Meta tags:
Headings (most frequently used words):
de, da, ribadeo, do, un, 20260401, 20250613, 20250302, 20250228, 20250227, 20250226, 20250225, procura, arquivo, blog, etiquetas, algunha, recomendación, ligazóns, suscribirse, visitas, total, 20110211, ás, 21, 30, ían, 17, 403, dende, en, pleno, cambio, aviso, comentario, arredor, xxx, feira, ciencia, 7291, gastronomía, galega, salvatierra, ayuso, sobre, as, notas, prensa, concello, plataforma, pola, defensa, das, nosas, árbores, nota, informativa, recuncho, lectura, beleza, vermella, alegación, escudo, bandeira, pancho, campos, dorado, lingua, vital, que, vai, pedir, reivindicar,
Text of the page (most frequently used words):
que (169), #ribadeo (56), non (50), por (48), unha (30), para (27), febreiro (25), compartir (24), máis (23), como (23), con (22), hai (22), setembro (21), outubro (21), novembro (21), decembro (21), xaneiro (21), xuño (21), agosto (20), marzo (20), abril (20), maio (20), xullo (19), ano (18), feira (17), polo (16), blog (15), galego (14), ribadeando (14), ciencia (14), ben (13), escudo (13), pola (12), das (12), súa (12), lingua (11), 2025 (11), está (11), comentarios (10), sobre (10), dos (10), concello (10), notas (10), pregunta (10), gal (9), algo (9), publicado (9), salvatierra (9), etiquetas (9), facebook (9), ser (9), tamén (9), nos (9), pois (9), historia (8), así (8), este (8), pinterest (8), blogthis (8), enviar (8), correo (8), electrónico (8), agremon (8), dunha (8), vital (8), pode (8), facer (8), pero (8), https (8), bandeira (8), mesmo (8), dende (7), novo (7), sen (7), aínda (7), anos (7), cambio (7), coa (7), seu (7), xeito (7), dun (7), ayuso (7), publicacións (6), semana (6), comentario (6), arredor (6), xxx (6), qué (6), iso (6), defensa (6), parte (6), porque (6), galega (6), ter (6), ver (6), estrela (6), puntas (6), árbores (6), senón (6), vídeo (6), medio (5), com (5), ies (5), fai (5), 2024 (5), pancho (5), josé (5), tras (5), momento (5), dicir (5), ten (5), cara (5), real (5), entre (5), outro (5), coido (5), vai (5), oito (5), coroa (5), tempo (5), caso (5), nosas (5), fixo (5), 7291 (5), díaz (5), galipedia (4), moitas (4), cousas (4), fotos (4), política (4), esta (4), meses (4), menos (4), desde (4), vez (4), algunha (4), banda (4), recuncho (4), lectura (4), campos (4), pleno (4), segundo (4), xornal (4), quen (4), dicionario (4), aparece (4), pedir (4), número (4), remate (4), nota (4), agora (4), era (4), señores (4), condado (4), pardo (4), piñeyro (4), xente (4), comisión (4), nome (4), estaba (4), sexa (4), pequenos (4), case (4), prensa (4), resume (4), amarinha (4), montaxes (4), charla (4), centros (4), encontro (4), tema (3), todos (3), atom (3), artigos (3), rede (3), redes (3), ría (3), tentando (3), pasar (3), aquí (3), praza (3), amosar (3), mundo (3), una (3), las (3), ángel (3), nova (3), futuro (3), edición (3), dionisio (3), privativo (3), del (3), van (3), xove (3), paz (3), falta (3), xulgado (3), sociedade (3), queremos (3), estatísticas (3), educación (3), fernández (3), rodríguez (3), rico (3), eduardo (3), 2023 (3), aviso (3), procura (3), pancarta (3), esa (3), toda (3), manifestantes (3), claro (3), poda (3), leva (3), camiño (3), primeiro (3), titular (3), pesar (3), dereito (3), aplicación (3), explicación (3), mal (3), lugar (3), termo (3), reivindicar (3), cousa (3), solicitar (3), alí (3), abondo (3), xeral (3), feito (3), www (3), ondas (3), estudosos (3), vaian (3), foron (3), séculos (3), polos (3), parece (3), están (3), escudos (3), onde (3), guevara (3), maseda (3), seguinte (3), santiago (3), los (3), armas (3), dorado (3), impoñer (3), chave (3), tres (3), quizais (3), algún (3), son (3), último (3), desta (3), beleza (3), vermella (3), pobo (3), plataforma (3), tendencia (3), segue (3), anterior (3), novas (3), aconsélloo (3), presidenta (3), boca (3), isabel (3), foros (3), gastronomía (3), blogs (3), alumnado (3), nivel (3), eles (3), educativos (3), http (2), tecnoloxía (2), ían (2), libros (2), colaboración (2), man (2), intento (2), libre (2), mariña (2), wordpress (2), web (2), experimental (2), uso (2), meus (2), educar (2), física (2), química (2), galicia (2), mastodon (2), 2017 (2), década (2), haber (2), proceso (2), español (2), xestión (2), hoxe (2), borrado (2), podía (2), fixen (2), certo (2), blogspot (2), image (2), post (2), cine (2), deseñar (2), utopías (2), creo (2), inundou (2), edificio (2), derecho (2), exclusivo (2), reino (2), gran (2), biodiversidade (2), gamallo (2), despois (2), pasado (2), lago (2), powered (2), wikiloc (2), desnivel (2), distancia (2), cada (2), evidente (2), nese (2), recomendación (2), 131 (2), participación (2), eleccións (2), castro (2), auga (2), 321 (2), xosé (2), ponte (2), pablo (2), sampedro (2), suárez (2), enrique (2), 2007 (2), 2019 (2), 2022 (2), 2026 (2), conselleiro (2), detrás (2), dela (2), cuestión (2), feitos (2), antes (2), vida (2), moita (2), deixar (2), diferenza (2), manifestación (2), conscientes (2), interior (2), reclamado (2), foi (2), castelán (2), será (2), entón (2), palabras (2), academia (2), española (2), confusión (2), imos (2), desexo (2), esperar (2), obter (2), suplicar (2), mendigar (2), pais (2), habería (2), clara (2), nun (2), galegos (2), rosalía (2), preciso (2), verbas (2), decide (2), alegacións (2), html (2), expliquen (2), engadiron (2), disposición (2), espero (2), estas (2), relevantes (2), lado (2), ven (2), propia (2), nosa (2), tal (2), fora (2), posto (2), galiza (2), tódolos (2), tanto (2), cinco (2), dous (2), documento (2), pazo (2), obra (2), escultor (2), estrella (2), heráldica (2), sello (2), señor (2), baixomedieval (2), bordura (2), porta (2), sería (2), facelo (2), seguen (2), anel (2), queda (2), asunto (2), azur (2), prata (2), mentira (2), deles (2), absoluta (2), estudos (2), descrición (2), google (2), investigacións (2), superior (2), goberno (2), alegación (2), comeza (2), lle (2), volta (2), outra (2), noso (2), 20250227 (2), informativa (2), finais (2), temporal (2), luz (2), aló (2), máximo (2), anual (2), emitidas (2), final (2), cunha (2), sendo (2), atención (2), cando (2), podo (2), primeira (2), deixaron (2), mecanismo (2), pasou (2), estar (2), nas (2), incrementarse (2), directo (2), ambiente (2), comezo (2), sesión (2), madrileña (2), lóxico (2), mortos (2), residencias (2), madrileñas (2), única (2), sabor (2), quenda (2), preguntas (2), debate (2), san (2), pandemia (2), centro (2), alumnos (2), participando (2), evento (2), sabes (2), conxunto (2), títulos (2), diversas (2), tivo (2), licenza, creativecommons, org, licenses, imaxes, blogger, michaeljay, visitas, total, 20110211, 403, suscribirse, rebelión, galicitas, citas, galifontes, fontes, documentais, galizionario, galilibros, xerados, diversos, temas, pasa, 100000, común, liberdade, programas, sociais, enciclopedia, colaborativa, cavanarda, crónica, gratis, correspondente, pronto, cronica3, meu, antigo, album, colaboracións, dixital, ligazóns, webcindario, paris, mayo, 1968, nueva, york, enero, 1960, parecía, entrado, fase, calma, guerra, fría, habí, puertas, internacional, olavide, houbo, grande, convulsión, forestal, comité, científico, ministerio, agricultura, pesca, amb, catálogo, especies, invasoras, dibujando, camino, notificáronme, restauralo, estou, mover, outros, espazos, restaurado, featured, mes, sae, revista, chío, participo, lucía, ferro, gamall, significa, hace, referencia, pertenece, sola, persona, entidad, fracaso, mallorca, pulso, celebrar, ciudadana, contou, belén, pérez, teijo, celebra, iii, bioblitz, cidadá, edicións, achégase, montada, comezar, século, welcome, this, your, first, edit, delete, then, start, writing, hello, world, descorramos, tupido, velo, concellos, cervo, montes, rutas, horas, traballar, rendemento, integrar, traballo, outras, facilitar, caldo, culti, domingo, óscar, chao, 