Meta tags:
description= Portal Cultural de Tabeirós-Terra de Montes;
keywords= vagalumes tabeirosmontes Tabeirós Terra de Montes;
Headings (most frequently used words):
de, da, cerdedo, alta, tensión, nesa, monte, arca, declaración, cando, espertou, dinousauro, aínda, estaba, alí, rescaldos, suposta, homenaxe, antonio, sueiro, cadavide, alcalde, republicano, novos, macroeólicos, liñas, ameazan, as, nosas, aldeas, polígonos, eólicos, norte, sur, liña, eléctrica, aérea, nos, concellos, estrada, cuntis, campo, lameiro, vagalumes, presenta, alegacións, san, simón, como, illa, memoria, para, que, non, quede, nunha, baleira, ineficaz, co, gallo, concesión, do, premio, lexión, irmandiña, 2026, ao, colectivo, capitán, gosende, roteiro, montaña, máxica, un, proxecto, colaboracións, estamos, en, recibir, novas, histórico,
Text of the page (most frequently used words):
que (96), san (54), non (37), cerdedo (36), #antonio (32), santa (30), das (26), para (25), #alcalde (24), sueiro (23), unha (22), manuel (22), castro (21), memoria (21), 2026 (20), por (20), dos (19), montes (18), 2017 (18), estrada (18), ponte (18), novembro (17), capitán (17), gosende (17), nos (17), outubro (16), xosé (16), maría (16), casa (16), con (15), agosto (15), cadavide (15), 2020 (14), campo (14), foi (14), homenaxe (14), terra (13), janeiro (13), abril (13), julho (13), setembro (13), 2016 (13), 2019 (13), 2022 (13), 2024 (13), como (13), dezembro (12), fevereiro (12), março (12), junho (12), 2015 (12), maio (12), 2018 (12), 2021 (12), 2023 (12), monte (12), seu (12), pedro (11), coa (11), dun (11), textos (11), 2025 (10), colectivo (10), franquista (10), pola (10), súa (10), polo (10), republicano (10), día (10), 2014 (9), pobo (9), liña (9), pazo (9), xoán (8), torres (8), todos (8), anos (8), nosa (8), laudas (8), aos (8), nome (8), máis (8), santo (8), vítimas (8), fotos (8), josé (8), miguel (8), vagalumes (7), varela (7), otero (7), vea (7), cando (7), ter (7), tamén (7), expediente (7), declaración (7), verdade (7), institucional (7), alta (7), tensión (7), arca (7), pleno (7), alcaldía (7), garcía (7), fervenza (7), mariña (7), cultural (6), xurxo (6), carlos (6), comentários (6), historia (6), galicia (6), dende (6), parada (6), acto (6), sen (6), lle (6), nós (6), dignidade (6), pois (6), esta (6), simón (6), reparación (6), xullo (6), actividades (6), faro (6), vigo (6), ceip (6), martiño (6), guimarei (6), obra (5), tabeirós (5), álvarez (5), garrido (5), sánchez (5), cabada (5), barros (5), iglesias (5), comarca (5), hai (5), outeiro (5), galego (5), ser (5), compostela (5), hoxe (5), pouco (5), senón (5), todo (5), quen (5), premio (5), ies (5), democrática (5), recurso (5), loita (5), pero (5), cuntis (5), lauda (5), aínda (5), libro (5), oposición (5), rúa (5), publicacións (5), mesma (5), vídeos (5), ramón (5), forcarei (5), com (4), asociación (4), novas (4), pereira (4), calros (4), solla (4), coto (4), seixo (4), montaña (4), nas (4), traballo (4), merece (4), coma (4), histórica (4), son (4), celebraremos (4), seus (4), entre (4), gran (4), mais (4), contra (4), represión (4), noso (4), nosas (4), irmandiña (4), lexión (4), mentres (4), nin (4), comentário (4), lugar (4), estado (4), desde (4), dereitos (4), durante (4), uso (4), usos (4), recuperación (4), santiago (4), actual (4), mal (4), alegacións (4), dereito (4), aldeas (4), eólicos (4), metros (4), menos (4), folgoso (4), eléctrica (4), lameiro (4), nesa (4), sobre (4), foto (4), concello (4), autoridade (4), venres (4), despois (4), morgante (4), simboloxía (4), gutiérrez (4), bng (4), goberno (4), ventín (4), fotografías (4), estradense (4), labrega (4), fraguas (4), fernández (4), documentos (4), idade (4), cristina (4), desta (3), tabeirosmontes (3), recoñecemento (3), verbo (3), xido (3), 2013 (3), esquío (3), susana (3), marcos (3), silva (3), picallo (3), david (3), loureiro (3), rivas (3), facer (3), grupo (3), culturais (3), máxica (3), divulgación (3), patrimonio (3), web (3), rutas (3), xornadas (3), transmisión (3), saber (3), pedra (3), portalén (3), vento (3), cultura (3), saúde (3), grazas (3), este (3), galiza (3), pasado (3), coñecemento (3), neste (3), sexa (3), teñen (3), ben (3), así (3), vai (3), parte (3), moito (3), polas (3), revolta (3), material (3), porque (3), malia (3), respecta (3), fóra (3), veciñanza (3), xente (3), décadas (3), movemento (3), repetición (3), galega (3), debe (3), xeracións (3), informes (3), recursos (3), onde (3), respecto (3), franquismo (3), ano (3), 206 (3), cabalar (3), polígonos (3), concellos (3), somoza (3), souto (3), couso (3), vida (3), local (3), defensa (3), liberdades (3), retrincos (3), intrahistoria (3), erdedo (3), cotobade (3), fascista (3), homenaxear (3), moción (3), amais (3), antes (3), citar (3), fonte (3), municipio (3), último (3), 2007 (3), vázquez (3), valladares (3), sanmartín (3), imaxes (3), cetmo (3), vídeo (3), nomes (3), letras (3), piñeiro (3), figueroa (3), porto (3), rodríguez (3), gómez (3), beariz (3), espasandín (3), oca (3), estudos (3), curantes (3), torre (3), remesar (3), ribela (3), neveiras (3), aciveiro (3), estevo (3), baia (3), andré (3), xiao (3), feed (2), rss (2), ten (2), licenza (2), base (2), nunha (2), pódense (2), http (2), www (2), colabora (2), comercial (2), tabeiros (2), histórico (2), lema (2), arins (2), héitor (2), ana (2), couceiro (2), sábado (2), persoas (2), país (2), actividade (2), solicitude (2), vén (2), popular (2), convivencia (2), libre (2), chan (2), ouro (2), serra (2), lagoas (2), xestido (2), fertilidade (2), laxa (2), pedras (2), megalítico (2), até (2), chegar (2), rato (2), marco (2), procede (2), webs (2), poeta (2), galardón (2), estes (2), beneficio (2), faremos (2), conta (2), asegura (2), llelo (2), vós (2), mesmo (2), soto (2), están (2), irmán (2), especialmente (2), cruzada (2), destes (2), longo (2), deste (2), esquecemento (2), política (2), memorial (2), escudero (2), escultor (2), lingua (2), orgullo (2), inmaterial (2), forza (2), século (2), seguir (2), banda (2), súas (2), norte (2), tempos (2), ese (2), está (2), condenado (2), sabe (2), quere (2), diante (2), éxito (2), becho (2), caciquismo (2), bestas (2), sabucedo (2), xeito (2), mellor (2), responsabilidade (2), actos (2), organización (2), administrativo (2), antón (2), memorialista (2), filosofía (2), humanos (2), xustiza (2), garantías (2), supón (2), perspectiva (2), sociedade (2), iniciativa (2), pedagóxico (2), reflexión (2), ética (2), algo (2), espazo (2), inventario (2), lúdico (2), nota (2), illa (2), valores (2), éticos (2), resolución (2), necesidade (2), labor (2), grave (2), xunta (2), moral (2), lugares (2), compatibles (2), oficio (2), nacional (2), 2011 (2), quilómetro (2), vivendas (2), aérea (2), afección (2), cádavo (2), impacto (2), aeroxeradores (2), altura (2), total (2), potencia (2), subestación (2), parroquia (2), muimenta (2), parroquias (2), poboación (2), paisaxe (2), natural (2), novos (2), estaba (2), alí (2), mos (2), vontade (2), cos (2), deu (2), grupos (2), públicos (2), nada (2), leis (2), rexedor (2), municipal (2), lles (2), xaneiro (2), medios (2), comunicación (2), trocar (2), lonxe (2), seguinte (2), actitude (2), abstención (2), psoe (2), vez (2), eliminación (2), voceiro (2), mes (2), botar (2), luciano (2), mitoloxía (2), cae (2), atopadas (2), foron (2), fotografados (2), ninguén (2), acompaña (2), reportaxe (2), xornal (2), uns (2), convén (2), mundo (2), resistencia (2), ideas (2), agrarismo (2), república (2), figura (2), pousada (2), fose (2), prensa (2), outros (2), fusionada (2), merecida (2), dereita (2), contemporánea (2), suposta (2), piche (2), contrarretranca (2), xornais (2), sol (2), avelina (2), luna (2), industria (2), foxo (2), festa (2), asociacionismo (2), chano (2), jesús (2), árbores (2), artesanía (2), roxelio (2), insua (2), rico (2), puente (2), carracedo (2), bernardo (2), mato (2), ignacio (2), pena (2), alfonso (2), regueiro (2), feitos (2), memorias (2), crego (2), campos (2), 1915 (2), rubín (2), sindo (2), villamayor (2), soutelo (2), daniel (2), mamíferos (2), aves (2), fotografía (2), lagoa (2), ventoxo (2), callobre (2), sobreira (2), valiñas (2), pontes (2), pedre (2), liñares (2), paradela (2), ricovanca (2), quireza (2), cora (2), grande (2), paio (2), figueiroa (2), santeles (2), ribeira (2), arnois (2), capela (2), muíños (2), lavadoiro (2), igrexas (2), hórreo (2), barbude (2), presqueiras (2), madanela (2), tomé (2), salvador (2), lourenzo (2), barcala (2), ancorados (2), tecnologia, começar, crie, website, único, modelos, personalizáveis, dispoñíbel, permisos, alén, foco, atopar, html, creative, commons, internacional, ecoloxista, portal, subscrición, mail, indica, obrigatório, recibir, estamos, malheiro, tino, regueira, peón, estévez, montse, fajardo, mero, maria, xesus, nogueira, borrageros, fortes, luis, alberto, casas, lola, dionisio, clara, cortizo, carmela, arines, carme, hermida, gulías, meixome, anxo, coya, anjo, cortiço, cabaleiro, acuña, alicia, alba, adrián, tudo, colaboracións, proxecto, anterior, volveu, anfitrión, acompañou, sesenta, vindas, puntos, itinerarios, deseñados, orientada, valoración, promoción, arqueomítico, daba, resposta, promovendo, chamadas, man, adoito, escollida, desenvolvemento, destas, combinando, ocasión, percorreuse, fundamento, escaparate, lendario, resultante, combinación, itinerario, mamas, facendo, estacións, arqueomíticas, fontefría, mitemas, tesouro, agochado, cimeira, 015, alt, cama, recanto, propiciador, humana, mosqueira, albo, favorecedor, animal, quileiras, petoutos, cabalados, embade, mámoa, ghiadas, túmulo, aliñamento, peneda, ghrande, mitema, moura, casadeira, talle, rabisaco, besta, branca, galiña, pitos, completouse, andaina, visita, rematou, cun, xantar, fraternidade, data, creación, roteiros, guiou, 465, visitantes, través, canles, diversas, fixeron, interese, coñecer, trazos, omiten, oficiais, roteiro, deseñou, lámina, artística, cartel, anunciador, chova, vente, xideira, xiria, sorte, honores, causa, empregar, corazón, humilde, decatarvos, propósito, dúbida, relatores, trama, futuro, brillante, elenco, relatoras, urda, tecendo, presente, conten, grandioso, contado, crendo, mornura, abeiradoiro, acolleu, oceánica, aperta, pagos, fomos, santos, devoción, for, razón, seguro, recastadas, bruxas, neghros, condición, demos, apoñen, fornelos, estimación, empolicadas, consideran, criaturas, beatíficas, montesa, bisbarra, veciños, dedicamos, camarada, delegación, pracería, juan, compañeiro, vivos, lembramos, emoción, entusiasta, desprendido, esforzo, beiceron, algúns, vila, baño, saga, indómita, amentar, desexo, area, achegaron, cantos, facémolo, recibímolo, admirado, marabilloso, cadro, desfrutar, poidamos, entregades, andar, portas, agasallo, caeron, altas, inacción, inanición, perseveremos, morrer, deixarse, impostura, ignoracia, resignación, abulia, conxurouse, irmandade, vico, orbi, flamexar, xamarúa, vuxa, cabeceira, mestría, xenerosidade, escrita, oral, difusión, vigorizante, estudo, armas, incruentas, hogano, identidade, sinais, habenza, salvagarda, unido, transformativa, capacidade, demostraron, decadencia, insoportábel, abuso, poder, arrepuxeron, irmandiños, aqueles, cesto, mulida, cabeza, acae, acáenos, leve, outorga, distinción, voyager, the, alá, ágora, universo, aldeán, eirado, divulgando, balde, valorizando, descubrindo, pateando, predio, comunal, investigando, haxa, teimaremos, dixit, gago, herdeiro, verse, pandote, sacuda, obrigas, asuma, cadaquén, clamamos, nadiña, desviou, buraco, negro, engole, aquelas, sopa, sal, esluírse, malfadado, herdanza, sopesar, contía, coñece, perfectamente, conscientes, sendo, outro, puxemos, trinta, momento, erros, desfacémonos, comellón, sapo, imposibilitante, peste, devastadora, eidos, esconxurar, convocamos, invocamos, berramos, reúnen, acurrar, aloitadores, berran, botamos, literalmente, dicir, martiano, baixo, tres, adquirímola, gravosa, gozosa, modesta, contribución, vindeiros, garantindo, carreta, moralmente, turrando, carro, obríganos, renovar, votos, contraídos, fermoso, recibilo, aceptar, gratitude, ledicia, rebordantes, perante, honra, inmensa, tal, comparecemos, merecentes, salón, rosalía, presentes, amizades, compañeiros, compañeiras, rodrigo, costoy, prezado, istórica, membros, prezados, vovis, todeitos, túrdighas, xidas, boas, tardes, todas, recibindo, gallo, concesión, análise, detallada, relativo, illas, revela, profundas, contradicións, tramitación, burocrática, lexítimas, demandas, representadas, avaliando, documento, principios, extraer, seguintes, consideracións, cales, pide, teña, devandito, hora, mellorar, dotar, contido, redacción, borrado, inaceptable, omitir, procedemento, impulsado, instancia, mediante, rexistrada, reiterada, expropia, civil, sostido, aprópiase, mérito, invisibilizando, cívica, obrigou, institucións, actuar, cal, constitúe, negación, recente, sirva, garantía, forte, compoñente, recoñece, teoría, práctica, tanto, ferramenta, xurídica, imprescindible, esixir, políticas, públicas, limiten, declaracións, baleiras, transformen, estruturalmente, poñelo, servizo, exclusivo, educación, futuras, lexitima, modelo, baixa, intensidade, cumpre, trámite, burocrático, incluír, estatal, claudica, ante, presións, institucionais, alterar, status, quo, conclusión, deixando, porta, aberta, simple, decorado, páxina, dentro, parque, temático, pensamento, ignora, advertencia, principal, propios, académicos, impor, plan, estrito, fundamentado, didáctica, cívicos, limítase, protección, mínimos, paneis, dixitais, igualmente, consello, salienta, lembrar, solidariedade, lenta, certo, incorpora, moi, valiosos, informe, universidade, advirte, claramente, gestión, del, enclave, centrada, fundamentalmente, turísticos, recreativos, sin, haya, realizado, una, resignificación, consistente, subliña, interpretativo, debilidade, enfoque, mantemento, labazada, equiparar, xestión, mercantilista, lecer, concertos, festas, turísticas, descontextualizadas, concentración, banalización, esixe, prohibición, expresa, calquera, frivolice, recinto, elude, confrontar, administración, autonómica, concesionaria, decisión, avalada, aceptación, defende, formativas, deportivas, actuais, garantidas, limitar, censurar, dichas, exixe, padeceron, sufrimento, extremo, sexan, tratados, máximo, proposta, consolida, fenda, principio, establecer, apartado, altera, falacia, implica, esclarecemento, crimes, loitou, desenterrar, esa, acordo, incoación, afirma, taxativamente, incoa, procedimiento, ocultación, axencia, cidadá, presenta, quede, baleira, ineficaz, caso, trazado, 400, sistema, hídrico, brañas, humedais, potencial, negativo, rede, traídas, veciñais, prazo, ata, poste, 118, palas, punto, conexión, touriñan, iii, outras, infraestruturas, medición, gabias, pistas, ubicación, zona, afectadas, mesego, zoo, fuxacos, cequeril, lindantes, visual, tramita, empresa, promotora, repsol, ínstase, informen, emitan, rigorosos, presenten, afeccións, afectada, informada, proxectos, grandes, impactos, proxectan, encima, seis, quilómetros, inocuos, suporán, problema, calidade, hídricos, medio, economía, tarabela, sur, macroeólicos, liñas, ameazan, sinatura, monterroso, espertar, decatarase, dinosauro, arafraseando, reflexione, boa, acudan, xuntanza, mellores, desexos, deixen, coaccionar, polos, presión, meteoroloxía, permitir, funeral, agoira, vixilia, prea, fede, porén, desaproveitarei, oportunidade, informar, seareiros, sae, uen, move, reafirma, compromiso, conservación, realidade, aseverar, cumprimento, atinado, estivo, teimudo, enrocar, vénse, quebrantando, lexislación, vixente, ollos, vellos, posto, ransmitir, diálogo, pacífica, colixirse, esas, partido, mantra, elle, boca, repetindo, enchéus, leo, comunicado, oficial, noventa, anoitece, amañecido, fai, pode, afundiu, longa, noite, inmundicia, ideolóxica, quela, inmóbeis, seguen, lembrando, ruín, fan, addenda, embigo, incluído, copia, políticos, asemade, remitíndo, pontevedra, viva, elaborou, exhaustivo, nefando, anacronismo, resultados, fixéronse, diversos, tocante, 2004, voz, placa, marras, chegando, tememos, substituído, designado, franco, susceptíbeis, personaxes, fanse, quinielas, vaca, escrocada, vender, ica, cubela, conseguiu, ade, nesta, feira, pol, reali, acorda, denominar, propia, será, dea, titular, diario, daquela, triunfalista, demorou, obter, abráia, rueiro, demócrata, exhibise, oufana, negativa, maioría, absoluta, intereses, apelando, leno, acordou, propio, capou, esfolou, apoio, claudicante, habelencia, prestidixitadora, cerdedés, territorio, enésima, solicitábase, levou, outorgándolle, leva, leu, era, trasladara, ectivo, col, atendidas, queixas, década, preparando, estoutra, absténdose, apoiala, mexar, gota, estrategas, fincouse, tomen, tenente, funcións, rebelión, 1936, vítima, persecución, encarceramento, infamias, obxecto, falando, homenaxes, tempo, forma, acaba, sabendo, vergoña, informarse, suposto, autopromociona, gaba, apropia, lama, néboa, lado, bateu, fociños, novelisto, ceo, llo, digan, páxs, 154, saimento, solicitaron, incluída, informativas, naqueloutras, desinteresadamente, compartiu, valiosa, información, amore, ratis, plaxio, obtivo, trar, mínimo, agradecemento, dispoña, delas, agora, avanzado, deter, papelorio, consciente, horas, investiron, restauración, músculo, rehabilitación, persoeiro, movera, mesmos, dez, saciar, sede, convenientemente, decencia, días, usado, texto, meu, paste, copy, descaro, galbana, signo, duns, proceso, investigador, personaxe, froito, miñas, reveladoras, pescudas, acompañadas, publicou, catro, entregas, intituladas, tucional, insti, tampouco, titulaba, facelo, sensibilidade, abonda, requisitos, isfacer, sat, alcume, lagarto, raxeira, profesión, gaita, loce, atributos, persoa, enxalza, cicel, espetado, tallada, discoidal, estela, fermosa, segunda, erixía, mártir, volta, sona, cuxa, antifascista, insólito, meilide, publicado, diñeiro, recadado, coas, vendas, presentou, público, sufragou, fincada, existe, outra, aprenderán, cerdedanía, recuperada, limeres, veciño, lagharto, oportuna, investigación, providencial, rescate, documentación, honrosa, imos, pedir, voto, acouguen, altruísta, recobrados, felizmente, progreso, avantaxados, dicires, faceres, persoal, democracia, difamación