Meta tags:
Headings (most frequently used words):
de, 2018, abril, mércores, febreiro, venres, 2017, da, cousas, carallocorou, lecturas, on, line, martes, 17, 28, domingo, 11, 12, xaneiro, decembro, luns, 22, maio, visitas, arquivo, cadernos, amigos, teimas, seguidores, quen, somos, recaladas, entradas, populares, can, danado, galicia, despois, guerra, civil, territorios, inventados, micropoemas, periferia, posta, en, escena, retrincos, vento, ferido, versión, completa, curtametraxe,
Text of the page (most frequently used words):
que (71), unha (20), por (18), coma (18), dos (16), como (14), meu (12), noite (11), máis (11), para (11), con (10), onte (10), #carallocorou (10), nos (10), miña (10), cando (10), non (10), febreiro (9), día (9), das (9), son (8), novembro (8), xaneiro (8), abril (8), maio (8), ollos (8), vigo (7), eso (7), decembro (7), xuño (7), marzo (7), etiquetas (7), ningún (7), comentario (7), publicado (7), sobre (7), estaba (7), mundo (6), días (6), 2018 (6), vento (6), era (6), medo (6), ies (5), galego (5), curso (5), despois (5), tempo (5), ver (5), guerra (5), uruguai (5), poesía (5), lecturas (5), castelao (5), outubro (5), can (5), seus (5), fun (5), ceo (5), persoas (5), súa (5), tiña (5), seu (5), lóstregos (5), dunha (4), dende (4), lume (4), vello (4), popular (4), celso (4), emilio (4), ferreiro (4), galicia (4), fiestras (4), cousas (4), 2017 (4), danado (4), coa (4), moi (4), pedra (4), pola (4), todo (4), parar (4), pero (4), cada (4), vida (4), medio (4), silencio (4), alá (3), feliz (3), novo (3), este (3), neste (3), dous (3), vídeos (3), mar (3), literatura (3), galega (3), carlos (3), casares (3), pazo (3), longa (3), 2010 (3), noso (3), república (3), oriental (3), agora (3), celebracións (3), documentais (3), cinema (3), publicacións (3), cos (3), tarde (3), branco (3), facer (3), nunha (3), tan (3), morte (3), nun (3), nada (3), polo (3), aínda (3), nosos (3), súas (3), nin (3), brazos (3), bombilla (3), pernas (3), xorxe (3), amigo (3), tódalas (3), imaxes (2), antonio (2), mais (2), huxley (2), eran (2), vez (2), porco (2), rou (2), from (2), vimeo (2), actividade (2), centrouse (2), 2015 (2), podedes (2), dar (2), amosan (2), nas (2), anos (2), viaxe (2), mortos (2), xogo (2), aire (2), cabanillas (2), hai (2), moito (2), neno (2), amor (2), historia (2), así (2), fose (2), noites (2), fin (2), 2011 (2), completo (2), somos (2), teis (2), lingua (2), todos (2), quen (2), vicente (2), risco (2), vangardas (2), teatro (2), soños (2), libros (2), experimentación (2), creación (2), 2014 (2), memoria (2), enciclopedia (2), azul (2), andar21 (2), revista (2), língua (2), noroeste (2), 2009 (2), civil (2), antigas (2), imaxe (2), venres (2), mes (2), cunha (2), posta (2), escena (2), idea (2), escenario (2), documental (2), oitenta (2), ollada (2), cidade (2), dun (2), cheguei (2), esa (2), case (2), teito (2), forza (2), nubes (2), bebé (2), bonita (2), camiñando (2), praia (2), grans (2), entre (2), sol (2), sorriso (2), escuma (2), outra (2), compra (2), coller (2), brillaban (2), logo (2), carne (2), saín (2), cuberto (2), paixase (2), branca (2), vista (2), meus (2), mencer (2), solpor (2), mesmo (2), soñar (2), coñecín (2), decidiu (2), instantes (2), fermosos (2), xemas (2), terra (2), fume (2), auga (2), casas (2), ventás (2), mellor (2), negra (2), fría (2), bosque (2), canadá (2), cor (2), cara (2), sen (2), lugar (2), paxaros (2), voan (2), árbore (2), cheo (2), ser (2), capaz (2), ruído (2), tormenta (2), pánico (2), falar (2), había (2), porta (2), pés (2), nai (2), atención (2), unhas (2), mércores (2), palabras (2), aos (2), homes (2), chegaron (2), lembrábase (2), río (2), verbas (2), dempóis (2), maus (2), fusil (2), paisaxe (2), escuro (2), alcendéuse (2), rostros (2), seos (2), apagóuse (2), estás (2), cómo (2), fuches (2), tropa (2), tintintín (2), mau (2), morto (2), terror (2), detrás (2), tema, viaxes, tecnoloxía, blogger, poema, eira, trigo, dante, manuel, álvaro, cebreiro, manifesto, 1922, xesto, vellos, nosa, razón, entrevista, aldous, dictadura, científica, parte, serie, baseada, novela, 1931, est, dúas, patas, atraco, matesrou, teatral, representación, pequena, peza, videoteatro, antes, enlace, evolución, urbanística, ría, vos, fixades, ben, incrible, pareza, temporais, descobren, periodicamente, tesouros, agochados, inmemorial, vídeo, illa, anxo_xinzo, lemos, varios, relatos, incorporan, técnicas, deu, chamar, prendeu, roxa, labarada, alumea, campía, atronan, campanas, val, quentan, ramón, madeira, feito, carpinteiro, chegou, presidente, pinochio, reconvertido, deus, creo, foi, seis, descansei, benvido, entradas, populares, recaladas, perfil, colectivo, cambiante, punto, encontro, aulas, nivel, antigos, alumnos, considerados, invitados, honor, seguidores, videocreación, transformacións, urbanísticas, traducións, cancións, tradución, textos, comentar, temas, frondosos, seoane, relato, rafael, dieste, presentacións, pintura, opinión, nós, megalitismo, manoel, manifestos, vangardistas, vivos, léxico, kafka, instrumentos, tradicionais, illas, heroína, ferrín, enlaces, ecoloxía, lingüística, díaz, castro, denuncia, cunqueiro, contos, infantís, reconvertidos, certame, litº, campos, semánticos, blanco, benvidas, arquitectura, ánxel, fole, agrarismo, bacharelato, teimas, más, petroglifos, postales, fotografías, antiguas, galegas, redenasa, geocatchannel, ámbito, sociolingüístico, dúbidas, encantada, fantas, tradicional, galiña, tica, rede, com, ciberdúvidas, portuguesa, literalingua, tirarrollas, sete, bolboretas, verdes, fundación, poetas, escritas, falares, nossa, vía, láctea, filmes, chusdomínguez, biblioteca, voar, galeguai, fala, londres, cyclopaedia, net, cadernos, amigos, xullo, 2012, 2013, setembro, 2016, arquivo, visitas, subscribirse, atom, inicio, ferido, versión, completa, curtametraxe, luns, premendo, accédese, texto, retrincos, pasado, despedimos, primeiro, trimestre, varias, desenvólvea, grupo, quinquilláns, colaboración, editorial, galaxia, foron, levar, estética, contrastes, característica, autor, boa, aparecen, algúns, protagonistas, viguesa, tal, actualidade, trinta, botan, humor, retrospectiva, inicios, democracia, pouco, tecno, centros, comerciais, hoxendía, extraída, nímeros, tintimán, buque, insignia, grafismo, movida, canalla, rubens, periféricos, 2006, vhsrip, español, periferia, domingo, galia, caixiña, metinme, pequeno, media, podíanse, observar, faíscas, escintilando, xanela, quedei, deitado, comendo, soñando, nube, escoitaba, eses, monstros, alimentan, batían, mariñeiros, van, pescar, suando, testemuñas, falsas, inferno, verán, champú, ela, cabelos, ouro, soles, dorme, eclípsans, beizos, doces, fraxil, cristal, tenra, diamante, nena, descalza, finos, fariña, metíanselle, dedas, boneca, tapabn, brillaba, linces, mariños, burbia, mañá, calquera, supermercado, pasigo, comida, notei, lámpadas, san, xoan, carniceria, atopeime, cuns, asasinos, cortando, alporizado, agocheime, tenda, onde, vendian, peles, animais, expostas, todas, diferente, forma, cores, tamaños, c21, azucar, glas, podía, mirar, redor, neses, azuis, veciño, alegre, min, poder, lin, xonal, está, nevar, espertei, vestinme, raio, estrada, maldivas, pequenas, abren, pechan, nacemento, móllanse, miñas, tristeza, pepa, deixei, vivía, vivir, procura, qué, brillo, alfaias, fulgor, risas, bágoas, iso, atopei, persoa, xema, morreu, naceu, rir, chorar, paran, podes, atopar, fermosas, fan, ap7, ata, apareceu, resoando, campá, durmín, abrazada, peluche, rouba, vexo, converterse, murmuraba, culpa, exhalaba, folla, aboiaba, suspiro, alzaba, ruxido, fogueira, berraba, caer, fervenza, ollando, ven, pasar, facendo, sempre, moven, tranquilos, miran, caminando, correndo, observan, din, gr2, caracol, panadería, comprar, torta, santiago, atopeina, semellaba, campo, neve, arbore, caida, aal, saíndo, casa, caían, chuzos, tiven, paraugas, medida, acercándome, destino, chuvia, convertíase, puntas, cravaban, pel, terminando, gris, volveuse, ap9, saíu, volta, calor, infernal, xeladaría, comprou, facho, chama, saborealo, sentiu, sensación, inverno, antonteis, aurora, boreal, lévate, creer, espíritos, antespasados, familiares, seguen, connosco, sopran, frío, axude, momentos, difíciles, dentro, paxaro, paréceme, lenzo, verde, salferido, sucre, denso, lle, aspecto, navideño, chan, pódese, labirinto, columnas, elevan, final, algún, ten, moita, rei, enorme, coroa, acompañado, polos, compañeiras, plumas, comezou, aeroporto, niño, aves, migratorias, diferentes, lugares, formigueiro, formigas, saen, buscar, elas, collel, decateime, ameazante, xente, digo, puro, estabamos, sós, micro, 000, fortes, trebóns, malditos, sexan, dixeron, nacín, isto, maldito, sexa, confiar, palabra, tentei, saía, fío, voz, gorxa, definitivamente, anubrouse, cesou, zaira, canto, metín, salón, comenzou, saltar, parecía, sería, fogar, cuarto, soou, música, indicaba, alguén, esperando, abrise, abrín, mancha, enchería, asomaba, cabeciña, debaixo, manta, sidnei, afastando, vendo, algodón, letra, canción, estivesen, murmurar, escoitando, ondas, romper, aloumiñaba, mentres, area, veludo, mandoume, díxome, kilo, narís, paiasos, ladrillos, abelás, arena, rebozar, filetes, tamén, dixera, collera, catro, balóns, laranxas, almorzo, seguinte, pagar, algo, chamou, caixeira, perlas, sorría, tmt, territorios, inventados, micropoemas, auden, azules, poboados, preguntas, colleitas, pensamento, segadores, cantando, serán, comenzo, empeza, mociña, comprendía, termos, honoráveles, encheitas, solemne, soberbia, aquelados, estúpida, suficiencia, coidaban, importantes, porque, devanceiros, señores, prostituirse, axionllarse, podrecerse, ouvía, deberes, estado, soberano, sacras, instituciós, orde, groria, axiña, carballo, casal, outa, montaña, perto, fungaba, laio, monocorde, escumas, pedras, asimesmo, traxe, esfarrapado, escolante, loiro, fora, voltara, lembraba, maletas, emigrantes, anduriñas, pasaban, voando, sul, corazón, pequeniñas, cativas, patrias, pulsos, latexantes, iletrado, sinxelo, gardaba, sabencia, bosques, interpretaba, profundo, xeme, decía, dozura, calaba, pra, escoitar, dilatado, inmenso, chaira, abría, labregas, empuñaban, púñase, miralas, lenta, teimosa, súpeto, límites, lonxanos, horizonte, fitóu, resprandor, cidá, chamas, semellante, remoto, amarelo, enriba, baixóu, rumor, treboada, xordo, bruido, enrabexado, rouco, balbordo, cubrindo, oubeóu, arrabaldos, comenzaron, palmeira, xigantesca, abríu, ardentes, esparexéu, bóveda, celeste, anuncio, asubíos, caíron, cal, follas, outono, sireia, fábrica, erguéu, chifro, fendendo, anacos, tépedo, húmido, íntimo, sbor, beixo, deformes, afirmaron, cotobelos, estremecido, retablo, caras, esmaceladas, mirando, cumio, increparon, dioses, queimada, ferraduras, touro, axexante, minotauro, perdido, laberinto, tumefactos, muxía, longamente, cincel, roto, procramóu, protesta, cabalo, dislocado, desbocado, agallopóu, frenético, cascos, nitroglicerina, fedía, cortello, misturado, cloaca, azofre, viuse, viu, dedos, tellas, portas, aramios, derradeiros, estoupidos, mesto, nevada, erma, sofren, contra, escriben, aforas, cubertos, borralla, cansancio, teniente, berróu, alto, quén, vive, inmensa, soedá, nasceron, nardos, estrelecida, longuísimo, camiño, cartucheiras, ían, decían, marcando, paso, bisoño, cúbito, supino, miraba, despiadado, saco, fillo, groriosamente, charco, preguntaba, animal, manso, eterno, dime, pensando, soldado, igoal, camiños, anda, solto, semella, negro, pousase, azas, corvo, frente, temerosos, xelo, invernía, descampado, paraliza, relós, perfora, gorxas, pon, veos, anguria, grande, telescopio, vixía, ollo, cíclopeque, sigue, pasos, fita, sin, acougo, rumbo, torres, voces, falan, micrófono, impasível, escoita, latexar, peito, espía, espreitase, pensamentos, segredos, troca, cousa, inconfesável, esquina, sospeita, duda, sombra, pozo, profundísimo, espello, mira, eternamente, martes, dicionario, fantasía, novos, escollas, lectivas, antoloxía, contemporánea, line, blogue, creado, alumnado, 4ºda, finalidade, pública, creativa, grupos, materia, comezamos, esta, aventura, soubemos, benvid,