101, alda, 216, vilalba, tren, 104, torre, moreno, 155, 3305, sanidade, ría_si_nave_non, 161, 124, ruído, revolución, residencia, porto, 1451, podcast, poboación, 226, plenos, piscifactoría, pensións, 140, orzamentos, 555, 196, 537, filosofía, ferrocarril, 383, entroido, 158, 318, 1019, economía, deporte, 907, cultura, 527, coronavirus, grobas, casas, indianos, 262, bici, billa, astronomía, arquitectura, isidro, carlos, rañón, xira, 143, suso, rec, primi, nécega, santos, 130, 135, mosquera, 252, tesón, 221, música, meteoroloxía, 977, 384, jorge, iván, 265, illa, pancha, 134, hernán, naval, 288, 627, 136, festas, fernando, farruco, graña, evaristo, lombardero, emilio, piñeiroa, gutiérrez, covadonga, celia, catedrais, acisa, 15m, 129, 2005, 457, 2006, 599, 551, 2008, 693, 2009, 455, 2010, 424, 2011, 422, 2012, 2013, 272, 2014, 365, 2015, 350, 2016, 359, 202, 2018, 213, 338, 2020, 646, 2021, 504, 468, 406, arquivo, subscribirse, inicio, antigas, continuación, defende, cita, ramo, quere, orientar, visión, defenderían, dese, mentres, tería, gama, posibilidades, estaría, usando, entrar, defender, implica, recoñecemento, implícito, atacado, desa, evidentemente, resto, indicarían, favor, mínimos, continuar, recalar, relativo, pertencente, necesario, esencial, mais, demostra, vitalidade, característica, actividade, actúa, enerxía, decisión, tíñano, mirando, dicirse, sido, selo, práctica, mendigaban, enfocaba, foto, adxunta, indicaba, tamaño, participantes, eran, reclamaban, aparecía, reclamábano, aplicando, reclamación, vitalizando, refiro, acostuma, usar, moi, emprego, pouca, mestría, botar, ollada, diría, diferenzas, semellantes, esixir, cre, clarifique, único, sinónimo, reclamar, trata, posibilidade, concesións, reclámase, esíxese, coñecer, alguén, desexa, dea, conceda, faga, manifestar, aos, permiso, casar, filla, desexar, esmola, sinónimos, pregar, rogar, significado, concreto, tiña, mente, redactor, abano, deriva, vexo, portada, milleiros, pedían, onte, día, noticia, empregaba, verbo, reivindicaban, cárgaas, diaño, vexamos, rag, 220225, obradoiro, collido, politica, clamor, masivo, ana, liste, 20250225, artigo, refírese, deixa, texto, publicada, presentadas, deu, listos, oficial, sua, aprobacion, ira, referente, mar, vertical, semellando, raios, cósmicos, marcianitos, investigar, arquivos, armada, cal, pavillón, barcos, grazas, pública, claramente, todas, anomalías, rositas, pensando, fixeron, aplaudidos, condes, tan, villandrando, loitaba, xuana, arco, seis, isto, perder, conde, coñecen, barcelona, creen, terían, arrestos, cambiárllela, barceloneses, cabe, dúbida, ningunha, inmemorial, rubricado, 1369, fratricida, mercés, acababa, asasinar, irmán, rei, pedro, xusto, chamado, cruel, nobres, casteláns, viron, minguados, seus, privilexios, durante, reinado, coherente, lles, podemos, impoñendo, comunidade, timbre, imperial, municipais, rematada, cun, orbe, admitiu, acaso, imperio, acredita, imposición, ningún, sitio, quero, pensar, fixaron, laterais, semellanza, comentou, francisco, lanza, magnífica, antiguo, explica, páxina, sete, poco, después, año, citado, 1797, encargaron, vaamonde, cantería, fachada, casa, consistorial, armeros, locales, habían, descubierto, luce, llave, pasó, aún, completar, populares, incurriendo, frecuente, labró, aquella, hermoso, rodete, espuela, también, símbolo, 