Meta tags:
Headings (most frequently used words):
de, 2026, outubro, os, xoves, martes, do, blog, en, xerais, da, luns, 12, domingo, 11, sábado, 29, setembro, arquivo, datos, gran, lobo, feliz, investiga, contos, fadas, última, xastra, maría, solar, libros, non, son, para, osos, iso, din, universo, diverso, eva, mejuto, nee, barros, sempre, atendendo, ao, necesario, kalandraka, que, cabe, nun, calcetín, teatro, comedia, arte, novela, xuvenil, froito, dun, obradoiro, escrita,
Text of the page (most frequently used words):
que (135), para (54), non (35), por (32), unha (30), compartir (21), #libros (18), pero (18), con (17), outubro (17), tamén (16), libro (15), lle (14), como (13), coa (13), cada (13), #setembro (12), máis (12), publicado (12), febreiro (11), marzo (11), abril (11), maio (11), xuño (11), agosto (11), xaneiro (11), son (11), iso (11), xullo (10), novembro (10), decembro (10), nos (10), mundo (10), letra (10), onde (9), cando (9), vai (9), dos (9), está (9), porque (9), xerais (8), contos (8), 2026 (8), sen (8), letras (8), nun (7), osos (7), etiquetas (7), pinterest (7), facebook (7), blogthis (7), enviar (7), correo (7), electrónico (7), ningún (7), comentario (7), pilar (7), sampedro (7), editorial (7), alí (7), casa (7), ver (7), necesario (6), eva (6), mejuto (6), gran (6), lobo (6), novela (6), ninguén (6), dende (6), das (6), ser (6), nunha (6), todo (6), conta (6), ilustrado (6), xogo (6), pode (6), comedia (5), arte (5), universo (5), nee (5), barros (5), última (5), xastra (5), maría (5), solar (5), maneira (5), súa (5), familia (5), ben (5), seu (5), mesmo (5), dunha (5), anos (5), teñen (5), polo (5), continuación (5), facer (5), oficio (5), outros (4), cabe (4), calcetín (4), teatro (4), feliz (4), investiga (4), fadas (4), saber (4), axuda (4), ela (4), tanto (4), levan (4), historia (4), dun (4), ritmo (4), befana (4), leva (4), vén (4), cos (4), hai (4), coas (4), julia (4), lago (4), viaxe (4), están (4), ese (4), lecturas (4), todos (4), aldara (4), aprendeu (4), valor (4), sempre (3), kalandraka (3), diverso (3), fernández (3), xuvenil (3), galaxia (3), esta (3), pola (3), colección (3), presenta (3), desta (3), moi (3), antes (3), tempo (3), imos (3), trama (3), ten (3), acaba (3), paula (3), imaxinación (3), toda (3), presentación (3), bruxa (3), agasallos (3), perder (3), eles (3), memo (3), abcd (3), partir (3), ilustracións (3), gusto (3), este (3), aquí (3), outro (3), cantar (3), lectura (3), entrar (3), tenda (3), así (3), parte (3), entre (3), informativo (3), ficción (3), divulgación (3), coñecemento (3), sociedade (3), quen (3), man (3), biblioteca (3), diversidade (3), bibliotecaria (3), debe (3), atopa (3), canto (3), cidade (3), nenos (3), nin (3), xente (3), roupa (3), xastres (3), coser (3), xastrerías (3), tema (2), tecnoloxía (2), artefactos (2), datos (2), blog (2), atendendo (2), din (2), publicacións (2), raquel (2), negra (2), escritora (2), dise (2), primeira (2), despois (2), obradoiro (2), aparece (2), agora (2), adolescente (2), saca (2), autobús (2), dicir (2), tras (2), dela (2), remata (2), ribadeo (2), último (2), nai (2), moza (2), arroutada (2), pois (2), podería (2), obra (2), centro (2), pasar (2), rapaz (2), resultado (2), martes (2), infantil (2), carballeira (2), oqueleo (2), maxia (2), eses (2), personaxes (2), unhas (2), desa (2), única (2), palabras (2), achegan (2), comida (2), colombina (2), rapaza (2), arlequín (2), áxil (2), laretas (2), polichinela (2), capitán (2), pantalone (2), van (2), tan (2), zapatos (2), italiano (2), camiño (2), vella (2), vello (2), vive (2), xoves (2), xosé (2), ballesteros (2), óscar (2), villán (2), acartonados (2), antonio (2), rubio (2), tres (2), rapazada (2), noso (2), fan (2), nesta (2), nome (2), sae (2), estes (2), descubrir (2), material (2), autores (2), ilustración (2), neste (2), texto (2), igual (2), contar (2), recitar (2), lúa (2), imaxe (2), mirando (2), ler (2), percorre (2), lapela (2), debuxo (2), dentro (2), lendo (2), álbum (2), polas (2), día (2), planeta (2), entende (2), cancións (2), referentes (2), ter (2), alá (2), dixo (2), estar (2), deste (2), realizaron (2), través (2), nas (2), xénero (2), explicar (2), poden (2), coñecer (2), chega (2), normal (2), rematar (2), dúas (2), botan (2), atender (2), necesidades (2), primeiras (2), oso (2), pensa (2), bosque (2), busca (2), bicicleta (2), ata (2), escola (2), fai (2), carga (2), diante (2), volve (2), xiana (2), teimoy (2), merlín (2), autónomas (2), práctica (2), nena (2), desexo (2), próxima (2), todas (2), lento (2), longo (2), aprendera (2), artesanía (2), familiar (2), vestiu (2), grandes (2), fábricas (2), menos (2), esperanza (2), baía (2), atopar (2), tereza (2), calidade (2), destino (2), foi (2), pel (2), calor (2), fixera (2), teas (2), seda (2), saint (2), costura (2), continúe (2), vídeos (2), creou (2), titulou (2), aventura (2), divertida (2), entrañable (2), sobre (2), identidade (2), valentía (2), artesanal (2), tradición (2), modernidade (2), rifados (2), silvia (2), obelleiro (2), sara (2), ogilvie (2), picarona (2), catherine (2), cawthorne (2), laboratorio (2), conto (2), soplar (2), cincenta (2), cabaza (2), princesa (2), chícharo (2), ciencia (2), simple, blogger, acerca, 108, 2016, 142, 2017, 2018, 119, 2019, 169, 2020, 141, 2021, 120, 2022, 121, 2023, 191, 2024, 170, 2025, 134, arquivo, subscribirse, atom, inicio, antigas, literatura, costa, oeste, traballa, restauración, lectora, varios, premios, recibidos, publicaron, antoloxías, acadou, pulo, escribir, asistir, escritores, publicada, árbore, lara, boas, notas, nunca, problemas, muda, abandona, gondomar, sobe, desengano, amoroso, silencios, león, descanso, persegue, seus, pesadelos, vila, unida, estreitamente, aquel, verán, compartiu, abandonase, curmán, policía, buscan, irá, debullando, pasado, descoñecido, arrepiante, praia, catedrais, fondo, pronto, empezará, comprender, verdades, miúdo, responde, baixada, pasou, últimas, vacacións, irmá, desaparecese, encontro, fortuíto, primo, recoñece, pesar, once, verse, desata, marea, sucesos, resolver, crime, engano, policíaca, dezaseis, sente, arrebato, fuxir, mantén, relación, especial, deriva, duns, soños, deixan, descansar, contas, buxo, froito, escrita, lectorado, autónomo, contén, humor, fantasía, engadidas, repiten, personalidades, radicais, provocando, fidelización, hilaridade, adiantándose, obras, características, propias, nacen, creatividade, xogos, frases, curtas, inesperado, rapidez, ledo, dinamismo, rápido, poidas, imaxinar, comezos, enche, calcetíns, italia, lambonadas, astuta, argalla, plan, atrapar, volver, fame, coma, gato, fanfarrón, avarento, querer, capturar, doado, apresar, alguén, personaxe, típico, nadal, parece, reis, magos, belén, piden, agasallou, doces, quixo, logo, arrepentida, saiu, buscalos, deixando, trátase, situada, sus, define, perfección, intelixente, alegre, mozo, enredante, señor, valente, cartos, reparte, iria, fafián, aparecer, tradución, preséntase, achegamento, lúdico, poético, creativo, abecedario, estimular, agudeza, visual, válido, facendo, rular, galego, castelán, catalán, vasco, portugués, alimentamos, tantos, países, irmáns, xoguen, han, esquina, galicia, luz, ilumina, marabillosos, materiais, memoria, alfabeto, inspirado, relacionado, anterior, mesmos, complementa, preparar, explica, mesturar, cartas, barallalas, tentar, emparellalas, aparecen, pares, caso, 