Meta tags:
Headings (most frequently used words):
de, junio, 2020, xuño, tarefas, martes, jueves, 18, miércoles, 17, 16, lunes, 11, 10, tarefa, xoves, mércores, viernes, 19, 15, domingo, datos, personales, fotos, vídeos, que, teñades, un, verán, espléndido, último, día, do, curso, para, publicación, das, cualificacións, venres, 12, luns,
Text of the page (most frequently used words):
que (46), compartir (30), para (27), junio (20), 2020 (20), con (15), día (15), #tarefas (15), por (13), non (13), vos (13), hoxe (12), correo (11), electrónico (11), pinterest (10), facebook (10), escribe (10), blog (10), enviar (10), hay (10), comentarios (10), exploradores (10), exploradoras (10), curso (10), xuño (9), tamén (9), vosas (8), queda (7), son (7), propostas (7), como (7), nada (6), moito (6), voso (6), tedes (6), minutos (6), aproximadamente (6), moi (6), familias (6), traballo (6), todo (5), verán (5), tempo (5), lectura (5), rematar (5), libros (5), unha (5), semana (4), último (4), outro (4), máis (4), vacacións (4), recordade (4), tarefa (4), martes (4), profe (4), final (4), forma (4), quero (4), vídeo (4), ánimo (3), seguintes (3), kahoot (3), repaso (3), clave (3), calma (3), límite (3), matemáticas (3), proxecto (3), auga (3), novo (3), facendo (3), breves (3), esta (3), sabedes (3), vosos (3), mércores (3), das (3), cole (3), dos (3), dito (3), isto (3), déixovos (3), polo (3), varios (3), fagades (3), este (3), gustaríame (3), foi (3), poidades (3), nos (3), ver (2), biblioteca (2), entradas (2), esforzo (2), programa (2), faremos (2), nome (2), pois (2), nas (2), lingua (2), galega (2), luns (2), menos (2), facelo (2), lengua (2), castellana (2), lunes (2), ides (2), paula (2), última (2), educación (2), física (2), material (2), teñades (2), todos (2), deben (2), escolar (2), fundamental (2), abalarmóbil (2), xoves (2), miércoles (2), ademais (2), seguinte (2), onde (2), sinxela (2), exemplos (2), facer (2), link (2), jueves (2), días (2), estamos (2), cualificacións (2), acceder (2), nun (2), contedes (2), plans (2), teño (2), despedida (2), algunha (2), algún (2), despois (2), vós (2), videoconferencia (2), desde (2), fostes (2), grupo (2), espléndido (2), cousas (2), sodes (2), aquí (2), equipo (2), patri (2), fotos (2), pola (2), desfrutade (2), pedide (2), cando (2), compartide (2), xuntos (2), aire (2), tema, sencillo, tecnología, blogger, perfil, rubén, datos, personales, nosa, página, principal, suscribirse, atom, inicio, antiguas, comezamos, penúltima, agora, está, volta, esquina, unicamente, aquel, alumnado, participa, neste, refórza, inglés, faredes, envíe, teacher, rafa, sempre, empregade, apuredes, pensade, preguntas, domingo, chegar, música, empregar, comeza, enerxía, veña, estádelo, ben, novas, próxima, empregrar, nomes, ciencias, naturais, acercámonos, vindeiro, alguén, ten, recoller, levar, texto, mochilas, viaxeiras, aqueles, tablets, prestadas, esquezades, devolver, traer, formulario, solicitude, axudas, devolución, deste, solicitar, axuda, enviarei, aviso, recordalo, sinxelas, relixión, lecturas, festivo, local, haberá, plástica, imos, traballar, papiroflexia, origami, accedede, explica, escollades, aparece, páxina, hai, niveles, dificultade, cal, atrevedes, seguimos, coas, subidas, venres, últimos, punto, empecedes, merecidas, indicarvos, estarán, finais, poder, velas, estou, contento, rendemento, sinxeliñas, publicación, case, propóñovos, pequena, reflexión, sobre, escibirades, papel, redacción, contándome, gustou, aínda, contádeme, gustaría, podedes, facela, castelán, galego, aperta, dous, proposta, fixerades, cartel, escribades, frase, debuxo, anécdota, ocorra, despedir, facédelle, foto, saiades, nel, telos, recordo, parece, tal, indiquei, serás, horas, será, ela, pinchade, vémonos, ratiño, meses, traballando, distancia, chegamos, dicir, aprendín, montón, porque, mestres, aprendemos, felicitarvos, interese, capacidade, adaptarvos, dun, sen, dúbida, uns, auténticos, campións, igualmente, agradecer, labor, cuxa, implicación, lograr, sistema, funcionara, dixen, agardo, desfrutedes, van, estas, somos, tras, lista, deberes, carteis, algunhas, deixo, feito, saides, nenos, nenas, bailando, grazas, chicos, chicas, marabilloso, sede, felices, dade, gracias, perdón, dicídelle, quérote, favor, coidade, aos, amigos, amigas, axudádelles, precisen, facede, doce, prato, especial, familia, abrazade, xogando, falando, rindo, paseando, vendo, películas, lendo, axudade, casa, resulta, enriquecedor, saimos, gañando, xogade, pero, fundamentalmente, libre, correde, saltade, deitádevos, herba, percorrede, camiños, coa, bicicleta, construíde, cabanas, contemplade, ceo, noite, natureza, boa, rutas, polas, fantásticas, paisaxes, regala, galicia, durante, paseos, pechade, ollos, vez, collede, profundamente, deixádevos, embriagar, brisa, seguro, relaxa, lede, mergulládevos, fantásticos, mundos, escritores, escritoras, más, marabillosa, viaxar, aprender, interpretar, mundo, rodea, vídeos, viernes,
