Meta tags:
description= Blog de Aula;
Headings (most frequently used words):
que, de, artigos, radio, aprender, da, do, navegación, un, aprendemos, nosa, pasos, paso, cando, tamén, se, pisa, mide, escola, rural, hai, máis, por, aula, recanto, jualu, menú, principal, queda, despois, pechar, libro, manexar, mesa, son, 30, para, facer, audacity, crear, editar, compartir, voz, escolar, escoita, educar, na, inmediatez, pedirlles, paciencia, números, persoas, antes, ensinar, mirar, aos, ollos, ten, ser, algo, lugar, agarda, só, fose, espello, patios, ensinan, repensar, espazo, recreo, sobre, todo, no, subscríbeche, ao, blogue, correo, electrónico, categorías, arquivo, destacados, estadísticas, blog, facendo, técnica, comunicación, moito, mover, botóns, pequenos, grandes, historias, escoitar, forma, parte, aprendizaxe, fachón, consulta, ruta, completa,
Text of the page (most frequently used words):
que (346), non (137), unha (113), para (70), tamén (63), máis (60), pero (58), por (49), algo (47), hai (45), porque (45), #escola (41), todo (40), cada (35), cando (35), iso (34), nenos (34), ten (31), veces (30), pouco (26), quen (25), con (24), tempo (24), radio (23), pode (23), aprender (23), cousas (22), ben (21), facer (21), nunha (20), nos (20), vez (20), quizais (20), neno (20), día (19), sempre (19), anos (19), como (19), moi (19), patio (18), sen (18), está (18), nun (17), pequenos (17), 2026 (16), nas (16), antes (16), son (16), podemos (16), despois (15), aula (15), lle (15), rural (15), ler (15), estar (15), aquí (14), seu (14), pensar (14), pisa (14), colexio (14), dun (13), falar (13), man (13), temos (13), estamos (13), diante (13), aos (13), outra (13), rivero (12), mellor (12), simplemente (12), moito (12), isto (12), das (12), cousa (12), deberiamos (12), lles (12), escoitar (12), juan (11), luis (11), gallego (11), dos (11), ser (11), educa (11), nin (11), sobre (11), problema (11), pequeno (11), mundo (11), pasos (10), uncategorized (10), escolar (10), publicado (10), detrás (10), historia (10), moitas (10), nosa (10), familias (10), parte (10), pregunta (10), desde (10), aprendizaxe (10), descubrir (10), importante (10), voz (10), micrófono (10), audacity (10), set (9), momento (9), case (9), sae (9), necesita (9), así (9), tampouco (9), polo (9), onde (9), mañá (9), días (9), están (9), saber (9), importa (9), equivocarse (9), necesitan (9), familia (9), parece (9), súa (9), pasa (9), esperar (9), matemáticas (8), nenas (8), nada (8), casa (8), pena (8), aínda (8), falta (8), grandes (8), dunha (8), paso (8), final (8), aprendizaxes (8), poden (8), vida (8), ese (8), nós (8), educar (8), conseguir (8), esa (8), maneira (8), vai (8), historias (8), libro (7), outubro (7), alumnado (7), sexa (7), ensinar (7), debería (7), espazo (7), gusta (7), fóra (7), fai (7), outro (7), mirar (7), coa (7), ter (7), nosos (7), uns (7), pequena (7), medo (7), senón (7), infancia (7), mentres (7), claro (7), mesa (7), programa (7), queda (6), números (6), educación (6), pois (6), gran (6), forma (6), ata (6), clase (6), xogo (6), deixa (6), pola (6), sinxela (6), esta (6), lugar (6), resolver (6), alumno (6), demasiado (6), aparece (6), significa (6), alumnos (6), conversa (6), minutos (6), primeira (6), adultos (6), canto (6), algún (6), chega (6), tarde (6), libros (6), porta (6), cole (6), raíces (6), manual (6), profe (6), fachón (6), ruta (6), nome (5), recanto (5), artigos (5), 2010 (5), 2012 (5), 2020 (5), laza (5), primaria (5), outros (5), este (5), educativo (5), volver (5), segue (5), nese (5), terra (5), construír (5), dar (5), verdade (5), aprende (5), noso (5), sería (5), funciona (5), leva (5), paga (5), ninguén (5), cos (5), resultados (5), informe (5), aquilo (5), pensando (5), facemos (5), mesmo (5), comprender (5), fundamental (5), intentalo (5), sabemos (5), falando (5), creo (5), ensinarlles (5), ferramenta (5), crear (5), bastante (5), ningún (5), aquela (5), pequenas (5), medir (5), horarios (5), todos (5), deixar (5), actividade (5), coñecer (5), min (5), persoas (5), mirada (5), contrario (5), maiores (5), amodo (5), frase (5), aprendemos (5), escoita (5), rematar (5), menos (5), queremos (5), mide (5), paciencia (5), buscamos (5), principio (5), erros (5), auriculares (5), contar (5), lectura (5), utilizar (5), correo (4), jualu (4), blog (4), novembro (4), dixital (4), coma (4), función (4), nunca (4), fose (4), alí (4), dentro (4), atención (4), xogar (4), quere (4), xente (4), lado (4), ensina (4), cambia (4), coas (4), botar (4), traballo (4), idea (4), buscar (4), camiño (4), mesmos (4), mesma (4), explica (4), culpa (4), pantallas (4), escribir (4), facernos (4), resultado (4), esas (4), sendo (4), lemos (4), digo (4), sexan (4), comunicar (4), sabes (4), seguinte (4), preguntar (4), inmediatamente (4), consiste (4), aprendendo (4), realmente (4), calquera (4), avós (4), horas (4), toca (4), aburrirse (4), precisamente (4), conciliación (4), responsabilidade (4), mestre (4), teñen (4), pobo (4), tantos (4), teño (4), silencio (4), podes (4), maior (4), acaba (4), todas (4), abrir (4), agora (4), lonxe (4), unhas (4), conta (4), aulas (4), completo (4), cinco (4), facendo (4), páxinas (4), boa (4), ordenador (4), micro (4), gravando (4), ideas (4), música (4), botóns (4), traballar (4), this (3), wordpress (3), com (3), sitio (3), escribe (3), pechar (3), naturais (3), marzo (3), setembro (3), 2011 (3), 2013 (3), juanlu (3), materia (3), deporte (3), sistema (3), electrónico (3), novas (3), portas (3), pista (3), formigón (3), hoxe (3), sabe (3), demais (3), escalar (3), inventar (3), moita (3), contradición (3), merece (3), espazos (3), natureza (3), cun (3), vendo (3), escolas (3), centro (3), trata (3), trátase (3), engadir (3), fácil (3), poida (3), aprenden (3), empezar (3), decatarnos (3), propio (3), estes (3), consegue (3), teñan (3), oportunidades (3), dificultades (3), texto (3), claridade (3), trinta (3), cambiou (3), cambiar (3), especial (3), palabras (3), entende (3), valor (3), pantalla (3), tecnoloxía (3), aparecen (3), poñer (3), decisións (3), autonomía (3), capaces (3), resposta (3), algunhas (3), actividades (3), medrar (3), diga (3), tan (3), minuto (3), moitos (3), paréceme (3), organizado (3), penso (3), axudar (3), cuestión (3), entender (3), conversar (3), verdadeiro (3), chegar (3), acompañar (3), diferente (3), especialmente (3), formar (3), vivir (3), monte (3), mirando (3), curso (3), custa (3), nel (3), coñecemos (3), ocorre (3), alguén (3), perder (3), continuar (3), pensei (3), oxalá (3), exame (3), outras (3), persoa (3), primeiro (3), vin (3), pasar (3), compartir (3), nena (3), túa (3), móbil (3), botón (3), ver (3), seguramente (3), incluso (3), risas (3), preguntas (3), borra (3), probar (3), creatividade (3), voces (3), aprendido (3), podcast (3), audio (3), editar (3), primeiros (2), site (2), obrigatorio (2), subscrición (2), febreiro (2), xaneiro (2), decembro (2), agosto (2), 2017 (2), xuño (2), encerado (2), coñecemento (2), meus (2), lingua (2), software (2), entroido (2), división (2), medio (2), teu (2), blogue (2), anteriores (2), navegación (2), falamos (2), curioso (2), correndo (2), fin (2), probablemente (2), segundo (2), maioría (2), balón (2), levamos (2), metodoloxías (2), proxectos (2), emocional (2), repente (2), desaparece (2), simple (2), toque (2), centros (2), apenas (2), sombra (2), responder (2), tipo (2), correr (2), prefire (2), pensado (2), único (2), revisalo (2), ofrecer (2), zonas (2), simbólico (2), pedra (2), area (2), momentos (2), respecto (2), sentido (2), quero (2), fan (2), concello (2), dende (2), proposta (2), reais (2), resumo (2), zona (2), sei (2), analizar (2), cabo (2), vaia (2), baleiro (2), entre (2), coidar (2), contorno (2), explicacións (2), espello (2), problemas (2), comprobar (2), quince (2), determinadas (2), programación (2), saídas (2), diferentes (2), proxecto (2), explicar (2), operación (2), matemática (2), conseguindo (2), aprendan (2), parecer (2), básico (2), razoar (2), absurdo (2), esquecer (2), súas (2), varios (2), intentando (2), facelo (2), utilizala (2), axuda (2), escritura (2), contra (2), obxectivo (2), coñeces (2), levaba (2), continuamente (2), datos (2), importantes (2), coñecelos (2), analizalos (2), len (2), seguiremos (2), anterior (2), mal (2), somos (2), estean (2), preparados (2), seguir (2), conseguimos (2), quendas (2), especie (2), conciliar (2), solución (2), pasen (2), servizos (2), distinta (2), dous (2), último (2), reflexión (2), cea (2), volvemos (2), comezar (2), sete (2), mochila (2), queira (2), prepara (2), paseo (2), presente (2), vínculos (2), importancia (2), converter (2), sinxelo (2), preocupa (2), cheguen (2), estea (2), perfectamente (2), empresas (2), laboral (2), encaixa (2), significar (2), dicir (2), servir (2), bicicleta (2), pelota (2), inventada (2), quitándolles (2), veñen (2), pedagoxía (2), estando (2), excursión (2), cunha (2), coñecelo (2), emocións (2), elas (2), che (2), pouca (2), tanto (2), coñecémonos (2), nomes (2), empurrón (2), precisa (2), precioso (2), espera (2), sentir (2), volve (2), sorriso (2), moitísimo (2), aprenderon (2), palabra (2), algunha (2), levantarse (2), enorme (2), tradicións (2), descubran (2), vinte (2), ficha (2), aquel (2), exactamente (2), lembrar (2), neles (2), gargallada (2), daba (2), preguntou (2), linguas (2), ciencias (2), ademais (2), levo (2), competencias (2), realidade (2), rapaz (2), entra (2), darse (2), poder (2), necesitamos (2), debemos (2), erro (2), concreto (2), dificilmente (2), compañeiro (2), marcha (2), queiras (2), entrar (2), quedei (2), parecía (2), pedímoslles (2), quenda (2), páxina (2), interesante (2), segunda (2), resulta (2), segundos (2), asunto (2), difícil (2), aparecía (2), escoitamos (2), cartas (2), aburrimento (2), imaxinar (2), deixen (2), llo (2), dicimos (2), pedirlles (2), miran (2), obríganos (2), parar (2), teña (2), saír (2), finalmente (2), caben (2), caderno (2), nacen (2), sinto (2), daquela (2), esquece (2), repetimos (2), baixar (2), locutores (2), atopar (2), equivoquei (2), cortar (2), mover (2), eliminar (2), grava (2), gravar (2), seguimos (2), escoitarse (2), respectar (2), gravamos (2), expresión (2), oral (2), competencia (2), convivencia (2), gravación (2), tiña (2), estará (2), sons (2), descargar (2), edición (2), converterse (2), entrevistas (2), oportunidade (2), equipo (2), percorrido (2), propón (2), detectar (2), tomar (2), comezamos (2), correctamente (2), permite (2), práctica (2), pensada (2), experimentando (2), vemos (2), técnicos (2), preparamos (2), visual (2), conectar (2), ceip (2), castiñeiro (2), out (2), cantas (2), considero (2), cantos (2), opinións (2), design, like, with, web, comentario, cargando, comentarios, collapse, bar, report, content, iniciar, sesión, rexistro, administrar, subscricións, view, reader, privacidade, have, account, log, now, sign, subscrito, 257, 617, hits, estadísticas, clasificación, seres, vivos, destacados, abril, maio, xullo, arquivo, verbos, romanos, mandalas, longitud, galego, interactio, cachibol, titoría, teatro, poesía, vídeos, carteis, enteiros, decimais, galega, lengua, castellana, line, informática, docente, infantil, física, luz, magnetismo, cancións, infantís, miñas, wikis, numeración, decimal, suma, resta, categorías, úneche, subscritores, dirección, introduce, subscribirche, recibir, notificacións, entradas, subscríbeche, soa, campá, ábrense, cara, paremos, atopan, casos, portería, cambiando, activas, diversidade, benestar, lista, longa, saímos, arte, maxia, deportiva, continuación, aparcadoiro, embargo, centrado, exclusiva, nesa, superficie, verán, queima, tixola, ofrece, move, formato, agocharse, sentar, tranquilamente, baixo, árbore, presume, inclusión, natural, diverso, deseñado, imaxinamos, sensorial, movemento, trepar, equilibrarse, explorar, recunchos, calma, vexetación, desconectar, materiais, madeira, fronte, metal, cooperativo, tanta, competición, deixamos, coidado, ambiental, pisando, coidando, planta, verde, estacións, ano, cobra, determe, rurais, valoramos, suficiente, comunidade, próxima, disposta, obras, orzamentos, infinitos, transformar, vontade, imaxinación, colaboración, rodea, anpa, caso, presentamos, renovación, froito, claustro, nace, común, adaptar, necesidades, revés, substituír, actual, diferenciadas, montículos, túnel, percorridos, equilibrio, pérgola, mesas, picnic, mantendo, multideporte, tirar, cambio, estas, dixo, contorna, marcar, obxectivos, contas, levar, garantías, conflito, coñecerse, pouquiño, cremos, niso, habería, miramos, patios, ensinan, repensar, recreo, coñeceremos, publica, volveremos, rankings, comunidades, soben, baixan, será, lomloe, pandemia, profesorado, haxa, varias, destas, estou, noutra, puxese, pense, punto, consolidadas, robótica, obradoiros, distintas, propostas, van, chegando, enriquecer, defendo, activa, experimenten, creen, investiguen, formas, frecuencia, participar, estupendo, robot, determinado, presentación, atractiva, dificultade, observar, preocupados, prestamos, moderna, calcular, concentrarse, teñamos, regresar, sociedade, explicalo, instante, inimigo, introducimos, nova, usando, investigar, perfecto, substitúe, concentración