Meta tags:
description= BLOG DA BIBLIOTECA DO IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ DE SARRIA;
Headings (most frequently used words):
de, da, día, non, un, que, na, para, literatura, do, máis, querer, ben, unha, departamento, noso, no, biblioteca, ao, coa, amor, tamén, 14f, candeloria, maría, curso, sen, rosalía, co, lingua, galega, castelá, alumnado, son, exemplos, como, ou, patrón, biblioxograr, manga, obradoiro, con, aaron, coego, concurso, oratoria, improvisada, 8m, futuro, profesional, ten, xénero, semaine, la, presse, 2023, bico, cantar, rebelde, rosalia, 23, entroidando, novo, xograr, ler, outro, por, ambientalista, paz, aulas, rotas, almas, feridas, ilustración, antonia, dans, paxinación, entradas, artigos, recentes, meta, blogroll, este, queriamos, quedar, celebrar, necesidade, apelidos, identificala, poucos, autores, autoras, haberá, recoñezamos, só, nome, así, abeiro, endl, artellamos, acto, consistiu, lectura, continua, obra, rosaliana, longo, toda, xornada, lectiva, lecer, limos, manifesto, interpretou, balada, xoán, montes, s14empre, efeméride, esvaradía, centro, tentamos, ser, intelixentes, orixinais, nela, neste, man, lengua, providencial, coordinación, ana, belén, durán, decidimos, propoñer, botamos, vista, concepto, tóxico, través, diferentes, publicacións, bella, bestia, romeo, xulieta, calisto, melibea, otelo, desdémona, tristán, isolda, don, quijote, dulcinea, heathcliff, catherine, earnshaw, scarlett, hara, ashley, wilkes, mr, darcy, elizabeth, bennet, vivido, paixón, tóxica, desencadea, traxedia, sufrimento, todos, estes, seres, ficción, superado, atopamos, outra, vez, romántica, hoxe, sobre, todo, xuvenil, necesitamos, tampouco, hache, hardin, scott, edward, cullen, christian, grey, nosa, vida, crepúsculo, 50, sombras, after, tres, metros, malquerer, actualidade, montamos, colección, referencias, lecturas, nos, parecen, interesantes, útiles, mesmo, necesarias, propuxemos, realizar, expoñer, cadeados, bon, ofrecera, súa, versión, escrita, creación, podemos, expresar, afecto, en, todas, as, formas, posibles, san, libre, cheo, respecto, sabemos, se, vai, medio, inverno, mais, pasado, febreiro, pasamos, chisco, frío, xa, tradicional, actividade, organizada, polo, bioloxía, xenerosa, colaboración, xosé, castro, apoio,
Text of the page (most frequently used words):
que (39), día (28), 2023 (26), para (21), unha (17), #biblioxograr (16), xograr (12), febreiro (12), non (12), por (11), máis (11), acción (11), cultural (11), marzo (10), leave (10), comment (10), actividades (10), categorias (10), publicado (10), autor (10), noso (9), xaneiro (8), blog (7), ies (7), biblioteca (7), ben (7), con (7), afonso (6), gómez (6), literatura (6), paz (6), aulas (6), querer (6), nosa (6), son (6), rosalía (6), wordpress (5), com (5), lectura (5), neste (5), amor (5), páxina (5), ilustración (5), maría (5), dans (5), rotas (5), candeloria (5), rebelde (5), ten (5), concurso (5), oratoria (5), alumnado (5), nas (5), tamén (5), como (5), departamento (5), esta (4), sarria (4), antonia (4), almas (4), feridas (4), 14f (4), bico (4), cantar (4), profesional (4), improvisada (4), manga (4), obradoiro (4), aaron (4), data (4), súa (4), manifesto (4), curso (4), todos (4), coa (4), todas (4), dos (4), mulleres (4), sesión (3), lecturas (3), ambientalista (3), ler (3), outro (3), entroidando (3), novo (3), rosalia (3), semaine (3), presse (3), futuro (3), xénero (3), coego (3), desta (3), edificio (3), sobre (3), través (3), dunha (3), entre (3), realidade (3), ser (3), moitas (3), outra (3), actividade (3), castro (3), vez (3), hoxe (3), muller (3), seu (3), lingua (3), categoría (3), free (2), create (2), your (2), own (2), website (2), sitio (2), web (2), nome (2), obrigatorio (2), comentarios (2), contido (2), iniciar (2), ver (2), conta (2), obrigatorias (2), club (2), inicio (2), laura (2), todo (2), mundos (2), feed (2), entradas (2), aquí (2), aos (2), gallo (2), hall (2), artista (2), compañeira (2), interesantes (2), obra (2), ata (2), xornada (2), centro (2), edición (2), visibilizar (2), exposicións (2), violencia (2), pequeno (2), foi (2), escolas (2), nos (2), conflitos (2), nunha (2), dereito (2), lugares (2), quedar (2), toda (2), consistiu (2), instalación (2), internacional (2), recomendacións (2), vai (2), mais (2), polo (2), exemplos (2), castelá (2), publicacións (2), patrón (2), entroido (2), carme (2), adán (2), acto (2), contorna (2), este (2), sen (2), necesidade (2), galega (2), lecer (2), volta (2), francés (2), sinxela (2), mundo (2), traballadora (2), facer (2), pola (2), eso (2), parabéns (2), suposto (2), medo (2), start, correo, escribe, comentario, cargando, contraer, barra, informar, deste, rexistro, administrar, subscricións, reader, privacidade, tes, inicia, agora, rexístrame, subscrito, subscrición, grupo, poético, formado, rapazas, rapaces, xograresa, tic, bacharelato, ticxograr, plan, proxecta, proxectaxograr, paula, alumnas, plasman, los, libros, esconden, dentro, papel, sebastián, mouret, coleccionista, blogroll, crear, meta, artigos, recentes, preme, acceder, podcasts, seguinte, paxinación, realizamos, pequena, exposición, principal, achegando, información, singular, coruñesa, traballos, begoña, arias, epev, interpretacións, formato, portada, podedes, visitala, intensa, arrancou, lembrando, homenaxeada, décima, nesta, conmemórase, nacemento, castela, iniciativa, institucional, pretende, traballo, artistxs, mediante, organización, inclúen, bibliográficas, obradoiros, organizadas, bibliotecas, galegas, editamos, pasquín, cun, incluímos, abaixo, repartido, tentar, difundir, máximo, posible, comunidade, educativa, agardamos, poder, contribuir, cos, nosos, xestos, deixen, obxectivos, militares, bélicos, enfocámonos, tráxica, destrución, conflito, ucraína, recreamos, espazos, onde, nenas, están, impartir, proxectamos, documental, esquencer, educación, está, riba, colexios, deben, afastados, agresión, ataque, tivemos, conmemorar, título, tedes, unhas, imaxes, mesa, lectoras, binoculares, practicar, ornitoloxía, sabemos, medio, inverno, pasado, pasamos, chisco, frío, tradicional, organizada, bioloxía, xenerosa, colaboración, xosé, apoio, mes, propuxemos, realizar, expoñer, cadeados, bon, ofrecera, versión, escrita, creación, podemos, expresar, afecto, formas, posibles, san, libre, cheo, respecto, necesitamos, tampouco, hache, hardin, scott, edward, cullen, christian, grey, vida, crepúsculo, sombras, after, tres, metros, malquerer, actualidade, montamos, colección, referencias, parecen, útiles, mesmo, necesarias, s14empre, efeméride, esvaradía, tentamos, intelixentes, orixinais, nela, man, lengua, providencial, coordinación, ana, belén, durán, decidimos, propoñer, botamos, vista, concepto, tóxico, diferentes, bella, bestia, romeo, xulieta, calisto, melibea, otelo, desdémona, tristán, isolda, don, quijote, dulcinea, heathcliff, catherine, earnshaw, scarlett, hara, ashley, wilkes, darcy, elizabeth, bennet, vivido, paixón, tóxica, desencadea, traxedia, sufrimento, estes, seres, ficción, superado, atopamos, romántica, xuvenil, concursos, menudo, festival, demo, montou, había, gañas, leria, notouse, extraordinarias, comparsas, imaxinativas, divertidas, animadas, tope, desfrutamos, números, dxs, profesorxs, parabens, comparsa, gañadora, viva, filósofa, profesora, política, persoa, escollida, redacción, aelg, será, lido, central, sábado, panteón, galegos, ilustres, santiago, compostela, fai, filosófica, reivindicativa, simbólica, moderna, presentándoa, intelixente, sensible, estivo, atenta, denunciar, inxustizas, sociais, ideolóxicas, tempo, converteu, aquelas, vítimas, protagonistas, seus, versos, berrou, elas, matizariamos, poema, curros, reivindicativo, solidario, defensora, débiles, emigrantes, orfos, pobo, xeral, queriamos, celebrar, apelidos, identificala, poucos, autores, autoras, haberá, recoñezamos, así, abeiro, endl, artellamos, continua, rosaliana, longo, lectiva, limos, interpretou, balada, xoán, montes, 