Meta tags:
Headings (most frequently used words):
de, 19, 11, da, 10, páxinas, agasallo, do, 22, 16, 20, lingua, extraordinario, antón, lopo, léxico, 12, 21, 15, blog, unha, casa, en, para, arquivos, trasno, as, na, revolta, freixa, 23, 28, buscar, neste, translate, carlos, casares, 1941, 2002, obra, narrativa, visita, hortas, museo, manuel, maría, seccións, rechouchíos, presentacións, diapositivas, tests, liña, portal, das, palabras, tal, día, coma, hoxe, seguidores, ferramentas, recursos, materiais, literatura, lectura, aulas, bibliotecas, autor, endl, educación, prensa, escola, pasado, presente, os, ollos, revistas, banda, deseñada, larpeiras, pedriñas, iniciarte, arquivo, temas, etiquetas, ibsn, francisco, fernández, del, riego, san, andrés, teixido, santiago, rodríguez, salinas, illote, barraca, holodomor, tamén, linguas, ricardo, carvalho, calero, algunhas, achegas, rede, viale, moutinho, manhas, gato, pardo, terra, natal, xoán, abad, evaristo, pereira, soño, crebado, república, guerra, civil, vigo, súa, bisbarra, lewis, grassic, gibbon, canción, solpor, avelina, pérez, ás, oito, tarde, cando, morren, nais, robert, seethaler, vida, enteira, francesco, marciuliano, podería, facerlle, pis, enriba, outros, poemas, gatos, tendréis, envidia, los, muertos,
Text of the page (most frequently used words):
que (219), non (62), para (62), unha (54), #calero (52), https (50), carvalho (49), compartir (45), por (42), como (42), das (41), dos (39), 2019 (33), lingua (32), www (32), máis (27), vida (26), gal (26), historia (24), cultura (24), seu (23), letras (22), guerra (22), con (21), sen (20), 2020 (19), sobre (18), document (18), write (18), pero (18), html (18), etiquetas (17), súa (17), nin (17), galicia (16), galega (16), ningún (16), ricardo (15), léxico (15), outubro (15), pinterest (15), facebook (15), blogthis (15), enviar (15), correo (15), electrónico (15), comentario (15), lle (15), literatura (14), outros (14), extraordinario (14), decembro (14), autor (14), galiza (14), cando (14), anos (14), sermos (14), manuel (13), lector (13), maio (13), xuño (13), xaneiro (13), febreiro (13), dun (13), imaxe (13), tamén (13), teatro (12), san (12), día (12), marzo (12), abril (12), xullo (12), agosto (12), setembro (12), novembro (12), galego (12), lles (12), mesmo (12), voz (12), sermosgaliza (12), nos (12), palabras (11), test (11), polo (11), libro (11), gato (11), coma (11), antón (11), actividades (11), vigo (11), foi (11), obra (11), así (11), coa (11), este (11), idioma (11), refuxiados (11), rodríguez (10), andrés (10), solpor (10), butaca (10), lopo (10), 2018 (10), campos (10), vai (10), terra (10), todo (10), campo (10), entre (10), handke (10), lavozdegalicia (10), noticia (10), htm (10), casa (9), santiago (9), mundo (9), narrativa (9), civil (9), gibbon (9), canción (9), ten (9), concentración (9), nun (9), pola (9), aínda (9), com (9), peter (9), articulo (9), tempos (9), parte (9), ucraíno (9), españois (9), xosé (8), enteira (8), país (8), lectura (8), novela (8), fernández (8), traballo (8), del (8), xente (8), aos (8), quen (8), feitos (8), sempre (8), ata (8), dende (8), oso (8), relato (8), praza (8), lópez (7), morte (7), salinas (7), teixido (7), soño (7), illote (7), carlos (7), avelina (7), pérez (7), oito (7), tarde (7), son (7), nunha (7), toda (7), gatos (7), andreas (7), ser (7), república (7), tempo (7), aquí (7), poder (7), onde (6), era (6), amor (6), crebado (6), noticias (6), maría (6), manhas (6), pardo (6), novo (6), foron (6), carballo (6), 2021 (6), blog (6), org (6), bisbarra (6), libros (6), páxina (6), porque (6), nosa (6), outras (6), polos (6), seus (6), egger (6), malia (6), nas (6), ruso (6), público (6), actriz (6), súas (6), mais (6), galegas (6), fame (6), barcarès (6), francia (6), paz (5), pereira (5), viale (5), moutinho (5), fóra (5), todos (5), sociolingüística (5), seethaler (5), saint (5), represión (5), queda (5), marciuliano (5), francisco (5), riego (5), estudos (5), dúas (5), conta (5), 2015 (5), 1936 (5), nunca (5), academia (5), portal (5), count (5), hoxe (5), neste (5), españa (5), detalles (5), estudo (5), enriba (5), outro (5), calquera (5), tivo (5), está (5), vivir (5), familia (5), texto (5), relación (5), cos (5), espazo (5), contra (5), ben (5), baixo (5), tan (5), segue (5), xerais (5), dous (5), morren (5), nais (5), http (5), esta (5), escenario (5), remate (5), entrada (5), moi (5), lewis (5), grassic (5), século (5), poden (5), menos (5), pode (5), primeira (5), span (5), noso (5), opinion (5), vivo (5), narrador (5), hambruna (5), roja (5), applebaum (5), stalin (5), ucraína (5), estado (5), argelès (5), castromil (5), xoán (4), abad (4), fraga (4), soidade (4), toponimia (4), castro (4), prensa (4), primeiro (4), ninguén (4), métodos (4), héctor (4), evaristo (4), canto (4), caderno (4), banda (4), deseñada (4), ilustración (4), barraca (4), agasallo (4), páxinas (4), longo (4), houbo (4), wikipedia (4), real (4), 2002 (4), trato (4), los (4), resulta (4), cómpre (4), vez (4), deixar (4), gran (4), territorio (4), editora (4), lecturafilia (4), desenvolvemento (4), recrutamento (4), cambio (4), comeza (4), medio (4), sociedade (4), momento (4), acaba (4), levar (4), personaxes (4), actitude (4), bando (4), título (4), exército (4), soldados (4), supón (4), ligazón (4), tampouco (4), fai (4), linguas (4), fin (4), media (4), rusos (4), labrador (4), lugar (4), figura (4), galipedia (4), anne (4), fala (4), identidade (4), estas (4), elemento (4), maior (4), cyprien (4), 1940 (4), sur (4), mer (4), peregrinaxe (4), tema (3), xesús (3), retorno (3), verbos (3), tests (3), gonzález (3), hortas (3), blanco (3), poesía (3), literario (3), cousas (3), auga (3), ollos (3), único (3), alonso (3), deus (3), miguel (3), marcos (3), mans (3), medo (3), lois (3), arte (3), díaz (3), estaba (3), literarios (3), educación (3), diglosia (3), glotofaxia (3), mortos (3), contos (3), casares (3), biografía (3), final (3), visita (3), 2011 (3), revista (3), franco (3), inicio (3), les (3), temos (3), camiño (3), libre (3), principal (3), recursos (3), tal (3), revoltadafreixa (3), publicacións (3), saber (3), trata (3), case (3), levan (3), nomes (3), vén (3), donos (3), boa (3), despois (3), xentes (3), familiares (3), catro (3), existencia (3), exemplo (3), esa (3), paga (3), facerlle (3), cóntanos (3), protagonista (3), natureza (3), ante (3), dura (3), moito (3), pais (3), crueldade (3), dunha (3), velaí (3), podía (3), edicións (3), daniel (3), salgado (3), galegos (3), porto (3), semellan (3), nesa (3), nai (3), dicir (3), centro (3), tres (3), idos (3), canda (3), ela (3), pouco (3), desa (3), polas (3), marcha (3), resto (3), editorial (3), narrados (3), esperanza (3), considerar (3), didáctico (3), política (3), sinalar (3), senón (3), tratado (3), etapa (3), populares (3), control (3), poboación (3), traxedia (3), exilio (3), silencio (3), homenaxe (3), galaxia (3), coruña (3), amigos (3), resultado (3), chega (3), facer (3), forza (3), ramón (3), homenaxeado (3), scórpio (3), poeta (3), faro (3), wiki (3), barreira (3), contar (3), dia (3), ucrania (3), podían (3), zonas (3), ucraínos (3), comida (3), idade (3), franceses (3), longas (3), republicanos (3), ánimo (3), exiliados (3), pan (3), empresa (3), apóstolo (3), santuario (3), simple (2), imaxes (2), webquest (2), miniquest (2), viaxe (2), vento (2), demasiado (2), lanzal (2), lectora (2), común (2), somos (2), taboleiro (2), anuncios (2), ana (2), sereas (2), rodrigo (2), rochi (2), roberto (2), vidal (2), opinión (2), paseo (2), mariñeiro (2), obradoiro (2), escribáns (2), triunfo (2), febre (2), marco (2), elefante (2), derradeiro (2), gráfica (2), 215 (2), neira (2), 113 (2), anxo (2), carneiro (2), mar (2), madeira (2), esgallada (2), mollo (2), boneca (2), julián (2), jorge (2), carré (2), fran (2), area (2), fernando (2), ensaio (2), divulgación (2), espazos (2), escolma (2), social (2), dime (2), algo (2), didáctica (2), cuestionarios (2), lecturas (2), teu (2), comprensión (2), cine (2), celia (2), cartelazos (2), lobos (2), 192 (2), antonio (2), animales (2), gallegos (2), andar (2), descalza (2), álvarez (2), mango (2), sombra (2), praia (2), fuga (2), árbores (2), temas (2), iniciarte (2), arquivos (2), trasno (2), pataca (2), bens (2), presente (2), sera (2), escola (2), botóns (2), coordinadora (2), endl (2), normalización (2), queixas (2), álvaro (2), cunqueiro (2), sobrevivir (2), seguir (2), profa (2), probas (2), aulas (2), dentro (2), club (2), situación (2), andrea (2), dicionario (2), materiais (2), instituto (2), for (2), linktrue (2), fundación (2), 1941 (2), 162 (2), artigo (2), recibían (2), tendréis (2), envidia (2), muertos (2), sinaladas (2), reparar (2), citado (2), amos (2), galeguismo (2), logro (2), hai (2), alá (2), nome (2), noroeste (2), teimosía (2), pois (2), debuxo (2), castelao (2), pés (2), semellante (2), foxa (2), queira (2), cuestión (2), lingüicida (2), iberia (2), vieja (2), escrito (2), destes (2), animaliños (2), felices (2), felinos (2), partes (2), xeral (2), humano (2), convértese (2), sentimentos (2), afectos (2), xorden (2), relacións (2), humanos (2), marcar (2), pena (2), francesco (2), lata (2), sal (2), podería (2), pis (2), poemas (2), parágrafo (2), robert (2), trad (2), etapas (2), alude (2), sinxela (2), poucas (2), permite (2), contorno (2), nada (2), esforzo (2), ramo (2), condiciona (2), condicións (2), xuízo (2), tiña (2), posible (2), estivera (2), durante (2), cidade (2), veces (2), fío (2), ceo (2), turístico (2), persoas (2), unhas (2), homes (2), camiñar (2), lúa (2), dictiografía (2), teatrais (2), editores (2), maldito (2), eldiario (2), cinco (2), escritor (2), arriesgado (2), contextoteatral (2), web (2), cita (2), espectáculo (2), frases (2), dar (2), sentido (2), individuos (2), actuar (2), actuación (2), nel (2), soños (2), deben (2), nosos (2), anaco (2), mundial (2), serve (2), presentación (2), algunhas (2), central (2), céntrase (2), chris (2), guthrie (2), terceira (2), tentan (2), convencidos (2), mellor (2), miolo (2), granxa (2), penalidades (2), pai (2), fillos (2), novos (2), compostela (2), irmás (2), cartoné (2), rural (2), asomou (2), turbulencias (2), cancion (2), fermoso (2), himno (2), aniquilación (2), vencedor (2), tanto (2), viviron (2), actual (2), democracia (2), réxime (2), político (2), achega (2), españas (2), algúns (2), precedentes (2), sendo (2), estamos (2), local (2), especialmente (2), clases (2), militar (2), distintas (2), medios (2), accións (2), propaganda (2), provoca (2), resultan (2), episodios (2), publicados (2), deron (2), lograron (2), uns (2), seo (2), faciliño (2), ocupa (2), valoración (2), aquela (2), once (2), indo (2), arturo (2), noguerol (2), natal (2), comunidade (2), formación (2), pobos (2), josé (2), nesta (2), ducia (2), bota (2), acubillo (2), van (2), animais (2), inimigos (2), perigos (2), camiños (2), protagonistas (2), grupo (2), proveito (2), algún (2), desta (2), canso (2), ver (2), raposa (2), mesma (2), cun (2), união (2), faz (2), força (2), vellos (2), panela (2), barro (2), diversos (2), comer (2), beber (2), rir (2), fugir (2), raposo (2), literaria (2), repositorio (2), universidade (2), ruc (2), udc (2), dspace (2), handle (2), 2183 (2), ideal (2), adiante (2), unidade (2), posguerra (2), educador (2), varela (2), adail (2), reintegracionismo (2), suso (2), toro (2), politica (2), modesto (2), espectador (2), estatuto (2), epicentro (2), nossas (2), parlamento (2), fondo (2), pasamento (2), urxencia (2), humanista (2), primavera (2), documentación (2), programa (2), 1910 (2), 1990 (2), aelg (2), consello (2), ano (2), tocaba (2), será (2), reivindican (2), impulso (2), orixinal (2), académicos (2), hislibris (2), cadra (2), independente (2), oficial (2), froito (2), chegada (2), nomeadamente (2), provincia (2), prohibición (2), doutras (2), feroz (2), campaña (2), converteuse (2), nacionalista (2), perigosa (2), polacos (2), ucraínas (2), falaban (2), ámbito (2), fixeron (2), isto (2), manter (2), falantes (2), distintos (2), comidas (2), recoñecida (2), dereito (2), negra (2), 1932 (2), soviética (2), miseria (2), padeceron (2), marcas (2), elementos (2), simbólicos (2), fixo (2), territorios (2), coas (2), lado (2), holodomor (2), punto (2), referencia (2), levados (2), acontecementos (2), regreso (2), pedra (2), _________________________________ (2), sinatura (2), armisticio (2), alemaña (2), martínez (2), converte (2), 1939 (2), traslado (2), francés (2), datas (2), situacións (2), memorias (2), ton (2), remata (2), autoridades (2), estancia (2), novamente (2), xornadas (2), laborais (2), toulouse (2), barracóns (2), penurias (2), lexión (2), estranxeira (2), nazis (2), ligada (2), asociación (2), propio (2), equipos (2), fútbol (2), comercio (2), desexaban (2), volver (2), demostrou (2), eran (2), barca (2), cabo (2), 100 (2), mundiario (2), pedras (2), lenda (2), crenza (2), conducen (2), proba (2), pedro (2), morto (2), revolta (2), freixa (2), tecnoloxía, blogger, luoman, ibsn, xulio, ríos, tomás, monteagudo, xavier, xabier, vredaman, víctor, campio, vernon, lee, verne, imaxinado, norte, valentín, andrade, verdade, amarga, ruidosa, unai, elorriaga, polbo, xigante, dente, cadáver, amante, fantasma, teresa, costa, sopa, sonetos, soidades, sintaxe, simonetta, agnello, sherwood, anderson, sardinia, blues, sapos, cortegoso, sandra, cisneros, exupéry, saídas, didácticas, rosalía, cota, nóvoa, bolaño, torres, mora, rexina, vega, reo, renacer, raros, curiosos, raíz, fenda, raclette, prosas, inmaculadas, plácido, betanzos, pintura, picasso, pega, rabilonga, paravea, inferno, paco, roca, ousmane, sembène, otero, pedrayo, xardíns, papeis, vello, ortografía, orlando, pendurado, onofre, sabaté, aire, brisa, odon, von, horváth, xiro, postal, vigairo, ovo, segredo, principiño, pintor, sombreiro, garaxe, hermético, galo, antioquía, fillo, furia, enigma, caronte, branco, curioso, corazón, branca, neve, canteiro, demo, bichero, nómades, nicanor, neno, pixama, vilas, nazismo, natsume, soseki, nacho, camacho, muiñeiro, ouveador, moxom, nilo, morfoloxía, mocidade, murado, microbios, paquidermos, mexillóns, cear, mennulara, meirande, maurizio, quarello, máscaras, rotas, mário, queizán, victoria, moreno, sández, calveiro, revolto, sánchez, gálvez, portas, outeiriño, lourenzo, foxo, manolo, poy, manel, cráneo, mandianes, maelström, gañador, luz, beloso, luis, davila, lourenço, xograr, lola, correa, tobío, horas, kylix, deuses, kruckenberg, kaminski, kafka, viaxeira, julen, ribas, arrimar, armesto, jordi, sierra, fabra, john, steinbeck, jano, itinerario, botellón, isabel, irmán, iria, collazo, igualdade, ignacio, escolar, iban, zaldua, graña, muíño, goretti, fariña, fraseoloxía, lorenzo, flor, flavio, soriga, fina, casalderrey, filgueira, valverde, castroverde, farrapos, alí, esperando, leiteiro, epistolario, engurras, encrucillados, elías, knörr, durmido, espellos, domingo, villar, sucio, digilio, diego, ameixeiras, destrucción, áfrica, áncora, chamádeme, simbad, núñez, cartas, alvarellos, carmen, vila, sexto, labraña, cardume, animalista, cabalos, cabada, brais, botchan, bohumil, hrabal, birgit, vanderbeke, berta, dávila, barriga, verde, bágoas, arto, paasilinna, rúa, arancha, nogueira, tabucchi, antónimos, fortes, cabaleiro, alfaya, tango, amadeo, cobas, torneiro, blázquez, alex, cal, alberto, ramos, alan, bennet, aid, agustín, agromar, agatha, christie, afonso, eiré, vitoria, virxe, areas, tixola, afogados, pomba, degolado, perla, forma, nubes, confesión, lúcio, street, cacería, 2006, 121, 2007, 111, 2008, 2009, 2010, 2012, 2013, 2014, 2016, 2017, teix, 2022, arquivo, pedriñas, guiso, allo, porro, cervexa, quero, xamón, brookie, bolboretas, bandullo, larpeiras, fired, terreur, graphique, blogs, liberation, derniers, articles, extra, concurso, heroico, bdteca, fervenzas, literarias, elos, infantil, xuvenil, eduga, letra, miúda, revistas, atlas, farnesio, 700, retiraron, meirás, sairán, poxa, galiciana, patrimonio, digital, pasado, corriere, della, blogmaestro, alchimie, collège, combats, pour, droits, homme, peut, mieux, faire, gigas, tiza, scuola, siamo, noi, nova, cartafol, coordinadoraendl, limiar, php, redondela, traballadores, portada, cdedlg, poemaxes, mercedes, ortigueira, soñando, nación, soñamos, problema, índices, baixos, náufrago, último, instante, contigo, trafegando, ronseis, ichó, bilingüismo, simultáneo, carta, xeométrica, sono, cruz, trimestre, made, bibliotecas, 消費者金融を一覧表にまとめて掲載しました, levantador, minas, lipperatura, loredana, lipperini, avventura, altra, letture, mitos, tapal, kuda, apakah, keberuntungan, murni, kebetulan, atau, bisa, dihitung, ferradura, tránsito, raíña, criticalia, xincana, elvilendo, empezou, berrar, pánico, tremía, sabía, igrexa, abriu, puidera, escapar, terrorismo, entrevista, mendiola, cicloxénese, expresiva, verso, graffiti, beleza, sorprendente, salvaxe, deixa, dominar, brabádegos, enciclopedia, volga, sli, uvigo, corrector, exercicios, pseudónimos, pronuncia, corga, ferramentas, crpih, benvida, seguidores, startspaces, while, else, true, thisdate, liña, presentacións, diapositivas, chíos, rechouchíos, seccións, from, museo, translate, buscar, subscribirse, atom, antigas, leo, número, bruno, cardeñosa, censa, 188, exquisito, inquilinos, desas, residencias, sintetiza, perfectamente, frase, premonitoria, ernesto, giménez, caballero, amplo, recente, aumenta, cifra, bastantes, presos, remítome, empezar, fontes, soamente, quixera, mapa, acompaña, estraño, posición, camposancos, topónimos, deturpados, machadazos, converteren, endemismo, coñecido, defensor, cordial, considerou, tales, sinónimos, enriquecedores, enriquecen, nega, redondamente, recoñecer, lugares, tivesen, topónimo, impronunciable, falante, leste, valado, grelos, greloseto, entendérmonos, tanta, deturpación, única, razón, indicarlles, claramente, mandados, puxeron, vale, saiban, varreron, debaixo, callo, hospedar, masa, concidadáns, enterrado, can, danado, descoñecida, viñeron, prefiren, cousa, desenterrar, odios, pareceralles, brincadeira, tocar, moral, ourense, rianxo, sanxenxo, saiba, estaría, distopía, sensato, orense, rianjo, puebla, caramiñal, siempre, llamó, hernández, dúbida, sente, resultará, agradable, guste, compañía, atoparase, escenas, parecerán, contando, poeticamente, actitudes, artéllase, xogo, conforman, tantos, eixos, temáticos, brevísima, introdución, idea, poemario, entra, xefe, acompañado, simpáticas, fotografías, varia, pelaxe, traduce, linguaxe, humana, desafectos, problemas, beneficios, bípedes, amorosas, desinteresadas, cordiais, moléstalles, desorde, causan, xogos, esfarrapen, sofá, desfagan, cama, rouben, favorito, bañen, desparasiten, entren, competidores, peor, castren, esfórzanse, entender, consideran, ter, bípede, mascota, _____________________, madrid, aparece, sintetizada, inzado, _____________________________