, mereza, pensalo, favor, confundir, vese, teus, depende, adulto, ves, progresos, constrúen, falemos, espero, quedemos, dicindo, valentía, cambialo, dato, dese, mestres, alá, subimos, baixamos, puntos, faríame, comprendan, razoen, avanzando, teremos, revisar, culpables, estaba, recoñecer, deixe, preguntándonos, posición, quedamos, connosco, fomos, encaixan, xornadas, longas, desprazamentos, botan, autobuses, encaixalo, sabémolo, debate, converte, batalla, diso, faciliten, significan, necesariamente, convivir, amigos, paus, esquecémolo, empeñados, aproveitar, acabamos, enchendo, francesco, tonucci, necesidade, devolverlles, necesaria, comedor, deberes, baño, cama, recuncho, tirarse, sofá, preguntámoslle, tal, canso, haber, tivemos, praza, john, bowlby, estudar, apego, explicou, figuras, referencia, dispoñibilidade, psicoloxía, fisicamente, encaixen, depender, exclusivamente, imposibles, nai, pai, necesitar, fillo, recollelo, modelo, tentamos, tape, burato, abrimos, pechamos, engadimos, ampliamos, corremos, risco, prolongación, xornada, precisamos, políticas, valentes, laborais, humanos, entendan, traballadoras, fillos, permisos, permitan, crianza, axudas, posibilidades, xuntas, aberta, acoller, cal, defender, esquecemos, dereito, produtivo, programado, acontecen, xogando, coche, visita, chuvia, xanela, ampliar, encher, tardes, ocupar, dando, quitando, gañar, liña, cruzar, carreira, reloxo, agarda, programacións, formación, chas, ensine, apréndelas, observando, clara, rir, botemos, confiemos, deixemos, deixan, entran, mañás, habitual, tirada, achegarte, tiñas, preparado, sorte, coñecernos, estatísticas, cabe, facilmente, táboa, forte, agradece, abrazo, veña, coidan, vémolo, corredores, xestos, enormes, tantas, perfecta, discutimos, enfadámonos, equivocámonos, atravesados, tes, coidalo, neurocientífico, divulgador, francisco, mora, emoción, popularizou, gustou, ama, engadiría, experiencia, sentimos, queridos, deixando, levantar, termina, crendo, sente, confía, inténtao, equivócase, protesta, conseguen, custou, boletín, notas, velo, capaz, emocionar, sobreprotexer, parada, facerlles, entendo, querer, dicirlle, deixalo, ensinarlle, pedir, perdón, aceptar, poñerlles, pedras, inevitable, metros, retirándoas, tropezar, acabou, sacudir, xeonllos, camiños, contaron, contamos, coñece, quedar, atado, fortes, permiten, alto, marchen, estuden, coñezan, lugares, queiran, saiban, escoiten, lembren, apareza, poucos, lembrarán, deu, martes, demos, poñía, confiou, eles, eran, viu, sentou, quedou, dúbidas, suposto, nota, confiar, límites, riquezas, nótase, emociona, pegadas, voen, esquezamos, axudarlles, boas, ollos, fálase, porcentaxes, postos, galicia, sobe, baixa, miralos, deles, podo, gráfica, demasiados, entrando, número, comecei, 1997, 1998, leis, educativas, reformas, currículos, estándares, indicadores, avaliacións, quedaron, desapareceron, volveron, abre, percibe, feliz, convivimos, idades, mixtas, escenas, axudan, buscan, saída, camiñando, corredor, chame, sentirse, responsables, doutro, parecido, síntome, profundamente, afortunado, recursos, académicos, preguntarnos, sinala, caer, cifra, sucede, perdeu, alta, levantou, agacha, atarlle, cordón, preocupada, tranquila, xeracións, polas, mesmas, bos, difíciles, aprendín, ensinou, completamente, escoitalo, darlle, esixirlle, acompañalo, crer, región, educativa, saíume, crítica, vista, nesta, profesión, medida, atopei, redes, deixou, falaba, voltas, evidente, educando, inmediato, míroo, collemos, mercar, clics, listo, vídeo, serie, engancha, libres, esperamos, peto, comezan, parecernos, eternidade, ollo, pásanos, medrando, chegan, concéntrate, pénsao, rindas, volta, permanezan, tarefa, esperen, lean, resulte, resolvan, levemos, tres, esteamos, aburridos, saibamos, resolvelo, explicación, pasala, deslizando, dedo, tendo, moderno, escena, repite, pasaron, proba, saia, borrar, descobre, superar, esforzo, cómodo, botarlle, toda, inxusto, evitarlles, frustración, botamos, pronto, aburren, entretelos, queren, procuramos, facémolo, intención, montar, multiplicar, traxedia, lembro, eramos, abúrrome, abúrrete, pasaba, bici, pau, acababa, convertido, espada, certo, ocupado, entretido, nolo, dea, feito, exemplo, directamente, dicirlles, cen, desesperamos, tarda, mensaxe, coxa, escoitan, teléfono, enriba, aburrirnos, costas, criterio, conservar, leven, quebracabezas, debuxar, mans, sinxelas, talvez, corre, fracasar