Meta tags:
Headings (most frequently used words):
de, 2025, sábado, agosto, 2026, decembro, venres, un, dicir, palabras, debullando, fala, 16, maio, domingo, 21, luns, 31, outubro, xaneiro, mércores, 28, 2024, licenza, incubadora, arroio, arroyo, dígrafo, nh, recente, recén, ou, quer, apelidos, galegos, que, conservan, patrimoniais, con, diferentes, xéneros, en, galego, castelán, naus, naves, navíos,
Text of the page (most frequently used words):
que (80), por (29), non (26), etc (24), como (22), compartir (21), palabras (21), castelán (20), #palabra (18), #galego (18), tamén (17), nau (16), nao (16), pra (16), portugués (15), súa (14), unha (13), dicionario (12), tanto (12), son (12), hai (11), con (11), esta (11), lingua (11), nosa (10), forma (9), coma (9), acepción (9), máis (8), rag (8), xénero (8), mais (8), recén (8), dígrafos (8), pola (7), pinterest (7), facebook (7), blogthis (7), enviar (7), correo (7), electrónico (7), comentarios (7), publicado (7), carballal (7), dúas (7), dicir (7), ten (7), recién (7), recém (7), arroio (7), denominar (6), pro (6), idioma (6), recolle (6), das (6), polo (6), adxectivo (6), corrente (6), anos (5), primeira (5), nave (5), gran (5), así (5), coa (5), ser (5), uso (5), dos (5), castelá (5), teñen (5), aínda (5), auga (5), acabadas (5), mel (5), miel (5), galegos (5), regueiro (5), recentemente (5), dígrafo (5), arroyo (5), regato (5), fin (4), navío (4), sinónimos (4), formas (4), noso (4), lat (4), amais (4), orixe (4), diferente (4), mesmo (4), fai (4), eclipse (4), pode (4), ámbolos (4), cal (4), idiomas (4), moi (4), 2025 (4), ben (4), apelidos (4), quer (4), segunda (4), está (4), seguindo (4), recente (4), valor (4), adverbio (4), alumno (4), secuencia (4), resto (4), cando (4), fala (4), pequena (4), ante (3), malia (3), tamaño (3), vela (3), dous (3), contra (3), portuguesa (3), sen (3), vello (3), dunha (3), estar (3), aparece (3), grande (3), xerais (3), embarcación (3), dicionário (3), sinónimo (3), destas (3), modelo (3), dende (3), galega (3), léxico (3), porque (3), agua (3), masculinas (3), outras (3), femininas (3), lapis (3), xéneros (3), letras (3), mesma (3), labor (3), existe (3), calor (3), meli (3), este (3), diferentes (3), namentres (3), polas (3), nun (3), río (3), todos (3), moitos (3), mellor (3), saber (3), isto (3), modifica (3), casado (3), incorporado (3), onde (3), pouco (3), ortografía (3), algo (3), separar (3), nha (3), segundo (3), normativa (3), corre (3), chuvia (3), ribeira (2), antes (2), novo (2), meu (2), publicacións (2), antigas (2), usar (2), sinónima (2), embarcacións (2), anxo (2), iria (2), navega (2), vogar (2), hora (2), esquecer (2), 1961 (2), otero (2), moderna (2), literatura (2), tres (2), miúdo (2), caso (2), coas (2), calquera (2), recollida (2), dicionarios (2), empregada (2), estraviz (2), certo (2), mentres (2), pasa (2), navíos (2), vez (2), copia (2), español (2), catalán (2), fixo (2), primeiro (2), substantivos (2), parte (2), termo (2), agosto (2), último (2), terminación (2), risa (2), nas (2), vogal (2), ala (2), alba (2), anca (2), alma (2), arma (2), arpa (2), arte (2), asa (2), xeral (2), cumbre (2), polis (2), tódalas (2), número (2), garaxe (2), diferenza (2), nos (2), parecidas (2), fantasma (2), iguais (2), armazón (2), diadema (2), dote (2), fraude (2), glande (2), internet (2), masacre (2), nada (2), nariz (2), peluche (2), reuma (2), sal (2), síndrome (2), ubre (2), solución (2), sexa (2), moito (2), cólera (2), postal (2), retrete (2), samba (2), suor (2), ultraje (2), feminina (2), única (2), comprobamos (2), haxa (2), interferencia (2), venres (2), cao (2), cano (2), cuíña (2), insua (2), mao (2), malo (2), varios (2), man (2), facelos (2), menos (2), melhor (2), mejor (2), noutras (2), locución (2), lugar (2), segue (2), decembro (2), logo (2), seu (2), admitido (2), neste (2), unión (2), mediante (2), trazo (2), nacido (2), nado (2), feito (2), apócope (2), anteposto (2), indica (2), construcións (2), acabado (2), substantivo (2), tempo (2), seis (2), representar (2), sucede (2), consoante (2), velar (2), nasal (2), sílabas (2), separando (2), cho (2), constitúe (2), guión (2), final (2), liña (2), textos (2), nomig (2), sábado (2), 2026 (2), escribe (2), propia (2), abundante (2), água (2), caudal (2), corto (2), pró (2), especialmente (2), rego (2), última (2), acepcións (2), chamada (2), seguintes (2), permanente (2), donde (2), sobre (2), debullando (2), rede, blogues, vencello, gztutoriais, paseo, cabe, través, medios, revolución, dixital, tipos, bits, premios, eisner, 2013, novena, dimensión, escoita, canto, afterlife, arcade, fire, rocking, ira, autorka, romansów, ubuntinho, incubadora, licenza, subscribirse, atom, inicio, carencias, académico, podemos, debemos, prefiro, consonancia, modernas, oceánicas, angueira, 2012, unhas, lenes, ondas, abanean, ronsel, estrelas, apagadas, robusta, capitá, miguel, murado, soño, febre, 2007, outros, diríxense, voraces, infortunada, alexandre, nerium, 2003, cadoira, cada, rivas, salvaxe, compaña, 1993, hórreos, pombal, veleira, cataventos, cabana, galván, saor, 1989, velozmente, cargada, donas, freixanes, triángulo, inscrito, circunferencia, 1982, espectáculo, capitana, daquel, guerreiro, terrible, díaz, castro, nimbos, entrar, baía, cunqueiro, sinbad, volvese, illas, iba, basora, faguerse, cárrego, debía, boata, lle, veñen, lonxe, pedindo, postos, famosa, pedrayo, fra, vernero, 1934, semella, ancorada, disposta, cara, felicidade, bouza, brey, senlleira, 1933, leda, vai, proa, frol, empregou, estes, necesario, demostralo, pertinente, amosar, exemplos, variantes, disipar, dúbida, deles, apareceu, noutros, vocabularios, históricos, martín, sarmiento, 1746, cuveiro, piñol, 1876, valladares, núñez, 1884, carré, alvarellos, 1928, 1979, rodríguez, gonzález, 1958, franco, 1972, fóra, excepción, académica, demais, actuais, recollen, rinoceronte, navegación, oceánica, antigo, resulta, curioso, constatar, xunto, navio, vocábulos, correntes, poético, comúns, deveu, nunha, anticuada, antigos, culto, diverxencia, riba, obvía, existencia, entrou, orixinal, outra, barco, cat, vaixell, vaixel, título, fose, bastante, documentada, idade, media, usada, formar, linguas, catalá, naus, naves, mércores, 2024, moitas, procedan, étimo, ábside, coño, derribo, enseñanza, omoplato, pesadilla, pezuña, sonrisa, tinte, valla, vértigo, vertixe, valo, tintura, sorriso, riso, pezuño, pesadelo, omoplata, ensino, derruba, cona, ábsida, convén, troco, artigo, feminino, masculino, tónicas, singulares, iniciadas, águila, asta, hasta, águia, friame, fiambre, pelame, pelambre, raizame, raigambre, vexame, vejamen, acedume, acidez, cardume, cardumen, cerrume, zarrume, cerrado, costume, cume, fume, humo, legume, legumbre, lume, lumbre, negrume, negrura, pesadume, pesadumbre, zume, zumo, ume, ame, algunhas, rematadas, sis, cidade, estado, hélade, curiosamente, formadas, adoptan, variación, necrópole, metrópole, acrópole, sífilis, oasis, chasis, cultismos, análise, apocalipse, crise, diálise, diocese, dose, elipse, énfase, fimose, neurose, osmose, parálise, paréntese, prótese, simbiose, síntese, tese, tuberculose, xénese, apendicite, artrite, cute, celulite, colite, gastrite, larinxite, meninxite, otite, peritonite, pleurite, tendinite, acabados, feluxe, hollín, ferruxe, herrumbre, lanuxe, peluxe, viruxe, biruji, uxe, maioría, aldraxe, bagaxe, carruaxe, dopaxe, equipaxe, friaxe, linguaxe, metraxe, miraxe, paisaxe, ramaxe, rodaxe, sofraxe, viaxe, agás, ter, personaxe, traxe, paxe, axe, ademais, doutros, alfabetos, alfa, beta, gamma, alif, masculinos, nomes, árbol, cárcel, color, coz, dolor, estratagema, hiel, leche, malta, margen, matíns, los, maitines, orden, origen, puente, pubis, sangre, centinela, señal, termita, tilde, til, térmite, sinal, sentinela, sangue, pube, ponte, pantasma, orde, matinas, marxe, malte, leite, fel, estrataxema, dor, couce, cor, cárcere, árbore, velaquí, listaxe, frecuentes, distinto, dixen, aprendizaxe, frecuente, discrepancia, alarme, chupeta, crátera, creme, croquete, duche, garagem, ícone, icono, maratona, pétala, silicone, sudor, ultraxe, silicona, pétalo, maratón, icona, ducha, croqueta, crema, cráter, chupete, alarma, romanés, mierea, arromanés, njiarea, occitano, italiano, miele, corso, napolitano, mèle, siciliano, sardo, mele, aragonés, ladino, myél, lombardo, friulano, obviamente, problema, simple, memorización, todas, aquelas, contan, tomamos, exemplo, verba, abrangue, línguas, romances, masculina, asturiano, leonés, mirandés, francés, valón, semellanza, entre, obstante, diferen, secular, empreguen, detrimento, propio, constituíndo, avance, substitución, lingüística, sofremos, xaneiro, algúns, dáse, paradoxo, esas, mesmas, perdían, usadas, oralidade, desaparecendo, vivo, substituídas, castelás, correspondentes, mantéñense, colina, isla, hoxe, principal, mailos, significado, restrinxido, illa, porén, incribelmente, acabaron, deformados, castelanizados, escaparon, deturpación, ficando, esencialmente, carballo, cela, coello, cortiña, ferreiro, freixo, lama, louro, merlo, nogueira, reija, reixa, riveira, salgado, varela, veloso, vilariño, sofreron, castelanizador, supremacismo, leva, execendo, séculos, antano, recibise, denominación, escribáns, notarios, foi, modificando, tradicionais, país, marcadamente, directamente, casteláns, pasaron, goiáns, goyanes, vila, dávila, val, dobal, vao, dobao, montouto, montoto, rubiáns, rubianes, soutelo, sotelo, igualmente, afonso, alonso, longo, luengo, louzán, louzao, lozano, outeiro, preto, prieto, veiga, vega, bello, vermello, bermejo, conservan, patrimoniais, outubro, locucións, encabezan, texto, correctas, senso, nidio, proveniente, expresión, querer, verbo, significar, achéganos, diferéncianos, dito, dizendo, dicho, palavras, otras, seja, sea, esto, están, presentes, actúan, modelos, prá, adverbial, une, frases, explicar, rectificar, enunciada, dizer, decir, luns, conclusión, gramática, agora, habitual, oral, escrito, ortográfico, empregan, fan, exactamente, xeito, usa, sempre, antepón, hecho, recientemente, independente, emprega, unido, pasando, formaren, composta, nascido, nato, américa, sur, utilízase, verbos, conxugados, llegado, trabajo, chegou, trabalho, nalgúns, países, hispanos, apenas, entró, verlo, supe, galaxia, usos, dificultades, 2004, recoñecido, drag, nin, volg, substituído, sintácticas, alternativas, detrás, incorporar, destaca, neoloxismo, sintético, abreviativo, cás, admitidas, infinitivo, ocorreu, derivado, abverbio, sucedido, apocopada, domingo, cos, normativos, particularidade, xustifica, mera, dado, actual, nunca, guerra, gerra, guiso, giso, sucedía, histórico, mantemento, desta, singularidade, ortográfica, histórica, eliminar, mantén, quadro, quarenta, quociente, quota, habituais, extras, fonemas, especiais, explicitar, gheada, transcribir, fricativa, xorda, iota, estranxeiras, khartún, khmer, khoisa, khan, loxicamente, separan, atum, onça, assim, ass, cial, quente, cun, fonémico, nós, representamos, normas, teñan, lha, nho, guardar, quário, car, pas, des, cida, cres, celso, surgir, consonánticos, vocálicos, pronuncia, senón, nasalidade, precedente, manancial, resposta, ningún, separa, pertencente, distintas, helar, hiesto, horabuena, halar, compartimos, den, gue, llo, tan, rro, demasiada, frecuencia, atopo, separado, ocorre, algun, ningun, sentencian, correcto, conservando, ámbalas, algu, ningu, maio, vemos, coherente, sería, use, criterio, faga, corresponder, debe, substituída, verbas, galegas, regacho, chega, categoría, troques, reintegracionista, correspondencia, visto, vén, sexamos, congruentes, empreguemos, castelanismo, estou, afeito, ver, tantos, escribimos, rinodicionario, excelente, instrumento, evitar, castelanismos, innecesarios, ende, mal, utilizado, parece, uma, conforme, referencia, oficial, admitida, anterior, 