Meta tags:
description= Blog do Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural da USC;
Headings (most frequently used words):
de, en, historia, memoria, histagra, con, anos, na, el, sobre, la, ciclo, pasados, incómodos, españa, unha, seminarios, 18_19, mobilidade, dos, dereitos, propiedade, terras, rústicas, galicia, análise, das, estruturas, gobernanza, maría, josé, enríquez, garcía, conferencia, bárbara, van, der, leeuw, representación, do, inimigo, euskadi, ulster, durante, os, chumbo, 1968, 1981, reforma, agraria, portugal, cando, futuro, estaba, seminario, zira, box, discursos, alcances, expresións, da, nación, viril, franquista, arco, inglés, reddit, roca, barea, algunos, comentarios, pop, su, divulgación, sophie, baby, torno, ao, libro, mito, transición, pacífica, violencia, política, 1975, 1982, circulación, saberes, prácticas, ditadura, investigación, científica, ollada, praza, abastos, santiago, vinte, despois, conferencias, emilio, majuelo, upna, relatos, conflito, posfranquismo, sen, obradoiro, cambios, paradigma, rural, un, debate, outros, sitios, aviso, uso, deste, blog,
Text of the page (most frequently used words):
que (39), historia (21), #histagra (18), unha (14), grupo (13), 2019 (13), para (12), con (12), por (11), como (11), comentarios (11), publicado (11), keep (10), reading (10), dos (10), chiar (10), sobre (9), agraria (9), debate (8), memoria (8), non (8), das (7), nos (7), ciclo (7), rural (6), investigación (6), los (6), esta (6), transición (6), foi (6), súa (6), seu (5), seminario (5), futuro (5), investigadora (5), social (5), política (5), franquismo (5), usc (5), espazo (4), sen (4), propiedade (4), marco (4), este (4), 2018 (4), coa (4), pasado (4), galicia (4), profesor (4), pasados (4), incómodos (4), guerra (4), ocasión (4), perspectiva (4), anos (4), ditadura (4), qué (4), investigador (4), seminarios (4), profesora (4), nación (4), estaba (4), diferenciación (4), terras (4), inimigo (4), implica (3), forma (3), outros (3), ano (3), obra (3), historiadores (3), nas (3), político (3), traballo (3), estudo (3), seha (3), historiográfica (3), parte (3), gonzález (3), josé (3), tamén (3), posfranquismo (3), majuelo (3), dúas (3), torno (3), gran (3), outro (3), proceso (3), podemos (3), seus (3), violencia (3), durante (3), primeira (3), cando (3), diferentes (3), nesta (3), praza (3), isto (3), ciencia (3), maría (3), españa (3), día (3), pero (3), era (3), pacífica (3), máis (3), tema (3), más (3), zira (3), box (3), construcción (3), franquista (3), entre (3), viril (3), reforma (3), estruturas (3), pode (3), dereitos (3), note (3), análise (3), man (3), gobernanza (3), mobilidade (3), deste (2), condicións (2), uso (2), momento (2), aviso (2), mesmo (2), blog (2), web (2), seguinte (2), venres (2), xaneiro (2), obradoiro (2), cambios (2), paradigma (2), convocaron (2), dous (2), aniversario (2), 1982 (2), preguntas (2), décadas (2), cun (2), terra (2), arredor (2), réxime (2), discusión (2), lana (2), soto (2), distintos (2), históricos (2), explicar (2), perspectivas (2), ámbito (2), fito (2), fernández (2), miguel (2), facer (2), todos (2), española (2), siglo (2), alba (2), díaz (2), geada (2), falar (2), así (2), son (2), país (2), modélica (2), instauración (2), crítica (2), desenvolvemento (2), neste (2), segundo (2), defender (2), constitución (2), actual (2), seguimos (2), esa (2), cara (2), polo (2), tanto (2), universidade (2), pública (2), navarra (2), conferencias (2), título (2), relatos (2), conflito (2), xunto (2), profesional (2), doutor (2), súas (2), movementos (2), sociais (2), civil (2), historiografía (2), actualidade (2), proxecto (2), fondo (2), histórica (2), 1975 (2), emilio (2), lópez (2), imaxinario (2), procesos (2), onde (2), variables (2), complexidade (2), ollada (2), través (2), dunha (2), comparada (2), tan (2), 1999 (2), foron (2), actividade (2), punto (2), santiago (2), baixo (2), éxito (2), doutora (2), hoxe (2), ata (2), contexto (2), porque (2), eta (2), las (2), ese (2), divulgación (2), tivemos (2), socioloxía (2), ten (2), cultural (2), simbólica (2), xénero (2), primeiro (2), discursos (2), pensar (2), paula (2), cunha (2), marcada (2), propietarios (2), ser (2), dende (2), mundo (2), otero (2), presentounos (2), curso (2), van (2), representación (2), euskadi (2), ulster (2), chumbo (2), 1968 (2), 1981 (2), enríquez (2), garcía (2), rústicas (2), utilización, aceptación, plena, disposicións, dispoña, reservándose, dereito, modificar, calquera, previo, contidos, sexa, oportuna, youtube, facebook, twitter, sitios, buscar, páxina, xoves, celebramos, debater, obxectivos, entroncaban, encontros, previos, finais, 2012, motivo, publicación, villares, rede, agrarios, referencia, abordar, serie, síntese, setenta, oitenta, coinciden, cambio, centraron, noutros, termos, crise, antigo, revolución, burguesa, decembro, 2017, presentábase, documento, recollía, exercizos, claroscuro, autores, percorrían, contextos, historiográficos, poden, permitir, mudanzas, temáticas, predominantes, sinalando, principal, xerado, gallego, garrabou, pujol, 2011, convidaba, superación, limitacións, analíticas, dualidade, atraso, progreso, proposta, david, contribúe, dar, novos, pulos, tradición, igual, iniciativa, enric, tello, manuel, molina, promover, 2013, repensar, aberto, contou, participación, iñaki, iriarte, revista, convida, balance, carrión, pinilla, pozo, males, del, problema, xxi, revolta, propiedad, tierra, 1500, 193, juan, cierva, incorporación, mencionar, chamada, fixo, posicións, académico, etapa, noso, lado, concepción, entende, logro, permitiu, democracia, cuestionable, significado, outorgado, mergullarse, observar, significa, fío, argumental, defensa, deriva, república, 1931, últimos, convidados, iniciado, 2014, suxerinte, presentaba, intervención, bagaxe, explican, acollida, tivo, nosa, facultade, contemporánea, investigacións, céntranse, nese, cronolóxico, senda, concreta, estudos, versan, vasca, moderna, dirixe, documental, represión, 1936, conchi, sánchez, upna, aquel, reservado, realizar, transaccións, produtos, necesidade, idea, vén, cabeza, pensamos, nun, mercado, aforo, público, tende, reducionismo, terminolóxico, popular, adentrándonos, actividades, nel, realizan, comprendemos, estamos, ante, auténtico, ecosistema, canto, protagonistas, labores, funcións, plantexan, notoria, quixemos, botar, metodolóxica, mundos, próximos, coma, distantes, lourenzo, prieto, catedrático, entón, cedeu, total, entrevistas, datadas, realizadas, polos, alumnos, materia, sociedades, rurais, contemporáneas, licenciatura, estas, versaban, amalgama, propostas, vencelladas, vida, dun, vendedor, vendedora, tipo, posto, variedade, produto, importancia, renda, familiar, orixe, servirán, partida, comprender, ocupan, multifuncional, rodriguez, martinez, estudante, mestrado, abastos, vinte, despois, intervencións, seguidassobre, presentacións, xirou, redor, polémica, seo, franco, completo, ermo, científico, tiveron, fracasaron, políticas, innovación, pódese, apagón, tecnolóxico, xeneralizado, desenvolveu, cal, celebrado, febreiro, visitáronnos, lino, campubrí, contratado, ramón, cajal, universidad, sevilla, jesús, santesmases, centro, ciencias, humanas, sociales, csic, bruno, esperante, paramos, circulación, saberes, prácticas, científica, afirmación, categórica, choca, resulta, incómoda, moitas, persoas, hai, case, 2000, ben, distinto, máxima, aceptada, poboación, curioso, aceptaban, discurso, sabendo, verídico, viviran, persoa, conflitividade, amosando, pacto, esquecemento, alá, golpe, excepción, houbo, aldara, cidrás, sophie, baby, libro, mito, discusiones, visto, alusiones, sesgos, whig, nacionalismo, referencias, física, arqueología, análisis, forenses, esqueletos, longbowmen, hay, decenas, miles, interesados, respuesta, tienen, relación, académica, tendrían, principio, ocuparse, distancia, podían, mandar, sus, flechas, arqueros, ingleses, siglos, xiv, lanzaban, fuerza, suficiente, traspasar, armadura, caballero, francés, pregunta, ocuparon, sir, charles, oman, historiador, arthur, conan, doyle, novelista, xix, encontrado, artículos, académicos, libros, john, keegan, revistas, algunas, buscas, rápidas, google, muestran, también, foro, dedicado, youtuber, scholagladiatora, vídeo, colega, lindybeige, otro, millones, 