Meta tags:
description= Le temps s´en va! ;
Headings (most frequently used words):
2009, abril, julio, mayo, en, 24, de, florbela, blog, das, mulleres, literatas, le, temps, va, persoas, linea, visitantes, categorías, comentarios, recientes, octubre, 22, 11, adeus, contadoras, historias, 20, tempo, do, pinchacarneiro, inmortal, 19, ridículas, 27, cef, longa, noite, pedra, 23, digo, viet, nam, basta, espanca, 21,
Text of the page (most frequently used words):
que (106), non (29), como (18), unha (18), súa (17), digo (16), mulleresliteratas (16), das (15), por (15), filed (15), under (15), #mulleres (13), tempo (13), amor (12), con (11), ser (11), foi (11), 2009 (11), para (11), blog (10), poesía (10), amar (10), máis (10), nin (10), ridículas (10), #comentario (9), literatas (9), seu (9), comments (8), deja (8), mais (8), dos (8), elenaveiga (8), sempre (8), nada (7), pero (7), todo (7), galicia (7), cartas (7), curso (7), noite (6), obra (6), dun (6), celso (6), emilio (6), agora (6), este (5), wordpress (5), com (5), ver (5), cada (5), sen (5), polo (5), poemas (5), pola (5), terra (5), homes (5), vello (5), meu (5), ter (5), pinchacarneiro (5), sei (5), viet (4), nam (4), pois (4), nos (4), vida (4), durante (4), quem (4), ninguén (4), toda (4), mundo (4), seus (4), florbela (4), abril (4), ferreiro (4), social (4), poema (4), onde (4), está (4), pedra (4), son (4), todas (4), traballador (4), ela (4), anos (4), lle (4), así (4), sobre (4), são (4), memoria (4), grupo (4), era (4), esta (3), adeus (3), contadoras (3), basta (3), porque (3), outro (3), mellor (3), viaxe (3), pessoa (3), realidade (3), apenas (3), longa (3), foron (3), días (3), día (3), patria (3), tres (3), modo (3), libro (3), todos (3), tomo (3), sol (3), patrón (3), camiño (3), dentro (3), não (3), nosa (3), ata (3), nunca (3), naquel (3), agardaba (3), verso (3), novo (3), mayo (3), ventre (3), vez (3), vós (3), próximo (3), temps (3), hai (3), tela (3), julio (3), tarsila (3), moito (3), martin (3), soarez (3), sitio (2), web (2), obligatorio (2), escribe (2), comentarios (2), sesión (2), suscrito (2), suscribirse (2), una (2), rss (2), goretti (2), hist (2), traballos (2), prosa (2), pra (2), sexa (2), uma (2), voz (2), assim (2), primavera (2), mente (2), pode (2), mal (2), esquecer (2), indiferente (2), gente (2), além (2), quero (2), perdidamente (2), concha (2), poeta (2), xeito (2), sublime (2), forma (2), soneto (2), alma (2), muller (2), tan (2), verdade (2), podemos (2), mensaxe (2), gusto (2), ante (2), escribir (2), aínda (2), nun (2), lírica (2), fai (2), palabra (2), usa (2), guerra (2), carne (2), pelouro (2), saír (2), mesmo (2), peso (2), grande (2), maleta (2), pechái (2), tódalas (2), portas (2), saia (2), pobo (2), morre (2), sin (2), brillante (2), par (2), vela (2), camisas (2), pantalón (2), xénero (2), xenreira (2), mental (2), raquel (2), monólogo (2), amo (2), isto (2), pasou (2), miña (2), conta (2), ben (2), cantando (2), saber (2), reino (2), dor (2), dar (2), persoalmente (2), centra (2), pasa (2), despois (2), dicir (2), brazo (2), bailamos (2), tempos (2), tristes (2), baila (2), verbas (2), literatura (2), esdrúxulas (2), outras (2), cardíaco (2), ente (2), pano (2), tamén (2), estar (2), esbozos (2), namentres (2), persoa (2), algo (2), dixo (2), veces (2), creaba (2), cos (2), esquemas (2), literario (2), iso (2), leite (2), inmortal (2), morrer (2), vexo (2), imaxes (2), endexamais (2), pinchacarneiros (2), morren (2), cabeza (2), herba (2), díxome (2), xogo (2), imaxe (2), branco (2), importa (2), remata (2), villon (2), mes (2), dames (2), cursos (2), menos (2), problema (2), cobra (2), uxía (2), nome (2), bitácora (2), vai (2), dez (2), século (2), cousas (2), sentada (2), naquela (2), cadeira (2), enfundada (2), saco (2), actual (2), gustáballe (2), vía (2), rúa (2), épocas (2), irreal (2), pozo (2), abaixo (2), partículas (2), sólidas (2), índole (2), elemental (2), tanto (2), minuto (2), mirando (2), amaral (2), ceo (2), círculos (2), concéntricos (2), laranxa (2), oswald (2), xente (2), pouco (2), orella (2), sente (2), decidiuse (2), plana (2), comenzar, diseña, nombre, correo, electrónico, cargando, contraer, barra, gestionar, las, suscripciones, lector, denunciar, contenido, iniciar, regístrate, privacidad, tienes, cuenta, inicia, suscríbeme, crea, gratis, release, get, free, daniel, navarro, lingua, bolboretas, chabal, jose, conserje, check, this, out, recientes, nosas, creacións, categorías, 509, hits, visitantes, persoas, linea, página, siguiente, saiba, perder, encontrar, minha, alvorada, dia, hei, cinza, deus, deu, cantar, preciso, cantá, florida, inteira, disser, alguém, prender, desprender, bem, recordar, nâo, aquele, aqui, importantísima, dúvida, autora, representou, sentir, intenso, procura, ilimitada, fixeron, poucos, entenderan, seguir, feliz, experiencia, dolorosa, profunda, saudade, sentía, múltiple, diferente, transcribo, algún, espanca, pequena, mostra, entender, obxectivo, levar, aos, lectores, loita, inconformidade, odio, repulsión, inxustizas, agresións, estado, vemos, afán, supón, descoido, tratalo, clásico, emprega, numerosos, recursos, conseguen, recordarnos, lemos, folleto, propagandístico, aquí, reside, maxia, capacidade, criticar, satirizar, momento, fundamento, importante, abras, ollos, deixe, coñezas, ignorancia, monstros, abranguer, vergonza, dito, cunha, soa, petróleo, ferro, mineral, trampa, lobo, caimán, polaris, cóbrega, miseria, diplomacia, devastación, plutonio, pentágono, esterco, bursátil, palanca, presidente, gadoupa, chuvia, amargura, baba, ianqui, invasor, depredador, patrias, bestial, tremor, crime, lume, lava, estoupido, verdugo, mortandade, masa, gas, abafante, fame, suor, aldraxe, pugas, aceiro, antropofaxia, nenos, napalm, terror, selva, fedor, cidade, cloaca, lombriga, larva, podrecida, bomba, fósforo, moitos, saía, pensamento, embargo, saíron, nas, faldriqueiras, petos, emigración, falo, madrugada, noso, quedámonos, dúas, palabras, vella, conserva, pátina, producida, auga, salgada, ondas, océano, perdeu, asa, aló, venezuela, quedou, aberta, xentes, podían, lela, home, literato, tamaño, tentou, compañeiros, fuxisen, repelentes, pequeniños, ananiños, inscrita, socialrealimo, crítica, comprometido, fala, critica, interpretarse, ven, representado, ditadura, oprimidos, até, traballei, cincoenta, sosego, comín, pan, suando, labourar, arreo, gastei, xornal, sábados, veu, inverno, dinlle, frol, esforzo, mocedade, teño, rico, estou, pensado, debe, debo, xiquera, iste, mentras, espero, elixe, persoal, solitario, amorosa, intensa, sensual, ardente, desprázase, cara, placer, entrega, destaca, espiñas, rosa, coleción, sonetos, traduciu, español, anxo, guinda, dizê, seres, sangue, mim, condensar, num, grito, elmo, manhãs, oiro, cetim, fome, sede, infinito, garras, asas, condor, astro, flameja, sequer, deseja, mil, desejos, esplendor, rei, áquem, mendigo, seja, morder, beija, maior, homens, alto, gustoume, dende, silencio, soño, sulagado, queda, época, posguera, fría, dura, ratos, entretidos, fomos, partícipes, lectura, deste, autor, leer, algúns, chea, sentimento, gústame, últimas, clases, dedicámolas, pouquiño, celanova, cef, exemplo, reflicte, situación, esperemos, volva, repetir, muiñeiras, bailanse, bailan, tradición, sinten, estes, defendela, xuntos, futuro, duro, andar, firme, paso, testa, erguida, rexa, libres, bravos, danza, ailalalalo, ailalalelo, rematou, festa, pasados, istes, pandeiros, sonámbulos, gaitas, dormideiras, tocaban, baile, sometido, centos, bailou, ailalelo, ailalalo, muiñeira, rebelde, ten, gran, habilidade, acontecido, civil, desta, etc, socialrealista, visión, naqueles, desde, perspectiva, irónica, feren, súas, razón, estará, presente, naturalmente, sentimentos, esdrúxulos, palavras, dessas, minhas, memórias, hoje, sem, isso, dera, escrevia, mas, afinal, criaturas, escreveram, têm, também, escrevi, seriam, fossem, pálpebras, húmidas, enfático, movemento, eran, formaban, ridículo, gardounas, dobrado, entregou, ridícula, sabía, versos, amorosos, ían, altura, pluma, daquel, amado, llos, ensinar, fixo, uns, ridículos, mesa, firmou, ophelia, húmido, pálpebra, énfase, álvarez, torneiro, habitante, único, campo, segado, exemplar, crese, rigorosamente, humano, sinto, don, eses, buscados, fagan, fique, abraiado, cando, corrixe, sabes, centeo, pasábase, coas, beberaxes, terrenais, tiñan, posterior, parto, pasáballe, neruda, encargado, destetalo, mostrarlle, levaría, deixar, proteínico, real, imbuirse, viño, místico, poético, será, punto, inmortais, melosas, brotan, maxín, regadas, xardineira, coñecín, sensuais, brinda, bouza, brey, delirios, deliciosos, manuelantonianos, alegrías, castelao, formigas, embafadas, mata, ferrín, min, morrerá, ese, difiro, rematan, pasaches, traballo, axeonllarte, chantar, impulsar, cambadela, capitón, pirueta, viravolta, sinónimos, pronuncio, diane, arbus, coma, ensoñación, efémera, delgado, amantes, sombra, camelia, cuidado, leva, soidade, recife, estrela, corrente, raios, invernos, proa, orgullosa, corta, amigos, popa, navegamos, meus, diversos, procuramos, despedia, salut, mallarmé, entendido, brinde, balance, certeiro, precipítase, acaban, fican, obras, recendo, contra, serie, factores, negativos, fan, lea, esperanza, naza, fica, alegría, cultivo, sincero, virtuoso, pesar, provoca, despedida, comezou, chegou, numeroso, formado, seguiron, traballando, coa, mesma, denominación, temeron, páxina, outra, volta, vixencia, ánxela, escrita, grilandas, vanessa, verdes, paisaxes, moreiras, tardes, sílabas, azuis, lucía, lilás, primeiras, fóronse, maneira, actualizou, regularmente, posíbel, dous, actividade, única, senón, curta, naceu, concepción, aula, oficina, literaria, novas, tecnoloxías, ferramentas, idóneas, enganchar, introducilo, nunha, especie, labirinto, traballa, contento, utilizando, diferentes, códigos, artísticos, texto, varios, formatos, pintura, escultura, teatro, cine, música, acabou, quizais, actualizará, elena, antía, aporten, verán, caderno, continuar, manterase, alumnas, escollan, tal, están, promoción, materia, difícil, historias, deuse, posibilidade, artur, chatease, internet, espertando, sono, acordábase, parteira, metera, man, pantalla, remexendo, píxeles, dispoñéndoos, papel, ler, aquel, medieval, plasmaran, formato, dixital, fora, sacado, tocalo, batido, merengada, xxi, guenebras, lanzarotes, isoldas, confundíndose, aqueles, outros, viandantes, actuais, nova, cheiro, daquela, transportábaa, trobadores, fornidos, vestidos, armadura, pelexando, montados, cabalo, lía, liberdade, pictórica, case, terapia, sentíase, caía, autoridade, existía, deitada, diván, orixe, oriental, luz, espía, espazos, absolutos, flores, conflicto, horas, perdemos, bos, teña, vostede, mentres, breve, precedían, hipnotismo, tarde, arriba, agarraba, corda, campaíña, violeta, situada, alta, normal, aquela, porta, vermella, supoñía, fíxose, ludópata, intencionada, adicta, freudiano, psicoanálise, remedios, varo, gastou, morea, cartos, sabedes, tedes, xullo, acudir, exposición, caipirinha, vestida, poiret, segundo, dicían, quedei, tirada, áfrica, brasil, vilar, santiago, alguén, cor, primeiros, sabe, oraba, frases, dunhas, catro, toneladas, andrade, desligouse, metaforismo, abstracto, vin, descubrimento, aprendín, fillo, fin, rompo, fol, miñas, meixelas, cun, sorriso, redonda, doncela, vigo, amigo, afonso, regalou, potente, inesquecible, brusco, cheo, beldade, filla, urraquiña, chamaba, quixo, entregarlle, morreu, crer, choro, resultado, disposición, distintas, técnicas, literarias, fremosa, ferinte, romper, desgarrador, transportando, pesada, coita, chorando, correspondido, senhor, teoría, crear, cantiga, octubre,