1833, mandó, ayuntamiento, hacer, bronce, villa, relieve, ese, donde, primera, sepamos, hoy, usa, sacaron, estudoso, nalgún, libro, histórico, teño, impresión, queren, compostelán, estrelas, marítima, principal, inventando, inventar, entremeter, argumento, poderían, debido, conciencia, estaban, enriquecérona, floreos, variante, orixinal, guapiña, vamos, mantén, colocación, esmaltes, campo, punta, abismo, colocada, paletón, destra, sinistra, superada, consentir, veña, sentencias, inventadas, encima, apoiadas, árbitros, locais, propoñen, impoñen, ambas, partes, chorrada, desvirtúa, escurece, esquece, municipal, gutierrez, cronista, concelleiro, coñezo, membro, otero, licenciado, universidade, compostela, director, instituto, padre, sarmiento, pensaron, contestar, uns, vulgares, veciños, formada, personaxes, propio, valdés, historiador, especializado, estudo, nobreza, profesor, consello, científicas, resolto, contestado, mala, ética, maioría, sigue, cega, sanos, usos, costumes, ninguén, corda, 20250226, serie, detectives, faría, faltaun, repaso, erros, teñen, deslizado, tipografía, naquel, engancha, externa, lector, novela, policíaca, complexa, detalles, linear, avance, sinxelamente, recomendable, autora, levo, lido, recomendo, home, matou, antía, morgade, arantza, portabales, santomé, isbn, 9788491513179, galaxia, vigo, 417, felicitámonos, accións, dando, froito, cremos, conveniente, seguimento, mantemento, atopamos, seguiremos, agrado, realizada, mañá, xoves, rúa, clemente, martínez, pasarón, consideramos, axeitado, respectando, afectadas, defectos, observados, escasa, pasta, protección, invalidan, actuación, encamiña, cos, criterios, vimos, defendendo, observar, gráfico, velocidade, xerando, aumentou, logo, quedando, cero, canto, evolución, baixada, seguir, aumentando, acumulación, contabilizando, 5000, sistema, viu, relación, levamos, marcou, quedou, terceiro, mínima, electoral, marcando, alcaldía, cambiado, constitución, nḿero, realidade, alcalde, equipo, transmitir, ditas, frecuencia, diaria, instrumeto, funamental, dirixir, dicdadanía, continúo, estatística, anteriories, relaxado, comezos, soía, finalizado, comenzo, sećulo, concebidas, ferramenta, transmir, método, poder, quería, asimilara, transmisión, importancia, chegaron, socias, noutra, saiba, propietarias, volveu, transmitidas, formal, mediante, deixara, manterse, 20250228, youtu, ldyvjzqtacq, 3330, excepción, gustaríame, reproducir, últimas, recuerdo, mayores, esto, vuelva, ocurrir, minuto, aconsello, querer, vela, completo, cortes, tentan, aproveitar, combativo, varias, razóns, retocada, fonte, primaria, mediatizar, vese, mellor, seareiro, cadeiras, estiveran, ocupadas, afíns, políticos, pasando, falla, organizativa, chegara, fondo, sala, dificultade, desenvolta, nesas, circunstancias, digo, modelo, discursivo, difícil, manter, palpa, cualificable, normal, documentada, valente, resposta, trufa, intencións, políticas, nunha, político, cifra, acepta, saíu, gabinete, preside, descualificación, persoa, coñece, dixen, escoitalas, paro, vaiamos, youtube, preparada, presentador, sesuda, concorrencia, pódese, escoitar, tomala, distendido, intranscendente, media, hora, cuartos, alongada, pouco, quedara, protagonista, noite, gusta, más, lacón, grelos, pulpo, marisco, tortilla, betanzos, doña, podería, tomarse, informal, conferencia, quixo, dar, días, pasados, voar, sargadelos, morea, persoas, coñecidas, calvo, sotelo, isaac, remata, ela, cartel, mesa, intervención, necesaria, longa, contestada, debe, quedar, asociado, valentín, patrón, amor, contraposto, debatido, preguntes, impacto, 20250302, lembrar, migración, enderezo, equivalente, xardín, pensamentos, ceip, gregorio, sanz, trinta, profesores, algunhas, características, miramos, consolidación, lévao, calquera, todo, proveito, manexando, mesmos, útiles, fan, avanzar, comprensión, soláforo, semáforo, autónomo, funcionando, partir, solar, vantaxes, semáforos, convencionais, maqueta, pedras, ril, desgraza, tes, saberás, delas, completa, tratamentos, xunto, ponderación, elección, podes, tela, estando, nesta, otolitos, peixe, otolito, sempre, intelixencia, artificial, garántoche, vivo, susi, besteiro, desenvolveu, cantidade, maquetas, etc, deben, resumir, abranguería, liñas, adicarlle, pequeno, collidos, chou, propiciou, estivesen, representados, informacións, cansat, innovador, concurso, europeo, partícipes, aventura, espacial, europa, espectadores, actores, experiencia, descoñecía, tivera, ribadense, nin, moito, sorpresa, ofreceron, pequeniños, ribadenses, cifp, amosou, oferta, educativa, técnicas, demostracións, testemuñar, chamaron, espíritos, expositores, asistentes, trixésima, sorpresas, experiencias, amosadas, explicacións, asombran, ensina, sabe, propiciara, apoio, dirección, puxo, continuidade, favorecedora, 