153, 000, visitas, televisión, británica, juego, tronos, enrique, carballo, gende, arco, inglés, reddit, roca, barea, algunos, pop, marzo, recibir, departamento, antropoloxía, universitat, valència, quen, aportado, ligazón, desenvolveuse, falanxistas, trátase, plantexar, nova, intrínsecamente, significados, atribúen, virilidade, cómo, aplicar, dimensión, fase, diego, carcedo, alcances, expresións, saber, partimos, godinho, realizado, freguesía, sur, portugués, couço, antes, rexido, latifundarias, grandes, moitos, absentarios, feitores, encargados, administrar, terreos, produción, agrarias, traballadores, campo, emprego, temporal, atinxía, bens, senón, cotidiano, veciñanza, definida, pola, campesiños, proliferando, situacións, cura, facía, misa, familias, propietarias, estar, posible, pasou, pouco, suxerintes, formula, godinhoa, raíz, caso, portuguesa, triunfos, consecución, campesiñado, europeo, vista, atractivo, preténdese, poñer, están, dando, telmo, portugal, vasco, centrada, estigmatizaciónque, ira, fan, inimigos, teñen, fronte, partindo, teorías, construción, identidades, colectivas, común, outra, banda, busca, analizar, estigmatización, evolucionado, parella, desenvolveron, organizacións, armadas, situadas, poñente, terceira, oleada, terrorista, representacións, gráficas, propaganda, organizaciónsbuscaban, deslexitimizacióndo, conseguir, obxectivo, facían, diversos, mecanismos, deshumanización, marxinación, atribución, certos, trazos, personalidade, etiquetación, negativa, predominaban, acusacións, fascistas, nazis, comparación, grupos, elevada, carga, negatividade, colectivo, vai, chegando, fin, oportunidade, asistir, toda, probabilidade, último, barbara, derleeuw, ehu, achegámonos, fitos, controvertidos, arduos, estado, español, socialmente, denominación, vemos, nin, moito, menos, retórica, jessica, nogueira, castro, conferencia, bárbara, der, leeuw, desta, volta, pechamos, membro, laborate, laboratorio, territorio, centrado, sistemas, xestión, administración, enxeñaría, tese, compostela, aspecto, reitos, fondura, constitúe, namais, miguiña, desenvolvido, conta, magnitude, ela, comezamos, mirada, marcos, teóricos, permiten, ver, deixan, zona, escura, aproximación, cuantitativa, cualitativa, uxía, 18_19, rss, arquivo, inicio,
Text of the page (random words):
histagra histagra inicio arquivo rss blog do grupo de historia agraria e política do mundo rural da usc publicado o 6 6 2019 1 note comentarios chiar seminarios histagra 18_19 a mobilidade dos dereitos de propiedade de terras rústicas en galicia análise das estruturas de gobernanza con maría josé enríquez garcía alba díaz geada e uxía otero gonzález grupo histagra desta volta pechamos o ciclo de seminarios de histagra do curso 2018 2019 da man da investigadora maría josé enríquez garcía membro do laborate laboratorio do territorio usc ten centrado o seu estudo nos sistemas de gobernanza na xestión e administración de terras e no desenvolvemento rural doutora en enxeñaría coa tese mobilidade dos dereitos de propiedade da terra en galicia unha aproximación cuantitativa e cualitativa santiago de compostela 2019 presentounos unha aspecto da súa investigación baixo o título a mobilidade dos de reitos de propiedade de terras rústicas en galicia análise das estruturas de gobernanza a fondura e complexidade do que constitúe namais unha miguiña do traballo desenvolvido dá conta da magnitude do seu proxecto investigador con ela comezamos por pensar na mirada no que distintos marcos teóricos nos permiten ver e no que deixan na zona escura keep reading publicado o 15 5 2019 1 note comentarios chiar conferencia de bárbara van der leeuw a representación do inimigo en euskadi e o ulster durante os anos de chumbo 1968 1981 jessica nogueira castro grupo histagra o curso vai chegando ao seu fin e con el os seminarios de histagra o pasado día 