Meta tags:
Headings (most frequently used words):
de, unha, máis, chapa, sobre, bolsa, patacas, lista, investigacións, literalmente, os, discos, dun, ano, as, pantasmas, na, máquina, catro, anos, en, 3d, non, dar, spotify, que, vai, saudade, sempre, dos, cartos, ás, cartas, mundo, do, motor, antes, escribía, unhas, listas, 2023, paxinación, entradas, artigos, recentes, categorías, etiquetas,
Text of the page (most frequently used words):
que (713), unha (189), non (188), para (174), máis (156), como (148), por (125), música (119), #spotify (95), pero (87), con (78), dos (69), cousas (58), listas (54), das (52), xente (50), tamén (50), reprodución (49), pfc (48), sobre (44), artistas (44), era (40), hai (38), este (38), porque (37), cando (36), ser (35), moito (33), son (32), algo (32), facer (32), está (31), nos (31), ano (30), epidemic (30), veces (29), vez (29), cancións (29), sen (28), iso (28), moi (28), aínda (27), seus (27), cada (27), menos (26), tempo (26), súa (26), the (25), sempre (25), todo (25), polo (25), ben (25), así (24), seu (24), compañía (24), temas (23), mundo (22), isto (22), ter (22), outra (22), cousa (22), dun (21), nas (21), estaba (21), súas (21), saudade (20), canción (20), pode (20), moitas (20), fondo (20), estaban (20), cartos (19), anos (19), discos (19), outro (19), músicos (19), están (19), lista (18), autor (18), teño (18), disco (18), tiña (18), escoitar (18), vida (17), foi (17), parte (17), empresa (17), antes (16), persoas (16), nun (16), miña (16), nunha (16), ten (16), canto (16), coas (16), programa (16), streaming (16), traballo (15), agora (15), pola (15), fixen (15), estas (15), ver (15), día (15), dixo (15), pistas (15), díxome (15), outros (14), aquí (14), sexa (14), caso (14), dunha (14), público (14), sei (14), dereitos (14), penso (14), contido (14), plataforma (14), alguén (14), millóns (14), desde (14), dúas (13), estou (13), pouco (13), coches (13), poder (13), moitos (13), mesmo (13), quizais (13), equipo (13), artista (13), normalmente (12), exemplo (12), vai (12), meu (12), escribir (12), aos (12), despois (12), simplemente (12), había (12), forma (12), estar (12), esta (12), quen (12), ambient (12), músico (12), jazz (12), industria (11), etiquetas (11), cibrán (11), relación (11), entre (11), lle (11), nada (11), coa (11), fixo (11), esa (11), nin (11), tampouco (11), escoita (11), cinema (10), bonita (10), unhas (10), pantasmas (10), categorias (10), 2024 (10), publicado (10), tenreiro (10), algunhas (10), algún (10), bonito (10), selos (10), logo (10), calquera (10), durante (10), plataformas (10), través (10), falei (10), empresas (10), royalties (10), stock (10), camila (9), min (9), podes (9), motor (9), outras (9), feito (9), pasa (9), mentres (9), ese (9), especie (9), onde (9), longo (9), ninguén (9), realidade (9), eran (9), miúdo (9), modelo (9), músicas (9), musical (9), sistema (9), tipo (9), algunha (9), ingresos (9), cadra (9), mood (9), usuarios (9), empregado (9), reais (9), arquivo (8), novo (8), ana (8), kiro (8), falar (8), 2023 (8), catro (8), leave (8), comment (8), mellor (8), parece (8), dous (8), maneira (8), sería (8), ata (8), punto (8), dentro (8), momento (8), atención (8), mal (8), idea (8), pensando (8), teñen (8), probablemente (8), case (8), banda (8), youtube (8), and (8), escoitei (8), music (8), editores (8), sound (8), playlists (8), negocio (8), reproducións (8), baixo (8), antigo (8), falsos (8), nome (7), bolsa (7), patacas (7), radio (7), prenom (7), internet (7), cine (7), negro (7), bratzantifa (7), tema (7), prensa (7), fan (7), algúns (7), neste (7), cartas (7), dar (7), páxina (7), xaneiro (7), quero (7), gusta (7), ler (7), lado (7), momentos (7), fai (7), podería (7), maioría (7), tres (7), galicia (7), creo (7), foron (7), tocar (7), pasar (7), facendo (7), historia (7), sendo (7), cuestión (7), tan (7), pensar (7), sentido (7), miñas (7), temos (7), meses (7), mirar (7), casa (7), serie (7), poden (7), nese (7), gañar (7), los (7), dólares (7), estes (7), 2025 (7), oíntes (7), compañías (7), produción (7), populares (7), sitio (6), web (6), blog (6), vinte (6), underground (6), pop (6), monstruo (6), jonathan (6), interruptor (6), esposa (6), emilio (6), josé (6), escena (6), caracol (6), aries (6), deste (6), textos (6), chapa (6), tentar (6), primeira (6), proceso (6), esas (6), mes (6), todas (6), leva (6), atopar (6), pequeno (6), espazo (6), dicir (6), ningunha (6), coche (6), vos (6), cun (6), grupo (6), horas (6), nunca (6), xeito (6), nova (6), bueno (6), datos (6), varias (6), principalmente (6), carta (6), días (6), coñecer (6), diñeiro (6), queremos (6), supón (6), paga (6), empregados (6), medida (6), directamente (6), tanto (6), feitas (6), final (6), vídeo (6), versión (6), destas (6), segundo (6), problema (6), xullo (6), usuarias (6), acordo (6), tiñan (6), entón (6), cento (6), grandes (6), discográficas (6), com (5), content (5), mar (5), malandrómeda (5), lamprea (5), explosiva (5), richman (5), galiza (5), viéitez (5), quería (5), escribo (5), fago (5), escribía (5), máquina (5), buscar (5), ideas (5), tal (5), persoa (5), leo (5), pronto (5), libros (5), pensei (5), sensación (5), artigo (5), oficio (5), ningún (5), podo (5), interese (5), cabeza (5), claro (5), obras (5), kadett (5), arredor (5), texto (5), varios (5), cos (5), pasaron (5), xogo (5), marta (5), todos (5), liberdade (5), van (5), sitios (5), amigos (5), verán (5), rúa (5), xiana (5), pagar (5), plan (5), cheo (5), usar (5), desa (5), editoras (5), intercambio (5), senón (5), lles (5), polos (5), produto (5), túa (5), novos (5), concertos (5), importante (5), podemos (5), persoal (5), cultura (5), paréceme (5), eses (5), cantando (5), posibilidade (5), contra (5), una (5), queredes (5), par (5), vellas (5), primeiras (5), medios (5), pareceu (5), cambio (5), descubrir (5), polas (5), diferente (5), febreiro (5), mesma (5), 2010 (5), bastante (5), audio (5), musicais (5), nosa (5), cal (5), realmente (5), diferentes (5), comezou (5), selo (5), slack (5), internamente (5), playlist (5), toma (5), investigación (5), vaia (5), this (4), wordpress (4), sesión (4), subscrición (4), galega (4), política (4), paint (4), galego (4), cultural (4), queres (4), foto (4), escribín (4), investigacións (4), xeral (4), deu (4), futuro (4), decembro (4), formas (4), perder (4), traballar (4), cantidade (4), redes (4), parecido (4), sentir (4), chea (4), uns (4), palabra (4), quere (4), marca (4), poñer (4), toni (4), sara (4), saír (4), meus (4), aparecen (4), imaxes (4), carné (4), descubrín (4), escoitando (4), fóra (4), seguía (4), batería (4), acceder (4), propio (4), imos (4), medio (4), promesa (4), carlos (4), nosas (4), estudar (4), daquela (4), nalgún (4), héctor (4), lavoe (4), difícil (4), edición (4), dixital (4), facelo (4), facemos (4), feliz (4), escrito (4), pena (4), muy (4), expresar (4), man (4), proxecto (4), cara (4), diante (4), disto (4), debe (4), explicar (4), existe (4), mercado (4), favor (4), cantar (4), din (4), houbese (4), cantamos (4), lugar (4), moita (4), cunha (4), concreto (4), sabía (4), ademais (4), mensaxe (4), complicado (4), ferramentas (4), resultado (4), postos (4), necesariamente (4), hoxe (4), hip (4), hop (4), fin (4), bandcamp (4), pasou (4), control (4), daniel (4), enveleno (4), igual (4), estivo (4), dispoñible (4), machine (4), perfect (4), liz (4), pelly (4), muzak (4), termo (4), permitir (4), recomendacións (4), discovery (4), manter (4), propia (4), servizos (4), crítica (4), consciente (4), porcentaxe (4), principio (4), sincronización (4), compositores (4), compositor (4), subscritores (4), composicións (4), provedores (4), afirmando (4), biblioteca (4), produtoras (4), strap (4), portavoz (4), popular (4), produtora (4), entendeu (4), traballan (4), describiu (4), novas (4), posible (4), chill (4), internas (4), aumentar (4), actividades (4), lanzou (4), libro (4), correo (3), escribe (3), comentarios (3), universidade (3), tradución (3), tradición (3), pogues (3), homens (3), total (3), punk (3), grande (3), diario (3), arquivos (3), cuarta (3), parede (3), desta (3), notas (3), comunicación (3), dando (3), literalmente (3), artigos (3), seguinte (3), viña (3), pasei (3), sensacións (3), toda (3), preguiza (3), comezar (3), propósito (3), parágrafo (3), motivos (3), correos (3), basicamente (3), traballos (3), rapidamente (3), che (3), cantas (3), videoclip (3), cassette (3), queridos (3), noso (3), meri (3), profesor (3), libre (3), gran (3), símbolo (3), hábitos (3), coñecín (3), dea (3), pesar (3), instrumentos (3), movemento (3), rápido (3), ambiente (3), hugo (3), falamos (3), sacar (3), dalgún (3), alta (3), falando (3), vivir (3), deses (3), coñecía (3), favoritos (3), arias (3), terbutalina (3), exactamente (3), distribución (3), delas (3), inicialmente (3), soundcloud (3), cinta (3), esforzo (3), recibir (3), sexan (3), fotos (3), whatsapp (3), aforros (3), querer (3), presta (3), pedro (3), entendo (3), sido (3), profesionais (3), expectativas (3), dalgunha (3), dela (3), haber (3), sorte (3), valor (3), seguramente (3), vou (3), claramente (3), local (3), grupos (3), sinceramente (3), lembrar (3), alí (3), doutra (3), papel (3), voz (3), cantante (3), maio (3), imaxe (3), acompaña (3), seguimos (3), atrás (3), adiante (3), nivel (3), comezo (3), xéneros (3), completo (3), universal (3), aló (3), fose (3), pouca (3), preto (3), estás (3), sons (3), mark (3), fisher (3), portadas (3), poida (3), últimos (3), poidan (3), juan (3), gustan (3), gustou (3), rock (3), recordo (3), guai (3), xusto (3), argumento (3), publicación (3), redor (3), amazon (3), saber (3), estatísticas (3), debería (3), facilmente (3), novidade (3), ferramenta (3), fit (3), práctica (3), tendas (3), artística (3), habitualmente (3), seguro (3), referíndose (3), propios (3), explicou (3), propiedade (3), tecnoloxía (3), feita (3), posición (3), mode (3), algorítmica (3), servizo (3), definitiva (3), detalles (3), pantasma (3), suceder (3), recheo (3), corazón (3), marxes (3), obter (3), tarifa (3), centos (3), master (3), levaba (3), esencia (3), licenzas (3), televisión (3), onda (3), industrias (3), indie (3), cales (3), capital (3), risco (3), growth (3), discográfico (3), funcionar (3), deep (3), crecente (3), creativo (3), barata (3), traballaba (3), independentes (3), ligazóns (3), completamente (3), interno (3), clásica (3), orzamento (3), culturas (3), tradicións (3), mensaxes (3), sueca (3), chamado (3), crecemento (3), número (3), superiores (3), engadir (3), harper (3), editor (3), preguntas (3), 2017 (3), podían (3), sonora (3), influencia (3), década (3), chegou (3), larsson (3), 2019 (3), apareceron (3), david (3), 2026 (3), pulp (3), velvet (3), pérez (3), pereiro (3), cámaras (3), primeiros (2), site (2), obrigatorio (2), comentario (2), rexistro (2), subscricións (2), crea (2), balde (2), videoclips (2), álvarez (2), rubén (2), porno (2), resentidos (2), catarina (2), liceo (2), mutante (2), letras (2), karaokes (2), guitarra (2), galician (2), estados (2), caetano (2), veloso (2), ataque (2), escampe (2), newsletter (2), teu (2), electrónico (2), visión (2), categoría (2), categorías (2), cadre (2), facultade (2), ciencias (2), investigando (2), isaura (2), recentes (2), audiovisual (2), escriben (2), especialmente (2), contento (2), volver (2), pracer (2), orde (2), supoño (2), pensado (2), publicacións (2), nesta (2), anterior (2), últimas (2), semanas (2), formato (2), tiempo (2), ultimamente (2), mínimo (2), bastantes (2), sociais (2), electrónicos (2), sinto (2), pensamento (2), preocupante (2), escritura (2), lía (2), verdade (2), revistas (2), lin (2), identificar (2), problemas (2), construír (2), vexo (2), paciencia (2), casos (2), teña (2), neles (2), chiste (2), referencia (2), falla (2), records (2), guía (2), ocorre (2), pitillos (2), you (2), for (2), chama (2), traxectos (2), paso (2), respecto (2), adulto (2), autoescola (2), excelente (2), conducir (2), levar (2), promete (2), experiencia (2), beleza (2), extensión (2), xuntos (2), del (2), encaixar (2), dese (2), levado (2), deixou (2), chegar (2), útil (2), permiten (2), deberíamos (2), lonxe (2), peugeot (2), evidente (2), aquela (2), traballei (2), relato (2), prestados (2), marga (2), aparcamento (2), seguiamos (2), estabamos (2), xogando (2), tería (2), nós (2), soaban (2), santa (2), motivo (2), duns (2), play (2), turismo (2), neno (2), xoguete (2), aprender (2), modelos (2), marrones (2), burócratas (2), lixo (2), urbano (2), discoclube (2), asurancetúrix (2), agosto (2), bicos (2), graza (2), haxa (2), micro (2), compartir (2), fágoo (2), caer (2), estará (2), inventar (2), soporte (2), gravar (2), piratería (2), escoitalo (2), páxinas (2), coste (2), costa (2), significativo (2), estaría (2), tivese (2), hiere (2), hondo (2), circunstancias (2), cincocentos (2), envía (2), uso (2), muelle (2), 1931 (2), enderezo (2), cliente (2), iguais (2), referencias (2), faino (2), vídeos (2), cintas (2), saen (2), editar (2), precisamente (2), escoitala (2), privilexio (2), guay (2), arriba (2), concerto (2), chegaron (2), baixar (2), destes (2), casetes (2), desexos (2), sta (2), san (2), espazos (2), fun (2), señor (2), sombreiro (2), makumba (2), expresión (2), inventado (2), películas (2), cantou (2), dinámicas (2), soen (2), dereito (2), cobra (2), explotación (2), impresión (2), traballa (2), moléstame (2), produtos (2), dimensión (2), industrial (2), perverso (2), elas (2), gústame (2), contexto (2), vergoña (2), balance (2), entidade (2), pagado (2), gravacións (2), pagan (2), pasaba (2), resposta (2), depende (2), mirando (2), necesitas (2), maquinillo (2), faise (2), faime (2), pra (2), inda (2), nadie (2), pregunta (2), fernández (2), reviriego (2), soan (2), pandemia (2), 793 (2), podía (2), resto (2), poucos (2), impulsos (2), pois (2), escoite (2), poucas (2), facerse (2), maior (2), dicía (2), calor (2), vivimos (2), vivindo (2), doméstico (2), pensaba (2), rematar (2), volve (2), efectivamente (2), erros (2), tocase (2), prácticas (2), folk (2), post (2), busca (2), favoritas (2), gravado (2), ordenador (2), sinte (2), sae (2), soe (2), xunta (2), almorzo (2), audios (2), amiga (2), darlle (2), colombo (2), baterista (2), anónimo (2), sidney (2), olaia (2), clara (2), druso (2), compartiu (2), sampleo (2), título (2), zurraspa (2), vietcong (2), savvna (2), menina (2), arroutada (2), cuatro (2), lascivos (2), eclipse (2), soul (2), oroza (2), art (2), atak (2), totalmente (2), positivas (2), paseo (2), faga (2), conclusión (2), estupendo (2), difundir (2), materiais (2), subiu (2), permite (2), caos (2), bandas (2), singles (2), probable (2), alternativa (2), tener (2), copias (2), vender (2), 500 (2), nuestros (2), portada (2), pablo (2), vale (2), luz (2), galegas (2), mágoa (2), abaixo (2), azul (2), casi (2), columna (2), ofrece (2), comodidade (2), trazar (2), pasiva (2), rápida (2), gustoume (2), roll (2), canle (2), cindy (2), lee (2), diamond (2), jubilee (2), comentoume (2), pon (2), hispanidade (2), razón (2), poño (2), esquerda (2), moralizante (2), armamento (2), culpa (2), comporta (2), beneficios (2), salario (2), xefe (2), cero (2), envexa (2), parecida (2), wrapped (2), apareceu (2), importantes (2), raro (2), preocupa (2), pásoo (2), insignificante (2), vén (2), apuntalo (2), saíu (2), west (2), aproveitando (2), chasko (2), afc (2), sigo (2), numax (2), marzo (2), quedan (2), aproveitei (2), 2021 (2), figuras (2), causan (2), dez (2), fácil (2), asunto (2), dedican (2), ghosts (2), emisora (2), pago (2), utilizado (2), favorecer (2), éxito (2), atribúese (2), payola (2), ambiental (2), brian (2), eno (2), álbums (2), información (2), simon (2), reynolds (2), new (2), antigos (2), potencial (2), propias (2), socias (2), xerar (2), anual (2), fincapé (2), nosos (2), xeradas (2), vontade (2), sorprendente (2), custos (2), aceptan (2), taxa (2), baixa (2), promoción (2), desconto (2), coñecemento (2), cheas (2), tratamento (2), intercambiables (2), xenérico (2), etiquetado (2), devaluada (2), vibes (2), imperativo (2), estean (2), prestando (2), distorsiona (2), comprensión (2), seguir (2), conexións (2), beneficio (2), tentando (2), axiña (2), xerando (2), ambientais (2), darémosche (2), miles (2), parecían (2), buscan (2), trata (2), defenderon (2), pagos (2), compra (2), propietarios (2), venda (2), cincuenta (2), autoría (2), cobran (2), sinerxías (2), corporativas (2), reflicten (2), aplanou (2), diferenzas (2), contribuíu (2), masiva (2), concentración (2), ecosistemas (2), adxacentes (2), operaban (2), illada (2), dependen (2), súpeto (2), mesmas (2), provocou (2), difuminación (2), límites (2), estéticos (2), fíxeno (2), puidese (2), incluso (2), noventa (2), nervios (2), 450 (2), blackstone (2), aumentando (2), global (2), perfil (2), semellante (2), apple (2), inclúe (2), beats (2), paisaxe (2), adoita (2), focus (2), licenza (2), mensual (2), anuncios (2), respostas (2), estudio (2), xestores (2), publica (2), pseudónimo (2), conversación (2), repetidamente (2), preocupación (2), críticos (2), electrónicas (2), contoume (2), trataba (2), replicar (2), estilos (2), vibracións (2), enxeñeiro (2), socia (2), esquema (2), comeza (2), nestas (2), produtor (2), dirección (2), feedback (2), sequera (2), obxectivo (2), bolo (2), partir (2), locais (2), marxe (2), tarde (2), respecta (2), iniciativa (2), secreto (2), eliminou (2), substituíu (2), arrasar (2), intentando (2), abaratar (2), contradicía (2), ideais (2), construíu (2), morea (2), meritocracia (2), proba (2), longa (2), firefly (2), entertainment (2), incluíndo (2), nomes (2), hush (2), llc (2), queenstreet (2), sueco (2), detrás (2), asociou (2), 2022 (2), works (2), reverb (2), interna (2), xestionar (2), finalmente (2), membros (2), nega (2), trimestre (2), documentos (2), internos (2), colocación (2), piano (2), partner (2), magazine (2), streamshare (2), oferta (2), mostrou (2), durmir (2), ritmos (2), participar (2), programas (2), responsable (2), substituíndo (2), estratexia (2), fontes (2), usuario (2), material (2), certas (2), xenial (2), editorial (2), rendibilidade (2), panel (2), fonte (2), específicos (2), necesitaban (2), creou (2), suxeita (2), desmesurada (2), oligopolio (2), sony (2), warner (2), conxunto (2), posuían (2), participación (2), controlaban (2), aproximadamente (2), gravada (2), negociación (2), considerable (2), mediados (2), teoría (2), reducir (2), finais (2), chamou (2), comportamento (2), ceo (2), preocupantes (2), cruciais (2), renunciar (2), escoitamos (2), xornalistas (2), suecia (2), revelou (2), xornal (2), ekfat (2), vista (2), enchendo (2), especularon (2), independente (2), acababa (2), lerse (2), creativas (2), escoitase (2), felices (2), rato (2), escoitas (2), necesario (2), volta (2), memoria (2), novembro (2), concretos (2), escollas (2), puxen (2), indagar (2), xuntas (2), escoito (2), estiven (2), illas (2), from (2), scene (2), communities (2), editado (2), independence (2), pasos, design, like, with, cargando, collapse, bar, report, iniciar, administrar, view, reader, privacidade, have, account, log, now, sign, subscrito, blogue, xeracional, vietnam, extra, verto, uzumaki, travesti, afgano, beatles, television, telephones, rouges, sra, anido, siniestro, domínguez, relixión, océano, perpetuo, socorro, patti, smith, ayatollah, mack, paramo, lingua, lenny, leonard, ilustración, humor, greil, marcus, amore, bizarre, fugazi, fluzo, fantasmage, fans, unidos, castelán, elvis, presley, cosmonauta, tropical, dolly, parton, dois, disenso, zeta, kapital, cuchillo, fuego, crise, contenedor, mierda, cineclube, compostela, cavado, cartografía, calvin, johnson, beyoncé, barcelona, avecrem, autoxestión, acéfala, clasificar, revista, fotografía, entrevistas, elixe, máxico, debuxo, cabeceira, escribirme, cibrantenreiro, gmail, fandom, clase, compilación, académicos, link, docampo, paxinación, entradas, destaques, servíronme, repensar, atoparme, poñendo, apuntando, lembralos, apuntei, saquei, explicarei, calma, dáme, lea, substack, cutre, volcar, suscribirte, igualmente, botón, comece, segunda, singular, produtivo, contaba, ideal, perda, malinterprete, paseino, rematei, gustaron, delphine, vigan, jennifer, egan, cambiar, deixar, obsoleto, abrín, pasarme, descarteino, canalla, opone, noche, goce, ola, guío, publiquei, publicables, último, apuntes, correccións, formularios, protocolos, actas, académico, lectura, dicindo, media, tuits, normativas, nisto, atopo, veteranía, localizo, solucións, peor, funcionais, rascar, sinónimo, eliminar, redundancia, exacta, dúbida, icono, masculinidade, infantil, liga, fútbol, mención, único, antecedente, sucede, conduces, autobús, protagonista, ocupa, liar, engádese, aparece, inclúen, curta, iglesias, pepa, prieto, puy, retrato, bordado, antonio, nimbo, papá, borracho, escribindo, crazy, taking, bus, adianto, chamar, motores, xoga, acabo, describir, reproducín, fundiron, condutores, púxenos, enriba, transporte, perdeu, converténdose, peso, acabei, apuntarme, sacalo, ensinara, irmá, segue, habendo, fascinación, medo, responsabilidade, visitarei, concellos, exercido, copiloto, pasaxeiro, compartida, individual, vehículos, convirten, condutor, amigo, coida, inventan, viven, aventuras, representa, retratos, facéndose, ensaiando, véxase, fomos, vectra, toledo, ibiza, voluminosas, vehículo, apretado, conta, agradezo, facía, insistisen, presentarse, secundaria, carismáticos, deixan, máxicos, fermoso, téñeno, descrito, apóiase, drama, violencia, combustibles, caros, destrución, accidentes, ruído, charli, xcx, bruce, springsteen, filippo, marinetti, cumpriu, sucedese, deixei, nela, adolescente, americano, significan, preguntar, apetecían, comezaban, dispoñer, herdados, familia, pensase, montabamos, 205, ssangyong, pai, honda, coupé, puñamos, buscabamos, parabamos, baixabamos, cambiando, vidas, marchado, coñecido, estupenda, horrible, namorado, capacidade, nenos, falabamos, guais, exóticos, poderosos, porsche, aparcaba, avenida, cristina, chamaba, citroën, pais, deixariamos, levados, poderiamos, intuía, colin, mcrae, rally, miniatura, vendían, quioscos, parecíanme, daban, encher, plástico, tamaño, encantábanme, obsesionado, recompilar, repelente, fixacións, acumular, provincia, correspondía, matrícula, marcas, bebé, montado, mclaren, levaran, kiosko, alfonso, coruña, prólogo, alain, prost, álbum, fórmula, abril, cacho, polispán, posto, debía, movidas, variadas, baixadas, poderá, contradicións, contradicirnos, engano, capricho, aquel, espírito, dictáfonos, usou, aire, facilitando, vaga, descargalo, fallo, archive, espantou, significa, lento, preguntando, comunicarse, faríame, intercambiar, pensamentos, euros, propoño, copia, minutos, libreto, despregable, queiras, avísame, evitamos, buzón, instalamos, shop, vendedor, inventamos, sacando, concreta, deseño, fana, aportar, aportan, saben, axudar, inspiración, apeteza, consiste, planificación, nestes, escusa, anteriores, axudan, raíz, expectativa, económica, posta, sentirme, querido, sentirnos, postal, elena, duque, velada, analóxica, fanzine, traducións, isaac, xubín, anari, zebra, normas, xeramos, plusvalías, económicas, hevi, informando, eps, mandaban, zip, smartlink, meterte, malvada, favorita, inventa, enredos, paxaradassubt, regala, postais, fanzines, preciosos, cumpre, valores, intúen, deseños, poñen, eslogan, maquinando, pasando, cumprir, quererían, oír, kim, kardashian, uxía, semana, niso, naquel, recital, pizzería, xenerosidade, doutros, autoxestionados, acolleu, almorzar, paseou, barrio, vila, improvisados, pagues, 400, pesetas, xestos, resultan, inspiradores, queda, teñamos, demasiado, reducila, profesión, séculos, canta, rancheiras, micrófono, karaoke, debemos, somos, trapalleiros, libres, veñen, afectan, durar, romper, debes, distribuír, costar, lévanos, tomar, decisións, imaxinación, subimos, abusan, editamos, vendemos, prezo, aparecer, obrigas, impostas, autoimpostas, éme, molesta, relacións, crean
Text of the page (random words):