20250613, seguirá, habendo, cambios, mellorar, asexa, empeorando, tendo, lixeiros, axustes, integra, fediverso, escapando, dependencia, alphabet, notaría, través, referido, comezou, consiste, publicar, entradas, defecto, redirixido, vello, posiblemente, notará, recentes, acceder, exemplo, premendo, columna, beira, dereita, 20260401, miñas, chámalle, weblog, bitácora, caderno,
Text of the page (random words):
ía galega salvatierra e ayuso 7291 gastronomía galega salvatierra e ayuso non non preguntes polos 7291 mortos das residencias madrileñas en pandemia pregunta polo impacto da gastronomía galega na presidenta madrileña coido que o anterior podería tomarse como resume informal da conferencia que díaz ayuso quixo dar en ribadeo en días pasados nos foros de debate do voar sargadelos foros polos que leva pasado dende hai anos unha morea de xente 45 persoas ben coñecidas dende calvo sotelo a isaac díaz pardo e que polo de agora remata con isabel díaz ayuso con ela e con josé ángel salvatierra rico salvatierra non estaba no cartel non estaba na mesa pero fixo a intervención necesaria a máis longa e contestada na quenda de preguntas e coido que o seu nome debe quedar asociado a esa charla do 14 de febreiro san valentín patrón do amor e ben contraposto ó tema debatido vaiamos cara ó final da charla que polo momento se pode ver en youtube x foros de debate doña isabel díaz ayuso a pregunta preparada polo presentador como remate da sesión era sesuda para deixar bo sabor de boca á presidenta e á concorrencia que le gusta más a isabel díaz ayuso el lacón con grelos el pulpo á feira el marisco o la tortilla de betanzos a pregunta pódese escoitar aló polo 1 14 30 do vídeo e hai que tomala como un intento de remate distendido intranscendente dunha charla de media hora e unha quenda de preguntas de tres cuartos quizais alongada un pouco máis para que non quedara mal sabor de boca pola pregunta do protagonista da noite salvatierra e imos agora con el no minuto 55 50 do vídeo comeza a súa pregunta aconsello de querer vela facelo no vídeo completo e non en algún dos cortes e montaxes que tentan aproveitar a pregunta de xeito combativo aconsélloo por varias razóns a primeira porque nese vídeo non está retocada é unha fonte primaria sen mediatizar e polo tanto vese mellor o que pasou aconsélloo tamén porque alí se ve o ambiente seareiro que fixo que as cadeiras estiveran ocupadas ben antes do comezo da sesión por afíns políticos da presidenta madrileña pasando a ser case unha falla organizativa que salvatierra chegara a estar de pé ó fondo da sala aconsélloo para ser conscientes da dificultade de facer unha pregunta desenvolta dun xeito lóxico nesas circunstancias non non digo que sexa un modelo lóxico ou discursivo por outra banda difícil de manter no ambiente que se palpa senón máis ben unha pregunta cualificable de normal iso si documentada e ó tempo valente a pregunta sobre os 7291 mortos nas residencias madrileñas e a resposta sobre a trufa de intencións políticas nunha charla con tema político sobre a mentira a pesar de que esa cifra que non acepta 7291 saíu do gabinete que preside ayuso ou a descualificación dunha persoa que só coñece por unha única pregunta que fixo como dixen coido que é ben escoitalas no vídeo máis que facer un resume e por iso aquí paro cunha excepción porque para remate gustaríame reproducir as últimas verbas de salvatierra en recuerdo de los mayores y para que esto no vuelva a ocurrir o