23 tivemos a oportunidade de asistir con toda probabilidade ao último seminario do ciclo pasados incómodos guerra memoria e historia nesta ocasión da man da profesora barbara van derleeuw ehu achegámonos a un dos fitos máis controvertidos e arduos na historia do estado español tanto historiográfica como socialmente a representación do inimigo en euskadi e no ulster durante os anos do chumbo 1968 1981 a denominación do ciclo como vemos non é nin moito menos retórica a profesora da universidade do país vasco presentounos a súa investigación en perspectiva comparada centrada na estigmatizaciónque eta e o ira fan dos seus inimigos do outro ao que teñen que facer fronte partindo das teorías da construción de identidades colectivas e de diferenciación co outro común por outra banda a todos os movementos sociais a investigadora busca analizar a estigmatización do inimigo e como esta foi evolucionado de forma parella ao contexto político no que desenvolveron a súa actividade as organizacións armadas situadas segundo a poñente na terceira oleada terrorista a través da análise das representacións gráficas da súa propaganda as organizaciónsbuscaban unha deslexitimizacióndo inimigo para conseguir ese obxectivo facían man de diversos mecanismos dende a deshumanización a marxinación a atribución de certos trazos de personalidade a etiquetación política negativa predominaban as acusacións de fascistas e nazis ata a comparación con outros grupos cunha elevada carga de negatividade no imaxinario colectivo keep reading publicado o 3 5 2019 1 note comentarios chiar a reforma agraria en portugal cando o futuro estaba na memoria telmo otero investigador grupo histagra pode estar o futuro na memoria é isto posible se a memoria é o que xa pasou como pode ser parte do futuro non son preguntas pouco suxerintes as que nos formula a profesora paula godinhoa raíz do caso da reforma agraria portuguesa un fito dos triunfos históricos na consecución de dereitos do campesiñado europeo dende este punto de vista que non pode ser máis atractivo para os historiadores preténdese poñer en perspectiva os procesos que se están dando no mundo rural a día de hoxe e cara o futuro non podemos explicar isto sen saber de onde partimos o traballo de paula godinho foi realizado na freguesía do sur portugués do couço un espazo rural que antes da reforma agraria estaba rexido por estruturas latifundarias cunha marcada diferenciación social entre os grandes propietarios moitos absentarios os feitores encargados de administrar os terreos e as produción agrarias e os traballadores do campo cun emprego temporal a diferenciación social estaba tan marcada que non só atinxía ós bens senón tamén ó cultural e ó cotidiano é así que a veciñanza estaba definida pola diferenciación entre propietarios e campesiños proliferando situacións como que o cura só facía misa para as familias propietarias de terras keep reading publicado o 5 4 2019 comentarios chiar seminario de zira box discursos alcances e expresións da nación viril franquista diego lópez carcedo investigador do grupo histagra o pasado venres 29 de marzo no marco do ciclo de seminarios de histagra 2018 2019 tivemos ocasión de recibir a zira box profesora no departamento de socioloxía e antropoloxía social na universitat de valència quen ten aportado no ámbito da historia cultural do franquismo unha perspectiva de socioloxía histórica ao estudo do proceso de construcción simbólica da ditadura franquista e da ligazón entre xénero e nación no primeiro franquismo neste ocasión o seminario desenvolveuse en torno ao tema da construcción dos discursos falanxistas da nación viril no primeiro franquismo para zira box trátase de plantexar qué implica pensar á nova españa como intrínsecamente viril qué significados se atribúen a esa virilidade e cómo podemos aplicar unha dimensión de xénero ao proceso de construcción simbólica da nación nesta primeira fase do réxime franquista keep reading publicado o 3 4 2019 comentarios chiar el arco inglés reddit y roca barea algunos comentarios sobre la historia