Meta tags:
description= anpascompostela@gmail.com;
Headings (most frequently used words):
de, 2016, compostela, marzo, 2015, novo, blog, comedores, en, galego, vida, feliz, febreiro, maio, xaneiro, federación, anpas, fanpa, xornada, sobre, escolares, nós, idioma, nosa, menor, gasto, educación, unha, eiva, futuro, ano, laico, educamos, na, violencia, estivemos, querendo, boas, festas, páxinas, categorías, arquivo, dog, noticias, relacionadas, outras, federacións, outros, meta, stats, 11, outubro, 2019, 30, 15, 10, 19, 25, novembro, 23, decembro, 2014,
Text of the page (most frequently used words):
que (427), para (104), non (103), dos (65), unha (52), como (46), máis (41), das (36), nos (35), porque (35), nós (34), fillos (34), por (33), todos (33), nosos (33), son (32), fillas (29), tamén (28), quen (28), súa (27), todas (26), temos (26), familias (26), #educación (23), con (23), ser (23), nosa (23), anpas (22), concello (22), ensino (22), pero (22), escolares (21), mesmo (21), comedores (20), ano (20), dun (20), dende (19), sobre (18), público (18), sen (18), nin (18), coa (18), compostela (17), aos (17), todo (17), queremos (17), logo (17), cando (16), vida (16), ten (16), seu (16), teñen (16), servizo (16), traballo (15), xeito (15), federación (14), novo (14), futuro (14), homes (14), tempo (14), días (14), centros (13), hai (13), nenos (13), están (13), noso (13), sociedade (13), igualdade (13), seus (13), lugar (12), dunha (12), lingua (12), lles (12), sempre (12), mulleres (12), modelo (12), ceip (11), 2009 (11), 2016 (11), facer (11), eles (11), este (11), galego (11), com (10), agora (10), 2014 (10), filed (10), clasificar (10), posted (10), federaciondeanpascompostela (10), iso (10), aínda (10), esa (10), sexa (10), ese (10), familiar (10), nenas (10), persoal (10), atención (10), traballar (10), día (10), parte (10), períodos (10), esta (9), públicos (9), curso (9), febreiro (9), marzo (9), leave (9), comment (9), nun (9), onde (9), menos (9), nas (9), algo (9), nosas (9), cada (9), moi (9), xunta (9), violencia (9), polo (9), mentres (9), alimentación (9), escolar (8), xaneiro (8), sería (8), tanto (8), ter (8), xestión (8), súas (8), centro (8), teñan (8), poidan (8), produto (8), tres (8), alumnado (8), xornada (8), wordpress (7), 2008 (7), 2012 (7), maio (7), ninguén (7), presenza (7), educativo (7), propio (7), medios (7), realidade (7), situación (7), cos (7), lectivos (7), laboral (7), durante (7), empresa (7), dentro (7), primeiro (7), galicia (7), obrigatorio (6), ver (6), blog (6), outros (6), nais (6), colexios (6), relación (6), lei (6), decembro (6), novembro (6), 2015 (6), mundo (6), mellor (6), cunha (6), libros (6), administración (6), propia (6), coma (6), vivir (6), dereito (6), elas (6), toda (6), estamos (6), entre (6), outra (6), falar (6), moito (6), está (6), hoxe (6), momento (6), así (6), dar (6), traballamos (6), debe (6), dereitos (6), moitos (6), descanso (6), maneira (6), directamente (6), problema (6), necesaria (6), antes (6), anos (6), alimentos (6), calidade (6), demanda (6), pais (5), educativos (5), 2013 (5), galegas (5), ben (5), diferentes (5), imos (5), gasto (5), sendo (5), único (5), pode (5), capacidade (5), saúde (5), lle (5), estivemos (5), respecto (5), desta (5), conciencia (5), posible (5), contra (5), necesario (5), pola (5), pouco (5), meses (5), común (5), ata (5), estar (5), moitas (5), debería (5), somos (5), ames (5), comedor (5), conta (4), actividades (4), próximo (4), abril (4), xuño (4), 2011 (4), outubro (4), actuación (4), case (4), directa (4), mesmos (4), ningún (4), fose (4), polos (4), texto (4), goberno (4), segunda (4), abonda (4), pública (4), criterios (4), proxecto (4), programación (4), sexan (4), convivencia (4), nadal (4), nivel (4), estas (4), podemos (4), eliminación (4), condutas (4), feliz (4), historia (4), través (4), vivimos (4), forza (4), alí (4), idioma (4), sexamos (4), eses (4), sociais (4), casa (4), aquí (4), cara (4), outro (4), dese (4), profesionais (4), colaboración (4), mellora (4), libre (4), organización (4), tempos (4), laborais (4), vacacións (4), sistema (4), maior (4), realmente (4), neste (4), necesidades (4), facelo (4), entendemos (4), proximidade (4), tiñan (4), foi (4), moita (4), pagamos (4), espazo (4), experiencia (4), concelleiro (4), servizos (4), cociña (4), produción (4), nunha (4), importancia (4), ecolóxico (4), sitio (3), comentarios (3), deste (3), sesión (3), meta (3), novas (3), anpa (3), euros (3), compostelás (3), axudas (3), defensa (3), charlas (3), wert (3), setembro (3), 2010 (3), conciliación (3), quizais (3), logros (3), mais (3), tampouco (3), profesores (3), especialistas (3), diversidade (3), nova (3), material (3), tivemos (3), discriminación (3), nacer (3), tentar (3), abandono (3), denunciando (3), cousas (3), deberían (3), participación (3), interese (3), seguranza (3), decisións (3), grandes (3), pequenas (3), mellores (3), desexos (3), comeza (3), nese (3), cidade (3), social (3), certo (3), desa (3), desexamos (3), maiores (3), equidade (3), paso (3), senón (3), obriga (3), cheas (3), escoitar (3), demais (3), aprendan (3), mirar (3), posibilidades (3), sabemos (3), recurso (3), teremos (3), tememos (3), constantemente (3), alguén (3), mesma (3), clara (3), maioría (3), aprendizaxe (3), ven (3), pretendemos (3), consideración (3), valoración (3), persoas (3), valores (3), suposto (3), diferenza (3), poder (3), verán (3), neses (3), gran (3), peso (3), deixar (3), uns (3), semana (3), santa (3), resulta (3), actual (3), necesidade (3), vai (3), muller (3), crianza (3), preciso (3), horas (3), período (3), dous (3), caso (3), último (3), contrato (3), longo (3), produtos (3), tempada (3), poida (3), valor (3), vez (3), igual (3), meirande (3), van (3), nada (3), ideal (3), achegar (3), xente (3), humanos (3), serán (3), variedade (3), miles (3), posibilidade (3), isto (3), económicas (3), deben (3), camiño (3), funcionamento (3), principio (3), prezo (3), local (3), ecolóxicos (3), nutrición (3), confederación (3), dúas (3), ocorre (3), falou (3), menús (3), teña (3), free (2), create (2), your (2), own (2), website (2), web (2), iniciar (2), feed (2), entradas (2), crear (2), mirada (2), provincial (2), outras (2), apoio (2), apertura (2), fóra (2), horario (2), lectivo (2), concedidas (2), plataforma (2), quiroga (2), palacios (2), 2019 (2), arquivo (2), lomce (2), consellería (2), normas (2), feito (2), esforzo (2), merece (2), dicir (2), erros (2), doutros (2), perdemos (2), tod (2), comezamos (2), preparado (2), innecesario (2), beneficio (2), deu (2), primeira (2), última (2), fosen (2), culpábeis (2), conseguimos (2), continuar (2), forzas (2), cre (2), comercial (2), prioritario (2), organizado (2), directivos (2), temas (2), procura (2), positivos (2), indiscutíbel (2), queda (2), abandonada (2), actores (2), criterio (2), mil (2), maneiras (2), punto (2), acordo (2), dicindo (2), aprender (2), coñecemento (2), tomen (2), extensión (2), tan (2), presidente (2), comprender (2), medio (2), distintas (2), facemos (2), supón (2), idea (2), datas (2), modernidade (2), nomes (2), inclúa (2), clave (2), trae (2), inclusivo (2), laico (2), boas (2), mágoas (2), tristuras (2), manuel (2), seguridade (2), polas (2), rúas (2), galegos (2), decisión (2), manter (2), veñan (2), identidade (2), define (2), levar (2), soporte (2), serven (2), defendemos (2), infancia (2), xuventude (2), medrar (2), poidamos (2), entregarlles (2), vivan (2), lonxe (2), amplo (2), cheo (2), cambios (2), permanente (2), regresar (2), saber (2), límites (2), existe (2), ningunha (2), persoa (2), calquera (2), educar (2), tipo (2), probablemente (2), esteamos (2), mal (2), casos (2), momentos (2), aquilo (2), implica (2), ruptura (2), exemplo (2), vexan (2), familia (2), tratados (2), botamos (2), escola (2), existencia (2), mozos (2), reciben (2), modelos (2), aqueles (2), eixos (2), diferenzas (2), diferente (2), traballa (2), inclúe (2), acto (2), vista (2), privado (2), haxa (2), contidos (2), 175 (2), pensar (2), divisións (2), total (2), catro (2), costume (2), diante (2), absurdo (2), calendarios (2), festividades (2), temporal (2), duración (2), currículos (2), esixencias (2), aproveitamos (2), formación (2), poden (2), levarnos (2), discurso (2), necesarias (2), carga (2), enorme (2), proxección (2), avogamos (2), 102 (2), novamente (2), posto (2), mellorar (2), peculiar (2), lume (2), inmediato (2), propias (2), posta (2), demandas (2), monitores (2), usuarios (2), comece (2), partes (2), demandamos (2), organice (2), prestación (2), estes (2), porén (2), continuidade (2), instamos (2), mínimo (2), finalización (2), preferiblemente (2), contratación (2), mantemento (2), control (2), comidas (2), custos (2), forte (2), destes (2), presentes (2), concelleiros (2), preto (2), difícil (2), pasado (2), seguintes (2), conclusións (2), debemos (2), traballan (2), xornadas (2), teñamos (2), conseguir (2), xusto (2), simple (2), saben (2), porqué (2), puidesen (2), volver (2), xantar (2), mesa (2), cea (2), boa (2), obrigatoria (2), atenden (2), fan (2), suma (2), asociacións (2), efectivamente (2), preparan (2), organizar (2), viven (2), moderna (2), normalizada (2), postos (2), poderemos (2), existiu (2), colectivo (2), burato (2), caer (2), han (2), consecuencia (2), economicamente (2), obteremos (2), necesarios (2), contexto (2), pagar (2), económica (2), precisarían (2), tal (2), pequeno (2), grave (2), complementarias (2), perspectivas (2), totalmente (2), crise (2), saídas (2), dotación (2), redor (2), orzamentos (2), millóns (2), veces (2), eterno (2), palabras (2), coas (2), avós (2), será (2), despois (2), relatorio (2), encargue (2), economía (2), implicación (2), quente (2), máxima (2), contorna (2), natural (2), javier (2), canto (2), tería (2), utilizar (2), falounos (2), depender (2), municipal (2), aspectos (2), fórmulas (2), espazos (2), plasticomedores (2), aprendemos (2), plásticos (2), explicounos (2), contaminación (2), http (2), andrés (2), segundo (2), produtores (2), asesorando (2), www (2), ampla (2), fanpa (2), anpascompostela (2), gmail (2), start, nome, correo, escribe, comentario, cargando, contraer, barra, informar, contido, rexistro, administrar, subscricións, reader, privacidade, tes, inicia, rexístrame, subscrito, subscrición, crea, blogue, balde, 212, hits, stats, pedagógica, jornada, olívica, alumnos, foanpas, cangas, costa, morte, apas, coruña, pontevedra, rúa, federacións, preguntan, 000, reclaman, resolver, problemas, santiago, fedéranse, avalían, ameazan, abrir, inicios, noticias, relacionadas, concellos, beneficiarios, subvencións, cofinanciamento, programa, 2007, dog, galega, roxos, ramón, cabanillas, raiña, fabiola, pio, xii, lópez, ferreiro, lamas, abade, fontiñas, xullo, elixe, mes, prensa, liñas, formándonos, categorías, buscar, leis, decretos, ordes, integrarse, páxinas, antigas, rematamos, listaxe, preocupacións, debullar, rematado, botando, ollada, dedicado, cariño, indirectamente, entregado, novos, medren, construído, pensamos, remata, tanta, lembranza, apetecíbel, balance, quer, esquecemento, aprenda, morre, tivo, dabondo, finanzamento, quedamos, incluír, vidas, coñecía, estaba, pelexamos, afogar, mercando, inútil, comunidade, figura, pretende, valido, cómo, discriminaba, colectivos, completos, entrega, adquisición, repetía, chamar, dixital, consolidando, tendencia, fabricar, noutro, niso, pasamos, conter, abafadora, deriva, desmantelamento, meteron, actuais, administradores, reclamando, pelexando, riba, equipara, utilizando, custe, pensa, intelixencia, investidora, carece, planificadora, abandona, responsabilidades, terceiros, equipos, referencias, indeterminadas, decidan, deberes, finanzamentos, ligados, programas, proxectos, específicos, recente, tristemente, salvagarda, indeterminado, cidadanía, responsábeis, conformadas, xeitos, unidas, seguir, atinxirnos, precisan, convivir, realidades, aprenderen, outorga, aquel, afecten, felicitarlle, conselleiro, transmitirlles, quereriamos, aparecera, iguais, diferencian, monte, distinguen, ferro, discapacidade, distintos, esas, diñeiro, posición, cultural, afirmación, falsa, bondade, ignorando, tratamento, consciente, nivelador, desigualdades, iniciais, soltamos, tópicos, frases, bonitas, acaídas, pregoamos, tendemos, individuos, chamarlle, evolución, progreso, terá, queiramos, darlle, andar, albores, humanidade, consistiu, equiparación, duns, chamamos, civilización, precisamente, barreiras, eivas, impidan, iguale, peza, produtiva, futura, sentidiño, gobernan, magnífico, festas, pois, dixo, maría, orgullo, afouteza, ledicia, milleiros, aseguraban, viva, detrás, cal, histórica, compromiso, falsidades, mentiras, interesadas, tentan, roubarnos, comprobar, vaise, vendo, recortada, expectativas, une, explica, contén, comprendamos, cotío, condición, integración, xentes, disfrazada, vestida, ouropel, hexemonía, peores, teimosía, falados, témolo, precisamos, nolo, autorice, esiximos, enganada, debuxe, falseado, semelle, falan, recursos, estudar, amar, comprensiva, estea, abran, plural, variado, inesperado, ideas, ateigado, abertura, firmeza, vertebra, constrúe, partimos, permite, viaxar, internamente, defendendo, apoiado, vehículo, motor, transmite, conserva, dignifica, meu, homilde, nidio, popular, labriego, suburbial, mariñeiro, fas, avergoñar, burgués, señorito, tendeiro, levas, sangue, povo, raigañas, escuras, anuncian, sin, querendo, esixentes, implacables, esixencia, tolerancia, admitamos, razón, xustifique, mínima, avanzado, denunciar, vergoña, violentadas, posibles, inocente, apareza, maltrate, anule, desprece, activa, cómpre, inimaxinable, mente, medre, neles, rexeitamento, visceral, impida, violentos, nelas, baixo, título, exercer, certos, indica, facendo, rotunda, saíndo, déixanos, abafados, violencias, indicios, dominación, reclamos, aprobación, clasificacións, sexistas, requirimentos, intolerancia, deberiamos, deberemos, autocrítica, dispor, responda, vital, cabe, pautas, negadas, roles, comportamentos, negativo, inculcar, gocen, nai, tratadas, trata, merecemos, falta, efectivo, prol, trato, homoxéneo, aulas, mestres, mestras, visualice, positivo, contrarresten, claro, publicidade, xogos, audiovisual, aprenderlles, interpretar, crítica, erróneos, incidir, positiva, contribuír, visualizar, machistas, violentas, arquetipo, desprezable, publicamente, indigno, privada, mozas, relacionan, connosco, contemplar, xirar, combátese, desprezo, rebátese, identifica, anúlanse, visualiza, certeza, colectiva, personalidades, circunstancias, materialización, posesión, violento, permisiva, aquela, considera, inferior, obxecto, dominio, grao, despreza, vítimas, fai, responsables, seren, agresor, internacional, evidencias, desexable, garantir, pacífica, enriquecedora, educamos, traia, laica, condicionantes, tradición, relixiosa, permanecer, ámbito, nunca, manteñamos, outono, primavera, estudemos, inverno, rompamos, inercia, longuísimas, fixémolas, uniformes, estábeis, obedezan, organicemos, comodamente, impartidos, dado, partindo, anuais, lóxico, establecer, cifra, redondeando, establecendo, uniforme, épocas, estudo, dando, adquirido, época, lecer, fixando, estábel, trimestres, bimestres, responderan, pedagóxico, obxectivo, real, asumíbel, docentes, interésanos, reflexión, dependen, fundamentalmente, relixiosas, católicas, baséanse, elementos, moven, complica, innecesariamente, desproporcionada, variabilidade, anual, inadmisíbel, anacrónico, absurdamente, festivo, chama, venres, santo, converte, eleva, rango, norma, ataca, intento, racionalización, problemática, esaxeradamente, amplos, collen, existentes, forzan, desmesuradas, inútiles, vimos, aprobou, lembrar, derrogación, viña, atrás, seguirá, comprenda, acumulación, conduce, metodoloxías, abundancia, materias, conducir, eficaz, válido, individuo, atendemos, nesta, nacementos, acompañado, políticas, inconsistente, defender, inasumible, renunciar, conste, ocupados, precisen, defenderemos, contrario, descendencia, atopen, facilidades, coidala, atendela, evidentemente, alternan, obedecen, orde, lóxica, conciliar, sinxelamente, admitimos, protesta, serie, comprimen, amplísimos, axeitados, acaban, unhas, volverán, separados, entroido, descansarán, traballarán, parar, final, descontar, locais, disposición, ordinariamente, sorte, terían, atendelo, 230, visíbel, terreo, utopías, actualmente, termos, esixir, cousa, idade, fin, adoita, coincidir, pouquiño, curiosamente, seguinte, acontece, calendario, civil, tardamos, duran, desconexión, forzada, bos, intencións, fanse, plans, cero, contador, trouxera, aire, fresco, renovación, mudasen, soar, doce, badaladas, apoiamos, recollida, dependencias, previos, posteriores, partir, asine, participativo, dea, querido, aceptado, libere, dependencia, inevitable, empresas, sector, catering, diálogo, fluído, constante, adxudicataria, canles, periódicas, permanentes, posibiliten, afondar, comunicación, implicadas, agradecemos, concesionaria, contrate, presente, prepare, traballe, medida, achegados, chegados, meridiano, académico, normalizar, basee, condicións, asumimos, adxudicación, realice, urxente, definitivo, estabilidade, incertos, dispón, datos, usuarias, informe, novidades, haber, evitar, cúmulo, informacións, contraditorias, chegar, fontes, quede, marxe, xogo, político, debate, facerse, construtivo, achegando, resolución, afecta, reunión, valoramos, pasa, sentir, representamos, chegou, luns, reunidos, representantes, xestionados, incluídas, acordos, tomados, indican, represéntanos, afectadas, firme, capacidades, confianza, permitir, independentes, autónomas, piden, permiso, actuar, participamos, actuemos, varias, esforzarnos, xuntos, debuxa, parágrafo, anterior, entenden, comparten, delas, responsabilidade, pequena, parella, asunción, uso, del, celebra, agás, tivesen, festa, erguerse, ducharse, marchar, descansar, anaquiño, tardiña, tirarse, cansas, sofá, celebración, honrar, memoria, lograron, reivindicando, avergoñarnos, conseguido, país, cae, lado, xeneralizando, aplaudindo, excepcións, masculinas, abondas, tarefas, controlan, vestimenta, coñecen, horarios, merca, provisión, acompañan, médico, despistes, aplauden, éxitos, taxistas, seguidoras, deportivas, conselleiras, subministradoras, excepción, sumas, divide, constituídas, desas, algún, pai, demasiados, volveremos, ficaremos, felices, avances, pensando, mañá, especializada, planificación, fogar, pensamento, morea, declaracións, altísimos, cargos, dalgunha, poderes, século, xxi, nonseicantos, mans, asistir, paridade, absoluta, festexar, oito, traballadora, lembraremos, volta, cidadás, salarios, promoción, recoñecemento, digan, levamos, dicíndoo, gastar, creación, negro, engane, desfavorecidos, xusta, oportunidades, conseguilas, sobrevivir, terceira, perversión, faro, caibamos, favorecidas, número, títulos, universitarios, importan, listaxes, ascender, informes, pagados, gustan, gobernos, formada, materiais, formar, concertado, socialmente, incompleta, esencia, descoñecerán, complexidade, seres, sufrir, infravalorado, teren, demostrar, profesoras, adiante, xestionalo, adicarse, docencia, presencial, privándolle, complementar, poderían, consecuencias, perversas, recorte, tipos, complementos, aparentemente, aqueloutras, complementario, contía, custo, inaccesíbel, privando, pertencen, situacións, complicadas, especiais, solución, axuda, suplementaria, clases, reforzo, colaboracións, puntuais, afondamos, privación, recortana, creando, parcelas, inclusivas, caras, permita, salto, adaptamos, moitísimo, peor, estase, introducindo, sensación, suplementala, externamente, continuamos, negar, matrículas, ensinanzas, artísticas, musicais, universitarias, cumpríase, mandato, constitucional, gratuidade, pagaba, incúmprese, copagan, eran, gratuítos, afogados, contas, fotocopias, extraescolares, requiridas, participar, centos, competición, deportiva, exposición, artística, mercamos, ler, bibliotecas, actualizar, incrementouse, caeu, medrou, coñeceramos, había, baixaron, deixando, 680, operativos, cadros, reducíronse, estarmos, cobren, axeitadamente, baixas, enfermidade, compañeiros, precisa, económicos, ficou, nestes, iniciativas, saen, estritamente, indispensábelcoutáronse, cartos, bens, elementais, calefacción, ambientes, confortables, mobiliario, axeitado, tecnoloxías, reduciu, noticia, menor, eiva, alameda, compostelá, propios, llelo, vivo, defendelo, antergos, vindeiros, verbas, dixemos, diremos, escoitamos, respondemos, transmitamos, berce, acolle, falémolo, asegurados, arma, grande, legado, tesouro, escritos, faladas, penduran, pobo, cultura, entregaremos, terra, falando, soutos, cortiñas, darémoslles, sinalando, avelaíñas, curuxas, cederémoslles, contemos, lapas, lóstregos, compartiremos, auga, percorramos, ribeiras, fervenzas, amoblar, construcións, sólidas, trouxeron, facérllelo, cómodo, seguro, afirmado, rotundo, camiñen, melloren, fomos, liberdade, armas, tomalas, vivila, entregámoslles, devir, cotián, escoiten, palpen, seremos, cantantes, fabuladores, primeiras, historias, sabedoría, fracasos, corrixidos, entregar, deron, viñeron, consciencia, cadea, forman, traballos, anécdotas, conto, perfecto, mocidade, xeracións, decidirán, devolver, vellos, fixeron, devolveron, recibiron, elo, infinito, voz, breve, ronsel, deixaremos, ofertara, pracer, desprazarnos, veciño, escape, simplemente, económico, diferenciar, dificultades, persoais, establecemento, recolla, ademais, serva, potenciar, preparen, interveñan, procedementos, conxelación, requentado, artificiais, mantementos, respectando, colexio, saudable, procedan, correspondan, itinerario, presentou, resultou, anteriores, relatorios, tirar, premisas, provedor, adaptación, concreto, estruture, equipa, elaborar, protocolos, xeneralizables, posterior, cotiá, dependente, dirección, profesional, especializado, encargado, levaría, práctica, contaría, educador, coidador, enfermería, necesitara, defende, houbese, educativa, tivese, negarse, disporían, defecto, xustificable, achegado, gratuíto, derivarse, completo, presupostos, financiados, impostos, resto, completan, sánchez, integra, organizou, presenta, basea, premisa, inicial, complementarios, responder, territorio, óptica, entender, arrodea, esquecer, cumprir, funcións, mecanismo, compensación, fórmula, relator, fixo, inciso, reclamar, foros, reclamación, recaer, ámbolos, coincidiron, plenamente, dificultade, suxeitos, normativa, sanitaria, restritiva, preparada, corporacións, alimentarias, encaixe, complicado, quefacer, loxística, administrativo, contrátanse, aposta, leva, once, organízase, cociñas, adquiridos, posíbel, provedores, significa, investimento, distribúese, vehículos, propiedade, distancias, reducidas, permiten, elaboración, consumo, garante, recén
Text of the page (random words):
pascompostela filed in sen clasificar leave a comment comedores de compostela 19 xaneiro 2016 hoxe luns 18 de xaneiro de 2016 estivemos reunidos os representantes das anpas da cidade de compostela que temos os comedores dos nosos colexios xestionados a través do contrato de servizo do concello estivemos presentes 9 das 10 anpas incluídas nese contrato polo que os acordos tomados e as decisións que logo se indican teñen o valor de gran maioría e represéntanos a todas as anpas afectadas a reunión na que valoramos a difícil situación pola pasa o servizo de comedores escolares dende a apertura do curso o pasado 10 de setembro e logo dunha posta en común do sentir das familias ás que representamos chegou ás seguintes conclusións 1 as familias compostelás queremos que o servizo de comedores