, meses, houbo, intentos, cambie, funcionando, insistir, igual, deixarlles, telo, inmediatez, gústame, resume, basta, sentarse, pasando, bonitas, parecida, prememos, vermello, absoluto, achega, fala, baixiño, acelera, golpe, ensaiando, comeza, información, ordenar, preparar, repartir, tarefas, levantan, remates, esperando, poñen, colócanse, esperabas, baixiña, descubra, escoitada, nosas, aldeas, avoas, conserva, montes, oficios, desaparecer, escusa, era, desa, ventás, arredor, escoitarnos, frases, habituais, borramos, permítenos, volume, usamos, escóitase, falei, rápido, tivo, corrixir, dramas, conseguísemos, entendesen, vivimos, atento, interromper, bloquea, celebrar, traballando, autoestima, daqueles, poderá, premerá, play, escoitará, oito, dez, botará, seus, compañeiros, profesora, garda, memoria, poñendo, acendendo, preguntando, responderá, morto, risa, preguntará, micróf, ondas, conectan, dispoñible, expertos, informático, contos, noticias, investigacións, programas, especiais, podcasts, finalidade, concreta, producións, gravarse, tramo, compartilo, aspectos, poderían, mellorar, repetir, valorar, desta, engade, habilidade, autónoma, aprenderemos, copiar, pegar, axustar, volumes, efectos, fundidos, normalizar, introducir, silencios, coñecendo, atopalo, configurar, chegará, primeiras, gravacións, filosofía, preparei, novo, poñela, contacto, creación, publicación, valoración, entrevista, proceso, preparación, dándolle, técnicas, entrevistadores, guionistas, creadores, contidos, expresarse, material, documento, consultalo, consulta, completa, consellos, reto, infografía, complicada, chea, convértese, crea, anuncios, guións, realiza, últimos, técnica, comunicación, evitar, saturación, exportar, dominamos, novos, retos, interpretar, luces, nivel, micrófonos, equilibrar, mesturar, serven, gain, ecualizador, faders, mute, memorice, comprenda, serve, elemento, probando, poidan, iniciarse, cables, quixemos, achegar, funcionamento, manexar, espertan, publicacións, soltura, entoación, preguntamos, descubrimos, sabería, reflexionar, traballamos, esforzámonos, fomentar, hábito, lector, organizamos, animamos, preocuparnos, descobren, relacionar, emocionarse, facerse, capacidade, resolve, enunciado, debe, áreas, materias, cuestionario, interpretacións, reflexións, aparecerían, exercicio, escrito, pracer, realizar, biblioteca, intentamos, gozar, esperten, curiosidade, dean, acumular, lecturas, pegada, conformarse, descifrar, delas, cuestionar, propias, título, lembra, fixo, emocionou, pagou, éxito, conseguiron, eses, axudaron, atravesen, rutas, patrimonio, directiva, inicio, saltar, contido, menú, principal,
Text of the page (random words):
pegada nos nenos porque a escola non debería conformarse con ensinar a descifrar palabras ten que axudar a descubrir o que hai detrás delas a cuestionar o que lemos e a construír opinións propias e se algún día un alumno esquece o título dun libro pero lembra unha idea que o fixo pensar unha historia que o emocionou ou unha pregunta que lle cambiou a maneira de ver as cousas seguramente esa lectura pagou a pena ao final quizais o verdadeiro éxito non estea en cantos libros conseguiron ler os nosos alumnos senón en todo o que eses libros lles axudaron a descubrir porque os libros poden abrir moitas portas pero o realmente importante é que os nenos aprendan a pensar por si mesmos cando as atravesen por juan luis rivero gallego publicado en uncategorized out 3 2026 ️ aprendemos a manexar a nosa mesa de son 30 pasos para facer radio a radio escolar é moito máis que falar diante dun micrófono detrás de cada programa hai voces música auriculares cables un ordenador e no centro de todo a mesa de son por iso quixemos achegar o seu funcionamento ao alumnado dunha maneira sinxela visual e sobre todo práctica no ceip o castiñeiro preparamos unha ruta de aprendizaxe de 30 pasos pensada especialmente para que os nenos e nenas de 1º 2º e 3º de primaria poidan iniciarse pouco a pouco no mundo da radio e do son ️ aprender facendo non buscamos que o alumnado memorice nomes técnicos senón que comprenda para que serve cada elemento experimentando probando e facendo comezamos polo máis básico coñecer a mesa conectar correctamente un micrófono ou descubrir para que serven o gain o ecualizador os faders ou o botón mute pouco a pouco aparecen novos retos utilizar os auriculares interpretar as luces de nivel traballar con varios micrófonos