pop y su divulgación enrique carballo gende investigador do grupo histagra a qué distancia podían mandar sus flechas los arqueros ingleses de los siglos xiv y xv y las lanzaban con fuerza suficiente para traspasar la armadura de un caballero francés de esta pregunta se ocuparon sir charles oman historiador y arthur conan doyle novelista en el siglo xix la he encontrado en artículos académicos libros de john keegan y revistas de divulgación pero algunas buscas rápidas en google nos lo muestran también en un foro dedicado a juego de tronos o en la televisión pública británica el youtuber scholagladiatora ha publicado un vídeo con más más de 153 000 visitas su colega lindybeige otro con más de 1 2 millones en las discusiones sobre el tema he visto alusiones a los sesgos de los historiadores whig y al nacionalismo y referencias a la física la arqueología y los análisis forenses de esqueletos de longbowmen pero hay decenas de miles de interesados en la respuesta que no tienen relación profesional con la historia académica ni tendrían en principio por qué ocuparse de ese tema keep reading publicado o 21 3 2019 comentarios chiar ciclo pasados incómodos con sophie baby en torno ao libro el mito de la transición pacífica violencia política en españa 1975 1982 aldara cidrás grupo histagra a excepción da de eta na transición española non houbo violencia a transición foi un éxito porque foi pacífica esta afirmación categórica a día de hoxe choca e ata resulta incómoda para moitas persoas pero hai case dúas décadas no ano 2000 o contexto era ben distinto e esta máxima era aceptada por gran parte da poboación o curioso é que aceptaban este discurso da transición pacífica e modélica mesmo sabendo que non era verídico porque viviran en primeira persoa a conflitividade dos seus anos amosando que o pacto do esquecemento ía máis alá do golpe guerra e ditadura keep reading publicado o 5 3 2019 comentarios chiar circulación de saberes e prácticas ditadura e investigación científica en españa bruno esperante paramos grupo histagra no seminario de histagra celebrado no pasado 15 de febreiro visitáronnos o doutor lino campubrí contratado ramón y cajal na universidad de sevilla xunto coa doutora maría jesús santesmases investigadora no centro de ciencias humanas y sociales do csic foron dúas intervencións seguidassobre ciencia e investigación baixo o franquismo o debate de fondo das súas presentacións xirou ao redor dunha polémica actual no seo da historiografía sobre a ditadura de franco foi un completo ermo científico tiveron éxito ou fracasaron as políticas de ciencia e innovación pódese falar de apagón tecnolóxico xeneralizado cando que ciencia se desenvolveu e cal non por que keep reading publicado o 25 2 2019 comentarios chiar historia e memoria unha ollada á praza de abastos de santiago vinte anos despois miguel rodriguez martinez estudante de mestrado usc aquel espazo reservado para realizar transaccións de produtos de primeira necesidade esta é a idea que nos vén á cabeza cando pensamos nun mercado un aforo público que tende ao reducionismo terminolóxico no imaxinario popular se seguimos adentrándonos nos diferentes procesos e actividades que nel se realizan comprendemos que estamos ante un auténtico ecosistema onde as variables en canto a protagonistas labores e funcións plantexan unha complexidade notoria nesta ocasión quixemos botar unha ollada a través dunha perspectiva metodolóxica comparada a dous mundos tan próximos coma distantes a praza no ano 1999 e na actualidade para isto o profesor lourenzo fernández prieto catedrático da usc xa por entón cedeu un total de 20 entrevistas datadas de xaneiro de 1999 que foron realizadas polos alumnos da materia de sociedades rurais contemporáneas da licenciatura de historia estas versaban sobre unha amalgama de propostas vencelladas ás diferentes variables da vida dun vendedor ou vendedora da praza tipo de posto variedade do produto importancia da actividade na renda familiar orixe e servirán de punto de partida para comprender as diferentes perspectivas que