Text of the page (random words):
n alguén dixo máis que tarsila do amaral con círculos concéntricos de cor laranxa quedei tirada na herba mirando ó ceo o ceo dos círculos concéntricos laranxa de áfrica de brasil e da rúa do vilar nº 19 en santiago elenaveiga pois xa sabedes tedes ata o 31 de xullo para acudir á exposición da obra de tarsila do amaral a caipirinha vestida por poiret segundo dicían deja un comentario julio 22 2009 filed under 1 mulleresliteratas 8 29 am remedios varo gastou unha morea de cartos fíxose unha ludópata intencionada adicta ó xogo freudiano da psicoanálise cada tarde ás 19 47 nin minuto arriba nin minuto abaixo agarraba a corda da campaíña violeta situada máis alta do normal e agardaba mirando aquela porta vermella e todo o que ela supoñía os bos días teña vostede mentres que a viaxe sexa breve que precedían ao hipnotismo que importa se perdemos o conflicto das horas os traballos e os días ou as flores do mal agora non hai tempo nin espazos absolutos nin partículas sólidas de índole elemental gustáballe tanto estar deitada naquel diván de orixe oriental namentres luz pozo espía a súa mente nin partículas sólidas de índole elemental ó saír da terapia sentíase un ente irreal que vía como caía pozo abaixo a cabeza da autoridade que xa non existía sublime liberdade pictórica mental irreal case sempre elenaveiga deja un comentario julio 11 2009 filed under 1 mulleresliteratas 4 45 pm lía sentada naquela cadeira enfundada en tela de saco o cheiro daquela tela transportábaa a outras épocas épocas de trobadores de fornidos homes vestidos con armadura pelexando montados a cabalo agardaba polo seu batido de leite merengada do século xxi actual e vía guenebras lanzarotes isoldas confundíndose con aqueles outros viandantes actuais na rúa nova ela era actual pero gustáballe ler aquel libro medieval ver como o que as mulleres plasmaran en formato dixital fora sacado á realidade tocalo e así sentada naquela cadeira enfundada en tela de saco acordábase da parteira que metera a súa man na pantalla remexendo os píxeles dispoñéndoos sobre do papel deuse de conta da posibilidade de que artur chatease en internet espertando do seu sono elenaveiga deja un comentario adeus contadoras de historias mayo 20 2009 filed under 1 mulleresliteratas 10 13 am e pasou o tempo como sempre pasa acabou o curso e a bitácora quizais non se actualizará ata o próximo curso ao mellor elena antía uxía ou lu aporten algo no verán ao caderno o problema vai ser continuar o curso próximo a bitácora manterase se hai un grupo de alumnas os polo menos dez que escollan literatura do século xx e tal e como están as cousas na promoción da materia vai ser difícil mulleres literatas é un blog á súa maneira que se actualizou o máis regularmente posíbel durante dous cursos non é actividade única senón máis ben a máis curta e que naceu dentro da concepción da aula como oficina literaria as novas tecnoloxías foron as ferramentas idóneas para enganchar o grupo e introducilo nunha especie de labirinto onde cada un unha traballa contento utilizando diferentes códigos artísticos o texto literario a imaxe en varios formatos a pintura a escultura o teatro o cine e a música as primeiras mulleres literatas todas mulleres por iso o nome fóronse co curso lucía a dos lilás goretti a das sílabas azuis uxía a das moreiras das tardes de sol vanessa a das verdes paisaxes ánxela a da escrita de grilandas comezou outro curso e chegou un grupo novo e máis numeroso formado por mulleres e homes que seguiron traballando no blog coa mesma denominación sen