equilibrar as voces conectar o ordenador ou mesturar voz e música e cando xa dominamos a mesa chega o momento de crear aprendemos a gravar utilizar audacity detectar erros editar o audio evitar a saturación e exportar o resultado final da técnica á comunicación os últimos pasos da ruta teñen un obxectivo fundamental utilizar todo o aprendido para comunicar o alumnado crea pequenos anuncios prepara entrevistas escribe guións e finalmente realiza o seu propio programa de radio fachón así algo que ao principio parece unha complicada mesa chea de botóns convértese nunha ferramenta que poden utilizar cada vez con maior autonomía cada paso conta cunha infografía visual pequenas explicacións consellos e un reto para comprobar o aprendido antes de continuar consulta a ruta completa preparamos todo o material nun único documento para poder consultalo tanto na aula como na nosa radio ruta de aprendizaxe mesa de son 30 pasos ️ moito máis que aprender a mover botóns porque aprender radio tamén é aprender a escoitar respectar as quendas expresarse con claridade traballar en equipo tomar decisións e perder o medo a comunicar ao rematar os 30 pasos xa non vemos simplemente nenos e nenas diante dun micrófono vemos pequenos técnicos e técnicas de son locutores entrevistadores guionistas e creadores de contidos ️ ️ seguimos aprendendo experimentando e dándolle voz á nosa escola desde radio fachón pequenos sons grandes ideas ️ por juan luis rivero gallego publicado en radio escolar set 30 2026 ️ audacity paso a paso aprendemos a crear editar e compartir a nosa voz a radio escolar é moito máis ca falar diante dun micrófono detrás de cada programa entrevista ou podcast hai un proceso de preparación gravación edición escoita e aprendizaxe por iso preparei unha ruta de aprendizaxe de audacity pensada para primaria un percorrido no que cada novo paso permite descubrir unha ferramenta e poñela inmediatamente en práctica o manual propón 30 pasos desde o primeiro contacto co programa ata a creación publicación e valoración dun podcast completo audacity manual primaria pequenos pasos grandes historias a filosofía é moi sinxela aprender facendo comezamos coñecendo que é audacity onde atopalo como é a súa pantalla e como configurar correctamente o audio despois chegará o momento de probar o micrófono facer as primeiras gravacións e comezar a editar pouco a pouco aprenderemos a cortar copiar pegar eliminar erros axustar volumes engadir música e efectos crear fundidos normalizar o audio ou introducir silencios cada paso engade unha pequena habilidade á anterior ata conseguir traballar de maneira cada vez máis autónoma escoitar tamén forma parte da aprendizaxe unha das cousas que máis me gusta desta proposta é que non se trata simplemente de aprender onde están os botóns de audacity ao gravarse o alumnado ten que falar escoitarse detectar erros repetir tomar decisións e valorar o resultado no tramo final da ruta incluso se propón escoitar o podcast completo revisalo con atención compartilo con outras persoas e pensar que aspectos se poderían mellorar audacity manual primaria e aí está boa parte do verdadeiro valor educativo da actividade da aula á radio fachón todo este percorrido ten unha finalidade moi concreta utilizar o aprendido nas producións da nosa radio fachón entrevistas contos noticias investigacións programas especiais ou pequenos podcasts poden converterse nunha oportunidade para traballar a expresión oral a competencia dixital a creatividade e o traballo en equipo audacity deixa así de ser simplemente un programa informático para converterse nunha ferramenta para crear e comunicar porque non buscamos formar expertos en edición de son buscamos que os nenos e nenas descubran que teñen cousas que contar e que cun micrófono un ordenador e un pouco de creatividade esas ideas poden chegar moi lonxe ️ pequenos pasos grandes historias o manual completo está dispoñible para descargar aquí descargar o manual audacity pequenos pasos grandes historias desde o rural ondas que conectan ️ por juan luis rivero gallego publicado en radio escolar uncategorized set 19 2026 a radio escolar cando aprender tamén se escoita hai aprendizaxes que non caben nun caderno ás veces nacen diante dun micrófono gústame esta frase porque resume bastante ben o que sinto cando facemos radio no cole ao principio parece algo sinxelo un micrófono uns auriculares un ordenador e pouco máis pero