Meta tags:
description= Punto de vista sobre letras e mundo;
Headings (most frequently used words):
de, novos, espazos, recentes, na, despedida, beiras, tempo, non, esperar, santa, lucía, san, agustín, emprego, feijoo, franco, videla, españa, colonia, ou, champú, para, suxeitos, sobre, fútbol, política, podemos, anova, incerteza, vikingland, xurxo, chirro, artigos, comentarios, arquivo, categorías, meta,
Text of the page (most frequently used words):
que (165), non (50), unha (41), máis (36), como (30), súa (29), por (29), dos (27), para (25), seu (22), das (18), este (17), todo (16), mesmo (16), 2014 (15), ser (15), #podemos (14), tempo (14), pola (14), sen (14), novo (14), con (14), sobre (14), foi (13), política (13), mundo (12), mercado (12), categorías (11), son (11), tamén (11), desde (11), aínda (11), hoxe (11), nos (11), entre (11), político (11), agora (10), etiquetas (10), seus (10), nin (10), parte (10), esquerda (10), 2015 (9), galicia (9), santa (9), lucía (9), ben (9), hai (9), anova (8), dun (8), moito (8), sempre (8), historia (8), isto (8), histórico (8), ver (7), conta (7), 2013 (7), beiras (7), aquí (7), así (7), cousas (7), cos (7), súas (7), nas (7), espazo (7), todos (7), pero (7), estado (7), ter (7), pois (7), mareas (7), partida (7), esta (6), outra (6), cómpre (6), coa (6), proceso (6), capaz (6), efecto (6), coas (6), construír (6), porque (6), dicir (6), bloque (6), ten (6), partido (6), español (6), fin (6), deste (5), uncategorized (5), agosto (5), decembro (5), maio (5), pablo (5), iglesias (5), san (5), agustín (5), emprego (5), lugar (5), vai (5), vida (5), mil (5), ademais (5), dúbida (5), procesos (5), partidos (5), ata (5), contra (5), facer (5), pode (5), lle (5), fenómeno (5), tempos (5), xeito (5), outros (5), mesma (5), cara (5), políticos (5), algo (5), longo (5), razón (5), ese (5), menos (5), concello (5), wordpress (4), com (4), cranioprivilexiado (4), xullo (4), outubro (4), novembro (4), abril (4), 2016 (4), marea (4), feijoo (4), polos (4), propios (4), estes (4), vez (4), polo (4), caso (4), traballo (4), filme (4), meu (4), cousa (4), outro (4), definitiva (4), día (4), nese (4), veces (4), certas (4), senón (4), obra (4), público (4), confluencia (4), aqueles (4), situación (4), feito (4), derrota (4), vitoria (4), acción (4), recente (4), dous (4), mellor (4), casos (4), futuro (4), novas (4), nós (4), poder (4), construción (4), está (4), fóra (4), despois (4), case (4), éxito (4), cada (4), dese (4), logo (4), fútbol (4), moi (4), punto (4), mercados (4), concelleiro (4), solución (4), ningunha (4), sitio (3), comentarios (3), contido (3), iniciar (3), sesión (3), crear (3), letras (3), xaneiro (3), febreiro (3), eleccións (3), españa (3), colonia (3), franco (3), videla (3), despedida (3), xurxo (3), chirro (3), vikingland (3), material (3), cambio (3), poden (3), deu (3), lomba (3), malia (3), autor (3), nun (3), resulta (3), semella (3), ano (3), houbo (3), marca (3), tal (3), unhas (3), dúas (3), iguais (3), supón (3), suxeito (3), horizonte (3), única (3), vontade (3), experiencia (3), primeiro (3), participación (3), segundo (3), peor (3), cacho (3), condicións (3), contrarrestar (3), demasiadas (3), dereita (3), discurso (3), quen (3), temos (3), diferenza (3), esa (3), unidade (3), noso (3), liderado (3), resultar (3), hora (3), signo (3), primeira (3), orde (3), especie (3), precisamente (3), jimmy (3), anterior (3), pasado (3), centro (3), eles (3), idade (3), propia (3), sociedade (3), pouco (3), están (3), clase (3), país (3), ruptura (3), neste (3), sentido (3), acontece (3), gramsci (3), prazo (3), euskadi (3), española (3), clases (3), vista (3), pobo (3), loita (3), dixemos (3), impedir (3), área (3), atopamos (3), euros (3), proxecto (3), obras (3), local (3), titular (3), concesión (3), seguinte (3), praceiros (3), pechase (3), ningún (3), popular (3), curso (3), esixencias (3), free (2), create (2), your (2), own (2), website (2), web (2), obrigatorio (2), feed (2), entradas (2), xuño (2), setembro (2), superación (2), recentes (2), champú (2), esperar (2), pensamos (2), seguramente (2), revolución (2), propiciar (2), amizade (2), antiga (2), vén (2), consignar (2), antes (2), quixo (2), fai (2), voz (2), nada (2), mariñeiro (2), documental (2), supoño (2), xuízo (2), miña (2), varios (2), mariñeiros (2), galegos (2), amosa (2), pesar (2), deses (2), protagonista (2), semellanzas (2), certa (2), diario (2), tivo (2), certo (2), rematar (2), mal (2), falar (2), persoa (2), promoción (2), produtos (2), favorables (2), deben (2), esquezo (2), mans (2), palabras (2), risco (2), dunha (2), ante (2), teñen (2), activistas (2), militantes (2), debe (2), radical (2), igualdade (2), escaso (2), estas (2), 15m (2), siglas (2), foron (2), realidade (2), autoconservación (2), cidadá (2), populares (2), certos (2), espírito (2), asegurar (2), porcentaxe (2), posible (2), canto (2), toda (2), espazos (2), nacionalismo (2), pensar (2), nación (2), tarefa (2), pasa (2), representan (2), constituínte (2), unificado (2), congresos (2), nestes (2), recambio (2), sucede (2), van (2), momentos (2), precisa (2), vencer (2), dentro (2), posicións (2), unida (2), décadas (2), coma (2), presión (2), impacto (2), maior (2), tanto (2), emerxente (2), velaí (2), verdade (2), simple (2), aos (2), empregado (2), análoga (2), rivais (2), partir (2), electoral (2), previo (2), contrario (2), tampouco (2), dito (2), home (2), durante (2), alén (2), disto (2), era (2), outras (2), nomeadamente (2), chama (2), atención (2), observar (2), escoitamos (2), allea (2), calquera (2), ferramenta (2), mesmos (2), capaces (2), tres (2), anos (2), dogmática (2), comunal (2), clásicos (2), información (2), supoñer (2), relevo (2), xeracional (2), xeración (2), xeracións (2), diferentes (2), liña (2), uso (2), abaixo (2), quer (2), preventiva (2), podería (2), único (2), fixo (2), municipais (2), políticas (2), composición (2), acto (2), agromar (2), proposta (2), novos (2), dependencia (2), pci (2), progresista (2), segunda (2), capacidade (2), nacionalismos (2), constantemente (2), medio (2), completamente (2), teoría (2), papel (2), voto (2), rosalía (2), mediante (2), difícil (2), vindeiro (2), republicana (2), todas (2), democracia (2), repítese (2), camisas (2), venezuela (2), grecia (2), farsa (2), bufón (2), chamado (2), razóns (2), demagoxia (2), combate (2), modificativo (2), tarde (2), fórmula (2), executar (2), fases (2), normal (2), bng (2), postos (2), andar (2), alí (2), cando (2), defectos (2), tiña (2), pechado (2), reformas (2), fase (2), abastos (2), nesta (2), entón (2), había (2), destinada (2), mínimas (2), procurou (2), permitisen (2), aberto (2), obriga (2), estableceu (2), base (2), asemblea (2), verdadeira (2), civís (2), praxe (2), verdadeiro (2), elas (2), age (2), países (2), pequenos (2), emancipar (2), heroes (2), ensaísta (2), start, nome, correo, escribe, comentario, cargando, contraer, barra, informar, rexistro, administrar, subscricións, reader, privacidade, tes, inicia, rexístrame, subscrito, subscrición, back, the, top, crea, blogue, balde, meta, marzo, arquivo, europeas, chamamevenres, visitante, estigmas, respo, atlántica, alfonso, mascuñana, francisco, sampedro, empr, artigos, buscar, antigas, pensaría, benjamin, desas, sociedades, masculinas, barcos, rexidas, códigos, regras, conduta, preceden, hábitos, comportamentos, imposto, industrial, claustros, tristura, célebre, evasión, etílica, mais, irmandade, potemkin, krondstadt, mayflower, engadimos, vilmente, sabemos, nosa, mar, conceptualmente, viramos, filmar, fábricas, orixe, tentación, cine, renunciar, director, limitarse, montar, estruturar, cru, cintas, vídeo, off, alleo, engadido, gravado, galego, báltico, desexaría, coñecer, acabado, visionado, docu, remontado, presentación, mourinhista, implícita, invencible, simpatía, mariñeira, navigare, necesse, dicía, testemuño, ferry, escandinavo, vikiingland, infernos, encerro, aburrimento, soidade, exactamente, inferno, camaradaxe, talvez, recinto, ritmo, análogo, circuíto, monótono, fábrica, fordista, xestos, idiotas, repetidos, devandito, garda, nanni, moreti, fisicamente, voracidade, histriónica, acapara, planos, ironía, fatalista, ollalo, caro, veu, presentar, onte, linda, rama, citar, considerado, mellores, parecida, prestixiosa, revista, cinematográfica, evocou, consideración, peza, mestra, crítico