Meta tags:
Headings (most frequently used words):
de, diciembre, 2022, en, no, podcast, erasmusdays, radiochivite, blog, matemáticas, último, ano, do, bacharelato, hungría, opening2diversity, pestañas, sábado, 10, viernes, jueves, miércoles, disclaimer, vistas, página, total, buscar, este, datos, personales, séguenos, archivo, del, licencia, creative, commons, etiquetas, exención, responsabilidade, last, day, clases, inglés, nun, día, complexo, historias, para, non, durmir, situacion, complicada, ensino, maxia, da, diversidade, nas, aulas, na, sociedade, bilingüe,
Text of the page (most frequently used words):
que (65), and (35), the (33), compartir (21), 2022 (19), blog (17), con (16), das (15), non (14), por (13), para (12), diciembre (12), our (12), aquí (11), from (11), unha (10), como (10), how (10), son (9), día (9), nos (9), edimburgo (8), #etiquetas (8), último (8), hay (8), tamén (7), matemáticas (7), pinterest (7), facebook (7), escribe (7), enviar (7), correo (7), electrónico (7), comentarios (7), máis (7), their (7), teñen (6), noso (6), budapest (6), bacharelato (6), gran (6), hai (6), nivel (6), clase (6), diversity (6), participants (6), historias (6), bolonia (5), está (5), erasmus (5), hoxe (5), súa (5), aulas (5), traballar (5), moito (5), clases (5), inglés (5), alumnos (5), for (5), stereotypes (5), todos (4), deste (4), dos (4), proxecto (4), todo (4), opening2diversity (4), polo (4), cultura (4), cousas (4), atopar (4), maxia (4), inda (4), logo (4), grupo (4), rapaces (4), eles (4), was (4), new (4), this (4), activity (4), that (4), course (4), society (4), foi (4), xente (4), dunha (4), moi (4), ben (4), aos (4), onde (4), ies (3), taboada (3), 2020 (3), freixo (3), formación (3), erasmusdays (3), benvida (3), nesta (3), cidade (3), aprendendo (3), lingua (3), last (3), ela (3), nas (3), curso (3), terán (3), uns (3), exames (3), globais (3), nacionais (3), seguen (3), ano (3), aprendizaxe (3), diferentes (3), atención (3), profesora (3), nenos (3), cando (3), conceptos (3), tan (3), sen (3), nunha (3), sobre (3), hungría (3), all (3), empathy (3), ideas (3), tolerance (3), are (3), with (3), discussed (3), about (3), can (3), impact (3), lives (3), concept (3), these (3), identity (3), teachers (3), classroom (3), ten (3), alumnado (3), profesorado (3), moitos (3), lápidas (3), inspiración (3), escola (3), números (3), exemplo (3), tema (2), persoa (2), pode (2), sepie (2), uso (2), poida (2), facerse (2), información (2), responsabilidade (2), palermo (2), óbidos (2), malta (2), helsinki (2), difusión (2), este (2), licencia (2), creative (2), commons (2), octubre (2), 2021 (2), ver (2), página (2), buscar (2), podcast (2), radiochivite (2), europea (2), xesús (2), chivite (2), nin (2), venres (2), decembro (2), principais (2), day (2), artículo (2), extraído (2), permiso (2), plataforma (2), language (2), academy (2), pódese (2), orixinal (2), diversidade (2), sociedade (2), entradas (2), instituto (2), claves (2), éxito (2), asistimos (2), niveis (2), dous (2), bastante (2), baixo (2), fluidez (2), tempo (2), estes (2), sendo (2), lugares (2), medo (2), ser (2), hora (2), nun (2), outra (2), entre (2), dinamismo (2), oralidade (2), week (2), knowledge (2), deep (2), skills (2), differences (2), possible (2), discrimination (2), reflected (2), which (2), different (2), characteristics (2), create (2), environment (2), affect (2), see (2), images (2), talked (2), they (2), live (2), personalities (2), between (2), own (2), identities (2), place (2), utrecht (2), education (2), folga (2), ensino (2), conta (2), están (2), producido (2), despidos (2), opción (2), cunha (2), importante (2), lugar (2), cheo (2), tumbas (2), século (2), cementerio (2), poeta (2), covenanters (2), george (2), mackenzie (2), escocia (2), seu (2), lendas (2), cementerios (2), durmir (2), grazas (2), dende (2), sexa (2), ningunha (2), neste (2), país (2), pide (2), minutos (2), distintas (2), únicamente (2), traballan (2), sombreiro (2), hogwarts (2), comunicarnos (2), xeometría (2), picture, window, tecnología, blogger, algunha, institución, considera, vulneran, seus, dereitos, dirixirse, administrador, xesus, gmail, com, solicitar, retirada, material, considere, sua, propriedade, intelectual, axencia, nacional, responsable, contén, textos, imaxes, ligazóns, exclusivamente, intencionalidade, didáctica, funcionalidade, educativa, reflexan, somente, opinión, autores, exención, agrupamento, escolas, obra, bajo, una, reconocimiento, nocomercial, compartirigual, internacional, enero, marzo, mayo, noviembre, archivo, del, séguenos, perfil, datos, personales, principal, vistas, total, financiado, programa, unión, contido, exclusiva, comisión, servizo, español, internacionalización, educación, responsables, difundida, disclaimer, mag, suscribirse, atom, inicio, antiguas, seguimos, idiomas, húngara, dúas, anos, primeiro, chama, explica, diferenciado, algúns, deses, cal, miña, sorpresa, vexo, ese, equivale, facía, escoitaba, esa, idade, observo, chego, seguinte, conclusión, tres, veñen, mente, penso, qué, acadan, semellante, novos, final, sinten, seguros, xulgados, castigados, participan, durante, toda, debate, torno, viaxes, mesmo, representan, xuízo, casos, moralmente, complicados, eutanasia, interveñen, maneira, ordenada, interromperse, equivocarse, grupos, reducidos, ninguhha, supera, bilingüe, miércoles, after, bright, full, experiences, people, practice, conversations, thoughts, emotions, but, not, least, important, point, conflict, management, being, able, empathize, gives, lot, strengthens, communication, interpersonal, relations, improves, helping, sharing, addition, social, development, respect, increasing, moreover, touched, really, sensitive, topic, privilege, section, privileged, positively, negatively, also, played, experimented, working, team, had, what, wanted, focus, despite, everyone, could, come, together, overcome, problem, task, thus, saw, use, privileges, unity, effective, teamwork, known, fact, cannot, immerse, ourselves, without, mentioning, effect, good, bad, way, held, agree, disagree, shape, attached, one, subjects, need, cover, international, undoubtedly, rituals, relationships, restrictions, each, individual, included, many, countries, country, elements, discussion, focused, making, connections, first, key, step, explore, part, carried, out, hands, visual, outside, express, difference, exterior, appearance, personal, values, next, perception, world, others, edition, teaching, overcoming, prejudices, took, bologna, came, across, europe, joão, maribela, hugo, colégio, plátanos, portugal, felix, etablissement, secondaire, nyon, marens, switzerland, marija, osnovna, škola, rovišće, croatia, steluta, madalina, simona, scoala, gimnaziala, viziru, romania, jelena, sladjana, aleksandar, music, school, stevan, hristić, serbia, juan, spain, nada, university, applied, sciences, stichting, hogeschool, netherlands, staff, always, aim, students, successful, have, right, attitudes, find, modern, extremely, diversified, well, multicultural, such, promoting, has, become, crucial, goal, schools, adult, organizations, building, emphatic, open, minded, characters, make, real, learners, whole, magic, doadas, falan, salarios, 500, dan, vivir, interferencia, goberno, ensinar, acadou, límites, preocupantes, imaxe, notas, apoio, viñemos, recentemente, situación, colexios, tendo, dificultades, reter, estase, marchando, profesionais, valía, recibidos, xeral, nova, atopa, opcións, extranxeiro, protestas, levan, sucedéndose, fálannos, ameazas, situacion, complicada, ademáis, isto, tipo, símbolos, mortsafes, gaiolas, ferro, pudieron, moda, xix, evitar, roubos, cadáveres, remata, certo, encontrarás, apelidado, macgonagall, thomas, riddell, deu, vida, personajes, rowlin, xusto, lado, prisión, foron, encarcelados, morreron, mausoleo, negro, tumba, popularmente, coñecido, bloody, perseguiu, membros, dun, movemento, relixioso, popular, xvii, dícese, embruxado, poltergeist, ataca, visitantes, verdade, poucos, mundo, cheos, soen, ter, duas, caras, espazos, axardinados, verdes, natureza, funde, coa, tristeza, pasear, placer, paz, noite, coas, sombras, oscuridade, tinge, misterio, extrañar, haxa, tantas, paranormales, agora, despois, lunch, houbo, magnífica, xogamos, inlingua, xogos, mesa, mandy, elixiu, scrabble, story, cubes, trivial, pasamos, rato, divertido