Meta tags:
Headings (most frequently used words):
de, entrevista, 2025, vaiche, boa, 2026, domingo, maio, do, mércores, 15, xoves, xaneiro, verín, bacharelato, centro, profesorado, abril, 29, 14, 18, decembro, xuño, martes, 27, luns, 26, 11, 16, marzo, blogs, interese, feed, rss, radiochivite, visualizacións, páxina, totais, ana, rivera, chaves, exalumna, futbolista, profesional, creadora, proxecto, camiñando, caratrás, cristóbal, medeiros, bombeiro, da, brif, laza, pódcast, históricos, para, materia, historia, contemporánea, 1º, 25, aniversario, ocupacional, ieso, la, mesta, dentro, programa, observacción, david, rodríguez, rivada, isabel, cota, aarón, núñez, 2º, italiano, acquapendente, visita, erasmus, no, noso, paola, alumna, chivite, árbitra,
Text of the page (most frequently used words):
compartir (30), reproducir (30), por (24), que (22), con (21), #entrevista (18), ivoox (15), directamente (15), vaiche (14), boa (14), radiochivite (13), facebook (12), verín (11), programa (11), pinterest (10), blogthis (10), enviar (10), correo (10), electrónico (10), ningún (10), comentario (10), publicado (10), centro (10), unha (10), chivite (8), moi (7), 2025 (7), david (6), non (6), foi (6), bacharelato (6), blog (5), entrevistamos (5), noso (5), para (5), como (5), vivas (5), esta (5), vos (5), isa (5), novo (5), musical (5), incendios (5), isabel (4), cota (4), rodríguez (4), máis (4), neste (4), instagram (4), ocupacional (4), italia (4), profesorado (4), rúas (4), dos (4), clube (4), radio (4), todo (4), aniversario (4), proxecto (4), rivada (3), alumna (3), polo (3), fútbol (3), https (3), podedes (3), acquapendente (3), este (3), profesora (3), domingo (3), axenda (3), art (3), alumnado (3), perdades (3), maio (3), oportunidade (3), dentro (3), anos (3), historia (3), agardamos (3), 2026 (3), ademais (3), ana (3), profesional (3), publicacións (2), árbitra (2), paola (2), www (2), com (2), html (2), aquí (2), mundo (2), erasmus (2), insegnante (2), italiana (2), come (2), cultura (2), liceo (2), leonardo (2), vinci (2), dario (2), tamara (2), inglés (2), profesor (2), ciencias (2), dous (2), falamos (2), celebra (2), son (2), xente (2), clases (2), entroido (2), experiencia (2), cultural (2), redes (2), sociais (2), aarón (2), núñez (2), lectura (2), árbore (2), vermella (2), conta (2), outros (2), alumnas (2), marta (2), nicolino (2), queda (2), iso (2), fondo (2), escoitar (2), final (2), canción (2), sorpresa (2), luns (2), peza (2), nesta (2), disneyland (2), eiquí (2), xuño (2), nosa (2), ieso (2), mesta (2), observacción (2), están (2), decembro (2), verán (2), comarca (2), incluso (2), onde (2), xoves (2), pódcast (2), sobre (2), históricos (2), materia (2), contemporánea (2), mércores (2), xaneiro (2), bombeiro (2), brif (2), laza (2), guste (2), dende (2), forestais (2), deste (2), realizada (2), cristóbal (2), medeiros (2), sala (2), ten (2), instituto (2), camiñando (2), caratrás (2), rivera (2), chaves (2), tema, simple, tecnoloxía, blogger, visualizacións, páxina, totais, cargando, feed, rss, oracle, night, fiadeiro, lingua, física, química, nuria, trigueros, bibliochivite, blogs, interese, subscribirse, atom, inicio, antigas, querida, equipo, eso, centroocupacionalverin, esquezades, visitar, laregion, verin, jovenes, toscanos, romanos, descubren, pulpo_1_20250222, 3421881, escrita, redator, amigo, carlos, montero, región, noticia, ver, erasmusiesxesustaboadachivite, blogspot, 2nd, day, explorando, stem, programma, stata, per, tutti, noi, piaciuto, parlare, inglese, scienze, naturali, due, abbiamo, parlato, della, festeggia, sono, organizzate, siamo, divertiti, tantissimo, persone, adorabili, lezioni, carnevale, insegnanti, italiani, che, insegnano, presso, scientifico, esperienza, fantastica, todas, nós, desfrutamos, falando, naturais, alí, pasámolo, ben, encantadora, profesores, italianos, dan, fabulosa, italiano, visita, marzo, esencial, saber, pasa, ruas, vai, especial, fenómeno, querido, tanto, fálanos, seus, proxectos, servizo, impresión, seguídeo, nas, súas, alumno, entrada, comezo, falounos, ideado, galego, formaban, parte, entre, súa, curmá, das, tantos, rapaces, rapazas, lucía, elisa, víctor, marita, escoitado, enteiro, tivo, senón, tamén, coñecímola, pero, tede, cando, remata, hai, primicia, aladdin, cantante, excepcional, coautora, musicais, escoitala, cantar, directo, entrevistar, grupo, participa, rematar, rock, cámara, pouco, estrea, cocreador, música, home, renacemento, escribe, libretos, adapta, cancións, coñecemos, descubrimos, nos, queren, contar, tedes, asistir, días, martes, tivemos, recibir