Meta tags:
description= O Club de Ciencias do IES de Porto do Son;
Headings (most frequently used words):
de, fin, neo, son, ciencia, elaborando, noso, caderno, campo, na, procura, plasticus, maritimus, facendo, xabón, bioplásticos, por, comezamos, club, ciencias, chegou, desta, incríbel, experiencia, alboio, estrañas, formas, matrix, vs, rwbv, impacto, do, altamente, improbable, xardineiras, feitas, con, material, reciclado, polo, alumnado, da, aula, específica, navegación, artigos, as, nosas, redes, vicente, aleixandre, ricardo, molinari, dulce, maría, loynaz,
Text of the page (most frequently used words):
que (94), para (40), por (32), son (31), unha (31), non (22), publicado (21), ies (18), porto (17), club (17), con (17), día (17), máis (15), ciencias (15), sonciencia (15), como (15), 2022 (14), maio (11), das (11), sen (11), #matrix (11), noso (10), comentario (9), xardineiras (9), dos (9), nos (9), ata (9), xuño (8), equipo (8), onde (8), deixar (8), entre (8), aos (8), clasificar (8), tamén (8), caseína (8), ácido (8), esta (7), deste (7), etiquetado (7), todos (7), dun (7), súa (7), despois (7), historia (7), mundo (7), the (7), com (6), ciencia (6), lugar (6), está (6), nun (6), dunha (6), nas (6), ser (6), wachowski (6), plásticos (6), este (5), curso (5), facer (5), polo (5), azar (5), pero (5), foi (5), campo (5), vida (5), moitos (5), fonte (5), rwby (5), ver (4), agora (4), aula (4), específica (4), traballo (4), cabo (4), ter (4), materiais (4), centro (4), nosa (4), alumnado (4), cisne (4), negro (4), plan (4), coma (4), parte (4), https (4), polas (4), alemán (4), pola (4), premio (4), 2016 (4), primeira (4), real (4), hai (4), fin (4), bealtaine (4), outros (4), ruby (4), serie (4), neo (4), seus (4), actividade (4), biblioteca (4), xabón (4), obradoiros (4), coágulos (4), temperatura (4), aceite (4), create (3), website (3), wordpress (3), comentarios (3), sesión (3), resultado (3), mensaxe (3), aprender (3), traballar (3), madeira (3), plantas (3), sobre (3), idea (3), proceso (3), unhas (3), varios (3), actividades (3), coas (3), mans (3), material (3), pode (3), segundo (3), impacto (3), nada (3), moito (3), galicia (3), bbc (3), filósofo (3), mais (3), 1980 (3), 1781 (3), nobel (3), ben (3), nanotecnoloxía (3), química (3), escritor (3), muller (3), dese (3), agulla (3), cun (3), leis (3), sorte (3), xente (3), durante (3), seguir (3), cara (3), bomba (3), nós (3), pois (3), iso (3), profes (3), estamos (3), aulas (3), caso (3), irlanda (3), primeiro (3), celtas (3), cando (3), beltane (3), wikipedia (3), cinema (3), remnant (3), humanidade (3), sobrevivir (3), grimm (3), antes (3), humanos (3), criaturas (3), mellor (3), irmáns (3), ano (3), neste (3), planeta (3), natural (3), zona (3), outra (3), tan (3), desta (3), partir (3), 2003 (3), momento (3), moi (3), chegou (3), novembro (3), leite (3), vinagre (3), interesante (3), sosa (3), elaboración (3), plasticus (3), maritimus (3), febreiro (3), 2023 (3), praia (3), papel (3), free (2), your (2), own (2), sitio (2), web (2), obrigatorio (2), contido (2), inicia (2), blog (2), nosas (2), artigos (2), inclusión (2), atención (2), proxecto (2), cousas (2), buscar (2), información (2), medir (2), cunha (2), tapaporos (2), coñecer (2), aromáticas (2), preparando (2), internet (2), construír (2), fondo (2), fronte (2), seleccionaremos (2), exemplo (2), pequena (2), memoria (2), aproveitar (2), había (2), uso (2), natureza (2), toda (2), cartón (2), chegan (2), taleb (2), calquera (2), importante (2), evento (2), posible (2), pesar (2), seu (2), atípico (2), ten (2), porque (2), pasado (2), seguintes (2), www (2), santiago (2), gran (2), tal (2), internacional (2), franco (2), battiato (2), 2021 (2), cantautor (2), cine (2), 2013 (2), activista (2), 1953 (2), joy (2), division (2), británico (2), banda (2), compositor (2), túpac (2), amaru (2), principais (2), lonxe (2), superstición (2), algunha (2), arquitecto (2), matemático (2), literatura (2), 1950 (2), 1944 (2), físico (2), estadounidense (2), nicolás (2), zar (2), astrónomo (2), deixando (2), danos (2), país (2), dende (2), apolo (2), misión (2), tripulada (2), madrid (2), españa (2), cidade (2), comandante (2), che (2), goberno (2), francia (2), guerra (2), india (2), vale (2), depende (2), momentos (2), adiante (2), pouco (2), segue (2), nuclear (2), khodynka (2), festividades (2), coa (2), personas (2), máximo (2), pensamos (2), altamente (2), improbable (2), instrucións (2), autoprotección (2), evacuación (2), ninguén (2), porta (2), actuación (2), imos (2), incendio (2), antiga (2), principal (2), cal (2), ese (2), montañas (2), comezo (2), tempada (2), verán (2), celebración (2), fausto (2), festividade (2), países (2), mesmo (2), libro (2), mes (2), irlandés (2), antigo (2), insti (2), uns (2), nunha (2), usado (2), polos (2), rose (2), weiss (2), schnee (2), blake (2), belladonna (2), yang (2), xiao (2), long (2), novos (2), forma (2), premios (2), 2014 (2), venceu (2), categoría (2), animada (2), streamy (2), outro (2), catro (2), única (2), rooster (2), teeth (2), somos (2), fan (2), así (2), único (2), obra (2), anomalía (2), produto (2), vez (2), soño (2), estás (2), quen (2), verdade (2), prisión (2), podes (2), sempre (2), máquinas (2), preguntas (2), diálogos (2), saga (2), filosóficas (2), outras (2), películas (2), acción (2), foron (2), compoñentes (2), imaxes (2), hombre (2), hay (2), tus (2), seguí (2), torre (2), tierra (2), flecha (2), espacio (2), mano (2), pie (2), raso (2), tira (2), mezclar (2), estancia (2), paredes (2), cuerpo (2), luz (2), alegría (2), novas (2), amizades (2), fixemos (2), obxectivo (2), grupos (2), cerceda (2), pasamos (2), tempo (2), reciclaxe (2), seguimos (2), mellores (2), pinzas (2), plástico (2), auga (2), tema (2), fixo (2), diferentes (2), deixamos (2), mezcla (2), separar (2), engadir (2), aquí (2), obter (2), bioplástico (2), medindo (2), estivemos (2), calor (2), obtención (2), ambiente (2), triglicéridos (2), oleico (2), graxo (2), monoinsaturado (2), microplásticos (2), xabóns (2), propiedades (2), elaborando (2), reacción (2), poder (2), investigación (2), desgraciadamente (2), atopamos (2), deu (2), temos (2), procura (2), vídeo (2), necesitamos (2), datos (2), caderno (2), start, nome, correo, escribe, cargando, contraer, barra, informar, iniciar, rexistro, administrar, subscricións, reader, privacidade, tes, conta, rexístrame, subscrito, subscrición, redes, antigos, navegación, agardamos, sexa, voso, agrado, perdades, levámolo, longo, serviu, moitas, observar, planificar, tomar, decisións, resolver, problemas, cortar, serra, caladora, cravar, puntas, pegar, lixar, aplicar, vernizar, identificar, reproducilas, estaca, plantalas, coidalas, jessica, felipe, lixando, superficie, decorando, asegurando, estrutura, vernizando, búscamos, obxectos, podíamos, seleccionamos, planificamos, cortaremos, táboas, cravarémolas, pegarémolas, lixaremos, imprimaremos, escribiremos, mesmas, vernizaremos, aguanten, intemperie, poidan, función, didáctica, coñecelas, identificalas, escollemos, último, axeitado, situalas, construímos, elaboramos, constancia, divulgalo, faremos, partiu, intereses, levar, contribuír, refugallo, buscarlle, novo, apreciar, valorar, enviar, comunidade, educativa, levalo, empregamos, observamos, tiñamos, disposición, palets, suministros, etapas, tecnolóxico, feitas, reciclado, viñeta, cómic, mafalda, quino, tese, xeneralmente, asociada, economía, aplicarse, área, consecuencias, adoitan, seren, catastróficas, asumir, aparición, facerlle, prevención, catástrofes, parece, sensato, tempos, corren, terceiro, estatus, humana, fainos, inventar, explicacións, ocurrencia, feito, facéndoo, explicable, predecible, extremo, algo, atopa, fóra, ámbito, expectativas, habituais, apuntar, maneira, convincente, posibilidade, resumíndoa, premisas, imaxe, voz, lavozdegalicia, noticia, 2018, alameda, desaparecio, vispera, samain, queda, ninguno, 0003_201811s9c2993, htm, news, metáfora, describe, suceso, inesperado, desenvolta, investigador, libanés, nassim, nicholas, 2008, orixe, remóntase, século, xvii, teoría, millóns, aniversarios, celébrase, museos, fascinación, prantas, gravità, permanente, directo, 1982, músico, director, italiano, 1945, zahra, shahid, hussain, política, profesora, pakistaní, asasinada, love, will, tell, apart, ian, curtis, 1956, 1909, isaac, albéniz, español, 1860, micaela, bastidas, revolucionaria, peruana, 1744, josé, gabriel, condorcanqui, cacique, peruano, 1738, 1473, alonso, fonseca, relixioso, galego, protector, mecenas, impulsores, universidade, humanismo, toledo, arcebispo, compostela, casualmente, faleceron, 