Meta tags:
Headings (most frequently used words):
de, 2014, martes, abril, do, que, maio, marzo, club, 13, 29, 22, xoves, luns, 24, domingo, 16, acerca, min, seguidores, arquivo, blog, etiquetas, contador, visitas, blogues, seguimos, frase, copiarían, ríos, pensamentos, nova, sesión, lle, pasa, leo, día, libro, no, lectura, frikilectores, jules, verne, simbad, mariñeiro,
Text of the page (most frequently used words):
que (33), compartir (21), por (16), fontem (9), albei (9), para (9), 2014 (8), máis (8), pinterest (7), facebook (7), blogthis (7), enviar (7), correo (7), electrónico (7), ningún (7), comentario (7), publicado (7), unha (7), club (7), dos (6), libros (5), abril (5), obra (5), con (4), maio (4), simbad (4), foi (4), lectura (4), martes (4), nos (4), non (4), xaneiro (3), marzo (3), ríos (3), hai (3), universal (3), son (3), cabo (3), mais (3), pequeno (3), día (3), súas (3), novelas (3), departamento (3), plástica (3), sesión (3), noso (3), tecnoloxía (2), tonecho (2), rebordechao (2), actividades (2), xuño (2), pensamentos (2), frase (2), copiarían (2), blog (2), ver (2), publicacións (2), cunqueiro (2), tan (2), historias (2), viaxeiros (2), cinco (2), pensamos (2), ser (2), quen (2), sen (2), nós (2), aventuras (2), nosa (2), esta (2), literatura (2), mar (2), mesmo (2), centro (2), terra (2), escribiu (2), podemos (2), coa (2), outra (2), cousa (2), este (2), seu (2), tempo (2), tamén (2), hoxe (2), moitos (2), dende (2), xeito (2), personaxes (2), das (2), jules (2), verne (2), viaxar (2), cando (2), todo (2), biblioteca (2), membros (2), persoa (2), levar (2), como (2), libro (2), tema, simple, blogger, eito, ler, mancomún, blogues, seguimos, contador, visitas, xabón, inaguración, breogán, riveiro, etiquetas, 2012, outubro, novembro, 2013, febreiro, arquivo, seguidores, meu, perfil, completo, acerca, min, subscribirse, atom, inicio, antigas, datos, sorprendentes, baseada, produción, galega, película, acaba, retirado, escoitando, doutros, man, álvaro, vello, sinbad, volvese, illas, viaxes, leva, deberás, mergulle, nelas, che, destapar, nada, destas, fantásticas, historia, achega, xogo, matrioskas, literarias, aparece, dentro, conxunto, relatos, conforma, coñecédelo, moitas, edicións, desta, todos, públicos, gustos, mil, noites, mariñeiro, domingo, probablemente, literarios, grandes, deu, ceo, exemplo, moitísimo, tantas, ata, dicir, poucos, fixeron, fortuna, sabedes, francés, adiantado, gran, defensor, esperanto, comentaban, quizais, están, pasados, pois, feitos, inventos, aparecen, nas, existen, foron, superados, equivocados, estamos, goce, independente, pasase, mediterráneo, irlanda, escocia, noruega, inglaterra, norte, báltico, viaxou, polo, saint, michel, encantáballe, 1879, mercou, barquiño, argumentos, teñen, gusto, pola, ciencia, temos, escoller, entre, ciencias, letras, telo, vida, anos, fuxiu, casa, grumete, mercarlle, colar, perlas, súa, namorada, pisaba, forte, daquela, semanas, globo, viaxe, 000, leguas, baixo, mares, luns, frikilectores, xoves, ano, xunto, levamos, serie, celebración, importante, curso, profesora, maría, achegounas, varias, ideas, levámolas, todas, elas, comezar, canto, habitual, debate, preparamos, escolleitos, polos, cita, cegas, elección, libre, cadaquén, escolleu, lles, prestasen, envolvéronos, escollía, emprestado, tiña, pista, texto, escribiran, animar, lelo, flores, cortesía, cana, collese, puido, agasallo, avanzamos, capítulos, novela, poñémonos, pel, protagonista, levarías, túa, maleta, percorrer, mundo, levaría, portátil, tablet, falte, preguntamos, seriamos, capaces, emprendermos, aventura, sós, sodes, compaña, vale, calquera, tal, viaxarmos, ninguén, nova, lle, pasa, leo, lecturas, marcan, sucos, cerebro, fornecéndoo, misterios, mágoa, nesta, tivemos, deixar, metafóricos, centrarnos, literais, afortunadamente, excursión, río, éxito, sabemos, pasou, pero, deberon, ter, boa, semana, iesp, lemos, contamos, acordamos,
Text of the page (random words):
