Meta tags:
Headings (most frequently used words):
26, 09, de, 10, galego, blog, en, da, para, 14, dicionario, castelán, os, crear, fita, dicionarios, blogs, por, amor, útiles, do, hoxe, día, 15, 13, novo, rag, rinoceronte, 08, 06, palabras, galegas, apalabrados, ximnasio, léxico, 05, 02, ou, bitácora, esquece, arroba, destaques, cursiva, negra, versaleta, como, teu, balde, 01, 30, 28, orquesta, está, mal, dito, forma, turreiro, non, normativa, 25, 24, 22, abafar, fogaxe, ardentía, asura, caloroso, canícula, roxar, seca, solleiro, tosteiro, 21, 18, afialapis, apuntamentos, armario, caderno, cinta, correctora, encerado, estoxo, adhesiva, marcadora, goma, grampadora, lapis, marcador, materia, tesoira, xiz, 17, 16, acio, adega, bagazo, bocoi, borra, cangallo, espicha, espicho, fustalla, lagar, lagarada, pipa, uva, vendimador, vide, viña, viñateiro, compromisos, buscar, neste, rede, entra, na, nosa, biblioteca, nosos, proxecto, lector, centro, formación, usuarios, documental, sitios, música, textos, pretextos, rosalía, sempre, hemeroteca, información, outros, tesouros, banda, deseñada, ciencia, tecnoloxía, noso, evolución, historias, historia, mundo, antigo, arte, visita, bibliotecas, recursos, procuras, ferramentas, enderezos, arquivo, xogos, guías, etiquetas, cadro, honra, premio, nobel, literatura, cambio, climático, innegable, novos, renaturalización, internacional, xeodiversidade, aplicacións, sabías, que, polos, libros, se, queres, un, recomendacións, julio, ramón, ribeyro, escritor, peruano, escribir, contos, algo, sobre, estrelas, europeo, das, linguas, nunca, pensaras, cando, vai, calor, mosquitos, vocabulario, material, escolar, artigo, iván, area, nós, diario, 2026, máis, bases, concursos, vendima,
Text of the page (most frequently used words):
que (120), compartir (66), para (64), galego (52), por (43), non (37), máis (31), unha (30), día (29), #lingua (28), hai (25), con (24), ponte (24), vella (24), das (23), enviar (23), ningún (23), tamén (23), labels (22), pinterest (22), facebook (22), blogthis (22), correo (22), electrónico (22), comentario (22), publicouno (22), biblioteca (21), como (21), galega (20), novembro (20), anos (20), marzo (19), todo (19), decembro (18), xuño (18), música (17), museo (17), galegas (17), guía (17), outubro (17), xaneiro (17), febreiro (17), maio (17), palabras (16), lectura (16), historia (16), setembro (16), dos (15), chaves (15), abril (15), blog (14), literatura (13), libros (13), letras (13), dicionario (13), forma (13), verán (12), ano (12), ies (12), galicia (11), academia (11), proxecto (11), premio (11), arte (11), nos (11), onde (11), vocabulario (10), vendima (10), rag (10), nosa (10), léxico (10), castelán (10), ese (10), ten (10), seu (10), calor (10), sol (10), luz (10), fala (9), del (9), desde (9), podes (9), cando (9), maría (8), sobre (8), poesía (8), nacional (8), española (8), palabra (8), lugo (8), linguas (8), españa (8), cultura (8), sen (8), virtual (8), moi (8), bibliotecas (7), libro (7), real (7), nobel (7), nadal (7), ciencia (7), río (7), dicionarios (7), internacional (7), xullo (7), com (7), the (7), museum (7), todos (7), sempre (7), viño (7), pode (7), aquí (7), temos (7), este (7), aínda (7), escribir (7), terra (6), século (6), galegos (6), antonio (6), 2026 (6), miño (6), escolares (6), país (6), cambio (6), climático (6), boletín (6), crear (6), national (6), amosar (6), meses (6), algo (6), rinoceronte (6), antes (6), está (6), uva (6), entre (6), nun (6), tes (6), iso (6), fita (6), gal (6), xeodiversidade (5), mulleres (5), universidade (5), vigo (5), web (5), ramón (5), rábade (5), princesa (5), asturias (5), cervantes (5), son (5), clásica (5), provincial (5), muller (5), miguel (5), manuel (5), josé (5), información (5), formas (5), carson (5), amor (5), escolar (5), hoxe (5), curso (5), quen (5), dunha (5), cada (5), nome (5), propio (5), pero (5), lapis (5), usar (5), esa (5), moito (5), vai (5), así (5), estrelas (5), distancia (5), sirio (5), sistema (5), teu (5), liña (5), tecnoloxía (4), castro (4), cincuenta (4), apps (4), violencia (4), romana (4), paz (4), santiago (4), traballo (4), textos (4), sinónimos (4), rosalía (4), ribeyro (4), renaturalización (4), lector (4), prado (4), patrimonio (4), outros (4), novidades (4), novas (4), guerra (4), ministerio (4), educación (4), linguaxe (4), 2020 (4), latín (4), garcía (4), sánchez (4), fundación (4), fotos (4), festas (4), fernández (4), europa (4), consello (4), cidades (4), ben (4), animación (4), coruña (4), 2006 (4), 2008 (4), 2011 (4), 2012 (4), 2013 (4), queres (4), gallery (4), mundo (4), madeira (4), súa (4), dun (4), mesmo (4), ata (4), lugar (4), artigo (4), coa (4), importante (4), vida (4), caderno (4), espazo (4), letra (4), isto (4), momento (4), chega (4), aperta (4), sensación (4), estrela (4), uns (4), pouco (4), agora (4), balde (4), xiz (3), díaz (3), xogos (3), webs (3), contra (3), unesco (3), traballos (3), semana (3), sitios (3), ser (3), relatos (3), radio (3), publicacións (3), programa (3), profesorado (3), premios (3), portugal (3), lingüística (3), poetas (3), portuguesa (3), pintura (3), rodríguez (3), novo (3), novela (3), nós (3), popular (3), móbil (3), mar (3), mapas (3), madrid (3), luís (3), lugares (3), inclusiva (3), texto (3), 2019 (3), 2018 (3), familias (3), guías (3), civil (3), formación (3), usuarios (3), fauna (3), ríos (3), escritores (3), ensino (3), público (3), ecoloxía (3), dereitos (3), deputación (3), daniel (3), concello (3), cine (3), datos (3), celebración (3), casa (3), bases (3), banda (3), deseñada (3), aulas (3), astronomía (3), recursos (3), aprendizaxe (3), 2007 (3), 2010 (3), útiles (3), novos (3), visita (3), for (3), museu (3), centro (3), clase (3), historias (3), noso (3), encontro (3), anne (3), rede (3), buscar (3), neste (3), persoas (3), material (3), outras (3), saber (3), persoa (3), proceso (3), durante (3), recipiente (3), chámase (3), nunha (3), grande (3), uvas (3), conxunto (3), acio (3), queda (3), despois (3), cunha (3), deste (3), necesitas (3), parte (3), nas (3), xente (3), escribe (3), encerado (3), imprescindible (3), castelanismo (3), convén (3), destacar (3), esta (3), leva (3), sinónimo (3), adhesiva (3), cinta (3), tres (3), mais (3), taboleiro (3), correctora (3), pola (3), mellor (3), polo (3), caloroso (3), aproximadamente (3), fai (3), tempo (3), quente (3), sede (3), estar (3), moitas (3), aire (3), tanto (3), xeito (3), europeo (3), conta (3), túa (3), vas (3), ademais (3), estas (3), vista (3), centauri (3), termos (3), partir (3), dispoñible (3), android (3), ios (3), xogar (3), tan (3), aprender (3), autora (3), tema (2), xuventude (2), xurxo (2), martínez (2), xosé (2), tomás (2), xornadas (2), neira (2), feminino (2), xénero (2), viladonga (2), valentín (2), val (2), tradicional (2), investigación (2), lara (2), teatro (2), siria (2), xix (2), scribd (2), saúde (2), catedral (2), san (2), relixión (2), redes (2), sociais (2), rae (2), escola (2), quijote (2), eso (2), prensa (2), portal (2), planeta (2), plan (2), anual (2), plambe (2), coira (2), pedro (2), cultural (2), pardo (2), pan (2), pais (2), paco (2), ibáñez (2), blogues (2), otero (2), pedrayo (2), ortografía (2), orfeón (2), lucense (2), ópera (2), onu (2), olga (2), negra (2), natureza (2), coral (2), museos (2), pobo (2), mochilas (2), meteogalicia (2), memoria (2), melide (2), medo (2), medio (2), ambiente (2), marie (2), curie (2), pérez (2), maltrato (2), machado (2), provincia (2), louvre (2), lois (2), 161 (2), 2025 (2), 2024 (2), 2023 (2), 2022 (2), 2021 (2), lectores (2), lamas (2), ángel (2), agustín (2), internet (2), insectos (2), inglés (2), informe (2), pisa (2), industria (2), igualdade (2), poeta (2), ler (2), contemporánea (2), georges (2), galiza (2), galipedia (2), gabriel (2), germán (2), ruipérez (2), fraguas (2), antigas (2), flora (2), filosofía (2), físico (2), erros (2), enderezos (2), emilio (2), elementos (2), efecto (2), documental (2), discurso (2), infantil (2), artes (2), deporte (2), departamento (2), curiosidades (2), cores (2), concursos (2), concurso (2), cómic (2), comic (2), chuvia (2), charlie (2), burgos (2), carlos (2), canadá (2), calendario (2), búsqueda (2), bookcrossing (2), bioloxía (2), auga (2), atapuerca (2), arquivo (2), antónio (2), ann (2), amnistía (2), alonso (2), montero (2), aforro (2), enerxético (2), adolescencia (2), acoso (2), profesores (2), 2009 (2), 2014 (2), 2015 (2), agosto (2), recomendacións (2), julio (2), escritor (2), polos (2), sabías (2), aplicacións (2), título (2), innegable (2), voluntariado (2), obra (2), ferramentas (2), ortográfico (2), mapa (2), diccionario (2), autores (2), leitura (2), xeral (2), pública (2), centre (2), tate (2), picasso (2), ourense (2), guggenheim (2), proyecto (2), clío (2), iniciarte (2), todas (2), epsilones (2), títulos (2), contigo (2), último (2), semanas (2), editorial (2), menos (2), neo (2), blogs (2), marca (2), escoitar (2), aula (2), nosos (2), entra (2), dicionário (2), etimolóxico (2), compromisos (2), outro (2), comentarios (2), poidan (2), canto (2), posible (2), demais (2), caso (2), inicio (2), vendimador (2), viñateiro (2), recollida (2), chamar (2), ribeira (2), sacra (2), planta (2), sae (2), follas (2), vide (2), recolle (2), destas (2), datas (2), viñas (2), mans (2), froito (2), pequeno (2), bocoi (2), litros (2), versión (2), pequena (2), pipa (2), acción (2), lagar (2), lagarada (2), aparello (2), recipientes (2), adega (2), serve (2), barril (2), usa (2), igualmente (2), segundo (2), sentido (2), cangalla (2), moitos (2), plural (2), residuo (2), sacarlle (2), duro (2), séculos (2), recoller (2), aos (2), importantes (2), campo (2), obxecto (2), tesoira (2), algunha (2), lembra (2), materias (2), evitar (2), materia (2), marcador (2), coidado (2), grampadora (2), toda (2), goma (2), imos (2), exemplo (2), marcadora (2), nada (2), hainos (2), mesma (2), mochila (2), estoxo (2), realidade (2), dise (2), ter (2), deixar (2), armario (2), veces (2), apuntamentos (2), afialapis (2), estrear (2), algún (2), lendo (2), comezo (2), cos (2), especial (2), tosteiro (2), queima (2), sombra (2), solleiro (2), período (2), seca (2), pel (2), canícula (2), noites (2), moita (2), intensa (2), ardentía (2), fogaxe (2), respirar (2), dicir (2), cálculo (2), expresión (2), poboación (2), normativa (2), turreiro (2), terreiro (2), orquestra (2), debemos (2), orquesta (2), mal (2), algunhas (2), pasou (2), próxima (2), superior (2), décadas (2), extraordinaria (2), situada (2), alpha (2), empezar (2), descubrir (2), lista (2), che (2), túas (2), claves (2), versaleta (2), destacas (2), obras (2), cun (2), cursiva (2), uso (2), amigos (2), pois (2), recurso (2), nin (2), arroba (2), esquece (2), maiúscula (2), inicial (2), dúas (2), bitácora (2), colaboración (2), contar (2), practicar (2), normativo (2), app (2), concreto (2), afianzar (2), gratuíta (2), ampliar (2), quere (2), aplicación (2), aliado (2), atopar (2), consultalo (2), rinodicionarios (2), ferramenta (2), sueca (2), murakami (2), tampouco (2), ventá, imaxe, blogger, cadro, honra, zodíaco, zarzuela, youtube, crea, souto, xunta, xulio, xornalismo, xogalego, xoán, xeración, xeografía, xéneros, literarios, xela, arias, xaquín, xapón, xadrez, xabier, docampo, xabarín, voto, votacións, volcáns, visitas, viñetas, vimeo, vilaxoán, videoxogos, videos, vídeos, videopoemas, víctor, freixanes, viaxes, vías, romanas, vestimenta, verne, velutinas, vasureza, vangardas, andrade, asma, vacina, vacacións, universidades, unión, europea, unamuno, ulloa, ucrania, ucraína, twitter, tvg, tundal, troia, traxe, tráfico, tradicións, colaborativos, bulat, tom, gauld, tolkien, tíscar, tipografía, tintin, tiktok, tic, tests, terrorismo, terror, cha, teresa, claramunt, televisión, tebeo, tanxugueiras, tabú, tabaco, swing, surrealismo, suicidios, sufragistas, stéphane, hessel, stem, spotify, solidariedade, sobrado, snoopy, smetana, slides, siro, singala, símbolos, sida, shakespeare, sexismo, sendeirismo, rutas, sempé, segunda, república, xvii, xvi, scat, sexual, saturno, froilán, samba, samaín, salamanca, ruth, caramés, rune, guneriussen, rtve, románico, roma, rodrigues, lapa, rodari, rock, roberto, vidal, bolaño, rianxo, resumos, renovación, pedagóxica, renacemento, refráns, refraneiro, recortes, recomendamos, reciclaxe, receitas, rap, villares, piñeiro, rafael, alberti, racismo, quino, química, queremos, purcell, punto, laranxa, publicidade, interdisciplinar, fahrenheit, 451, competencial, propostas, propaganda, proa, primeiro, ciclo, préstamos, préstamo, presentancións, chico, praga, postais, pondal, pompeia, política, poema, sinfonico, podcast, pobreza, plutocracia, plinio, platón, plásticos, plástica, pitágoras, pioneiras, pío, baroja, pidopapas, petiscos, peri, rossi, pepe, península, ibérica, pellets, peixes, salinas, cuartango, pedagogos, pautas, paul, auster, inmaterial, páscoa, pasatempos, pasamentos, parlamento, parís, bazán, papa, panxoliñas, pandemia, palop, palestina, paleolítico, nais, martín, pacifismo, paau, oviedo, outeiro, oseira, orgullo, one, woman, olimpiadas, odio, ocu, ocio, océanos, obituario, novoneyra, novelistas, gráfica, tecnoloxías, noticias, normalización, nomofobia, nomes, netflix, neofalantes, nenos, vilas, nasa, narrativa, nacionalismo, programática, pop, francesa, musica, murguía, murais, muñoz, molina, rural, mozart, mouros, morte, mondoñedo, moldava, moda, viaxeiras, mobilización, mitoloxía, misterio, sanidade, minas, mihl, torga, hernández, delibes, anxo, microrrelatos, michael, ende, meteosat, metadatos, mesturas, mes, menuhin, memes, méliès, medicina, maxia, matemáticas, mascotas, masartísticas, marte, mark, twain, marjane, satrapi, mario, obrero, mário, neves, marina, mayoral, marilar, aleixandre, desbons, victoria, moreno, moliner, echarri, maeztu, herbas, marga, mares, marcapáxinas, benegas, rivas, tornero, gago, mansplaining, manifesto, manifestación, manierismo, mandela, maios, magosto, mafalda, machismo, macaco, lusofonía, luísa, villalta, sagi, vela, gonzález, sorprendentes, lúcia, louise, glück, louis, armstrong, londres, pereiro, logopedia, lixo, lituania, xuvenil, liniers, cooficiais, clásicas, célticas, signos, line, librarías, liberdade, lexislación, 