1911, gustav, mahler, famoso, checo, 1883, walter, gropius, fundador, bauhaus, 1872, bertrand, russell, social, paz, 1951, feringa, neerlandés, especializado, molecular, sebald, emigrados, austerlitz, 1939, peter, grünberg, física, 2007, 1897, frank, capra, cineasta, 1891, rudolf, carnap, 1868, ruso, 1894, 1917, 1792, margaret, ann, neve, supercentenaria, verificada, 1711, ruđer, bošković, croata, 1787, 1048, omar, jayam, iraní, 1131, foran, poucas, coincidencias, naceron, eeuu, volcán, santa, helena, entra, erupción, maiores, demográficos, económicos, 1969, instalacións, cañaveral, florida, marco, programa, despega, sendo, segunda, lúa, 1963, inaugúrase, deportiva, fútbol, paseo, castellana, 1960, cuba, ernesto, guevara, participa, concurso, pesca, xunto, ernest, hemingway, xefe, fidel, castro, 1954, arxentina, democrático, juan, domingo, perón, comeza, construción, oleoducto, 1490, campos, petrolíferos, durán, litoral, arxentino, jackie, cochran, convírtese, rompe, barreira, asamblea, plenaria, onu, decide, embargar, mercadorías, república, china, represalia, unión, soviética, deporta, tártaros, crimea, 1930, dirixible, graf, zeppelin, voo, cruzará, dúas, veces, atlántico, percorrido, duns, 000, kilómetros, 1904, acordo, represión, trata, brancas, 1804, parís, senado, proclama, emperador, napoleón, bonaparte, 1756, declara, inglaterra, franceses, desembarcan, menorca, 1680, publícase, recompilación, indias, nove, libros, 6000, 1498, navigante, portugués, vasco, gama, chega, calcuta, curiosamente, rexen, jonathan, rhys, meyers, chris, wilton, match, point, woody, alen, aquel, dixo, talento, coñecía, esencia, medo, recoñecer, asusta, pensar, cantas, escapan, control, partido, pelota, golpea, bordo, rede, fracción, caer, atrás, gañas, fai, perdes, supersticións, casualidades, réplicas, terremoto, ecuador, magnitude, deixan, total, feridos, morto, reportáronse, pequenos, colapso, vivendas, corte, servizo, eléctrico, houbo, alerta, tsunami, 1974, smiling, buddha, buda, sorrinte, detona, manera, exitosa, convertíndose, sexta, potencia, 1896, moscú, rusia, coroación, turba, acaba, 1389, traxedia, 1910, achegamento, cometa, halley, terra, perú, españois, asesinan, líder, inca, mediante, descuartizamento, público, 1927, michigan, estados, unidos, sucedeu, desastre, bath, school, morreron, explosión, suceda, algún, deses, desastres, feitos, aconteceron, casualidade, profesorado, garda, sala, desprazarase, conxerxería, asignaránselle, tarefas, encargados, revisar, planta, comprobar, permanece, nela, teñan, clase, han, contar, acompañalo, incendios, grupo, cargo, doutro, profesor, centrais, serán, fundamentais, ler, carteis, indicativos, performático, recibimos, pautas, ameaza, etc, trátase, debemos, fogueira, prendíase, ladeira, central, embigo, rituais, encóntrase, situado, westmeath, uisneach, consistía, prender, fogueiras, ladeiras, ritual, significado, político, oidhche, bhealtaine, véspera, gaélico, escocés, moderno, utilízase, buidhe, amarelo, bealltain, describir, marcaba, pastoral, mandas, gando, levábanse, deica, pastos, terras, pasto, grafitti, monicreques, monicreque, historicamente, celebrábase, escocia, illa, man, noutros, gales, bretaña, cornualles, parecidas, sobrevive, prácticas, folclóricas, nacións, diáspora, experimenta, grao, renacemento, décadas, recentes, centroeuropeos, calendario, celta, tres, cans, entrelazados, kells, vai, tivo, lume, festivo, din, reboxoubeiros, rexoubeiras, haberá, simulacro, regresamos, intenso, mércores, pementos, padrón, pican, worldanvil, world, 28rwby29, reaverarklight, dustology, technology, super, abril, bem, vindo, saber, previo, eventos, recente, participou, descobrir, elemento, misterioso, chamaron, axudou, combater, monstros, actualidade, combinándoo, armas, propio, corpo, permitindo, persoas, adquiran, habilidades, máxicas, habitan, ficticio, entrenan, converter, cazadores, desa, protexer, chamadas, international, academy, television, awards, jeff, williams, gañou, sonora, orixinal, obtivo, 