, xunto, asesores, cfr, enriquecedora, fixémoslles, desfrutedes, nova, edición, aos, normalmente, entrevistadores, pois, pronto, vindeiro, propio, rúa, san, rosendo, así, alá, temos, durante, nadal, debate, está, servido, realizou, serie, personaxes, gusten, interesen, napoleón, rousseau, locke, raíña, victoria, luis, xvi, garibaldi, leva, corpo, perdía, falouse, medidas, prevención, extinción, cambio, climático, pasando, polos, canadá, encádrase, levar, cabo, caso, traemos, paso, pola, selección, española, ata, xurdíu, idea, algunha, outra, anécdota, curiosidade, enmarcada, celebración, graduada, ade, xogadora, agora, divulga, información, exalumna, futbolista, creadora, abril, emisora, podcast, ies, xesús, taboada,
Text of the page (random words):
radiochivite blog da emisora podcast radiochivite do ies xesús taboada chivite de verín mércores 15 de abril de 2026 entrevista a ana rivera chaves exalumna futbolista profesional e creadora do proxecto camiñando caratrás novo programa da nosa radio chivite e neste caso traemos unha entrevista a ana rivera chaves ana foi alumna do instituto graduada en historia e ade e xogadora de fútbol sala profesional ademais agora ten un proxecto profesional en redes sociais camiñando caratrás onde divulga información de verín e da comarca esta entrevista foi realizada por alumnado de 1º de bacharelato enmarcada na celebración dos 50 anos do noso instituto dende o paso pola selección española de fútbol sala ata como xurdíu a idea deste novo proxecto ademais de algunha que outra anécdota e curiosidade esta entrevista ten de todo agardamos que vos guste reproducir directamente reproducir con ivoox publicado por radiochivite ás 02 41 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest xoves 29 de xaneiro de 2026 entrevista a cristóbal medeiros bombeiro da brif de laza neste novo programa da radio chivite entrevistamos a cristóbal medeiros bombeiro da brif de laza que leva 20 anos no corpo esta entrevista foi realizada por alumnas de 1º de bacharelato e encádrase ademais no proxecto sobre os incendios forestais que están a levar a cabo no clube de ciencias no programa falouse de todo dende medidas para prevención e extinción de incendios o cambio climático ou os incendios forestais deste verán pasando incluso polos incendios de canadá eu non o perdía agardamos que vos guste reproducir directamente reproducir con ivoox publicado por radiochivite ás 03 12 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest mércores 14 de xaneiro de 2026 pódcast históricos para a materia de historia contemporánea de 1º de bacharelato o alumnado de 1º de bacharelato realizou unha serie de pódcast sobre personaxes históricos dentro da materia de historia contemporánea agardamos que vos gusten e vos interesen garibaldi reproducir directamente reproducir con ivoox luis xvi reproducir directamente reproducir con ivoox raíña victoria reproducir directamente reproducir con ivoox locke reproducir directamente reproducir con ivoox rousseau reproducir directamente reproducir con ivoox napoleón reproducir directamente reproducir con ivoox publicado por radiochivite ás 03 26 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest xoves 18 de decembro de 2025 entrevista 25 aniversario centro ocupacional de verín nesta nova edición do vaiche boa entrevistamos aos que normalmente son os as entrevistadores as a xente do centro ocupacional de verín pois están de aniversario 25 anos que se di pronto durante o programa falamos de todo do aniversario dos incendios do verán na comarca do nadal e incluso do entroido onde o debate está servido non o perdades e o vindeiro luns 22 de decembro ás 12 00 o centro ocupacional de verín celebra o 25 aniversario no propio centro na rúa san rosendo así que alá temos que ir reproducir directamente reproducir con ivoox publicado por radiochivite ás 03 36 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest domingo 15 de xuño de 2025 entrevista profesorado ieso la mesta dentro do programa observacción dentro do programa observacción tivemos a oportunidade de recibir no noso centro ao profesorado do ieso la mesta xunto con dous asesores do cfr a experiencia foi moi enriquecedora e fixémoslles unha entrevista na nosa radio que a desfrutedes reproducir directamente reproducir con ivoox publicado por radiochivite ás 03 34 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest martes 27 de maio de 2025 vaiche boa entrevista a david rodríguez rivada queda moi pouco para a estrea do musical disneyland de eiquí por iso no vaiche boa entrevistamos a david rodríguez rivada cocreador do musical