2), cuidado (2), chinarro (2), fleetwood (2), mac (2), presenza (2), houbo (2), pezas (2), antonio (2), vega (2), español (2), seguro (2), carreira (2), españa (2), imprescindible (2), destacan (2), intenso (2), moita (2), soar (2), atrás (2), balance (2), poñemos (2), crying (2), light (2), back (2), black (2), very (2), debut (2), trouble (2), will (2), find (2), resistance (2), mylo (2), xyloto (2), born (2), beatles (2), new (2), winehouse (2), johnsons (2), leva (2), introspección (2), claridade (2), sensacións (2), luminosa (2), emocional (2), empurra (2), habendo (2), alongarse (2), desgraciadamente (2), enteiro (2), toda (2), acontece (2), invita (2), últimos (2), naceu (2), exploración (2), memoria (2), inicio (2), etapa (2), vaia (2), bob (2), marley (2), flamenco (2), niño (2), elche (2), gozar (2), dálle (2), personalidade (2), dioses (2), lucía (2), kepa (2), junkera (2), cuevas (2), astor (2), propostas (2), sons (2), profundamente (2), importancia (2), linguas (2), tradicións (2), aberto (2), facía (2), mestúrase (2), entende (2), algúns (2), somos (2), obradoiros (2), alegría (2), doutras (2), experiencias (2), agorasón2026 (2), ler (2), poñen (2), levou (2), rebeldía (2), latina (2), profunda (2), queremos (2), expresar (2), poesías (2), andrea (2), enriquecer (2), cotiá (2), inesquecible (2), nalgúns (2), transmitiron (2), nace (2), sentides (2), busca (2), tivésedes (2), subir (2), mantela (2), igual (2), empezastes (2), gústanos (2), acento (2), pandeireteiras (2), rápido (2), belgas (2), tivemos (2), foliadas (2), plenamente (2), compartindo (2), principio (2), tiñamos (2), fomos (2), vinte (2), acolle (2), edición (2), mil (2), pasado (2), lover (2), house (2), lux (2), salvavida (2), máquina (2), buen (2), rollo (2), juventud (2), infinita (2), rayo (2), alcanzara (2), ronda (2), cautivo (2), dormiré (2), cuando (2), muera (2), ghost (2), stories (2), efectos (2), ginebras (2), chayanne (2), lópez (2), novedades (2), carminha (2), rapants (2), styles (2), perfectamente (2), capítulo (2), ideal (2), pasan (2), luminoso (2), persoal (2), festa (2), faltar (2), nin (2), practicamente (2), solar (2), abertas (2), partida (2), vive (2), acompañe (2), 300 (2), heart (2), strings (2), red (2), hot (2), chili (2), corazones (2), legendarios (2), loquillo (2), bonnie (2), tyler (2), andrés (2), coyotes (2), uxía (2), dan (2), fondo (2), legado (2), intención (2), espírito (2), construír (2), veña (2), sonoridades (2), paréceme (2), bonita (2), fonda (2), cassandra (2), gústame (2), beleza (2), recomendar (2), arredores (2), solitario (2), ocupa (2), amizade (2), posibilidades (2), mantendo (2), ecdise (2), oral (2), nese (2), vínculo (2), vellas (2), responsabilidade (2), formas (2), interésame (2), poida (2), cambia (2), faime (2), formar (2), doutra (2), docente (2), sei (2), preguntas (2), levan (2), tocamos (2), preto (2), espertar (2), medrou (2), empecei (2), aprendiches (2), ter (2), deixe (2), musicais (2), tiven (2), puidésemos (2), experiencia (2), fai (2), reto (2), cantas (2), noutra (2), explicalo (2), diante (2), soamente (2), chamou (2), cantando (2), camariñas (2), decisivo (2), desa (2), alumna (2), oportunidade (2), converterse (2), cantiga (2), recordo (2), vez (2), marabilloso (2), vocación (2), cantareira (2), horses (2), zona (2), temporalmente (2), autónoma (2), cuentos (2), chinos (2), niños (2), japón (2), exilio (2), rapoemas (2), básica (2), trovadores (2), aberta (2), levantarse (2), caer (2), eminem (2), johnny (2), cash (2), antía (2), muíño (2), amancio (2), prada (2), extrechinato (2), aid (2), miguel (2), poveda (2), planetas (2), patti (2), smith (2), prosa (2), principal (2), web, comentario, cargando, contraer, barra, informar, administrar, subscricións, reader, privacidade, inicia, rexístrame, subscrito, subscrición, entradas, meta, eventos, próximos, próximas, fotos, imaxes, retrovisor, épocas, pasadas, vosas, profundidade, reportaxes, efemérides, categorías, lopez, viaxando, recomendaciones, estrella, coraxe, movember, mostras, reproduccion, hip, fiestas, eurovision, festivales, festivais, electrónica, dia, muller, acordes, david, csm, crooners, crooner, xove, joven, conciertos, ciclos, temáticos, cesar, centi, cantautores, cancion, verano, big, band, bagora, agosto2013, agorason, recomendamosbmc, arquivo, xurxo, fernan, boyanka, kostova, ana, kiro, var, dirección, enderezo, recibir, notificación, vía, martin, diamond, dogs, amar, combatir, veneno, piel, wall, tiempo, las, cerezas, sensible, banisters, wrecking, ball, personas, blackened, recordings, sultans, swing, how, west, was, won, diciembre, leiva, dire, straits, metallica, lana, rey, serrat, vegas, maná, multitude, botar, axudarnos, completala, pasarte, domicilio, canle, madrileño, conexión, exploran, profundos, emocionais, inspíranse, autores, bukowski, mario, benedetti, ángel, mítica, aunque, sepas, habitaciones, separadas, cercanos, coñecidísima, titulada, annabel, homónimo, edgar, allan, poe, unión, membro, inspirou, obras, literarias, evoca, relato, boris, vian, cantante, citou, escritores, william, shakespeare, joyce, eliot, importantes, escribiu, varias, coñecida, don, stand, close, lolita, vladimir, nabokov, moon, over, bourbon, street, vampiro, anne, rice, enriquecemento, intelectual, influíndo, sympathy, for, devil, ruso, mijaíl, bulgákov, deixou, sinal, francés, charles, baudelaire, bohemia, excesos, visión, mal, impregna, maestro, margarita, satánicas, maxestades, converteuse, paixóns, compartían, mick, keith, richards, ambos, manifestaron, publicamente, exerceron, vidas, neoiorquino, maiores, expoñentes, desas, acudiu, pet, sematary, stephen, king, señor, anillos, significativa, robert, plant, incorporou, numerosas, tolkien, ramble, misty, mountain, claros, mencións, directas, mordor, personaxes, gollum, comenzamos, sign, cross, nombre, rosa, umberto, eco, steve, harris, pista, factor, 1995, completos, individuais, inspiran, quixemos, temática, render, escritoras, destacadas, centenario, nacemento, martín, dure, sigamos, conto, disciplinas, artísticas, illada, conviven, campos, creativos, nutriron, mutuamente, recíproca, diadabiblioteca, agorasón2025, terá, horas, asistencia, precisará, recollida, previa, partires, agradecervos, compartísedes, desexando, podermos, ourensanía, esmorga, eduardo, blanco, vixencia, recomendádesnos, podería, diriades, fostes, importantísimo, analóxico, nesa, marcado, dixitalización, acceso, inmediato, información, credes, xogando, sociedade, seguímoslle, cumpríronse, saia, renderlle, querido, sacastes, mensaxe, encerra, efectivamente, preferimos, último, afogar, expectativas, xuntarvos, activo, cumprido, base, sólida, uns, cimentos, fortes, paixón, fan, mellorar, resultado, malabares, axendas, cadralo, fixemos, finais, confirmou, seguía, soando, contundencia, anunciou, comezos, 2012, década, intensa, premisa, regresar, pararon, 2011, cohesión, queiras, acto, subversivo, abeiro, deseñado, illamento, incansables, anterior, pódese, entón, ferramenta, transformación, vivides, adoitan, desequilibrio, inestabilidade, denuncia, atopando, urxencia, conformismo, imaxino, acordo, destaca, resulte, tratar, abordastes, certo, priori, demanda, fases, composición, interveñen, múltiples, factores, acentuación, frase, usaremos, retrouso, gustos, determinado, achegas, resto, fase, preferencia, característico, escolledes, mesturades, futuro, nacido, ourense, 1998, recoñecido, festiva, cumbia, ska, pasodobre, imposible, encadrar, conversamos, membros, coñecermos, fin, promover, audiovisual, organiza, concello, nueva, sinfonía, caos, samba, ultrabelleza, ejército, salvación, clash, stage, diluvio, collection, kilómetros, lentamente, río, silvia, pérez, cruz, elvis, presley, here, eternity, josé, llergo, nadadora, leâo, convidámoste, sorprenderá, gratamente, dispoñibilidade, emblemáticos, 