000, exemplares, vendidos, publicidade, ideal, autroes, axudan, educar, ollo, endulzar, oído, prelectoras, prelectores, textos, baseados, rima, recoñecibles, modo, pictogramas, poéticos, berce, familiarizando, criaturas, iniciando, avanzando, concentración, poñendo, atención, calma, paseniño, descubrindo, agacha, detrás, vemos, len, adulto, acostumarnos, allea, dicía, juana, alfabetización, páxinas, duras, mover, dedos, gordechos, vermiño, erguemos, campaña, cun, indio, reverso, indios, aberta, bolboreta, voa, sei, ceo, pódese, anaco, sandía, doce, lenta, tartaruga, correr, vendo, definíndoa, comezo, palabra, senón, formando, coordinación, absoluta, autor, ilustrador, acaído, sábado, presentaicón, guíannos, realidades, lgtbiq, chea, cor, ironía, gana, revolucionar, contan, luminosos, debuxos, doutro, nada, aínda, espertar, curiosidade, anima, buscar, citas, cómpre, preto, falar, tabús, amar, sentir, simplemente, vivir, normas, impón, algo, interesante, queira, chamar, citar, traballos, realizando, absolutamente, actuais, encántame, forma, contado, páxina, evamejuto, gal, universodiverso, dito, telo, mans, sexo, orientación, sexual, romántica, sopa, siglas, sino, aumentar, temo, limitar, simbolos, representan, colectivo, colectivos, específicos, páranse, algúns, conceptos, saír, armario, transitar, pluma, binario, drag, aliade, explican, natureza, peixes, cabaliños, mar, pingüíns, bonobos, flores, fungos, mostran, pouco, poder, dar, recoñecer, pasos, dado, campo, tropezos, atopamos, violencia, veces, asasinato, distinto, diversofobia, fronte, considera, paramos, pensar, normalidade, datas, celebrar, orgullo, voces, diálogo, temos, ilustradora, confesa, aliada, título, canción, éric, dopazo, creada, asociación, arelas, vannos, contando, farían, extraterrestre, chegar, conversa, longa, destas, valentes, comezan, presentándose, lesbiana, transexual, falan, sistema, interior, autenticidade, testemuña, discriminación, sufrida, sufrir, base, facilitarlle, presente, move, neses, campos, libres, conscentes, esa, poderiamos, alleo, problemática, semella, especializando, detectan, infancia, mocidade, dispostos, poñer, disposición, información, precisa, darlles, oportunidade, salvo, algoritmo, zona, escura, lgbtiqa, pracer, maiúscula, mark, barry, katy, halford, tgraducido, vanessa, lópez, miau, lección, quedar, medrar, marabillosas, historias, agachan, volume, borges, paraíso, botar, maiúsculas, unicamente, sabe, vaille, ensinar, bufo, gusta, monta, encontra, agás, entra, dinlle, escolas, disgustado, segue, descobre, libraría, case, atreve, creu, convida, dicíndolle, carné, recupera, recolleu, destinada, amigos, felices, vaillos, jaguar, sete, pasa, sábeo, pono, ambientando, país, curiosa, asertiva, dalgunha, salvou, cumpriu, afastada, persoas, gustan, traballo, feito, continuidade, moitos, lugar, comen, visten, viven, diferente, era, manter, oficios, comercio, problema, compostela, desaparecen, moitas, tendas, xubilación, novos, intereses, prefiren, dedicarse, outras, profesións, sucede, autora, cantos, famosos, famosas, séculos, sorpréndenos, pensamos, cantidade, común, levou, esas, pezas, viste, barata, elaborada, debido, feita, medida, descubrimos, sacrificado, dedican, tantas, horas, normalmente, vivenda, edificio, riba, familias, vez, fillos, algún, fallarlles, quere, isto, preocupa, afastadas, deciden, percorrido, salvador, súas, cores, barrio, ensínalle, tecidos, orixe, ofrece, novas, comidas, saborosas, aproveita, falarlle, cociña, proximidade, segundo, moscú, vladimir, agasalla, sombreiro, cabeza, faille, abrigo, rvisitar, tal, del, morrer, frío, seguinte, nova, delhi, novo, moita, agardábaa, kiran, muller, moto, medio, tráfico, tremendo, enxame, coñece, vermes, cliente, sari, parís, chloé, place, pierre, epicentro, venda, centos, miles, rolos, botóns, grande, exquisiteces, alta, pespuntar, ganduxar, modelos, pregados, pinzas, visitou, museo, ives, laurent, cunha, boina, agasallo, lévana, comercial, escolla, defectos, entendeu, haber, confección, artesáns, decide, posible, habendo, gravacións, fotos, montou, redes, canle, contou, humos, desastre, colkgaba, enviaban, aprendices, xastre, fíxose, viral, púxose, moda, apareceron, mozas, mozos, aprender, defensa, lentitude, dese, reflexión, lado, modelo, dedicatoria, lévanos, razón, vinculación, propio, pedra, rúa, pitelos, agóchase, segredo, seiscentos, xastrería, núñez, testemuño, estirpe, tsarinas, científicas, nobel, estrelas, cine, herdeira, legado, extraordinario, interesa, nadiña, espallados, enteiro, depositan, nela, embárcase, fascinante, levará, destinos, imaxinaba, tesouro, domingo, obxectos, gardas, meternos, pon, dúbida, científico, tradicional, dúbidas, expeimientación, exemplo, porquiños, pregúntase, lobos, animal, derrubar, achega, pasando, cristal, vehículo, hansel, gretel, xan, fabas, máxicas, cambia, sentido, lerse, vertical, cara, puchiña, vermella, análise, conclusión, finais, necesita, reivindicarse, faino, combinando, temas, enxeñaría, clásicos, coñecen, adoran, divertido, perfecto, curiosos, preguntas, realmente, sinte, diminuto, baixo, montaña, colchóns, converterse, carruaxe, levar, baile, claro, absurdo, feroz, misión, verdade, agocha, paso, limpar, traducido, luns,
Text of the page (random words):
cristal vehículo de cabaza hansel e gretel xan o das fabas máxicas aquí o libro cambia de sentido e ha de lerse en vertical a princesa e o chícharo cara puchiña vermella e de toda ese análise saca unhas conclusión finais porque el o lobo necesita reivindicarse e faino a través da ciencia publicado por pilar sampedro en 13 26 00 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas catherine cawthorne lecturas autónomas picarona primeiras lecturas sara ogilvie silvia obelleiro domingo 11 de outubro de 2026 a última xastra de maría solar en xerais a última xastra de maría solar está ilustrado por xiana teimoy e publicado por xerais na colección merlín da presentación editorial nunha casa de pedra da rúa pitelos agóchase un segredo de seiscentos anos a xastrería núñez último testemuño dunha estirpe de xastres que vestiu tsarinas científicas de nobel e estrelas de cine pero a aldara a única herdeira deste legado extraordinario non lle interesa coser nadiña cando os xastres da familia espallados polo mundo enteiro depositan nela a última esperanza de que o oficio continúe aldara embárcase nunha viaxe fascinante que a levará por destinos que nin imaxinaba para coñecer ese gran tesouro familiar unha aventura divertida e entrañable sobre a identidade a valentía e o valor do artesanal porque tradición e modernidade non están rifados unha aventura divertida e entrañable sobre a identidade a valentía e o valor do artesanal porque tradición e modernidade non están rifados a defensa da lentitude dese ritmo lento que leva a reflexión ao lado da práctica a artesanía como modelo de bo facer a dedicatoria lévanos á razón primeira desta historia á vinculación co propio a continuación do comercio familiar é un problema en compostela desaparecen moitas tendas cando chega a xubilación os máis novos teñen outros intereses prefiren dedicarse a outras profesións nesta historia sucede o mesmo cando a autora nos conta a cantos famosos e famosas se vestiu dende aquí ao longo dos séculos sorpréndenos e pensamos a cantidade de xente do común que levou esas pezas agora a xente viste roupa barata elaborada en grandes fábricas e non lle dá o valor debido á feita a medida para cada un aí descubrimos un oficio tan sacrificado e ao que se lle dedican tantas horas que normalmente teñen a vivenda no mesmo edificio por riba as familias van a menos cada vez teñen menos fillos se é que teñen algún por iso aldara é a esperanza e non pode fallarlles a nena da casa de xastres non quere coser e isto preocupa á familia próxima pero tamén ás afastadas por iso deciden entre todos e todas que debe facer un percorrido polas xastrerías do mundo a ver que resultado dá a salvador de baía coas súas cores vai para atopar a vella tereza no barrio vello ela ensínalle todo o que ten que ver coa calidade dos tecidos e a súa orixe pero tamén lle ofrece novas comidas ben saborosas que aproveita para falarlle da cociña de