, padeceu, ostracismo, ditadura, protagonista, indiscutíbel, republicanismo, prrs, prrsi, clave, comezos, político, mariana, miña, bisavoa, materna, cerdedeses, fecto, descoñecido, moitos, per, homenaxeou, desagravio, rendían, honras, exclusivas, rebautizada, propuxo, virtude, lei, dedicada, consideración, esixiu, agravio, comparativo, corporación, cometera, tardou, denunciar, ado, finais, aconteceu, celebr, arrostramos, mortificación, cunha, mínima, rañan, gusto, sarna, sobrevinda, ende, evidenciar, somos, fillos, deus, menor, irrespectuosa, faltosa, equidade, volve, hipócrita, ciuda, colleitou, triste, comen, celebrado, aprobada, unanimidade, aplicación, tamaña, afirmación, proio, peso, artimaña, lawfare, ven, tenencia, correspondeu, asumir, cargo, tendenciosa, inhabilitación, lexítimo, quirezán, prol, aclarar, seguiu, acabou, empezou, sada, honor, seguía, desenvolvida, realizada, afirmaba, guiadiña, edicto, conculcar, segue, delinquindo, porfiarán, lembrarl, porfiando, levan, colectivos, houbese, sobr, moita, botaría, fochanca, cada, electoreiro, equiparábel, inmediata, continuaba, posta, valor, legal, autocompracencia, engadindo, nun, alarde, cadavid, xoves, anunciaba, redes, sociais, morto, enriba, sacarse, mor, inminencia, electoral, desexando, canto, présa, inusitada, fábula, samaniego, parieron, fue, ratoncillo, estremecieron, estos, parto, esperaba, cacarexada, inauguración, rescaldos, espertou, dinousauro, folletos, cotaredo, revistas, emigrado, eco, ond, facheaba, amañecer, libros, publicación, voces, audio, conversas, filmes, románica, documentais, rúas, deporte, eventos, edificios, arquivo, pacifismo, queremos, galegas, 1970, conflito, normalización, lingüística, fusión, suba, ibi, veciñal, obreiro, vincha, muller, exposición, espadela, feminista, feminismo, chaniño, biblioteca, plurilingüe, losada, diéguez, secundaria, pereiriños, peque, xenios, bilbioteca, cousas, villar, parama, pérez, viondi, biblio, carola, primaria, ensino, lópez, fuentes, cuba, brasil, arxentina, emigración, invasión, eólica, atri, ecoloxismo, autóctonas, carteis, aec, conmemorar, carvalho, calero, brado, simposio, literatura, autoría, mostra, enterro, sardiña, monumento, mártires, movementos, testemuños, padre, nieto, represores, familia, fusilados, xuntos, ferreiro, sangiao, taberneiro, cabodano, hixinio, ruzo, fontanes, balseiros, baliño, isolino, feros, salgueiro, francisco, resucitado, brea, abades, candido, tafalla, froiz, alfredo, ramiro, dono, avenida, buenos, aires, aquí, fusilou, deán, presos, fuxidos, listaxes, vitimas, mulleres, rebeldía, maxisterio, interrupción, tráxica, galeguismo, incautacións, insticionalización, roubo, saqueo, invento, secuestro, express, imposto, revolucionario, viste, camisa, azul, levantamento, proscrito, instrucións, fernánde, carta, concelleiros, graciano, portugués, cartas, mata, cortés, xustifica, condena, morte, costés, causas, escola, 2006, conmemoración, xuño, paseados, proxección, derradeira, lección, mestre, xesús, gonzález, barco, waldo, virxinia, silvestre, verea, mary, isaura, ventura, anxel, instrución, unión, habana, sociedades, agrarias, moderna, media, antiga, prehistoria, buela, vinte, vital, vivir, morrendo, autor, abelleira, biografía, xoseme, mosquera, martínez, aríns, tato
Text of the page (random words):
r á verdade nin antonio sueiro cadavide foi o último alcalde republicano do municipio nin coa suposta homenaxe do venres 16 se seguiu a mesma liña institucional mal acabou o que mal empezou convén pois aclarar lle á autoridade en prol da recuperación da memoria histórica que o último alcalde republicano de cerdedo foi o quirezán luciano garcía ventín que dende a tenencia de alcaldía lle correspondeu asumir o cargo de alcalde despois da tendenciosa inhabilitación do lexítimo rexedor antonio sueiro cadavide como ven o do lawfare non é unha artimaña da dereita contemporánea polo que respecta á aplicación da mesma liña institucional tamaña afirmación cae polo seu proio peso ao saber que a merecida homenaxe a antonio pousada foi aprobada por unanimidade no pleno celebrado o 30 de xullo mentres que no pleno do 8 de outubro a merecida homenaxe a antonio sueiro só colleitou unha triste e comen en ciuda abstención por parte do grupo de goberno esta actitude da alcaldía fusionada hipócrita irrespectuosa e faltosa de equidade volve evidenciar que os de cerdedo somos fillos dun deus menor ende mal mentres uns arrostramos a mortificación cunha mínima dignidade outros rañan con gusto na sarna sobrevinda mais que aconteceu entre o pleno de xullo e o de outubro