Meta tags:
Headings (most frequently used words):
de, 2007, lunes, 2008, miércoles, noviembre, octubre, volta, templo, marzo, 2011, domingo, febrero, 28, enero, 21, viernes, 16, sábado, 20, 17, archivo, del, blog, datos, personales, recunchos, onde, agocharse, atrás, forza, wolfo, fóra, do, iv,
Text of the page (most frequently used words):
que (68), non (48), pero (20), era (19), dos (17), unha (17), por (13), miña (13), meu (12), todo (11), elfiña (11), estaba (11), onde (10), soños (9), como (9), nin (9), máis (8), alí (8), demais (7), volta (7), comentarios (7), publicado (7), cando (7), aos (7), para (7), aquel (7), aínda (7), templo (7), ollos (7), noite (7), wolf (7), das (6), cos (6), pandora (6), nun (6), tal (6), outra (6), elfos (6), tempo (6), 2007 (5), atrás (5), aqueles (5), terra (5), tan (5), estar (5), coma (5), min (5), sabios (5), lobo (5), man (5), wolfo (5), nada (5), casa (5), comida (5), fora (4), anciáns (4), zeus (4), homes (4), ata (4), algo (4), foi (4), con (4), podía (4), trasno (4), tamén (4), menos (4), imos (4), quedei (4), senta (4), cabeza (4), cara (4), despois (4), corpo (4), seus (3), ver (3), lle (3), octubre (3), noviembre (3), 2008 (3), tanto (3), ser (3), seu (3), muller (3), todos (3), quedou (3), esta (3), males (3), mundo (3), sobre (3), cofre (3), sen (3), hércules (3), así (3), trampulleiro (3), estaban (3), parte (3), orde (3), pensei (3), moi (3), quedo (3), comecei (3), encontramos (3), seres (3), parque (3), está (3), coa (3), nos (3), lonxe (3), familia (3), quero (3), había (3), vez (3), meus (3), vía (3), bágoas (3), tras (3), olores (3), vida (2), enero (2), febrero (2), marzo (2), 2011 (2), entradas (2), sabía (2), caixa (2), capaz (2), facer (2), mal (2), veces (2), curiosidade (2), marcharan (2), iso (2), nas (2), petición (2), ademais (2), nela (2), ela (2), arqueta (2), baixo (2), chegou (2), destino (2), comezou (2), pensamento (2), fose (2), fin (2), enormes (2), fume (2), nunha (2), ante (2), quedaba (2), único (2), cheguei (2), patria (2), enorme (2), polo (2), este (2), sitio (2), cheo (2), tres (2), praia (2), comentaron (2), mais (2), entrar (2), fóra (2), miércoles (2), desde (2), entón (2), dálle (2), fica (2), marchei (2), intres (2), procura (2), mesma (2), lado (2), súa (2), boa (2), fociño (2), poder (2), montesinho (2), árbores (2), mirábame (2), moverme (2), logo (2), medo (2), silencio (2), son (2), paisaxe (2), rica (2), pronto (2), conta (2), acontecía (2), anos (2), maiores (2), entre (2), humáns (2), natureza (2), pois (2), permanecer (2), pasar (2), bosque (2), facían (2), moito (2), volver (2), aquilo (2), imposible (2), ruínas (2), pés (2), finalmente (2), guerra (2), vixiantes (2), cousas (2), culpa (2), debín (2), marchar (2), maneira (2), nocellos (2), sentín (2), fuxir (2), miñas (2), sería (2), levaba (2), frío (2), cada (2), sequera (2), perdera (2), fuxían (2), fame (2), aquela (2), mesmo (2), lunes (2), espadas (2), chan (2), escudos (2), levaronme (2), dentes (2), chorei (2), rancio (2), ningunha (2), corre (2), mirade (2), skip (2), suso, lista, porquiño, sino, aldeia, moucho, branco, mrs, doyle, luisa, leo, leicca, gradicela, fios, invisibles, cuentos, brujos, comando, turko, chirimbolos, ourilocelantes, bitácora, pequod, autoxiro, ovellas, eléctricas, apocalipse, porco, recunchos, agocharse, adopt, your, own, virtual, pet, perfil, soñadora, gustan, contos, lendas, historias, datos, personales, septiembre, archivo, del, blog, suscribirse, atom, inicio, antiguas, simple, terei, termar, vaia, espertei, absentismo, atopaban, aló, decidiu, castigar, soberbios, malvados, ruíns, mandou, chamar, fillo, hefestos, ferreiro, divino, quen, traballaba, profundidades, ordenoulle, creara, mandato, caeulle, sorpresa, tarefa, fácil, ordes, divinas, discuten, aplicouse, realidade, pai, súas, mans, saíu, fermosísima, bella, deusa, rapidamente, arrimáronse, contemplala, deulle, alma, mediante, chispa, deusas, semideusas, fixéronlle, presentes, dotándoa, xoias, vestidos, púrpura, afrodita, derramou, encantos, viu, compracido, quixo, obsequiala, antes, emprendera, viaxe, levaría, chamouna, ten, tódolos, dons, entregoulle, cofreciño, contiña, ningún, concepto, debía, aberta, agradeceu, regalos, especial, dera, montada, carro, prometeralle, matrimonio, rei, epimeteo, fixo, resto, pesares, advertenzas, darlle, voltas, serían, resultaría, pernicioso, abrilo, pouquiño, pasaría, aguantou, abriuno, espirais, negro, denso, saíron, miles, figuras, fantasmais, envoltas, néboa, acre, escurecía, sol, espantada, intentou, pechar, vao, enfermidades, dor, pobreza, fealdade, vicios, expandidos, control, fixara, cumpríase, inexorablemente, choraba, desastre, disipou, votou, última, ollada, causante, tantos, parecía, baleiro, interior, paxariño, coloreadas, esperanza, don, contar, raza, humana, consolarse, desventuras, lles, agardaban, idea, ampla, soa, esaxeracións, perdón, seguinte, carallo, estou, grecia, vale, país, sexa, pobo, deixarme, auga, infinita, areal, pares, cacho, situei, esperaba, lido, venecia, paraíso, góndolas, encontrei, varios, falaban, lingua, rarísima, entendíaos, sei, sentados, banco, pregunteilles, quedaron, mirando, sorprendidos, humán, corrente, senón, ben, semideus, olimpo, deuses, lugar, deus, desilusión, cóidame, costas, nesta, pequena, aventura, vótoo, nuns, quiteime, campo, visual, volvín, hora, seguía, posición, seguían, subidos, púxenme, preto, pedinlle, baixaran, aquí, continuou, camiñar, movía, seguiume, líder, camiñamos, distancia, puxen, dous, palmos, ficou, mirei, seino, noraboa, coñeces, teu, populares, abraiada, aparición, tiña, entendido, arrimaban, claro, considerado, présa, subirán, canta, galo, tesa, inmóbil, fixación, quitarlle, enriba, pensando, firme, subconsciente, deixaba, tornar, eso, palabras, gorxa, sentou, lambeuse, escoitei, firmeza, mente, espreitei, primeiro, absolutamente, ula, tornei, novo, can, salvaxe, van, manadas, dicía, particular, solitario, ibérico, tardamos, afacernos, territorio, quedamos, profundo, sentimos, rodeaba, afinamos, nosos, sentidos, descalzos, pechados, notabamos, pequenas, larvas, cascudas, estridentes, voces, morcegos, alento, respiración, inclusive, pasos, condicións, climáticas, causantes, dunha, variada, fauna, flora, dei, querían, cativos, foramos, individuo, desapareceron, fai, nacín, demostra, integración, tendo, clima, recursos, dispoñibles, características, únicas, natural, fría, sábado, boas, despidese, durante, tempada, vai, agochadas, sepades, pedín, vos, contarei, bicos, viernes, ter, morriña, carros, rodas, ruído, cidade, nunca, permanecía, uns, votaba, murmullos, chamei, criara, hola, hai, alguén, hooolaaaa, metiches, isto, pediches, desapareceu, sempre, súpeto, escuras, tristeza, todas, cores, esfumáronse, asubíos, paxaros, ninguén, estrondo, outro, tremer, movíase, fogonazo, certo, única, explicación, posible, toparon, nós, rebelión, exercito, agocheime, encollín, pequeno, recuncho, formulara, desexo, saber, advertiran, encurvada, cóbados, apoiaban, primeiros, vixiaban, proximidade, erguín, fiquei, naqueles, espreitaban, brillantes, escuridade, reaccionaba, cerebro, asemellaba, dicir, movas, sairás, diante, dixen, entrecortada, gran, alivio, pesar, sabíao, pasara, facultades, mentais, entendemento, animal, razón, tentei, ordenar, pensamentos, agolpaba, abrupta, vivos, pasou, permaneceu, carón, cansanzo, días, durmir, soidade, durmida, abrazada, espírito, encarnado, primeira, agarimaba, xeito, salvaxes, deben, compartan, noso, espacio, excepción, aves, mensaxeiras, pegados, escoitar, imaxes, durmindo, contando, vira, levei, agochada, naquel, terreo, inhospito, soñaba, desaparición, sucedido, poucos, comprendín, eran, pesadelos, convertirase, ruinas, houbo, loitei, botaba, sonada, ocurrira, detalle, pelea, tran, forzas, esforzaba, resistirme, sede, tirou, farto, traboume, tiven, poza, cal, tempos, anteriores, desgraza, lago, beber, quitoume, dudas, mergullouse, voltou, canda, fixen, pouco, fumos, levar, boca, caminamos, andamos, seguimos, prácticamente, catro, patas, cousa, complicado, compañeiro, cuestión, costumes, piques, rendirme, cazara, traera, comer, descansamos, forza, voaban, ceo, encontrábanse, feridos, sanguinolentos, desfarrapados, amputados, cubertos, magulladas, definitiva, mortos, nais, pequechos, agachadas, manxaban, poderes, xoves, medianos, manexaban, dispoñían, utilizaban, mesmos, instrumentos, protección, mulleres, tiñan, formada, refuxiarán, facía, uso, arcos, frechas, facéndose, lustres, agudeza, puntería, dun, manga, ferido, chante, daquelas, bestas, osaban, irrumpir, tranquilidade, tiñamos, conseguira, puro, milagre, vista, agochado, silveiras, frores, toxo, gusáns, cucarachas, insectos, alimento, ferida, íase, curando, lentamente, espertamos, día, domingo, cabanela, dentro, gaiolas, respiraba, parece, vivo, come, bolo, cousiña, case, collía, redondo, abombado, inquei, papeino, bolado, dixo, home, peludo, tocandome, cachola, chega, enfadado, cunha, agarrame, levame, aire, seguín, chorando, vinme, medio, rudos, lobiño, obrigaronme, chavola, diminuta, tiñas, par, telas, uau, mansalva, estraña, alimentar, monstruos, bebida, cun, cheirume, moitos, fortes, puaaaa, wooolf, evolta, chorar, xantar, eles, ofreceronme, leite, sabia, probara, viaxes, olor, forte, eche, freca, ummmmmm, marchara, nese, intre, fun, capturada, xigante, dedos, puideran, dobrarlle, darianme, dúas, brazo, wooooollllf, vaite, oín, toc, caeu, saco, patacas, nooooooooo, cativa, sairá, oíase, favor, recoñe, camiñando, civilización, soldados, enmascarados, nestos, últimos, sinal, uff, pensalo, estiven, caenme, temblan, triscan, podería, seguir, perda, vagar, iamos, vendo, paisaxez, fermosas, quedan, retina, foto, zonas, tenebrosas, nudo, estómago, queda, tremendo, sidebar, main,
Text of the page (random words):
o bosque dos elfos skip to main skip to sidebar lunes 7 de marzo de 2011 volta atrás tras moito vagar wolf mais eu iamos vendo paisaxez fermosas que quedan na retina tal coma unha foto e tamén zonas tenebrosas nas que un nudo no estómago queda tremendo de medo nestos tres últimos anos non encontramos ningunha sinal dos meus nin tan sequera uff só de pensalo que non estiven aí caenme as bágoas os nocellos temblan os dentes triscan e podería seguir pero tan so sería unha perda de tempo volta atrás imos camiñando de volta cara á civilización soldados enmascarados escudos enormes por favor que non me recoñe eh unha cativa mirade mirade de onde sairá oíase de lonxe corre nese intre fun capturada por unha man xigante se os dedos puideran dobrarlle máis darianme a volta dúas veces ao meu brazo wooooollllf corre vaite oín un toc e wolf caeu coma se fose un saco de patacas nooooooooo chorei e chorei seguín chorando vinme no medio de aqueles homes rudos e co meu lobiño no chan levaronme obrigaronme a ir aquela chavola diminuta tiñas pasar un par de telas e aquilo uau comida a mansalva non me estraña para alimentar a aqueles monstruos bebida cun cheirume rancio olores moitos olores fortes puaaaa quero volver a casa wooolf evolta a chorar despois de xantar eles ofreceronme leite pero non sabia como a que eu probara en ningunha das miñas viaxes era un olor moi forte eche o mesmo estaba moi rica freca ummmmmm aqueles olores marcharan aínda que quedaba comida o rancio tamén marchara come este bolo unha cousiña que case non me collía na man redondo e abombado inquei os dentes e papeino