2009, era, cantidade, despois, chuvieira, flúe, dun, contrario, catro, inclúe, nesta, ribeiro, area, deixa, arroiada, terras, palla, miúda, resta, trala, extracción, formada, denomibnación, planta, horta, atriplex, hortensis, erva, armoles, armole, prós, portugueses, priberam, rae, defíneo, tal, terceira, proceden, primeiras, sendo, rechamante, sétima, perú, venezuela, converte, navegable, corta, extensión, calle, suelen, correr, las, aguas, cauce, torrente, riachuelo, rivera, afluente, casi, continuo, temos, procedencia, etimolóxica, hisp, vulg, suco, canal, significados, rugia, arrugia, arrugio, blogue, pretendemos, crear, encontro, para, aqueles, interesan, propondo, solucións, veces, pero, todo, recomendacións, opinións, razoadas, problemas, prácticos, teóricos, vaian, xurdindo, tendo, punto, saída, chegada, tratando, temas, posicións, seriedade, tolerancia,
Text of the page (random words):
auce por donde corre un arroyo e na súa terceira é parte de la calle por donde suelen correr las aguas mentres que o resto das acepcións proceden destas tres primeiras sendo especialmente rechamante a sétima propia do perú e venezuela que converte o arroyo nun río navegable de corta extensión prós portugueses segundo o dicionário priberam o arroio é unha pequena corrente de água permanente ou n ã o na súa primeira acepción e ten como sinónimo a palabra regato e na segunda e última é a denomibnación dunha planta de horta a atriplex hortensis que tamén é chamada armole ou erva armoles namentres que na nosa lingua conforme o dicionario da rag que constitúe a referencia oficial pró léxico galego o arroio é unha pequena corrente de auga formada pola chuvia e por tanto non permanente na súa única acepción admitida no anterior gran dicionario xerais da lingua xerais 2009 era unha cantidade grande de auga que corre especialmente despois dunha chuvieira na súa primeira acepción e un rego por onde flúe a auga da chuvia na súa segunda e última acepción como comprobamos a chuvia está na orixe dun arroio pró noso idioma polo contrario o dicionário estraviz que segue a normativa do portugués recolle catro acepcións pra esta palabra 1 pequena corrente de auga chamada tamén regueiro e inclúe tamén os seguintes sinónimos nesta acepción ribeiro regato e rego 2 cal por onde corre o regueiro 3 a area que deixa a arroiada nas terras e 4 palla miúda que resta trala extracción do gran segundo vemos o coherente sería que cando un fala ou escribe seguindo a normativa da rag use arroio seguindo o criterio da propia rag e xa que logo non o faga corresponder coa forma castelá arroyo que debe ser substituída polas verbas galegas regato ou regacho cando a corrente é moi pouco abundante e regueiro cando a corrente é máis abundante pro non chega á categoría de río en troques se un fala ou escribe seguindo a normativa reintegracionista pode moi ben usar arroio como correspondencia da forma castelá arroyo visto que un caudal corto de agua vén ser o mesmo ca uma pequena corrente de água polo tanto sexamos congruentes co noso idioma e non empreguemos o castelanismo arroio pra denominar un regueiro ou un regato como estou afeito a ver en tantos textos se escribimos coa ortografía das nomig por certo o rinodicionario castelán galego é un excelente instrumento pra evitar castelanismos innecesarios ende mal pouco utilizado segundo parece publicado por l c carballal ás 11 48 0 comentarios enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest sábado 16 de maio de 2026 o dígrafo nh con demasiada frecuencia atopo en moitos textos que o dígrafo nh aparece separado cando ocorre que haxa que separar a palabra con guión en final de liña ex algun ha ningun ha un ha mais as nomig sentencian a secuencia nh como dígrafo e por tanto o correcto é separar as palabras conservando a unión de ámbalas letras ex algu nha ningu nha u nha como se fai co resto dos dígrafos na nosa lingua