1977, considerado, listas, préstamos, confirma, reis, adiantabámos, recopilatorio, antoloxía, ofrecendo, éxitos, coñecidas, liderada, nacho, marcaron, cun, coándose, podemos, concluír, redescuberto, revisitado, nostálxicos, marcar, marcou, supuxo, consagración, frescas, innovadoras, demandado, modernidade, fixo, rasgada, forte, carga, poética, usuarias, levaran, spanisleather, terceiro, romero, experimental, explora, xuventude, madurez, alternativo, hyperpop, conseguiu, ouro, lanzamento, poético, conquistou, corazóns, lectores, melómanos, escoitastes, perdades, ocasión, actuará, coliseum, arenas, abro, ojos, pedívosvos, quededes, acompañedes, adiantamos, descubrimentos, redescubrimentos, compartida, mestúranse, actuais, deixan, solicitados, xoias, contemporáneas, atemporais, emocionando, botada, andar, remate, miramos, pequenas, acompañaron, levadeiros, foco, naqueles, converteron, compañía, viaxar, movernos, sólo, has, rozado, motomami, según, afterlove, lovers, usa, complete, great, american, songbook, singles, homenaje, aniversario, suburbs, arcade, fire, order, rod, stewart, blunt, björk, joni, mitchell, anthony, tulsa, invernal, anuncia, estoupido, chegaría, cor, explosións, melódicas, instante, rompe, comeza, entrar, clasificar, etiqueta, optimismo, marzal, sumerxímonos, emoción, contida, dor, dúbida, ironía, lentas, empezan, desaparecida, deses, imaxinario, escoitou, recoñecibles, xxi, estética, tivo, convertindo, icona, global, influíu, mesturan, confesión, antony, sensibilidade, introspectiva, curto, reflexivo, envolver, melodías, suaves, atmosferas, breves, chuviosos, acaído, acompañalo, íntimas, deterse, quere, madrileña, invade, infiltra, figura, masculina, persoalísima, exercicio, atravesado, vulnerabilidade, imagen, descargada, pixabay, evidente, final, comezan, temperaturas, suavízanse, diaria, recuperando, brusco, progresivo, intermedia, combina, elementos, estacións, acorde, pausado, introduce, ansias, renovación, remata, renovado, dozura, aporta, peza, única, puzzle, rodea, tolerar, ofrecer, viaxa, tangos, get, happy, mixturada, brasileira, girl, ipanema, manual, romería, television, wawa, fandango, noró, rabia, okupa, luzía, antología, cante, paco, raimundo, amador, wailer, mastaki, chico, buarque, carminho, carlos, jobim, carlinhos, brown, martini, caetano, veloso, vasco, amósannos, trikitixa, presentación, ante, asturiana, moderna, vangardista, proba, folclore, famoso, pioneiros, africanos, antigos, kora, ngoni, electrónicos, modernos, recórdannos, vivas, ancestrais, senegal, lévanos, áfrica, revolucionou, arxentino, darlle, cosmopolita, buenos, aires, bailar, pistas, auditorios, introduciu, comúns, xénero, saxofón, guitarra, eléctrica, arxentina, criticárono, dicían, atrevemento, recoñecida, interpretada, símbolo, loita, afroamericana, blues, clásica, arte, seleccionamos, celebra, verdadeiramente, difuminan, destes, ademáis, mostra, bibliográfica, propoñemos, idades, danza, contacontos, lecturas, convidan, convértese, latitudes, propias, unen, mundial, dispoñible, estás, lembrámosche, luns, marcha, darvos, compartido, marcadas, rural, tiveron, fuxir, avós, migratorias, atravesan, emociónase, alcumada, pasionaria, seo, exiliados, políticos, españois, sangue, medrando, rumba, flamenca, inspírase, cantantes, achegan, contar, diversa, escritos, poetas, sabemos, recomendamos, yolanda, castaño, fernández, rial, aldao, núñez, cebreiro, lado, autoras, particularmente, recollen, necesaria, falan, intimidade, ficou, silenciada, pechando, varrer, poderiades, facernos, recomendación, marcase, esteades, lendo, paredes, ultimamente, queirades, percorrido, emocións, alegrías, participacións, emocionar, pensando, familiares, coruñesas, acheguen, nove, noite, versión, éxito, pasada, sorpresas, traedes, honra, representaremos, familias, defenderon, loitando, fillos, falen, manteñan, evento, levades, europa, normalizar, idioma, ninghures, baiuca, colaborar, saíron, incribles, galiza, escena, traballou, pediría, corpo, facerdes, evolucionando, debemos, transmite, riqueza, impresionante, vindo, vedes, panorama, comparación, notades, arriscar, segundo, viaxamos, poderán, duduk, armenia, sitar, india, qanun, vosos, magrebís, flamencas, africanas, quedase, instrumento, casar, vindeiros, coñecen, agasallo, levando, dicimos, vimos, reencontrarnos, din, nota, presentacións, coidado, fala, abóndanos, pisar, pedra, par, note, nada, haha, recibe, volve, danzas, convidamos, evolución, abrir, compartila, capas, abrindo, considerámonos, privilexio, horizontes, ensaios
Text of the page (random words):
o de enerxía luminosa chegaría con mylo xyloto de coldplay un disco cheo de cor de explosións melódicas de sensación de movemento representa moi ben ese instante no que o inverno se rompe e comeza a entrar unha claridade máis viva un disco que poderiamos clasificar coa etiqueta de optimismo emocional un álbum que empurra cara adiante este foi só un pequeno adianto do que podes descubrir a través desta selección musical que nos leva da introspección invernal á claridade que anuncia a primavera animámoste a mergullarte na escoita completa porque estamos seguros de que atoparás novas sensacións e algunha sorpresa agradable polo camiño e lembra que todos estes materiais están dispoñibles para levar en préstamo consulta o noso catálogo e continúa a viaxe ao teu propio ritmo tulsa sólo me has rozado christina rosenvinge un hombre rubio anthony and the johnsons the crying light amy winehouse back to black joni mitchell blue sting the very best of sting björk debut live rosalía motomami sr chinarro el mundo según the national trouble will find me muse the resistance james blunt the afterlove coldplay mylo xyloto taylor swift lovers bruce springsteen born in the usa rod stewart the complete great american songbook vampire weekend contra new order singles the beatles homenaje 50 aniversario the arcade fire the suburbs publicado en playlist spotify radio lista de reproducción etiquetado bforum lista de reproducion pop soul deixar unha resposta lista reprodución os máis prestados poblicado o 12 decembro 2025 por vanesarios resposta coa conta xa botada a andar cara ao remate do ano chega ese momento especial no que todos miramos atrás para facer balance balance das vivencias persoais e tamén das pequenas e grandes cousas que nos acompañaron e nos fixeron os días máis levadeiros entre elas está por suposto a música por iso na última lista de reprodución do ano poñemos o foco nos discos máis prestados naqueles discos que se converteron en compañía constante e nas voces que nos fixeron sentir e viaxar sen movernos pedívosvos que vos quededes e nos acompañedes nesta viaxe musical porque xa vos adiantamos que este ano foi intenso en descubrimentos redescubrimentos e moita música compartida na recopilación dos cds máis prestados mestúranse voces actuais e clásicos que nunca deixan de soar entre os discos máis solicitados polos usuarios destacan xoias contemporáneas e clásicos atemporais que seguen emocionando xeracións un dos máis prestados foi por exemplo si abro los ojos de amaia é o terceiro álbum de amaia romero publicado o 30 de xaneiro de 2025 é un traballo íntimo e experimental que explora a transición da xuventude á madurez con influencias que van do pop alternativo ao hyperpop e xa conseguiu disco de ouro meses despois do seu lanzamento un álbum íntimo e poético que conquistou os corazóns dos lectores melómanos se aínda non o escoitastes non perdades a ocasión porque o vindeiro 31 de xaneiro actuará no coliseum dentro da súa xira arenas spanisleather de guitarricadelafuente a mestura de tradición e modernidade fixo deste disco un imprescindible a súa voz rasgada e as letras que destacan pola súa forte carga poética fixeron que moitas persoas usuarias o levaran en préstamo quen sabe se