, outras, nacionalidades, iso, pudimos, practicar, aprendido, anteriores, podíamos, observar, nevé, caendo, mentras, exercitábamos, taiga, orixe, xaponés, amena, realmente, aproveitada, poidemos, correxir, nosos, erros, pronunciación, palabras, inglesas, mágoa, penúltimo, speak, performance, comeza, amosándonos, agasallo, neve, deunos, jueves, pesares, tanto, profesores, asistiron, tivemos, sorte, presenciar, unhas, profesoras, inglesa, número, era, maior, algo, cabe, destacar, desde, axudan, seguir, afondando, linguas, autónoma, coido, saben, acadar, lles, pola, gusto, escoitalos, falare, escasa, pois, periodos, puidemos, fixeron, menos, actividades, duración, moitas, delas, basadas, explicacións, gramaticais, dadas, seguindo, método, deductivo, recórrese, libro, exercicios, puntuais, propio, ritmo, consideran, precisan, revisa, asiste, llo, piden, complexo, curiosidades, universidade, ceremonia, graduación, reciben, toque, cun, histórico, será, seleccionador, casas, berce, grandes, reais, ficción, destas, harry, potter, cre, edinburgh, rowling, escribiu, libros, históricos, greyfriars, nomes, aparecen, saga, coma, tom, riddle, william, mcgonagall, carón, heriot, victoria, street, parecido, callejón, diagon, máxicas, levamos, destes, días, coñecer, continentes, países, aprender, importancia, poder, elas, guatemala, chile, ata, ucraína, pasando, arabia, saudí, burgos, cádiz, aportamos, pouco, demais, compartímolo, idioma, temos, común, posiblemente, correcto, pero, estamos, podemos, empregalo, viernes, feito, dixo, directora, habitue, adquira, habilidades, propias, grande, autonomía, cómpre, finalmente, sinalar, currículos, materias, actualizaron, dinnos, inferior, pedía, caso, trátase, materia, cursar, alumnas, existen, avanzadas, ciencias, nosas, aplicadas, céntranse, trigonometría, analítica, cálculo, teoría, estatística, combinatoria, principalmente, fixar, básicos, taxas, crecemento, decrecemento, funcións, exponenciais, linealidade, valores, iniciais, cálculos, directos, inversos, ademais, chamou, realización, experimentos, simples, cos, afianzar, visualización, comportamento, exponencial, sábado, pestañas, acción, clave, mobilidade,
Text of the page (random words):
22 formación difusión óbidos freixo malta palermo bolonia helsinki edimburgo budapest sábado 10 de diciembre de 2022 matemáticas no último ano do bacharelato tamén no último curso do bacharelato e inda que logo terán uns exames globais nacionais aquí seguen a traballar moito co gran grupo de feito como nos dixo a directora é moi importante para ela que o alumnado se habitue ao grupo e que adquira as habilidades propias dunha grande autonomía no caso das matemáticas trátase dunha materia que teñen que cursar todos os alumnos e alumnas inda que logo tamén existen as matemáticas avanzadas para o alumnado de ciencias son moi distintas das nosas matemáticas aplicadas e céntranse en ideas de xeometría trigonometría e xeometría analítica números cálculo e teoría de números e estatística e combinatoria e traballan principalmente o fixar ideas e conceptos básicos como por exemplo nunha das clases ás que asistimos as taxas de crecemento ou decrecemento das funcións exponenciais a súa non linealidade valores iniciais ou cálculos directos e inversos ademais tamén me chamou a atención neste nivel da realización de experimentos simples cos que afianzar a visualización do que é o comportamento exponencial cómpre finalmente sinalar que os currículos das materias se actualizaron non hai moito e que por exemplo en matemáticas dinnos que se pide un nivel bastante inferior ao que se pedía non hai moito en diciembre 10 2022 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest etiquetas budapest viernes 9 de diciembre de 2022 last day venres 9 de decembro de 2022 hoxe é o noso último día nesta cidade aprendendo a súa lingua e cultura unha das principais cousas que nos levamos destes días foi coñecer xente de diferentes continentes e países aprender cousas da súa cultura e a importancia de poder comunicarnos con eles e elas dende guatemala ou chile ata ucraína pasando por arabia saudí burgos ou cádiz todos aportamos un pouco aos demais e compartímolo grazas ao idioma que