vídeo https youtu be ldyvjzqtacq t 3330 publicado por agremon ás 3 02 2025 02 29 00 p m 0 comentarios enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas josé a salvatierra rico 20250228 sobre as notas de prensa do concello de ribadeo sobre as notas de prensa do concello de ribadeo hai tempo que as notas de prensa do concello que a finais da primeira década do sećulo foron concebidas como unha ferramenta para transmir ó pobo novas do concello e en xeral un método para pasar o que o poder quería que o pobo asimilara deixaron de ser o mecanismo de transmisión case exclusivo é dicir en parte hai tempo que deixaron de ter a importancia que chegaron a ter só en parte pois non só o concello pasou a estar nas redes socias polo momento non en mastodon como en amarinha gal ou noutra rede libre que saiba senón só en redes propietarias como facebook senón que volveu incrementarse o número de novas transmitidas de xeito directo non formal mediante o mecanismo de notas do concello pero sen que deixara de manterse ou mesmo incrementarse o número de notas emitidas ano tras ano o caso é que o concello na realidade o alcalde e o equipo de goberno segue a transmitir ditas notas cunha frecuencia superior a unha diaria co que seguen sendo un instrumeto funamental para dirixir a atención a dicdadanía en ribadeo por iso mesmo continúo coa estatística o mesmo que fixen en anos anteriories se ben dun xeito máis relaxado de feito era a comezos de xaneiro cando soía facer o resume do ano anterior e desta volta xa finalizado febreiro case podo facer un resume do comenzo de ano aí vai o 2024 non marcou un máximo anual senón que quedou de terceiro se ben a unha distancia mínima do segundo o 2022 o 2023 ano electoral segue marcando o máximo de número de notas emitidas pola alcaldía o certo é que non ter cambiado a tendencia a final do ano 2024 despois da ponte da constitución non habería moita diferenza entre o nḿero de notas de 2023 e 2024 como se pode observar no gráfico seguinte a velocidade á que se ían xerando notas aumentou en maio xuño e logo en outubro novembro quedando case en cero cara a finais de decembro en canto á evolución por ano a pesar da baixada do último ano está claro que a tendencia é a seguir aumentando algo que se pode ver tamén na acumulación temporal contabilizando xa máis de 5000 notas prensa dende que este sistema viu a luz aló polo 2007 de xeito experimental en relación ó que levamos de ano a tendencia segue o mesmo camiño publicado por agremon ás 2 28 2025 02 53 00 p m 0 comentarios enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas estatísticas 20250227 plataforma pola defensa das nosas árbores nota informativa plataforma pola defensa das nosas árbores nota informativa ribadeo 20250227 dende a plataforma pola defensa das árbores de ribadeo queremos amosar o noso agrado pola poda realizada esta mañá xoves 27 de febreiro na rúa clemente martínez pasarón consideramos que se fixo no momento axeitado e respectando as árbores afectadas os pequenos defectos observados como a escasa aplicación de pasta de protección non invalidan unha actuación que se encamiña cos criterios que vimos defendendo cremos que é conveniente un seguimento do mantemento das nosas árbores por parte da xente do pobo entre a que nos atopamos e así o seguiremos a facer por outra banda felicitámonos polo feito de que as nosas accións en defensa das árbores do noso concello vaian dando froito publicado por agremon ás 2 27 2025 05 55 00 p m 0 comentarios enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas medio recuncho da lectura beleza vermella recuncho da lectura beleza vermella beleza vermella arantza portabales santomé isbn 9788491513179 ed galaxia s l vigo 2019 417 px o mesmo que en o home que matou a antía morgade que sería o seguinte da serie de detectives qu comeza con este coido lle faría faltaun último repaso na procura de pequenos erros