escolares quede ao marxe do xogo político das distintas forzas presentes na casa do concello entendemos que o debate sobre este problema debe facerse dun xeito construtivo achegando todos os concelleiros o mellor do seu traballo para a resolución dun problema que afecta a preto de mil escolares e ás súas familias 2 desexamos que a adxudicación dos comedores escolares se realice dun xeito urxente e definitivo a máis forte demanda das familias é a da seguridade e estabilidade logo destes catro meses incertos queremos tamén que o concello que dispón dos datos das familias usuarias informe directamente das novidades que poida haber nun próximo futuro para evitar así o cúmulo de informacións contraditorias que están a chegar dende diferentes fontes durante este período 3 entendemos que chegados case ao meridiano do curso académico o prioritario é normalizar o situación actual polo que instamos que a nova contratación se basee en criterios de mantemento das condicións de servizo mellora e control da calidade das comidas e continuidade nos custos que asumimos as familias 4 agradecemos á actual empresa concesionaria do servizo a súa colaboración na prestación do mesmo durante estes meses porén non desexamos a súa continuidade e instamos ao concello para que a empresa que se contrate ata como mínimo a finalización do presente curso sexa unha empresa de proximidade que prepare os alimentos preferiblemente dentro do propio concello e que traballe na medida do posible con produtos achegados e de tempada 5 pretendemos manter un diálogo fluído e constante coa nova empresa adxudicataria para o que demandamos que o concello organice canles periódicas e permanentes que o posibiliten entendemos que hai que afondar na comunicación entre as tres partes implicadas concello empresa e usuarios 6 queremos que a partir do mesmo momento no que se asine un novo contrato se comece a traballar en común familias e concello dun xeito longo e participativo que dea lugar a un modelo de xestión que sexa querido e aceptado por todas as partes e que nos libere da dependencia inevitable das empresas do sector do catering 7 apoiamos por último as demandas dos monitores dos comedores para que os períodos de organización e recollida das dependencias sexan previos e posteriores ao horario de atención aos nenos e nenas usuarios posted by federaciondeanpascompostela filed in sen clasificar leave a comment 3 xaneiro 2016 feliz ano novo laico estas datas que estamos a vivir son as propias dos bos desexos e as boas intencións fanse plans para o futuro inmediato coma se a posta a cero dese peculiar contador que son os anos trouxera tamén aire fresco e renovación coma se fose posible que as cousas mudasen só por soar doce badaladas os que traballamos no terreo dos desexos e das utopías porque tentar mellorar o ensino público galego é iso actualmente sabemos que son necesarias para termos unha meta cara a que mirar un modelo que esixir pero tamén sabemos outra cousa que nós os que temos fillos en idade escolar non vivimos de ano en ano vivimos de curso en curso o noso peculiar fin de ano adoita coincidir un pouquiño antes do lume novo e curiosamente non comezamos o ano seguinte dun xeito inmediato como acontece co calendario civil tardamos case tres meses en facelo os nosos anos duran 9 meses e logo temos tres meses de desconexión forzada os nenos e nenas galegos que están agora no ensino obrigatorio acaban de ter un período de traballo de 102 días 68 lectivos teñen agora unhas vacacións de 17 días e volverán traballar outros 74 49 lectivos en dous períodos separados polos tres días do entroido descansarán 8 máis e traballarán novamente 86 días 61 lectivos para logo parar durante os 79 días do verán ao final logo de lles descontar as festividades locais ou os días de libre disposición do centro no seu caso os nosos escolares teñen ordinariamente un curso de 175 días lectivos mentres tanto as familias que teñan a sorte de ter un posto de traballo terían que atendelo durante 230 días ao ano a diferenza é moi visíbel evidentemente temos todos un problema teñen un problema os nosos fillos e fillas que alternan períodos de traballo e de descanso que non obedecen a ningunha orde lóxica 102 17 74 8 86 79 temos un problema as familias que non conseguimos conciliar a nosa vida laboral coa familiar sinxelamente porque traballamos moitos máis días e máis horas cada día ao ano que os días escolares dos nosos fillos e fillas e temos un problema como sociedade porque admitimos sen a protesta necesaria unha serie de normas que comprimen uns currículos amplísimos en períodos lectivos non axeitados en duración para a súa aprendizaxe as diferenzas entre tempo lectivo e tempo laboral deberían levarnos a pensar no