Meta tags:
Headings (most frequently used words):
día, galego, modo, actívao, dúas, de, publicacións, busca, no, blog, curso, 2023, 2024, 21, chegou, 19, non, hai, sen, tres, 18, futuro, 17, os, novos, falantes, 16, un, mundial, 15, unha, lingua, minoritaria, 12, xa, van, 11, ames, seminario, estudos, galegos,
Text of the page (most frequently used words):
que (76), #galego (43), máis (21), para (18), lingua (17), esta (13), día (12), semana (12), hai (12), por (11), non (11), ler (10), outras (10), correo (10), unha (9), como (9), aplicacións (9), electrónico (9), pinterest (9), facebook (9), obter (9), ligazón (9), modo (9), mundo (9), agora (7), foi (6), ames (6), importante (6), pregunta (6), vós (6), nos (6), tamén (6), portugués (6), nosa (6), con (5), dos (5), pero (5), isto (5), concello (5), entre (5), ser (5), credes (5), actívao (5), falar (5), futuro (5), lle (5), linguas (5), todas (5), polo (5), anos (4), traballos (4), aquí (4), súa (4), así (4), activado (4), galega (4), todo (4), quen (4), falantes (4), xente (4), fala (4), moi (4), novos (4), aprender (4), este (3), seminario (3), estudos (3), galegos (3), galicia (3), persoas (3), voso (3), casa (3), seu (3), nas (3), dúas (3), semanas (3), vai (3), segue (3), cousa (3), nada (3), falamos (3), preguntas (3), días (3), súas (3), seguinte (3), vos (3), gustaría (3), visto (3), cousas (3), coa (3), terceira (3), compromiso (3), imos (3), sobre (3), feito (3), aínda (3), países (3), ademais (3), idiomas (3), novas (3), tres (3), pouco (3), todos (3), actividades (3), publicacións (2), 2023 (2), institución (2), científica (2), realidade (2), resultados (2), ten (2), tan (2), rosalía (2), ortoño (2), ata (2), pola (2), tempo (2), parte (2), chegando (2), traballo (2), sección (2), queda (2), das (2), segunda (2), nestes (2), moitos (2), dende (2), igual (2), podedes (2), facer (2), lingüístico (2), tal (2), menos (2), seguro (2), moito (2), par (2), ben (2), actualmente (2), 500 (2), son (2), 000 (2), posto (2), estamos (2), situación (2), uns (2), mesmo (2), sabedes (2), foron (2), algunha (2), sempre (2), hoxe (2), castelán (2), partes (2), tedes (2), porque (2), temos (2), cultura (2), aprenden (2), idioma (2), nós (2), mellor (2), reto (2), posibilidade (2), voz (2), sen (2), noso (2), empregar (2), vosos (2), dispositivos (2), rematamos (2), toda (2), debida (2), blog (2), edición (2), tecnoloxía, blogger, resulta, cúmprense, cen, fundación, pioneira, creada, obxectivo, estudar, maneira, natural, cultural, social, formar, investigadoras, divulgar, realizados, xenial, ver, pois, fundada, placa, recorda, tarroeira, parroquia, naceu, outubro, 1923, estivestes, actividade, estendeuse, trece, clausurado, ditadura, franquista, neste, pasou, meirande, intelectualidade, galeguista, contar, 170, socios, socias, activas, estaba, organizado, seguintes, seccións, filoloxía, arte, letras, ese, decaia, revés, empezamos, comentando, datos, uso, veciñanza, toponimia, territorio, papel, mulleres, transmisión, historia, investigación, deu, doado, perdestes, algo, impulso, soubemos, amesáns, amesás, sobresaíron, profesións, levando, bandeira, gustaríavos, amesá, ilustre, campo, recoñecidos, poderiades, axudar, defender, sería, existise, cambiarían, nunca, aco, van, ola, novo, arrincamos, última, finde, custou, anterior, manter, desta, volta, pan, comido, presente, preparado, certo, fan, preocupemos, nenas, nenos, falen, moitísimo, xeracións, tivemos, tempos, mellores, goza, boa, saúde, vivas, diferentes, número, está, 160, significa, dentro, faladas, concretamente, europa, 