proximidade o segundo destino foi moscú e alí vai atopar a vladimir que lle agasalla un sombreiro de pel para non perder a calor pola cabeza e faille un abrigo de pel para pode rvisitar a cidade tal como fixera tereza en baía se dela aprendera as teas de calidade del o valor da roupa para non morrer de frío o seguinte destino foi nova delhi de novo moita calor alí agardábaa kiran coa muller e a moto no medio dun tráfico tremendo entre un enxame de xente alí coñece a seda e como vén dos vermes da seda pero tamén como atender as necesidades de cada cliente o que é un sari e de aí a parís alí con chloé percorre a place saint pierre o epicentro da venda de teas centos de miles rolos e a tenda de botóns máis grande do mundo con ela aprendeu exquisiteces de alta costura ou de costura normal pespuntar ganduxar modelos facer pregados e pinzas e visitou o museo de ives saint laurent cunha boina de agasallo volve á casa e lévana a un centro comercial a que escolla roupa pero xa aprendeu a ver os defectos entendeu que ha de haber fábricas de confección pero tamén artesáns así que decide facer o posible para que continúe habendo xastrerías coas gravacións e as fotos que fixera montou vídeos para as redes creou unha canle que titulou a última xastra onde contou a súa viaxe e creou unha conta de humos que titulou desastre de xastra onde colkgaba os vídeos que lle enviaban os aprendices de xastre de todo o mundo fíxose viral púxose de moda coser e apareceron mozas e mozos diante de cada unha das xastrerías para aprender o oficio canto aprendera aldara aprendeu que en cada lugar do mundo comen visten e viven de diferente maneira e aprendeu que era necesario manter os oficios como a artesanía dalgunha maneira salvou o oficio e cumpriu o desexo de toda a familia próxima e afastada o desexo de todas as persoas que gustan do seu traballo lento feito a man que lle dá continuidade ao que moitos antes ca eles realizaron ao longo do tempo co oficio de escritora pasa o mesmo maría solar sábeo ben e pono en práctica as ilustracións ambientando cada país e coa imaxe desa nena curiosa e asertiva achegan máis do mesmo publicado por pilar sampedro en 14 26 00 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas a partir de sete anos lecturas autónomas maría solar merlín novela infantil xerais xiana teimoy xoves 8 de outubro de 2026 os libros non son para os osos iso din os libros non son para os osos de mark barry e katy halford está tgraducido por vanessa lópez e publicado por miau jaguar el letras maiúsculas unicamente alá vai o oso polo bosque atopa un libro pero non o entende porque non sabe ler vaille ensinar o bufo canto máis le máis lle gusta busca outros libros pero non os atopa o que si atopa é unha bicicleta así que a monta e vai á cidade ver se alí os encontra na cidade ninguén o ve agás os nenos el vai mirando ata que ve unha escola alí hai libros entra feliz pero dinlle que nin as escolas nin os libros son para osos disgustado segue na busca descobre unha libraría de onde tamén o botan ve unha biblioteca e case non se atreve a entrar porque xa creu iso de que os libros non son para osos ata que a bibliotecaria o convida a entrar dicíndolle os libros son para todos fai o seu carné e carga de libros a bicicleta que recupera diante da escola pensa que se ninguén a recolleu é que está destinada a ser súa volve ao bosque coa carga de libros os amigos están felices porque el vaillos lendo o gusto pola lectura e a gran lección da bibliotecaria os libros son para todos e ninguén debe quedar sen eles ninguén debe medrar sen as marabillosas historias que se agachan e cada volume o oso igual que borges pensa que o paraíso é unha biblioteca de onde ninguén o vai botar os libros non son para os osos os libros son para todos dixo a bibliotecaria publicado por pilar sampedro en 03 40 00 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas álbum ilustrado letra maiúscula