, lembro, cualificou, luís, personaxe, larger, than, life, boeno, cahiers, cinema, feliz, consideraba, gusto, fose, interposta, cambiaron, deveu, considera, obrigas, dedicar, esforzos, encomio, gabanza, artísticos, proliferan, blogues, ateigados, críticas, negativas, someter, recén, lexislado, dereito, premios, concedidos, relacións, banais, oficio, quefacer, artista, ramo, for, recoñecemento, demasiado, importante, deixala, favorable, dedicándolle, limiares, advirtan, incorre, concordar, ditames, serie, críticos, invocados, autoridade, unidades, poplares, cidadania, marx, definiu, revolucionarios, invade, escenario, táboas, posibilidades, facilitarlles, acceso, pexarllo, escolla, supor, cesión, claudicación, principios, aceptar, elementos, partidarios, cívicos, constitución, aspira, apertar, ampliar, hipótese, superar, tensións, aspiración, gobernados, manifestada, apego, fetichista, sinónimo, agocha, inconfesable, clientelas, estruturas, burocráticas, feitos, institucións, representación, efectiva, frontes, adoitan, devir, gobernos, paralelo, desconfían, sabotaxe, mutua, sexamos, francos, actores, dítalles, porción, dubidosa, amósalles, subsistencia, tras, sabe, tiran, cálculo, calculadora, previsións, indícanlles, menor, posúen, tremendo, dilema, incerteza, xénese, pano, correspóndelle, galiza, combater, replicar, empregar, esas, técnicas, intoxicación, zapa, aforra, opoñer, demostrar, atopar, metáforas, atractivas, fabricadas, doada, empezar, organizala, connosco, mutatis, mutandis, parecido, cunha, substancial, congreso, saíu, entrou, custoulle, señor, precisar, quere, contrahexomonía, directos, dirime, iso, dispersión, voces, contraproducente, espallar, calculado, milímetro, pon, hegeliana, napoleón, cabalo, recoñecido, asumir, mesianismo, representa, actualización, paradigma, leninista, vangarda, fortemente, xerarquizado, listo, demorada, lenta, guerra, gramsciana, prefire, deixarlla, roelo, vítima, resultaba, evidente, pagar, exceso, inxustamente, prezo, sido, últimas, revoltos, treito, vento, zoa, virtude, cabrona, espir, reis, vestían, modestia, prosigamos, efectos, censura, débense, notando, intramuros, politburó, procura, comunicación, custe, espesura, dixémolo, pisaba, procuraba, frecuencia, zonas, consenso, apostas, arriscadas, sacrilexio, post, falabamos, doutro, naquela, altura, ada, colau, fiel, guanyem, baseado, boa, brillantez, discursiva, construído, integridade, moral, inexpugnable, refuga, esgrima, verbal, empobreceu, des, tsunami, volveuse, formulístico, predicible, cauto, derivando, poucos, linguaxe, tuiteira, reiterativa, eficacia, exemplo, popularidade, termo, casta, escépticos, mediáticos, deixa, ler, demoscópico, aparte, vantaxista, enganoso, produto, fascinación, atracción, exercen, fenómenos, acadan, repercusión, masiva, brillo, produce, cegueira, propio, erros, rectificacións, modulacións, debidas, politica, futbol, frente, atletico, blues, asasinato, informativa, posterior, ignorar, partes, antecedentes, curiosamente, análogos, historial, delictivo, militante, javier, tebas, suspender, encontro, cínico, apelativo, ultra, extrema, socialdemócrata, benpensante, ultras, radicais, extremas, esquerdas, abriron, camiños, tiveron, asfaltar, canta, hipocrisía, cinismo, estratexia, empregada, zapatero, agochar, medidas, retraso, xubilación, implementada, mundial, suráfrica, usos, burdamente, instrumentais, cortina, fume, teño, memoria, celebración, roja, proscrición, seleccións, nacionais, galega, prohibición, entrar, campos, bandeiras, independentistas, incitadoras, violencia, etcétera, imposible, discursos, lemos, teiman, considerar, asunto, axuste, contas, bandas, descerebrados, dan, hostias, algunha, inimizade, misteriosa, continuamente, item, identitario, unificadora, consensos, entusiasmos, nacional, politico, gramáticas, xeitos, conformar, disolver, liderados, comunicar, trazar, liñas, demarcación, difusas, etc, poderiamos, corpo, alá, tamaño, sexa, interpretar, ollos, prestar, xuramento, valor, ritual, efectivo, contrasinal, imprescindible, acceder, privilexio, diría, nosas, formas, informais, horizontais, transmisión, través, rede, composta, relativamente, persoas, nadas, desprazadas, nacida, implica