pouco que atendemos á familia nesta sociedade no absurdo que é o discurso da necesidade de nacementos cando non vai acompañado das políticas de soporte familiar necesarias no inconsistente que é unha sociedade que di defender a igualdade pero que aínda hoxe carga sobre a muller a maioría do peso da crianza e educación dos fillos peso enorme que é inasumible agora mesmo sen renunciar á propia proxección persoal e conste aquí que non avogamos polos nenos e nenas ocupados tanto tempo como precisen as necesidades laborais dos pais e nais máis ben defenderemos o contrario que sendo a xuventude un ben necesario é preciso que aqueles que teñan descendencia atopen todas as facilidades para poder coidala e atendela como merece a problemática dos currículos esaxeradamente amplos tanto que non collen nos períodos lectivos existentes e que forzan a esixencias desmesuradas e inútiles é algo que vimos denunciando con máis forza dende que se aprobou a lomce lei da que aproveitamos para lembrar a necesidade social da súa derrogación se realmente queremos vivir na modernidade pero que xa viña dende atrás e que seguirá mentres non se comprenda que a acumulación de contidos non conduce a unha mellor formación e que son os cambios nas metodoloxías do ensino e non a abundancia de materias as que poden conducir a un modelo máis eficaz e válido para o individuo pero neste momento interésanos diante do novo ano deixar unha reflexión sobre o absurdo dos nosos calendarios escolares xa só dende o punto de vista do alumnado das súas necesidades de organización e descanso temos uns calendarios que dependen fundamentalmente das festividades relixiosas católicas baséanse en nadal e semana santa como elementos sobre os que se moven os eixos da programación temporal situación que se complica innecesariamente pola desproporcionada duración do nadal en relación á semana santa e pola variabilidade anual da situación desta última algo que resulta inadmisíbel e anacrónico e que tamén resulta absurdamente innecesario dende o momento en que o único día festivo obrigatorio de toda a semana santa é o que se chama venres santo o que converte a situación actual nun costume que se eleva a rango de norma e que ataca directamente contra todo intento de racionalización da vida escolar partindo da realidade dos nosos 175 días lectivos anuais o lóxico sería pensar en establecer períodos que fosen divisións desta cifra total redondeando en tres períodos de 58 días ou catro de 44 e establecendo os períodos de descanso dun xeito uniforme entre estas épocas de estudo dando quizais un maior peso ao verán polo costume adquirido e porque realmente é época máis de lecer ca de traballar pero fixando dun xeito estábel a situación dos trimestres ou bimestres para que o esforzo e sobre todo o descanso responderan a un criterio pedagóxico obxectivo e á real capacidade de facer unha programación asumíbel por docentes e alumnado manteñamos as vacacións de outono e de primavera estudemos se é necesario que haxa tamén vacacións de inverno rompamos a inercia das longuísimas vacacións de verán fixémolas todas en períodos uniformes e estábeis e que obedezan a unha programación do traballo e do descanso e organicemos os contidos de maneira que poidan ser comodamente impartidos neses períodos e teremos dado un gran paso na mellora do noso sistema educativo e na organización da vida familiar para que o novo ano nos traia unha escola pública laica libre dos condicionantes dunha tradición relixiosa que debe permanecer no ámbito privado das familias e nunca na organización dos tempos laborais dos nosos fillos e fillas feliz 2016 a todas e todos posted by federaciondeanpascompostela filed in sen clasificar leave a comment educamos na violencia 25 novembro 2015 hoxe 25 de novembro é o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres unha das máis grandes evidencias de que o noso nivel de educación está moi lonxe do desexable para garantir unha convivencia pacífica e enriquecedora a violencia contra das mulleres é a materialización da conciencia de posesión que aínda hoxe moitos homes teñen sobre elas non é só un acto violento produto dunha sociedade permisiva é un acto de poder contra aquela que se considera inferior que se ve como obxecto de dominio é un grao máis da violencia a que despreza as vítimas a que mesmo as fai responsables de seren á vista do agresor diferentes nós traballamos na educación na mellora do ensino público por suposto pero tamén na educación privada e familiar de cada un dos nosos fillos e fillas e de todos aqueles nenos e nenas mozos e mozas que se relacionan connosco e ese traballo ten que contemplar esta situación como un dos eixos sobre os que debe xirar a nosa actuación a violencia