e profesor de música do chivite todo un home do renacemento que escribe os libretos adapta as cancións nesta entrevista coñecemos máis a fondo a david e descubrimos que é o que nos queren contar el e isa con este novo musical tedes a oportunidade de asistir ao musical disneyland de eiquí os días 3 4 6 e 7 de xuño non o perdades ao final do programa podedes escoitar unha peza do grupo rock de cámara no que participa david e ao rematar a peza sorpresa reproducir directamente reproducir con ivoox publicado por radiochivite ás 01 44 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest luns 26 de maio de 2025 vaiche boa entrevista isabel cota vaiche boa o programa de radio máis escoitado de verín e do mundo enteiro tivo a oportunidade non só de entrevistar a isabel cota senón tamén de escoitala cantar en directo aí queda iso isa é unha cantante excepcional coautora dos musicais do chivite e profesora de inglés neste centro con esta entrevista coñecímola máis a fondo e podedes escoitar ao final en primicia a canción aladdin do novo musical pero tede conta que cando remata a canción hai sorpresa no programa isa falounos do clube de lectura a árbore vermella ideado por marita que foi profesora de galego no chivite e do que formaban parte entre outros isa david elisa víctor ou alumnas como marta nicolino a súa curmá lucía nicolino unha das pt do noso centro marta rodríguez e tantos outros rapaces e rapazas este é o blog de isa no que dá conta do comezo do clube blog isabel cota entrada clube de lectura á árbore vermella reproducir directamente reproducir con ivoox publicado por radiochivite ás 05 00 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest domingo 11 de maio de 2025 vaiche boa entrevista aarón núñez de 2º de bacharelato aquí vai un vaiche boa moi especial entrevistamos a un alumno que é un fenómeno moi querido tanto polo profesorado como polo alumnado aarón núñez de 2º de bacharelato na entrevista fálanos dos seus proxectos 3d art un servizo de impresión 3d e rúas vivas unha axenda cultural de verín seguídeo nas súas redes sociais e non vos perdades a entrevista facebook 3d art instagram 3d art facebook ruas vivas instagram rúas vivas e esta é a axenda rúas vivas esencial para saber o que pasa en verín axenda cultural de verín rúas vivas reproducir directamente reproducir con ivoox publicado por radiochivite ás 08 45 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest domingo 16 de marzo de 2025 vaiche boa entrevista profesorado italiano de acquapendente de visita erasmus no noso centro este programa do vaiche boa foi unha experiencia fabulosa para todas nós desfrutamos falando con tamara profesora de inglés e dario profesor de ciencias naturais dous profesores italianos que dan clases no liceo leonardo da vinci de acquapendente italia falamos da cultura italiana de como se celebra o entroido alí e de como son as clases en italia pasámolo moi moi ben unha xente encantadora il programma vaiche boa è stata un esperienza fantastica per tutti noi ci è piaciuto parlare con tamara insegnante di inglese e dario insegnante di scienze naturali due insegnanti italiani che insegnano presso il liceo scientifico leonardo da vinci di acquapendente italia abbiamo parlato della cultura italiana di come si festeggia il carnevale lì e di come sono organizzate le lezioni in italia ci siamo divertiti tantissimo persone adorabili aquí podedes ver o blog do erasmus do noso centro https erasmusiesxesustaboadachivite blogspot com 2025 02 2nd day explorando o mundo stem co html e unha noticia na región escrita carlos l montero redator e amigo do vaiche boa https www laregion es verin jovenes toscanos romanos descubren pulpo_1_20250222 3421881 html non esquezades visitar o instagram do centro ocupacional de verín https www instagram com centroocupacionalverin reproducir directamente reproducir con ivoox publicado por radiochivite ás 07 52 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest vaiche boa entrevista a paola alumna do chivite e árbitra neste programa do vaiche boa entrevistamos a paola alumna de 4º da eso do chivite é árbitra de fútbol e moi querida polo equipo do vaiche boa reproducir directamente reproducir con ivoox publicado por radiochivite ás 07 27 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest publicacións máis antigas inicio subscribirse a publicacións atom blogs de interese bibliochivite blog de david rodríguez rivada física e química nuria trigueros o fiadeiro da lingua oracle night isabel cota feed rss radiochivite verín cargando visualizacións de páxina totais tema simple con tecnoloxía de blogger
|