de artistas que sospeitaban eran falsos e especularon sobre como se fixeran tan populares en spotify antes de rematar o ano o escritor musical david turner utilizara datos de análise para ilustrar como a lista de reprodución ambient 1 chill de spotify fora en gran parte baleirada de artistas coñecidos como brian eno bibio e jon hopkins cuxa música foi substituída por temas de epidemic sound unha empresa sueca que ofrece unha biblioteca de música para produción baseada na subscrición o tipo de material de stock que se usa a miúdo no fondo de anuncios programas de televisión e contido de vídeo variado durante anos referínme aos nomes que aparecerían nestas listas de reprodución simplemente como misteriosos artistas virais estes artistas a miúdo tiñan millóns de reproducións en spotify e un lugar de privilexio nas listas de reprodución temáticas por mood da compañía que foron compiladas por un equipo de comisariado interno á empresa e moitas veces tiñan o distintivo de artista verificado de spotify pero eran claramente falsos os seus selos figuraban con frecuencia como compañías de música de stock como epidemic e os seus perfís incluían imaxes xenéricas posiblemente xeradas por ia moitas veces sen biografías de artista nin ligazóns a sitios web as buscas de google non deron ningún resultado nos anos posteriores a esa descarga inicial de prensa negativa outras controversias serviron como distraccións útiles para spotify o paso da compañía en 2019 ao podcasting e o posterior acordo de 250 millóns de dólares con joe rogan por exemplo e a súa introdución en 2020 do discovery mode un programa a través do cal os músicos ou os selos aceptan unha taxa de royalties 2 máis baixa a cambio dunha promoción algorítmica a saga de falsos artistas esvaeceu nun segundo plano como outro dos escándalos non resoltos de spotify a medida que a compañía era cada vez blanco de máis críticas e os músicos se atrevían máis a pronunciarse en contra cada ano que pasaba despois en 2022 unha investigación do diario sueco dagens nyheter reavivou as acusacións ao comparar os datos de streaming con documentos recuperados da sociedade sueca de recadación de dereitos de autor stim o xornal revelou que uns vinte compositores estaban detrás do traballo de máis de cincocentos artistas e que miles dos seus temas estaban en spotify e foran reproducidos millóns de veces nesa época decidín investigar a fondo a historia dos artistas pantasmas de spotify e no verán seguinte fixen unha visita ás oficinas do dn en suecia o editor de tecnoloxía do xornal linus larsson mostroume a páxina de spotify dun artista chamado ekfat desde 2019 unha manchea de temas foron publicados baixo este alcume principalmente a través da compañía de música de stock firefly entertainment e apareceron en listas de reprodución oficiais de spotify como lo fi house e chill instrumental beats un dos temas tiña máis de tres millóns de reproducións no momento de escribir este artigo o número superou os catro millóns a larsson fíxolle graza a elaborada biografía do artista que leu en voz alta describiu a ekfat como un beatmaker islandés de formación clásica que se formou no conservatorio de música de reykjavik uniuse á lendaria crew smekkleysa lo fi rockers en 2017 e lanzou música só en casetes de edición limitada ata 2019 completamente inventado dixo larsson este é probablemente o exemplo máis absurdo porque realmente intentaron convertelo no produtor musical máis xenial que podes atopar ademais dos xornalistas en dn ninguén en suecia quería falar dos falsos artistas en estocolmo visitei o enderezo indicado para un dos selos de pantasmas e chamei á porta sen sorte coñecín a alguén que coñecía a un tipo que quizais dirixía unha das produtoras pero non quería falar un empresario local só revelou que traballaba no espazo de música funcional e calou a boca en canto lle falei da miña investigación aínda coas novas informacións seguiamos sen saber moito do problema xeral por que exactamente se engadiron as pistas a estas listas de reprodución de spotify tan populares sabiamos que os artistas pantasmas estaban vinculados a certas produtoras e que esas compañías estaban a sacar un número desorbitado de temas pero cal era a súa relación con spotify durante máis dun ano dediqueime a responder estas preguntas falei con antigos empregados revisei rexistros internos de spotify e mensaxes da empresa en a ferramenta de xestión de traballo slack e entrevistei e escribinme con numerosos músicos o que descubrín foi un elaborado programa interno spotify descubrín non só se asociou cunha rede de produtoras que como dixo un antigo empregado proporcionan a spotify música da que nos beneficiamos financeiramente senón tamén un equipo de empregados que traballan para plantar estas cancións en listas de reprodución de todo o mundo na plataforma ao facelo están a traballar de forma eficaz para aumentar a porcentaxe de reproducións totais desa música que sae máis barata para a plataforma o nome do programa perfect fit content pfc o programa pfc suscita perspectivas preocupantes para músicos e músicas profesionais algúns enfróntanse á posibilidade de perder ingresos cruciais ao ser os seus temas ignorados para a colocación nas playlists