2022, semana, prensa, lugar, artellou, baseada, unes, xornais, francófonos, cada, nun, taboleiro, cortiza, vestíbulo, estarán, expostas, portadas, rotativos, diversos, países, expresan, língua, francesa, forma, achegarse, novas, enteiro, escritas, primeiras, mesma, voltamos, recuperar, proxecto, querida, lola, chaos, sarriás, fortaleza, puidera, particular, semblanza, cheas, fouteza, puideran, honradas, esforzo, intelixencia, coraxe, pero, anónimas, completan, achegado, daquela, deseñaramos, display, facela, pública, indeleble, calendario, seguir, reivindicando, igualdade, natural, persoas, comunidades, culturas, ano, quixemos, tomar, partido, loita, equiparación, revisión, das, condicións, laborais, toma, conciencia, feito, indiscutible, sempre, parten, situación, franca, desvantaxe, desigualdade, cando, situacións, capacidades, competencias, mesmas, mellores, aínda, icía, veiga, marc, lopez, somoza, anxo, sobrado, mateo, cumbraos, sofía, lópez, bac, diego, cao, mauro, díaz, carlos, vilariño, todxs, vosa, participación, facernos, vibrar, sentirnos, orgullosas, orgullosos, gañadores, beliscar, átomo, espantallo, castaña, agarimo, palabras, serviron, falar, sorprender, ilusionar, improvisar, celebrou, momentos, expectación, ilusión, ganas, sobrevoando, terreo, escénico, timidez, ansiedade, suor, mans, gratificante, temos, rapazada, gusta, retos, nada, quere, gañar, final, celebrará, río, cabe, abril, desfrutando, saber, transmedia, acoaira04, veu, nova, seccións, clube, entusiasmo, cachón, gracias, menú, saltar,
Text of the page (random words):
biblioxograr blog da biblioteca do ies xograr afonso gómez de sarria saltar ao contido biblioxograr blog da biblioteca do ies xograr afonso gómez de sarria menú inicio club de lectura lecturas obrigatorias 22 23 máis manga obradoiro con aaron coego outra vez máis desfrutando do saber transmedia de acoaira04 que veu a facer unha nova edición do seu obradoiro de manga para todas as seccións do noso clube de lectura entusiasmo recomendacións e lecer a cachón gracias aaron autor biblioxograr publicado o 10 marzo 2023 categorias acción cultural actividades 22 23 leave a comment on máis manga obradoiro con aaron coego concurso de oratoria improvisada beliscar átomo espantallo castaña agarimo palabras que serviron para falar sorprender e ilusionar e por suposto para improvisar no concurso de oratoria que se celebrou hoxe no xograr momentos de expectación ilusión ganas e sobrevoando o terreo medo escénico timidez ansiedade suor nas mans mais que gratificante ver que temos unha rapazada que gusta dos retos que non ten medo de nada que quere gañar e que vai ir á final do concurso de oratoria improvisada que se celebrará no ies río cabe o día 13 de abril parabéns a todxs pola vosa participación e por facernos vibrar e sentirnos orgullosas e orgullosos e por suposto parabéns aos gañadores 1ª categoría 1º 2º eso icía veiga marc lopez laura somoza 2ª categoría 3º 4º eso anxo sobrado mateo cumbraos sofía lópez 3ª categoría 1º 2º bac diego cao mauro díaz carlos vilariño autor biblioxograr publicado o 10 marzo 2023 categorias acción cultural actividades 22 23 leave a comment on concurso de oratoria improvisada 8m o futuro profesional non ten xénero o 8 de marzo xa é unha data xa indeleble no noso calendario de acción cultural unha data para seguir reivindicando a igualdade como un dereito natural de todas as persoas e comunidades de todos os lugares e culturas este ano quixemos tomar partido na loita pola equiparación profesional na necesidade dunha revisión das condicións laborais e na toma de conciencia sobre un feito indiscutible as mulleres sempre parten dunha situación de franca desvantaxe e desigualdade cando son moitas as situacións nas que as capacidades e as competencias son as mesmas ou mellores aínda daquela que deseñaramos un pequeno display no hall do edificio 1 para visibilizar esta realidade e facela pública unha vez máis no día internacional da muller traballadora na mesma instalación voltamos a recuperar o proxecto da nosa querida compañeira lola chaos sarriás con fortaleza para que o noso alumnado puidera facer a súa particular semblanza de mulleres cheas de fouteza da nosa contorna e que puideran ser honradas polo seu esforzo intelixencia e coraxe son moitas pero anónimas as mulleres que completan o noso mundo máis achegado autor biblioxograr publicado o 10 marzo 2023 categorias acción cultural día da muller traballadora leave a comment on 8m o futuro profesional non ten xénero semaine de la presse 2023 co gallo da semana da prensa que desta volta ten lugar entre o 6 e o 10 de marzo o departamento de francés artellou