, cangas, rinoceronte, moisés, barcia, fálase, escollendo, clave, nenez, desgraciada, parella, embarazada, teleférico, prisioneiros, derradeiramente, reencontro, estenderse, curta, completa, sufrida, dignamente, narrada, brevidade, corresponde, home, personaxe, corpo, alcanza, tamaño, defenderse, escravizador, enfróntase, abandónao, andaina, vital, solitario, inhóspito, hostil, regalan, pagará, necesario, resistindo, poñen, anteriormente, dito, queixarse, agradecer, termasen, tío, malleira, déixao, coxo, negro, futuro, compensación, dótao, grande, fortaleza, física, mental, permitir, precarias, marcan, capacidade, resistencia, culturagalega, segundo, partida, nacemento, valía, tinta, selo, setenta, nove, aguantara, cría, termos, estar, satisfeito, sobrevivira, infancia, mal, puidese, traballar, abrira, cantidade, incalculable, buracos, rocha, probablemente, cortara, dabondo, alimentar, inverno, estufas, pendera, moitas, últimos, guía, aprendera, abarcar, soubese, cargaba, ningunha, culpa, digna, mención, caera, tentacións, borracheiras, prostitutas, gula, construíra, durmira, infinidade, camas, cortes, caixas, camións, cantas, noites, caixón, amara, intuíra, vira, apuro, crer, daba, ________________________________________________, mulleres, repartidos, grupos, agadic, premio, textos, 20191010171727085077, 20191014172438085216, mónica, zas, nobel, carnicero, balcanes_0_951205390, incomodo, 00031570709664675999901, incómodo, erregueté, erreguete, editadas, obras, ganadoras, premios, rafael, dieste, maria, visión, irónica, novidade, perez, coral, sustentado, absoluto, baleiro, asoitodatardecandomorrenasnais, avelinaperez, ábrese, pano, homenaxea, peza, sala, actuará, espectadora, apagado, luces, patio, butacas, forman, colectivo, mesmos, soltan, vivencias, manifestan, sistematicamente, frustración, goberna, cargan, responsabilidade, vidas, sexa, apañe, quente, iso, pagaron, acepta, converterse, desaparecida, diplomáticas, cadaquén, ature, encárnano, personalidade, ridículos, pretensións, goza, pracer, verdadeiro, acción, insultos, pantasmas, fecharse, límites, escena, liberdade, debe, renderse, lóxica, escocesa, chamado, kinraddie, poboadores, remotos, estrutúrase, preludio, ritmo, narrativo, lento, posuidores, actuais, coñecemos, morea, peculiaridades, chegar, nivel, acadarán, subdivídese, tramos, decrúa, sacha, sementeira, colleita, tavendale, solteira, epiludio, péchase, sobreviven, sobreporse, desfeita, acabou, nese, diferente, necesariamente, dese, narrado, pequena, seguimos, trafegos, días, nena, muller, madura, sufrimos, numerosa, gobernada, traballador, brután, afectuoso, asistimos, esborrallamento, suicidio, superada, decide, irmáns, finalmente, __________________________, recarey, rendo, escoces, seculo, 20181018114316072939, escocés, aprofa, irmascartone, canci, b3n, exposición, amena, declaración, intencións, recolle, sentir, daqueles, nados, ditadura, percibiron, aquel, intento, ventá, aberta, atrancou, golpe, clarificadora, ese, período, traumático, alporiza, sectores, políticos, herdeiros, xulga, condena, expóñense, sinxelamente, tapullos, preocupación, corrección, ambiciosa, suxire, cronolóxico, esténdese, posteriores, xeográfico, expándese, locais, considerarse, exemplos, concretos, estilo, extrapolable, península, países, europeos, logo, humilde, auténtico, estuda, concreta, virulenta, partindo, ollo, global, inflúe, expostos, esperta, vaivéns, padecidos, incipiente, levantamento, conseguido, sublevado, consecuencias, frontes, requisa, materias, violentos, detencións, xuízos, sumarísimos, paseos, sacas, fusilamentos, xustificación, lucimento, vitorioso, mecanismos, defensa, leais, crean, entobados, fuxidos, guerrilleiros, habilitación, centros, detención, hospitais, tórnase, vívida, información, amósase, eficaz, inmensa, exterminio, inimigo, interior, puideron, fuxido, gadoupas, perseguidores, malamente, resistir, corrosión, sudario, taparon, vencedores, punxentes, tiveron, vítimas, bou, rende, sentida, aparecen, infausta, memoria, merecían, recórdanos, deprendamos
Text of the page (random words):