113, leila, guerriero, lectu, leandro, laza, laxeiro, romero, lambetadas, carvajal, lama, quendas, kavafis, julián, casanova, juana, capdevielle, juan, hortelano, tubío, saramago, sampedro, valente, goytisolo, jorge, campos, jordi, sierra, fabra, jean_luc, jazz, jaureguízar, jaime, gil, biedma, italia, israel, islandia, islam, isabel, zendal, irmandades, irlanda, irene, vallejo, irán, intelixencia, artificial, insultos, instituto, instagram, informática, fonográfica, índice, oportunidades, igrexa, cabe, pazo, mercé, félix, muriel, mariñas, barxas, hungría, humor, humboldt, humanidades, hora, homofobia, hominización, homero, homenaxes, hixiene, henningsen, helena, pinto, vieira, helen, dardik, haydn, halloween, haendel, gurnah, guitiriz, grego, grecia, grant, snider, gramática, grafiti, gótico, gospel, gonzalo, moure, goberno, gloria, fuertes, globalización, giotto, gif, ghibli, gervasio, moustaki, gershwin, gaza, garda, lorca, galileo, portugués, gaélico, celaya, fuxan, ventos, fútbol, freinet, franquismo, francisco, asorey, foucault, fotografía, musicales, forges, fondos, fomento, florencio, delgado, gurriarán, flavita, banana, física, figuras, literarias, ficción, fernando, jácome, riego, feminismo, felicitacións, fascismo, farmacia, famosos, fábulas, fabio, tropea, extremoduro, exposicións, exipto, exercicio, libris, eva, euskera, eurovisión, eunice, foote, etnografía, etimoloxía, estudo, estatuas, estatísticas, estados, unidos, especias, vaciada, esopo, escultura, escuela, escritura, escolas, ernest, folch, equinoccio, entroido, ensinanzas, artísticas, eneko, encontros, ella, fitzgerald, elena, gallego, greco, efemérides, invernadoiro, sensorial, edlg, eco, ebau, duke, ellington, doutor, honoris, causa, doris, lessing, domingo, fontán, dolores, vilavedra, dodro, documentos, documentais, divulgación, discriminación, dinamización, dillon, roman, dignidade, difusión, diego, diccionarios, dialectos, mundial, nena, namorados, dia, escritoras, desertificación, desconexión, humanos, debuxos, animados, davila, darwin, darío, xohán, cabana, danza, pennac, casssany, silva, curtas, cursos, curros, enríquez, cunqueiro, critica, musical, cristina, bravo, crispín, olot, crise, cpi, dices, rois, courel, count, basie, cortázar, correlingua, coreografías, casablanca, coplas, populares, copernicus, convocatorias, contaminación, contacontos, consumo, consumidores, consellería, consellaría, conmemoracións, congresos, conferencias, concertos, concepción, arenal, comunidades, propia, compostela, comida, coimbra, código, cociña, claudio, claude, debussy, clásicos, clara, campoamor, citas, mudo, cicerón, ciberseguridade, chus, pato, china, charo, hebdo, brown, charlas, chantada, cesión, césar, certificado, censura, célula, celta, celso, celga, celanova, cebreiro, cdu, catalán, castros, castelao, castelanismos, carvalho, calero, cartas, cartaces, carrabouxo, carolina, coronado, carmen, callón, cantigas, cantautores, cantareiras, cantar, delas, cantantes, cantábrico, cantabria, cancro, cancións, canarias, camus, campañas, camões, camiño, calipso, caldaloba, cabazas, caballero, bonald, lewis, informacion, bullying, bretaña, bossa, nova, borges, boletíns, blues, biodiversidade, bierzo, bernardino, graña, benvida, falado, begoña, caamaño, beduínos, beatriz, turnes, beatles, balbino, baile, aztecas, axenda, 2030, avós, aves, avaliación, virtuais, audiolibros, atlético, atención, diversidade, astur, leonés, astrid, lindgren, astérix, obélix, asinar, ártico, urbana, arquitectura, arqueoloxía, aristóteles, ari, arde, lucus, árbores, aquilino, iglesia, aproveitamento, apoiamos, apicultura, apalpador, añón, menéndez, heredero, guterres, gamoneda, barahona, antón, santamarina, antibióticos, antía, yáñez, antártida, aniversarios, anita, jarem, animais, animacion, ángeles, alvariño, angel, gabilondo, carracedo, andrea, maceiras, ana, matute, américa, amazón, amadeo, vives, alzhéimer, alumnado, alli, coate, alimentos, alfonso, agricultura, gandaría, agatha, christie, áfrica, afonso, afganistán, aelg, adiviñas, adecco, acuarelas, actuacións, actividades, acentuación, acentos, abi, castillo, abellas, abe, abau, etiquetas, trivialingua, trivial, orisinal, 