Meta tags:
Headings (most frequently used words):
de, 2026, losada, do, edlg, ies, edl_losada, luns, mércores, xuño, dinamizaestrada, antón, 2027, avelaíñas, teatro, nova, festa, das, palabras, outubro, 23, setembro, domingo, 21, 15, 27, maio, acerca, min, arquivo, blogue, coordinadora, galega, endl, biblioteca, diéguez, síguenos, no, twitter, canle, sitios, recomendados, almanaque, 1º, trimestre, xa, se, pode, descargar, curso, elogho, 26, revista, para, ti, propicia, xornadas, convivencia, irmanamento, entre, noso, centro, johan, carballeira, produción, teatral, pecha, 2025, presentando, romeo, xulieta, así, foi, participación, na, xiii, participa, nunha, edición, da,
Text of the page (most frequently used words):
losada (21), compartir (21), por (19), xuño (17), maio (15), para (14), setembro (13), #teatro (13), #edl_losada (11), novembro (11), abril (11), outubro (10), febreiro (10), marzo (10), 2026 (10), que (10), decembro (9), xaneiro (9), avelaíñas (8), curso (8), ies (7), dinamizaestrada (7), edlg (7), pinterest (7), facebook (7), blogthis (7), enviar (7), correo (7), electrónico (7), ningún (7), comentario (7), publicado (7), das (7), dos (6), eso (6), mércores (6), antón (5), estrada (5), festa (5), palabras (5), alumnado (5), podes (5), non (5), aquí (5), bueu (5), visita (5), grupo (5), centro (5), etiquetas (4), foi (4), polo (4), bac (4), picando (4), romeo (4), xulieta (4), escena (4), xoves (4), como (4), está (4), galega (3), diéguez (3), máis (3), almanaque (3), descargar (3), xiii (3), nas (3), toda (3), unha (3), mellores (3), imaxe (3), gozar (3), público (3), última (3), johan (3), carballeira (3), foron (3), día (3), aula (3), entre (3), noso (3), revista (3), elogho (3), imaxes (2), con (2), realizado (2), pablo (2), centros (2), 2025 (2), trimestre (2), pode (2), blogue (2), ver (2), publicacións (2), edición (2), aos (2), dinamización (2), lingua (2), eva (2), calvelo (2), rivas (2), lidia (2), márquez (2), méndez (2), antía (2), buela (2), bugallo (2), recio (2), matalobos (2), coma (2), sempre (2), representado (2), categorías (2), terá (2), lugar (2), principal (2), tarde (2), sobre (2), blog (2), nunha (2), nova (2), fermosa (2), música (2), noite (2), moi (2), nun (2), nosos (2), premiadas (2), tamén (2), así (2), luns (2), pases (2), posta (2), seguinte (2), pola (2), novo (2), teatral (2), semana (2), súa (2), particular (2), estes (2), xornadas (2), convivencia (2), irmanamento (2), través (2), fotos (2), fran (2), asistente (2), guiados (2), río (2), xantar (2), educativo (2), pero (2), queres (2), cor (2), 2027 (2), galego (2), tema, tecnoloxía, blogger, fpm, biodiversidade, concha, castroviejo, arelas, liberdade, investigación, aurora, marco, curtametraxe, ela, ces, mil, primaveras, sitios, recomendados, vídeos, canle, chíos, elogo_losada, síguenos, twitter, retellador, galiñeiro, biblioteca, cordinadora, edl, ensino, coordinadora, endl, páxina, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021, 2022, 2023, 2024, arquivo, meu, perfil, completo, acerca, min, subscribirse, atom, inicio, antigas, presentada, organizada, colectivo, agrupa, equipos, dez, educativos, iker, estará, gañador, concursos, micropoemas, microrrelatos, súas, respectivas, consultar, información, mesma, participa, faltou, alocución, padriño, promoción, xosé, lueiro, lemos, cargo, gloria, pavía, cantante, ilustradora, santiago, compostela, podía, faltar, reseña, estivo, volveu, estar, especial, ateigado, xente, parabéns, ker, estiveron, alí, acompañando, entregando, premios, dunha, priege, noelia, castaño, participación, selección, quen, puido, directo, queda, pase, íntegro, xeral, dedicaremos, entrada, neste, crónica, seu, actuou, comunidade, educativa, familias, completa, éxito, obradoiro, puxo, magnificamente, adaptación, fixo, delicias, levaban, traballando, dous, últimos, trimestres, produción, pecha, presentando, quedarán, marcados, calendario, dúas, intensas, nosa, seus, grupos, volveremos, encontrarnos, aínda, houbo, tempo, desprazarse, cangas, achegarse, vigo, barco, cidade, olívica, dirixida, campos, tivo, ocasión, presentar, versión, magníficas, instalacións, bueués, recompensada, coa, ovación, despois, anfitrión, vila, aproveitando, roteiro, bispo, ata, praia, banda, compartiron, continaron, afianzando, lazos, amizade, futuro, xornada, volver, comartiron, cafetería, antes, despedírense, citándose, recibimos, comediantes, anónimos, poñer, obra, interesante, actual, reflexión, relacións, dinámicas, alumnos, dun, calquera, dirixido, paredes, colleitou, aplauso, profesorado, quedou, pois, seguir, convidados, convidadas, percorrido, cultural, literario, polas, rúas, serviu, presentarlles, aspectos, personaxes, destacados, concello, cheira, tigre, propicia, elogolosada, elogho26_a, vela, descargala, portada, claudia, reimóndez, regengo, ilustración, contra, lorena, balado, chea, cousas, interesantes, puidemos, número, domingo, ven, goza, formar, parte, achégate, reunión, este, salón, usos, múltiples, descargalo, primeiros, catro, meses, están, dedicados, esther, estévez, prado, rúa, nuria, grandío, mazaira, deste, dedicado, movementeo, levar, mocidade, redes, sociais, son, influencers, agora, poderes, usalo, queiras, aulas, dende, primeiro, equipo, lingüística,
Text of the page (random words):
edl_losada edl_losada elogho blogue do equipo de dinamización lingüística do ies antón losada diéguez da estrada luns 5 de outubro de 2026 o almanaque do 1º trimestre xa se pode descargar curso 2026 2027 xa está nas aulas dende o primeiro día de curso coma sempre pero agora xa o podes descargar a toda cor para poderes usalo como queiras o almanaque deste curso está dedicado a un movementeo que está a levar o galego á mocidade a través das redes sociais son os e as influencers do galego estes primeiros catro meses do curso están dedicados a esther estévez prado rúa nuria grandío e antón mazaira podes descargalo picando aquí publicado por edl_losada ás 08 28 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest mércores 23 de setembro de 2026 avelaíñas teatro 2026 2027 se queres formar parte da aula de teatro avelaíñas achégate á reunión que terá lugar este xoves 24 de setembro no salón de usos múltiples ás 12 25 ven e goza do teatro publicado por edl_losada ás 10 19 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest domingo 21 de xuño de 2026 elogho 26 a revista do edlg losada para ti a última semana do curso xa puidemos gozar co novo número da revista do edlg losada elogho está chea de cousas interesantes fermosa portada de de claudia reimóndez regengo de 4º eso e a ilustración da contra é de lorena balado tamén de 4º eso se queres podes vela ou descargala a toda cor aquí elogho26_a revista do edlg losada by elogolosada publicado por edl_losada ás 08 59 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest o teatro propicia xornadas de convivencia e irmanamento entre o noso centro e o ies johan carballeira o mércores 16 e o xoves 17 de xuño quedarán marcados no calendario do curso como dúas intensas xornadas de teatro na nosa lingua e de convivencia e irmanamento entre o noso centro e o ies johan carballeira de bueu a través dos seus grupos de teatro o mércores recibimos no losada a visita do alumnado do grupo de teatro do centro educativo de bueu comediantes anónimos para poñer en escena a obra aquí cheira a tigre unha interesante e actual reflexión sobre as relacións e dinámicas entre un grupo de alumnos dun centro educativo calquera o grupo dirixido por fran paredes colleitou o aplauso do alumnado e profesorado do losada asistente á posta en escena pero a visita non quedou aí pois a seguir os nosos convidados e convidadas foron guiados polo alumnado de avelaíñas teatro nun percorrido cultural e literario polas rúas da estrada que serviu para presentarlles os aspectos e personaxes máis destacados do noso concello ao volver comartiron xantar na cafetería do losada antes de despedírense citándose xa para o día seguinte en bueu podes ver as mellores fotos da xornada picando na imaxe e o xoves a aula de teatro avelaíñas do losada dirixida por fran campos tivo a ocasión de presentar a súa particular versión de romeo e xulieta nas magníficas instalacións do centro bueués moi recompensada coa ovación do público asistente despois foron guiados polo grupo anfitrión a unha visita á vila de bueu aproveitando o roteiro do río bispo ata a praia de banda do río e como non compartiron xantar e continaron afianzando lazos de amizade para o futuro e aínda houbo tempo para desprazarse a cangas e achegarse a vigo en barco para gozar da cidade olívica as mellores fotos da visita picando na imaxe volveremos encontrarnos publicado por edl_losada ás 08 50 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas avelaíñas nova produción teatral avelaíñas pecha o 2025 2026 