para acompañar as súas tardes de lectura sensaciones de sen senra o galego sen senra segue a marcar estilo o disco sensaciones publicado xa en novembro de 2019 marcou un antes e un despois na súa carreira supuxo a súa consagración como unha das voces máis frescas e innovadoras do pop e r b en españa e na biblioteca segue a estar moi demandado pero como adiantabámos tamén houbo espazo para os clásicos un día cualquiera de nacha pop este recopilatorio funciona como unha antoloxía de nacha pop ofrecendo tanto os grandes éxitos como pezas menos coñecidas é unha viaxe pola historia da banda liderada por antonio vega e nacho garcía vega que marcaron a música española dos anos 80 cun estilo íntimo e ao mesmo tempo enérxico coándose na lista só podemos concluír que o pop español dos 80 mantén a súa forza e que ben seguro este disco foi redescuberto por moitos novos usuarios e revisitado polos nostálxicos rumours de fleetwood mac unha obra mestra que nunca pasa de moda é un dos discos máis emblemáticos da historia do rock publicado en 1977 e considerado unha obra mestra tanto pola crítica como polo público a súa presenza constante nas listas de préstamos confirma que os clásicos seguen sendo os reis este foi un pequeno adianto mais convidámoste a mergullarte na escoita completa porque estamos seguros de que te sorprenderá gratamente e por suposto podes levar os materiais en préstamo consulta a súa dispoñibilidade no noso catálogo fleetwood mac rumours león benavente nueva sinfonía sobre el caos rodrigo leâo o mundo nadadora todo el frío del mundo sr chinarro menos samba sen senra sensaciones iron maiden rock in rio maría josé llergo ultrabelleza love of lesbian ejército de salvación con cariño y con cuidado valeria castro from here to the eternity the clash elvis presley on stage nacha pop un día cualquiera tanxugueiras diluvio roxette a collection of roxette guitarricadelafuente spanish leather quique gonzález me matas si me necesitas amaia kilómetros silvia pérez cruz lentamente iron maiden rock in río publicado en playlist spotify radio lista de reproducción xeral etiquetado os máis prestados bforum lista de reproducion deixar unha resposta falamos con lamatumbá polo agorasón do outono 2025 poblicado o 8 outubro 2025 por vanesarios resposta con motivo do día da biblioteca e co fin de promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual o servizo de normalización lingüística en colaboración coas bibliotecas municipais do concello da coruña organiza o agorasón 2025 con lamatumbá en concerto nacido en ourense no ano 1998 o grupo lamatumbá é recoñecido pola súa enerxía festiva e a mestura de estilos como cumbia ska reggae pasodobre rock e folk falamos polo tanto dun grupo case imposible de encadrar nun estilo concreto dende bibliosóns conversamos un anaco cos membros da banda para os coñecermos algo máis polo miúdo b algo moi característico de vós é a mestura de estilos e influencias como escolledes os ritmos que mesturades en cada tema hai algún estilo que vos gustaría explorar no futuro nas fases de composición e dos arranxos das cancións interveñen múltiples factores a propia acentuación das palabras dentro dunha frase que usaremos como motivo ou retrouso os gustos persoais do compositor nun determinado momento as achegas do resto da banda na fase dos arranxos a preferencia polos ritmos máis bailables etc o certo é que non temos a priori ningún estilo pendente cada canción é un mundo e demanda o seu estilo propio b imaxino que estaredes de acordo en que a vosa música destaca tanto pola celebración da tradición galega como pola crítica social das letras hai algún tema que vos resulte especialmente importante tratar ou algún tabú que aínda non abordastes pero que vos gustaría as nosas cancións adoitan empezar polo desequilibrio a inestabilidade a denuncia para rematar atopando a luz o lume sempre temos a urxencia de celebrar o aquí e o agora o noso