celebr ado o pleno de finais de xullo o colectivo capitán gosende non tardou en denunciar na prensa faro de vigo 3 8 2026 o agravio comparativo que a corporación municipal cometera coa figura de antonio sueiro cadavide capitán gosende non só esixiu a mesma consideración para o alcalde republicano de cerdedo senón que amais propuxo que en virtude da lei de memoria democrática a rúa de cerdedo dedicada ao alcalde franquista gutiérrez torres fose rebautizada co nome do alcalde antonio sueiro o día 13 de agosto mentres en cotobade lle rendían honras exclusivas a antonio pousada en cerdedo capitán gosende homenaxeou en desagravio a antonio sueiro no campo das laudas faro de vigo 3 e 14 8 2026 na foto que acompaña a reportaxe non se ve a ninguén dos fotografados no acto institucional do venres 16 antonio sueiro cadavide un per fecto descoñecido para moitos cerdedeses de hoxe en día irmán de mariana miña bisavoa materna foi un político clave no cerdedo de comezos do século xx prrs prrsi ir protagonista indiscutíbel do agrarismo e do republicanismo en terra de montes durante a ditadura fascista e aínda despois foi condenado ao ostracismo e padeceu difamación a súa figura os seus avantaxados dicires e faceres a súa loita persoal en beneficio das liberdades e da democracia e mais do progreso do seu municipio foron felizmente recobrados polo labor altruísta do colectivo capitán gosende acouguen nós non lles imos pedir o voto grazas a unha oportuna investigación e providencial rescate de documentación a honrosa memoria de antonio do lagharto veciño de limeres foi recuperada para a cerdedanía no libro así aprenderán a non ter ideas agrarismo caciquismo e república en cerdedo ed morgante 2016 non existe outra fonte unha vez publicado o diñeiro recadado coas vendas do libro que tamén se presentou en cerdedo con pouco éxito de público sufragou a lauda fincada en agosto de 2017 no campo das laudas meilide insólito memorial da resistencia antifascista cuxa sona xa deu a volta ao mundo premio galiza mártir 2023 premio lexión irmandiña 2026 a lauda de antonio sueiro a segunda que se erixía no campo das laudas é un fermosa estela discoidal en pedra de gran que tallada polo escultor marcos escudero loce os atributos da persoa que enxalza un cicel espetado pola súa profesión unha gaita pola súa afección e un lagarto á raxeira polo seu alcume porque non só hai que ter vontade de homenaxear senón tamén convén sat isfacer uns requisitos éticos e ter sensibilidade abonda para facelo o xornal faro de vigo 14 8 2017 titulaba cerdedo loita contra o esquecemento na foto que acompaña a reportaxe tampouco se ve a ninguén dos fotografados no acto insti tucional do venres 16 o ano 2017 foi o ano antonio sueiro pois ao longo do mes de xaneiro faro de vigo publicou en catro entregas intituladas antonio sueiro cadavide o mellor alcalde de cerdedo 8 10 11 e 15 1 2017 o froito das miñas reveladoras pescudas acompañadas das fotografías atopadas do personaxe durante o proceso investigador signo duns tempos de galbana descaro e copy paste este meu material texto e fotos foi usado estes días por goberno e oposición se n ter cando menos a decencia de citar convenientemente a fonte onde foron saciar a súa sede de coñecemento os mesmos que en dez an os non movera n un músculo pola rehabilitación do noso persoeiro é consciente a alcaldía das horas de traballo que se investiron na restauración do papelorio e das fotografías atopadas en avanzado estado de deter io ro para que agora se dispoña delas sen mos trar un mínimo agradecemento ou cando menos citar a fonte onde as obtivo sabe a alcaldía que é o plaxio g ratis et amore esta valiosa información tamén se compartiu desinteresadamente na web tabeiros montes e naqueloutras webs e publicacións informativas que ma solicitaron e amais foi incluída no libro ao saimento de nós retrincos da intrahistoria de c erdedo iv ed morgante 2017 páxs 154 74 na comarca todo cae do ceo se non que llo digan ao novelisto de aí ao lado ese que bateu de fociños con portalén un día de néboa ou ao concello da lama que se apropia gaba e autopromociona coa mitoloxía do monte do seixo sen saber sen informarse e por suposto sen citar non teñen vergoña pero antes ou despois todo se acaba sabendo e falando de homenaxes en tempo e forma luciano garcía ventín tenente de alcalde do cerdedo republicano alcalde en funcións durante a rebelión fascista de xullo de 1936 vítima de persecución encarceramento e infamias tamén foi obxecto de recoñecemento no campo das laudas a lauda do alcalde ventín a nº 11 fincouse en setembro de 2023 tomen