Meta tags:
description= algunhas das moitas cousas que facemos no Instituto;
Headings (most frequently used words):
de, ies, beade, que, na, despedida, 2º, bacharelato, para, unha, as, televisión, do, algunhas, das, moitas, cousas, facemos, no, instituto, want, to, be, free, mj, pérez, cantautora, traducimos, alternative, math, os, segredos, aprender, lingua, convertir, pranta, en, negocio, palabras, expresan, nosas, emocións, máis, ocultas, claves, construírmos, mellores, cidades, poñemos, subtítulos, the, present, xardín, desordenado, está, connosco, flashmob, dance, páxinas, categorías, arquivo, meta,
Text of the page (most frequently used words):
que (35), para (21), unha (16), por (16), 2019 (12), inicio (12), máis (12), música (11), #lingua (11), videos (11), xardín (11), publicado (10), leave (10), comment (10), iesbeadetv (10), beade (9), desordenado (9), galego (9), com (8), ies (8), xuño (8), galega (8), súa (8), seu (8), subtítulos (8), maio (7), febreiro (7), 2011 (7), como (7), con (7), moi (7), 2010 (6), marzo (6), non (6), hai (6), wordpress (5), esta (5), televisión (5), setembro (5), outubro (5), novembro (5), 2012 (5), 2013 (5), este (5), instituto (5), todos (5), coa (5), cidades (5), free (4), sitio (4), 2014 (4), 2015 (4), 2016 (4), sobre (4), outra (4), grupo (4), das (4), bacharelato (4), aparecerá (4), curta (4), nome (3), comentarios (3), sesión (3), ver (3), tes (3), bioloxía (3), economía (3), antropoloxía (3), somos (3), xente (3), canción (3), autor (3), son (3), dos (3), sempre (3), sensación (3), orde (3), teñen (3), despedida (3), tedes (3), premer (3), vez (3), saber (3), despois (3), charla (3), ted (3), cousas (3), moitos (3), moitas (3), algunhas (3), entrevista (3), create (2), your (2), own (2), website (2), web (2), obrigatorio (2), iniciar (2), conta (2), agora (2), feed (2), decembro (2), abril (2), xaneiro (2), 2017 (2), 2018 (2), tecnoloxía (2), matemáticas (2), laboratorios (2), historia (2), taboleiro (2), anuncios (2), quen (2), faremos (2), foi (2), texto (2), casares (2), futuro (2), cancións (2), memoria (2), mais (2), lle (2), concerto (2), están (2), nas (2), contar (2), desde (2), aquí (2), atención (2), quizais (2), porque (2), seus (2), letras (2), súas (2), ano (2), está (2), connosco (2), importante (2), poñerdes (2), rodiña (2), configuración (2), esquina (2), inferior (2), dereita (2), pantalla (2), onde (2), proxecta (2), dentro (2), opción (2), alfabética (2), traballo (2), fai (2), animación (2), the (2), present (2), conscientes (2), tradución (2), dunha (2), youtube (2), así (2), recuperar (2), económica (2), construírmos (2), interesante (2), aquelas (2), charlas (2), interesantes (2), túa (2), palabras (2), uso (2), ten (2), valor (2), pranta (2), sorte (2), mundo (2), aprender (2), nos (2), enorme (2), vídeo (2), ela (2), velaquí (2), promoción (2), cantautora (2), pérez (2), ler (2), facemos (2), start, correo, escribe, comentario, cargando, contraer, barra, informar, deste, contido, rexistro, administrar, subscricións, reader, privacidade, inicia, rexístrame, subscrito, subscrición, blog, wpthemes, crea, blogue, balde, entradas, crear, meta, arquivo, zanfona, publicidade, laboratorio, knowledge, dioptrías, anxo, pintos, plástica, inglesa, física, química, festival, curtametraxes, club, ciencias, biblioteca, artesanía, categorías, páxinas, xuñ, 2026, older, posts, espontáneo, interesada, propuxo, isto, recibida, petición, aloxala, neste, plataforma, bos, anfitrións, cedimos, flashmob, dance, himno, compuxo, arenga, ollemos, esperanza, xoia, compartimos, dúas, primeira, nun, país, normalizado, sería, boca, miles, adolescentes, min, tráeme, éxitos, grease, trae, mellor, dúo, dinámico, sexa, cousa, fresca, divertida, optimista, presentación, antes, pouco, engadir, estiveron, ben, lista, poidamos, eles, volverán, luxo, recomendamos, vostedes, escoitamos, podemos, entender, razón, evocador, pracenteira, pasearmos, transmite, desorde, absoluto, desordenada, suxire, abandono, despreocupación, incluso, peor, casos, caos, porén, cada, composta, exemplo, harmonía, nada, excesivo, esaxerado, nin, menos, aínda, insuficiencia, escoitando, palabra, evoca, variedade, estilos, utilizan, intensificar, emoción, transmiten, flores, soan, blues, jazz, bossa, nova, tango, fado, botánico, santiago, ferragud, existe, cinco, músicos, comprometidos, divulgar, axuda, poesía, tres, mercado, composicións, poetas, outro, poetisas, recentemente, publicaron, textos, carlos, homenaxeado, coas, galegas, volver, titúlase, anterior, ligazón, información, vida, alguén, interesa, chegar, intentar, facer, preme, atoparás, titoriais, logralo, terás, descargar, gratuíto, blender, jacob, frey, ola, moito, tempo, desaparecidos, vos, temos, abandonados, recuperamos, actividade, curtas, impactantes, modestamente, cremos, poderemos, voso, respecto, afecto, poñemos, metade, poboación, mundial, vive, outros, 500, millóns, persoas, pretenden, facelo, ata, 2050, forma, construamos, novas, será, clave, afrontar, cambio, climático, necesaria, vitalidade, noso, benestar, obter, conexión, entre, habitantes, peter, calthorpe, traballando, planificar, propoñendo, deseño, comunitario, centrado, interacción, humana, comparte, sete, principios, universais, resolvermos, expansión, intelixentes, sostibles, operativos, volvemos, longa, pausa, claves, mellores, nosa, preferencia, subtitular, particularmente, todas, directa, indirectamente, linguaxe, marabilloso, cando, estudas, descubrir, ocmo, describir, estados, ánimo, sensacións, existen, equivalentes, materna, viceversa, descubrimos, sociedade, pasamos, alto, unhas, valoramos, outras, expresan, nosas, emocións, ocultas, seguimos, traducindo, intención, divulgalas, ampliar, material, aulas, distintas, materias, mínimo, mellora, situación, poñendo, silvestre, convertir, negocio, seguindo, consellos, galegos, aprenden, fin, falar, deles, difícil, receita, milagreiras, empeño, moita, case, supón, esforzo, nesta, lýdia, machová, dános, opinión, ter, éxito, segredos, premede, aspiramos, máximo, preocupa, fracaso, escolar, expertos, traballan, evitalo, razóns, causan, explora, falta, autoridade, profesorado, sobreprotección, paterna, políticas, educativas, mírao, opina, importancia, educación, procuramos, poñer, medios, materiais, humanos, todo, teña, oportunidade, acceder, traducimos, alternative, math, cun, fragmento, actuación, despedirmos, tivemos, abaixo, breve, mostra, podes, indagando, che, gusta, queres, pero, engadido, lla, neofalante, alegría, gañar, falante, facebook, durante, alumnos, dirixidos, polo, profesor, interpretaron, tema, queen, deleite, público, asistente, directo, rotundo, proba, rock, corre, polas, veas, compróbao, david, vázquez, want, artigos, feeds,
Text of the page (random words):
televisión do ies beade algunhas das moitas cousas que facemos no instituto inicio quen somos e que faremos taboleiro de anuncios televisión do ies beade algunhas das moitas cousas que facemos no instituto feeds artigos comentarios i want to be free 7 xuño 2019 por iesbeadetv durante a despedida da promoción de 2º de bacharelato do 2019 un grupo de alumnos do instituto dirixidos polo seu profesor de música david vázquez interpretaron este enorme tema dos queen para deleite do público asistente teñen un directo rotundo proba de que o rock corre polas súas veas compróbao publicado en inicio música videos leave a comment mj pérez cantautora na despedida de 2º de bacharelato 3 xuño 2019 por iesbeadetv para despedirmos a promoción de 2º de bacharelato do 2019 tivemos a sorte de contar coa cantautora galega mj pérez máis abaixo tes unha breve mostra do seu concerto podes saber máis indagando no seu facebook se che gusta ler velaquí unha entrevista e se non queres ler pero si saber máis sobre ela tes unha entrevista en youtube moi interesante a entrevista ten un valor engadido porque lla fai un neofalante sempre é unha alegría recuperar ou gañar un galego falante velaquí o vídeo cun fragmento da súa actuación no instituto publicado en inicio música videos leave a comment traducimos alternative math 11 