2017, cuarta, protagonizada, mozas, cada, propia, arma, poderes, estudan, tornar, cazadoras, emocionada, idealista, lindsay, jones, fría, controladora, kara, eberle, reservada, arryn, zech, combativa, media, irmá, barbara, dunkelman, academia, beacon, acontece, poboado, forzas, sobrenaturais, sombrías, coñecidas, guiño, creadores, contos, infancia, brancaneves, cincenta, carapuchiña, vermella, polgariño, célebres, poster, pronunciase, webserie, animación, creada, monty, oum, produtora, productions, axente, smith, existe, organismo, patrón, sabe, virus, enfermidade, cancro, plaga, cura, mamíferos, desenvolven, instintivamente, lóxico, equilibrio, hábitat, rodea, trasládanse, multiplícanse, continúan, multiplicándose, recursos, naturais, esgotan, modo, estendéndose, deseñei, era, perfecta, arte, erros, sublime, efectivamente, dúbida, conclúes, sistémica, crea, flutuacións, incluso, ecuacións, simples, eventual, meus, sinceros, denuedos, puiden, eliminar, harmonía, precisión, matemática, trinity, tiveches, parecera, podías, distinguilo, realidade, puideses, espertar, saberías, estabas, soñando, gusta, controle, miña, oráculo, elixido, estar, namorado, díise, sabes, cento, cen, cabeza, pés, morfeo, podo, amosarche, debe, atravesala, ofrezo, eres, escravo, igual, demais, naciches, cautiverio, atrapado, nin, tocar, túa, mente, defines, inicios, dependeu, destino, parecer, carente, certa, ironía, respostas, mal, formuladas, posto, ante, teus, ollos, ocultarte, continuación, escolma, xeniais, presenta, integra, referencias, innumerables, ideas, relixiosas, influencias, inclúen, mitoloxía, animes, hong, kong, delas, xurden, curtas, anime, videoxogos, supervisados, forman, cronoloxía, oficial, episodios, second, renaissense, final, flight, osiris, animatrix, cyberpunk, merecedoras, numerosos, efectos, visuais, dirección, interpretación, edición, están, cargados, sensacionais, fixeron, celuloide, particularmente, loitas, perspectiva, envolvente, 360º, parecido, fora, inventado, dirixiron, triloxías, famosas, inicialmente, títulos, 1999, reloaded, revolutions, posteriormente, completadas, resurrection, referente, absoluto, ficción, marzo, cadea, británica, reportou, serían, informou, cambio, completado, persoa, coñecida, andy, anos, recoñeceuse, transexual, anunciou, quería, chamada, lilly, irmás, comicvine, gamespot, images, 1300, 6646458, rwbv, xeometría, poesía, cúpula, xeodésica, selección, textos, fotografías, xulio, césar, iglesias, besas, humo, labios, ciñes, viento, brazos, cerraste, camino, largo, alzaste, una, cantando, cavaste, pasé, despacio, levantaste, muro, fui, volando, tienes, tengo, acero, sujeta, escapa, blando, ancho, dulce, maría, loynaz, quiero, otros, huir, muerta, hacer, espléndido, sin, separación, donde, perfil, esté, mirando, mientras, guardo, amores, perfectos, dentro, sombrero, ricardo, molinari, soleada, adónde, vas, mirada, estas, blancas, clausura, esperanza, techo, suelo, gajo, prieto, tiempo, cerrado, esbelto, caerán, límites, qué, divina, desnudez, peregrina, estarán, cerrados, los, ojos, derribados, paredones, luceros, clausurados, vicente, aleixandre, solleira, quero, mesturar, teño, espazo, estrañas, formas, alboio, desexamos, ven, volvamos, repetir, animar, moita, desfrutar, queriamos, agradecer, profesores, darnos, oportunidade, quedarán, divertidos, felices, lograr, ampliar, coñecemento, aquapark, fomos, parque, acuático, tren, aterrizaxe, antiguas, reprodutoras, visitamos, ordenador, antigas, incrible, facían, pelis, gravaban, senón, precisaban, fotogramas, vinte, imaxinade, canto, debía, ocupar, soa, película, vimos, eran, cabinas, avión, enormes, nacnotecnoloxía, faro, aprendizaxe, experiencias, divertidas, desgraza, poñer, broche, ouro, excursión, muncyt, ensinaron, inventos, hércules, taller, incríbel, experiencia, rematar, biblio, equipos, tentamos, decidir, opcións, alternativas, sostibles, iogures, cristal, xel, botellas, torno, balance, sabemos, participamos, kahoot, reflexionar, variedade, empregos, outubro, xuntámonos, salón, actos, obxectivos, aurora, resumo, presentou, recuncan, esperado, dunhas, longas, merecidas, vacacións, empezamos, nunca, voltamos, cos, bos, costumes, retomar, extraescolares, ocupa, esencial, comezamos, decembro, finalmente, secar, horas, lista, moldeada, podemos, facelo, moldes, axuda, espátula, culler, recollemos, poidamos, poñemos, pano, apretamos, extraer, enfríe, colador, empecen, formar, culleradas, quenta, redor, aproximadamente, café, quente, intre, gotas, colorante, pon, 