lemos e contamos cando nos acordamos blog do club de lectura do iesp fontem albei martes 13 de maio de 2014 e que frase copiarían non sabemos que pasou pero os membros do noso club non deberon ter unha boa semana publicado por fontem albei ás 12 17 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest martes 6 de maio de 2014 ríos de pensamentos as lecturas marcan os sucos do noso cerebro fornecéndoo de historias personaxes aventuras e misterios mágoa nesta sesión tivemos que deixar os ríos metafóricos e centrarnos nos máis literais afortunadamente a excursión ao río foi todo un éxito publicado por fontem albei ás 12 08 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest martes 29 de abril de 2014 nova sesión do club que lle pasa a leo avanzamos nos capítulos da nosa novela e poñémonos na pel da protagonista que levarías na túa maleta para percorrer o mundo hai quen levaría portátil e mais tablet a tecnoloxía que non falte outra cousa que nos preguntamos é se seriamos capaces de emprendermos esta aventura sós sodes de viaxar en compaña vale calquera con tal de non viaxarmos sen máis ninguén publicado por fontem albei ás 13 55 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest martes 22 de abril de 2014 día do libro no club de lectura este ano o club de lectura xunto coa biblioteca e mais o departamento de plástica levamos a cabo unha serie de actividades para a que para nós é a celebración máis importante no curso dende o departamento de plástica a profesora maría j achegounas varias ideas e levámolas a cabo todas elas para comezar na sesión do club no canto do noso habitual debate preparamos libros escolleitos polos membros para unha cita a cegas con libros a elección foi libre cadaquén escolleu os libros que máis lles prestasen e envolvéronos de xeito que a persoa que o escollía para levar emprestado só tiña como pista o pequeno texto que escribiran para animar a lelo as flores tamén son cortesía do departamento de plástica cana persoa que collese un libro na biblioteca o 23 de abril puido levar unha como agasallo publicado por fontem albei ás 13 42 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest xoves 3 de abril de 2014 frikilectores publicado por fontem albei ás 10 02 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest luns 24 de marzo de 2014 jules verne probablemente un dos viaxeiros literarios máis grandes que deu a literatura universal por ceo mar e mesmo no centro da terra 20 000 leguas baixo dos mares viaxe ao centro da terra cinco semanas en globo e son só un pequeno exemplo do moitísimo que escribiu tantas que ata podemos dicir que foi un dos poucos que fixeron fortuna coa literatura e sabedes outra cousa este francés tan adiantado no seu tempo foi tamén un gran defensor do esperanto con 11 anos fuxiu da casa para ser grumete e mercarlle un colar de perlas á súa namorada xa pisaba forte daquela moitos dos argumentos das súas novelas teñen que ver co seu gusto pola ciencia e por que temos que escoller entre ciencias e letras cando podemos telo todo na vida ao xeito dos personaxes das súas novelas a jules verne encantáballe viaxar en 1879 mercou un pequeno barquiño o saint michel e viaxou polo mediterráneo irlanda escocia noruega inglaterra o mar do norte e o báltico no club comentaban que quizais hoxe en día pensamos que os libros están xa pasados pois moitos dos feitos e inventos que aparecen nas súas novelas existen hoxe en día e mesmo xa foron superados que equivocados estamos o goce da lectura é independente do tempo que pasase dende que se escribiu a obra publicado por fontem albei ás 18 37 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest domingo 16 de marzo de 2014 simbad o mariñeiro máis ca unha historia a nosa achega a esta obra é un xogo de matrioskas literarias simbad aparece dentro do conxunto de relatos que conforma as mil e unha noites coñecédelo hai moitas edicións desta obra universal para todos os públicos e gustos cinco son as viaxes que leva a cabo simbad mais pensamos que deberás ser ti quen se mergulle nelas sen nós che destapar nada destas fantásticas aventuras e tan universal é que simbad acaba retirado escoitando as historias doutros viaxeiros da man de álvaro cunqueiro na obra si o vello sinbad volvese ás illas máis datos sorprendentes hai unha película baseada na obra de cunqueiro e de produción galega publicado por fontem albei ás 22 47 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest publicacións máis antigas inicio subscribirse a publicacións atom acerca de min fontem albei ver o meu perfil completo seguidores arquivo do blog 2014 14 maio 2 e que frase copiarían ríos de pensamentos abril 3 marzo 4 febreiro 4 xaneiro 1 2013 11 novembro 2 outubro 5 xuño 1 maio 2 xaneiro 1 2012 6 xuño 3 xaneiro 3 etiquetas actividades tonecho de rebordechao 1 breogán riveiro 1 inaguración 1 tonecho de rebordechao 1 xabón 1 contador de visitas blogues que seguimos ler en mancomún libros a eito tema simple con tecnoloxía de blogger
|