temos en común o inglés posiblemente non sexa o inglés máis correcto pero estamos aprendendo e podemos empregalo para comunicarnos edimburgo inspiración de historias máxicas escocia é un país cunha gran cultura e berce de grandes historias reais e de ficción unha destas historias é a de harry potter xa que se cre que en edinburgh j k rowling escribiu estes libros un dos cementerios históricos o de greyfriars ten lápidas con nomes que aparecen na saga coma por exemplo a de tom riddle ou do poeta william mcgonagall a escola ao carón deste cementerio george heriot foi inspiración para a escola de maxia de hogwarts e victoria street ten gran parecido co callejón diagon unha das curiosidades é que na universidade de edimburgo hai unha ceremonia de graduación na que os alumnos reciben un toque cun sombreiro histórico será o sombreiro seleccionador das casas de hogwarts en diciembre 09 2022 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest etiquetas edimburgo clases de inglés nun día complexo a pesares de ser un día de folga no que tanto profesores como moitos dos alumnos non asistiron ás aulas tivemos a sorte de presenciar unhas clases dunha das profesoras de lingua inglesa en ningunha das aulas o número de alumnos era maior de 13 e se algo cabe destacar desde día son dous conceptos que nos axudan a seguir afondando nas claves do éxito da aprendizaxe de linguas neste país a aprendizaxe autónoma e o dinamismo os rapaces traballan ao seu propio ritmo no que eles consideran que precisan máis e a profesora únicamente revisa e asiste cando llo piden as explicacións máis gramaticais son dadas seguindo un método máis ben deductivo e recórrese ao libro únicamente para exercicios puntuais nunha hora escasa de clase pois aquí son periodos de 40 45 minutos puidemos ver como se fixeron polo menos 7 actividades distintas ningunha de máis de 15 minutos de duración e moitas delas basadas na oralidade coido que os rapaces saben ben que para acadar o nivel que se lles pide teñen que traballar pola súa conta da gusto escoitalos falare traballar tan ben en diciembre 09 2022 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest etiquetas budapest jueves 8 de diciembre de 2022 historias para non durmir hoxe o día comeza amosándonos un gran agasallo a neve deunos a benvida dende a clase podíamos observar como a nevé ía caendo mentras exercitábamos o speak performance con taiga de orixe xaponés unha clase moi amena e realmente aproveitada onde poidemos correxir os nosos erros de pronunciación das diferentes palabras inglesas mágoa que xa sexa o penúltimo día despois do lunch houbo unha magnífica opción xogamos na escola de inlingua hai números xogos de mesa a profesora mandy elixiu de entre todos o scrabble story cubes e trivial pasamos un rato divertido con xente de outras nacionalidades e grazas a iso pudimos practicar o aprendido das clases anteriores agora sí historias xa non durmir a verdade é que hai poucos lugares no mundo tan cheos lendas como edimburgo os cementerios de edimburgo soen ter duas caras polo día os espazos axardinados e verdes nos que a natureza se funde coa tristeza das lápidas e onde pasear é un placer cheo de paz de noite coas sombras e a oscuridade se tinge de misterio e non é de extrañar que haxa tantas lendas e historias paranormales sobre eles o mausoleo negro a tumba de george mackenzie popularmente coñecido como bloody mackenzie foi a persoa que máis perseguiu aos covenanters os membros dun movemento relixioso popular na escocia do século xvii dícese que o lugar está embruxado e que o seu poltergeist ataca aos visitantes xusto ao lado está a prisión onde os covenanters foron encarcelados e onde moitos morreron a maxia deste cementerio non remata aquí o certo é que aquí encontrarás tumbas como a do poeta apelidado macgonagall ou a de thomas riddell inspiración que deu vida aos personajes de j k rowlin ademáis de todo isto o lugar está cheo de lápidas con todo tipo de símbolos como son mortsafes gaiolas de ferro sobre as tumbas que se pudieron de moda no século xix para evitar os roubos de cadáveres en diciembre 08 2022 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest etiquetas edimburgo situacion complicada