basta sentarse un día cos nenos diante do micro para darse conta de que alí están pasando moitas máis cousas e algunhas son ben bonitas profe xa está gravando a primeira vez case sempre é parecida profe xa está gravando aínda non risas prememos o botón vermello silencio absoluto agora si e daquela máis risas hai quen se achega demasiado ao micro quen fala tan baixiño que case non se escoita quen acelera porque quere rematar canto antes e quen esquece de golpe aquilo que levaba cinco minutos ensaiando pero repetimos unha vez outra ata que sae e precisamente aí comeza a aprendizaxe porque para facer radio primeiro hai que pensar que queremos contar hai que buscar información escribir ler ordenar ideas preparar preguntas repartir tarefas despois toca falar pero tamén escoitar e isto último paréceme especialmente importante descubrir que a túa voz importa na aula hai nenos que levantan a man antes incluso de que remates a pregunta e outros non todos coñecemos ese alumnado que sabe a resposta pero prefire baixar a mirada esperando que non lle toque falar co micrófono ás veces ocorre algo curioso poñen os auriculares colócanse diante do micro miran para ti cando queiras e aparece unha voz que non esperabas quizais baixiña ao principio quizais con algo de medo pero aparece por iso sempre pensei que a radio escolar non consiste en formar pequenos locutores iso é o de menos trátase de que cada neno e cada nena descubra que ten algo que contar e sobre todo que a súa voz merece ser escoitada a nosa escola tamén ten cousas que contar facer radio nunha escola rural ten algo especial nós non necesitamos buscar demasiado lonxe para atopar historias están aquí nas nosas aldeas nos avós e avoas no entroido nas palabras que aínda conserva a nosa xente nos montes nos oficios nas tradicións nas pequenas historias que se ninguén pregunta por elas algún día poden desaparecer un micrófono pode ser unha boa escusa para preguntar e isto como era antes e desa pregunta sae unha conversa da conversa unha historia e da historia aprendizaxe así case sen decatarnos por iso radio fachón tamén é unha maneira de abrir as ventás do colexio e deixar entrar o que temos arredor e tamén de facer o camiño contrario que o que facemos dentro poida saír fóra ás familias ao pobo a quen queira escoitarnos desde unha pequena escola rural tamén podemos contar cousas grandes borra que me equivoquei esta é outra das frases habituais profe borra borra que me equivoquei e borramos ou non ás veces mesmo paga a pena escoitar o erro e botar unhas risas despois repetimos audacity permítenos cortar mover baixar o volume poñer música eliminar un silencio pero o realmente interesante non está nos botóns do programa está no que ocorre mentres os usamos un neno grava unha frase e escóitase falei demasiado rápido ninguén llo tivo que dicir volve gravar agora mellor e seguimos iso tamén é aprender probar equivocarse escoitarse corrixir volver probar sen dramas oxalá conseguísemos que entendesen que aprender funciona moitas veces exactamente así falar pero tamén aprender a escoitar vivimos nun mundo no que todo o mundo quere falar escoitar xa custa un pouco máis a radio obríganos a facelo hai que esperar a quenda respectar o silencio estar atento ao compañeiro non interromper axudar se alguén se bloquea e celebrar cando ao outro lle sae ben parece pouca cousa non o é porque mentres gravamos un pequeno programa estamos traballando lectura escritura expresión oral competencia dixital creatividade si pero tamén paciencia respecto responsabilidade autoestima e convivencia e esas cousas non sempre aparecen nun exame pequenas voces grandes historias hai algo no que penso de cando en vez dentro de quince ou vinte anos algún daqueles nenos poderá atopar unha gravación de radio fachón premerá o play e escoitará a súa voz de cando tiña sete oito ou dez anos quizais diga vaia voz tiña e botará unha gargallada pero detrás daquela voz estará tamén o seu colexio os seus compañeiros unha profesora ou un mestre un proxecto un momento concreto da súa infancia laza a súa escola e iso paréceme precioso porque a radio non só grava sons ás veces tamén garda memoria por iso seguiremos poñendo os auriculares acendendo o micro e preguntando preparados seguramente alguén responderá que si outro estará morto de risa e algún preguntará como sempre profe xa está gravando pois si estamos gravando e mentres gravamos aprendemos hai