Text of the page (random words):
os exploradores e exploradoras de 4º viernes 19 de junio de 2020 fotos vídeos e que teñades un verán espléndido como xa vos dixen na videoconferencia de hoxe agardo que desfrutedes moito do verán e aquí van as tarefas para estas vacacións lede todo o que poidades mergulládevos nos fantásticos mundos dos escritores e escritoras é a forma más marabillosa de viaxar e aprender a interpretar a mundo que nos rodea desfrutade da natureza unha boa forma é facendo rutas polas fantásticas paisaxes que nos regala galicia e durante os vosos paseos pechade os ollos de cando en vez collede aire profundamente e deixádevos embriagar pola brisa seguro que vos relaxa moito xogade todo o que poidades pero fundamentalmente ao aire libre correde saltade deitádevos na herba percorrede camiños coa bicicleta construíde cabanas contemplade o ceo de noite axudade nas tarefas da casa como sabedes o traballo en equipo resulta moito máis enriquecedor e todos saimos gañando abrazade ás vosas familias todo o que poidades e compartide tempo xuntos xogando falando rindo paseando vendo películas lendo facede algún doce ou prato especial en familia coidade aos vosos amigos e amigas axudádelles cando o precisen e compartide tempo xuntos dade as gracias pedide perdón dicídelle quérote ás vosas familias e pedide as cousas por favor desfrutade moito moito do verán e sede felices tras esta lista de deberes déixovos os carteis que fostes facendo e algunhas fotos vosas tamén vos deixo un vídeo feito pola profe patri no que saides os nenos e nenas do cole bailando e outro vídeo de final do proxecto da auga grazas por todo chicos e chicas sodes un grupo marabilloso vídeo da profe patri vídeo final do proxecto somos auga en junio 19 2020 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest jueves 18 de junio de 2020 último día do curso bo día exploradores e exploradoras despois de varios meses traballando desde a distancia chegamos ao último día de cole teño que dicir que fostes un grupo espléndido co que aprendín un montón de cousas porque os mestres tamén aprendemos de vós tamén quero felicitarvos polo voso esforzo interese e capacidade para adaptarvos a esta forma de traballo dun día para outro sen dúbida sodes uns auténticos campións igualmente desde aquí tamén quero agradecer a labor das vosas familias cuxa implicación foi fundamental para lograr que este sistema de traballo funcionara ao final foi un traballo en equipo dito isto e tal e como vos indiquei polo correo electrónico hoxe faremos a última videoconferencia de despedida do curso serás ás 17 00 horas e será a tarefa para hoxe para acceder a ela pinchade no seguinte link vémonos nun ratiño en junio 18 2020 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest miércoles 17 de junio de 2020 tarefa xoves 18 de xuño bo día exploradores e exploradoras estamos a dous días para rematar o curso a proposta que teño para hoxe é moi sinxela gustaríame que fixerades un cartel de despedida no que escribades algunha frase fagades algún debuxo contedes algunha anécdota o que se vos ocorra para despedir o curso despois facédelle unha foto na que tamén saiades vós nel gustaríame telos de recordo que vos parece en junio 17 2020 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest martes 16 de junio de 2020 tarefa para o mércores 17 de xuño bo día exploradores e exploradoras como xa non queda case nada para rematar o curso propóñovos que hoxe fagades unha pequena reflexión sobre este curso escolar gustaríame que escibirades nun papel unha redacción contándome que foi o que máis vos gustou o que menos e tamén quero que me contedes que plans tedes para este verán se ides de vacacións a onde e se aínda non tedes plans contádeme que