, elites, pretende, dicirse, estuda, ordenación, laboral, poderá, comprobar, comporta, tenden, ocupar, traballos, pagados, cun, índice, temporalidade, índices, desemprego, anteriores, fracción, interior, obreira, ocupado, preferentemente, xente, moza, desempregada, precarizada, intenso, tics, parécenos, resultaría, inexplicable, incapacidade, aglutinar, movemento, repolitización, chega, renuncia, expresa, reserva, manteñen, actitude, semellante, debilidade, orgánica, realmente, campo, preferente, quixeramos, analizar, catro, meses, veriamos, interesantes, novidosos, concorrentes, propostas, chamadas, cidadás, amplitude, convocatoria, partidaria, subliñar, condición, posibilidade, debería, lectura, colectiva, artellar, grillóns, troica, suxeitos, teoria, terceira, cataluña, organizarase, novísima, nitidamente, percibida, factor, recentralizador, desemellante, supuxo, pce, derivada, necesariamente, conformarano, hexemónico, decadencia, psoe, perdendo, moita, impide, concorrencia, poderian, apelan, conservador, formou, hexemónco, consecuencias, inevitables, curiosas, novisima, declarada, herdanza, ignoran, ángulos, análise, excelencia, interna, rexións, italianas, entendendo, elemento, obxectivo, subxectivo, entanto, aplican, ferramentas, teóricas, fornecidas, subliñando, periférica, concerto, subalterno, reparto, escala, europea, contempla, diferenzas, rexionais, intraeuropeas, nacionalistas, unicamente, vós, pondal, faraldo, mentres, arxentina, morre, cadea, redime, xustiza, iguala, vencedores, vencidos, sinala, culpables, vermella, conciencia, pública, torna, apelo, retóricas, usa, libremente, orgullosamente, xenéticamente, franquista, goberna, interrupción, primavera, levabamos, esperando, solidaria, próspera, laica, loitaron, nosos, noite, estamos, banda, lembramos, vidas, esforzo, interminable, precederon, reclamaban, digna, solidariedade, fraternidade, militares, antano, visten, gravata, rolex, desfilan, audi, gostan, golf, saben, queda, exhibilo, certamente, orgullosos, devanceiros, daquelas, azuis, vellas, noutrora, rescataron, doutra, repite, invocar, días, viaxaba, barco, narco, fantasmas, xustificaron, matanza, doce, republicanos, 1936, pediron, nunca, perdón, fala, bando, vitorioso, neno, peares, agatuñado, cima, lado, aparato, forzas, bancos, gran, patronal, medios, propaganda, oficial, síntese, pasar, caos, desorde, coruña, espidas, moitas, levan, acontecido, ultimamente, pura, dura, estar, motivar, resposta, ofrecer, alternativa, puidemos, último, pleno, labor, puro, couza, ilexítimo, debilitar, goberno, deturpando, informacións, intoxicando, mentindo, contabamos, esperabamos, decidiuse, recortar, 150, sinxela, cursos, planificados, poderían, levados, arrastro, improvisando, contratos, menores, contratación, moitos, xustificados, prexuízos, reservouse, 300, concepto, executada, responsable, partidas, destinadas, restantes, previstas, inicial, sumaban, total, 365, poderán, executadas, materialmente, sustentou, retirada, crédito, recibiu, tan, reunido, representantes, propúxolles, deixar, faltaban, retirar, restos, poñer, funcionamento, sacando, libres, concurso, dándolle, comercial, investindo, aparentemente, recibida, martes, pasaremos, expoñela, recadar, opinión, asembela, dar, votar, conxuntamente, negado, posteriori, chegou, atopábanse, suspenso, graves, proxección, planificación, prevista, accesibilidade, hostalaría, situado, ubicación, vestiarios, racionalidade, corredor, paso, gadis, alta, desocupados, lateral, sin, luz, saída, sabido, entregar, chaves, acometido, requerían, sucesivos, informes, técnicos, comeza, desta, prioridade, segue, sendo, protexer, intereses, ofrecéndolles, reubicación, noutros, cidade, opcións, uns, rexeitan, aceptan, optan, reubicando, contorna, onde, atopa, clientela, faltan, par, capítulos, encontramos, fortuna, loitará, final, procurar, rematada, lexislatura, cuestión, podía, pasándoo, inmediato, titularidade, municipal, rehabilitación, orzamentos, estaba, previsto, revertise, desleixo, absoluto, tería, inmediatamente, cumpre, esixibles, destas, características, obrigar, concesionaria, gañar, recuperar, nunhas, permanecese, tendo, relación, arrendatario, arrendadores, estritamente, privada