espazo natural no que remata o camiñar dos romeiros os camiños que conducen a el os amilladoiros que os van marcando cos ofrecementos de pedras as promesas que conducen os crentes ao santuario os exvotos que se deixan a herba namoradeira os xuncos de ben parir o respectuoso coidado cos animais que poden ser a encarnación dalgunha ánima a descrición do templo a proba do anaco de pan o ramo de san andrés as figuriñas de pan referencia en fin todo obxecto e ritual que ten que ver coa crenza así como o seu valor simbólico tampouco esquece o autor as circunstancias históricas da fundación do santuario nin as lendas dos territorios veciños o relato comeza centrado na figura do apóstolo como protagonista da súa propia lenda pero pouco a pouco o texto vai deixando os trazos de creación literaria para irse convertendo en texto divulgativo dun elemento da cultura galega q ue arrinca dende os máis recuados tempos da nosa historia e que segue vivo e poderoso na actualidade o que hoxe é lugar de peregrinación cristiá ou punto de atracción turístico fora xa lugar de culto naturalista en tempos pretéritos a natureza ten no conto un protagonismo sobranceiro que engole o elemento humano preséntase viva e personificada característica tradicional na nosa literatura a montaña mergullaba os seus pés no mar ollaban as pedras falaban as follas rían as augas movíanse con vontade de seu o sol a lúa as estrelas o ceo a terra non é un simple escenario onde ocorren os feitos que se contan é unha forza poderosa chea de elementos simbólicos que atrae os seres vivos ao seu seo e condiciona o seu destino do seu influxo nin se salva o apóstolo no sen fin dun camiñiño demandábao unha voz moi fonda pecha o relato co retorno á figura de san andrés como dinamizador desa peregrinaxe singular que o autor narrador en terceira persoa nos acaba de contar _________________________________ francisco fernández del riego 1993 san andrés de teixido vigo ir indo contos do castromil nº 24 sobre esta empresa de viaxeiros léase tamén os artigos de xosé gonzález martínez cando a empresa castromil facía país en galicia arredor do seu idioma mundiario 20 03 2015 https www mundiario com articulo politica cando empresa castromil facia pais 20150325142058028580 html marcos pérez pena 100 anos do primeiro castromil praza 30 06 2018 https praza gal cultura 100 anos do primeiro castromil imaxes procedentes da edición citada enriba ás 18 30 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas butaca de lector fernández del riego narrativa san andrés de teixido 16 12 22 santiago rodríguez salinas illote p barraca 16 illote p barraca 16 imaxe editorial galaxia o título vén dado pola distribución do campo de les barcarès illote p barracón 16 será de aquí en diante o punto de referencia do novo aloxamento en les barcarès e o enderezo que lles comunicaremos aos nosos familiares e amigos p 41 gaiola de ouro en comparanza co de saint cyprien pero sen deixar de ser presidio santiago rodríguez salinas conta neste libro a peregrinaxe dos republicanos españois derrotados polos campos franceses de saint cyprien le barcarès argelès sur mer toulouse e novamente argelès o relato segue a cronoloxía dos feitos saída de españa condución coma rabaño á praia de saint cyprien organización da concentración cos agravantes da suspicacia e da miseria ausencia de condicións de habitabilidade falta de comida e auga indisposicións por debilidade e mala saúde a disentería fixo unha feroz estragueira nos refuxiados entre os recursos para sobreviviren está o comercio e o trapicheo cos poucos bens que se poden levar ao lombo a astucia para estafar os soldados brancos ou senegaleses pero as máis das veces os refuxiados eran despoxados das súas últimas posesións ilustración da obra feita polo propio autor imaxe ligada da asociación manuel az aña a carón do campo principal de saint cyprien montouse outro máis pequeno para os que desexaban volver a españa aquí traza o autor a diferenza entre os idealistas e os que foron levados pola enxurrada dos acontecementos no mesmo senso apunta o magro éxito da campaña de recrutamento de españois para a lexión estranxeira os refuxiados loitaran por un ideal non por unha paga así o demostrou o alistamento voluntario de españois cando os nazis invadiron francia aos que desexaban volver recomendábaselles conseguir padriños que os avalasen como xente de ben e bos españois o tempo demostrou que eran máis trapela de cazador que protección para o regreso o cambio para o campo de le barcarès mellor equipado comporta unha vida menos dura pero tamén un cambio de concepto de campo de refuxiados a campo de concentración así e todo dentro das arameiras os exiliados tentan imitar unha vida normal o máis parecido á vida nunha sociedade que convive en paz repártese a pouca comida procúrase ocupar o moito tempo libre organízanse celebracións equipos de fútbol improvísanse charangas xorde un minúsculo comercio prodúcense obxectos artísticos artesanais mais tampouco non faltan os ramallazos da españa cainita que asoma tanto nun partido de fútbol coma na confrontación da ideoloxía política e como os españois parece que estamos condenados a dividir drasticamente en dúas as nosas opinións negando toda virtude á parte contraria e atribuíndo as máis exquisitas esencias da veracidade ao noso propio pensamento de onde xorden as dúas españas irreconciliables tamén