vos gustaría facer podedes facela en castelán ou en galego unha aperta en junio 16 2020 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest lunes 15 de junio de 2020 tarefas martes 16 de xuño e publicación das cualificacións últimos días xa non queda nada exploradores e exploradoras estamos a punto de rematar o curso e de que empecedes as vosas máis que merecidas vacacións indicarvos ademais que hoxe estarán as cualificacións finais do curso as vosas familias deben acceder a abalarmóbil para poder velas estou moi contento co voso rendemento e o voso traballo dito isto déixovos as propostas de tarefas para hoxe que son moi sinxeliñas e breves 20 minutos de lectura aproximadamente lingua galega en junio 15 2020 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest jueves 11 de junio de 2020 tarefas venres 12 de xuño bo día exploradores e exploradoras último día de traballo da semana e ademais o luns é festivo local polo que non haberá tarefas xa non queda nada ánimo as propostas de tarefas para hoxe son as seguintes 20 minutos de lectura aproximadamente lengua castellana educación física seguimos coas propostas da profe paula subidas o mércores plástica imos traballar papiroflexia e origami sabedes o que é accedede ao seguinte link onde se vos explica de forma sinxela tamén tedes varios exemplos e propostas para facer quero que escollades un dos exemplos que aparece na páxina e o fagades hai varios niveles de dificultade a ver con cal vos atrevedes en junio 11 2020 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest miércoles 10 de junio de 2020 tarefas xoves 11 de xuño bo día exploradores e exploradoras acercámonos ao final da semana e xa non queda nada para rematar recordade que o vindeiro 17 de xuño alguén das vosas familias ten que ir ao cole recoller o voso material e tamén levar os libros de texto os libros da biblioteca as mochilas viaxeiras e aqueles que as teñades as tablets prestadas non vos esquezades de devolver todos os libros tamén deben traer o formulario de solicitude de axudas para libros e material escolar é fundamental a devolución dos libros deste curso para solicitar a axuda enviarei por abalarmóbil un aviso ás vosas familias para recordalo dito isto déixovos as tarefas para hoxe son moi breves e sinxelas ánimo 20 minutos de lecturas aproximadamente matemáticas relixión en junio 10 2020 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest martes 9 de junio de 2020 tarefas mércores 10 de xuño bo día exploradores e exploradoras un novo día comeza como ides de enerxía veña que xa non queda nada e estádelo facendo moi ben as tarefas para hoxe son moi breves 20 minutos de lectura aproximadamente ciencias naturais un novo kahoot de repaso recordade empregrar os vosos nomes en clave e facelo con calma non tedes límite de tempo educación física novas propostas da profe paula son para esta semana e a próxima que como sabedes é a última en junio 09 2020 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest lunes 8 de junio de 2020 tarefas martes 9 de xuño bo día exploradores e exploradoras outro día máis e outro día que queda menos para chegar ás vacacións recordade rematar a tarefa do proxecto da auga as propostas de tarefas para hoxe son as seguintes 20 minutos de lectura aproximadamente lengua castellana matemáticas un novo kahoot de repaso recordade empregar o voso nome en clave e facelo con calma pois non tedes límite de tempo música en junio 08 2020 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest domingo 7 de junio de 2020 tarefas luns 8 de xuño bo día exploradores e exploradoras comezamos a penúltima semana do curso agora si que si non queda nada é o último esforzo moito ánimo que o verán xa está á volta da esquina as tarefas para hoxe son as seguintes 20 minutos de lectura aproximadamente matemáticas lingua galega faremos un kahoot de repaso como sempre empregade o voso nome en clave e non vos apuredes pensade con calma pois non tedes límite de tempo nas preguntas inglés faredes as propostas que vos envíe o teacher rafa programa refórza t unicamente para aquel alumnado que participa neste programa en junio 07 2020 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest entradas antiguas inicio suscribirse a entradas atom página principal a nosa biblioteca datos personales rubén mg ver todo mi perfil tema sencillo con la tecnología de blogger
|