ou substituídos a favor de pfc outros que gravan eles mesmos música pfc adoitan renunciar ao control de certos dereitos de autoría que se un tema se volve popular poden ser altamente lucrativos pero tamén da pé a preguntas preocupantes para todas as persoas que escoitamos música propón unha imaxe dun futuro no que mentres os servizos de streaming empuxan a música cada vez máis ao fondo e normalizan o recheo anónimo e low cost de listas de reprodución a relación entre artista e oínte pode ser completamente amputada como se chegou a isto spotify despois de todo non comezou co obxectivo de dar forma ao comportamento de escoita dos seus usuarios e usuarias de feito nos seus inicios a experiencia de usuario na plataforma centrouse na barra de busca as e os oíntes necesitaban saber o que buscaban dise que o ceo da compañía daniel ek foi contrario á idea dun servizo excesivamente curado cando a plataforma se lanzou en europa en 2008 situouse como unha forma de acceder á música que era mellor que a piratería como unha biblioteca itunes totalmente equipada pero á que se accede a través da internet todo dispoñible mediante unha subscrición mensual a énfase estaba en proporcionar entrada a un mundo de música como enfatizou unha primeira campaña publicitaria co lema instantáneo sinxelo e gratuíto usuarios e usuarias podían facer as súas propias listas de reprodución ou escoitar as feitas por outra xente como moitas outras empresas tecnolóxicas do século xxi spotify pasou a súa primeira década afirmando alterar unha industria arcaica medrando o máis rápido posible e atraendo inversores de risco a un modelo de negocio non probado na súa procura de crecemento e rendibilidade spotify reinventouse repetidamente como plataforma de redes sociais en 2010 como mercado de aplicacións en 2011 e a finais de 2012 como centro do que chamou música para cada momento proporcionando recomendacións para estados de ánimo actividades e horarios específicos do día spotify pasou á curación ao ano seguinte contratando un equipo editorial para compilar listas de reprodución internas en 2014 a compañía estaba aumentando o seu investimento en tecnoloxía de personalización algorítmica esta innovación pretendía como dixo spotify nivelar o terreo de xogo para as e os artistas minimizando o poder das grandes discográficas emisoras de radio e outros gatekeepers da vella escola no seu lugar afirmou sería un sistema que simplemente premiaba as pistas máis reproducidas a mediados dos 2010 o servizo estaba reposicionándose activamente como unha plataforma neutral unha meritocracia apoiada nos datos que estaba a reescribir as regras do negocio da música coas súas playlists e algoritmos en realidade spotify estivo suxeita á influencia desmesurada do oligopolio das grandes discográficas de sony universal e warner que en conxunto posuían unha participación do 17 por cento na compañía cando se lanzou as compañías que controlaban aproximadamente o 70 por cento do mercado da música gravada tiñan un poder de negociación considerable desde o principio en realidade spotify estivo suxeita á influencia desmesurada do oligopolio das grandes discográficas de sony universal e warner que en conxunto posuían unha participación do 17 por cento na compañía cando se lanzou as compañías que controlaban aproximadamente o 70 por cento do mercado da música gravada tiñan un poder de negociación considerable desde o principio para estas grandes discográficas o ascenso de spotify daría axiña os seus froitos a mediados da década de 2010 o streaming consolidouse como a fonte de ingresos máis importante para as majors que estaban a recadar diñeiro dos millóns de subscritores de pago de spotify despois de máis dunha década de diminución dos ingresos pero mentres a empresa de ek estaba pagando a selos e editoriais unha morea de diñeiro un 70 por cento dos seus ingresos aínda tiña que obter beneficios de seu algo que os accionistas pronto esixirían en teoría spotify tiña varias opcións aumentar os prezos das subscricións reducir custos facendo recortes ou atopar formas de atraer novos subscritores segundo unha fonte próxima á compañía a propia investigación interna de spotify mostrou que moitos usuarios non viñan á plataforma para escoitar artistas ou álbums específicos só necesitaban algo para servir de banda sonora para os seus días como unha lista de reprodución para estudar ou quizais unha banda sonora para unha cea no ambiente de escoita de fondo que o streaming axudara a fortalecer os oíntes moitas veces nin sequera eran conscientes de que canción ou artista estaban escoitando como resultado o pensamento parecía ser por que pagar dereitos de autor completos se os usuarios só estaban a escoitabar a medias probablemente a partir deste razoamento se creou o programa perfect fit content despois de polo menos un ano de proba pfc presentouse ao equipo editorial de spotify en 2017 