presentando romeo e xulieta a aula de teatro avelaíñas do losada completa con éxito un novo curso de obradoiro teatral a última semana do curso puxo en escena magnificamente a súa particular adaptación do romeo e xulieta que fixo as delicias do público e para a que levaban traballando estes dous últimos trimestres os pases para o alumnado foron o día 16 pola tarde e pola noite para as familias a última posta en escena que foi o xoves 18 de xuño no ies johan carballeira de bueu á que dedicaremos a seguinte entrada neste blog así como a crónica da visita do seu grupo de teatro que actuou para a comunidade educativa do losada o mércores 17 de xuño para quen non puido gozar de romeo e xulieta en directo aí queda o pase íntegro realizado o 16 de xuño para o público xeral no losada e aquí unha selección das mellores imaxes dos pases no losada picando na imaxe publicado por edl_losada ás 08 18 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas avelaíñas luns 15 de xuño de 2026 así foi a participación do edlg losada na xiii festa das palabras non podía faltar aquí a reseña da xiii festa das palabras dinamizaestrada na que o losada estivo volveu estar representado foi o mércores 27 de maio nunha noite moi especial nun teatro principal ateigado de palabras música e xente parabéns aos nosos premiadas e premiadas ker recio matalobos 2º bac antía buela bugallo 1º bac eva calvelo rivas 4º eso e lidia márquez méndez 3º eso tamén estiveron por alí acompañando e entregando os premios dunha das categorías pablo priege e noelia castaño non faltou a fermosa alocución do padriño da promoción xosé lueiro lemos e a música a cargo de gloria pavía cantante e ilustradora de santiago de compostela publicado por edl_losada ás 09 57 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas dinamizaestrada mércores 27 de maio de 2026 o losada participa nunha nova edición da festa das palabras dinamizaestrada 2026 foi presentada a xiii edición da festa das palabras organizada polo colectivo dinamizaestrada que agrupa aos equipos de dinamización da lingua galega dos dez centros educativos da estrada a festa terá lugar o 27 de maio no teatro principal ás 8 da tarde e podes consultar toda a información sobre a mesma no blog de dinamizaestrada o losada coma sempre estará representado polo alumnado gañador dos concursos de micropoemas e microrrelatos nas súas respectivas categorías iker recio matalobos 2º bac antía buela bugallo 1º bac eva calvelo rivas 4º eso e lidia márquez méndez 3º eso publicado por edl_losada ás 01 16 ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest etiquetas dinamizaestrada publicacións máis antigas inicio subscribirse a publicacións atom edlg losada acerca de min edl_losada ver o meu perfil completo arquivo do blogue 2026 24 outubro 1 o almanaque do 1º trimestre xa se pode descargar setembro 1 xuño 4 maio 5 abril 2 marzo 4 febreiro 2 xaneiro 5 2025 18 decembro 2 setembro 2 xuño 4 maio 3 abril 1 marzo 2 febreiro 2 xaneiro 2 2024 22 decembro 4 novembro 1 setembro 2 xuño 6 maio 5 abril 1 marzo 1 xaneiro 2 2023 19 novembro 3 setembro 1 xuño 6 maio 2 abril 2 marzo 5 2022 21 decembro 4 novembro 3 outubro 1 setembro 1 xuño 5 maio 2 marzo 1 febreiro 2 xaneiro 2 2021 20 decembro 1 novembro 2 outubro 2 setembro 1 xuño 1 maio 4 abril 4 febreiro 2 xaneiro 3 2020 17 decembro 3 novembro 3 outubro 1 maio 3 abril 1 febreiro 2 xaneiro 4 2019 30 novembro 1 setembro 3 xuño 1 maio 8 abril 5 marzo 2 febreiro 6 xaneiro 4 2018 42 novembro 8 outubro 5 setembro 2 xuño 4 maio 9 abril 5 marzo 4 febreiro 3 xaneiro 2 2017 41 decembro 4 novembro 5 outubro 1 setembro 2 xuño 6 maio 5 abril 6 marzo 3 febreiro 8 xaneiro 1 2016 51 decembro 4 novembro 7 outubro 4 setembro 1 xuño 7 maio 10 abril 7 marzo 2 febreiro 9 2015 41 decembro 5 novembro 4 outubro 1 setembro 1 xuño 4 maio 13 abril 1 marzo 6 febreiro 6 2014 6 decembro 4 novembro 1 outubro 1 edlg páxina dos edlg coordinadora galega de endl dinamizaestrada cordinadora de edl dos centros de ensino da estrada biblioteca do ies antón losada retellador s do galiñeiro ies antón losada diéguez a estrada síguenos no twitter chíos de elogo_losada canle edl_losada vídeos do losada sitios recomendados mil primaveras máis concha castroviejo arelas de liberdade investigación de aurora marco e curtametraxe realizado por ela e por pablo ces ies antón losada diéguez biodiversidade galega imaxes de tema de fpm con tecnoloxía de blogger
|