300, vaso, precipitados, recipiente, mídelle, indicadora, metro, quéntaa, placa, calefactora, microondas, tedes, procedemento, coando, ademais, traballando, sustancia, lácteo, pódese, resto, engadíndolle, poñéndolle, aproveitamos, engadirlle, colorantes, fórmanse, entón, perfectamente, moldeables, obtemos, biodegradable, mantén, propiedade, maleables, oliva, líquido, predominan, formados, glicerol, moléculas, coco, sólido, formado, ácidos, graxos, saturados, ligados, inclúense, palmítico, caprílico, láurico, mirístico, presente, preparación, desprende, cantidade, utiliza, tipos, graxas, usan, calculadoras, cálculo, coinciden, numéricamente, masa, volume, dicir, gramos, equivale, mililitros, emulsións, mesturas, heteroxéneas, líquidos, inmiscibles, mesturan, forza, batedor, cosméticos, úsanse, eles, exfoliantes, avea, exfoliante, beneficiosas, pel, nosos, propios, evitamos, envoltorios, nalgúns, casos, aprendemos, concretamente, lípido, graxa, reacciona, base, potasa, dan, sal, sodio, potasio, saponificación, repetimos, gustara, quixemos, cercanía, nadal, agasallar, fumos, luísa, olalla, laboratorio, cociñando, receita, artesanal, facendo, bioplásticos, bastantes, exemplares, teremos, clasificalos, noutra, xornada, intensa, froitos, explicado, patio, tiñan, distribuímos, atendendo, súas, cualidades, áxiles, camiñar, rochas, rápidos, iren, fortes, cargar, capturas, ían, acompañados, profe, dirixirían, asignada, aproveitando, tregua, chuvia, baixamos, xantar, especies, abundantes, praias, continentes, procedentes, distintos, lugares, agrúpanse, especialmente, areeiros, desembocan, distintas, correntes, guiándonos, ana, pêgo, kalandraka, saímos, nova, especie, invasora, caveiro, formación, vos, fácil, deunos, bastante, isto, suxeitar, pincel, cola, fío, resistente, regla, lápis, cartolina, portada, follas, alumno, puxémonos, queremos, apuntando, todo, pareceunos, elaboralo, mesmos, youtube, aprendían, sinxela, realizar, libretiñas, reutilizando, sinxelos, conclusión, experimentación, hipótese, observación, estes, pasos, normal, imprescindible, traballemos, usando, consiste, realmente, método, científico, administración, contacto, multimedia, proxectos, inicio, menú, primario, saltar,
Text of the page (random words):
o amores perfectos dentro de un sombrero dulce maría loynaz hombre que me besas hay humo en tus labios hombre que me ciñes viento hay en tus brazos cerraste el camino yo seguí de largo alzaste una torre yo seguí cantando cavaste la tierra yo pasé despacio levantaste un muro yo me fui volando tu tienes la flecha yo tengo el espacio tu mano es de acero y mi pie es de raso mano que sujeta pie que escapa blando flecha que se tira el espacio es ancho selección de textos e fotografías xulio césar iglesias publicado o 10 xuño 2022 12 xuño 2022 por sonciencia publicado en sen clasificar etiquetado cúpula xeodésica poesía xeometría deixar un comentario neo matrix vs neo rwbv fonte https comicvine gamespot com images 1300 6646458 en marzo de 2016 a cadea británica bbc reportou que os irmáns wachowski a partir dese momento serían as irmás wachowski a bbc informou que o cambio foi completado cando a persoa coñecida como andy wachowski de 48 anos recoñeceuse como muller transexual e anunciou que quería ser chamada lilly wachowski as irmáns wachowski dirixiron unha das triloxías máis famosas da historia do cinema matrix inicialmente os títulos the matrix 1999 matrix reloaded 2003 e the matrix revolutions 2003 posteriormente completadas con the matrix resurrection 2021 foron un referente absoluto do cinema de ciencia ficción os diálogos de matrix están cargados de sensacionais compoñentes filosóficas as imaxes tamén fixeron historia no mundo do celuloide particularmente as loitas con perspectiva envolvente de 360º pois nada parecido fora inventado ata ese momento foron merecedoras de numerosos premios polos seus efectos visuais de son dirección interpretación edición a saga presenta unha historia cyberpunk que integra referencias a innumerables ideas filosóficas e relixiosas outras influencias inclúen mitoloxía animes e películas de acción de hong kong a partir delas xurden as curtas de anime the animatrix 2003 ou os videoxogos matrix tamén supervisados polas wachowski que forman parte da cronoloxía oficial con episodios como the final flight of the osiris