nun bolado había fame eh dixo aquel home peludo tocandome a cachola chega a estar enfadado e cunha man agarrame a cabeza e levame polo aire coma se nada despois levaronme a outra cabanela e dentro había gaiolas e alí estaba aínda respiraba iso parece está vivo publicado por elfiña dos soños en 22 50 2 comentarios domingo 3 de febrero de 2008 as espadas voaban no ceo os vixiantes encontrábanse no chan feridos sanguinolentos desfarrapados amputados cubertos de magulladas en definitiva mortos nais elfos e os máis pequechos fuxían ás agachadas maiores anciáns e sabios manxaban poderes e espadas escudos en corpo e de man os xoves e medianos aínda que non manexaban de todo o poder do que dispoñían e utilizaban os mesmos instrumentos de protección parte das mulleres que non tiñan aínda familia formada tamén refuxiarán e a outra parte facía uso dos arcos e frechas facéndose lustres da súa agudeza e puntería ademais dun as na manga wolf ferido por un chante daquelas bestas que osaban entrar no templo e irrumpir a tranquilidade que alí tiñamos conseguira fuxir de puro milagre aínda que non perdera de vista o que alí acontecía agochado entre silveiras e frores de toxo gusáns cucarachas e demais insectos facían de alimento a ferida íase curando lentamente espertamos xa era día imos publicado por elfiña dos soños en 1 43 6 comentarios lunes 28 de enero de 2008 forza levei tempo agochada naquel terreo inhospito cada noite soñaba coa miña desaparición sobre os demais elfos o sucedido bágoas noite tras noite aos poucos comprendín que non eran soños nin tan sequera pesadelos o templo convertirase en ruinas houbo unha guerra e eu non loitei nela cada vez que botaba unha sonada vía o que ocurrira wolf non perdera detalle da pelea tran enorme bágoas noite tras noite logo as forzas fuxían do meu corpo xa non me esforzaba en resistirme á fame nin á sede nin ó frío wolf tirou de min ata que quedou farto traboume e non tiven outra que moverme cheguei a unha poza a cal en tempos anteriores a aquela desgraza era un lago cheo de vida xa non sabía se beber ou non pero wolf quitoume de dudas mergullouse e voltou canda min así que fixen o mesmo ao pouco fumos na procura de algo para levar á boca caminamos e andamos e seguimos prácticamente a catro patas cousa que non lle era complicado ao meu compañeiro cuestión de costumes a piques de rendirme chegou a comida wolf cazara traera comida comida por fin despois de comer descansamos e imos ver que encontramos publicado por elfiña dos soños en 22 52 2 comentarios miércoles 21 de noviembre de 2007 volta ó templo despois de pasar un tempo lonxe do bosque comecei a ter morriña aqueles carros con rodas facían moito ruído a cidade nunca permanecía uns intres en silencio votaba de menos os murmullos da natureza a miña familia o templo as árbores wolfo chamei a aquel trasno quero volver á miña casa aquilo non era onde eu me criara só había nada hola hai alguén hooolaaaa era imposible trasno trampulleiro onde te metiches isto non é si é ti pediches estar na casa outra vez desapareceu para sempre ruínas o templo estaba en ruínas de súpeto todo quedou a escuras noite non non era noite tristeza todas as cores esfumáronse nin asubíos de paxaros ninguén nada de pronto un estrondo e outro a terra comezou a tremer todo movíase baixo os meus pés e finalmente un fogonazo guerra imposible certo a única explicación posible os humáns toparon con nós rebelión do exercito dos vixiantes agocheime encollín o meu corpo e alí quedei nun pequeno recuncho do que fóra a miña casa pensei que formulara mal o meu desexo pero as cousas non son así eu non podía saber todo era a miña culpa non debín marchar os sabios advertiran non debín marchar quero ir coa miña familia estaba encurvada de tal maneira que os meus cóbados apoiaban nos nocellos e a cabeza nos