único tabú é o conformismo b en relación coa pregunta anterior pódese dicir que pensades entón que a música pode ser unha ferramenta de transformación social como o vivides desde o escenario poder dicir o que queiras desde un palco xa é de por si un acto subversivo buscar o abeiro do colectivo fronte ao deseñado illamento social é un camiño no que seguimos incansables b lamatumbá anunciou un até logo a comezos de 2012 despois de máis dunha década de actividade intensa para volver despois de 12 anos de silencio aos escenarios en 2023 cunha premisa clara regresar cos mesmos músicos que pararon en 2011 como se mantén a enerxía e a cohesión nun grupo con tantos músicos e tantos anos de traxectoria cando un proxecto ten unha base sólida uns cimentos fortes que nacen da paixón como é o caso de lamatumbá os anos o único que fan é mellorar o resultado logo hai que facer malabares coas axendas para cadralo todo claro está como en todos os grupos o primeiro ensaio que fixemos antes de volver a finais do 2022 confirmou que aquilo seguía soando coa mesma enerxía e contundencia de sempre b volver xuntarvos e estar de novo en activo é un soño cumprido cal vos queda por facer realidade efectivamente estar xuntos nun palco facendo música en directo é o noso soño feito realidade preferimos desfrutar cada momento coma se fose o último e non afogar coas expectativas b este verán sacastes un novo tema que lle dá título á xira botando leña que mensaxe encerra este ano cumpríronse 20 anos de lume para que saia o sol e este foi o noso xeito de renderlle homenaxe a un traballo moi querido tamén polo público seguímoslle botando leña ao lume b o vindeiro 17 de outubro estaredes no agorasón outono organizado polo servizo de normalización lingüística co gallo do día da biblioteca así que a seguinte pregunta vai nesa liña nun tempo marcado pola dixitalización e o acceso inmediato á información que papel credes que seguen xogando as bibliotecas na sociedade actual como espazos de encontro aprendizaxe e resistencia cultural un papel importantísimo de feito o propio proxecto de lamatumbá tamén é un lugar de encontro de aprendizaxe de resistencia cultural e analóxico b sodes ou fostes usuarios das bibliotecas públicas si b e por se hai alguén que aínda o está a pensar que lle diriades para que non perda a vosa cita o próximo 17 de outubro que podería ser a última b e xa para pechar recomendádesnos un libro e un disco por clásico e pola súa ourensanía a esmorga de eduardo blanco amor polo seu impacto e vixencia navicularia de berrogüetto pois dende bibliosóns só nos queda agradecervos que compartísedes este tempo con nós e desexando estamos podermos desfrutar xa do directo do venres 17 de outubro lembrade que o agorasón terá lugar no auditorio do centro sociocultural ágora o día 17 de outubro ás 21 00 horas a asistencia será de balde mais precisará a recollida previa de invitación nas bibliotecas municipais a partires do venres 10 de outubro repartiranse dúas invitacións por carné e son sen numerar ata esgotárense co préstamo de material en lingua galega libros películas cd de música etc faranse dúas quendas de repartimento horario de mañá a partir das 9 00 h horario de tarde a partir das 16 00 h consulta os horarios de cada unha das bibliotecas e do punto de préstamo de mesoiro publicado en actualidade novidades concertos xeral etiquetado normalización lingüística agorasón2025 diadabiblioteca lamatumbá deixar unha resposta lista de reprodución fórum música e literatura poblicado o 25 setembro 2025 por vanesarios resposta as disciplinas artísticas non existen de forma illada máis ben conviven e mesmo se entrelazan especialmente no caso da música e a literatura dous campos creativos que se nutriron mutuamente ao longo da historia tanto a música como a literatura foron unha fonte de inspiración recíproca existen moitos discos tanto álbums completos como cancións individuais que se