mais por que sucede isto ben a resposta é máis unha vez a interferencia do castelán neste idioma a secuencia nh non constitúe dígrafo ningún e por tanto se separa con guión en final de liña como pertencente a dúas sílabas distintas ex an helar en hiesto en horabuena in halar algo que non pasa co resto dos dígrafos que compartimos ámbolos idiomas ch gu ll qu e rr ex ca cho den gue fa llo tan que ca rro no portugués tamén existe o dígrafo nh pro cun valor fonémico diferente o da nasal velar que nós representamos co ñ o portugués ten dúas normas á hora de separar as sílabas con dígrafos non separando os dígrafos que teñan h ch lh e nh ex fe cho pa lha ba nho ou u gu e qu ex a guardar a quário e separando o resto rr ss sc sç e xc xs ex car ro pas so des cida cres ça ex celso ex surgir amais dos consonánticos o portugués ten tamén dígrafos vocálicos am an em en im in om on e um un porque a consoante nasal non se pronuncia senón que indica a nasalidade da vogal precedente ex manancial man ã cial quente qu ẽ te assim ass ĩ onça õ ça atum at ũ loxicamente son dígrafos que non se separan o galego ten seis dígrafos habituais ch gu ll nh qu e rr mais tamén dous extras pra representar fonemas especiais o gh pra explicitar a gheada e o kh pra transcribir a consoante fricativa velar xorda a mesma do iota castelán en palabras estranxeiras ex khartún khmer khoisa khan etc cos seis dígrafos normativos existe a particularidade de que gu só se xustifica por mera copia da ortografía castelá dado que no galego actual non se dá nunca a secuencia de g e i pra representar un son diferente do de g a o u ex guerra gerra guiso giso algo que si sucede tanto no castelán coma no portugués e sucedía no galego histórico e qu por mantemento desta singularidade ortográfica histórica qu e i malia eliminar a secuencia qu a o que si mantén a ortografía portuguesa ex quadro quarenta quociente quota etc publicado por l c carballal ás 18 04 0 comentarios enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest domingo 21 de decembro de 2025 recente e recén o dicionario da rag recolle o adxectivo recente pra denominar o que ocorreu ou se fixo hai moi pouco tempo e derivado da súa forma feminina aparece o abverbio recentemente sucedido nun tempo recente mais non recolle a forma apocopada do adxectivo recén o dicionario galaxia de usos e dificultades da lingua galega ed 2004 recolle no termo recén que indica que non está recoñecido polo drag nin polo volg que o seu uso pode ser substituído polas construcións sintácticas alternativas substantivo adverbio recentemente adxectivo ex o alumno recentemente incorporado onde o adverbio tamén pode ir detrás do adxectivo ex o alumno incorporado recentemente e substantivo acabado de infinitivo ex o alumno acabado de se incorporar mais tamén destaca que é un apócope admitido tanto en portugués recém coma en castelán recién e que amais é un neoloxismo moito máis sintético ou abreviativo cás outras dúas construcións admitidas ex o alumno recén incorporado aínda que o castelán e o portugués empregan o apócope de recente non o fan exactamente do mesmo xeito así o castelán o usa sempre que se antepón á palabra que modifica ex recién nacido recién casado recién hecho etc co valor de recientemente como unha palabra independente namentres que o portugués tamén o emprega anteposto á palabra que modifica pro unido a esta mediante trazo pasando a formaren unha palabra composta ex recém nascido recém nado recém nato recém casado recém feito etc en ámbolos idiomas en américa do sur utilízase tamén está palabra co valor do adverbio recentemente anteposto a verbos conxugados recién ha llegado al trabajo recém chegou ao trabalho e tamén nalgúns países hispanos co valor do adverbio apenas ex lo vi recién entró recién al verlo lo supe xa que logo en conclusión o seu uso non está admitido pola gramática galega ao menos polo agora pro si é habitual tanto no galego oral coma escrito neste