, caducada, segundos, procurouse, lembrar, pechou, tomou, posesión, mesa, informe, destinado, reforma, data, caducidade, orzamentaria, suposto, protocolo, iniciado, sergas, contemplaba, médico, aparcadoiro, locais, servizos, múltiples, iría, aparecendo, investigando, folla, ruta, comprometida, xuntanza, praceiras, prorrogar, comezo, edificio, espabilar, activar, contribuír, albisque, adiantamento, pendente, converter, revolucionaria, enuncialo, incorporalo, síntomas, evidentes, negación, organizado, integrar, actividade, decidir, común, atopaban, beira, pasiva, divisoria, civil, preito, longa, brevidade, extenso, porén, conformación, potente, resultados, radicalidade, amplos, cidadáns, irromperon, alcumadas, xenericamente, participadas, activados, diversa, índole, dotados, estrañamente, agudo, refinado, sensible, olfacto, vivimos, falta, episodio, democrática, estoupido, crise, ensanchado, atopou, exitosa, 2011, municipalistas, anuncia, volverá, deputado, parlamentiño, resultará, pequeno, gris, mediocre, apacible, inimigos, galegas, burócratas, cobiza, saúde, grazas, mestre, precisamos, foino, predestinado, mentores, misión, transmitiron, debía, manter, aceso, facho, galeguista, inverno, ditadura, deica, compaña, facelo, puxo, corpus, teórico, nacionalista, decote, perigo, esclerose, fórmulas, souberan, adaptarse, psg, convencemento, soa, nunha, intelectual, profesor, presidente, pectore, acreditamos, lento, drama, murguía, otero, castelao, ferrín, condenados, liberar, palabra, tarefas, mutuamente, excluíntes, polas, progresiva, especialización, motivo, citados, literato, grandes, homes, mulleres, esixímoslles, dobre, abonda, desenvolvan, máximo, potencias, intelectuais, artísticas, personificar, existir, resistencia, desaparecer, orgullo, monumento, bastión, about, inicio,
Text of the page (random words):
na actividade política é dicir na capacidade de decidir sobre o común a aqueles que se atopaban na beira pasiva da divisoria que estableceu gramsci entre sociedade civil e sociedade política pois este é en realidade o verdadeiro contido político do preito histórico en curso a loita de clases é unha longa loita pola democracia cómpre pois espabilar activar xa o proceso de poder popular en curso desde a base contribuír á súa construción en asemblea entre iguais e non só porque se albisque no horizonte un adiantamento das eleccións no noso país senón porque esa é a verdadeira tarefa pendente converter os civís en políticos e facer dos políticos civís etiquetas marea unidade popular categorías mundo uncategorized santa lucía san agustín emprego agosto 8 2015 1 santa lucía cando este concelleiro tomou posesión da súa área non había sobre a mesa ningún informe sobre a situación en santa lucía ningún proxecto destinado á reforma do local despois do 26 de xullo data da súa caducidade ningunha partida orzamentaria destinada a este fin e por suposto tampouco ningunha información sobre o protocolo iniciado co sergas que contemplaba a construción dun centro médico un mercado de abastos un aparcadoiro e varios locais de servizos múltiples no lugar todo isto iría aparecendo máis tarde pouco a pouco investigando a folla de ruta que se estableceu para o mercado comprometida na xuntanza coas praceiras do mercado foi a seguinte impedir que este pechase e prorrogar a súa situación ata o comezo das obras do futuro edificio a cuestión era entón impedir que o mercado pechase e isto non se podía facer pasándoo de inmediato á titularidade municipal pois como xa dixemos non había proxecto de rehabilitación ningún nin partida nos orzamentos destinada a este fin se o 27 de xullo como estaba previsto santa lucía revertise de novo no concello logo de 34 anos de desleixo absoluto o mercado tería que ser pechado inmediatamente porque non cumpre coas condicións mínimas esixibles para un centro destas características a solución que se procurou foi entón a de obrigar ao titular da concesionaria a iniciar unhas reformas no local que permitisen por unha parte gañar tempo e pola outra recuperar o mercado nunhas condicións mínimas que permitisen que permanecese aberto e todo isto tendo en conta que a relación entre o arrendatario titular da concesión e os praceiros