the second renaissense a continuación unha pequena escolma dos xeniais diálogos desta saga matrix é o mundo que foi posto ante os teus ollos para ocultarte a verdade non hai preguntas sen respostas só preguntas mal formuladas dende os seus inicios a humanidade sempre dependeu das máquinas para sobrevivir o destino ao parecer non está carente de certa ironía que é real como defines o real eres un escravo neo igual que os demais naciches en cautiverio estás atrapado nunha prisión que non podes ver nin tocar unha prisión para a túa mente o único que te ofrezo é a verdade nada máis eu só podo amosarche a porta ti es quen debe atravesala morfeo ser elixido é como estar namorado ninguén che díise o estás ou non só o sabes ao cento por cen da cabeza aos pés oráculo non me gusta a idea de non ser eu o que controle a miña vida neo algunha vez tiveches un soño que parecera tan real que non podías distinguilo da realidade e se non puideses espertar dese soño como saberías que estabas soñando trinity es o produto eventual dunha anomalía que a pesar dos meus máis sinceros denuedos non puiden eliminar do que por outra parte é unha harmonía de precisión matemática efectivamente como sen dúbida conclúes a anomalía é sistémica crea flutuacións incluso nas ecuacións máis simples a primeira matrix que deseñei era perfecta unha obra de arte sen erros sublime arquitecto todos os mamíferos deste planeta desenvolven instintivamente un lóxico equilibrio co hábitat natural que os rodea pero os humanos non o fan trasládanse a unha zona e multiplícanse e continúan multiplicándose ata que todos os recursos naturais se esgotan así que o único modo de sobrevivir é estendéndose ata outra zona existe outro organismo neste planeta que segue o mesmo patrón sabe cal é un virus os humanos son unha enfermidade son o cancro deste planeta son unha plaga e nós somos a única cura axente smith rwby pronunciase ruby é unha webserie de animación creada por monty oum para a produtora rooster teeth productions no ano 2013 fonte poster de rwby de rooster teeth a historia acontece no mundo de remnant un mundo poboado de forzas sobrenaturais e criaturas sombrías coñecidas como criaturas de grimm nun guiño aos célebres irmáns creadores de moitos dos contos da nosa infancia brancaneves a cincenta carapuchiña vermella polgariño a serie rwby está protagonizada por un equipo de catro mozas cada unha coa súa propia arma única e poderes que estudan para se tornar cazadoras na academia beacon na cidade de vale a emocionada e idealista ruby rose lindsay jones a fría e controladora weiss schnee kara eberle a reservada blake belladonna arryn zech e a combativa media irmá de ruby yang xiao long barbara dunkelman nos premios da international academy of web television de 2014 a serie rwby venceu a categoría de mellor serie animada no streamy awards de 2014 rwby venceu a categoría de mellor serie animada e jeff williams gañou o premio de mellor banda sonora orixinal e obtivo outro streamy em 2017 pola súa cuarta tempada ruby rose weiss schnee blake belladonna e yang xiao long habitan o mundo ficticio de remnant o lugar onde os novos entrenan para se converter en cazadores e desa forma protexer ao mundo das criaturas chamadas grimm previo aos eventos da historia recente a humanidade participou nunha guerra para sobrevivir aos grimm antes de descobrir un elemento misterioso ao que chamaron pó que axudou á humanidade a combater aos monstros na actualidade o pó é usado polos humanos combinándoo con armas ou co seu propio corpo permitindo que as persoas adquiran habilidades máxicas para saber máis https super abril com br historia bem vindo a matrix https www worldanvil com w world of remnant 28rwby29 reaverarklight a dustology technology publicado o 24 maio 2022 11 xuño 2022 por sonciencia publicado en sen clasificar etiquetado cinema literatura deixar un comentario o impacto do altamente improbable pementos de padrón uns pican e outros non regresamos ás aulas despois dun intenso comezo do mes de maio o mércores 18 din os reboxoubeiros e rexoubeiras do noso insti que tal día haberá un simulacro de incendio non vai moito o día 1 deste mes de maio tivo lugar a celebración de beltane bealtaine en irlandés bo lume un antigo día festivo irlandés tres cans entrelazados libro de kells fonte wikipedia