aprendizaxes que non caben nun caderno ás veces nacen diante dun micróf por juan luis rivero gallego publicado en uncategorized 0 set 17 2026 educar na inmediatez e pedirlles paciencia hai uns días atopei nas redes unha reflexión que me deixou pensando falaba dunha contradición que canto máis lle daba voltas máis evidente me parecía estamos educando os nenos e nenas nun mundo no que case todo é inmediato e despois pedímoslles paciencia e pensei pois si algo non encaixa míroo tamén no día a día da escola queremos saber algo collemos o móbil queremos mercar algo dous clics e listo un vídeo non nos gusta seguinte unha serie non engancha nos primeiros minutos buscamos outra temos cinco minutos libres mentres esperamos outra vez a man ao peto cinco minutos sen facer nada comezan a parecernos unha eternidade e ollo que isto non lles pasa só aos nenos pásanos a nós a min tamén quizais por iso deberiamos pensar un pouco no mundo no que están medrando e despois chegan ao cole e aquí cambia a cousa concéntrate le amodo escoita pénsao ben non te rindas volta intentalo pedímoslles que permanezan un tempo facendo a mesma tarefa que esperen a súa quenda que lean unha páxina aínda que ao principio non lles resulte interesante que resolvan un problema de matemáticas que non sae á primeira e ás veces á segunda tampouco porque resulta que aprender non ten botón de seguinte un libro non cambia de historia porque levemos tres páxinas e esteamos aburridos un problema de matemáticas non desaparece porque non saibamos resolvelo e unha explicación da profe ou do mestre non podemos pasala deslizando o dedo para ver se a seguinte nos gusta máis aprender segue tendo algo moi pouco moderno leva tempo equivocarse tamén forma parte do camiño hai unha escena que se repite moitas veces nunha aula profe non me sae e ás veces case non pasaron nin trinta segundos pois proba outra vez e aí está boa parte do asunto non pasa nada porque algo non saia á primeira nin á segunda hai que borrar pensar preguntar volver empezar e continuar parece unha cousa pequena pero non o é porque cando un neno ou unha nena descobre que pode superar algo que ao principio lle parecía difícil aprende moito máis que unha conta ou unha palabra aprende algo que lle vai servir tamén fóra da escola que non todo chega inmediatamente e que o esforzo tamén ten o seu sitio tampouco todo é culpa do móbil sería moi cómodo botarlle toda a culpa ás pantallas pero creo que sería inxusto os adultos tamén temos bastante que ver ás veces queremos evitarlles calquera frustración se algo lles custa botamos unha man demasiado pronto se se aburren buscamos inmediatamente algo para entretelos se queren algo procuramos que o teñan canto antes facémolo coa mellor intención claro pero quizais sen decatarnos estamos quitándolles pequenas oportunidades de aprender a esperar e esperar tamén se aprende como se aprende a montar en bicicleta a ler ou a multiplicar aburrirse non é unha traxedia lembro cando eramos pequenos e aparecía aquela frase que seguramente escoitamos todos abúrrome pois abúrrete non pasaba nada ao cabo dun pouco aparecía unha pelota unha bici unhas cartas un pau que acababa convertido nunha espada ou calquera historia inventada sobre a marcha agora temos certo medo ao aburrimento parece que cada minuto da infancia ten que estar ocupado organizado ou entretido e quizais non un pouco de aburrimento tamén deixa sitio para imaxinar para inventar para pensar para descubrir que facer co propio tempo sen que ninguén nolo dea feito pero hai algo aínda máis difícil dar exemplo esta parte xa nos toca directamente aos maiores podemos dicirlles cen veces que deixen o móbil pero se mentres llo dicimos estamos mirando o noso mal asunto podemos pedirlles paciencia pero se nós nos desesperamos porque unha páxina tarda cinco segundos en abrir a mensaxe queda un pouco coxa os nenos escoitan o que dicimos si pero miran moitísimo o que facemos e iso obríganos tamén a nós a parar de cando en vez a deixar o teléfono enriba da mesa a conversar sen mirar unha pantalla a esperar a aburrirnos incluso quizais a escola teña que ir un pouco máis amodo non digo vivir de costas á tecnoloxía nin moito menos a tecnoloxía forma parte da vida dos nosos nenos e nenas e a escola ten que ensinarlles a utilizala ben con criterio e con responsabilidade pero tamén creo que debemos conservar espazos onde as cousas leven o seu tempo ler un li...
|