primeiros sentín que me vixiaban desde unha boa proximidade cando erguín a cabeza fiquei naqueles ollos espreitaban cara min eu só vía os seus ollos brillantes na escuridade o meu corpo non era meu non reaccionaba á miña petición de fuxir o meu cerebro asemellaba dicir non te movas ou sairás cos pés por diante wolfo dixen entrecortada entón sentín un gran alivio e pesar el sabíao todo o que pasara e máis pero as miñas facultades mentais sobre o entendemento animal estaban lonxe da razón tentei ordenar os pensamentos pero todo se agolpaba de maneira abrupta sería a miña culpa está vivos que pasou wolfo permaneceu ao meu carón todo o tempo o cansanzo os días que levaba sen durmir o frío a soidade finalmente quedei durmida abrazada a aquel espírito encarnado nun lobo a primeira vez que o agarimaba de tal xeito ós seres salvaxes deben permanecer como tal aínda que compartan o noso espacio á excepción de aves mensaxeiras cando xa levaba un tempo cos ollos pegados comecei a escoitar cousas ver imaxes pero estaba durmindo mo estaba contando todo vía o que el vira publicado por elfiña dos soños en 1 17 6 comentarios viernes 16 de noviembre de 2007 boas a todos esta elfiña despidese durante unha tempada pois vai permanecer un tempo as agochadas que sepades que xa pedín a volta a casa xa vos contarei como foi pois o trasno trampulleiro bicos publicado por elfiña dos soños en 19 02 4 comentarios sábado 20 de octubre de 2007 wolfo fai anos marchei cos maiores do templo onde nacín ao parque natural de montesinho á terra fría a paisaxe demostra a integración entre humáns e natureza tendo en conta o clima e os recursos dispoñibles e dálle ao parque características únicas as condicións climáticas son as causantes dunha paisaxe tan rica e variada tanto fauna como flora pronto dei conta do que acontecía cos anciáns querían que os máis cativos foramos un só individuo desapareceron tardamos en afacernos ao territorio quedamos no máis profundo silencio ata que sentimos o que nos rodeaba afinamos os nosos sentidos descalzos e cos ollos pechados notabamos ata as máis pequenas larvas cascudas as estridentes voces dos morcegos o alento e respiración dos demais elfos que alí estaban inclusive os pasos de alí estaba un dos seres máis populares do parque de montesinho o lobo ibérico quedei abraiada ante tal aparición tiña entendido que non se arrimaban tanto aos demais seres claro está se non era considerado como présa pero alí estaba os demais elfos subirán en menos que canta un galo ás árbores e esta elfiña tesa no sitio inmóbil mirábame con fixación e eu eu non era capaz nin de moverme nin de quitarlle os ollos de enriba quedei pensando na orde de senta no meu pensamento era firme pero o subconsciente non deixaba tornar eso en palabras na miña gorxa pensei senta senta senta e sentou lambeuse o fociño mirábame aos ollos estaba quedo na miña cabeza escoitei da outra orde coa mesma firmeza era un dos sabios na miña mente espreitei primeiro un lado e logo cara atrás e nada absolutamente nada que non ula o medo tornei de novo os ollos cara aquel can salvaxe non podía estar só van en manadas pero algo me dicía que aquel en particular era un lobo solitario dálle outra orde pensei e fica aí marchei nuns intres na procura dos sabios quiteime do seu campo visual volvín á hora e seguía alí na mesma posición os elfos seguían subidos púxenme a un lado do lobo pero non moi preto pedinlle aos demais que baixaran fica aquí e continuou quedo comecei a camiñar e el non se movía imos e seguiume como se fora a súa líder camiñamos unha boa distancia e encontramos aos sabios o lobo estaba atrás de min puxen a miña man a dous palmos do seu fociño e ficou quedo nin o mirei pero seino noraboa xa coñeces o teu poder wolfo desde entón cóidame ás costas menos nesta pequena aventura vótoo de