que se teñen deslizado na tipografía a historia no mesmo que naquel caso engancha dende o primeiro momento aínda que desta volta sexa máis externa a ti lector de novo unha novela policíaca complexa en detalles aínda que linear no seu avance de novo sinxelamente recomendable e dunha autora que do que levo lido dela tamén recomendo publicado por agremon ás 2 27 2025 08 33 00 a m 0 comentarios enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas recuncho da lectura 20250226 alegación o escudo e bandeira de ribadeo pancho campos dorado alegación o escudo e bandeira de ribadeo pancho campos dorado parece ser que xa está resolto o asunto de impoñer un escudo e unha bandeira para o concello de ribadeo sen ter contestado as nosas alegacións cuestión de mala educación e falta de ética do goberno con maioría absoluta do pp de ribadeo que sigue a fe cega os sanos usos e costumes de non facer caso a ninguén que non sexa da súa corda política quizais pensaron que non era preciso contestar a uns vulgares veciños de ribadeo pois a comisión de heráldica estaba formada por personaxes relevantes e con nome propio como son d eduardo josé pardo de guevara y valdés que segundo a descrición de google é historiador especializado no estudo da nobreza baixomedieval galega e profesor de investigacións do consello superior de investigacións científicas outro membro da comisión d pablo otero piñeyro maseda licenciado en historia pola universidade de santiago de compostela e director do instituto de estudos galegos padre sarmiento e por parte da comisión municipal de ribadeo está d eduardo gutierrez fernández cronista de ribadeo e algún concelleiro máis dos que non coñezo o nome pois ben o escudo e a bandeira que nos propoñen e nos impoñen ambas as partes da comisión é unha absoluta chorrada pois desvirtúa escurece e esquece a historia real de ribadeo non se pode consentir que veña xente de fora a impoñer sentencias inventadas e encima apoiadas por árbitros locais que parece mentira deles polo menos iso creo eu vamos ó asunto o escudo mantén a colocación das armas e os esmaltes en campo de azur ondas de azur e prata en punta unha chave no abismo colocada en banda co paletón cara á destra e o anel a sinistra superada por unha estrela de prata as ondas seguen como estaban á chave enriquecérona con tres floreos no anel por qué engadiron esta variante na chave orixinal señores pardo de guevara e piñeyro maseda quizais por que queda así máis guapiña a estrela de oito puntas de onde sacaron señor estudoso do mundo baixomedieval aparece nalgún libro ou documento histórico de ribadeo señor piñeyro teño a impresión de que nos queren impoñer unha estrela da bordura compostelán oito estrelas de oito puntas por ser ribadeo porta marítima principal do camiño de santiago pois si é así están inventando e para inventar e entremeter este argumento poderían ter posto toda a bordura como sería debido pois no caso de facer algo mal facelo ben e a conciencia por outro lado non quero pensar que se fixaron nos escudos laterais do pazo do xulgado de ribadeo onde hai semellanza a un estrela con moitas puntas cousa que xa comentou francisco lanza na súa magnífica obra o ribadeo antiguo na que explica na páxina sete 7 o seguinte poco después del año citado 1797 se encargaron al escultor d santiago vaamonde los escudos de cantería que se ven en la fachada de la casa consistorial hoxe pazo do xulgado los armeros locales habían descubierto ya la estrella de cinco puntas que luce sobre la llave del escudo pero la estrella no pasó aún a completar las armas populares de ribadeo porque el escultor incurriendo en una confusión frecuente en heráldica labró en lugar de aquella un hermoso rodete de espuela que también podía ser símbolo en 1833 mandó el ayuntamiento hacer un sello de bronce dorado con las armas de la villa en relieve y en ese sello es donde por vez primera que sepamos aparece