último seguindo o modelo ortográfico castelán quer dicir sen unión mediante trazo coa palabra que modifica recén nacido recén nado recén casado recén feito etc publicado por l c carballal ás 19 23 0 comentarios enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest luns 1 de decembro de 2025 é dicir ou quer dicir esta locución adverbial que une dúas palabras ou frases pra explicar ou rectificar a enunciada en primeiro lugar ten dúas formas na nosa lingua na primeira se segue o modelo do castelán es decir e na segunda o do portugués quer dizer a locución ten varios sinónimos que tamén están presentes nos dous idiomas que actúan como modelos prá nosa lingua isto é isto é pt esto es es a saber a saber pt a saber es ou sexa ou seja pt o sea es noutras palabras noutras em outras palavras pt en otras palabras es ou mellor ou melhor pt o mejor es mais mellor dito por mellor dicir melhor dizendo pt mejor dicho es aínda que as dúas locucións que encabezan o texto son correctas na nosa lingua o senso de quer dicir é máis nidio có de é dicir proveniente da expresión querer dicir sinónima do verbo significar e amais achéganos ao portugués e diferéncianos do castelán publicado por l c carballal ás 20 12 0 comentarios enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest venres 31 de outubro de 2025 apelidos galegos que conservan palabras patrimoniais moitos apelidos galegos sofreron o labor castelanizador que o supremacismo español leva execendo contra a nosa lingua dende hai varios séculos aínda que antano non recibise esta denominación a man dos escribáns e notarios foi modificando os apelidos tradicionais do país pra facelos menos marcadamente galegos ou directamente facelos casteláns así pasaron os goiáns a goyanes os da vila a dávila os do val a dobal os do vao a dobao os montouto a montoto os rubiáns a rubianes os soutelo a sotelo etc e igualmente os afonso a alonso os longo a luengo os louzán louzao a lozano os outeiro a otero os preto a prieto os veiga a vega os vello a bello os vermello a bermejo etc porén incribelmente non todos acabaron deformados ou castelanizados e moitos escaparon á súa deturpación ficando galegos ou esencialmente galegos como carballo cela coello cortiña ferreiro freixo lama louro merlo nogueira regueiro reija reixa riveira ribeira salgado varela veloso vilariño etc e con algúns dáse o paradoxo de que namentres esas mesmas palabras se perdían como formas usadas na oralidade do idioma galego ben desaparecendo como léxico vivo ben substituídas polas formas castelás correspondentes mantéñense como apelidos en uso así cao es cano cuíña es colina insua es isla ou mao es malo hoxe o dicionario da rag non recolle o adxectivo cao pro si a forma castelá cano e si o adxectivo mao como sinónimo de malo a forma principal e mailos substantivos cuíña e insua mais este co significado restrinxido de illa nun río publicado por l c carballal ás 17 56 0 comentarios enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest venres 3 de xaneiro de 2025 palabras con diferentes xéneros en galego e castelán a semellanza entre galego e castelán fai que haxa un bo número de palabras iguais ou moi parecidas que non obstante diferen porque teñen xénero diferente a secular interferencia do castelán fai que a miúdo se empreguen co xénero que teñen en castelán en detrimento do propio do galego constituíndo un novo avance da substitución lingüística que sofremos obviamente a única solución ante este problema é a simple memorización de todas aquelas palabras que contan con xéneros diferentes en ámbolos idiomas se tomamos como exemplo a verba mel comprobamos que esta diferenza de xénero abrangue tódalas línguas romances así esta palabra é masculina en galego e portugués o mel e en asturiano e leonés el miel e mirandés l miel en francés le miel e valón li l å me en occitano lo mel meu en italiano il miele corso u meli napolitano le mèle e siciliano lu meli en sardo su meli