inspiran en libros así que na nova lista de reprodución quixemos facer unha pequena recopilación con esta temática a lista está ligada ao novo ciclo temático mentres dure a vida sigamos co conto que ten lugar do 15 de outubro ao 15 de decembro na biblioteca fórum para render homenaxe a unha das escritoras máis destacadas da literatura española contemporánea carmen martín gaite no centenario do seu nacemento comenzamos coa canción sign of the cross de iron maiden que está inspirada na novela el nombre de la rosa de umberto eco a canción escrita por steve harris é a primeira pista do álbum the x factor de 1995 a relación entre led zeppelin e el señor de los anillos é significativa a banda especialmente a través das letras de robert plant incorporou numerosas referencias á obra de j r r tolkien nas súas cancións temas como ramble on e misty mountain hop son exemplos claros desta influencia con mencións directas a lugares como mordor e personaxes como gollum o grupo neoiorquino the ramones representa un dos maiores expoñentes do punk e é outra desas bandas que acudiu á literatura como fonte de inspiración o caso máis claro é a canción pet sematary baseada na novela do mesmo nome de stephen king os libros foron e son unha gran fonte de inspiración nas composicións das súas satánicas maxestades a literatura converteuse nunha das paixóns que compartían mick jagger e keith richards e ambos manifestaron publicamente o seu amor polos libros e a gran influencia que estes exerceron nas súas vidas e nas súas cancións a literatura foi unha fonte constante de enriquecemento intelectual e creativo para jagger influíndo mesmo nas letras das súas cancións a canción sympathy for the devil foi inspirada pola lectura de el maestro y margarita do ruso mijaíl bulgákov outro clásico da literatura que deixou sinal nas letras do grupo foi o poeta francés charles baudelaire quizais pola súa vida bohemia e de excesos ou quizais pola visión do mal que impregna a súa obra outro exemplo é o cantante sting as súas letras a miúdo están inspiradas na literatura e a poesía citou a escritores como william shakespeare james joyce e t s eliot como influencias importantes no seu traballo sting escribiu varias cancións inspiradas en libros a máis coñecida é don t stand so close to me baseada na novela lolita de vladimir nabokov outra canción inspirada nun libro é moon over bourbon street que ten as súas raíces na novela entrevista co vampiro de anne rice temos outros exemplos máis cercanos como o da banda radio futura e a súa coñecidísima canción titulada annabel le baseada no poema homónimo de edgar allan poe no caso de la unión banda coa que comparte algún membro tamén se inspirou en obras literarias para outras cancións como lobo hombre en parís que evoca o relato de boris vian un hombre lobo en parís no caso do compositor madrileño quique gonzález hai unha clara conexión entre a súa obra e a literatura especialmente a poesía as súas letras a miúdo exploran temas profundos e emocionais e inspíranse en autores como bukowski mario benedetti ángel gonzález e luis garcía montero entre outros un exemplo é a mítica aunque tú no lo sepas inspirada nun poema de luis garcía montero do seu libro habitaciones separadas poderiamos seguir con multitude de exemplos pero até o de aquí a nosa pequena selección podes botar coma sempre unha escoita na nosa canle de spotify e axudarnos a completala e por suposto pasarte pola biblioteca fórum onde tes os discos dispoñibles para o préstamo a domicilio bowie diamond dogs the rolling stones grrr muse the 2nd law maná amar es combatir radio futura veneno en la piel pink floyd the wall iron maiden rock in rio bunbury vegas el tiempo de las cerezas quique gonzález me matas si me necesitas serrat material sensible ramones greatest hits lana del rey blue banisters sting the best of sting bruce springsteen wrecking ball bunbury hellville de luxe el canto del ...
|