problema non temeron á páxina en branco mais outra volta cobra vixencia o verso de villon le temps s en va mes dames remata o curso con alegría polo cultivo sincero e ás veces virtuoso da palabra mais co pesar que provoca sempre a despedida contra toda unha serie de factores negativos que fan que cada vez se lea menos a esperanza de que naza no próximo curso un novo grupo de mulleres literatas fica sempre é certeiro o verso de villon mes dames o tempo precipítase sempre mais aínda que os cursos acaban fican as obras co recendo de vós a viaxe remata e procuramos a despedia no soneto salut de mallarmé entendido como un brinde e un balance navegamos oh meus diversos amigos eu xa sobre a popa vós sobre a proa orgullosa que corta a corrente de raios e de invernos soidade recife estrela non importa onde nos leva o branco cuidado da nosa vela para vós amantes da sombra da camelia concha delgado comments 3 o tempo do pinchacarneiro inmortal mayo 19 2009 filed under 1 mulleresliteratas 1 08 pm o ventre da memoria díxome que todo foi coma unha ensoñación efémera o ventre da memoria díxome que todo foi un pinchacarneiro cambadela capitón pirueta viravolta xogo de sinónimos que pronuncio a modo de imaxe de diane arbus o ventre da memoria di que os pinchacarneiros morren unha vez que rematan unha vez que pasaches o traballo de axeonllarte de chantar a cabeza na herba de impulsar o cu o pinchacarneiro morre pois eu difiro non os pinchacarneiros non morren para min endexamais morrerá ese tempo do pinchacarneiro tempo no que vexo imaxes sensuais que me brinda bouza brey delirios deliciosos manuelantonianos alegrías tristes de castelao formigas embafadas que mata ferrín tempo no que vexo imaxes melosas que brotan no meu maxín ó ser regadas pola mellor xardineira que endexamais coñecín morrer que ha morrer o tempo do pinchacarneiro será un punto brillante e inmortal do meu ser mulleresliteratas inmortais elenaveiga deja un comentario mayo 3 2009 filed under 1 mulleresliteratas 9 36 pm neruda foi para el o encargado de destetalo e mostrarlle un novo camiño que o levaría a deixar o leite proteínico do mundo real e imbuirse do viño místico poético ás veces pasábase coas beberaxes non terrenais e creaba poemas que nada tiñan que ver cos esbozos en prosa cos esquemas do posterior parto literario pasáballe sempre iso di el mais o seu don fai que eses poemas non buscados fagan memoria de algo que nunca dixo e fique abraiado cando corrixe o verso porque sabes como é o centeo por dentro crese rigorosamente humano pero sinto dicir que non álvarez torneiro é o habitante único de todo o campo segado o exemplar elenaveiga comments 1 ridículas abril 27 2009 filed under 1 mulleresliteratas 7 49 pm húmido pálpebra cardíaco énfase fixo uns esbozos ridículos de verbas esdrúxulas naquel pano de mesa namentres que agardaba por unha persoa unha persoa ninguén un pessoa e firmou ophelia sabía que os seus versos amorosos non ían estar á altura da pluma daquel seu amado mais non llos ía ensinar as pálpebras húmidas de enfático movemento cardíaco eran ridículas e formaban un ente ridículo gardounas naquel pano dobrado e non as entregou así ela tamén foi ridícula todas as cartas de amor são ridículas não seriam cartas de amor se não fossem ridículas também escrevi em meu tempo cartas de amor como as outras ridículas as cartas de amor se há amor têm de ser ridículas mas afinal só as criaturas que nunca escreveram cartas de amor é que são ridículas quem me dera no tempo em que escrevia sem dar por isso cartas de amor ridículas a verdade é que hoje as minhas memórias dessas cartas de amor é que são ridículas todas as palavras esdrúxulas como os sentimentos esdrúxulos são naturalmente ridículas pessoa elenaveiga deja un comentario filed under 1 mulleresliteratas 9 21 am celso emilio ferreiro ten unha