unha sinxela actividade baseada nas unes primeiras de xornais francófonos desta volta cada día nun taboleiro de cortiza do vestíbulo do edificio 2 estarán expostas portadas de rotativos de diversos países que se expresan en língua francesa unha forma sinxela de achegarse a novas do mundo enteiro a través de publicacións escritas en francés autor biblioxograr publicado o 7 marzo 2023 categorias acción cultural actividades curso 2022 2023 leave a comment on semaine de la presse 2023 no bico un cantar rebelde día de rosalia 23 este curso non queriamos quedar sen celebrar o día de rosalía de rosalía sen necesidade de máis apelidos para identificala poucos autores e autoras haberá que recoñezamos só co nome así ao abeiro da biblioteca o endl o departamento de lingua e literatura galega e máis o departamento de lingua e literatura castelá artellamos un acto que consistiu na lectura continua da obra rosaliana ao longo de toda a xornada lectiva no lecer limos un manifesto e o noso alumnado interpretou balada galega de xoán montes no bico un cantar rebelde matizariamos hoxe con rosalía o poema de curros rebelde por reivindicativo e solidario defensora dos máis débiles da súa contorna as mulleres os emigrantes os orfos a lingua e o pobo en xeral carme adán filósofa profesora e política foi a persoa escollida para a redacción do manifesto da aelg que será lido no acto central do día de rosalía de castro o sábado 25 de febreiro no panteón de galegos ilustres en santiago de compostela neste manifesto carme adán fai unha lectura filosófica e reivindicativa simbólica e moderna de rosalía de castro presentándoa como unha muller intelixente e sensible que estivo atenta para denunciar as inxustizas sociais e ideolóxicas do seu tempo que converteu aquelas vítimas nas protagonistas dos seus versos e que berrou por todas elas autor biblioxograr publicado o 24 febreiro 2023 categorias acción cultural actividades 22 23 día de rosalía leave a comment on no bico un cantar rebelde día de rosalia 23 entroidando de novo no xograr menudo festival do demo que se montou neste entroido no xograr había gañas de leria e notouse ben extraordinarias as comparsas imaxinativas divertidas animadas a tope desfrutamos de todos dos números ata do dxs profesorxs parabens a comparsa gañadora e viva o entroido autor biblioxograr publicado o 21 febreiro 2023 categorias acción cultural actividades 22 23 concursos leave a comment on entroidando de novo no xograr ler para querer ben outro 14f s14empre é unha efeméride esvaradía o 14f para o noso centro e tentamos ser intelixentes e orixinais nela neste curso da man do departamento de lengua e literatura castelá coa providencial coordinación de ana belén durán decidimos propoñer que botamos a vista ao concepto de amor tóxico a través de diferentes publicacións a bella e a bestia romeo e xulieta calisto e melibea otelo e desdémona tristán e isolda don quijote e dulcinea heathcliff e catherine earnshaw scarlett o hara e ashley wilkes mr darcy e elizabeth bennet son exemplos de como o amor vivido como paixón tóxica desencadea a traxedia ou o sufrimento de todos estes seres de ficción e non é un patrón superado máis ben é o patrón que atopamos unha e outra vez na literatura romántica tamén hoxe e sobre todo na literatura xuvenil non necesitamos tampouco a un hache hardin scott edward cullen christian grey na nosa vida crepúsculo 50 sombras after a tres metros son exemplos do malquerer na actualidade tamén montamos unha colección de referencias para o ben querer lecturas que nos parecen interesantes e útiles mesmo necesarias propuxemos realizar e expoñer cadeados do bon querer para que o noso alumnado ofrecera a súa versión do ben querer coa escrita e a creación tamén podemos expresar o noso afecto en todas as formas posibles de amor san libre e cheo de respecto autor biblioxograr publicado o 21 febreiro 2023 categorias acción cultural actividades 22 23 febreiro mes do amor leave a comment on ler para querer ben outro 14f día da candeloria por unha biblioteca ambientalista non sabemos se vai medio inverno ou non mais o pasado día 2 de febreiro pasamos un chisco de frío na xa tradicional actividade do día da candeloria organizada polo