aquí seguindo esa intransixente actitude carpetovetónica foron dous os equipos causantes do cisma p 65 debuxo do autor publicado na obra imaxe ligada da asociación manuel azaña aínda coas lixeiras melloras do campo de le barcarès as penurias son o pan de cada día e as pillerías para ilas caneando malia resultaren creativas supoñen penalizacións ao seren descubertas a invasión de francia polos nazis carrexa desconfianza maior control e arbitrariedades para os refuxiados republicanos supuxo tamén o traslado ao campo de argelès sur mer naquela altura ruinoso e abandonado o frío e a fame cóanse polas fendas das paredes dos barracóns con todo a celebración de festas sinaladas como boamente se pode o nadal por exemplo axuda a manter o ánimo e a esperanza o recrutamento xeral decretado en francia converte a moitos exiliados en soldados da lexión estranxeira ou obreiros industriais para o noso memorialista supón o remate da primeira estancia nos campos de concentración franceses que durara catorce meses e medio p 120 o novo oficio non supón o remate da situación de provisionalidade as longas xornadas laborais esixidas polo esforzo da guerra rematan co descanso nuns incómodos barracóns as penurias alcanzaban tamén a aqueles exiliados que lograron formar un simulacro de vida familiar en vivendas alugadas as xornadas laborais son longas e esgotadoras pero aínda así queda algún tempo de lecer que se ocupa en deambular dun lado para outro p 149 polas rúas e cafés de toulouse square wilson pont neuf alameda de jean jaurès rue du canal o avance imparable do exército xermano provoca a chegada de refuxiados belgas o día da sinatura do armisticio franco alemán os españois son despedidos do traballo e concentrados novamente en argelès sur mer como represalia por unha lea cun soldado senegalés na que o noso narrador non participara un grupo de españois foi entregado ás autoridades franquistas caéronlle dous anos e medio en batallóns disciplinarios e medio máis de servicio militar obrigatorio aquí pon fin ás súas memorias de refuxiado vistas dende tempos de paz e democracia narrados co ton e ánimo de quen ten sobrevivido a duras probas que non llas desexa nin aos inimigos e non remata estas memorias sen un sentimentos de comprensión e agradecemento para as autoridades francesas que malia o trato duro e inxusto propiciado aos refuxiados españois practicaron o nobre exercicio do dereito de asilo que sempre distinguiu o pobo francés p 167 outros fixeron menos tampouco precisa o lector moita imaxinación para supor como sería o ton e o ánimo do relato se o autor nos contase a experiencia dos tres anos de estancia nos campos españois as descricións de espazos e situacións preséntaas o narrador espidas de detalles pero resultan abondo claras para que o lector vexa a magnitude da traxedia vivida polos refuxiados republicanos perdidos no espazo e no tempo a nosa vida transcorría monótona e aburrida tendidos a maior parte do tempo sobre a area que sempre foi elemento característico dos campos de concentración franceses de refuxiados establecidos en longas praias sen vestixio ningún de vida vexetal que rompese a desértica aridez do panorama p 33 nunha prosa clara e sinxela conta situacións dramáticas coma quen fala de feitos anódinos e cotiáns o recurso ao humor permite crear esta sensación narrativa á parte do inicio do exilio son poucas as datas que nos dá o autor pero abondas para situármonos no contexto europeo do momento e das concecuencias que tivo para os refuxiados velaí as datas destacadas 3 9 1939 estado de guerra francia alemaña 4 10 1939 traslado ao campo de argelès sur mer porque o exército francés necesitaba as instalacións de le barcarès febreiro de 1940 a marcha adversa da guerra para francia converte os refuxiados nun peso francamente molesto que se reflicte no parco das racións de comidas que nunca foron abundantes p 115 13 2 1940 o día trece fago os 23 anos coméntoo e aniceto martínez á vez que me felicita dime co seu fino humos andaluz xa es maior de idade de maneira que a partir de agora podes andar só pala vida río do consello que chega con case catro anos de atraso p 116 14 6 1940 cae parís 22 6 1940 sinatura do armisticio francia alemaña que hitler en desquite polo tratado de versalles impón que se realice como na guerra do 14 no bosque de compiègne no mesmo vagón utilizado daquela p 153 como se pode apreciar o autor pertence a esa xeración de mozos que maduraron a marchas forzadas levados polos duros acontecementos que lles tocou vivir o regreso forzoso a españa supúxolle tres anos de prisión e a entrada nesa etapa que o poeta celso emilio ferreiro etiquetou como longa noite de pedra _________________________________ santiago rodríguez salinas illote p barraca 