193, 2016, 2017, 126, 186, 252, 248, 142, quérote, social, caixa, innovación, médicos, fronteiras, live, lugoturismo, greenpeace, slidestory, myebook, mixbook, isuu, wikipedia, biblioblogs, encantada, indo, descarga, acrónimos, procuras, servicio, orientación, bibliotecarios, andersen, plano, ourizo, azul, livros, brasileiros, eito, leer, galiciana, eduteka, universitaria, tradutores, nodal, dixital, agabel, opac, meiga, bareque, exipcio, cairo, thyssen, bornemisza, palace, beijing, history, book, modern, pinacoteca, brera, milán, portrait, estocolmo, ireland, archaeology, athens, barcelona, contemporânea, chiado, antiga, lisboa, van, gogh, málaga, oro, bogotá, pontevedra, belas, contemporáneo, castilla, león, peregrinacións, arqueolóxico, arqueológico, musei, vaticani, musée, orsay, moma, mnca, reina, sofía, metropolitan, art, marco, kunsthistorisches, hermitage, venecia, bilbao, galleria, degli, uffizi, gabinete, capitán, nemo, fundação, calouste, gulbenkian, domus, pompidou, british, aquarium, finisterrae, alte, pinakothek, munich, fichas, egipto, antiguo, educathyssen, egiptomania, culturaclasica, tablero, piedra, antigo, siglo, evolución, ciencianet, ejercicios, young, astronomers, beirarrúa, otros, all, you, need, biology, tebeosfera, soportal, sobrecomic, norma, comics, marvel, pasión, lidos, clubs, ámbito, secundario, mancomún, mujer, niña, más, pensamiento, profesor, secundaria, atlas, farnesio, conto, sabichão, excursión, illa, ons, arquivos, trasno, dama, monte, biblomelide, instante, trafegando, ronseis, memoriam, friol, queixo, paula, carballeira, segrel, penedo, entrega, diplomas, bibliobóveda, benvidas, benvidos, milladoiro, malpica, miss, atlántica, brétemas, blogfesquío, días, scroll, infinito, pantallas, bibliocabe, 498, estrella, goás, lópez, tamara, andrés, radiofónico, comunidade, neofalante, tesouros, new, york, times, independent, guardian, sermos, praza, geographic, español, muy, interesante, voz, kiosco, jornais, international, herald, tribune, huffington, post, fotogramas, eldiario, progreso, cnn, bbc, minutos, hemeroteca, taller, pretextos, adquirir, ouro, ediciones, orfeo, cinemiño, priberam, língua, estraviz, lengua, avísanos, axudarnos, cumprir, estes, lado, responsables, aqueles, obscenos, ofensivos, crenzas, ideas, contrarios, lei, serán, eliminados, teñamos, coñecemento, deles, informaremos, autoría, audiovisual, empregado, finalidade, educativa, lucro, houber, suxeito, autor, restricións, favor, facédenolo, retirármolo, subscribirse, atom, dedica, produción, venda, confundir, detrás, terreo, plantado, vides, paisaxe, define, comarcas, enteiras, especialmente, socalcos, viñedo, viña, coñécese, arbusto, talo, retorto, dentadas, cultiva, sur, videira, cepeira, cepa, visible, enche, conversas, protagonista, absoluta, douscentos, cincocentos, pipo, pipote, pisar, publicada, 1929, transcorre, beira, prensan, solten, mosto, simbólicos, barrís, bocois, cubas, pipas, toneis, envasar, conservar, fustalla, pau, tubo, mete, furado, tapalo, extraer, espicha, espicho, ramificacións, forman, emprégase, quitarlle, esmagar, raspallo, canga, cangallo, depósito, materiais, sólidos, fondo, conteñen, adoita, usarse, tártaro, sarrio, pouso, madre, fondón, feces, borra, grandes, capacidade, trescentos, setecentos, espremela, líquido, destílase, precisamente, augardente, bullo, bagullo, bagaño, bagazo, establecemento, elabora, recibe, corazón, bodega, colgan, clave, piña, cacho, oficio, repousa, coñecer, vivir, época, tradición, festa, ritual, repite, identidade, rías, baixas, valdeorras, ribeiro, monterrei, énchense, disposta, dará, viños, achégase, momentos, estamos, iván, area, diario, barriña, manuais, manualidades, favorita, resiste, cursamos, asignatura, rotulador, rechamantes, fluorescentes, usamos, acento, invariable, lapiseiro, unir, grampas, borrar, marcar, arranxalo, case, roto, mural, celo, sinxelos, andares, cremalleira, teñen, función, gardarmos, gomas, resto, trebellos, superficie, fixar, avisos, panel, cortiza, produto
Text of the page (random words):
tario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest labels celebración unesco xeodiversidade aplicacións útiles para o galego non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer o móbil que levamos sempre enriba pode converterse nun aliado para aprender galego mentres nos divertimos as chaves da lingua ofrécenos tres apps para xogar e ampliar vocabulario na nosa lingua palabras galegas palabras galegas é unha aplicación para aprender vocabulario galego a base de tarxetas o clásico sistema de flashcards tan eficaz para memorizar está pensada para practicar e ampliar o léxico dun xeito sinxelo e visual ideal tanto para quen está aprendendo galego como para quen quere afianzar palabras que xa coñece é gratuíta está clasificada para todos os públicos a partir de 3 anos e non recompila datos dos usuarios un proxecto feito por sergio couto catoira dispoñible en google play apalabrados o popular xogo de formar palabras sobre un taboleiro ao estilo scrabble ten versión en galego desde hai anos a adaptación desenvolveuna a empresa cilenis a partir do vocabulario ortográfico da lingua galega volga así que xogas cun corpus de palabras normativo podes xogar contra un rival concreto unha persoa coñecida ou un adversario ao chou ou na modalidade multixogador en liña perfecto para picarse cos amigos e de paso descubrir palabras novas e afianzar a ortografía sen te dares conta dispoñible para android e ios ximnasio léxico a app oficial da real academia galega para xogar coas palabras baséase no propio dicionario da rag e propón retos lingüísticos para poñer a proba e mellorar o teu léxico ten dúas modalidades adestrar para practicar sen presión e competir estruturada en tres niveis de dificultade inicial medio e superior de xeito que sempre atopas un reto á túa medida saibas moito ou pouco galego como vén da rag tes a garantía de que todo o vocabulario é normativo dispoñible para android e ios publicouno a ponte vella ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest labels chaves da lingua léxico webs e apps xogos 05 10 26 sabías que publicouno a ponte vella ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest labels adolescencia aprendizaxe 02 10 26 amor polos libros traémosvos hoxe un vídeo que amosa a historia dun home sirio que fuxíu da ditadura no seu país vai quince anos pero antes puxo a súa biblioteca a salvo da barbarie reflexionemos un pouco sobre o que debe de significar escapar do teu país deixando todo atrás por medo da túa vida pero aínda así tomas un tempo antes de marchar para protexer os libros por se algún día podes volver publicouno a ponte vella ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest labels guerra libros siria por se queres crear un blog escribir un blog en galego é unha das formas máis sinxelas e satisfactorias de darlle vida á nosa lingua na rede non necesitas ser programador nin deseñador só precisas algo que contar e a vontade de querer ben nesta guía de as chaves da lingua repasan as claves lingüísticas para escribir con corrección e ao final móstranche como crear o teu propio blog de balde este artigo naceu da colaboración entre fala gal e as chaves da lingua coa mesma idea de sempre isto é axudar a que o galego dure mil primaveras máis blog ou bitácora antes de escribir a primeira liña convén ter claras algunhas palabras que vas usar acotío un blog tamén se pode chamar bitácora en galego así que tes dúas opcións igualmente válidas quen escribe nel é un blogueiro ou unha blogueira e cada texto que publicas é unha entrada ou un artigo e ollo cunha maiúscula que moita xente esquece internet considérase un nome propio por iso mesmo debemos escribilo con maiúscula inicial aínda que non sexa un lugar físico esquece a arroba seguro que máis dunha vez viches iso de ola amig s pois convén saber que as gramáticas consideran incorrecto o uso da arroba como recurso para a linguaxe inclusiva xa que non é un signo lingüístico nin ten correspondencia oral non se pode pronunciar se queres usar unha linguaxe inclusiva tes alternativas mellores e correctas desdobrar amigos e amigas usar termos colectivos a amizade o público ou reformular a frase os destaques cursiva negra e versaleta cando escribimos temos varias formas de destacarmos unha palabra ou expresión cada unha ten o seu nome en galego e o seu uso a letra cursiva ou itálica para estranxeirismos títulos de obras ou palabras cun matiz especial a letra grosa para destacar o verdadeiramente importante úsaa con moderación se destacas todo non destacas nada a letra versaleta menos habitual úsase por exemplo para escribir os números romanos nos séculos o importante non é enchelo todo de formatos senón usar cada un co seu sentido e de forma coherente en todo o artigo como crear o teu blog en galego de balde agora que xa coñeces as claves para escribir ben chega o momento de saber onde publicar e aquí é onde entra fala gal en fala gal podes crear o teu propio blog desde cero de balde e co dominio gal de forma sinxela podes escoller o nome que máis che guste crear as túas páxinas a partir