Text of the page (random words):
segredos todo se troca en cousa inconfesável detrás de cada esquina unha sospeita unha duda detrás de cada sombra e medo medo medo un pozo profundísimo de medo espello de auga fría no que o terror se mira eternamente celso emilio ferreiro en longa noite de pedra soldado xorxe meu vello amigo cómo fuches parar á tropa w h auden 1 tiña os ollos azules poboados de preguntas sobre o tempo i as colleitas seu pensamento estaba cos segadores cantando na serán ao comenzo do solpor cando a noite empeza a ser mociña non comprendía os termos honoráveles nin as palabras encheitas de solemne soberbia nin aos homes aquelados de estúpida suficiencia que se coidaban importantes porque os seus devanceiros chegaron a señores a forza de prostituirse axionllarse e podrecerse ouvía falar dos deberes co estado soberano das sacras instituciós do orde da groria e lembrábase axiña do carballo que había na porta do seu casal alá na outa montaña perto do río que fungaba un laio monocorde de escumas entre as pedras lembrábase asimesmo do traxe esfarrapado do escolante loiro que un día fora á guerra e non voltara e aínda se lembraba das maletas dos emigrantes e das anduriñas que pasaban voando cara o sul tiña o corazón cheo de verbas pequeniñas como cativas patrias ou pulsos latexantes iletrado e sinxelo gardaba a sabencia dos bosques e interpretaba o profundo vento que xeme na noite decía con dozura as súas verbas antigas e dempóis calaba pra escoitar o silencio do mundo dilatado e inmenso como unha chaira abría as maus labregas que agora empuñaban un fusil e púñase a miralas con atención lenta e teimosa 2 de súpeto nos límites lonxanos do horizonte fitóu o resprandor dunha cidá en chamas semellante a un remoto mencer amarelo de enriba baixóu un rumor de treboada un xordo bruido de río enrabexado coma un rouco balbordo cubrindo a paisaxe oubeóu un can nos arrabaldos e comenzaron os lóstregos o fume coma unha palmeira xigantesca abríu os seus brazos ardentes i esparexéu pola bóveda celeste un escuro anuncio de morte asubíos e lóstregos os paxaros da tarde caíron mortos cal follas de outono a sireia da fábrica erguéu o seu chifro fendendo en dous anacos o día tépedo o día húmido e íntimo con sbor de beixo lóstregos alcendéuse a bombilla unhas maus deformes afirmaron os cotobelos no aire estremecido e un retablo de caras esmaceladas mirando para o cumio increparon aos dioses queimada carne pernas pés ferraduras un touro axexante coma un minotauro perdido nun laberinto de brazos rostros pernas seos tumefactos muxía longamente apagóuse a bombilla un cincel roto procramóu a súa protesta un cabalo dislocado desbocado agallopóu frenético sobre cascos de pedra e nitroglicerina lóstregos fedía a cortello misturado con cloaca e azofre alcendéuse apagóuse a bombilla viuse e non se viu unha paisaxe de brazos rostros pernas dedos tellas seos portas aramios lóstregos e os derradeiros estoupidos dempóis nada silencio un mesto silencio de noite nevada ou de terra erma xorxe meu vello amigo ti que estás cos que sofren a historia i en contra dos que a escriben cómo fuches parar á tropa 3 chegaron ás aforas de cidade cubertos de borralla e de cansancio o teniente berróu alto quén vive na inmensa soedá nasceron nardos o silencio da noite estrelecida era un longuísimo camiño branco as cartucheiras ían tintintín decían tintintín marcando o paso