marzo 2019 por iesbeadetv todos somos conscientes da importancia da educación e procuramos poñer medios materiais e humanos para que todo o mundo teña a oportunidade de acceder a ela aspiramos ao máximo e sempre nos preocupa o fracaso escolar son moitos os expertos que traballan para evitalo e son moitas as razóns que o causan este vídeo explora algunhas como a falta de autoridade do profesorado a sobreprotección paterna as políticas educativas mírao e opina moi importante para poñerdes os subtítulos en galego tedes que premer na rodiña de configuración que aparecerá na esquina inferior dereita da pantalla onde se proxecta a curta dentro de subtítulos aparecerá a opción de galego por orde alfabética despois premede esta vez en subtítulos publicado en inicio matemáticas videos leave a comment os segredos para aprender unha lingua 7 marzo 2019 por iesbeadetv unha tradución máis non hai receita milagreiras para aprender unha lingua é o empeño de moita xente e a todos ou a case todos nos supón un enorme esforzo nesta charla lýdia machová dános a súa opinión de como ter éxito a ver se hai sorte e seguindo os seus consellos moitos galegos aprenden por fin a falar o que para moitos deles é a lingua máis difícil do mundo a galega publicado en inicio lingua galega videos leave a comment convertir unha pranta en negocio 7 marzo 2019 por iesbeadetv seguimos traducindo charlas interesantes de ted com coa intención de divulgalas e ampliar o material en galego para o seu uso nas aulas en distintas materias esta charla ten uso en economía antropoloxía e bioloxía como mínimo un grupo de xente mellora a súa situación económica poñendo en valor unha pranta silvestre publicado en antropoloxía bioloxía economía inicio laboratorios videos leave a comment as palabras que expresan as nosas emocións máis ocultas 20 febreiro 2019 por iesbeadetv a nosa preferencia é subtitular aquelas charlas de ted com máis interesantes e moi particularmente todas aquelas que teñen que ver directa ou indirectamente coa linguaxe é marabilloso cando estudas outra lingua que non é a túa descubrir ocmo hai palabras para describir estados de ánimo ou sensacións para as que non existen equivalentes na túa lingua materna e viceversa descubrimos así que como sociedade pasamos por alto unhas cousas e valoramos outras publicado en inicio lingua galega videos leave a comment 7 claves para construírmos mellores cidades 20 febreiro 2019 por iesbeadetv están xa operativos subtítulos en galego para esta interesante charla en ted com volvemos outra vez ao traballo despois dunha longa pausa máis da metade da poboación mundial xa vive en cidades e outros 2 500 millóns de persoas pretenden facelo ata o 2050 a forma en que construamos as novas cidades será clave para afrontar o cambio climático a necesaria vitalidade económica para o noso benestar e obter unha sensación de conexión entre os habitantes peter calthorpe xa está traballando en planificar as cidades do futuro propoñendo un deseño comunitario centrado na interacción humana comparte connosco sete principios universais para resolvermos a expansión e construírmos cidades máis intelixentes e máis sostibles publicado en inicio tecnoloxía videos leave a comment poñemos subtítulos a the present 21 novembro 2018 por iesbeadetv ola despois de moito tempo desaparecidos e moi conscientes de que vos temos abandonados recuperamos a actividade coa tradución dunha das curtas de animación máis impactantes de youtube modestamente cremos que así poderemos recuperar o voso respecto e afecto a curta titúlase the present e o seu autor é jacob frey na anterior ligazón tedes información sobre a súa vida e o seu traballo e se a alguén lle interesa saber como se fai unha curta de animación ou chegar a intentar facer unha preme aquí e atoparás titoriais para logralo só terás que descargar blender que é gratuíto moi importante para poñerdes os subtítulos en galego tedes que premer na rodiña de configuración que aparecerá na esquina inferior dereita da pantalla onde se proxecta a curta e volver a premer