e arrendadores é estritamente privada e que caducada a concesión o concello non tiña ningunha obriga cos segundos aínda así como dixemos procurouse unha solución para que santa lucía non pechase e cómpre lembrar que a día de hoxe en efecto non pechou como é sabido o que fixo o titular da concesión ao día seguinte de rematar o prazo da mesma foi entregar as chaves sen ter acometido ningunha das reformas que se lle requerían en sucesivos informes técnicos do concello e aquí comeza unha segunda fase desta historia na que aínda nos atopamos a prioridade segue sendo a mesma de sempre protexer os intereses do concello e os dos praceiros ofrecéndolles a reubicación noutros mercados de abastos da cidade opcións que uns rexeitan outros aceptan e outros optan por se ir reubicando na contorna de santa lucía porque alí é onde en efecto se atopa o seu medio de vida a súa clientela e nesta fase da historia á que aínda lle faltan un par de capítulos é na que nos encontramos agora mesmo e este concelleiro de mercados o único que pode asegurar é que con mellor ou peor fortuna loitará ata o final para procurar unha solución para os praceiros e para ver a obra do futuro mercado de santa lucía rematada nesta lexislatura san agustín cando este mesmo concelleiro chegou á área de mercados as obras de san agustín atopábanse en suspenso por defectos graves na súa proxección e planificación defectos como non ter prevista á solución para a accesibilidade ao futuro local de hostalaría situado no primeiro andar ou unha ubicación para os vestiarios allea a calquera racionalidade no corredor que dá paso ao gadis ademais disto o mercado tiña unha porcentaxe moi alta de postos desocupados e todo un lateral pechado sin luz nin saída por efecto das obras reunido cos representantes deste mercado este concelleiro propúxolles deixar sen efecto as fases que faltaban por executar no mercado retirar os restos da obra e poñer de novo o mercado en funcionamento sacando os postos libres a concurso dándolle uso comercial ao primeiro andar e investindo na súa promoción a proposta foi aparentemente ben recibida aínda que este vindeiro martes pasaremos por alí para expoñela de novo e recadar a súa opinión definitiva a asembela o dar conta cara a cara e votar conxuntamente o que ten de bo entre outras cousas é que non pode ser negado a posteriori dito isto as partidas destinadas ás restantes fases de obra previstas no proxecto inicial que sumaban un total de 365 mil euros non poderán ser executadas materialmente ao longo deste ano e esta foi a única razón que sustentou a súa retirada no recente modificativo de crédito que recibiu o voto contrario do pp normal e o bng xa non tan normal emprego na mesma partida do modificativo decidiuse recortar outros 150 mil euros da mesma partida por unha sinxela razón non hai cursos planificados e só poderían ser levados a efecto tarde mal e arrastro improvisando e mediante contratos menores unha fórmula de contratación contra a que todos temos moitos e xustificados prexuízos reservouse aínda así unha partida de 300 mil euros neste mesmo concepto para ser executada de aquí a decembro unha partida ao meu ver aínda así difícil de executar de xeito responsable estas son as razóns espidas de moitas das cousas que levan acontecido na miña área ultimamente da outra parte o que atopamos non son razóns o que atopamos é demagoxia pura e dura pois demagoxia é estar en contra de algo sen ser capaz de motivar a resposta ou de ofrecer unha alternativa como puidemos ver no último pleno ademais hai que ter en conta tamén o labor puro de couza de combate político completamente ilexítimo que non ten máis fin que o de debilitar este goberno deturpando informacións intoxicando e mentindo pero con todo isto a verdade é que xa contabamos e non esperabamos menos etiquetas concello coruña emprego mercados categorías mundo feijoo franco videla maio 20 2015 0 escoitamos invocar estes días ao home que viaxaba no barco do narco todos os fantasmas que xustificaron a matanza preventiva de máis ou menos doce mil republicanos galegos desde 1936 e polos que nin el nin o seu partido pediron nunca perdón el fala ben se ve desde o bando vitorioso da historia ese neno dos peares que