un bisoño de cúbito supino miraba para o ceo despiadado o fusil nunha mau na outra mau un saco o fillo da súa nai estaba morto groriosamente morto sobre un charco tiña nos ollos vento preguntaba cunha ollada azul de animal manso xorxe meu vello meu eterno amigo dime no que estás pensando celso emilio ferreiro en longa noite de pedra publicado por carallocorou ás 11 16 ningún comentario etiquetas celso emilio ferreiro poesía mércores 4 de abril de 2018 galicia despois da guerra civil publicado por carallocorou ás 12 02 ningún comentario etiquetas documentais mércores 28 de febreiro de 2018 territorios inventados micropoemas miña nai mandoume ir facer a compra díxome que fose a por medio kilo de narís de paiasos dous ladrillos con abelás e grans de arena para rebozar os filetes tamén me dixera que collera catro balóns laranxas para o almorzo do día seguinte cando fun pagar algo chamou a miña atención a caixeira tiña unhas perlas que brillaban cando sorría tmt estaba na praia camiñando mentres a area de veludo aloumiñaba os meus pés escoitando as ondas romper como se estivesen a murmurar a letra dunha canción e vendo como o algodón do ceo se ía afastando do sol sidnei estaba eu no meu cuarto cando soou unha música que me indicaba que había alguén esperando que abrise a porta cando abrín unha mancha negra que logo enchería a miña vida de cor asomaba a súa cabeciña por debaixo dunha manta en canto o metín no meu salón comenzou a saltar parecía feliz no que sería o seu novo fogar zaira cando cheguei ao medio e medio do escenario decateime de que non ía ser capaz o ameazante ruído da xente era coma unha tormenta tiña medo que digo medo pánico puro pánico estabamos sós un micro 10 000 persoas e mais eu e o seu ruído eran fortes trebóns malditos sexan todos os que me dixeron que nacín para isto maldito sexa eu por confiar na súa palabra tentei falar pero non saía nin un fío de voz da miña gorxa definitivamente non era capaz a miña vista anubrouse e a tormenta cesou collel a miña viaxe a canadá comezou no aeroporto este lugar é como un niño de aves migratorias que voan a diferentes lugares ou como un formigueiro cheo de formigas que saen para buscar o mellor para elas xa dentro do paxaro canadá paréceme un lenzo de cor verde salferido dun sucre moi branco e denso que lle dá un aspecto navideño no chan pódese ver un labirinto de columnas que se elevan cara o ceo sen final algún ten moita vida o lugar o rei do bosque coa súa enorme coroa acompañado polos súas compañeiras e paxaros sen plumas que voan de árbore en árbore pola noite a aurora boreal lévate a creer que os espíritos do bosque e dos nosos antespasados e familiares seguen connosco e sopran o vento frío para que te axude nos momentos difíciles antonteis o neno saíu dar unha volta ía unha calor infernal e decidiu ir a unha xeladaría comprou un facho con chama branca e ao saborealo sentiu unha sensación fría coma o inverno ap9 estaba saíndo da casa caían chuzos e tiven que coller un paraugas a medida que ía acercándome ao meu destino a chuvia convertíase en puntas que se cravaban na miña pel xa terminando a tarde a escuma gris do ceo volveuse aínda máis negra aal onte fun como un caracol á panadería comprar a mellor torta de santiago atopeina e semellaba un campo cuberto de neve e no medio unha arbore caida gr2 as ventás das casas son coma os ollos das persoas observan pero non din nada as ventás son ollos tranquilos miran as persoas caminando correndo pero non se moven os ollos das casas ven pasar o tempo facendo sempre o mesmo ollando o mundo c8 a folla que aboiaba polo suspiro da terra o fume que se alzaba polo ruxido da fogueira a auga que berraba ao caer da fervenza o todo que exhalaba ao converterse en nada a vida que murmuraba por culpa da morte onte durmín como un bebé abrazada ao meu peluche o que me rouba un sorriso cada vez que o vexo ata que apareceu o