el escudo tal como hoy se usa polo tanto a estrela de cinco puntas é a do escudo de ribadeo desde fai dous séculos onde está o documento que acredita a imposición dunha estrela de oito puntas señores pardo de guevara e piñeyro maseda en ningún sitio así mesmo podemos ver que están impoñendo en toda a comunidade galega o timbre dunha coroa imperial en tódolos escudos municipais pois é unha coroa real rematada cun orbe por qué se admitiu esta disposición señores estudosos acaso galiza é un imperio polo menos si se fora coherente coa nosa historia haber posto a coroa real do reino de galiza non lles parece estudosos non cabe dúbida ningunha que ribadeo é un condado desde tempo inmemorial é foi rubricado como tal en 1369 por enrique ii o fratricida ou o das mercés que acababa de asasinar o seu medio irmán o rei pedro i o xusto chamado o cruel polos nobres casteláns que viron minguados os seus privilexios durante o seu reinado entón si ribadeo é un condado desde fai oito séculos con condes tan relevantes como villandrando que loitaba o lado de xuana de arco fai seis séculos a qué ven isto de perder a súa coroa propia de conde e nosa coroa propia dun condado coñecen o escudo do condado de barcelona creen qué terían arrestos para cambiárllela os barceloneses señores estudosos espero que expliquen pública e claramente todas estas anomalías non se vaian de rositas pensando no ben que o fixeron pois foron aplaudidos por referente a bandeira expliquen tamén por qué se engadiron as ondas de mar en vertical semellando raios cósmicos dos marcianitos en vez de investigar nos arquivos da armada española cal era o pavillón dos barcos de ribadeo moitas grazas e a súa disposición nota este artigo refírese ó que deixa ver o texto da nota https www ribadeo gal ribadeo xa ten listos o escudo e a bandeira oficial a sua aprobacion ira agora a pleno publicada na web do concello do ía 19 de febreiro na que se da por feito o cambio de escudo e bandeira e ás alegacións presentadas das que se deu parte no blog en https www ribadeando com 2025 01 escudo e bandeira de ribadeo pancho html ou en https www ribadeando com 2025 01 ano novo escudo novo html publicado por agremon ás 2 26 2025 06 56 00 p m 0 comentarios enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas historia pancho campos 20250225 lingua vital o que vai de pedir a reivindicar 220225 queremos galego remate da manifestación na praza do obradoiro 23 de febreiro cc by nc sa ana g liste collido de https praza gal politica clamor masivo por un galego vital lingua vital o que vai de pedir a reivindicar vexo nun xornal na súa portada que milleiros de galegos pedían onte día de rosalía por unha lingua vital no interior a noticia empregaba outro verbo alí os manifestantes de novo sen número preciso reivindicaban as verbas cárgaas o diaño aínda que poda ser máis evidente o que se decide dicir e o que se decide non dicir vexamos se non o dicionario da rag alí pedir é facer coñecer a alguén o que se desexa que dea conceda ou faga manifestar o desexo de solicitar aos pais o permiso para casar coa filla desexar ou esperar obter algo de solicitar ou suplicar esmola os sinónimos van de pregar e rogar a mendigar habería que ver o significado concreto que tiña na mente o redactor do titular que hai abano abondo pero a deriva xeral do termo coido que está abondo clara imos polo outro termo no dicionario da real academia galega aparece reivindicar como pedir ou esixir unha cousa á que se cre ter dereito pode que clarifique máis o único sinónimo que aparece reclamar xa non se trata da posibilidade de desexo de concesións de esperar obter de solicitar de suplicar de mendigar non reclámase ou esíxese a aplicación dun dereito na práctica a diferenza está en que os manifestantes non mendigaban algo que enfocaba o primeiro titular a pesar da foto adxunta que indicaba algo do tamaño da manifestación non os pa...
|