dun modelo subir as túas fotos e escribir sobre o que ti queiras e se non estás afeito a estas ferramentas fala gal conta con guías e titoriais que te acompañan en todo o proceso se antes de empezar queres inspirarte bótalle unha ollada á lista de sitios xa creados vas descubrir unha morea de cousas interesantes que fai a xente en galego na rede agora xa tes as chaves só queda o máis importante atreverte a empezar publicouno a ponte vella ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest labels chaves da lingua outros blogues webs e apps 01 10 26 recomendacións de julio ramón ribeyro escritor peruano para escribir contos publicouno a ponte vella ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest labels relatos ribeyro 30 09 26 algo sobre estrelas a s estrelas máis achegadas ao sistema solar atópanse a poucos anos luz de distancia aínda que en termos astronómicos iso segue a ser unha separación enorme a máis próxima ao sol é proxima centauri situada a aproximadamente 4 24 anos luz de distancia forma parte do sistema alpha centauri xunto con alpha centauri a e b que se atopan a uns 4 37 anos luz constituíndo o sistema estelar veciño máis próximo a continuación veñen outras estrelas relativamente próximas como a estrela de barnard a uns 5 96 anos luz e wolf 359 situada a arredor de 7 86 anos luz de distancia ambas son ananas vermellas moito máis pequenas e frías ca o sol aínda que son pouco brillantes e difíciles de observar a simple vista a súa proximidade convérteas en obxectos importantes para estudar como evolucionan as estrelas de baixa masa a uns 8 6 anos luz de distancia atópase sirio a estrela máis brillante do ceo nocturno vista desde a terra en realidade sirio é un sistema binario composto por unha estrela principal sirio a e unha compañeira moito máis pequena e densa chamada sirio b unha anana branca estas distancias tamén demostran a extraordinaria inmensidade do espazo un ano luz é a distancia que percorre a luz nun ano aproximadamente 9 46 billóns de quilómetros por este motivo mesmo viaxar á estrela máis próxima requiriría unha tecnoloxía moi superior á das sondas actuais ademais cando observamos estas estrelas vémolas tal como eran hai décadas xa que a súa luz tardou todo ese tempo en chegar ata nós só para nos situarmos en cincuenta anos de travesía polo espazo a nave voyager percorreu apenas un día luz publicouno a ponte vella ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest labels astronomía 28 09 26 pasou o verán e con el moitas das festas as verbenas e as noites de troula mais hai algunhas palabras moi típicas destas datas que non se adoitan dicir ben así que coa axuda de as chaves da lingua imos corrixilas orquesta en galego está mal dito a forma correcta en galego é orquestra con r a palabra orquesta sen ese r é un castelanismo que debemos evitar o mesmo pasa co adxectivo derivado en galego dise orquestral e o verbo é orquestrar sempre con ese r que en castelán non aparece polo tanto cando vaias ás festas da túa vila ou aldea este verán xa sabes vas escoitar unha orquestra a forma turreiro non é normativa o terreiro é o espazo amplo de terra situado no centro de certas aldeas o lugar onde tradicionalmente se facían os bailes e as festas a rag só admite a forma terreiro a variante turreiro moi estendida na fala popular dalgunhas zonas non se recolle como forma normativa publicouno a ponte vella ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest labels chaves da lingua léxico 26 09 26 hoxe é o día europeo das linguas o consello de europa leva anos celebrando cada 26 de setembro o día europeo das linguas co obxectivo de destacar esta riqueza patrimonial así como sensibilizar a poboación sobre a necesidade de preservala e motivala de cara á aprendizaxe de linguas aínda que é difícil facer un cálculo exacto segundo os datos facilitados por este organismo no continente europeo desenvolvéronse máis de duascentas falas distintas repartidas entre cincuenta países cálculo que non ten en conta outras formas de expresión traídas pola poboación inmigrante pode parecer un número elevado pero realmente a variedade lingüística é maior nos demais continentes por facermos unha comparación só no arquipélago das filipinas xa se falan máis de cen e en todo o planeta contabilízanse varios miles das que as europeas supoñen un 3 podes seguir lendo aquí publicouno a ponte vella ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest labels celebración consello de europa linguas 25 09 26 nunca o pensaras publicouno a ponte vella ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest labels aforro