esta vez en subtítulos dentro de subtítulos aparecerá a opción de galego por orde alfabética publicado en inicio lingua galega videos leave a comment xardín desordenado está connosco na despedida de 2º de bacharelato 28 maio 2017 por iesbeadetv desde o ano 2011 existe xardín desordenado un grupo de cinco músicos comprometidos en divulgar coa axuda da música a poesía en galego teñen tres cd no mercado un con composicións de poetas outro de poetisas e recentemente publicaron un cd con música sobre textos de carlos casares o autor homenaxeado este ano coas letras galegas se escoitamos con atención a súa música podemos entender quizais a razón do seu nome xardín desordenado un nome moi evocador xardín quizais porque a súa música é pracenteira como pasearmos por un xardín mais a sensación que transmite a súa música non é de desorde en absoluto é desordenada un xardín desordenado suxire abandono despreocupación incluso no peor dos casos caos porén cada canción composta por santiago ferragud é un exemplo de orde e harmonía non hai nada excesivo esaxerado nin menos aínda hai sensación de insuficiencia escoitando con atención os seus cd a palabra desordenado evoca a variedade de estilos que utilizan para intensificar a emoción que transmiten as letras das súas cancións en xardín desordenado hai flores que soan a blues jazz bossa nova tango fado xardín desordenado é un xardín botánico con todos vostedes xardín desordenado este foi o texto de presentación do grupo antes do seu concerto no instituto pouco que engadir só que estiveron moi ben e están nas lista dos que sempre que poidamos contar con eles volverán un luxo que desde aquí recomendamos a todos compartimos dúas cancións a primeira nun país normalizado sería unha canción en boca de miles de adolescentes a min tráeme a memoria éxitos de grease mais o autor di que lle trae á memoria o son do mellor dúo dinámico sexa unha cousa ou outra é unha canción fresca divertida e optimista agora un himno sobre un texto de casares xardín desordenado compuxo este arenga para que ollemos o futuro con esperanza outra xoia máis para a historia da música en galego publicado en inicio lingua galega música videos leave a comment flashmob dance ies de beade 18 xuño 2016 por iesbeadetv foi espontáneo xente interesada propuxo isto e recibida a súa petición de aloxala neste plataforma como bos anfitrións cedimos un sitio publicado en inicio videos leave a comment older posts outubro 2026 l m m x v s d 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 xuñ páxinas quen somos e que faremos taboleiro de anuncios categorías inicio 56 videos 63 antropoloxía 1 artesanía 2 biblioteca 1 club de ciencias 3 economía 1 festival de curtametraxes ies beade 1 historia 2 laboratorios 9 bioloxía 8 física e química 1 lingua galega 23 lingua inglesa 1 matemáticas 2 música 18 plástica 2 tecnoloxía 6 anxo pintos beade dioptrías free knowledge ies beade laboratorio publicidade zanfona galega arquivo xuño 2019 marzo 2019 febreiro 2019 novembro 2018 maio 2017 xuño 2016 maio 2016 abril 2016 outubro 2015 setembro 2015 xuño 2015 febreiro 2015 decembro 2014 outubro 2014 maio 2014 marzo 2014 novembro 2013 setembro 2013 marzo 2013 febreiro 2013 xaneiro 2013 outubro 2012 setembro 2012 maio 2012 febreiro 2012 xaneiro 2012 novembro 2011 setembro 2011 xuño 2011 maio 2011 abril 2011 febreiro 2011 decembro 2010 novembro 2010 outubro 2010 setembro 2010 xuño 2010 maio 2010 meta crear conta iniciar sesión feed de entradas feed de comentarios wordpress com crea un sitio web ou un blogue de balde en wordpress com wpthemes televisión do ies beade blog en wordpress com subscrición subscrito televisión do ies beade rexístrame tes unha conta de wordpress com inicia sesión agora privacidade televisión do ies beade ver o sitio no reader administrar as subscricións rexistro iniciar sesión informar deste contido contraer esta barra cargando comentarios escribe un comentario correo e obrigatorio nome obrigatorio sitio web create your own website free on wordpress com create your own website start free
|