gran habilidade para escribir o acontecido no seu tempo a dor de galicia durante a guerra civil despois desta etc por isto a súa poesía é socialrealista un modo de ver a visión da nosa terra naqueles anos desde unha perspectiva tan irónica que ata feren a súas verbas por esta razón celso emilio sempre estará presente na nosa literatura muiñeira rebelde baila galicia baila ailalelo ailalalo e galicia bailou durante centos de anos un baile sometido ao son que lle tocaban as gaitas dormideiras i os pandeiros sonámbulos mais istes tempos tristes son tempos xa pasados xa rematou a festa agora non bailamos nin o ailalalelo nin o ailalalalo que bailamos a danza dos libres homes bravos testa erguida voz rexa duro andar firme paso camiño do futuro brazo con brazo todos xuntos cantando un exemplo da súa poesía na que se reflicte a situación de galicia que esperemos que non se volva a repetir que agora as muiñeiras bailanse pero se bailan por gusto por tradición por amor a galicia o amor a galicia como o que sinten estes homes ao defendela comments 1 cef filed under 1 mulleresliteratas 9 18 am as últimas clases dedicámolas a saber un pouquiño máis sobre o de celanova celso emilio ferreiro foron un ratos entretidos todos fomos partícipes na lectura de poemas deste autor e así despois de xa leer algúns podemos dicir que a súa poesía está chea de sentimento que persoalmente gústame persoalmente gustoume mensaxe dende o silencio do libro o soño sulagado que se centra no tempo todo pasa e nada queda na época de posguera fría e dura deja un comentario florbela filed under 1 mulleresliteratas 9 09 am ser poeta é ser mais alto é ser maior do que os homens morder como quem beija é ser mendigo e dar como quem seja rei do reino de áquem e de além dor é ter de mil desejos o esplendor e não saber sequer que se deseja é ter cá dentro um astro que flameja é ter garras e asas de condor é ter fome é ter sede de infinito por elmo as manhãs de oiro e de cetim é condensar o mundo num só grito e é amar te assim perdidamente é seres alma e sangue e vida em mim e dizê lo cantando a toda a gente florbela elixe nos seus poemas un camiño persoal e solitario a lírica amorosa intensa sensual e ardente desprázase cara ó placer a carne e la entrega destaca na súa obra as espiñas da rosa unha coleción de sonetos que traduciu ó español anxo guinda raquel comments 2 abril 24 2009 filed under 1 mulleresliteratas 8 08 am monólogo do vello traballador agora tomo o sol pero até agora traballei cincoenta anos sin sosego comín o pan suando día a día nun labourar arreo gastei o tempo co xornal dos sábados pasou a primavera veu o inverno dinlle ao patrón a frol do meu esforzo i a miña mocedade nada teño o patrón está rico á miña conta eu á súa estou vello ben pensado o patrón todo mo debe eu non lle debo nin xiquera iste sol que agora tomo mentras o tomo espero monólogo dun vello traballador é un poema de celso emilio ferreiro do seu libro longa noite de pedra toda a súa obra está inscrita no socialrealimo ou crítica social este é un poema social comprometido que fala dun vello traballador que critica o amo e isto pode interpretarse como que o amo ven representado pola ditadura e o vello traballador son todos os oprimidos por ela raquel comments 3 longa noite de pedra abril 23 2009 filed under 1 mulleresliteratas 6 44 pm é unha maleta vella que conserva a pátina brillante producida pola auga salgada das ondas do océano perdeu a asa aló por venezuela e quedou aberta de par en par onde todas as xentes podían vela e lela tres camisas e un pantalón de xénero tres camisas un pantalón de xénero e a xenreira a xenreira dun home un literato de grande tamaño que tentou que os seus compañeiros de patria fuxisen dos repelentes pequeniños ananiños a modo de s o s mental a xeito de s o s falo na madrugada pechái tódalas portas e que ninguén saia si o noso pobo morre quedámonos sin patria pois patria e pobo son o mesmo en dúas palabras pechái tódalas portas e que xa ninguén saia sen embargo saír saíron o mesmo pero co peso dun pelouro nas faldriqueiras das mulleres nos petos dos homes e na grande maleta da emigración un pelouro que non saía do seu pensamento nin de día nin de noite foron moitos días de pedra e unha longa noite de pedra elenaveiga comments 3 digo viet nam e basta filed under 1 mulleresliteratas 11 18 am digo bomba de fósforo apenas digo nada digo lombriga e larva de carne podrecida digo nenos de napalm terror de noite e selva fedor de cidade e cloaca fame suor aldraxe pugas de aceiro antropofaxia digo guerra bestial tremor de terra crime lume lava estoupido verdugo e mortandade en masa digo gas abafante apenas digo nada digo ianqui invasor depredador de patrias digo plutonio pentágono esterco bursátil palanca presidente gadoupa chuvia amargura baba digo petróleo ferro mineral trampa lobo caimán polaris cóbrega miseria diplomacia digo devastación que usa usa apenas digo nada digo viet nam i está xa dito todo cunha soa palabra para abranguer a vergonza do mundo digo viet nam e basta con esta pequena mostra da poesía de celso emilio ferreiro podemos entender o obxectivo da súa obra levar aos lectores unha mensaxe de loita de gusto pola inconformidade de odio e repulsión ante as inxustizas e agresións dun estado a outro pero como vemos este afán de escribir poesía social non supón o descoido da forma do poema aínda que sen tratalo como nun poema clásico emprega numerosos recursos que conseguen recordarnos que o que lemos é poesía e non un folleto propagandístico aquí é onde reside a maxia de celso emilio na súa capacidade de criticar e satirizar a realidade social do momento sen esquecer o fundamento da lírica pero o máis importante é que a súa poesía fai que abras os ollos ante a realidade para que non te deixe indiferente para que a coñezas porque a ignorancia obra monstros comments 4 florbela espanca abril 21 2009 filed under 1 mulleresliteratas 4 46 pm florbela foi unha importantísima poeta e sen dúvida a autora que mellor e de xeito máis sublime representou na forma do soneto a alma de muller o seu sentir tan intenso e a súa procura ilimitada fixeron que poucos a entenderan seguir a súa vida e a súa obra de verdade foi unha feliz viaxe polo mundo da experiencia dolorosa e da profunda saudade dun ser que como pessoa se sentía múltiple e diferente transcribo algún dos seus poemas concha amar eu quero amar amar perdidamente amar só por amar aqui além mais este e aquele o outro e a toda a gente amar amar e nâo amar ninguén recordar esquecer indiferente prender ou desprender é mal é bem quem disser que se pode amar alguém durante a vida inteira é porque mente há uma primavera em cada vida é preciso cantá la assim florida pois se deus nos deu voz foi pra cantar e se um dia hei de ser pó cinza e nada que sexa a minha noite uma alvorada que me saiba perder pra me encontrar deja un comentario página siguiente persoas en linea visitantes 19 509 hits categorías 1 as nosas creacións poesía prosa traballos comentarios recientes check this out en jose o conserje en adeus contadoras de hist e chabal en digo viet nam e basta daniel navarro en a lingua das bolboretas goretti en adeus contadoras de hist get a free blog at wordpress com release rss comments rss blog de wordpress com o blog das mulleres literatas crea un blog o una web gratis con wordpress com suscribirse suscrito o blog das mulleres literatas suscríbeme ya tienes una cuenta de wordpress com inicia sesión privacidad o blog das mulleres literatas suscribirse suscrito regístrate iniciar sesión denunciar este contenido ver el sitio en el lector gestionar las suscripciones contraer esta barra cargando ...
|