día resoando a campá ap7 hai días nos que os días paran días nos que podes atopar instantes fermosos coma xemas xemas fermosas coma persoas e persoas que fan os máis fermosos instantes eu coñecín a xema da miña vida nun día no que o tempo morreu e naceu nun día no que o ceo decidiu rir e chorar eu coñecín o brillo das alfaias o fulgor das risas dos soños e das bágoas todo iso o atopei nunha persoa no mesmo día que deixei de soñar que vivía para vivir na procura de qué soñar pepa os meus ollos son pequenas fiestras que abren ó mencer e pechan ó solpor como o nacemento e a morte de cada día móllanse as miñas fiestras os días os días de tristeza maldivas onte lin no xonal que está noite ía nevar así que cando espertei vestinme coma un raio e saín á estrada todo estaba cuberto por azucar glas e non podía parar de mirar ao meu redor era unha paixase tan bonita e tan branca pero a miña vista centrouse neses ollos azuis mar do meu veciño que estaba tan alegre coma min por poder ver esa paixase c21 era unha mañá coma outra calquera fun ao supermercado facer a compra cando fun a un pasigo coller a comida notei como as lámpadas do teito brillaban coma o lume de san xoan logo fun á carniceria e atopeime cuns asasinos cortando a carne do porco saín alporizado e agocheime nunha tenda onde vendian peles de animais expostas todas de diferente forma e cores e tamaños burbia ía a nena camiñando pola praia descalza os finos grans da fariña metíanselle entre as dedas de boneca e as nubes tapabn o sol que brillaba máis que o sorriso máis branco do mundo máis que a escuma dos linces mariños mes ela os seus cabelos son ouro os seus ollos coma soles e cando dorme eclípsans os seus beizos son como doces nubes é fraxil coma un cristal tenra como un bebé e bonita coma un diamante champú cheguei a esa caixiña de pedra e metinme no sobre no meu pequeno sobre xa era case media noite e podíanse observar as faíscas escintilando pola xanela quedei deitado comendo teito e soñando na miña nube case escoitaba eses monstros que se alimentan do vento do mar e que batían coa forza dos mariñeiros cando van pescar suando coma testemuñas falsas no inferno do verán galia publicado por carallocorou ás 11 22 ningún comentario etiquetas 4º eso creación experimentación domingo 11 de febreiro de 2018 cousas da periferia periféricos el documental 2006 vhsrip español from il canalla rubens on vimeo neste documental aparecen algúns dos protagonistas da movida viguesa dos oitenta tal e como son na actualidade trinta anos máis tarde botan con humor unha ollada retrospectiva sobre a cidade nos inicios da democracia moi pouco que ver co vigo tecno dos centros comerciais de hoxendía imaxe extraída dun dos nímeros da revista tintimán buque insignia do grafismo dos oitenta publicado por carallocorou ás 22 53 ningún comentario etiquetas a memoria cinema galego documentais venres 12 de xaneiro de 2018 posta en escena de cousas o pasado mes de decembro despedimos o primeiro trimestre do curso 2017 18 cunha posta en escena de varias cousas de castelao a idea desenvólvea o grupo os quinquilláns en colaboración coa editorial galaxia como amosan as imaxes foron quen de levar ao escenario a estética de contrastes moi característica do autor moi boa idea publicado por carallocorou ás 11 09 ningún comentario etiquetas castelao lecturas teatro venres 1 de decembro de 2017 retrincos premendo na imaxe accédese ao texto completo publicado por carallocorou ás 10 59 ningún comentario etiquetas 4º eso castelao lecturas luns 22 de maio de 2017 vento ferido versión completa curtametraxe publicado por carallocorou ás 18 11 ningún comentario etiquetas 4º eso carlos casares cinema galego lecturas publicacións máis antigas inicio subscribirse a publicacións atom visitas arquivo 2018 5 abril 2 o can danado galicia despois da guerra civil febreiro 2 xaneiro 1 2017 4 decembro 1 maio 1 abril 1 