deu agatuñado ata a cima do poder e que ten do seu lado todo o aparato do estado as forzas da orde os bancos a gran patronal e os medios da propaganda oficial síntese chamado a ter un papel de relevo en todo o que está a pasar a impedir o caos a desorde venezuela euskadi grecia nós estamos da outra banda do esquezo nós lembramos ben todas as vidas o esforzo comunal a loita interminable dos que nos precederon e que reclamaban coma nós hoxe vida digna democracia solidariedade fraternidade a historia repítese e os militares de antano agora visten gravata e rolex e desfilan en audi e gostan moito do golf e aínda que saben que non queda ben exhibilo en público certamente están tamén moi orgullosos dos seus devanceiros daquelas camisas azuis e camisas vellas de noutrora que rescataron españa de venezuela euskadi grecia a cousa repítese dixemos pero agora é a farsa doutra farsa e feijoo non é máis ca un bufón que repite outro bufón mentres aquí acontece todo isto na arxentina videla morre na cadea e todo un pobo redime o seu pasado mediante un acto de xustiza que non iguala vencedores e vencidos que sinala os culpables e marca unha liña vermella na conciencia pública que torna máis difícil o apelo a certas palabras a certas retóricas que aquí a dereita usa libremente orgullosamente a dereita xenéticamente franquista que nos goberna case sen interrupción e que vai ver agromar o vindeiro 24 de maio a primavera pola que levabamos esperando moito tempo a galicia solidaria próspera laica e republicana pola que loitaron os nosos desde a noite dos tempos voto por vós rosalía pondal faraldo etiquetas feijoo franco categorías uncategorized españa colonia ou champú abril 20 2015 0 unha das cousas máis curiosas da novisima esquerda española é observar como a pesar da súa declarada herdanza pci ignoran completamente un dos ángulos de análise por excelencia de gramsci o da composición interna de clases en cada unha das rexións italianas entendendo clase á vez como un elemento obxectivo e subxectivo e no entanto aplican cara a fóra as ferramentas teóricas fornecidas pola teoría da dependencia subliñando a situación periférica española no concerto da ue e o seu papel subalterno no reparto do traballo a escala europea desde un punto de vista que si contempla as diferenzas rexionais intraeuropeas é dicir son nacionalistas pero unicamente cara a fóra ao meu ver isto ten tres consecuencias inevitables a medio prazo primeira este punto de partida impide unha posible concorrencia con aqueles nacionalismos de signo progresista cos que poderian construír ese novo bloque histórico emerxente ao que constantemente apelan o nacionalismos conservador si formou sempre parte do bloque histórico hexemónco do 78 a esta parte segunda derivada da anterior necesariamente ese novo bloque histórico conformarano con parte do bloque histórico hexemónico en decadencia é dicir co psoe perdendo dese xeito moita da súa capacidade constituínte e terceira máis a longo prazo o novo nacionalismo progresista en euskadi cataluña e galicia organizarase contra esta novísima esquerda española que cada vez máis nitidamente é percibida como un factor recentralizador de signo non moi desemellante ao que en tempos supuxo o pce etiquetas gramsci pci podemos teoria da dependencia categorías mundo novos espazos para novos suxeitos febreiro 4 2015 0 se quixeramos analizar o que acontece hoxe en galicia a catro meses das eleccións municipais veriamos que sen dúbida os procesos máis interesantes e novidosos alén dos partidos concorrentes e das súas diferentes propostas políticas son o fenómeno das chamadas mareas cidadás que sen ter en conta a amplitude da súa convocatoria nin a súa composición máis ou menos partidaria segundo os casos poden supoñer e cómpre subliñar a condición de posibilidade máis que a de acto un espazo político novo do que debería podería agromar un novo suxeito político capaz por fin de facer unha lectura colectiva do que acontece e de artellar unha proposta de ruptura cos grillóns do 78 e da troica isto supón parécenos un fenómeno novo na recente historia política do país que resultaría inexplicable se non temos en conta a incapacidade dos partidos políticos clásicos para aglutinar