menos publicado por elfiña dos soños en 1 45 14 comentarios miércoles 17 de octubre de 2007 fóra do templo iv e a terra cheguei pero nin idea de onde estaba patria de hércules ampla coma ela soa enorme e sen esaxeracións perdón polo seguinte pero onde carallo estou si en grecia vale pero non é que este país sexa algo así coma un pobo trasno trampulleiro deixarme nun sitio cheo de auga infinita e un areal de tres pares cacho praia cando me situei non esperaba que fora en onde foi a praia de lido en venecia o paraíso das góndolas encontrei a varios anciáns que falaban nunha lingua rarísima pero entendíaos e non sei como estaban sentados nun banco e pregunteilles de onde era hércules de que parte quedaron mirando para min sorprendidos e o único que comentaron foi que el non era un humán corrente senón mais ben un semideus ser do olimpo mundo de deuses lugar no que aquel que non fora deus non podía entrar que desilusión tamén comentaron que non era só a patria de hércules a caixa de pandora zeus decidiu castigar aos homes soberbios malvados e ruíns para iso mandou chamar ao seu fillo hefestos o ferreiro divino quen traballaba nas profundidades da terra e ordenoulle que creara unha muller aquel mandato caeulle de sorpresa non era tarefa fácil pero as ordes divinas non se discuten e aplicouse para facer realidade a petición do pai das súas mans saíu unha muller fermosísima tan bella como unha deusa rapidamente arrimáronse a contemplala ademais deulle un alma mediante unha chispa deusas e semideusas fixéronlle presentes dotándoa de xoias vestidos púrpura ata afrodita derramou nela todos os seus encantos cando zeus a viu quedou compracido e quixo obsequiala antes de que ela emprendera a viaxe que a levaría a estar cos homes chamouna pandora muller que ten tódolos dons e entregoulle un cofreciño esta arqueta contiña os males do mundo e baixo ningún concepto debía ser aberta pandora agradeceu todos os regalos en especial o que lle dera zeus e montada nun carro chegou á terra onde o destino prometeralle en matrimonio ao rei epimeteo a curiosidade fixo o resto a pesares das advertenzas pandora comezou a darlle voltas no pensamento sobre o cofre como serían os males resultaría pernicioso abrilo aínda que fose so un pouquiño pasaría algo ao fin no aguantou máis e abriuno enormes espirais de fume negro e denso saíron do cofre miles de figuras fantasmais envoltas nunha néboa acre que escurecía o sol pandora espantada intentou pechar a arqueta pero todo foi en vao enfermidades dor pobreza fealdade vicios expandidos sen control por todo o mundo o destino que zeus fixara aos homes cumpríase inexorablemente pandora choraba ante tal desastre e cando o fume disipou votou unha última ollada ao cofre causante de tantos males parecía estar baleiro pero no interior quedaba un paxariño con ás coloreadas era a esperanza o único don co que podía contar a raza humana para consolarse das desventuras que lles agardaban non sabía que unha simple caixa fora capaz de facer tanto mal terei que termar ás veces a miña curiosidade non vaia ser cando espertei do meu absentismo aqueles anciáns xa non se atopaban aló marcharan pero cando publicado por elfiña dos soños en 22 59 7 comentarios entradas antiguas inicio suscribirse a entradas atom archivo del blog 2011 1 marzo 1 volta atrás 2008 2 febrero 1 enero 1 2007 10 noviembre 2 octubre 3 septiembre 5 datos personales elfiña dos soños elfiña soñadora á que lle gustan os contos lendas e demais historias ver todo mi perfil adopt your own virtual pet recunchos onde agocharse apocalipse do porco as ovellas eléctricas autoxiro bitácora do pequod chirimbolos e ourilocelantes comando turko cuentos brujos fios invisibles gradicela leicca leo e os seus luisa e eu mrs doyle o moucho branco o sino da aldeia que vida de porquiño suso lista
|