150, minoritaria, onte, millóns, saben, viven, coñecido, rexións, limítrofes, asturias, león, galegofalantes, espallados, afastados, arxentina, venezuela, enorme, utilidade, comunicar, outros, única, están, emparellados, intercomprensibles, nun, tanto, avoga, adopción, ortografía, reforzar, semellanza, algúns, compañeiros, compañeiras, chegastes, neses, outra, deste, xeito, mundial, manteña, forte, usou, abandone, porén, abondo, necesita, conseguir, neofalantes, diso, inglés, francés, alemán, diversos, motivos, quere, exemplo, yamini, prabhu, india, encanta, palabra, traduce, exactamente, nome, cal, visitan, fican, namoradas, saber, algunhas, quérense, quedar, vivir, buscan, entender, integrarse, veciñas, veciños, acceder, pode, necesario, xoves, quedan, rematar, fíxose, viral, vídeo, dunha, rapaciña, era, tablet, entendese, problema, ela, falaba, siri, entendía, ano, conseguiamos, apple, incluíse, textos, interfaces, asistentes, seguen, estar, dispoñibles, seguindo, asistencia, tampouco, alexa, seica, intentar, activar, tédelo, distinta, android, onde, grazas, demamanda, popular, gozamos, configurar, dispositivo, podemos, poñer, nosas, tabletas, ordenadores, servizos, google, coma, mapas, electrónicos, sabiades, configuras, teus, case, vimos, pequecha, senón, recurso, abrirnos, sabemos, ponte, comunicarnos, lusofonía, ama, esforza, aprendelo, utilizalo, désteslle, empurrón, final, pasastes, tema, despois, ides, partir, descubrimos, abrindo, paso, tecnoloxías, asegurando, nosos, dereitos, dixital, actualidade, tradutores, subtítulos, automáticos, haberá, dobraxes, sintéticas, escolla, vivo, directo, com, coas, parabéns, esforzo, agardamos, pasásedes, aprendésedes, moitas, acadásedes, confianza, ganas, diante, real, academia, algún, deixase, fin, prometida, medio, enteiramente, prometeu, minte, iso, cumpristes, momento, lembrar, vosas, profesoras, profesores, acordo, gozar, premios, aproveitamos, derradeira, entrada, convidarvos, evento, presentación, valoración, experiencia, mércores, bertamiráns, velaquí, convite, información, último, compartimos, convosco, chegou, tras, éxito, pasada, proxecto, volve, celebrar, participación, centros, públicos, infantil, primaria, descúbreo, nova, páxina, web, www, modogalegoames, gal, curso, 2024, instrucións, busca, saltar, contido, principal,
Text of the page (random words):
modo galego actívao saltar ao contido principal busca no blog modo galego actívao día 0 instrucións actividades semana 1 actividades semana 2 actividades semana 3 máis publicacións modo galego actívao curso 2023 2024 obter ligazón facebook x pinterest correo electrónico outras aplicacións tras o éxito da pasada edición o proxecto modo galego actívao volve celebrar as tres semanas de compromiso lingüístico coa participación de todos os centros públicos de infantil e primaria do concello de ames descúbreo todo sobre esta edición na súa nova páxina web www modogalegoames gal ler máis día 21 1 e chegou o día obter ligazón facebook x pinterest correo electrónico outras aplicacións e agora si rematamos coas 3 semanas de compromiso co galego parabéns a todas e todos polo voso esforzo agardamos que o pasásedes moi ben que aprendésedes moitas cousas novas e sobre todo que acadásedes a confianza e as ganas para empregar o galego moito máis de agora en diante de feito nada nos gustaría máis na real academia galega que que algún ou algunha de vós deixase o modo galego activado para sempre e por fin cousa prometida é medio debida e debida enteiramente se quen prometeu non minte por iso se cumpristes o reto este é un bo momento para lle lembrar ás vosas profesoras e profesores a súa parte do acordo a gozar dos vosos premios aproveitamos esta derradeira entrada no blog para convidarvos a todas e todos ao evento de presentación e valoración dos resultados da experiencia este mércores na casa da cultura de bertamiráns velaquí vai o convite con toda a información por último compartimos convosco os traballos da terceira semana que nos foron chegando d ler máis día 