16 vigo galaxia 2021 ás 18 27 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas butaca de lector guerra civil historia illote p santiago rodríguez salinas 23 2 21 holodomor tamén para as linguas imaxe galipedia holodomor hambruna roja la guerra de stalin contra ucrania de anne applebaum barcelona penguin random house 2019 non se centra só no periodo da fame negra 1932 34 senón que fai unha aproximación á cuestión ucraniana dende a idade media para explicar como non foi posible un estado soberano ata finais do século xx lingua e cultura ucraínas estaban xa definidas na idade media a identidade nacional foise conformando ao longo da historia sobre todo nos séculos xvii e xviii e foi recoñecida por intlectuais de prestixio l ucraine a toujours aspiré à être libre deixou escrito voltaire non ocorría o mesmo coas marcas territoriais polo menos no seu lado occidental se cadra foi este o detalle que propiciou o baile de donos nomeadamente polacos e rusos que andaban á retesía para o reparto da torta como vén sendo habitual cando se trata de chamarse a donos dunha leira allea cómpre eliminar as marcas que a identifiquen e así se tentou facer coa lingua a cultura e os elementos simbólicos ucraínos con maior ou menor intensidade e con diversos métodos ao longo da historia o uso da fame provocada intencionadamente para someter o país é o fío condutor do libro de applebaum a crueldade de stalin fixo da fame a principal ferramenta para converter a ucraína nunha provincia sen identidade da rusia soviética e asemade para ir dando aviso a outros territorios do que podían esperar se non musgaban a orella os mortos por fame e os desprazados cóntanse por millóns os anos da fame negra 1932 34 transcorreron baixo a bota soviética pero pode afirmarse que fartura salvo de miseria non a houbo na zona en toda a primeira metade do século xx mortos e superviventes non só padeceron privación de comida vestido e vivenda tamén padeceron outras privacións de carácter inmaterial este é o aspecto no que imos reparar aquí nas leas armadas producidas ao longo da historia entre os distintos amos do territorio téñense atopado soldados de fala ucraína en ambos os bandos contendentes mais isto non foi atranco para consideraren os ucraínos independentemente do bando que lles tocase como distintos na lingua usos costumes relixión música comidas as afectacións viñan cando tal recoñecida identidade non interesaba á parte dominante por exemplo os burócratas e mesmo os académicos rusos consideraban o ucraíno como un dialecto do ruso un patois que non tiña dereito a unha existencia independente cfr p 18 e usábase entre escritores rusos como elemento caracterizador da fala dos labregos os polacos pola súa vez insistían en considerar as terras ucraínas como fronteira non civilizada á que eles levaron a cultura e as institucións do estado p 19 como as clases dominantes que falaban outras linguas distintas do ucraíno se asentaban en zonas urbanas e os monolingües ucraínos ocupaban as zonas rurais non se tardou en considerar estas zonas como retrógadas e primitivas consideración da que non se librou o idioma e a escolla desta lingua por parte dos intelectuais comportáballes a sospeita de subversivos ou antisistema por suposto estaba fóra do ámbito oficial pero era o idioma poético e de ámbito privado no século xix gañou a etiqueta non sempre santa de nacionalista que baixo o imperio ruso significaba unha ameaza para o goberno central o mesmo que para os boxeviques que se fixeron posteriormente co poder a súa prohibición baseouse na falacia de que non era un idioma no fondo estaba o medo a que a normalización do ucraíno en todos os ámbitos ensino xustiza administración lexislación suporía unha alteración perigosa para a unidade do estado isto significou manter unha boa parte da poboación no analfabetismo ou nunha deficiente formación educativa así como a trasfega de falantes para o ruso porque era a lingua na que podían progresar socialmente baixo o poder dos tsares prohibíronse libros publicacións libretos musicais e teatro en ucraíno así como as actividades das agrupacións da sociedade civil paralelamente cara ao territorio ucraíno foron atraéndose xentes doutras falas co engado da industrialización das cidades todas estas medidas foron corrixidas e aumentadas a medida que os soviets se afianzaron no poder cando se carece de estado e de poder político a literatura e a arte convértense na canle do espírito patriótico nin que dicir ten que canda a independencia política e o crecemento económico medran a produción e a difusión lingüística e mais o orgullo e a paga emocional que os falantes ofrecen ao seu idioma a traxectoria normalizadora non durou moito e coa chegada dos bolxeviques ao po...
|