ese movemento de ruptura ou repolitización cidadá que chega desde abaixo quer pola súa renuncia expresa ou reserva preventiva ante o fenómeno e neste sentido podemos esquerda unida e o bloque manteñen unha actitude máis semellante do que se podería pensar quer pola debilidade orgánica do único partido que realmente fixo das mareas o seu campo de acción preferente anova ademais do anterior a construción dese novo espazo comunal coas súas formas de participación máis informais e horizontais que a dos partidos clásicos e de transmisión da información nomeadamente a través da rede pode supoñer tamén un segundo fenómeno o do relevo xeracional na sociedade política composta ata hai relativamente pouco tempo por persoas nadas nas décadas dos 40 50 e 60 que están a ser agora mesmo desprazadas pola xeración nacida despois do 75 un cambio xeracional que implica moito máis ca un simple recambio de elites como ás veces pretende dicirse se un estuda a ordenación do mercado laboral español poderá comprobar como a razón de idade comporta tamén unha razón de clase é dicir que as xeracións máis novas tenden a ocupar os traballos peor pagados e cun maior índice de temporalidade por non falar xa dos diferentes índices de desemprego entre as novas xeracións e as anteriores é dicir no estado español a propia idade marca unha liña de fracción no interior da clase obreira e as mareas están a ser un espazo ocupado preferentemente por xente moza desempregada ou precarizada que fai un uso intenso das tics en definitiva se as mareas son capaces de construír ese novo espazo de participación política coas súas novas gramáticas xeitos de conformar e disolver liderados de se comunicar de trazar liñas de demarcación máis difusas entre o dentro e o fóra etc nun horizonte de dous ou tres anos poderiamos ter por fin un novo corpo político en galicia que máis alá do seu tamaño sexa quen de interpretar o que sucede por fin cos seus propios ollos e a súa propia voz sen prestar xuramento previo a unha dogmática de valor máis ritual que efectivo pero que aínda resulta o contrasinal imprescindible para acceder a certas posicións de privilexio eu diría que está nas nosas mans etiquetas mareas suxeito politico categorías mundo sobre fútbol e política decembro 1 2014 0 chama a atención observar como parte dos discursos que escoitamos lemos hoxe sobre o de jimmy teiman en considerar este asunto unha especie de axuste de contas entre bandas rivais de descerebrados que se dan de hostias por algunha inimizade antiga e misteriosa pero sempre allea a calquera razón política e chama a atención porque se algo foi empregado continuamente polo estado español na súa historia recente como item identitario e ferramenta unificadora capaz de crear consensos e mesmos entusiasmos sobre o nacional español foi precisamente o fútbol unha estratexia por certo empregada mesmo por zapatero para agochar o impacto de medidas como o retraso da idade de xubilación implementada durante o mundial de suráfrica nun dos usos máis burdamente instrumentais do fútbol como cortina de fume dos que teño memoria alén disto a celebración da roja era análoga coa proscrición das outras seleccións nacionais do estado español nomeadamente a galega a prohibición de entrar nos campos de fútbol con bandeiras independentistas por incitadoras á violencia e un longo etcétera imposible de consignar agora dito todo o anterior se algo houbo no asasinato de jimmy e en toda a marea informativa posterior foi precisamente política política á hora de ignorar o contido político de cada unha das partes os antecedentes curiosamente análogos no historial delictivo do fa o pasado militante de javier tebas o home que non quixo suspender o encontro o emprego cínico do apelativo ultra ou radical ou extrema por parte dese centro socialdemócrata benpensante que tanto lle debe a certos ultras radicais e extremas esquerdas que abriron camiños que logo eles só tiveron que asfaltar canta hipocrisía e canto cinismo en definitiva etiquetas blues frente atletico futbol jimmy politica categorías mundo podemos e anova novembro 10 2014 0 ler podemos a partir do seu éxito electoral e demoscópico resulta aparte de vantaxista enganoso parte do seu...
|