libros o pracer da lectura osos primeiras lecturas martes 6 de outubro de 2026 universo diverso de eva mejuto e nee barros en xerais universo diverso unha viaxe polo universo lgbtiqa de eva mejuto e nee barros un libro informativo ilustrado por julia lago e publicado por xerais outro libro necesario semella que xerais se está especializando en atender as necesidades que se detectan na infancia e a mocidade dispostos a poñer a disposición desta rapazada a información precisa para darlles a oportunidade de estar a salvo do algoritmo que os leva á zona escura da sociedade unha conversa longa por parte destas dúas valentes que comezan presentándose como lesbiana e transexual e que polo tanto nos falan dende dentro do sistema pero tamén dende o seu interior dende a autenticidade son testemuña da discriminación sufrida ou que se pode sufrir e en base a iso botan unha man para facilitarlle o presente a quen se move neses campos pero tamén para facer máis libres e conscentes a esa parte da sociedade que poderiamos dicir que vive nun mundo alleo a esta problemática dúas voces nun diálogo ou 3 se temos en conta á ilustradora julia lago que se confesa aliada o título que vén dunha canción de éric dopazo creada para a asociación arelas vannos contando todo como farían para un extraterrestre que acaba de chegar ao planeta que é a diversidade o sexo o xénero a orientación sexual e ou romántica a sopa de letras para explicar cada unha das siglas e ese sino porque poden aumentar e non temo que limitar o universo os simbolos que representan o gran colectivo e cada unha dos colectivos específicos páranse despois a explicar algúns conceptos saír do armario transitar ter pluma xénero non binario drag aliade a continuación explican a diversidade na natureza peixes cabaliños de mar pingüíns bonobos pero tamén flores e fungos que mostran a diversidade un pouco de historia para poder dar a coñecer referentes pero tamén para recoñecer os pasos que se levan dado neste campo e os tropezos cos que atopamos como a violencia que ás veces chega ao asasinato do distinto a diversofobia fronte ao que se considera normal cando non nos paramos a pensar porque que é a normalidade remata coas datas para celebrar con orgullo e e para non rematar algo moi interesante deste libro informativo de coñecemento de divulgación ou non ficción como se lle queira chamar é a maneira de citar traballos que se realizaron ou se están realizando bd autores as cancións absolutamente actuais encántame a forma na que está contado e tamén ese para saber máis a través da páxina de eva mejuto evamejuto gal universodiverso o dito non se pode perder hai que telo a man en cada biblioteca e nas mans de cada adolescente da presentaicón editorial eva mejuto e nee barros guíannos nunha viaxe polas realidades lgtbiq chea de cor ironía e gana de revolucionar o día a día para iso contan cos luminosos debuxos de julia lago e a axuda dun ser que vén doutro planeta e que non entende nada aínda un libro para espertar a curiosidade que anima a buscar cancións citas e referentes que cómpre ter preto pero tamén para falar sen tabús de como é amar ser sentir ou simplemente vivir máis alá das normas que a sociedade nos impón quen dixo que só hai unha maneira de estar no mundo publicado por pilar sampedro en 10 44 00 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas álbum ilustrado divulgación e coñecemento eva mejuto e nee barros julia lago libro de coñecemento libro de divulgación libro de non ficción libro informativo sábado 3 de outubro de 2026 sempre atendendo ao necesario kalandraka acaba de aparecer xogo de letras de antonio rubio con ilustracións de óscar villán e tradución de xosé ballesteros preséntase como un achegamento lúdico poético e creativo ao abecedario para estimular a imaxinación e a agudeza visual un libro de páxinas duras para mover con dedos gordechos as letras unha a unha un vermiño