ocupan un espazo multifuncional keep reading publicado o 15 2 2019 comentarios chiar ciclo de conferencias pasados incómodos emilio majuelo upna relatos en conflito sobre o posfranquismo unha memoria sen historia conchi lópez sánchez investigadora da usc grupo histagra o profesor da universidade pública de navarra emilio majuelo foi un dos últimos convidados polo grupo no marco do ciclo de conferencias sobre pasados incómodos iniciado no 2014 o suxerinte título co que presentaba a súa intervención relatos en conflito sobre o posfranquismo unha memoria sen historia xunto coa súa bagaxe profesional explican a gran acollida que tivo na nosa facultade como doutor en historia contemporánea as súas investigacións céntranse nese marco cronolóxico na senda da historia social e política de forma concreta os seus estudos versan sobre os movementos sociais a violencia da guerra civil e a historiografía vasca moderna na actualidade dirixe o proxecto fondo documental de la memoria histórica de la represión en navarra durante la guerra civil y el franquismo 1936 1975 falar de posfranquismo implica mencionar a chamada transición e así fixo o profesor majuelo dúas son as posicións no debate académico e social en torno a esta etapa política do noso país por un lado a concepción modélica que a entende como o gran logro político que permitiu a instauración da democracia por outro o cuestionable significado outorgado e a crítica ao seu proceso de instauración e desenvolvemento ao mergullarse neste debate podemos observar como segundo o profesor defender a transición significa defender tamén a constitución actual se seguimos este fío argumental esa defensa deriva cara unha crítica da ii república e polo tanto da constitución de 1931 keep reading publicado o 25 1 2019 comentarios chiar obradoiro de historia cambios de paradigma na historia rural un debate alba díaz geada investigadora juan de la cierva incorporación grupo histagra o xoves 17 e o venres 18 de xaneiro celebramos un obradoiro de historia para debater sobre os cambios de paradigma na historia rural os obxectivos que nos convocaron entroncaban con dous encontros previos por finais do ano 2012 con motivo do 30 aniversario da publicación da obra la propiedad de la tierra en galicia 1500 193 6 villares 1982 o grupo de investigación histagra e a rede de investigación revolta convocaron historiadores agrarios de referencia para abordar unha serie de preguntas en síntese por que nas décadas dos setenta e oitenta que coinciden cun momento de cambio político centraron o seu traballo no estudo da propiedade da terra ou noutros termos no debate arredor da crise do antigo réxime e da revolución burguesa en decembro de 2017 no marco do v seminario da seha presentábase un documento para o debate que recollía este e outros exercizos de discusión historiográfica en la historia agraria en claroscuro parte da obra del pasado al futuro como problema la historia agraria española en el siglo xxi lana e soto 2018 os autores percorrían distintos contextos históricos e historiográficos que poden permitir explicar as mudanzas nas perspectivas e nas temáticas predominantes no ámbito da historia agraria sinalando como fito principal o debate xerado arredor da obra el pozo de todos los males fernández gallego garrabou gonzález y pujol 2011 que convidaba á superación das limitacións analíticas da dualidade atraso progreso a proposta de josé miguel lana e david soto contribúe a dar novos pulos á tradición de discusión historiográfica da seha ó igual cá iniciativa de enric tello e manuel gonzález de molina ó promover en 2013 o debate repensar la historia agraria aberto na web da seha e que contou coa participación de iñaki iriarte o aniversario da revista historia agraria convida tamén a facer balance carrión e pinilla 2018 keep reading páxina seguinte seguinte buscar outros sitios web do grupo twitter facebook youtube aviso de uso deste blog a utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que histagra dispoña reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna
|