marzo 1 2016 9 novembro 1 xuño 2 maio 2 abril 1 marzo 1 febreiro 2 2015 13 novembro 1 xuño 3 maio 2 marzo 2 febreiro 2 xaneiro 3 2014 19 decembro 1 novembro 3 outubro 1 setembro 1 xuño 8 maio 2 marzo 2 xaneiro 1 2013 21 novembro 1 xuño 5 maio 6 abril 1 marzo 4 febreiro 1 xaneiro 3 2012 21 decembro 1 novembro 3 outubro 3 xuño 1 maio 4 abril 4 marzo 1 febreiro 1 xaneiro 3 2011 42 decembro 4 novembro 3 outubro 2 xuño 6 maio 4 abril 2 marzo 5 febreiro 8 xaneiro 8 2010 25 novembro 4 outubro 1 xullo 1 xuño 6 febreiro 12 xaneiro 1 2009 12 decembro 1 novembro 7 outubro 4 cadernos amigos ies república oriental do uruguai ao noroeste do noroeste cyclopaedia net fala londres as vangardas galeguai voar cos libros biblioteca ies r o do uruguai chusdomínguez vía láctea filmes escritas e falares da nossa língua cousas de castelao son de poetas fundación vicente risco sete bolboretas verdes tirarrollas literalingua ciberdúvidas da língua portuguesa andar21 revista po tica en rede andar21 fiestras com a galiña azul galicia encantada enciclopedia da fantas a popular e tradicional de galicia dúbidas do galego ámbito sociolingüístico geocatchannel redenasa tv os vídeos publicacións galegas postales y fotografías antiguas de vigo más que petroglifos teimas poesía de agora celebracións 1 1º bacharelato 10 3º eso 6 4º eso 12 a memoria 5 agrarismo 1 ánxel fole 3 arquitectura popular 2 benvidas 1 blanco amor 3 cabanillas 1 campos semánticos 2 carlos casares 3 castelao 8 celebracións 9 celso emilio ferreiro 3 certame litº 2014 1 cinema galego 9 contos infantís reconvertidos 4 creación 34 cunqueiro 4 denuncia 9 díaz castro 1 documentais 13 ecoloxía lingüística 9 enlaces no rou 3 experimentación 13 ferrín 2 heroína 1 illas 3 instrumentos tradicionais 2 kafka 1 lecturas 18 léxico 8 libros vivos 2 literatura popular 4 manifestos vangardistas 1 manoel antonio 4 megalitismo 1 o uruguai e máis nós 2 opinión 3 pintura 4 poesía 14 poesía de agora celebracións 2 presentacións 2 rafael dieste 2 relato 1 seoane 3 soños 11 teatro 5 temas frondosos 2 textos para comentar 9 tradución 18 traducións cancións 8 transformacións urbanísticas 5 vangardas 5 vicente risco 2 videocreación 19 vídeos 30 seguidores quen somos carallocorou somos un colectivo cambiante o noso punto de encontro é o ies república oriental do uruguai de teis vigo as aulas de lingua galega e o nivel de 4º curso da eso todos os antigos alumnos son considerados invitados de honor ver o meu perfil completo recaladas entradas populares benvido s ao curso 2010 2011 se eu fose deus onte onte creo que foi onte onte onte despois de noites e noites onte despois de seis días por fin descansei e á fin onte pinochio reconvertido hai moito tempo un neno de madeira feito con moito amor por un vello carpinteiro chegou a presidente é unha longa historia así que só ramón cabanillas lume no pazo lume no pazo prendeu lume no pazo a roxa labarada alumea a campía atronan as campanas o val quentan o aire es carlos casares o xogo da guerra o xogo da guerra por anxo_xinzo lemos en 4º varios relatos que incorporan á literatura galega as técnicas do que se deu en chamar unha viaxe á illa dos mortos por incrible que pareza o mar e os temporais descobren periodicamente tesouros agochados dende tempo inmemorial neste vídeo podedes ver vigo anos 60 vigo antes e despois neste enlace podedes dar con dous vídeos que amosan a evolución urbanística da ría de vigo se vos fixades ben nas videoteatro 2015 o atraco ies rou from matesrou on vimeo a actividade teatral en galego centrouse este curso na representación dunha pequena peza te eran unha vez un feliz mundo novo e un porco a dúas patas entrevista a aldous huxley a dictadura científica parte 1 da serie tv baseada na novela de huxley un feliz mundo novo 1931 est mais alá dante manuel antonio e álvaro cebreiro manifesto máis alá 1922 i o xesto os vellos a nosa razón ...
|