no ensino en hungría hoxe foi un día de folga no ensino en hungría polo que nos conta a xente as cousas non están sendo doadas por aquí falan de salarios de 500 que non dan para vivir e tamén dunha interferencia do goberno do que se ten que ensinar e o que non que xa acadou límites preocupantes as protestas xa levan tempo sucedéndose e fálannos de que se teñen producido despidos e ameazas nesta situación os colexios están tendo dificultades para atopar ou reter profesorado todo o que pode atopar outra opción estase marchando son profesionais de valía e cunha formación moi importante que son ben recibidos en xeral moitos xente nova que atopa opcións no extranxeiro na imaxe notas de apoio do alumnado ao profesorado no noso instituto ao que viñemos aquí tamén se teñen producido despidos recentemente en diciembre 08 2022 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest etiquetas budapest a maxia da diversidade nas aulas e na sociedade artículo extraído con permiso do blog da plataforma ela erasmus language academy de bolonia pódese atopar o blog orixinal aquí the magic of diversity in the classroom and in society as teachers and education staff we always aim for our students to be successful to have the right knowledge skills and attitudes to find their place in the society we live in our modern society is extremely diversified as well as multicultural as such promoting diversity and tolerance in the classroom has become a crucial goal for teachers schools and adult education organizations building emphatic and open minded characters can make a real impact for learners and for the whole society the new edition of the course diversity in the classroom teaching tolerance and overcoming prejudices and discrimination took place in bologna from 27 11 2022 to 03 12 2022 the participants came from all across europe with joão maribela and hugo from colégio dos plátanos in portugal felix from etablissement secondaire de nyon marens in switzerland marija from osnovna škola rovišće in croatia steluta madalina and simona from scoala gimnaziala viziru in romania jelena sladjana and aleksandar from music school stevan hristić in serbia juan from ies xesús taboada chivite in spain nada from hu university of applied sciences utrecht stichting hogeschool utrecht in the netherlands the first key step of the course was to explore the concept of identity in this part the teachers carried out a hands on and visual activity on how participants see their personalities from the outside and on how they express their own identities the participants reflected on the difference between their exterior appearance and their own deep personal characteristics and values next we talked about how our identities can affect our perception of the world and of others one of the subjects that we need to cover in an international course is undoubtedly identity images we talked about the rituals relationships and restrictions of each individual in our course which included participants from many different countries we discussed the impact of the country they live in their personalities and their environment on these 3 elements in this discussion we focused on making connections between identity images and diversity it is a known fact that we cannot immerse ourselves in the concept of diversity without mentioning the concept of stereotypes we discussed how we create stereotypes the effect the environment on it and how these stereotypes affect our lives in a good or bad way we held an agree disagree activity to see how stereotypes shape our lives and how attached we are to these stereotypes moreover we touched a really sensitive topic discrimination and privilege in this section we reflected and discussed about how privileged we are and how it can impact our lives positively or negatively we also played an activity in which the participants experimented with working in a team that had different characteristics what we wanted the participants to focus on in this activity was that despite all the differences everyone could come together and overcome a problem or a task thus we saw how it s possible to use our privileges to create unity and effective teamwork the