19 e non hai dúas sen tres obter ligazón facebook x pinterest correo electrónico outras aplicacións e xa case rematamos esta semana vimos que o galego non é unha lingua pequecha para falar entre nós senón que é o noso mellor recurso para abrirnos ao mundo agora sabemos que a nosa lingua é unha ponte para comunicarnos con toda a lusofonía e aprender novos idiomas tamén que hai xente de todas as partes do mundo que ama o galego e se esforza por aprendelo e utilizalo preguntas como foi esta terceira semana désteslle un empurrón final ou xa pasastes do tema despois do visto esta semana como credes que lle vai ir ao galego no futuro e vós credes que ides falar máis galego a partir de agora descubrimos tamén que pouco a pouco nos imos abrindo paso nas novas tecnoloxías asegurando o futuro da nosa lingua e dos nosos dereitos como falantes no mundo dixital na actualidade temos tradutores subtítulos automáticos e en moi pouco tempo mesmo haberá dobraxes sintéticas á lingua da nosa escolla en vivo e en directo polo de agora aprender novos idiomas segue a ser importante para com ler máis día 18 o galego é o futuro obter ligazón facebook x pinterest correo electrónico outras aplicacións hoxe é xoves así que quedan só tres días para rematar o reto hai un par de anos fíxose viral un vídeo dunha rapaciña que non era quen de facer que a súa tablet a entendese o problema que ela falaba galego e siri só entendía castelán ao ano seguinte conseguiamos que apple incluíse a posibilidade de ler textos en galego aínda que as súas interfaces e asistentes de voz seguen sen estar polo de agora dispoñibles na nosa lingua seguindo coa asistencia por voz tampouco alexa fala galego pero seica lle podedes intentar activar o modo galego e vós tédelo activado a situación é distinta en android onde grazas á demamanda popular gozamos dende hai anos da posibilidade de configurar o noso dispositivo en galego tamén podemos poñer en galego as nosas tabletas os ordenadores empregar os servizos de google coma os mapas ou o correo preguntas vós en que linguas tedes os vosos dispositivos electrónicos sabiades que o idioma no que configuras os teus dispositivos va ler máis día 17 os novos falantes de galego obter ligazón facebook x pinterest correo electrónico outras aplicacións para que unha lingua se manteña forte é moi importante que a xente que sempre a usou non a abandone porén isto non é abondo o galego necesita tamén conseguir novos e novas falantes ou neofalantes diso imos falar no día de hoxe pregunta ademais do galego e do castelán que outras linguas vos gustaría aprender ao igual que co inglés o francés o portugués ou o alemán hai xente de todas partes que por diversos motivos quere aprender o galego aquí tedes o exemplo de yamini prabhu da india á que lle encanta o galego porque na nosa lingua temos a palabra que traduce exactamente o seu nome cal é persoas que visitan galicia e fican namoradas da nosa cultura aprenden o idioma para saber máis de nós algunhas quérense quedar a vivir aquí e buscan así entender a todo o mundo e integrarse mellor entre as súas veciñas e veciños pero tamén aprenden galego porque é importante para acceder a moitos traballos pregunta para que traballos credes que pode ser necesario ler máis día 16 un galego mundial obter ligazón facebook x pinterest correo electrónico outras aplicacións onte falamos da situación do galego entre as linguas do mundo actualmente no mundo hai uns 3 millóns de persoas que saben falar galego e non todas viven en galicia o galego é coñecido tamén en rexións limítrofes como asturias ou león e mesmo hai uns 500 000 galegofalantes espallados polo mundo en países tan afastados como a arxentina ou venezuela pero é que ademais o galego é unha lingua de enorme utilidade para nos comunicar con xente que fala outros idiomas