nota os estrategas do concello teñen unha década por diante para ir preparando estoutra homenaxe aínda que sexa absténdose de apoiala mexar e non botar gota polo que respecta á oposición o día 8 de outubro atendidas as queixas que un mes antes o col ectivo capitán gosende trasladara aos medios de comunicación v g faro de vigo 3 8 2026 o voceiro do bng levou ao pleno a moción de homenaxear o alcalde republicano de cerdedo outorgándolle a rúa que aínda hoxe leva o nome dun alcalde franquista o voceiro leu a moción xa que a iniciativa era de capitán gosende amais solicitábase por enésima vez a eliminación da simboloxía franquista do territorio cerdedés o alcalde con habelencia prestidixitadora capou e esfolou a moción e co apoio claudicante da oposición bng psoe e a abstención do propio grupo de goberno o p leno acordou homenaxear pero pouco a antonio sueiro malia que a alcaldía apelando aos intereses da maioría absoluta exhibise oufana a súa negativa de trocar un alcalde fascista por un alcalde demócrata no rueiro de cerdedo abráia nos daquela a actitude triunfalista do bng que non demorou en obter de nós diario 10 10 2026 o seguinte titular antonio sueiro cadavide será quen dea nome á actual rúa manuel gutiérrez torres mesmo na propia web da organización o pleno de c erdedo cotobade acorda denominar como rúa antonio sueiro cadavide a rúa manuel gutiérrez torres nada máis lonxe da reali d ade nesta feira pol ít ica o alcalde cubela conseguiu vender lle á oposición unha vaca escrocada fanse quinielas en c erdedo cos personaxes susceptíbeis de trocar a gutiérrez torres na placa de marras polo que nos vai chegando moito nos tememos que o nome dun alcalde franquista vai ser substituído polo nome dun alcalde designado por franco la voz de galicia 18 9 2004 no tocante á simboloxía franquista o colectivo capitán gosende elaborou entre novembro de 2019 e xaneiro de 2020 un inventario exhaustivo deste nefando anacronismo os resultados fixéronse públicos en diversos medios de comunicación faro de vigo 2 2 2020 tabeirós montes historia de galicia pontevedra viva remitíndo lles asemade copia aos grupos políticos da oposición municipal este traballo foi incluído no libro o embigo do becho retrincos da intrahistoria de cerdedo v ed morgante 2021 e mais unha addenda no libro é ruín porque o fan retrincos da intrahistoria de cerdedo v i ed morgante 2024 a día de hoxe 35 inmóbeis de cerdedo seguen lembrando a quela inmundicia ideolóxica que nos afundiu na longa noite de pedra fai máis quen quere ca quen pode noventa anos despois en cerdedo anoitece sen ter amañecido no acto do pasado venres 16 leo no comunicado oficial á autoridade enchéus elle a boca repetindo o mantra de t ransmitir ás novas xeracións valores como o respecto o diálogo a convivencia pacífica e a defensa dos dereitos e liberdades debe colixirse que esas novas xeracións son as do partido popular posto que a ollos de novos e vellos o respecto pola lexislación vixente e a defensa dos dereitos e liberdades vénse quebrantando en cerdedo ao se enrocar a autoridade no teimudo in cumprimento das leis de memoria máis atinado estivo o rexedor ao aseverar que o concello reafirma o seu compromiso coa conservación da realidade local dende hai 90 anos en cerdedo q uen se move non sae na foto máis nada que a prea fede porén non desaproveitarei a oportunidade de informar os seareiros de capitán gosende e da súa cruzada memorialista en cerdedo que o día 28 de novembro ás 12 do día se a meteoroloxía o permitir celebraremos un acto de reflexión no campo das laudas pois o funeral que se agoira ben merece a nosa vixilia non se deixen coaccionar polos grupos públicos de presión o pleno do 8 de outubro deu para moito e acudan a esta xuntanza cos seus mellores desexos e boa vontade reflexione mos todos p arafraseando a a monterroso o día 30 de novembro cerdedo ao espertar decatarase de que o dinosauro aínda estaba alí lauda na memoria de antonio sueiro cadavide alcalde republicano de cerdedo sinatura do alcalde antonio sueiro 3 antonio sueiro cadavide 2 antonio sueiro cadavide 1 antonio sueiro cadavide 0 comentários novos macroeólicos e liñas de alta tensión ameazan as nosas aldeas 22 10 2026 1 comentário polígonos eólicos nesa monte arca norte e nesa monte arca sur e a liña eléctrica aérea de alta tensión nos concellos de a estrada cuntis e o campo lameiro aldeas de cuntis con eólicos de 206 metros a menos dun quilómetro das vivendas como o caso de folgoso liña eléctrica aérea de alta tensión de 8 km trazado a menos de 400 metros de aldeas de arca gran afección ao sistema