que as percorre e cando erguemos a lapela do a aparece o debuxo dunha tenda de campaña cun indio dentro e a continuación no reverso da lapela coa letra a a tenda dos indios aberta está e así letra a letra coa letra b a bolboreta voa non sei por que coa letra c a lúa no ceo pódese ver coa letra d o anaco de sandía que doce é coa letra e a lenta tartaruga sae a correr imos lendo e imos vendo onde está a letra na ilustración definíndoa non no comezo da palabra senón formando parte do debuxo nunha coordinación absoluta entre autor e ilustrador co ritmo acaído necesario este material para ir familiarizando as criaturas coas letras e as palabras para ir iniciando a lectura de imaxe e texto para ir avanzando na concentración poñendo atención mirando con calma paseniño para ir descubrindo todo o que se agacha detrás do que vemos e nos len para recitar e cantar co adulto que nos le para acostumarnos a ler por conta allea como dicía juana para entrar na alfabetización do noso mundo máis de 25 000 exemplares vendidos di a publicidade igual que o libro ideal para contar e cantar dos autroes da colección do berce á lúa eses libros acartonados para recitar e cantar axudan a educar o ollo e endulzar el oído das prelectoras e os prelectores con textos baseados no ritmo e a rima e ilustracións recoñecibles a modo de pictogramas poéticos outro material relacionado co anterior é abcd memo dos mesmos autores que se presenta a partir xogo de letras e o complementa para preparar o xogo explica que hai que mesturar as cartas barallalas e a continuación tentar emparellalas cando lle aparecen os pares letra ilustración neste caso sen texto dá tanto gusto ver que este abcd memo se presenta válido para facendo rular en galego castelán catalán vasco italiano e portugués tanto gusto saber que dende aquí alimentamos a imaxinación de rapazada de tantos países irmáns do noso e que cando xoguen han saber que tamén o fan nesta esquina do mundo que leva o nome de galicia e é de onde sae a luz que ilumina estes marabillosos materiais un xogo de memoria que axuda a descubrir o alfabeto inspirado no libro xogo de letras publicado por pilar sampedro en 08 22 00 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas a partir de tres anos abcd antonio rubio kalandraka libros acartonados memo óscar villán xogo de letras xosé ballesteros xoves 1 de outubro de 2026 que cabe nun calcetín teatro da comedia da arte que cabe nun calcetín de paula carballeira está ilustrado por iria fafián e publicado en oqueleo trátase dunha obra de teatro situada no mundo da comedia da arte cos sus personaxes que define á perfección colombina rapaza intelixente arlequín rapaz áxil e alegre polichinela mozo laretas e enredante capitán señor que vai de valente pantalone vello que só vive para os cartos e a befana bruxa que reparte comida e agasallos a befana é un personaxe típico do nadal italiano parece ser que vén de cando os reis magos se perder no camiño a belén e lle piden axuda a unha vella que os agasallou con doces pero non quixo ir con eles logo arrepentida saiu a buscalos e polo camiño ía deixando agasallos en cada casa da presentación editorial que cabe nun calcetín todo o que poidas imaxinar a comezos de xaneiro a bruxa befana enche os calcetíns de italia con comida agasallos e lambonadas por iso colombina unha rapaza moi astuta argalla un plan para atrapar a befana e non volver pasar fame non conta con que arlequín áxil coma un gato o laretas polichinela o capitán fanfarrón e o avarento pantalone tamén van querer capturar a bruxa pero non é tan doado apresar alguén que leva a maxia nos zapatos na editorial dise que o libro contén maxia humor imaxinación e fantasía engadidas a eses personaxes que se repiten en toda a comedia da arte con personalidades ben radicais e provocando a fidelización ao tempo que a hilaridade adiantándose á trama as obras de paula teñen tamén unhas característic...
|