calendario celta fonte wikipedia historicamente esta festividade celebrábase en irlanda escocia e na illa de man noutros países celtas coma gales galicia bretaña e cornualles había festividades parecidas o mesmo día a festividade sobrevive con prácticas folclóricas nas nacións celtas e na diáspora e experimenta un grao de renacemento nas décadas recentes en varios países centroeuropeos monicreque fausto monicreques varios grafitti fausto celebración de beltane fonte wikipedia para os celtas beltane marcaba o comezo da tempada de verán pastoral cando as mandas de gando levábanse deica os pastos de verán e ás terras de pasto das montañas unha das principais actividades ese día consistía en prender fogueiras nas montañas e ladeiras cun ritual e significado político en oidhche bhealtaine a véspera de bealtaine en gaélico escocés moderno utilízase só lá buidhe bealtaine o día amarelo de bealltain para describir o primeiro día de maio na antiga irlanda a fogueira de bealtaine principal prendíase na ladeira central de uisneach o embigo de irlanda o centro dos rituais do país o cal encóntrase agora situado no que é westmeath para este performático evento que imos ter no noso ies os profes recibimos pautas de actuación en caso de incendio ameaza de bomba etc trátase do plan de autoprotección e debemos ler con atención os carteis indicativos nas aulas as aulas centrais serán fundamentais para a actuación do equipo de evacuación os profes que teñan clase han de contar o alumnado e acompañalo ata a porta de incendios deixando o grupo a cargo doutro profesor como equipo de evacuación estamos encargados de revisar a planta e comprobar que non permanece ninguén nela o profesorado de garda sala de profes desprazarase ata a conxerxería e asignaránselle tarefas instrucións plan de autoprotección ies porto do son maio 2022 moitos de nós pensamos no altamente improbable que é que suceda algún deses desastres mais lonxe de calquera superstición pois iso non é ciencia os seguintes feitos aconteceron un 18 de maio por casualidade azar 1927 en michigan estados unidos sucedeu o desastre de bath school 45 personas morreron pola explosión dunha bomba 1781 en perú os españois asesinan ao líder inca túpac amaru ii mediante descuartizamento público 1910 achegamento máximo do cometa halley á terra 1896 no campo de khodynka en moscú rusia durante as festividades de coroación do zar nicolás ii unha turba de xente acaba coa vida de 1389 personas traxedia de khodynka 1974 como fin do proxecto smiling buddha buda sorrinte a india detona de manera exitosa a súa primeira bomba nuclear convertíndose na sexta potencia nuclear do mundo 2016 réplicas do terremoto de ecuador de 2016 de magnitude 6 7 e 6 9 deixan un total de 11 feridos e 1 morto reportáronse pequenos danos materiais colapso de vivendas e corte do servizo eléctrico mais non houbo alerta de tsunami non son supersticións son casualidades azar aquel que dixo máis vale ter sorte que talento coñecía a esencia da vida a xente ten medo a recoñecer que gran parte da vida depende da sorte asusta pensar cantas cousas escapan ao noso control nun partido hai momentos en que a pelota golpea no bordo a rede e durante unha fracción de segundo pode seguir cara adiante ou caer cara atrás cun pouco de sorte segue adiante e gañas ou non o fai e perdes jonathan rhys meyers chris wilton en match point woody alen curiosamente polas leis que rexen o azar un 18 de maio de 1498 na india o navigante portugués vasco da gama chega ao porto de calcuta 1680 en españa publícase a recompilación das leis de indias nove libros e máis de 6000 leis 1756 francia declara a guerra a inglaterra os franceses desembarcan en menorca 1804 en parís o senado de francia proclama emperador a napoleón bonaparte 1904 acordo internacional para a represión da trata de brancas 1930 o dirixible graf zeppelin inicia un voo que cruzará dúas veces o atlántico cun percorrido duns 27 000 kilómetros 1944 o goberno da unión soviética deporta aos tártaros de crimea 1950 a asamblea plenaria da onu decide embargar as mercadorías da república de china como represalia 1953 jackie cochran convírtese na primeira muller que rompe a barreira do son 1954 en arxentina o goberno democrático de juan domingo perón comeza a construción do oleoducto de 1490 km entre os campos petrolíferos