como unha das novas apostas da compañía para acadar rendibilidade segundo un antigo empregado só uns meses despois apareceu unha nova columna no panel de control utilizado polas editoras e editores para supervisar as listas de reprodución internas o panel de control era onde podían ver varias estatísticas reproducións gústames taxas de skip gardados e agora xusto na parte superior da páxina podían con canto éxito cada lista de reprodución adoptaba música encargada para encaixar nunha determinada lista de reprodución mood con marxes melloradas como se describiu internamente pfc os editores e editoras pronto foron alentados por superiores con crecente persistencia para engadir cancións de pfc a certas listas de reprodución inicialmente dábannos ligazóns a cousas en plan oh sen presión para que o engadas pero se podes iso sería xenial recordou o antigo empregado logo fíxose máis agresivo como oh este é o estilo de música da túa playlist se probas o pfc e funciona entón por que non outro antigo editor de listas de reprodución díxome que os empregados estaban preocupados de que a empresa non fose transparente cos usuarios e usuarias sobre a orixe deste material outro antigo editor díxome que non sabía de onde viña a música aínda que era consciente de que engadila ás súas listas era importante para a empresa quizais debería ter feito máis preguntas díxome pero eu estaba en plan ok como mesturo esta música con artistas que me gustan sen facer que chamen a atención parte do persoal considerarou que os responsables de impulsar a estratexia do pfc non entendían as tradicións musicais que estaban a verse afectadas por ela estes superiores estaban ben versados no negocio da fabricación de hits das grandes discográficas pero non necesariamente nas culturas ou historias de xéneros como o jazz o clásico o ambient e o hip hop lo fi música que que tendía a funcionar ben nas listas de reprodución para relaxarse durmir ou centrarse unha das miñas fontes díxome que a actitude era se as métricas suben entón seguimos substituíndo cada vez máis porque se o usuario non se decata entón está ben tentar compartir as preocupacións sobre o programa internamente foi un reto algúns de nós realmente non nos sentiamos ben co que estaba a suceder dixo un antigo empregado non nos gustou que houbese dous tipos que normalmente escriben cancións pop substituíndo sectores de artistas en todos os ámbitos simplemente non é xusto pero foi como tentar parar un tren que xa saíu finalmente quedou claro internamente que moitos dos editores e editoras de playlists a quen spotify promocionara na prensa como amantes da música con coñecementos enciclopédicos non tiñan interese en participar no esquema a empresa comezou a traer para eses postos persoas que parecían menos molestas polo modelo pfc estas novos editores ocupáronse das listas de reprodución de mood e actividades e traballaron en playlists e programas nos que outros editores xa non querían participar spotify nega que se animase ao persoal a engadir pfc ás listas de reprodución e que os editores das listas de reprodución estivesen descontentos co programa en 2023 varios centos de listas de reprodución estaban sendo supervisadas polo equipo responsable do pfc máis de 150 destas incluíndo ambient relaxation deep focus 100 lounge bossa nova dinner cocktail jazz deep sleep morning stretch e detox estaban case na súa totalidade formados por pfc os xestores de spotify defenderon o pfc ao persoal afirmando que as pistas estaban sendo usadas só para música de fondo polo que as e os oíntes non saberían a diferenza e que en calquera caso xa había pouca oferta de música para este tipo de listas de reprodución a primeira parte deste argumento era certa un desglose estatístico do lanzamento do pfc compartido a través do slack mostrou como o streamshare do pfc o termo de spotify para a porcentaxe do total de streams estaba distribuído a través das listas de reprodución para diferentes actividades como durmir mindfulness relaxación descanso meditación calmarse concentrarse ou estudar pero a outra metade da xustificación da dirección foi máis difícil de probar a música en xéneros instrumentais como os ritmos ambient clásicos electrónicos jazz e ritmos lo fi era abundante en spotify máis que suficiente para alimentar as súas listas de reprodución sen requirir a adición de pfc o pfc finalmente comezou a ser xestionado por un pequeno equipo chamado strategic programming ou strap para abreviar que en 2023 tiña dez membros aínda que spotify nega que estea tentando aumentar o streamshare de pfc as mensaxes internas de slack mostran aos membros do equipo strap analizando o crecemento trimestre por trimestre e discutindo como aumentar o número de reproducións de pfc cando harper s magazine afondou na investigación para preguntarlle á empresa por que os documentos internos mostraban ao equipo rastrexando a...
|