mele etc e feminina en aragonés a la miel en catalán la mel en castelán la miel e ladino la myél en lombardo la mel en friulano la m î l en romanés mierea e arromanés njiarea etc aínda que é frecuente que o xénero destas palabras sexa o mesmo en galego ca en portugués tamén existe discrepancia en palabras de moito uso como a alarma gl e o alarme pt o cal gl e a cal pt e la cal es a calor gl e o calor pt e el calor es o chupete gl e a chupeta pt o cólera gl e a cólera pt o cráter gl e a crátera pt a crema gl e o creme pt a croqueta gl e o croquete pt a ducha gl e o duche pt a eclipse gl e o eclipse pt e el eclipse es o garaxe gl e a garagem pt a icona gl e o ícone pt e el icono es o maratón gl e a maratona pt o pétalo gl e a pétala pt a postal gl e o postal pt o retrete gl e a retrete pt a samba gl e o samba pt a silicona gl e o silicone pt a suor gl e o suor pt e el sudor es a ultraxe gl e o ultraje pt e el ultraje es etc velaquí unha listaxe coas palabras máis frecuentes que teñen xénero distinto en galego e castelán como dixen non hai máis solución que a súa aprendizaxe en palabras iguais a armazón el la armazón o diadema la diadema o dote la dote a o fin el fin a fraude el fraude a glande o glande a internet el la internet o labor la labor o masacre la masacre o nada la nada o nariz la nariz a peluche el peluche a reuma el la reuma o sal la sal a síndrome el síndrome o ubre la ubre etc en palabras parecidas pola súa mesma orixe a árbore el árbol o cárcere la cárcel a cor el color o couce la coz a dor el dolor o estrataxema la estratagema o fel la hiel o leite la leche o malte la malta a marxe el margen as matinas os matíns los maitines a orde el orden a orixe el origen a pantasma o fantasma el fantasma a ponte el puente a pube el pubis o sangue la sangre a sentinela el centinela o sinal la señal o térmite la termita o til la tilde etc e ademais hai diferenza de xénero nos nomes das letras que en galego son masculinos o a o b o c etc tamén os das letras doutros alfabetos o alfa o beta o gamma etc o alif o ba o ta etc e na nosa lingua son femininas a maioría das palabras acabadas en axe a aldraxe a bagaxe a carruaxe a dopaxe a equipaxe a friaxe a linguaxe a metraxe a miraxe a paisaxe a ramaxe a rodaxe a sofraxe a viaxe etc agás o paxe o traxe e o garaxe que son masculinas e a o personaxe que pode ter ámbolos xéneros e en xeral as acabadas en uxe a feluxe es el hollín a ferruxe es la herrumbre a lanuxe a peluxe es el vello a viruxe es el biruji etc tamén son femininas os cultismos acabados en se e te a análise a apocalipse a crise a diálise a diocese a dose a eclipse a elipse a énfase a fimose a neurose a osmose a parálise a paréntese a prótese a simbiose a síntese a tese a tuberculose a xénese etc a apendicite a artrite a cute a celulite a colite a gastrite a larinxite a meninxite a otite a peritonite a pleurite a tendinite etc hai algunhas palabras rematadas en sis que son masculinas o chasis o lapis ou o oasis e outras acabadas en is que son femininas a polis cidade estado da hélade ou a sífilis curiosamente as palabras formadas con polis adoptan a terminación le a acrópole a metrópole ou a necrópole tódalas palabras acabadas en is non teñen variación de número ex o lapis os lapis polo xeral son masculinas as acabadas en ame e ume o friame es el fiambre o pelame es el la pelambre o raizame es la raigambre o vexame es el vejamen etc o acedume es la acidez o cardume es el cardumen o cerrume zarrume es el cerrado o costume es la cumbre o cume es la cumbre o fume es el humo o legume es la legumbre o lume es la lumbre o negrume es la negrura o pesadume es la pesadumbre o zume es el zumo etc convén non esquecer que o galego non fai o troco de xénero do artigo feminino a masculino nas palabras tónicas singulares iniciadas pola vogal a coma o castelán a á ala el ala a águia el águila a alba el alba a anca el anca a auga el agua a alma el alma a arma el arma a arpa el ar...
|