de campo durán e o litoral arxentino 1960 en cuba o comandante ernesto che guevara participa nun concurso de pesca da agulla xunto ao escritor estadounidense ernest hemingway e ao comandante xefe fidel castro 1963 en madrid españa inaugúrase a cidade deportiva do real madrid club de fútbol no paseo da castellana 1969 dende as instalacións de cabo cañaveral florida no marco do programa apolo despega a misión tripulada apolo 10 sendo a segunda misión tripulada á lúa 1980 en eeuu o volcán santa helena entra en erupción deixando os maiores danos demográficos e económicos na historia dese país e por se foran poucas as coincidencias naceron un 18 de maio de 1048 omar jayam matemático astrónomo e escritor iraní f 1131 1711 ruđer bošković físico e astrónomo croata f 1787 1792 margaret ann neve primeira muller supercentenaria verificada 1868 nicolás ii zar ruso entre 1894 e 1917 1891 rudolf carnap filósofo alemán 1897 frank capra cineasta estadounidense 1939 peter grünberg físico alemán premio nobel de física en 2007 1944 w g sebald escritor alemán os emigrados austerlitz 1951 ben feringa neerlandés especializado en nanotecnoloxía molecular premio nobel de química en 2016 1872 bertrand russell matemático británico filósofo activista social pola paz e premio nobel de literatura en 1950 1883 walter gropius arquitecto alemán fundador da bauhaus 1911 gustav mahler famoso compositor checo e lonxe de superstición algunha casualmente faleceron un 18 de maio de 1473 alonso i de fonseca relixioso galego arcebispo de compostela e de toledo foi un protector e mecenas do humanismo e un dos principais impulsores da universidade de santiago 1781 túpac amaru ii josé gabriel condorcanqui cacique peruano n 1738 1781 micaela bastidas revolucionaria peruana n 1744 1909 isaac albéniz compositor español n 1860 1980 ian curtis cantautor británico da banda joy division n 1956 love will tell us apart joy division 1980 2013 zahra shahid hussain activista política e profesora pakistaní asasinada n 1953 2021 franco battiato cantautor músico e director de cine italiano n 1945 centro di gravità permanente franco battiato directo 1982 tal día entre millóns de aniversarios celébrase o día internacional dos museos ou o día da fascinación polas prantas por azar a teoría do cisne negro é unha metáfora que describe un suceso inesperado e de gran impacto foi desenvolta polo filósofo e investigador libanés nassim nicholas taleb en 2008 mais a súa orixe remóntase ao século xvii bbc news imaxe de la voz de galicia https www lavozdegalicia es noticia santiago 2018 11 09 cisne negro alameda desaparecio vispera samain queda ninguno 0003_201811s9c2993 htm resumíndoa moito parte das seguintes premisas un cisne negro é algo atípico que se atopa fóra do ámbito das expectativas habituais porque nada no pasado pode apuntar de maneira convincente á súa posibilidade en segundo lugar ten un impacto extremo en terceiro lugar a pesar do seu estatus atípico a natureza humana fainos inventar explicacións para a súa ocurrencia despois dun feito facéndoo explicable e predecible a tese de taleb está xeneralmente asociada á economía pero pode aplicarse a calquera área como as consecuencias adoitan seren catastróficas é importante asumir que a aparición dun evento cisne negro é posible polo que ter un plan para facerlle fronte coma o plan de prevención de catástrofes parece o máis sensato nos tempos que corren viñeta do cómic mafalda quino publicado o 17 maio 2022 24 xuño 2022 por sonciencia publicado en azar 4 comentarios xardineiras feitas con material reciclado polo alumnado da aula específica a idea de facer as xardineiras partiu de varios intereses levar a cabo actividades e contribuír ao club de ciencias aproveitar materiais de refugallo que había no centro e buscarlle un novo uso aprender a construír coas nosas mans apreciar e valorar a natureza e enviar unha mensaxe a toda a comunidade educativa para levalo a cabo empregamos as etapas do proceso tecnolóxico observamos os materiais que tiñamos a nosa disposición cartón e palets de madeira dos suministros que chegan ao centro búscamos información en internet sobre obxectos que podíamos construír seleccionamos unha idea faremos unhas xardineiras planificamos cortaremos táboas para facer o fondo das xardineiras cravarémolas e pegarém...
|