last but not least important point of the week was empathy and conflict management being able to empathize gives us a lot it strengthens our communication and interpersonal relations and improves our helping and sharing skills in addition our social development respect for differences and increasing tolerance are possible with empathy after all it was a bright week full of new knowledge diversity empathy new experiences and new people practice deep conversations and thoughts ideas and emotions en diciembre 08 2022 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest etiquetas bolonia miércoles 7 de diciembre de 2022 hungría bilingüe hoxe no instituto seguimos a buscar as claves do éxito da aprendizaxe de idiomas na cidade húngara asistimos a dúas clases de inglés de diferentes niveis de rapaces de 14 e 15 anos o primeiro que nos chama a atención é que a profesora nos explica que hai dous niveis diferenciado e que algúns deses nenos teñen un nivel bastante baixo en inglés cal é a miña sorpresa cando vexo que ese nivel baixo equivale a unha fluidez que facía tempo non escoitaba en rapaces de esa idade observo con máis atención a clase e chego á seguinte conclusión hay tres conceptos que se me veñen á mente cando penso en por qué estes nenos acadan semellante nivel de fluidez sendo tan novos 1 grupos reducidos ninguhha clase supera os 13 alumnos 2 oralidade 3 dinamismo os nenos participan durante toda a hora nun debate en torno ao tema das viaxes nunha clase e na outra mesmo representan un xuízo entre eles sobre casos moralmente complicados como é a eutanasia interveñen de maneira ordenada sen interromperse e sen medo a equivocarse ao final as aulas son lugares nos que se sinten seguros sen medo a ser xulgados ou castigados en diciembre 07 2022 no hay comentarios enviar por correo electrónico escribe un blog compartir en x compartir con facebook compartir en pinterest etiquetas budapest entradas antiguas inicio suscribirse a entradas atom matemáticas no último ano do bacharelato tamén no último curso do bacharelato e inda que logo terán uns exames globais nacionais aquí seguen a traballar moito co gran grupo de fe matemáticas no último ano do bacharelato tamén no último curso do bacharelato e inda que logo terán uns exames globais nacionais aquí seguen a traballar moito co gran grupo de fe a maxia da diversidade nas aulas e na sociedade artículo extraído con permiso do blog da plataforma ela erasmus language academy de bolonia pódese atopar o blog orixinal aquí the mag last day venres 9 de decembro de 2022 hoxe é o noso último día nesta cidade aprendendo a súa lingua e cultura unha das principais cousas que nos disclaimer o proxecto opening2diversity está financiado polo programa erasmus da unión europea o contido deste blog é responsabilidade exclusiva do ies xesús taboada chivite e nin a comisión europea nin o servizo español para a internacionalización da educación sepie son responsables do uso que poida facerse da información aquí difundida vistas de página en total podcast erasmusdays en radiochivite podcast erasmusdays en radiochivite buscar este blog página principal datos personales erasmus opening2diversity ver todo mi perfil séguenos archivo del blog diciembre 2022 16 noviembre 2022 18 octubre 2022 17 mayo 2022 21 marzo 2021 1 enero 2021 2 octubre 2020 3 licencia creative commons este obra está bajo una licencia de creative commons reconocimiento nocomercial compartirigual 4 0 internacional etiquetas agrupamento de escolas do freixo benvida bolonia budapest difusión edimburgo erasmusdays formación freixo helsinki malta o noso proxecto o noso proxecto 2020 22 óbidos palermo exención de responsabilidade todos os textos imaxes e ligazóns deste blog teñen exclusivamente unha intencionalidade didáctica e unha funcionalidade educativa e reflexan somente a opinión dos autores a axencia nacional sepie non é responsable do uso que poida facerse da información que contén se algunha persoa ou institución considera que se vulneran os seus dereitos pode dirixirse ao administrador do blog ies xesus taboada gmail com para solicitar a retirada do material que considere da sua propriedade intelectual tema picture window con...
|