enerxético ecoloxía 24 09 26 publicouno a ponte vella ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest labels animación á lectura 22 09 26 cando vai calor cando chega a calor e non andan lonxe as vagas que sufrimos este verán o galego ten palabras para todo isto é para o sol que queima para o aire que non corre para a sede que aperta e para ese momento en que o corpo xa non pode máis aquí tes o vocabulario que necesitas para falar da calor con xeito abafar cando a calor aperta tanto que respirar custa traballo en galego abafamos non é só cansazo é esa sensación de que o aire non chega tamén se pode dicir acorar alasar arfar arquexar azazar ou folguexar entre outros fogaxe a fogaxe é esa calor húmida e pegañenta que non deixa respirar mais en galego temos moitas máis formas de dicilo alfa caldelo calmazo calmizo calmuzo ou recalmo todas describen esa sensación de que o aire está parado e quente ardentía a ardentía é a sensación de calor intensa que notamos na pel despois de estar ao sol ou ao tocar algo quente tamén se chama ardencia ou ardor asura palabra moi expresiva para describir a sensación de calor moi intensa e dolorosa causada pola sede cando a sede aperta de verdade en galego sentimos asuras caloroso un día caloroso é un día que vai moita calor que nos fai suar e buscar a sombra sinónimo de quente cando se aplica ao tempo ou ao ambiente canícula o período máis caloroso do ano que vai aproximadamente desde finais de xullo a primeiros de setembro a canícula é o momento en que o sol aperta máis e as noites non arrefrían roxar cando a pel se pon de cor vermella polo efecto do sol ou da calor en galego roxa seca a seca ou secura é a falta prolongada de chuvia ese período en que secan as fontes baixan e a auga dos ríos mingua solleiro un día solleiro é un día con moito sol luminoso e despexado aplícase tamén aos terreos ou lugares onde bate o sol de cheo o seu contrario é avesedo ou avesío os lugares onde non chega o sol tosteiro o tosteiro é a calor forte e directa do sol esa que queima e que nos obriga a buscar a sombra publicouno a ponte vella ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest labels chaves da lingua léxico 21 09 26 mosquitos publicouno a ponte vella ningún comentario enviar por correo electrónico blogthis compartir en x compartir en facebook compartir en pinterest labels bioloxía flora e fauna 18 09 26 vocabulario do material escolar en galego comezan as aulas en galicia e con elas volven as mochilas ás costas os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder o autobús o inicio de curso é sempre un momento especial reencontros cos compañeiros novos profes novas materias e esa mestura de nervios e ilusión que trae setembro e que mellor forma de estrear o curso que facelo falando a nosa lingua por iso con as chaves da lingua repasamos hoxe como se nomea o material escolar que nos acompaña todo o ano toma nota que nalgúns hai sorpresa e se hai algún alumno ou alumna lendo isto moi bo comezo do curso afialapis o instrumento para sacarlle punta ao lapis é o afialapis que ten como sinónimo aguzalapis apuntamentos os apuntamentos son ese tesouro que se comparte coa persoa que faltou á clase e que ás veces ninguén é quen de descifrar pola letra armario coidado con este castelanismo ese espazo persoal onde deixar os libros e non cargar con toda a mochila é un armario non unha taquilla caderno o compañeiro inseparable de calquera estudante en galego dise caderno non libreta tamén podemos ter un caderno de argolas ou un caderno de espiral cinta correctora o produto para corrixir erros é a cinta correctora ou fita correctora lembra que tipex é en realidade unha marca comercial non o nome do obxecto encerado a superficie onde escribe o profesorado é o encerado ou taboleiro e o panel de cortiza para fixar avisos tamén é un taboleiro estoxo hainos sinxelos e hainos de tres andares con cremalleira mais todos teñen a mesma función o estoxo é imprescindible na mochila para gardarmos os lapis as gomas e o resto de trebellos fita adhesiva serve para arranxalo case todo desde un libro roto ata un mural para a clase en galego é a cinta adhesiva ou fita adhesiva nada de celo fita marcadora a fita que se usa para marcar por onde imos nun libro por exemplo chámase fita marcadora goma a goma de borrar de toda a vida grampadora o aparello para unir follas con grampas é a grampadora lapis coidado con esta palabra lapis non leva acento e o seu plural é invariable os lapis como sinónimo tamén podes usar lapiseiro marcador ese rotulador de cores rechamantes ou fluorescentes que usamos para destacar...
|