departamento de bioloxía coa xenerosa colaboración de xosé maría castro e co apoio da biblioteca aquí tedes unhas imaxes coa nosa mesa de recomendacións lectoras e tamén con binoculares para practicar a ornitoloxía autor biblioxograr publicado o 7 febreiro 2023 categorias acción cultural actividades 22 23 día da candeloria leave a comment on día da candeloria por unha biblioteca ambientalista día da paz aulas rotas almas feridas outra actividade que tivemos o 30 de xaneiro consistiu nunha instalación para conmemorar o día internacional da paz e da non violencia co título de aulas rotas almas feridas neste curso enfocámonos nunha realidade tráxica como é a destrución de escolas no conflito de ucraína recreamos os espazos onde moitas os nenas os están a impartir aulas e proxectamos o documental aulas rotas para non esquencer que o dereito á educación está por riba de todos os conflitos e que os colexios son lugares para a paz que deben quedar afastados de toda agresión ou ataque tamén editamos un pequeno pasquín cun manifesto que incluímos máis abaixo que foi repartido entre o alumnado para tentar difundir ó máximo posible esta realidade na nosa comunidade educativa agardamos poder contribuir cos nosos xestos a que as escolas deixen de ser obxectivos militares nos conflitos bélicos autor biblioxograr publicado o 31 xaneiro 2023 31 xaneiro 2023 categorias acción cultural actividades 22 23 día da paz e da non violencia leave a comment on día da paz aulas rotas almas feridas día da ilustración maría antonia dans xornada intensa o día 30 de xaneiro no noso centro que arrancou lembrando a maría antonia dans a artista homenaxeada no día da ilustración na súa décima edición nesta data conmemórase o nacemento de castela a través dunha iniciativa institucional que pretende visibilizar o traballo de artistxs mediante a organización de actividades entre as que se inclúen exposicións bibliográficas obradoiros ou exposicións organizadas nas bibliotecas galegas co gallo desta data realizamos unha pequena exposición no hall do edificio principal achegando información sobre esta singular artista coruñesa e traballos do alumnado de begoña arias a nosa compañeira de epev con interesantes interpretacións da obra de dans en formato de portada podedes visitala ata o día 3 de febreiro autor biblioxograr publicado o 31 xaneiro 2023 31 xaneiro 2023 categorias acción cultural actividades 22 23 día da ilustración leave a comment on día da ilustración maría antonia dans paxinación de entradas páxina 1 páxina 2 páxina 94 páxina seguinte preme aquí para acceder aos podcasts artigos recentes máis manga obradoiro con aaron coego 10 marzo 2023 concurso de oratoria improvisada 10 marzo 2023 8m o futuro profesional non ten xénero 10 marzo 2023 semaine de la presse 2023 7 marzo 2023 no bico un cantar rebelde día de rosalia 23 24 febreiro 2023 entroidando de novo no xograr 21 febreiro 2023 ler para querer ben outro 14f 21 febreiro 2023 día da candeloria por unha biblioteca ambientalista 7 febreiro 2023 día da paz aulas rotas almas feridas 31 xaneiro 2023 día da ilustración maría antonia dans 31 xaneiro 2023 meta crear conta iniciar sesión feed de entradas feed de comentarios wordpress com blogroll el coleccionista de mundos blog de literatura de sebastián g mouret 0 ies xograr afonso gómez páxina web do ies xograr afonso gómez de sarria 0 mundos de papel laura e paula alumnas do xograr plasman neste blog su amor por los libros y todo lo que esconden dentro 0 proxectaxograr o plan proxecta no ies xograr afonso gómez 0 ticxograr o blog tic de 1º de bacharelato 0 xograresa as grupo poético formado por rapazas e rapaces do ies xograr afonso gómez de sarria 0 inicio club de lectura lecturas obrigatorias 22 23 biblioxograr blog en wordpress com biblioxograr blog en wordpress com subscrición subscrito biblioxograr rexístrame tes unha conta de wordpress com inicia sesión agora privacidade biblioxograr ver o sitio no reader administrar as subscricións rexistro iniciar sesión informar deste contido contraer esta barra cargando comentarios escribe un comentario correo e obrigatorio nome obrigatorio sitio web create your own website free on wordpress com create your own website start free
|