hídrico do monte cabalar e o cádavo especialmente ás brañas e humedais potencial impacto negativo na rede de traídas veciñais en prazo de alegacións ata o 12 de novembro 6 aeroxeradores de 206 metros altura total poste de 118 6 m palas 87 5 m e 6 66 mw potencia potencia total 40 mw liña de alta tensión de 7 88 km punto de conexión en subestación touriñan iii 2 campo lameiro parroquia de muimenta outras infraestruturas subestación eléctrica 2 torres de medición gabias pistas ubicación polígonos eólicos nos concellos de a estrada e cuntis zona monte cabalar e liña de alta tensión en a estrada e o campo lameiro do monte cabalar ao monte cádavo parroquias afectadas a somoza arca souto cuntis folgoso mesego zoo fuxacos cequeril couso e muimenta parroquias lindantes con gran impacto visual tramita xunta de galicia empresa promotora nesa vento galego 3 s l e nesa vento galego 2 s l de repsol ínstase aos concellos de a estrada cuntis e campo lameiro para que informen á poboación emitan informes rigorosos e presenten alegacións sobre as afeccións destes polígonos eólicos e a liña de alta tensión a poboación afectada debe ser informada sobre os proxectos con grandes impactos que se proxectan encima das súas vivendas e aldeas seis aeroxeradores de 206 metros de altura e unha liña eléctrica de alta tensión de 8 quilómetros non son inocuos e suporán un problema para o a calidade de vida e a saúde da veciñanza os recursos hídricos a paisaxe o medio natural e a economía local tarabela de terra de montes 1 comentário a a c vagalumes presenta alegacións á declaración de san simón como illa da memoria para que non quede nunha declaración baleira e ineficaz 18 10 2026 1 comentário homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en san simón no ano 2011 unha análise detallada do expediente administrativo relativo á declaración das illas de san simón e santo antón como lugar de memoria democrática revela profundas contradicións entre a tramitación burocrática do estado e as lexítimas demandas do movemento memorialista galego representadas no recurso da asociación cultural vagalumes avaliando o documento desde a filosofía dos dereitos humanos e os principios de verdade xustiza reparación e garantías de non repetición pódense extraer as seguintes consideracións polas cales se pide que se teña en conta o devandito recurso a hora de mellorar e dotar de contido a declaración de lugar da memoria democrática 1 o dereito á verdade e a ocultación da axencia cidadá o dereito á verdade non só implica o esclarecemento dos crimes do pasado senón tamén o recoñecemento de quen loitou por desenterrar esa memoria no expediente o acordo de incoación afirma taxativamente que se incoa de oficio el procedimiento de declaración esta redacción supón un borrado institucional inaceptable desde a perspectiva do recurso de vagalumes omitir que o procedemento foi impulsado a instancia de parte mediante a solicitude rexistrada o 16 de xullo de 2024 e reiterada en xullo de 2025 expropia á sociedade civil e á iniciativa galega pola memoria do seu traballo sostido durante décadas o estado aprópiase do mérito da declaración invisibilizando a loita cívica que obrigou ás institucións a actuar o cal constitúe unha negación da verdade histórica recente 2 o dereito á reparación e a falacia dos usos compatibles a reparación moral das vítimas exixe que os lugares onde padeceron un sufrimento extremo sexan tratados co máximo respecto e dignidade con todo a proposta de resolución consolida unha grave fenda neste principio ao establecer no apartado de usos compatibles que la declaración como lugar de memoria democrática no altera el uso actual esta decisión vén avalada pola aceptación das alegacións da xunta de galicia que no expediente defende que as actividades culturais formativas e deportivas actuais xa están garantidas e que no procede limitar o censurar dichas actividades desde a filosofía da reparación o mantemento do uso actual é unha labazada ás vítimas equiparar a xestión mercantilista e de lecer lúdico concertos festas actividades turísticas descontextualizadas coa dignidade dun espazo que foi un campo de concentración supón unha grave banalización do mal a reparación esixe a prohibición expresa de calquera uso que frivolice o recinto algo que o expediente elude para non confrontar coa administración autonómica concesionaria 3 garantías de non repetición a debilidade do enfoque pedagóxico para que un lugar de memoria sirva como garantía de non repetición debe ter un forte compoñente pedagóxico e de reflexión ética algo que o expedient...
|