combátese cunha educación en igualdade o desprezo rebátese coa conciencia do outro da outra como alguén cos mesmos dereitos cos que cada quen de nós se identifica as diferenzas anúlanse cando un mesmo se visualiza como diferente cando se traballa na certeza dunha diferenza colectiva que inclúe todas as personalidades e todas as circunstancias botamos de menos ese traballo na escola pública botamos en falta un traballo efectivo en prol da igualdade non abonda nin moito menos coa existencia dun trato homoxéneo nas aulas non abonda coa presenza de mestres e mestras entre os profesionais para que se visualice a igualdade hai que traballar en positivo educar para crear valores que contrarresten os que os nosos nenos e mozos reciben dun xeito claro a través da publicidade dos xogos do audiovisual aprenderlles a interpretar en clave crítica os modelos sociais erróneos incidir na valoración positiva das condutas de colaboración e de equidade e sobre todo contribuír a visualizar as condutas machistas e violentas como un arquetipo desprezable e publicamente indigno máis tamén deberemos facer autocrítica os nosos fillos e fillas teñen que dispor dun modelo na casa que responda a aquilo que queremos que eles aprendan non existe aprendizaxe vital nos libros non cabe dar pautas que se ven negadas coa propia actuación traballar na igualdade e no respecto implica a ruptura con roles e comportamentos que son un exemplo en negativo do que pretendemos inculcar tamén aquí na vida familiar non abonda coa conciencia persoal de respecto cara o outro hai que traballar para que os nosos fillos e fillas vexan e gocen dese respecto teñen que ver sempre que a súa nai e todas as mulleres da familia son tratadas coa mesma consideración e valoración coa que se trata aos homes e que todos son tratados co respecto que merecemos como persoas probablemente a maioría de nós esteamos certos de que iso é o que estamos a facer mais a realidade indica que non é así que algo estamos facendo mal os casos de violencia rotunda están saíndo constantemente e déixanos abafados pero as pequenas violencias os indicios de dominación os reclamos de aprobación as clasificacións sexistas mesmo os requirimentos sociais diferentes están aí todos os días en todos os momentos e non temos contra eles o nivel de intolerancia que deberiamos todos os que temos fillas tememos constantemente que poidan ser violentadas de calquera das maneiras posibles tememos que na súa vida inocente apareza en calquera momento alguén que as maltrate que as anule que as desprece e todos os que temos fillos tememos coa mesma forza que eses fillos nosos poidan ser a parte activa desa violencia por iso cómpre educar na igualdade para que ese tipo de condutas sexan algo inimaxinable na mente dos nosos fillos e fillas para que medre neles un rexeitamento visceral que lles impida ser violentos e para que se cre nelas a clara conciencia de que ninguén baixo ningún título posible ten dereito a exercer a violencia sobre elas sexamos esixentes na igualdade sexamos implacables na esixencia da tolerancia e o respecto aos demais non admitamos ningunha razón que xustifique a máis mínima discriminación dunha persoa por outra e teremos avanzado moito na eliminación desta violencia que hoxe temos aínda que denunciar como unha vergoña de toda a sociedade posted by federaciondeanpascompostela filed in sen clasificar leave a comment estivemos querendo galego o 8 de febreiro 9 febreiro 2015 idioma meu homilde nidio popular labriego suburbial e mariñeiro que fas avergoñar ó burgués ó señorito i o tendeiro levas sangue de povo e raigañas escuras que anuncian un día novo sin mágoas nin tristuras pois sen mágoas nin tristuras como dixo manuel maría senón con orgullo e afouteza con seguridade e ledicia estivemos o 8 de febreiro polas rúas de compostela con milleiros de galegas e galegos coma nós que aseguraban o seu dereito e a súa decisión de manter a nosa lingua viva para nós e para as fillas dos nosos fillos para o futuro para os que veñan detrás de nós cal é a nosa obriga histórica e o noso compromiso persoal porque as familias galegas estamos cheas de escoitar falsidades e mentiras interesadas cheas de ver como tentan roubarnos a nosa historia cheas de comprobar como a educación das nosas fillas e fillos vaise vendo recortada en medios en expectativas en atención en igualdade e agora tamén en identidade identidade porque é a lingua quen nos une quen nos define quen nos explica e nos contén a lingua que ten que nos levar ao seu través para que comprendamos o que vivimos de a cotío a lingua que é condición e soporte da nosa integración entre as xentes esa é a lingua que nós queremos para as nosas fillas e fillos non queremos outra nin disfr...
|