seguro que xa sabedes que o galego e o portugués foron no seu día unha única lingua polo que están moi emparellados de feito o galego e o portugués son intercomprensibles entre si nun 95 tanto é así que hai quen avoga pola adopción da ortografía do portugués para reforzar aínda máis esta semellanza pregunta algúns dos compañeiros e compañeiras chegastes a ames de países nos que se fala portugués que tal se vos dá o galego neses países sabedes se se fala algunha outra lingua ademais do portugués deste xeito ler máis día 15 unha lingua minoritaria obter ligazón facebook x pinterest correo electrónico outras aplicacións ola de novo arrincamos coa terceira e última semana de compromiso lingüístico do modo galego actívao xa non queda nada pregunta que tal esta segunda finde custou máis ou menos que na anterior manter o modo galego activado seguro que desta volta foi pan comido esta semana imos falar do presente e futuro da lingua galega pregunta que credes vós que lle ten preparado o futuro á lingua galega é certo que hai cousas que fan que nos preocupemos moito por isto sobre todo o feito de que as nenas e nenos de agora falen moitísimo menos galego que hai un par de xeracións pero a realidade é que aínda que tivemos tempos ben mellores o galego segue a ser unha lingua que goza de boa saúde actualmente no mundo hai máis de 5 500 linguas vivas diferentes hai quen di que son ata 7 000 por número de falantes o galego está no posto 160 isto significa que estamos dentro do 3 das linguas máis faladas do mundo concretamente aquí en europa estamos no posto 23 de 150 o que s ler máis día 12 e xa van dúas obter ligazón facebook x pinterest correo electrónico outras aplicacións así que dúas semanas xa como vai ese modo galego segue activado que non decaia a cousa que xa non queda nada esta semana falamos do importante que é o galego para ames e ao revés o importante que é o concello para a lingua empezamos a semana comentando os datos de uso do galego entre a veciñanza falamos da toponimia do territorio do papel das mulleres na transmisión da lingua e da historia do concello na investigación científica en galego preguntas esta segunda semana como se deu a cousa foi máis doado ou perdestes algo de impulso nestes días soubemos de moitos amesáns e amesás que sobresaíron nas súas profesións levando o galego por bandeira gustaríavos ser o seguinte ou a seguinte amesá ilustre en que campo vos gustaría ser recoñecidos e como poderiades axudar dende o voso traballo a defender a lingua galega visto o visto nestes días credes que ames sería igual se o galego non existise que cousas cambiarían que podedes facer vós para que isto nunca aco ler máis día 11 ames e o seminario de estudos galegos obter ligazón facebook x pinterest correo electrónico outras aplicacións resulta que este 2023 cúmprense cen anos da fundación do seminario de estudos galegos esta foi unha institución pioneira creada co obxectivo de estudar de maneira científica a realidade natural cultural e social de galicia formar a persoas investigadoras e divulgar os resultados dos traballos realizados xenial pero que ten isto que ver co concello de ames pois que unha institución tan importante como esta foi fundada no voso concello esta é a placa que o recorda na casa de rosalía da tarroeira na parroquia de ortoño aquí naceu o seminario de estudos galegos o 12 de outubro do 1923 pregunta estivestes xa na casa de rosalía de ortoño a súa actividade estendeuse por trece anos ata que foi clausurado pola ditadura franquista neste tempo pasou por el a meirande parte da intelectualidade galeguista chegando a contar con máis de 170 socios e socias activas o seu traballo estaba organizado nas seguintes seccións sección de filoloxía sección de arte e letras s ler máis máis publicacións con tecnoloxía de blogger
|